Prestacións por desemprego - Servicio Público de Empleo Estatal

sepe.es

Prestacións por desemprego - Servicio Público de Empleo Estatal

Prestacións por

desemprego

Prestación por desemprego

de nivel contributivo

Protección por desemprego

FEBREIRO - 2013


Este folleto divulgativo publicado dentro da colección «A protección polo desemprego»,

recolle as principais características da «Prestación por desemprego de nivel

contributivo», como son: quen pode ser beneficiario, duración e contía da prestación,

causas de suspensión ou de extinción e obrigas que deben cumprir os beneficiarios,

etc.

Inclúese á vez a súa tramitación (documentación a achegar, prazos de solicitude, lugar

de presentación, etc.), todo iso destinado a que os cidadáns coñezan, respecto das

prestacións por desemprego, os seus dereitos e obrigas.


Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado

http://publicacionesoficiales.boe.es

Edición realizada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Subdirección Xeral de Prestacións por Desemprego

Condesa de Venadito, 9. 28027 - Madrid

NIPO 274 - 13 - 056 - 1

Esta información ten carácter simplemente divulgativo


ÍNDICE

• A protección por desemprego de nivel contributivo ........................................... 5

- Beneficiarios ......................................................................................... 6

- Contido da protección por desemprego .................................................... 6

- Requisitos para acceder á prestación ....................................................... 7

- Situación legal do desemprego ................................................................ 7

- Duración da prestación........................................................................... 9

- Contía da prestación .............................................................................. 10

- Contía mínima da prestación .................................................................. 11

- Contía máxima da prestación .................................................................. 11

- Contías máxi. e mín. en caso de perda de emprego a tempo parcial ........... 11

- Cotización á Seguridade Social ............................................................... 11

- Retencións a efectuar pola Entidade Xestora ............................................ 12

- Tramitación da solicitude de prestación ................................................... 12

- Documentación a presentar para o recoñecemento da prestación ............... 13

- Pagamento da prestación ....................................................................... 13

- Suspensión da prestación ....................................................................... 14

- Continuación da prestación..................................................................... 15

- Extinción da prestación .......................................................................... 15

- Dereito de opción .................................................................................. 16

- Incompatibilidades da prestación ............................................................ 16

- Compatibilidade das prestacións ............................................................. 17

- Obrigas dos traballadores ....................................................................... 17

- Infraccións e sancións ............................................................................ 18

• A prestación por desemprego do nivel contributivo para trabal.

eventuais incluídos no Sistema Especial Agrario da Seguridade ........................ 20

- Beneficiarios ......................................................................................... 20

- Período cotizado .................................................................................... 20

- Duración ............................................................................................... 20

- Outras consideracións ............................................................................ 20

• Direccións de interese ................................................................................ 21


A protección por desemprego de nivel contributivo

Esta prestación protexe a situación de desemprego de quen, podendo e querendo traballar,

perda o seu emprego de forma temporal ou definitiva ou vexa reducida temporalmente a

súa xornada ordinaria de traballo entre un mínimo de 10 e un máximo dun 70 por cento

respectivamente.

Para o acceso á mesma requírese, ademais de cumprir os requisitos que máis adiante se

indican, a cotización previa do traballador á Seguridade Social por esta continxencia, dado

que o seu financiamento efectúase polas cotizacións dos traballadores, empresarios e a

achega do Estado.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é o Organismo Autónomo, dependente do

Ministerio de Emprego e Seguridade Social, encargado da xestión e control das prestacións

por desemprego. O Instituto Social da Mariña (ISM) realiza a xestión das prestacións por

desemprego correspondentes aos traballadores incluídos no Réxime Especial da Seguridade

Social dos Traballadores do Mar.

5


6

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta prestación

por desemprego, sempre que se atopen

nalgunha das situacións legais de

desemprego establecidas, teñan o período

mínimo de cotización esixido por esta

continxencia e non se atopen nalgunha

das situacións de incompatibilidade, os

colectivos que a continuación se indican:

• Os traballadores por conta allea incluídos

no Réxime Xeral da Seguridade Social,

que coticen pola continxencia de

desemprego.

• Os traballadores por conta allea incluídos

nos Réximes Especiais da Seguridade

Social que protexen esta continxencia

de desemprego (traballadores da Minaría

do Carbón, traballadores por conta allea

do Réxime Especial dos Traballadores do

Mar, traballadores fixos por conta allea

do Sistema Especial para traballadores

por conta allea agrario da Seguridade

Social e traballadores eventuais por

conta allea do mesmo Sistema. (Ver as

especialidades destes últimos na

páx. 20)

• Os socios traballadores de Cooperativas

de Traballo Asociado, e de Cooperativas

de Explotación comunitaria da terra,

así como os socios de traballo doutras

cooperativas, incluídos nun Réxime

da Seguridade Social que protexa esta

continxencia.

• Os penados que fosen liberados de

prisión por cumprimento de condena ou

liberdade condicional.

• Os traballadores emigrantes retornados.

• Os traballadores estranxeiros en España,

nacionais de países que pertencen á

Unión Europea ou ao Espazo Económico

Eueropeo ou que non pertencen á Unión

Europea nin ao Espazo Económico

Europeo que residan legalmente no

noso país, e que cumpran os requisitos

legalmente esixidos, terán dereito ás

prestacións por desemprego de nivel

contributivo sempre que estean inscritos

como demandantes de emprego.

• Os funcionarios de emprego e persoal

contratado de colaboración temporal

en réxime de dereito administrativo ao

servizo das Administracións Públicas.

• Os militares de Complemento e os

militares profesionais de Tropa e

Mariñeiría.

