11.07.2015 Views

compromiso da cooperativa coa - Consello Galego de Cooperativas

compromiso da cooperativa coa - Consello Galego de Cooperativas

compromiso da cooperativa coa - Consello Galego de Cooperativas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

e d i ta_ XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE TRABALLOe q u i p o r e d a c t o r_ PROXECTOS, CONSULTORÍA E FORMACIÓN, S.L.revisión linguística_ PROXECTOS, CONSULTORÍA E FORMACIÓN, S.L.deseño e m a q u e ta c i ó n_ PROXECTOS, CONSULTORÍA E FORMACIÓN, S.L.d e p. l e g a l_ C 1572-2009


índicePRESENTACIÓN 5PARTE 1. POR QUE PROMOVER A CREACIÓN DECOOPERATIVAS? 11PARTE 2. COMO ASESORAR NA CREACIÓN DECOOPERATIVAS? 191..........Analizando o perfil do/a emprendedor/a.2..........Suscitando sinerxías no territorio.3..........Valorando a súa idea empresarial.4..........Determinando o grao de madurez do proxecto.5..........Informando.PARTE 3. COMO PROMOVER A CREACIÓN DECOOPERATIVAS? 57TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN E POSTA EN MARCHADUNHA COOPERATIVA 67LEXISLACIÓN APLICABLE 75ANEXO I. TEST DE MADURACIÓN DO PROXECTO 79ANEXO II. PROTOCOLO PARA A ELABORACIÓN DUNPLAN DE EMPRESA COOPERATIVO 89ANEXO III. GUÍA DE RECURSOS 1273


presentación


presentaciónA campaña “Autoemprego Cooperativo” promovida pola Dirección Xeral deRelacións Laborais e a Dirección Xeral de Formación e Colocación ten como finalidadeimpulsar o cooperativismo como ferramenta de creación de emprego, especialmenteno ámbito do traballo asociado, mediante a información, formación e asesoramentotanto a vós, orientadores/as laborais, como aos/ás vosos/as usuarios/as.As accións que se inclúen nesta campaña son:Actividades divulgativas e formativas: para cumprir este obxectivolevouse a cabo unha xornada divulgativa en Santiago de Compostela e seisxornadas formativas nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo,Ourense, Pontevedra e Vigo.Manuais Cooperativismo e Autoemprego: elaboráronse dúas versións demanuais, unha básica dirixida aos vosos usuarios e usuarias e outra ampliadadirixida a vós, orientadores/as; Esta última versión é a que che presentamosneste manual.Material divulgativo adicional: elaboráronse carteis divulgativos coafinalidade de axudar a que a campaña de promoción do AutoempregoCooperativo sexa o máis coñecida posible e chegue ao maior número deusuarios/as interesados/as. Para iso, esperamos que non quede ningunhaentidade colaboradora nin oficina de emprego sen o cartel promocional dacampaña.7


Asesoramento permanente para o autoemprego cooperativo: trátasedo asesoramento permanente a vós como orientadores/as e aos/ás vosos/as usuarios/as para facilitarvos información básica sobre aspectos vinculadosco autoemprego cooperativo. Tanto vós como as persoas que orientadespodedes mandar as vosas dúbidas á conta de correo:empregocooperativo@cooperativasdegalicia.comUn Foro: trátase de crear un punto de encontro e discusión entre todos etodas vós. Esta utilidade habilitarase na páxina web do Consello Galego deCooperativas (www.cooperativasdegalicia.com).Procedemento informático: tedes á vosa disposición unha ferramenta,onde podedes incorporar información relativa de cada un/ha dos/asemprendedores/as cooperativos e dos seus posibles proxectos.Este procedemento informático está posto á vosa disposición na páxina webdo Consello Galego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com),dentro da “área de emprego cooperativo”. Está deseñado exclusivamentepara vós e preténdese que máis adiante poidan acceder a ela tamén outros/astécnicos/as e así aproveitar as sinerxías xeradas por todos/as.Na páxina web do Consello (www.cooperativasdegalicia.com) podedes atopartamén información xeral e particular sobre o cooperativismo: normativa, noticias,modelos de documentos (estatutos, acta dunha asemblea cooperativa...), axendacooperativa, solicitudes...8


Entendemos que a principal dificultade existente é o descoñecemento, tanto porparte das persoas emprendedoras como dos/as técnicos/as, dos principios que rexenas cooperativas, así como das diferenzas con relación a outros tipos de empresas.Por outra banda, a existencia deste descoñecemento sobre esta forma xurídica nasociedade en xeral, a pesar das vantaxes sociais e económicas que pode supoñerpara determinados territorios, pode ser motivo suficiente para que ti mesmo/adecidas levar a cabo algún tipo de acción co fin de promover a creación deste tipode empresas.En consecuencia, este manual divídese en tres partes, cada unha das cales procura darresposta a unha pregunta:PARTE 1. Por que promover a creación de cooperativas?PARTE 2. Como asesorar na creación de cooperativas?PARTE 3. Como promover a creación de cooperativas?9


parte 1por que promover a creaciónde cooperativas


parte 1por que promover a creación de cooperativasO modelo cooperativo conta con potencialidades para desenvolver políticastransversais, en temas como o emprego, a revitalización demográfica, o fomento doasociacionismo empresarial, a eficiencia e participación na empresa, desequilibriospoboacionais, a integración social, etc. Por iso, faise necesario que vós comoaxentes dinamizadores do voso territorio fomentedes o aproveitamento destaspotencialidades da fórmula empresarial cooperativa e incidades nas seguintesvantaxes que presentan as cooperativas de traballo asociado e que fan delas unha boaalternativa empresarial:•As cooperativas de traballo asociado son unha FÓRMULA DE EMPREGOESTABLE, é dicir, na medida en que o proxecto empresarial creado para ter unposto de traballo é de todas as persoas socias, todas elas loitarán por permanecernas mellores condicións posibles no mercado de traballo, o que garante un altonivel de estabilidade laboral.•Existe unha DOBRE CONDICIÓN de SOCIO/A e TRABALLADOR/A. Istofai que se dean as seguintes características dentro da mesma:- Os/as socios/as séntense máis motivados/as no traballo e moito máisidentificados/as coa empresa e co seu futuro.- Os beneficios do proceso produtivo redistribúense dun xeitomáis equitativo, é dicir, a cooperativa realiza unha importante funciónde redistribución de rendas, dado que o beneficio obtido se distribúe enfunción da participación na actividade, en lugar de retribuír exclusivamenteo capital.- Os/as traballadores/as teñen mellor calidade de vida, xa quetraballan nunhas condicións dignas e a dualidade de socio/a-traballador/aproporciónalles unha serie de vantaxes que lles permiten favorecer aconciliación da vida laboral e familiar, adaptando tanto as súas tarefascomo os horarios de traballo ás súas necesidades persoais.13


• Un piar sobre o que descansa o éxito dun proxecto cooperativo é aEDUCACIÓN, a FORMACIÓN e a INFORMACIÓN dos/as socios/as dacooperativa. O principal activo das cooperativas son as persoas que as constitúen,e isto implica a necesidade de investir no seu capital humano. Formación nonsó profesional ou laboral, senón tamén en xestión empresarial, organizativa ehabilidades sociais (iniciativa, participación, compromiso, respecto ás ideas dosdemais), sendo estas últimas características que se lles requiren aos/ás socios/ascooperativistas e que tamén se poden aprender. A cooperativa intenta que todasas persoas teñan acceso á formación co obxectivo de incrementar a produtividadee competitividade tanto da cooperativa como tamén dos/as socios/as.• PROMOVE a PARTICIPACIÓN de HOMES e MULLERES enCONDICIÓNS DE IGUALDADE. Na cooperativa os socios e socias son iguaisen dereitos e obrigas, o cal reflicte a posta en práctica do principio de igualdade:igualdade na xestión da empresa, igualdade no desempeño do traballo, igualdadena participación e na toma de decisións. O aspecto económico xera dependenciade xénero, así que atoparse cun modelo de empresa como é a cooperativa, noque a persoa vale por si mesma e na que o diñeiro non é fonte de diferenza, é algoatractivo para moitas mulleres que se atopan con esa dependencia. A cooperativaadquire importancia incentivadora e canalizadora de estima e respecto paraaquelas mulleres que, por un motivo ou outro, se senten infravaloradas e inclusomenosprezadas, xa que sen dúbida a fórmula asociativa do cooperativismo é unhaalternativa laboral que permite acadar autonomía, independencia económica,posta en marcha de ideas propias e presenza na sociedade.• As PERSOAS e o VALOR DO TRABALLO están POR RIBA DOCAPITAL ACHEGADO. A cooperativa é unha organización democrática ondeas decisións se toman de xeito participativo e igualitario, é dicir, cúmprese apremisa de “unha persoa, un voto”. Deste xeito, a cooperativa está a favorecer avaloración dos/as socios/as traballadores/as como persoas que pensan, opinan eson capaces de escoitar e considerar as opinións doutras nun clima de respecto.Non debedes esquecer que todos/as os/as socios/as teñen os mesmos dereitos eobrigas, polo tanto asegúrase que as únicas diferenzas entre eles/as veñen dadaspola distribución das tarefas e responsabilidades, en función das capacidades ecoñecementos de cada un e a favor dunha correcta xestión.14


