23.04.2018 Views

Revista Diaita

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ciona as nosas necesidades

alimentarias. A tristeza pode

quitarnos o apetito e a ansiedade

pode facer que comamos

de xeito compulsivo.

• Balance enerxético: Importante

o equilibrio entre a

inxesta enerxética (o que comemos)

e o gasto enerxético

(o que gastamos a través do

metabolismo basal e a actividade

física).

• Técnicas culinarias saudables:

Como cociñemos

repercutirá na nosa saúde. A

técnica máis sa é a cocción ao

vapor, pero tamén os fervidos,

á prancha ou ó forno, sempre

mellor que a fritura.

• Beber auga: Entre 4 e 6

vasos ao día como mínimo e

completar con outros líquidos

ata alcanzar, como media

diaria, 2 litros en mulleres e

os 2,5 en homes.

Consumo diario:

Tamén hai que consumir froitas

(3-4 veces ao día), verduras e

hortalizas (2-3 veces ao día). En

total deben sumar un mínimo de

cinco racións ao día.

Ademáis, recoméndase o aceite

de oliva virxe extra.

Nun nivel superior aparecen os

lácteos (2-3 veces ao día) que

deben ser baixos en graxa, así

coma as carnes brancas (polo,

pavo ou coello) e pescados de

tempada, ademáis de ovos ou

froitos secos (1-3 veces ao día,

alternando)

Consumo ocasional:

Estes divídense en dous grupos:

por unha banda atopamos

as carnes vermellas

procesadas e embutidos,

e pola outra aparecen os

produtos ricos en azucre,

como doces ou produtos

industriais, e os ricos en

sal e en graxas (como a

manteiga), sendo estes

últimos os que máis debemos

limitar na nosa dieta.

Con consumo ocasional podémonos

referir a un consumo

dunha vez á semana destes alimentos

sempre que non existan

enfermidades que nos obriguen

a restrinxilos de xeito estrito.

Ademáis de todo isto, aconséllase

que as bebidas fermentadas,

coma viño ou cervexa, se consuman

de forma opcional e moderada

en adultos.

Por último, na cúspide da pirámide,

hai unha bandeira de suplementos

nutricionais (vitaminas,

minerais, alimentos funcionais...).

Débense consumir sempre baixo

recomendación médica, pero

recorda que mantendo unha

alimentación equilibrada e

variada non son necesarios xa

que con ela cubrimos todas as

necesidades de nutrientes que

precisamos.

O mellor consello:

Ten sempre a man a imaxe

da pirámide nutricional da

SENC para seguir os seus

consellos.

*Aínda que esta pirámide é a máis

recente ao longo do 2016 a SENC publicará

un informe e elaborará publicacións

para difundir o novo símbolo das

Guías Alimentarias SENC 2015, os seus

contidos de referencia e así como distintos

materiais divulgativos e de apoio

para favorecer a adopción de patróns

alimentarios e de xeitos de vida máis

saudables na nosa poboación.

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!