• Os membros de corporacións locais e de

Xuntas Xerais dos Territorios Históricos

Forais, Cabildos Insulares Canarios e

Consellos Insulares de Baleares, que

desempeñen os devanditos cargos

con dedicación exclusiva ou parcial

e perciban unha retribución polo

desempeño do cargo.

• Os cargos representativos que exerzan

funcións de dirección dos sindicatos

constituídos ao amparo da Lei Orgánica

11/1985, de Liberdade Sindical, que

exerzan funcións sindicais de dirección

con dedicación exclusiva ou parcial

sempre que perciban unha retribución.

• Os altos cargos das Administracións

Públicas que teñan dedicación

exclusiva, estean retribuídos e non sexan

funcionarios públicos nin teñan dereito

a percibir calquera tipo de prestación

compensatoria como consecuencia do

seu cesamento.

Contido da protección por

desemprego

Esta prestación por desemprego inclúe:

• A prestación económica por desemprego

total ou parcial.


• O aboamento de parte da cotización á

Seguridade Social durante a percepción

da prestación por desemprego.

A acción protectora comprenderá,

ademais, accións específicas de formación,

perfeccionamento, orientación, reconversión

e inserción profesionais en favor dos

traballadores desempregados, e aquelas

outras que teñan por obxecto o fomento do

emprego estable.

Requisitos para acceder á prestación

• Estar afiliado e en situación de alta

ou asimilada á alta na Seguridade

Social, nun réxime que contemple a

continxencia por desemprego.

• Estar en situación legal de desemprego

(ver situacións legais de desemprego).

Tamén hase de acreditar a

dispoñibilidade para buscar activamente

emprego e para aceptar unha colocación

adecuada, mediante a subscrición dun

compromiso de actividade.

• Ter cuberto un período mínimo de

cotización por esta continxencia de 360

días, dentro dos seis anos anteriores

á situación legal de desemprego, ou

ao momento en que cesou a obriga de

cotizar.

• O incumprimento por parte do

empresario das obrigas de afiliación,

alta e cotización, non impide que o

traballador obteña a súa prestación por

desemprego, e por iso a Entidade Xestora

aboaralle as prestacións sen prexuízo

das accións que poida adoptar contra a

empresa infractora e a responsabilidade

que corresponda a esta polas prestacións

recoñecidas.

• Non cumprir a idade ordinaria que se

esixa en cada caso para causar dereito á

pensión contributiva de xubilación, salvo

que o traballador non tivese dereito a

ela por falta de acreditación do período

de cotización requirido para iso, ou

se trate de supostos de suspensión

da relación laboral ou redución de

xornada autorizados por Expediente de

Regulación de Emprego (ERE).

• Non estar incluído nalgunha das causas

de incompatibilidade (ver páxina 16).

Situación legal de desemprego

As solicitudes de prestación por desemprego

que correspondan ás situacións legais de

desemprego que se indican a continuación

acreditaranse no modelo normalizado de

Certificado de Empresa, onde deberá constar

expresamente a súa causa e data de efectos

e, no seu caso, deberá ir acompañado da

documentación correspondente.

a) Despedimento.

b) Despedimento por causas obxectivas.

c) Cesamento por morte do empresario.

d) Cesamento por xubilación do empresario.

e) Cesamento por Incapacidade do

empresario.

f) Extinción da relación laboral

autorizada en ERE, ou por auto do Xuíz

(identificados con nº e data). Ademais

deberase achegar por unha soa vez a

resolución do ERE ou a Resolución do

Xuíz adoptada no seo dun procedemento

concursal.

g) Suspensión da relación laboral

autorizada en ERE, ou por auto do Xuíz

(identificados con nº e data).

Ademais deberá achegar por unha

soa vez a resolución do ERE ou a

Resolución do Xuíz adoptada no seo dun

procedemento concursal.

h) Redución de xornada autorizada en ERE

(identificados con nº e data).

7


8

Ademais deberá achegar por unha soa

vez a resolución do ERE.

i) Cesamento en período de proba a

instancia do empresario.

j) Cesamento por vontade do empresario na

relación laboral de alta dirección.

k) Fin do contrato temporal a instancia

do empresario (identificando tipo e

duración).

l) Fin da relación administrativa temporal

de funcionarios de emprego e contratados

administrativos.

m) Expulsión do socio da cooperativa por

acordo do Consello Reitor.

n) Cesamento en período de proba do socio

de cooperativa por acordo do Consello

Reitor.

o) Traslado do centro de traballo ou

modificación substancial das condicións

de traballo.

p) Fin ou interrupción da actividade dos

traballadores fixos descontinuos, así

como dos traballadores que realicen

traballos fixos e periódicos que se repiten

en certas datas. Ademais acompañaríase

neste caso de copia do contrato e, no seu

caso, da certificación do empresario.

q) Finalización do vínculo societario

de duración determinada, fixado no

acordo de Admisión e nos estatutos da

cooperativa.

r) Finalización ou resolución involuntaria do

compromiso coas Forzas Armadas.

s) Fin de actuación con finalización de

contrato, en caso de artistas.

t) Cesamento involuntario e con carácter

definitivo nos correspondentes cargos

públicos ou sindicais, ou cando, aínda

mantendo o devandito cargo, se perda

con carácter involuntario e definitivo a

dedicación exclusiva ou parcial.

u) Extinción ou suspensión da relación

laboral de vítimas de violencia de xénero,

xunto coa comunicación da data final da

suspensión e a acreditación da condición

de vítima, con orde de protección ou

informe do Ministerio Fiscal, salvo cando

xa conste no expediente.

v) Cesamento por declaración de invalidez

permanente total do traballador, xunto

coa Resolución do INSS na que se

recoñece a Incapacidade Permanente

Total, acompañada do informe da

Comisión de Valoración no que conste

que non se suspende o contrato de

traballo en base ao art. 48.2 do Estatuto

dos Traballadores.

w) Extinción ou suspensión temporal

ou redución temporal da xornada de

traballo entre un mínimo de 10 e un

máximo dun 70 por cento, da relación

societaria dos socios traballadores das

cooperativas, por causas económicas,

tecnolóxicas ou de forza maior, xunto coa

documentación acreditativa de que esas

causas foron debidamente constatadas

pola Autoridade Laboral.