• Permite FACER REALIDADE O PROXECTO PROFESIONAL E VITALdos/as socios/as, aproveitando as súas habilidades e os seus coñecementos, xa quelle outorga unha maior importancia á viabilidade futura do proxecto empresarialque aos resultados económicos inmediatos.• É unha BOA OPORTUNIDADE para persoas que teñan unha MAIORDIFICULTADE DE ATOPAR EMPREGO por pertenceren a un colectivodeterminado (xente nova, maiores de 45 anos, mulleres, persoas condiscapacidade, colectivos socialmente excluídos...) o que lle servirá de axuda nasuperación de situacións persoais desfavorables. Tendo en conta o risco que tenque asumir unha persoa para comprometerse cun proxecto empresarial, o calé inherente á creación dunha empresa, a cooperativa ofrece a posibilidade deque este risco, así como as achegas económicas necesarias para levar adiante oproxecto, se reduzan considerablemente, xa que se comparten entre todas aspersoas socias.• É a única forma de empresa en que se pode ELIXIR O RÉXIME DASEGURIDADE SOCIAL que máis lle interesa aos/ás socios/as, é dicir, os sociose socias das cooperativas de traballo asociado cotizarán na Seguridade Socialno réxime xeral ou no réxime especial de autónomos, decisión que teñen queadoptar de xeito conxunto e deixar reflectida nos seus estatutos sociais.• É obrigatorio destinar unha parte dos beneficios xerados pola cooperativa aoFONDO DE RESERVA OBRIGATORIO (FRO) que se destina á consolidación,ao desenvolvemento e á garantía de supervivencia desta. Isto é, o fondo permitegarantir o funcionamento empresarial da cooperativa e compensar as perdasda entidade, sexan estas xeradas polas operacións cooperativizadas ou polasoperacións extracooperativizadas.• Ten unha importante VINCULACIÓN CO TERRITORIO. O VINCULOco TERRITORIO forma parte do acervo cooperativo no traballo asociado, domesmo xeito que para outras clases de cooperativas. As persoas poden entrare saír da cooperativa, pero a cooperativa como tal permanece ligada ao ámbitoterritorial onde os/as socios/as teñen a súa residencia. Isto fai que as cooperativasque se constitúen en cada territorio estean formadas con carácter preferente porpersoas que viven ou teñen o seu enderezo nese mesmo territorio, o que contribúeao aproveitamento dos recursos endóxenos e locais. A VINCULACIÓN CO15


TERRITORIO incide directamente no desenvolvemento, benestar e defensadeste, provocando efectos impulsores de COHESIÓN ECONÓMICA ESOCIAL, mantendo a poboación no territorio onde pode alcanzar os seusobxectivos económicos e sociais, e contribuíndo á riqueza empresarial das áreasque cómpre desenvolver. É dicir, mellórase a capacidade adquisitiva dun maiornúmero de persoas, que ademais están situadas nun contorno local, polo que esteaumento da capacidade de gasto activa a economía da comunidades onde estánsituadas as cooperativas cos conseguintes beneficios sociais.En definitiva, as cooperativas están directamente relacionadas con aspectostan importantes na vida dos seus socios e socias como a APRENDIZAXEPERMANENTE, o DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL, a FLEXIBILIDADEe a SEGURIDADE LABORAL, a CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL EPROFESIONAL e a PARTICIPACIÓN dos/as traballadores/as na empresa.16


Dende o punto de vista dos/as vosos/as usuarios/as facilitámosvos tamén algunhas dasvantaxes que ofrece a cooperativa fronte a outras opcións laborais ou empresariais:FRONTE AO TRABALLO POR CONTA ALLEA:• A satisfacción que supón aos/ás emprendedores/as o feito de estar acrear algo, é dicir, poñer en funcionamento un proxecto propio.• Fixar obxectivos, horarios e metodoloxía de traballo.• As decisións son tomadas con total autonomía.• Capacidade de crear postos de traballo para outras persoas.• Sentir o proxecto como algo seu, considerar a cooperativa como o marcoaxeitado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.• Lograr maiores beneficios económicos.FRONTE AO EMPRESARIO INDIVIDUAL (autónomo):• Non van estar sós, o cal permite chegar a clientes máis importantes.• Compartir o risco. Aínda que un factor inherente á creación de todaempresa é o risco, neste caso é compartido cos outros membros dacooperativa.• A responsabilidade está limitada ás achegas feitas ao capital daempresa.• Complementariedade entre os diferentes perfís profesionais epersoais existentes no seo da cooperativa.• A carga de traballo é máis uniforme, por ser marcada polos/as propios/as cooperativistas.• A flexibilidade dos horarios posibilítalles unha maior e mellor conciliaciónda vida familiar e laboral.• Posibilidade de aforrar custos, principalmente nos casos de mercasconxuntas (de maquinaria, ferramentas, equipos, etc.).• Poden elixir o xeito de cotizar fronte á Seguridade Social. Teñena posibilidade de optar polo réxime xeral ou polo réxime especial dostraballadores autónomos sempre que sexa acordado de xeito común portodos os membros da cooperativa.17


FRONTE ÁS SOCIEDADES MERCANTÍS:• O principio cooperativo de porta aberta, ou libre adhesión e baixavoluntaria, facilita a entrada e saída dos/as socios/as en calqueramomento, sempre dentro dos límites establecidos nos Estatutos.• Poden elixir o xeito de cotizar fronte á Seguridade Social, tal ecomo se reflicte na comparativa fronte ao empresario individual.• Vantaxes fiscais. Mentres que as sociedades mercantís tributan noImposto de Sociedades, con carácter xeral, a un tipo impositivo do 30%,as cooperativas tributan ao tipo de gravame do 20%; E as vantaxes sonaínda maiores nas cooperativas de traballo asociado, xa que ao tratarse decooperativas especialmente protexidas gozan dunha bonificación do 50% nacota íntegra do Imposto sobre Sociedades (Para maior información véxase apáxina 53 do apartado 5: Informando na Parte 2 deste manual).• Axudas económicas. Existe unha maior sensibilización por parte daadministración autonómica por impulsar e fomentar empresas de economíasocial, como son as cooperativas e, consecuentemente, existen maioresincentivos.• Valor da participación como enfoque empresarial. Todas aspersoas socias participan de forma directa na actividade desenvolvida polacooperativa e, en especial, nas de traballo asociado, nas que os/as socios/asestán a cooperativizar o seu traballo, o que supón unha maior implicación ecompromiso. Isto é o que fai da participación un elemento fundamental tantopara incrementar a calidade e a produtividade da cooperativa como paraestimular a capacidade creativa e innovadora dos/as socios/as, canalizandotoda a riqueza de ideas e tarefas que hai na organización.• Prevalecen os principios democráticos de funcionamento e apersoa fronte ao capital. As cooperativas, pola súa natureza persoal,asociativa e democrática, aplican principios de distribución equitativa deresultados, de democracia organizada, de primacía das persoas sobre oscapitais, de transparencia na xestión, solidariedade e cohesión social.18


parte 2como asesorar na creación decooperativas


parte 2como asesorar na creación de cooperativasMalia que o cooperativismo non é unha das formas xurídicas máis estendidas, éprobable que nalgunha ocasión te viras na necesidade de asesorar na creación destetipo de empresas, ben porque os/as emprendedores/as optaran por esta, ben porquedebido ás características do proxecto empresarial, esta fose a mellor opción.O certo é que as cooperativas presentan claras diferenzas con relación a outro tipode empresas, polo que é probable que te formularas a pregunta “como asesorar nacreación de cooperativas?”.Neste apartado, procuramos darche resposta á dita pregunta:1analizando o perfil do/a emprendedor/aUn dos aspectos que se teñen en conta á hora de asesorar na creación de empresascooperativas é intentar avaliar as capacidades e aptitudes persoais dos/as seus/súas potenciais socios/as.Para isto, deberás analizar en que medida cumpren co perfil de emprendedores/asexitosos/as, é dicir, analizar se posúen as seguintes características:Segundo criterios xerais:optimismo• É consciente de que existe a posibilidade de que o proxecto non sexa un éxito?• Síntese capacitado/a para levalo adiante?• Cree que será capaz de superar os imprevistos?21


• Está ilusionado/a coa idea de crear a súa propia empresa?• Ten confianza no seu proxecto?• Ten medo a equivocarse?• Asústanlle os retos?entusiasmo• Cre comunicarse ben cos demais?• Resúltalle difícil convencer os demais sobre o acertado dassúas decisións?• Gústalle falar en público?capacidade comunicativasaber e saberse asesorar• Cando ten dúbidas, sabe a onde pode acudir para clarexalas?• É capaz de solucionar os problemas que se lle presenten?• Asústalle a idea de non saber que facer ou a onde acudir?• Gústalle experimentar cousas novas?• Pensa que xa está todo inventado?• Cre que será capaz de ofrecer un produto e/ou servizo diferenteaos que se ofrecen na actualidade?imaxinación• Sabe como quere organizar a empresa?• Necesita alguén que o/a asesore en como estruturala?• Ten claras as tarefas que vai realizar? E cales serán as súasresponsabilidades?• Precisa xente para levar a cabo o seu proxecto?planificación22


Segundo criterios cooperativistas:Por outro lado, as peculiaridades que presenta unha cooperativa con respecto aoutro tipo de empresas requiren que teñas en conta outra serie de aspectos, oscales se expoñen a continuación.adhesión voluntaria e aberta• Están dispostos a compartir a súa idea con outras persoas?• Gústalles a idea de traballar xunto con outras persoas ou pola contra prefirentraballar sós?• Teñen algún problema en traballar conxuntamentecon persoas doutro sexo, raza, condición social...?xestión democrática por parte dos socios• Gústalles ter o mando?• Están dispostas a compartir a toma de decisións con outraspersoas?• Están dispostas a aceptar as decisións da maioría aínda cando estasnon coincidan coa súas?• Pertencen ou pertenceron a algunha asociación doutro tipo (cultural,deportiva, social...)?participación económica dos socios• Están dispostas a achegar capital para constituír a cooperativa?• Teñen claro o traballo que vai desempeñar cada un/ha? E as horas quetraballarán?• En función de que criterio farán o reparto do retornocooperativo?• Ten importancia para algún/ha o feito de non percibiren todos/as o mesmo retorno cooperativo?23


autonomía e independencia• Asústalles ter o control absoluto da súa empresa?• Teñen capacidades para dirixir o seu funcionamento?• Pensan en delegar parte do control?• Ou, pola contra, gústalles a idea de que todas as persoas sociasteñan o mesmo poder de decisión?educación, formación e información• Cren que é boa idea destinar parte dos seus beneficios a un fondode formación?• Están dispostas a ofrecer formación para os/as traballadores/as?• Cren que é positivo fomentar a educación cooperativa no seucontorno?24


