07.05.2013 Views

INSTITUTO DA LINGUA GALEGA - Apradoga

INSTITUTO DA LINGUA GALEGA - Apradoga

INSTITUTO DA LINGUA GALEGA - Apradoga

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

OBSERVACIÓNS ÁS TRANSCRICIÓNS

As transcricións tratan de representar unha pronuncia que correspondería

á lingua estándar nun rexistro formal, cunha dicción relativamente lenta e

matizada. A seguir recóllense brevemente algúns criterios e convencións (en

parte discutidos na introdución) que permitirán unha correcta interpretación das

transcricións:

1. Utilizamos o sistema consonántico do galego estándar, polo que non se

representa a gheada nin o seseo, sen que isto implique un xuízo desfavorable

para estes sistemas alternativos (v. 5.2.2). Tamén se propón sempre a

pronuncia da lateral palatal [¥], a pesar de ser moi minoritaria no galego actual.

2. Tocante ao timbre das vogais tónicas nas formas que presentan máis

dun resultado na lingua falada, proponse a forma máis estendida. En certos

casos en que existen dúas variantes amplamente representadas e socialmente

aceptadas, recóllense ambas. Algunhas veces indícase unha forma preferente,

por ser máis estendida, e outra secundaria (entre parénteses), tamén

aceptable. Na adaptación de palabras cultas procurouse reducir o número de

formas dobres.

3. Nas vogais átonas seguimos o criterio de evitar no posible as dobres

solucións, agás en certos derivados de formas con variación xeográfica da

vogal tónica (p.e. moitos verbos en –entar) e en certos cultismos. Dado que

con certa frecuencia existen distintos procedementos de adaptación, a

variación no vocalismo átono neste tipo de léxico é relativamente frecuente, e a

inclusión de dobres formas multiplicaría innecesariamente o número de

propostas, o que, dada a finalidade deste dicionario, podería resultar ineficaz e

mesmo confuso. Aínda así, recóllense dobres adaptacións cando se

consideran amplamente difundidas na fala.

4. Os grupos cultos aparecen representados na súa realización formal.

Como se advirte máis arriba (v. 5.3), estas oclusivas teñen realizacións pouco

tensas e sen ruído de apertura (["rEk}to6],[ab}su|Do6]: nas transcricións non se

inclúe o diacrítico } para facilitar a lectura), así como pronuncias máis relaxadas

(aproximantes). Nos rexistros informais estas oclusivas tenden a desaparecer.

5. Nos estranxeirismos que conservan grafías non adaptadas seguiuse o

criterio de representar as formas máis achegadas á pronuncia da lingua orixinal

en primeiro lugar, incluso cando inclúen sons que son alleos á fonética do

galego; nas voces máis usuais, proponse tamén unha forma adaptada en todo

ou en parte á fonética galega. A utilización dunha ou doutra forma depende da

situación e do contexto, polo que corresponde á competencia pragmática e

sociolingüística do falante elixir a forma adecuada. Non obstante, ha de terse

en conta que se trata sempre de formas que non están integradas nin

graficamente nin fonoloxicamente.

6. Outras convencións de transcrición foron a economía de diacríticos que

poderían dificultar a lectura das formas fonéticas e que indican modificacións

da articulación que resultan previsibles. Así, os signos [B, D, V] representan

xxvi

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!