En canto ás situacións legais de desemprego

que non se acreditan co Certificado de

Empresa, indícanse as seguintes formas de

acreditación:

a) Acta de conciliación administrativa

ou xudicial na que se recoñeza a

improcedencia do despedimento ou a

expulsión improcedente da cooperativa.

b) Resolución xudicial definitiva declarando

a extinción da relación laboral ou a

improcedencia do despedimento ou

acreditación de que o empresario, ou o

traballador, cando sexa representante

legal dos traballadores, non optaron

pola readmisión, ou resolución xudicial

definitiva que declare expresamente a

improcedencia da expulsión do socio da

cooperativa.


c) Acta de conciliación administrativa ou

xudicial, ou resolución xudicial definitiva

declarando extinguida a relación laboral

por algunha das causas previstas no

artigo 50 do Estatuto dos Traballadores.

d) Certificación do Director do Centro

Penal, na que conste a excarceración por

cumprimento de condena ou liberdade

condicional así como as datas de ingreso

en prisión e de excarceración, e o período

de ocupación cotizada no seu caso,

durante a permanencia na situación de

privación de liberdade.

e) Certificación do Órgano Competente de

Emigración na que conste en todo caso

a condición de emigrante retornado e

a data do retorno, cando o retorno sexa

de países que non sexan membros da

Unión Europea ou do Espazo Económico

Europeo ou cos que non exista convenio

sobre protección por desemprego.

f) No caso de retorno dun país membro

da Unión Europea o formulario U1.

Se retorna de Islandia, Noruega,

Liechtenstein ou Suíza o formulario

E301.

Duración da prestación

A duración da prestación por desemprego

estará en función dos períodos de ocupación

cotizada nun réxime da Seguridade Social

que protexa esta continxencia, nos seis anos

anteriores á situación legal de desemprego

ou ao momento en que cesou a obriga de

cotizar ou, no seu caso, desde o nacemento

do dereito á prestación por desemprego

anterior, con arranxo á seguinte escala:

Período

de cotización

(en días)

Período

de prestación

(en días)

Desde 360 ata 539 120

Desde 540 ata 719 180

Desde 720 ata 899 240

Desde 900 ata 1.079 300

Desde 1.080 ata 1.259 360

Desde 1.260 ata 1.439 420

Desde 1.440 ata 1.619 480

Desde 1.620 ata 1.799 540

Desde 1.800 ata 1.979 600

Desde 1.980 ata 2.159 660

Desde 2.160 720

• Só se terán en conta as cotizacións

que non fosen computadas para o

recoñecemento dun dereito anterior,

tanto de nivel contributivo como

asistencial. Non obstante, non se

considerará como dereito anterior o que

se recoñeza en virtude da suspensión

da relación laboral prevista no caso das

vítimas de violencia de xénero [artigo

45.1.n) do Estatuto dos Traballadores].

• Non se computarán as cotizacións

correspondentes ao tempo de aboamento

da prestación por desemprego que

efectúe a Entidade Xestora ou, no

seu caso, a empresa, excepto cando

a prestación se perciba en virtude da

suspensión da relación laboral prevista

no caso das vítimas de violencia de

xénero [artigo 45.1.n) do Estatuto dos

Traballadores].

• Neste caso, a data final da suspensión

decidirase por parte da traballadora,

podendo ser inicialmente de ata

seis meses. Transcorrido o tempo de

suspensión inicial, poderá manterse a

protección, sempre que o xuíz prorrogue

a suspensión por períodos de tres meses,

cun máximo de 18 meses e co límite

da duración do dereito recoñecido, a

condición de que a traballadora achegue

9


10

nova documentación acreditativa

da devandita prórroga, sen que sexa

necesario volver a acreditar a orde de

protección ou, no seu defecto, o informe

do Ministerio Fiscal.

A duración da prestación por desemprego

dos emigrantes retornados ou dos liberados

de prisión determinarase en función

dos períodos de ocupación cotizada,

correspondentes aos seis anos anteriores

á saída de España, ou ao ingreso en

prisión, respectivamente, salvo cando, os

traballadores teñan cotizacións efectuadas

no estranxeiro ou en prisión, que sexan

computables para a obtención da prestación.

Para o cálculo do período de ocupación

cotizada, teranse en conta os períodos de

vacacións anuais retribuídos e non gozados

antes da extinción da relación laboral, así

como os correspondentes aos salarios de

tramitación.

Cando as cotizacións acreditadas

correspondan a un traballo a tempo parcial

ou a traballo efectivo nos casos de redución

de xornada, cada día traballado computarase

como día cotizado calquera que fose a

duración da xornada.

Contía da prestación

Estará en función da base reguladora que

teña o traballador. Para determinar a base

reguladora diaria sumaranse as bases dos

últimos cento oitenta días cotizados á

Seguridade Social, pola continxencia de

desemprego (Base de Accidentes de Traballo

e Enfermidades Profesionais), precedentes

á situación legal de desemprego ou ao

momento en que cesou a obriga de cotizar, e

dividiranse entre 180.