2 suscitando sinerxías no territorioAs cooperativas de traballo asociado deben de estar compostas por un mínimo detres persoas, a diferenza do resto de cooperativas, nas que o número mínimo desocios/as son catro persoas. Porén, é posible que exista algún/ha emprendedor/a quede forma individual aposte firmemente polo cooperativismo, ou que ti consideres queo seu perfil é o axeitado para constituír este tipo de empresas.Neste caso, debe a persoa descartar a posibilidade de crear unha cooperativa?Como orientador/a laboral deberás potenciar a posta en contacto daquelas persoassusceptibles de formar parte dun proxecto deste tipo.Para isto será fundamental o teu labor de comunicación con todas as entidades queestán en contacto con persoas emprendedoras ou desempregadas, como as axenciasde desenvolvemento local/comarcal, grupos de desenvolvemento rural (GDR),fundacións comarcais, concellos, cámaras de comercio e sindicatos.A potenciación de espazos de encontro, como xornadas informativas, obradoiros,charlas, mesas redondas, poden supoñer o punto de partida para moitos/asemprendedores/as que deciden crear a súa cooperativa.Alén disto, contades na páxina web do Consello Galego de Cooperativas(www.cooperativasdegalicia.com) coa “área de emprego cooperativo”, ondepoderedes atopar socios/as para as persoas que orientedes que estean interesadasna creación dunha cooperativa e onde debedes de incorporar os seus datos para queoutros/as técnicos/as e promotores/as os poidan atopar.25


3valorando a súa idea empresarialÉ posible que os/as emprendedores/as teñan unha idea moi clara da empresa que querenmontar; non obstante, o teu labor será o de valorar até que punto esta é realmente boa.Falar de boa ou mala idea empresarial con relación ás cooperativas depende de dousfactores fundamentais:a) Si t u a c i ó n s o c i o e c o n ó m i c a d o t e r r i t o r i oValora até que punto a idea de negocio está adaptada ás circunstancias socioeconómicasdo contorno. Os continuos cambios na economía e na sociedade actual provocan quedeterminados negocios que no seu día foron moi rendibles non o sexan actualmente.Pola contra, cada día emerxen novas oportunidades de negocio que buscan satisfaceras necesidades dos consumidores.O ideal para calquera técnico é contar cun estudo socioeconómico que detecteos sectores con maior potencialidade no territorio e poder identificar as principaisoportunidades de negocio. Isto non sempre ocorre, polo que deberás identificar timesmo/a, xunto cos/as emprendedores/as, a idoneidade do proxecto empresarial.Segundo principios da economía de mercado» InnovaciónLembra que as innovacións eficaces empezan sendo pequenas cousas, é dicir,trátase de algo moi sinxelo, que debemos centrar nunha necesidade concreta queimos satisfacer. Estamos a falar de algo que en principio parece obvio, pero quenon se nos ocorreu antes a nós.» Nicho de mercadoTrátase da existencia de necesidades no mercado non satisfeitas. Produtosou servizos con gran aceptación pero que non existen no noso contorno maispróximo.» CompetitividadeTrátase da capacidade que teña a empresa de aproveitar de forma efectiva as súasvantaxes distintivas para ser mellor ca os seus competidores. É dicir, o que faidiferente a nosa empresa das outras e o xeito en que esas diferenzas nos podenaxudar a gañar máis cota de mercado e a ser preferidos/as polos clientes.26


) Gr a o d e c o o p e r a t i v i z a c i ó n d a a c t i v i d a d eEn principio, estamos a falar de que calquera actividade pode desenvolverse dende afórmula cooperativa de traballo asociado. Podemos atopar cooperativas en sectorescomo o transporte, a ensinanza, a construción, o comercio, as novas tecnoloxías, aagricultura, etc.Segundo principios cooperativistas» Axuda mutuaTrátase de que o desenvolvemento do proxecto se logra en unión, traballandotodos/as os/as socios/as da cooperativa para un mesmo fin.» Elemento persoalTrátase de que nas cooperativas o elemento persoal é o seu compoñenteconstitutivo esencial, non se discrimina en función do capital, o sistema de tomade decisións é de base individual e democrática.» ParticipaciónTrátase de que os/as socios/as das cooperativas deben participar activamente entodos os ámbitos desta: na actividade laboral, achegando capital e manifestandoas súas opinións, poñendo en común as súas ideas e participando na toma dedecisións para construír un proxecto común.» Cooperación entre cooperativasTrátase de facer entender que as cooperativas chegan a ter un impacto maior coacolaboración dunhas con outras. Deste xeito poderán aproveitar estruturas locaise nacionais de cooperativas xa existentes para fortalecer o cooperativismo.» Interese pola comunidadeTrátase da existencia dun vínculo entre os/as socios/as da cooperativa coa súacomunidade, é dicir, o arraigo, a vinculación ao territorio e a comunidade local sontrazos inherentes á empresa cooperativa. É entender o traballo levado a cabo polacooperativa como un interese por conseguir un desenvolvemento sustentable doseu contorno comunitario e non só como o enriquecemento individual.27


4determinando o grao de madurez do proxectoPara saber se é posible que os/as emprendedores/as leven a cabo o seu proxecto, tesque analizar o grao de madurez deste, e isto pasa por analizar o coñecemento queteñen sobre o mercado, a súa idea e, sobre todo, o seu perfil emprendedor.Propoñémosche como ferramenta de análise un cuestionario que debes cubrir dunxeito minucioso, aínda que sen formular as preguntas directamente, ao longo daentrevista que manteñas cos/as emprendedores/as. Podes consultalo no ANEXO I.Recomendámosche que establezas tres escenarios dependendo do grao demaduración detectado: desfavorable, medio e favorable.En moitas ocasións non coincide o grao de madurez dos tres puntos (coñecementodo mercado, idea e perfil); debes entón encadralos dentro dun escenario atendendoás súas características e darlle información poñendo máis fincapé naqueles puntos nosque precisen máis axuda.Un escenario favorable presenta a uns/unhas emprendedores/as quesó precisarán información sobre temas concretos para levar a cabo o seuproxecto, xa que, ademais de coñeceren o mercado e teren clara a súa idea,posúen calidades propias dun/ha emprendedor/a.Un escenario desfavorable reflicte o descoñecemento dos/asemprendedores/as acerca do mercado, a falta de claridade da súa idea e/ouo que é máis grave: ningún/ha deles/as ten as calidades que precisa un/unhaemprendedor/a.Pero se os/as emprendedores/as están situados no escenario medio é candovan precisar, en maior medida, a túa axuda. Neste punto debes asesoralos/ase axudalos/as na realización do seu Plan de Empresa.Por que un Plan de Empresa?A resposta a esta pregunta é a base para poder desenvolver un bo Plan de Empresa.Tes que transmitir aos/ás emprendedores/as que o Plan de Empresa é un instrumento moiválido tanto para os/as socios/as que conforman a cooperativa como fronte a entidadesexternas (entidades bancarias ou organismos públicos).28


Os/as futuros/as socios/as da cooperativa deben desterrar a idea de que o Plan de Empresaé algo innecesario ou molesto que se ten que facer unicamente no caso de querer solicitarunha subvención ou un préstamo.Debes transmitirlles que se trata dunha maneira de analizar o proxecto empresarialantes de iniciar a súa andaina, xa que permite trasladar ao papel todas as reflexións eideas relativas á cooperativa, o que facilita a realización dun estudo da súa viabilidade oucoherencia.E, que é a viabilidade? Pois é a “posibilidade” que ten, neste caso a cooperativa,de funcionar cumprindo con éxito o seu obxectivo.A VIABILIDADE COOPERATIVA está relacionada cos principios de CALIDADE,EFICIENCIA e PERTINENCIA das actividades que vaia realizar.Viabilidade cooperativa = Éxito no seu funcionamentoÉ moi importante que lles lembres aos/ás emprendedores/as que a cooperativa tenque ser viable dende cinco puntos de vista. Cales son eses puntos?1 A cooperativa ten que realizar o ben e/ou servizo e coñecer cal é oseu proceso de fabricación, no caso dos bens, e prestación, no caso dosservizos; ademais de contar cos medios técnicos e materiais necesarios paralevar a cabo a actividade, así como cun equipo ben cualificado e formado.VIABILIDADE TÉCNICA2 Ten que ter capacidade para xerar beneficios e lograr rendibilidades, senincorrer en problemas de liquidez ou tesourería, mantendo unha estruturafinanceira equilibrada.VIABILIDADE ECONÓMICA E FINANCEIRA29


3 Ten que existir un mercado para o ben e/ou servizo que ofreza a cooperativa e,ademais, as vendas previstas teñen que ser realistas e acordes co plan deempresa.VIABILIDADE COMERCIAL4 A cooperativa debe cumprir coa lexislación existente tanto en materiade cooperativas como nos aspectos relativos á actividade que desenvolveVIABILIDADE LEGAL5 A cooperativa é ante todo unha sociedade de persoas, polo que debenconsiderarse as condicións de viabilidade do grupo e da organizacióncooperativa .VIABILIDADE SOCIALEn resumo, o Plan de Empresa ten tres obxectivos fundamentais:• Analizar a viabilidade e coherencia do negocio.• Marcar unha liña de actuación.• Presentación da empresa a outras entidades como bancos ou organismospúblicos.Polo tanto, cando asesores a emprendedores/as, é fundamental que lles transmitas aimportancia de facer un plan de empresa por si mesmos/as; non ten que ser algo difícilnin aburrido senón a posibilidade de deseñar a cooperativa que queren crear.Débeslles lembrar sempre que é neste momento previo cando as decisións,rectificacións ou modificacións son máis baratas.A grandes trazos, o Plan de Empresa presenta a seguinte estrutura:30