A base reguladora diaria dos traballadores

que nos últimos 180 días precedentes ao

día en que se produciu a situación legal de

desemprego ou ao que cesou a obriga de

cotizar só teñan cotizacións por xornadas

reais traballadas no SEASS será a base de

cotización da última xornada real traballada.

A base reguladora diaria dos traballadores

que nos últimos 180 días, precedentes ao

día en que se produciu a situación legal de

desemprego, ou ao do que cesou a obriga de

cotizar, teñan cotizacións por xornadas reais

no SEASS e noutros Réximes, calcularase

dividindo por 180 a suma das bases de

cotización pola continxencia de desemprego

dese número de días, e, para iso, a base

de cotización da última xornada real

realizada debe ser multiplicada e dividida

polo número de xornadas reais incluídas no

período indicado.

Para determinar a base reguladora mensual

multiplicarase por 30 a base reguladora

diaria.

O importe mensual da prestación por

desemprego é o 70% da base reguladora

mensual da prestación nos seis primeiros

meses de dereito (180 días), pasando a ser

o 50% a partir do devandito período.

A prestación por desemprego parcial

determinarase, segundo as regras sinaladas

anteriormente, en proporción á redución da

xornada de traballo.

Os importes da prestación así calculados

en ningún caso poderán ser inferiores ou

superiores aos importes mínimos e máximos

establecidos para as prestacións por

desemprego, en función de que o traballador

teña ou non fillos a cargo. A estes efectos

entenderase que se teñen fillos a cargo

cando estes sexan menores de 26 anos ou

maiores cunha discapacidade en grao igual

ou superior ao 33%, carezan de rendas de

calquera natureza iguais ou superiores ao

salario mínimo interprofesional excluída a

parte proporcional das pagas extraordinarias

e convivan co beneficiario.


A consideración do fillo común a cargo do

pai ou da nai non impedirá a cualificación

como fillo a cargo do outro proxenitor.

Durante a percepción da prestación por

desemprego, a contía máxima ou mínima

adaptarase ao incremento ou diminución dos

fillos a cargo.

Contía mínima da prestación

En ningún caso a contía mensual da

prestación, calculada como se indicou no

apartado anterior, poderá ser inferior:

• Ao 80% do Indicador Público de Renda

de Efectos Múltiples (IPREM) mensual,

incrementado en 1/6 (parte proporcional

das pagas extraordinarias), cando o

traballador non teña fillos a cargo.

• Ao 107% do IPREM mensual,

incrementado en 1/6 (parte proporcional

das pagas extraordinarias), cando o

traballador teña, polo menos, un fillo a

cargo.

Contía máxima da prestación

O importe máximo da prestación por

desemprego a percibir, calculado segundo

o número de fillos a cargo, en ningún caso,

poderá ser superior:

• Ao 175% do IPREM, sen fillos a cargo.

• Ao 200% do IPREM, cun fillo a cargo.

• Ao 225% do IPREM, con 2 ou máis fillos

a cargo.

Contías máxima e mínima en caso de

perda de emprego a tempo parcial

En caso de perda dun traballo a tempo

parcial, os importes máximo e mínimo da

prestación calcularanse tendo en conta o

Indicador Público de Rendas de Efectos

Múltiples (IPREM) en función das horas

traballadas.

Cotización á Seguridade Social

Durante a percepción da prestación por

desemprego o traballador permanecerá en

alta na Seguridade Social e efectuarase

a cotización polas continxencias comúns

(Protección á Familia, Xubilación, Invalidez

Permanente, Morte e a Supervivencia,

Incapacidade Temporal, Maternidade,

Asistencia Sanitaria e Farmacéutica).

A base de cotización será a media das

bases de cotización do traballador por estas

continxencias nos últimos seis meses de

ocupación.

O aboamento da achega empresarial

efectuarao o Servizo Público de Emprego

Estatal (SEPE) na súa totalidade, e a

achega correspondente ao traballador será

íntegra a cargo deste. Nos supostos de

traballadores fixos do Sistema Especial

Agrario da Seguridade Social, o Servizo

Público de Emprego Estatal (SEPE) aboará

directamente ao traballador o 73,50% da

cota correspondente e sendo por conta do

traballador, o 26,50% restante.

Nos supostos de percepción de prestacións

por desemprego, por redución de xornada

ou suspensión de contrato, motivada por

Expediente de Regulación de Emprego, a

empresa asumirá a achega empresarial e a

achega correspondente ao traballador será

íntegra a cargo deste.

11


12

Retencións a efectuar pola Entidade

Xestora

• Á contía da prestación indicada con

anterioridade, procederase polo Servizo

Público de Emprego Estatal (SEPE) a

efectuar as seguintes retencións: O 65%

do importe da cotización á Seguridade

Social a efectuar polo traballador. A cota

do traballador é o resultado de aplicar

o 4,7% (tipo de cotización a cargo do

traballador) á base de cotización do

traballador por continxencias comúns

(base media dos últimos seis meses por

esta continxencia).

• A retención a conta do Imposto sobre a

Renda das Persoas Físicas.

Tramitación da solicitude da prestación

Os traballadores desempregados deberán

inscribirse como demandantes de emprego,

e solicitar a prestación na Oficina do

Servizo Público de Emprego correspondente

ou nos rexistros doutras Administracións,

incluídas as das Entidades locais coas

que exista convenio, ou dirixindo á

Entidade Xestora os documentos ou

datos correspondentes por correo ou por

procedementos electrónicos, a través da

páxina https://sede.sepe.gob.es, no prazo

de quince días hábiles seguintes á situación

legal de desemprego, ou do retorno do

estranxeiro ou da excarceración.

Do mesmo xeito poderanse presentar as

reclamacións, alegacións, declaracións

ou comunicacións de baixa ou outras do

interesado e os Certificados de Empresa.

No momento da solicitude, o traballador

deberá subscribir un compromiso de

actividade.

O Servizo Público de Emprego competente

terá en conta a condición de vítima de

violencia de xénero a efectos de moderar,

en caso necesario, o cumprimento das

obrigas que se deriven do compromiso

subscrito.

Non realizar a inscrición ou a solicitude

no prazo fixado, salvo casos de forza

maior, supón a perda de tantos días de

dereito á prestación como medien entre

a data de nacemento do dereito de terse

inscrito e solicitado en tempo e forma e a

data en que, efectivamente, se formule a

inscrición e a solicitude.

Nos supostos de situación legal de

desemprego por extinción da relación

laboral, o traballador pode reclamar contra

a decisión extintiva do empresario.

Neste caso, se non se inscribiu e

solicitou no prazo antes mencionado,

tería un novo prazo de quince días

para facelo, desde a data da acta de

conciliación ou providencia de opción pola

indemnización, ou, no seu caso desde a

resolución xudicial. Nos supostos en que

o período que corresponde ás vacacións

anuais retribuídas non sexa gozado con

anterioridade á finalización da relación

laboral, a solicitude deberá presentarse

no prazo dos quince días seguintes á

finalización dese período, que debe

constar no Certificado de Empresa.

O Servizo Público de Emprego Estatal

(SEPE) ou o Instituto Social da Mariña

(ISM), debe ditar resolución no prazo dos

15 días seguintes á data da solicitude e

cursar a notificación no prazo de 10 días a

partir da data do seu ditado.


Documentación a presentar para o

recoñecemento da prestación

Impreso de solicitude en modelo oficial

que inclúe a solicitude da prestación, o

compromiso de actividade, declaración de

cargas familiares e domiciliación bancaria.

Documentos de identificación. Só se require

a súa exhibición para o cotexamento dos

datos identificativos do solicitante e dos

fillos que conviven ou están ao seu cargo e

que figuran na solicitude:

• Españois: Documento Nacional de

Identidade (DNI).

• Estranxeiros residentes en España:

Tarxeta de Identidade de Estranxeiros

(TIE), ou documento identificativo no

seu país de orixe se é nacional dun

país pertencente ao Espazo Económico

Europeo ou Suíza.

• En todo caso: O NIE (n.º de identidade

de estranxeiros).

• Libro de familia ou documento

equivalente no caso de estranxeiros

(Formulario E-302).

• Certificado do grao de minusvalía ou

Resolución da condición de pensionista

por incapacidade.

• Resolución xudicial ou escrito de

formalización do acollemento.

• Salvo que a empresa estea incorporada

ao sistema Certific@2, último Certificado

de Empresa, en modelo normalizado,

onde se incorporará nos supostos

en que se acredite a situación legal

de desemprego por comunicación,

notificación escrita ou certificación

do empresario, da Administración

empregadora ou da Cooperativa, a causa

e data, considerándose documento válido

para a súa acreditación.

• Documentos acreditativos da situación

legal de desemprego: no caso de

emigrante retornado (formulario E-301),

se retorna de Noruega, Islandia,

Liechtenstein ou Suíza; o formulario

U1 se retorna da Unión Europea e se

é liberado de prisión Certificación do

Director do Centro Penal coa data de

ingreso e excarceración.

• Copia dos documentos oficiais de

cotización ou salarios, correspondentes

aos 180 últimos días cotizados, se

a empresa non estivese integrada no

sistema de Remisión Electrónica de

Documentos (RED) da Tesourería Xeral

da Seguridade Social: Documento de

afiliación.

Pagamento da prestación

O Servizo Público de Emprego Estatal

(SEPE) ou o Instituto Social da Mariña,

unha vez procedesen ao recoñecemento

da prestación, remitirán ao domicilio do

solicitante a resolución adoptada, na que

se indicará, entre outros datos, o período

recoñecido, a base reguladora, a entidade

pagadora, data de pagamento, etc.

O pagamento da prestación realizarase por

meses vencidos, mediante o aboamento na

conta da entidade financeira colaboradora

indicada polo solicitante ou perceptor, da

que sexa titular.

O dereito á percepción de cada

mensualidade caducará ao ano do seu

respectivo vencemento.

Pagamento único

Existe a posibilidade de percibir o valor

actual do importe total ou parcial da

prestación contributiva, nos supostos nos

que o traballador pretenda constituír ou

incorporarse como socio traballador ou

de traballo en cooperativas ou sociedades

laborais, ou tamén cando pretenda iniciar

unha actividade como traballador autónomo.

13


14

O importe deste pagamento único será,

como máximo, a contía necesaria para

cubrir a achega obrigatoria á sociedade ou

cooperativa, ou o investimento necesario

para iniciar a actividade como autónomo,

en caso de traballador que acredite

discapacidade en grao igual ou superior ao

33%.

Igualmente, os traballadores que pretendan

iniciar unha actividade como autónomos

que non estean afectados de discapacidade

poderán recibir o aboamento dunha

soa vez do importe que corresponda ao

investimento necesario co límite máximo

do 60% da prestación de nivel contributivo

pendente de percibir. O devandito límite

elévase ao 80% para homes cunha idade

de ata 30 anos e mulleres ata 35 anos,

ambos inclusive, na data de solicitude do

pagamento único.

En todos os casos, se se recoñece o dereito

por un importe inferior ao total da contía

pendente de percibir, o remanente pódese

obter a través de pagamentos parciais para

subvencionar as cotas do traballador á

Seguridade Social.