1. Datos de identificación1.1. Presentación da cooperativa1.2. Perfil das persoas socias2. Descrición da actividade empresarial2.1. Explicación da actividade2.2. Provedores2.3. Clientela2.4. Localización proposta2.5. Análise da competencia2.6. Plan de comercialización2.7. Aspectos legais e xurídicos2.8. Organización interna3. Plan económico-financeiro4. Compromiso da cooperativa coa Responsabilidade Social5. Diagnose de situación: Análise DAFO6. ConclusiónsSe queres profundar máis na súa realización, podes consultar o protocolo para aelaboración do plan de empresa cooperativo que atoparás no ANEXO II.Ademais, no portal do Consello Galego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com),dentro da “área de emprego cooperativo”, poderás atopar unha ferramenta que chefacilitará a súa confección mediante a cobertura de fichas e datos nunha folla Excel.31


5informandoEntre as cousas que debedes saber das cooperativas están:As cooperativas son empresas de “ECONOMÍA SOCIAL”, é dicir, teñen finseconómicos –ser rendible e proporcionar emprego de calidade aos seus membrosefins sociais –crear cultura, valores e saber-.cooperativa = empresaAs cooperativas son empresas de RESPONSABILIDADE LIMITADA, isto é, encaso de débedas contraídas con terceiros (sempre sobre a base dunha correctaxestión), os socios e socias non responderán polas débedas sociais cos seus bensparticulares, senón unicamente co que achegaron ao capital social.A diferenza entre as cooperativas e o resto das empresas radica nunha seriede VALORES e PRINCIPIOS que determinan o seu funcionamento, e que debesdar a coñecer aos/ás emprendedores/as que queiran crear unha cooperativa ou quequeiran formar parte dunha xa existente.VALORES COOPERATIVOSAutoaxudaAutorresponsabilidadeIgualdadeEquidadeSolidariedadeTransparenciaVocación socialOs VALORES en que se basean as cooperativas, inspiran aos PRINCIPIOSCOOPERATIVOS.32


E cales son estes principios?1º Adhesión voluntaria e abertaAs cooperativas de traballo asociado están abertas a todas aquelaspersoas que prestan o seu traballo e estean dispostas a aceptar asresponsabilidades de ser socias.“Abertas a todasas persoas”2º Xestión democrática por parte das persoassociasOs/as socios/as na asemblea xeral trazan as liñas estratéxicas dacooperativa e elixen as persoas que compoñerán os órganos dexestión.“Unha persoa = un voto”3º Participación económica das persoas sociasOs/as socios/as contribúen equitativamente ao capital das súascooperativas e xestionan os beneficios de maneira democrática.“Xestión democráticados beneficios”4º Autonomía e independenciaAs cooperativas son organizacións autónomas e as persoas sociasnunca perderán o control democrático nin a súa autonomíacooperativa.“Os/as socios/asnunca perden o controldemocrático”33


5º Educación, formación e informaciónAs cooperativas brindan formación a todos os seus membros paraque así estes poidan contribuír de xeito eficaz ao desenvolvemento ecrecemento destas.“Formación aos/ássocios/as”6º Cooperación entre cooperativasAs cooperativas fortalecen o movemento cooperativo traballando conxuntamentea distintas escalas, sempre ao servizo dos/as seus/súas socios/as.“Traballo conxunto”7º Interese pola comunidadeAs cooperativas traballan para conseguir o desenvolvemento sostibledas súas comunidades mediante políticas aprobadas polos/as seus/súassocios/as.“Desenvolvementosostible”En definitiva, o que se pretende e que os/as emprendedores/as coñezan a CULTURACOOPERATIVA.Outra cuestión para tratar co/a emprendedor/a é determinar a que clase decooperativa pertence a actividade que quere levar a cabo coa dita fórmula.34


Para simplificar, poderíamos agrupar os diferentes tipos de cooperativas en catrograndes bloques:PRESTACIÓNDE TRABALLOSERVIZOSEMPRESARIAISSERVIZOSPERSOAISEXPLOTACIÓNEN COMÚNCOOPERATIVAS INCLUÍDASTraballo asociado e asimiladas (Servizos sociais,Transportistas, Ensino e Sanitarias de traballoasociado)Agrarias, Servizos, Mar, TransportistasConsumidores e usuarios, Vivendas, Crédito,Seguros e Integración socialExplotación comunitaria da terra.Explotación dos recursos acuícolasOBXECTIVOS QUEPERSEGUENConsecución deempregoComercialización esubministraciónsSatisfacción necesidadespersoaisPosta en común de bense traballoQue é unha Cooperativa de Traballo Asociado?Unha agrupación de persoas que desexan desenvolver, de xeito conxunto, unhaactividade empresarial que lles garanta un posto de traballo.“Traballar ben para vivir mellor”Teñen, polo tanto, dous trazos característicos:• Os traballadores e traballadoras son os/as donos/as conxuntamente.• Todos/as os/as socios/as traballadores/as participan activamente na tomade decisións.En que se diferencian as cooperativas de traballo asociado do resto deempresas?Propoñémosche un método moi sinxelo, consistente en dar resposta á preguntaformulada, facendo unha comparativa entre o empresario individual (autónomo),empresas de capital, é dicir, sociedades limitadas, sociedades anónimas... e ascooperativas de traballo asociado.35


EMPRESAS DE CAPITAL(S.A. E S.L.)COOPERATIVAS DETRABALLO ASOCIADOEMPRESARIO INDIVIDUAL(AUTÓNOMO)NATUREZA Mercantil Económica e socialFIN DAACTIVIDADEECONÓMICAMáximo beneficio ou lucroObtención de beneficios, mantemento de emprego, creación decultura, valores e saberMáximo beneficioNº DE SOCIOS/AS Mínimo 1 socio/a Mínimo 3 socios/as 1 socio/aCAPITAL SOCIALS.L. » 3.005,06 €3005.06 € Non existe mínimo legalS.A. » 60.101,21 €S.L. » 100% capital social desembolsadoDESEMBOLSOFUNDACIONALPODER DEPARTICIPACIÓNDISTRIBUCIÓN DERESULTADOSS.A. » 100% capital social subscrito e,polo menos, un 25% desembolsadoO 100% do capital social mínimo desembolsado Non existe mínimo legalEn función do capital achegado Unha persoa, un voto TotalEn función do capital achegado En función do traballo TotalRESPONSABILIDADE Limitada LimitadaIlimitada (ante débedas contraídascon terceiros, responde cos bensda empresa e cos bens persoais)RÉXIME FISCAL30% do beneficio no Imposto deSociedades20% con carácter xeral. Gozan dunha bonificación do50% da cota íntegra do Imposto de Sociedades.Terán unhabonificación do 90% da cota íntegra (durante os 5 primeirosanos de actividade social) se integra, polo menos, un 50%de socios/as discapacitados/as que se atopen en situación dedesemprego cando se constitúe a cooperativaTributa no IRPF, segundo osbeneficios obtidos (o tipo máximode tributación é o 43%)36


E como se regula unha cooperativa?Ademais da normativa autonómica relativa ás cooperativas, a ferramenta indispensablepara regular o funcionamento dunha cooperativa son os ESTATUTOS SOCIAIS.Os ESTATUTOS SOCIAIS son un documento obrigatorioque regula a estrutura e o funcionamento da cooperativa.Debes informar os/as emprendedores/as sobre todas as dúbidas que lles xurdan áhora de elaborar os ESTATUTOS SOCIAIS da cooperativa.Non debes esquecer lembrarlles que estas normas son de obrigado cumprimento,tanto para os/as socios/as como para a propia cooperativa, posto que recollen o xeitoen que esta se vai organizar, que se poden desenvolver a través do regulamento deréxime interno (do que che falaremos mais adiante) e que son as persoas socias asencargadas da súa elaboración.Todos os estatutos, con independencia da cooperativa de que se trate, debenpresentar uns contidos mínimos. Non esquezas que dispoñedes de modelosde estatutos de cooperativas na páxina do Consello Galego de Cooperativas(www.cooperativasdegalicia.com) no submenú de “Asesoría Virtual”.No caso de que as persoas socias non se vexan capacitadas ou non estean dispostasa elaborar elas mesmas os estatutos da cooperativa, poden solicitar asesoramento aprofesionais para a súa elaboración.Son os/as socios/as quen se encargan deelaborar o contido dos estatutos, aínda que podensolicitar asesoramento a profesionais para a súaelaboración.En calquera caso, lémbralles que os estatutos deben ser aprobados na asembleaxeral.37


A continuación podes ver unha lista que contén algúns dos puntos que os /asemprendedores/as non deben esquecer á hora de elaborar os seus estatutos:1. Denominación da sociedade » como se chama a cooperativa?2. Domicilio social » onde está?3. Obxecto social » que actividade/s vai desenvolver?4. Capital social mínimo achegado » canto teñen que achegar en conxunto?5. Ámbito territorial » onde están situados os seus centros de traballo?6. Duración da sociedade » durante canto tempo vai funcionar?7. Condicións e requisitos para ser socio/a e réxime de baixa » que teñenque facer se queren ser socios/as? E se queren deixar de selo?8. Cuantificación e establecemento do réxime de participación mínima dossocios (pódese establecer o principio de exclusividade) » canto van traballar nacooperativa?9. Dereitos e obrigas dos/as socios/as.10. Normas para distribuír excedentes e imputar perdas do exercicio » que partedos beneficios lle corresponde?11. Normas de disciplina social, tipificación das infraccións e sancións,procedemento sancionador e recursos da cooperativa » que lle ocorre seinfrinxe as normas?12. Criterios para determinar o compromiso de participación intercooperativa ede fomento da formación.13. Xeito de publicidade e prazo para convocar a asemblea xeral » como sabenque hai unha asemblea?14. Achega obrigatoria mínima ao capital social » canto teñen que poñer paraser socio/a?38