Así mesmo, pódese optar por solicitar

unicamente o aboamento do importe

total da contía pendente de percibir na

modalidade de pagamentos parciais para

subvencionar as cotas á Seguridade Social.

Suspensión da prestación

A suspensión do dereito, supón a

interrupción do aboamento de prestacións

económicas e de cotización á Seguridade

Social.

As causas que a motivan son:

• Traslado de residencia ao estranxeiro

por un período continuado

inferior a doce meses, para a

procura ou realización de traballo,

perfeccionamento profesional ou

cooperación internacional, sen

prexuízo da aplicación do previsto

sobre a exportación das prestacións

nos convenios e normas comunitarios.

Non terá consideración de traslado de

residencia a saída ao estranxeiro por

tempo non superior a 15 días naturais

por unha soa vez cada ano e previa

autorización.

• Pasar a situación de maternidade ou

paternidade. Unha vez finalizada esta

situación o interesado deberá no prazo

dos 15 días hábiles seguintes solicitar a

continuación da prestación contributiva.

A instancia do interesado no prazo dos

15 días seguintes á finalización causa

de suspensión.

• Cumprimento de condena que implique

privación de liberdade, salvo que o

traballador teña cargas familiares e non

dispoña de renda familiar algunha, nese

caso, continuará a percibir a prestación,

previa solicitude do interesado.

• Realización dun traballo por conta allea

de duración inferior a doce meses.

• Realización dun traballo por conta

propia de duración inferior a vinte e

catro meses.

Considerarase traballo toda actividade,

que xere ou poida xerar retribución ou

ingresos económicos, por conta allea

ou propia, que sexa incompatible coa

prestación.

• Sanción de suspensión por infracción

leve ou grave (ver «Infraccións e

sancións»).

A suspensión por sanción, ademais

da interrupción no aboamento das

prestacións suporá a redución da

duración da prestación recoñecida por

tempo igual ao da suspensión producida.


• Nos supostos aos que se refire o art.

295 da Lei de Procedemento Laboral,

mentres o traballador continúe

prestando os seus servizos, ou non

os preste por vontade do empresario,

durante a tramitación do recurso.

• Desempeño de cargos públicos ou

sindicais retribuídos que supoñan

dedicación exclusiva.

Continuación da prestación

En todos os casos de suspensión, salvo

por sanción, o traballador debe solicitar

a continuación do dereito na Oficina

do Servizo Público de Emprego que lle

corresponda na páxina https://sede.sepe.

gob.es no prazo dos quince días hábiles

seguintes á finalización da causa de

suspensión e acreditar a situación legal de

desemprego.

A continuación suporá o dereito a percibir

a prestación por desemprego polo período

que restase e coa base reguladora e

porcentaxe da mesma que correspondese

no momento da suspensión.

En caso de sanción, o dereito continuarase

coa porcentaxe da prestación que

corresponda tendo en conta o período

percibido e o período de sanción.

Os colectivos que dentro do mes teñan

diversos períodos de actividade e

inactividade poderán presentar a solicitude

agrupada das prestacións correspondentes

ao mes anterior á data da última situación

legal de desemprego; poderán acollerse

a unha modalidade de tramitación

simplificada e presentar nunha única

solicitude mensual a continuación da

prestación correspondente aos períodos de

desemprego do mes.

Así mesmo, a Entidade Xestora pode

admitir para os colectivos de traballadores

fixos descontinuos e para os que teñan a

súa xornada ordinaria de traballo reducida

ou suspendida a súa relación laboral en

virtude de Expediente de Regulación de

Emprego, que a solicitude de alta inicial

forneza efecto de solicitude de continuación

polos períodos de inactividade dentro do

mesmo expediente ou dentro da mesma

actividade fixa descontinua, en cuxo caso,

a empresa, autorizada polo traballador,

deberá comunicar á entidade xestora cada

mes a correspondente información sobre

os períodos de actividade dos traballadores

incluídos nesta modalidade de continuación

única.

Extinción da prestación

O dereito á prestación por desemprego

extínguese polas causas seguintes:

• Esgotamento do período de duración da

prestación.

• Traslado de residencia ao estranxeiro

do traballador, salvo nos casos de

suspensión.

• Falecemento do beneficiario. Pasar a

ser pensionista por xubilación ou de

invalidez permanente (total, absoluta ou

grande invalidez), podendo en caso de

incapacidade permanente total, optar

pola prestación máis favorable.

• Realización dun traballo por conta allea,

de duración igual ou superior a doce

meses.

• Realización dun traballo por conta propia

de duración igual ou superior a 24

meses.

• Renuncia voluntaria ao dereito.

• Cumprimento por parte do beneficiario

da idade ordinaria para causar dereito á

pensión contributiva de xubilación, salvo

que o traballador non tivese acreditado o

período de cotización requirido para iso,

15


16

ou se trate de supostos de suspensión

de relacións laborais ou redución de

xornadas autorizadas por resolución

administrativa.

• Imposición de sanción de extinción

por reincidencia en infraccións leves

ou graves, ou pola comisión dunha

infracción grave ou moi grave das

sancionadas coa extinción do dereito

(ver «Infraccións e sancións»).

Dereito de opción

Cando o dereito á prestación se extinga

por realizar un traballo por conta allea de

duración igual ou superior a doce meses

e se recoñeza unha nova prestación por

desemprego, sen ter esgotado a prestación

anterior, o traballador poderá optar, por

escrito e no prazo de dez días desde o

recoñecemento, entre reabrir o dereito

inicial polo período que lle restaba e

as bases, porcentaxes e topes que lle

correspondían, ou percibir a prestación

xerada polas novas cotizacións efectuadas.

O dereito de opción tamén pode

exercitarse en www.sepe.es

• Se o traballador opta pola prestación

anterior, as cotizacións que xerou a

nova prestación pola que non optou

non poderán computarse para o

recoñecemento dun dereito posterior.

Incompatibilidade da prestación

A percepción da prestación por desemprego

é incompatible:

• Co traballo retribuído por conta allea,

a tempo completo, en réxime laboral

ou administrativo, ou con situacións

asimiladas, que supoñan a inclusión

en calquera Réxime do sistema da

Seguridade Social aínda que non teña

previsto cotizar pola continxencia

de desemprego, salvo cando estea

establecida a compatibilidade nalgún

programa de fomento de emprego.

• Co traballo por conta propia, con

independencia do número de horas

que se dediquen á actividade e dos

resultados económicos obtidos e aínda

que a súa realización non implique a

inclusión obrigatoria nalgún dos réximes

da Seguridade Social.

• A incompatibilidade entenderase referida

tanto ao traballo efectivo como aos

períodos de vacacións e de descanso

retribuído.

• Con actividades de investigación ou

cooperación retribuídas, que supoñan

dedicación exclusiva.

• Co exercicio por elección ou designación

de cargos públicos ou sindicais ou altos

cargos da Administración, retribuídos,

que supoñan dedicación exclusiva.

• Coa obtención de pensións ou

prestacións de carácter económico

da Seguridade Social tanto de nivel

contributivo como non contributivo, salvo

que estas fosen compatibles co traballo

que orixinou a prestación por desemprego

ou salvo que se trate da prestación por

fillo a cargo.

• Coa activación da reserva retribuída á

que se refire o Real Decreto 1691/2003,

do 12 de decembro, polo que se aproba

o Regulamento de acceso e réxime dos

reservistas voluntarios.

• Con calquera outra situación que

implique o dereito a percepcións

económicas de carácter público como

substitutivas das retribucións deixadas de

percibir polo cesamento na actividade,

manténdose un vínculo administrativo ou

laboral.


Compatibilidade das prestacións

A percepción da prestación por desemprego

é compatible:

• Co traballo retribuído por conta allea a

tempo parcial, sen prexuízo do desconto

correspondente na contía da prestación.

• Coa indemnización que proceda por

extinción do contrato de traballo.

• Coa pensión de xubilación parcial e

coas pensións ou as prestacións de

carácter económico da Seguridade Social

que fosen compatibles co traballo que

orixinou a prestación.

• Coas bolsas e axudas que se obteñan

por asistencia a accións de formación

ocupacional ou para realizar prácticas

en entidades públicas ou privadas que

formen parte do plan de estudos e se

produzan no marco de colaboración

entre as devanditas entidades e o centro

docente de que se trate.

• Coa realización de traballo de

colaboración social.

• Coas prestacións da Seguridade Social

por fillo a cargo.

• Co exercicio por elección ou designación

de cargos públicos ou sindicais

retribuídos que supoñan dedicación

parcial, sen prexuízo da dedución

correspondente na contía da prestación.

Obrigas dos traballadores

Son obrigas dos traballadores:

• Proporcionar a documentación

e información necesaria para o

recoñecemento, suspensión, extinción ou

continuación do dereito á prestación.

• Subscribir e cumprir as esixencias do

compromiso de actividade. Buscar

activamente emprego e participar nas

accións de mellora da ocupabilidade que

se determinen, no seu caso, dentro do

itinerario de inserción. Sen prexuízo de

acreditar a busca activa de emprego, a

participación en accións de mellora da

ocupabilidade será voluntaria para os

beneficiarios de prestacións contributivas,

durante os 100 primeiros días de

percepción.

• Solicitar a baixa das prestacións por

desemprego cando se produzan situacións

de suspensión ou extinción do dereito ou

se deixen de reunir os requisitos esixidos

para a súa percepción.

• Renovar a demanda de emprego na forma

e data que se indiquen na tarxeta de

demanda de emprego.

• Comparecer ou presentarse a

requirimento da Entidade Xestora na

Oficina do Servizo Público de Emprego, a

Axencia de Colocación sen fins lucrativos

ou as Entidades Asociadas dos Servizos

Integrados para o Emprego, no lugar e

data que se indiquen.

• Presentar a documentación acreditativa

da situación de incapacidade temporal

ou maternidade na oficina do Servizo

Público de Emprego correspondente, de

producirse esta durante a percepción da

prestación.

• Devolver, no prazo de cinco días á Oficina

do Servizo Público de Emprego ou,

no seu caso, á Axencia de Colocación

sen fins lucrativos, o correspondente

xustificante de ter comparecido no lugar

e data indicados para cubrir as ofertas de

emprego facilitadas por aquelas.

• Aceptar a colocación adecuada ofrecida

pola Oficina do Servizo Público de

Emprego ou pola Axencia de Colocación

sen fins lucrativos, e participar en

17


18

traballos de colaboración social,

programas de emprego, ou en accións de

promoción, formación ou reconversión

profesionais.

• Reintegrar as prestacións indebidamente

percibidas.

Infraccións e sancións

dos traballadores

As infraccións son accións ou omisións

contrarias ás disposicións que regulan a

protección por desemprego, sancionándose,

sen prexuízo doutras responsabilidades en

que se pode incorrer, en función da súa

clasificación.

Infraccións leves

• Non comparecer ante a Entidade

Xestora, a Oficina do Servizo Público de

Emprego, a Axencia de Colocación sen

fins lucrativos ou a Entidade Asociada

dos Servizos Integrados para o Emprego,

a requirimento destas, salvo causa

xustificada.