15. Composición dos órganos de goberno e duración do mandato dos seusmembros » cantos membros poden formar parte do órgano de goberno? Durante cantotempo?16. Réxime de transmisión das achegas dos/as socios/as » como se poden transmitiras miñas achegas?17. Causas da disolución e regras para liquidar a cooperativa » en que casoshai que disolver a cooperativa?Unha vez que os/as emprendedores/as teñan claro o xeito en que se elaboran osestatutos, pódenlles xurdir dúbidas sobre a posibilidade de modificalos.Os estatutos poderán modificarse, ao longo davida da cooperativa, de acordo co disposto na lei.Débeslles aclarar que os estatutos poden ser modificados sempre e cando se acordena asemblea xeral e cumpran os tres requisitos que che expoñemos a continuación:1. Os/as socios/as que propoñan a modificación deben presentar un informeescrito no que expoñan a conveniencia e a xustificación da modificación.2. Os puntos que se queren modificar deben expresarse na convocatoria conclaridade.3. O acordo de modificación debe ser adoptado por maioría de dous terzos dosvotos presentes e representados.Ademais, non esquezas lembrarlles que cando o que se modifica é a clase de cooperativa,o obxecto social, as condicións para ser socio/a ou as súas obrigas, aqueles/as quenon estean de acordo coa modificación, sempre que o poñan de manifesto, poderánsepararse da cooperativa considerándose a baixa como xustificada.Unha vez que os/as emprendedores/as teñan claro o xeito en que se elaboran os estatutos, pódenllesxurdir dúbidas sobre a posibilidade de modificar os mesmos.39


Os/as emprendedores/as deben saber que existe outro documento no ámbitocooperativo que serve como complemento ao establecido nos estatutos sociais. Estedocumento é o REGULAMENTO DO RÉXIME INTERNO.O Regulamento do Réxime Interno é un documento decarácter interno que complementa o establecido nos estatutos.Que non se che esqueza dicirlles, neste caso, que a súa existencia é voluntaria,aínda que moi recomendable e que, se deciden elaboralo, tanto os/as socios/as comoa cooperativa teñen a obriga de cumprir todo o que se establece nel.Ao igual ca no caso dos estatutos, son os propios/as socios/as quen se teñen queencargar da súa elaboración e estes/as teñen plena autonomía para establecer o seucontido, sempre e cando non contradigan nin os estatutos nin a Lei de Cooperativas.Lémbralles que o regulamento do réxime interno debe ser creadopara definir e regular principalmente as relacións dos/as socios/as coa cooperativa no ámbito social, laboral e organizacional.O obxectivo da existencia do regulamento de réxime interno ten que ser o deconcretar e clarexar as regras de funcionamento da cooperativa, para evitar asíposibles conflitos e indefensións; polo tanto, ao asesorar os/as emprendedores/as, faifincapé no feito de que o seu contido debe adaptarse á realidade da cooperativa.Por se tivesen dúbidas acerca do seu contido, infórmalles de que este documentopode tratar sobre calquera aspecto que se queira formalizar por escrito, aínda que,como xa sabes, adoita recoller aspectos relacionados coa organización e o traballodos/as socios/as da cooperativa.40


Nas cooperativas de traballo asociado faráreferencia como mínimo á estrutura da empresa,clasificación profesional, mobilidade funcional exeográfica, licenzas retribuídas e excedencias.Ademais, non deben esquecer que tanto o seu contido como as posibles variaciónsposteriores, ten que estar consensuado e aprobado na asemblea xeral.A continuación presentámosche un esquema, a modo de exemplo, con contidosposibles que pode recoller o regulamento do réxime interno:1. Política e sistema salarial » como se fixarán ossalarios?2. Organigrama de empresa » que postos se vandesempeñar? Cales son as súas responsabilidades?3. Sistemas de información » como se comunicarán asnovas que vaian xurdindo?4. Revisión do plan estratéxico e de xestión.5. Plan de formación » que cursos se van impartir?6. Aspectos relativos á xornada laboral » horario,vacacións, etc7. Acceso de novos/as socios/as » que haberá que facerse alguén quere ser socio/a da cooperativa?8. Mecanismo para a resolución de conflitos » comohaberá que actuar se hai un problema nacooperativa?9. Seguridade e saúde laboral » como se nomean osdelegados de prevención?41


Como se organiza a cooperativa?Outra cuestión que se debe tratar co/a emprendedor/a son os ÓRGANOS SOCIAISda cooperativa. Cales son?ÓRGANOS SOCIAISASEMBLEA XERAL(Reunión de todos os socios/as para decidir evotar sobre a política da cooperativae elixir os membros do consello reitor)CONSELLO REITORINTERVENTORES(Está supeditado áasemblea xeral e tenlleque dar contas. Ten asfuncións de gobernar,representar e xestionara cooperativa)- ÓRGANOS SOCIAIS OBRIGATORIOS:• Asemblea xeral• Consello reitor• Interventores- ÓRGANOS SOCIAIS VOLUNTARIOS:• Comité de recursos• Letrado asesor42


A continuación, falaremos de cada un destes órganos de goberno dun xeito sinxelo,sinalando aqueles aspectos máis salientables de cada un deles.Lembra que na páxina do Consello Galego de Cooperativas(www.cooperativasdegalicia.com) contas con máis información sobre os órganosde goberno dunha cooperativa; Alén disto, tamén poderás acceder a modelos dedocumentos (modelo de acta dunha asemblea cooperativa, modelo de depósito decontas anuais...), solicitudes, certificacións...ASEMBLEA XERAL: Consiste na reunión de todos/as os/as socios/as onde sedeterminan democraticamente todos os aspectos da cooperativa.A ASEMBLEA XERAL é o órganosupremo de expresión da vontade social.Na asemblea xeral delibérase sobre todos os negocios, asuntos e problemas xeraisou de maior importancia para a cooperativa, é dicir, a asemblea ten facultade paradeliberar sobre todos os aspectos da xestión social.As decisións adoptadas na asemblea xeral obrigan a todas as persoas socias,sempre que foran adoptadas cumprindo as disposicións da lei e dos estatutos.Hai dous tipos de asembleas: asemblea ordinaria e asembleaextraordinaria.EXTRAORDINARIASon as asembleas anuais que teñen por obxectoexaminar a xestión social, discutir e aprobar o planempresarial e as contas anuais, decidir o destino dosexcedentes ou a imputación de perdas e, en xeral,deliberar sobre todos os asuntos da cooperativa.ASEMBLEAXERALORDINARIASon aquelas que tratan asuntos especiais ouimprevistos que pola súa importancia, gravidadeou urxencia deben discutirse especialmente e nonpoden esperar á celebración da asemblea anualordinaria.43


A asemblea xeral ordinaria será convocada sempre dentro dos seis primeiros mesesseguintes ao peche do exercicio, mentres que a asemblea xeral extraordinariapoderá ser convocada en calquera momento.Ademais, a reunión de todos os socios e socias da cooperativa sen que medieconvocatoria previa poderá tomar o carácter de asemblea universal se así odeciden de xeito unánime e asinan a acta correspondente.O CONSELLO REITOR: nos estatutos é onde se establecerá a composicióne organización do consello reitor. Cantos membros teñen que formar oconsello reitor?O CONSELLO REITOR é o órgano de goberno, xestión erepresentación da sociedade cooperativa.Nº DE INTEGRANTESDO CONSELLOREITORO QUE ESPECIFIQUEN OS ESTATUTOS DA COOPERATIVANORMA XERALTen que haber:• Presidente/a• Vicepresidente/a(nas cooperativas de traballoasociado de menos de 4socios non é obrigatorio)• Secretario/aCOOPERATIVASDE MENOS DE 10SOCIOS• Pode haber unadministrador único/a(sempre que se especifiquenos estatutos)44


O INTERVENTOR : a asemblea xeral elixirá, mediante votación secreta pormaioría de votos, de entre os/as socios/as da cooperativa, os/as interventores/astitulares e, de ser o caso, os/as suplentes.O INTERVENTOR é o órgano fiscalizador da cooperativa.Lembra que os estatutos son os que determinarán o seu número e cal é a duracióndo seu mandato: entre 2 e 6 anos con posibilidade de reelección.Cando exista mais dun/ha interventor/a, un/ha deles/as poderá ser elixido/a entrepersoas físicas non socias que reúnan os requisitos de cualificación profesional eexperiencia técnica ou empresarial.E cales son as súas funcións? Para dar resposta a esta pregunta, presentámoscheo seguinte gráfico:FUNCIÓNS DO ÓRGANO DE INTERVENCIÓNAS FIXADAS POLOSESTATUTOSAS FIXADAS POLA LEI DECOOPERATIVAS• Emitir un informe sobre as contas anuais para aasemblea xeral.• Solicitar a convocatoria da asemblea xeral se non ofixo o consello reitor.• Controlar que os libros da cooperativa estean ao día.• Solicitar toda a información ao consello reitor sobrea marcha da cooperativa.• Impugnar ante a asemblea a valoración das achegasao capital social acordada polo consello reitor.• Validar a representación para a asistencias ásasembleas.45


Igualmente, a sociedade cooperativa poderá prever a existencia dun comité derecursos e doutras instancias de carácter consultivo ou asesor, cuxas funciónsse determinarán nos Estatutos, que, en ningún caso, poderán confundirse coaspropias do resto de órganos sociais.O COMITÉ DE RECURSOS é o órgano quetramitará e resolverá os recursos contra assancións dos/as socios/as.O LETRADO ASESOR é o órgano encargadode asesorar a cooperativa en temas legais.Cales son os elementos persoais dunha cooperativa?Unha vez que os/as emprendedores/as xa teñen claro que queren montar unhacooperativa, xurdiranlles algunhas dúbidas, entre outras, sobre aqueles aspectosrelativos ás persoas socias.En primeiro lugar, cal é o NÚMERO DE SOCIOS/AS que ten que ter unhacooperativa?Como xa sabes, as cooperativas de traballo asociado poden constituírse cun númeromínimo de tres socios/as; aínda que o resto de cooperativas teñen que ter comomínimo catro socios/as.TRES é o número mínimo de socios/asdunha cooperativa de traballo asociado.46