• Non renovar a demanda de emprego

na forma e datas que se determinen no

documento de renovación da demanda,

salvo causa xustificada.

• Non devolver á Oficina do Servizo

Público de Emprego ou, no seu caso,

á Axencia de Colocación sen fins

lucrativos, no prazo de cinco días, o

correspondente xustificante de ter

comparecido no lugar e data indicados,

para cubrir as ofertas de emprego

facilitadas por aquelas, salvo causa

xustificada.

• Non cumprir as esixencias do

compromiso de actividade, salvo causa

xustificada, sempre que a conduta non

estea tipificada como outra infracción

leve ou grave.

Sancións correspondentes:

• Perda da prestación durante un mes.

No caso de reincidencia, a segunda

infracción sancionarase coa perda da

prestación durante tres meses, a terceira

infracción, coa perda da prestación durante

seis meses e a cuarta infracción coa

extinción do dereito á prestación.

Infraccións graves

• Rexeitar unha oferta de emprego

adecuada, ou negarse a participar

en traballos de colaboración social,

programas de emprego, ou en accións

de promoción, formación e reconversión

profesionais, salvo causa xustificada.

• Non comunicar, salvo causa xustificada,

as baixas na prestación cando se

produzan situacións de suspensión

ou extinción do dereito ou se deixen

de reunir os requisitos para a súa

percepción, cando por calquera

das devanditas causas se percibise

indebidamente a prestación.

Sancións correspondentes:

• As infraccións mencionadas no primeiro

guión do punto anterior sancionaranse

coa perda da prestación durante tres

meses.

A reincidencia nunha segunda infracción

sancionarase coa perda da prestación

durante seis meses, e a terceira infracción

coa extinción do dereito á prestación.

• A infracción contemplada no segundo

guión do punto anterior sancionarase

directamente coa extinción do dereito á

prestación.

En todos os supostos de extinción da

prestación, requirirase, no seu caso, o

reintegro das cantidades indebidamente

percibidas.


Infraccións moi graves

• Compatibilizar o percibo da prestación

co traballo por conta propia ou allea,

salvo no caso de traballo a tempo parcial

no que o traballador optase por seguir

percibindo a prestación.

• Obter fraudulentamente prestacións

indebidas ou superiores ás que

correspondan.

• A conivencia co empresario para a

obtención indebida das prestacións por

desemprego.

• A non aplicación ou a desviación

na aplicación das prestacións por

desemprego capitalizadas polos

traballadores.

Sancións correspondentes:

• Extinción da prestación.

• Reintegro, no seu caso, das cantidades

indebidamente percibidas.

• Igualmente, poderáselle excluír do

dereito a percibir calquera prestación

económica por desemprego e, no seu

caso, axuda de fomento de emprego

durante un ano.

19


20

A prestación por desemprego de nivel contributivo para traballadores

eventuais incluídos no Sistema Especial Agrario da Seguridade Social

A partir do 1 de xuño de 2002 establécese a obriga de cotizar por desemprego e a

ampliación do ámbito de protección por esta continxencia aos traballadores eventuais do

Réxime Especial Agrario da Seguridade Social.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios da prestación

por desemprego do nivel contributivo os

traballadores eventuais do Réxime Especial

Agrario da Seguridade Social que cumpran

os requisitos establecidos con carácter xeral.

Período cotizado

Ás cotizacións realizadas como traballador

eventual agrario poderanse acumular outras

obtidas ben como traballador por conta allea

agrícola fixo, ou como traballador por conta

allea noutro Réxime da Seguridade Social no

que se cotice por desemprego.

Independentemente da natureza do traballo

no que se cesase e polo que se xera a

situación legal de desemprego, se o maior

período cotizado corresponde a períodos

de ocupación cotizada diferentes do de

eventual agrario, recoñecerase a prestación

por desemprego coas características

xerais xa explicadas. Se o maior período

computado é do traballo como eventual

agrario, aplicaranse as especialidades

contempladas neste punto.

Duración

A duración da prestación por desemprego

estará en función dos períodos de ocupación

cotizada nos seis anos anteriores á situación

legal de desemprego ou ao momento en

que cesou a obriga de cotizar, con arranxo á

escala xeral (ver táboa páx. 9).

Outras consideracións

• O esgotamento da prestación contributiva

ou as cotizacións realizadas por un

período inferior ao esixido para obter

a prestación contributiva, non darán

dereito ao acceso ao subsidio asistencial.

• Se se reúnen os requisitos para o acceso

a esta prestación e tamén os do subsidio

por desemprego para traballadores

eventuais do Réxime Especial Agrario

de Andalucía e Estremadura, poderase

optar por calquera dos dous dereitos.

No non afectado polas especialidades

antes mencionadas, aplicarase todo o xa

establecido con carácter xeral.


Direccións de Interese

Direccións Provinciais do Servizo

Público de Emprego Estatal

Oficinas do Servizo Público de Emprego

Direccións Provinciais do ISM

Áreas de Traballo e Asuntos Sociais ou Dependencias

Provinciais da Área de Traballo e Asuntos Sociais

das Subdelegacións do Goberno

Subdirección Xeral de Información Administrativa

C/ Agustín de Bethencourt, 4 - 28003 MADRID

Teléfonos: 914 561 665

A información xeral sobre as prestacións e subsidios

de desemprego, así como a referida a outras accións

do Servizo Público de Emprego Estatal, pode obterse

tamén a través de Internet, na seguinte dirección:

http://www.sepe.es


Para máis información:

Servizo Público de Emprego Estatal

www.sepe.es

901 11 99 99

www.sepe.es

Trabajamos para ti

More magazines by this user
Similar magazines