Para saber quen pode ser socio/a da cooperativa, mostrámosche o seguinteesquema:Os traballadores que legalmente teñan acapacidade para contraer a prestación doseu traballo.PERSONASQUE PODENSER SOCIASOs estranxeiros poderán ser sociostraballadores dacordo ao previsto na lexislaciónespecífica sobre a prestación do seu traballo.Non esquezas expoñerlles que, ademais dos/as socios/as que forman a cooperativade traballo asociado, existen tamén OUTROS TIPOS DE SOCIOS/AS que podenconvivir con eles. Estes son:1.Socios/as a proba: Os/as socios/as traballadores/as a proba poderánexistir na cooperativa por un período non superior a seis meses. Se superano período de proba poderanse converter en socios/as indefinidos/as, sempree cando desembolsen a achega obrigatoria. O número de socios/as a probaten que ser inferior a un quinto do total dos/as socios/as da cooperativa.2. Socios/as excedentes: Poderán concederlle a condición de socio/aexcedente a aquelas persoas socias que deixen de selo por causa xustificada.Estes/as poden solicitar de novo a condición de socio/a se volven reunir ascondicións e os requisitos para ser socio/a activo/a. Non se debe confundiresta figura coa de socio/a en excedencia, que se refire a aqueles socios esocias traballadores/as que de xeito voluntario (para coidar un familiar, coidarun/ha fillo/a ou por intereses particulares) ou forzoso (por exercer cargospúblicos ou sindicais) cesan a súa relación coa cooperativa durante un tempo.O réxime de excedencias poderá ser regulado no regulamento de réximeinterno.47


3. Socios/as colaboradores/as: Aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas ouprivadas, que non poden realizar totalmente o obxecto social cooperativo perosi poden colaborar na súa consecución. O número de socios/as colaboradores/asten que ser inferior a un terzo dos/as socios/as da cooperativa.Antes de asesorar aos/ás emprendedores/as acerca do réxime laboral, estes/as debenter moi claro que queren constituír unha cooperativa de traballo asociado, xa queexisten algunhas diferenzas entre estas e as demais clases de cooperativas.En que réxime da Seguridade Social se teñen que inscribir os/as socios/as dunhacooperativa de traballo asociado?Nunha cooperativa de traballo asociado os/as socios/as poden optar por inscribirse noréxime xeral da seguridade social, como asimilados a traballadores por conta allea ouno réxime especial de autónomos.Que prefiren? Estar asimilados a traballadores/as por conta allea ou a autónomos/as.ELES/AS DECIDENNon esquezas dicirlles que, no caso de optaren pola segunda opción, é a cooperativa aque fará de forma solidaria os abonos das contías de autónomos. Ademais, as cotizaciónsen ambos os dous réximes son as mesmas que en calquera outra empresa e/ou persoatraballadora do réxime especial correspondente.Iso si, cómpre saber que todos/as os/as socios/as da cooperativa deben optar polomesmo réxime, o que quedará reflectido nos estatutos, aínda que poderán cambiar oréxime escollido sempre e cando se produza unha modificación dos estatutos e candotranscorran máis de 5 anos desde que exercitaran a opción anterior. Como xa sabes,a nova opción afectaralles a todos os socios e socias.Os/as socios/as traballadores/as das cooperativas de traballo asociado gozarán dasprestacións de desemprego sempre que estean afiliados ao réxime xeral ou ao réximeespecial que prevexa a cotización por esta continxencia.48


Outros aspectos importantes que deben ter en conta os/as emprendedores/as sonas cuestións relativas ás ALTAS e BAIXAS DOS/AS SOCIOS/AS da cooperativa.Que teñen que facer?O primeiro que deben facer é solicitar a admisión na cooperativa. Como? Presentandoun escrito ao órgano de administración desta.Queres ser socio/a da cooperativa?É moi sinxelo, só tes que solicitalo.Recibirán a comunicación da resolución nun prazo non superior a dous meses; de nonser así, enténdese que a solicitude foi denegada.Pola contra, se unha das persoas socias decide darse de baixa voluntariamente,poderá facelo mediante preaviso por escrito ao órgano de administración dacooperativa coa anticipación que estea establecida nos estatutos da cooperativa. Oincumprimento deste prazo dá lugar á correspondente indemnización de danos eperdas.Do mesmo xeito, un/ha socio/a pode ser obrigado/a a causar baixa, sempre que existacausa xustificada para isto, se así o acorda o órgano de administración, de oficio, oupola petición de calquera socio/a, previa audiencia do/a interesado/a.Os/as socios/as dunha cooperativa teñen unha serie de DEREITOS e de OBRIGAS.Cales son?Para contestar a esta cuestión, que de seguro se che formulará en numerosas ocasións,propoñémosche o seguinte esquema:49


DEREITOS1.-Percibir periodicamente, nun prazo nonsuperior a un mes, percepcións a contados excedentes da cooperativa denominadosanticipos laborais, segundo a súaparticipación na actividade cooperativizada2.- Elixir e poder ser elixidos/as para os cargosdos órganos sociaisOBRIGAS1.- Realizar o seu traballo persoal coa máximadilixencia profesional2.- Asistir ás reunións ás que son convocados/as3.- Formular propostas e participar convoz e voto na adopción de acordos nasreunións dos órganos sociais dos quesexan membros4.- Participar na actividade da cooperativapara o cumprimento do seu fin social,sen ningunha discriminación5.- Recibir información para o exercicio dosdeberes e o cumprimento das obrigas6.- Percibir o retorno cooperativo, se é ocaso7.- Actualización e devolución das achegasao capital social e percepción de xurospor estas, se é o caso8.- Gozar da protección da seguridade socialsegundo o réxime elixido3.- Cumprir cos deberes legais e cos quemarcan os estatutos4.- Participar na actividade cooperativizadadurante as horas e días do calendario laboralque fixe a asemblea xeral e taménnas actividades sociais5.- Non realizar actividades que sexancompetencia para a cooperativa6.- Manter o adecuado nivel de confidencialidadesobre os datos da cooperativaque cheguen ao seu coñecemento7.- Participar nas actividades de formación8.- Aceptar os cargos para os que foranelixidos9.- Asumir as condicións económicas derivadasda súa participación na cooperativacomo socio/a10.- Contribuír ao adecuado clima social ea unha respectuosa convivencia no seoda cooperativa50


Non esquezas que, ademais destes dereitos e obrigas, tamén teñen os que estableceneles/as mesmos/as nos estatutos da cooperativa.“E, que ocorre coas nosas retribucións? Quen se encarga de fixalas?”Estas serán dúas cuestións que terás que resolver cada vez que asesores os futuros/as cooperativistas.O concepto semellante ao “salario” nas cooperativas chámase anticipolaboral e consiste en retribucións, como mínimo, en contía similar ás da zona esector de actividade atendendo ás súas categorías profesionais. Percíbense en prazosnon superiores a un mes.Finalmente, antes de seguir afondando noutros aspectos, non esquezas informaraos/ás emprendedores/as sobre a posibilidade de CONTRATAR PERSOALASALARIADO.Queredes contratar traballadores? Adiante.No tocante a este tema, debes resaltarlles tres puntos fundamentais; lembra que:1. Poden contratar asalariados/as sempre e cando o número total de horas/ano realizadas por estes sexa inferior ao 30% do total das horas/anorealizadas polos socios e socias da cooperativa. Non se computarán nuncanesta porcentaxe:- Os/as integrados/as por subrogación legal.- Os/as substitutos/as dos/as socio/as traballadores/as ou asalariados/as.- Os/as que presten traballo en centros subordinados ou accesorios ácooperativa.- Os/as que teñen un contrato de formación ou en prácticas.- Os/as contratados/as en virtude dalgunha disposición de fomento doemprego de diminuídos físicos ou psíquicos.- Os/as traballadores/as asalariados/as que se negaran explicitamente aincorporarse como socios na cooperativa.51


2. O persoal asalariado ten a posibilidade de ser socio/a da cooperativasempre e cando cumpra co establecido nos estatutos sobre isto. Ademais,non esquezas que un/ha traballador/a que leve máis de dous anos prestandoos seus servizos á cooperativa debe ser admitido como socio/a se o solicita ecumpre os demais requisitos.3. O persoal asalariado ten dereito a participar nos beneficios, sempre queexistan, na porcentaxe fixada nos estatutos, respectando o mínimo do 25%do retorno cooperativo dos/as socios/as de igual categoría profesional.Cal é o patrimonio dunha cooperativa?No tocante ao RÉXIME ECONÓMICO DAS COOPERATIVAS hai varios aspectosque lles debes resaltar aos emprendedores/as. Cales son?En primeiro lugar, déixalles claro que existe un capital mínimo para constituír unhacooperativa. O capital social mínimo da cooperativa é de 3.005,06€, aíndaque os estatutos poden fixar unha contía superior; Está constituído polas achegaspatrimoniais, obrigatorias ou voluntarias, realizadas polas persoas socias, e debeestar totalmente desembolsado dende a constitución da cooperativa.Achegas obrigatorias: nos estatutos débese fixar a achega obrigatoriamínima, sendo necesario desembolsar, polo menos, o 25% para adquirir acondición de socio/a, e o resto na forma e prazos previstos nos estatutos oupola asemblea xeral.Achegas voluntarias: é a asemblea xeral a que pode acordar a admisión deachegas voluntarias ao capital social.O importe total das achegas de cada socio/a non pode exceder o 1/3 do capital social,podendo ser en moeda ou, se as persoas socias así o deciden, en bens ou dereitos.52


Alén disto, os/as emprendedores/as deben saber que toda cooperativa debeconstituír un Fondo de Reserva Obrigatorio (FRO) e un Fondo de Formación ePromoción (FFP). A que se destinan estes fondos?O FRO destínase á consolidación, ao desenvolvemento e á garantía de supervivenciada cooperativa. É moi importante que lembres que se terá que dotar como mínimodo seguinte xeito:1.Cunha porcentaxe comprendida entre o 20 e o 25% dos excedentes netos.2.Coas deducións sobre as achegas obrigatorias ao capital social no caso debaixa ou expulsión de socios/as.3.Coas cotas de ingreso.4.Co 50% dos resultados extracooperativosO FFP destínase á formación cooperativa e profesional das persoas socias etraballadoras, á formación na dirección e no control empresarial adecuada aosmembros dos órganos sociais así como á promoción das relacións intercooperativas eá promoción e difusión das características do cooperativismo. A súa dotación atendeao seguinte:1. Entre o 5% e o 10% dos excedentes netos.2. As sancións económicas impostas pola cooperativa aos socios.É moi importante que non esquezas lembrarlles aos/ás posibles persoas cooperativistasque se non aplican o FFP nun prazo de 5 anos, este deberá ser transferido ao ConselloGalego de Cooperativas.53


E como se reparten os excedentes xerados pola cooperativa?Como ben sabes, nunha cooperativa os/as socios/as perciben o retornocooperativo, que é a parte do excedente dispoñible que a asemblea xeral acordarepartir entre os/as socios/as en función do seu traballo (e non das súas achegas aocapital).De xeito esquemático, os excedentes netos distribuiranse anualmente atendendo aosseguintes criterios:• 30% dos excedentes mínimo » ao Fondo de Reserva Obrigatorio (contíamínima: 20%) e ao Fondo de Formación e Promoción (contía mínima: 5%). O5% restante pode destinarse a calquera dos dous fondos.• 70% dos excedentes » a disposición da asemblea xeral, quen poderá repartilona forma seguinte:1. Ao retorno cooperativo aos socios.2. Á dotación a fondos de reserva voluntarios, con carácter irrepartible ourepartible.3. Ao incremento dos fondos de reserva obrigatorios.4. Á participación dos/as asalariados/as nos resultados da cooperativa.E, por último, non te esquezas de informalos/as de que no caso de que a cooperativateña perdas, estas poderán compensarse segundo os criterios fixados nos estatutos,podendo imputalas a unha conta especial para a súa amortización con cargo a futurosresultados positivos dentro do prazo máximo de sete anos.Para compensar as perdas seguirase a seguinte orde:1. Utilizando o Fondo de Reserva Obrigatorio (FRO).2. Utilizando os Fondos de Reserva Voluntarios (FRV).3. A contía non compensada cos fondos anteriores imputaráselles aos/ássocios/as en proporción ao volume de actividade realizada.54


Cales son as obrigas fiscais da cooperativa?As cooperativas teñen un RÉXIME FISCAL PROPIO e moi atractivo que se aplicade xeito automático, sen necesidade de solicitar unha autorización administrativaprevia.Porén, é importante que resaltes a existencia de 2 niveis de protección: o dascooperativas protexidas e o das cooperativas especialmente protexidas.Toda cooperativa legalmente constituída e inscrita no Rexistro de Cooperativascorrespondente terá a consideración de PROTEXIDA 1 e gozará dos seguintesbeneficios fiscais:• Gozan de exención no Imposto de Transmisións Patrimoniais respectode:1. Actos de constitución, ampliación de capital, fusión e escisión.2. Constitución e cancelación de préstamos.3. Adquisicións de bens e dereitos integrados no fondo de educación epromoción.• Aplícanselle as regras especiais do Imposto de Sociedades coas seguintespeculiaridades:1. O tipo de gravame aplicable será do 20% para a base correspondentea resultados cooperativos, e do 30% para a base correspondente aresultados extracooperativos.2. Teñen liberdade de amortización de activos que sexan: fixos, amortizablese novos e que, ademais, sexan adquiridos no prazo de tres anos a partir dainscrición no Rexistro de Cooperativas.• No tocante aos tributos locais, gozan dunha bonificación fiscal do 95% da cotado Imposto sobre Actividades Económicas e do Imposto sobre Bens Inmoblescorrespondentes aos bens de natureza rústica das cooperativas agrarias e deexplotación comunitaria da terra.1 Sempre e cando non incorra en ningunha das causas previstas no Art. 13 do Réxime Fiscal de Cooperativaspara a perda da protección.55


As COOPERATIVAS ESPECIALMENTE PROTEXIDAS son aquelas que,sendo protexidas e de primeiro grao, están incluídas nalgunha das clases seguintes:cooperativas de traballo asociado, cooperativas agrarias, cooperativas de explotacióncomunitaria da terra, cooperativas do mar e cooperativas de consumidores e usuarios.Tamén son especialmente protexidas aquelas cooperativas de segundo grao que estánformadas exclusivamente por cooperativas especialmente protexidas.Estas cooperativas gozan dos mesmos beneficios fiscais que as protexidas e taméndos seguintes incentivos adicionais:•En relación ao Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos XurídicosDocumentados, están exentas as operacións de adquisicións de bens e dereitosdestinadas aos cumprimentos dos fins sociais e estatutarios.•Gozan dunha bonificación do 50% da cota íntegra do Imposto deSociedades. Ademais de presentar, no caso das cooperativas de traballoasociado, a seguinte particularidade: terán unha bonificación do 90% da cotaíntegra (durante os primeiros cinco anos de actividade social) se integra, polomenos, un 50% de socios/as discapacitados/as que se atopen en situación dedesemprego cando se constitúe a cooperativa.56


parte 3como promover a creación decooperativas


parte 3como promover a creación de cooperativasSe a institución na que traballas aposta polo cooperativismo como forma dedesenvolvemento socioeconómico e consideras que existen moitas actividadeseconómicas susceptibles de cooperativizarse, podes optar por tomar a iniciativalevando a cabo accións de promoción.O éxito ou fracaso das ditas accións dependerá en gran medida dos obxectivos queplanees desde o comezo, é dicir, do que pretendas conseguir coa consecución dasdistintas accións.Neste sentido, os obxectivos dependerán en gran medida do público obxectivo aoque dirixas as túas accións.Presentámosche a continuación, dun xeito moi sinxelo, cales son as posiblesestratexias de comunicación que podedes adoptar, atendendo aos segmentos defrecuencia de uso dos vosos servizos:SegmentoFRECUENTEMENTERELACIÓN COA INSTITUCIÓNPersoas interesadas en constituír unha empresa que xa teñen unhaidea maduraPersoas que contan cunha idea pero necesitan madurala esolicitan asesoramento na elaboración dun Plan de EmpresaPersoas que finalizan a súa formación académica (universitarios,estudantes de ciclos, estudantes de obradoiros de emprego...)Persoas que traballan por conta allea e queren independizarselaboralmenteAmigos e coñecidosDerivados do Servizo Público de EmpregoESTRATEXIA DECOMUNICACIÓNINFORMAR sobreas características daCOOPERATIVA:principios,vantaxes,beneficios fiscais...59


SegmentoOCASIONALMENTENUNCARELACIÓN COA INSTITUCIÓNPersoas que buscan orientación laboral, é dicir, que buscantraballoPersoas que ven no autoemprego unha alternativaPersoas que descoñecen as diferenzas entre o autoemprego eoutras fórmulas xurídicasPersoas que nunca acudiron a vós a asesorarse, ben pordescoñecemento da vosa figura de orientador, ben porque nuncase formularon a posibilidade de emprenderESTRATEXIA DECOMUNICACIÓNPROMOCIONARoCOOPERATIVISMOcomo ALTERNATIVADE TRABALLOFORMAR poderíaser un golpe deefecto, levar ásaulas, ás escolas,aos obradoirosde emprego...a informaciónsobre a fórmulacooperativaAdemais, tamén te podes atopar con persoas de calquera dos segmentos anterioresque se definan contrarias á fórmula cooperativa. Neste caso, a estratexia que debesseguir será a de REBATIR as súas obxeccións con argumentos.A continuación presentámosche unha serie de PREXUÍZOS que, como poderáscomprobar, NON SE CORRESPONDEN COA REALIDADE COOPERATIVA:1. A COOPERATIVA NON É UNHA EMPRESA, É UNHA ONG.A cooperativa é unha empresa de economía social, é dicir, ten fins económicos,como ser rendible e proporcionar traballo aos seus membros, e fins sociais,como crear cultura, valores e saber. Polo tanto, trátase dunha empresa que,con independencia de que teña ou non ánimo de lucro, conta cunha maiorvinculación social.2. AS COOPERATIVAS SON UN TIPO DE EMPRESAS INEFICIENTES.Existen numerosos factores que fan da cooperativa unha empresa conposibilidades de alcanzar o éxito e, polo tanto, unha empresa eficiente desdeun punto de vista económico e social. De feito, todos/as coñecedes empresascooperativas que alcanzaron relevancia social e éxito económico e seguen a60


gozar del. Analizar a viabilidade económica, financeira, técnica, social e legalé o principal recurso para garantir un adecuado funcionamento da empresacooperativa. Unha situación de risco para as cooperativas vén derivada do seucarácter persoal, é dicir, a maior causa de fracaso son o escaso compromisodos/as socios/as e a inadecuada interpretación dos principios cooperativos.Cómpre dicir tamén que, como calquera outra empresa, as cooperativas quequebran son as que están mal planificadas, as que non teñen ben definido oseu plan de empresa, as que non teñen claro a idea de negocio e o oco demercado no que se van centrar.3. TODAS AS COOPERATIVAS SE DEDICAN A ACTIVIDADES AGRARIAS.A pesar de que aínda está moi estendida a idea de que as cooperativas só estánpresentes no sector agrario, está claro que isto non é certo, xa que existe unamplo abano de tipos de cooperativas, tal e como se reflicte no Informede Síntese do Cooperativismo de 2005. Así, segundo esta fonte, máis dunhade cada tres cooperativas é de traballo asociado e case unha de cada tres éagraria, mais tamén hai cooperativas de servizos, de vivendas, de ensino, deexplotación comunitaria da terra, cooperativas do mar e de consumidores eusuarios. Ademais, tamén están funcionando cooperativas de servizos sociais,integración social e unha cooperativa de crédito (Caixa Rural Galega).4. OS/AS SOCIOS/AS NON TEÑEN QUE COMPROMETERSE COACOOPERATIVA E PODEN ENTRAR E SAIR DELA CANDO QUEIRAN.Como xa sabedes, existe un principio cooperativo, o de libre adhesióne baixa voluntaria ou porta aberta, que establece esta posibilidade,pero é necesario matizar que cando un/unha socio/a queira entrar ou saírda cooperativa terá que cumprir unha serie de condicións que seestablecerán nos estatutos sociais da cooperativa, co fin de evitarcertos problemas, sobre todo en canto ás baixas das persoas socias, quepoderían deixar á cooperativa en situacións desfavorables (por exemplo, cunnúmero de socios/as inferior ao establecido pola Lei, cun capital social inferiorao establecido nos estatutos, etc.). Ademais, os socios e as socias teñen odereito e a obriga de participar na actividade da cooperativa, o que supón uncompromiso coa propia sociedade e co resto de persoas socias.61


5. TODOS/AS OS/AS SOCIOS/AS DAS COOPERATIVAS COBRAN O MESMO.Moita xente cre que todos/as os/as socios/as dunha cooperativa deben percibiro mesmo anticipo laboral independentemente de cal sexa a actividade quedesenvolvan na cooperativa. Aínda que hai cooperativas nas que isto ocorrepois así o decidiron os/as seus/súas socios/as, en xeral cada socio/a podepercibir un anticipo laboral dependendo da actividade que realice, dasresponsabilidades que asuma e/ou do número de horas que traballe.6. TODAS AS COOPERATIVAS SON PEQUENAS.Existe unha tendencia a identificar o cooperativismo a nivel xeral cocooperativismo local e, por iso, se cre que todas as cooperativas sonpequenas empresas. Porén, atopamos en Galicia grandes cooperativas endistintos sectores e actividades: vitivinícolas, alimentación, telecomunicacións,subministracións agrarias, etc. Pero tampouco debemos esquecer que o tecidoempresarial galego se caracteriza pola pequena dimensión das súas empresas,polo que nos atopamos con moitas cooperativas de pequeno tamaño que nonson máis que a representación do tecido empresarial existente. Ademais, unhaempresa pequena non é sinónimo dunha empresa pouco produtiva.7. O CAPITAL SOCIAL DUNHA COOPERATIVA É 3005,06€.É importante coñecer a diferenza entre o capital social dacooperativa e o capital social mínimo para a súa constitución.O capital social mínimo da cooperativa establécese nos estatutos sociais, aoigual que a cantidade que ten que achegar cada socio/a, e non poderá serinferior a 3.005,06 €.O capital social está constituído pola suma de todas as achegas obrigatoriase voluntarias, e poderá acadar calquera valor por encima do capitalsocial mínimo, dependendo normalmente das necesidades específicasda cooperativa. Por outra banda, como xa sabes, polo principio de“portas abertas”, o capital social das cooperativas é variable e aumentaráou diminuirá cada vez que entre ou saia un socio ou socia, sen que enningún caso poida ser menor á cantidade mínima fixada nos estautos.8. AS COOPERATIVAS NON PODEN CONTRATAR TRABALLADORES/ASPOR CONTA ALLEA.A cooperativa si pode ter persoal asalariado ao igual que as demaisempresas; a única diferenza está en que neste caso as cooperativas contancunha limitación: as horas traballadas polo persoal asalariado non poden superar62


o 30% do total de horas/ano realizadas polos/as socios/as traballadores/as.A este efecto non se terán en conta os/as seguintes traballadores/as:a. Integrados/as na cooperativa por subrogación legal.b. Substitutos/as dos/as socios/as traballadores/as ou asalariados/as ensituación de excedencia ou incapacidade temporal, baixa por maternidade,adopción ou acollemento.c. Traballadores/as que contan cun contrato en prácticas e para aformación.d. Contratados/as en virtude de calquera disposición de fomento doemprego de diminuídos físicos ou psíquicos.e. Traballadores/as que se neguen explicitamente a ser socios/as.9. NON ESTÁN XESTIONADAS POR PROFESIONAIS.A profesionalización da xestión do cooperativismo é cada vez maior, asícomo un argumento máis importante para darlle peso específico a estemodelo empresarial, de aí que exista unha liña de axudas da administraciónpara formar profesionais da xerencia así como para apoiar a contratación dexerentes profesionais.Como elaborar un plan de comunicación?Unha vez determinada a estratexia de comunicación amosámosche un guión paralevar a cabo o PLAN DE COMUNICACIÓN. Na elaboración do plan de comunicacióndebemos responder as seguintes preguntas:1. ¿Quen?Teremos que determinar ao emisor. Ex: seremos nós mesmos, contaremoscon terceiros...2. ¿Que?Teremos que concretar a mensaxe que queremos transmitir docooperativismo. Seguiremos o modelo AIDA: ATENCIÓN-INTERÉS-DESEXO-ACCIÓN.63


3.- A quen?Teremos que especificar o segmento do público ao que nos queremosdirixir. Ex: persoas desempregadas, estudantes, empresariado...4. ¿Como?Seleccionaremos as canles de comunicación. Ex: xornadas de divulgacióne promoción do cooperativismo, entrevistas a emprendedores, charlas decooperativismo en centros de formación, obradoiros, asociacións...5. ¿Cando?Planificar o calendario de comunicación.6.- Que efecto se espera?Determinaremos os resultados que esperamos conseguir co plan decomunicación desenvolvido.E cal é a visión actual das cooperativas?De acordo co Libro Branco do Cooperativismo, en Galicia as cooperativas detraballo asociado representan o 48,21% do total de cooperativas galegas, mentresque en España representan o 71,41%.Neste momento, a maior parte das cooperativas de traballo asociado galegas contancon menos de 10 socios/as, aínda que isto non lles impide estar presentes en máis de40 actividades empresariais.En canto á composición deste tipo de cooperativas na nosa comunidade, debes saberque están formadas, case na súa totalidade, por socios/as traballadores/as dos/as calesmáis da metade son mulleres.Ademais, outro dato que debes ter en conta é que se trata de empresas compostas64


por xente nova, xa que a metade dos socios e socias que compoñen estas empresasnon superan os 40 anos.Non esquezas que este tipo de cooperativas tende a unha terciarización da súaactividade, é dicir, cada vez son máis as que desenvolven actividades do sector servizose apostan por unha maior calidade destas.Hoxe en día, todos/as aqueles/as queoptan por crear unha cooperativa detraballo asociado están apostando por unemprego estable e de calidade.Se queres ter unha visión máis ampla sobre a situación actual das cooperativas galegas,recomendámosche que consultes o Libro Branco do Cooperativismo en Galiciae o Informe de Síntese do ano 2005. Poderás ter acceso a eles dende a páxinaweb do Consello Galego de Cooperativas www.cooperativasdegalicia.com, tantoa través do Centro de Documentación, como no acceso directo ao Plan Estratéxicopara o Cooperativismo en Galicia que atoparás na parte central da pantalla.65


trámitesde constitución e posta enmarcha dunha cooperativa


trámites deconstitución e posta en marcha dunha cooperativaUnha vez que os/as emprendedores/as avaliaron a viabilidade do seu proxecto e sedeciden a formar unha cooperativa, deben seguir os seguintes trámites:1. Solicitar o certificado negativo de denominación.Que é? A certificación acreditativa de que o nome da cooperativa non coincideco doutra xa existente.Onde? Sección Central do Rexistro de Sociedades Cooperativas, dependenteda Administración Xeral do Estado. Rúa Pío Baroja, nº6, 28071 Madrid.Lembra que a denominación certificada quedará reservada para a cooperativapor un período de seis meses que se contan desde a data de certificación;para solicitar unha ampliación deste prazo, esta deberá acreditar que iniciou oproceso de inscrición no rexistro de cooperativas competente.2. Redactar o proxecto de estatutos sociais.Cando? Deben facelo antes de celebrar a asemblea constituínte, posto que undos puntos que se tratan na asemblea é a aprobación dos estatutos.O proceso de elaboración dos estatutos sociais está recollido ao longo destemanual. Chegado a este punto, lémbralle aos/ás socios/as como os debenredactar.3. Celebrar a asemblea constituínte.Que é? A asemblea constituínte é unha reunión na que se xuntan todas as persoasque promoven a cooperativa para decidir sobre todos os asuntos necesarios para ooutorgamento da escritura de constitución. Algunhas das funcións que ten a asembleason: aprobar o proxecto de estatutos sociais, elixir as persoas que van formar partedos órganos sociais, definir o tipo de cooperativa que se quere crear, identificar os/as xestores/as que se van encargar de facer todas as tramitacións para constituír acooperativa e aprobar a forma e prazos para o desembolso de capital social.Ao remate da asemblea deberase levantar unha acta cos acordos.69


4. Solicitar a cualificación previa dos estatutosQue é? Trátase da posibilidade de solicitar ao rexistro de cooperativascompetente, antes de acudir ao notario, que comprobe que o proxecto deestatutos sociais é conforme á lei.É un trámite opcional e gratuíto que debes recomendarlles aos/ásemprendedores/as.Cando? Despois da asemblea xeral e da aprobación do proxecto de estatutossociais.Onde? No Rexistro de Cooperativas correspondente ao ámbito de actuaciónda cooperativa: se é provincial, no Rexistro de Cooperativas da provincia; se oámbito se estende a máis dunha provincia, no Rexistro Central de Cooperativasen Santiago de Compostela.Que se precisa para facer a solicitude? Ademais do proxecto de estatutossociais, haberá que achegar a acta de asemblea e o certificado negativo dedenominación.5. Solicitar o CIF.Onde? Deben solicitalo na Administración da Axencia Tributaria mediante apresentación do modelo 036.Informa aos socios e socias de que nun principio lles entregarán un CIFprovisional para a cooperativa “en constitución” e que antes dos 6 meses teñenque solicitar un CIF definitivo.6. Desembolsar o capital social.Onde? Nunha conta corrente a nome da cooperativa na que os/as socios/asfarán a achega do capital social que lles corresponde.- Ingresarase polo menos a totalidade do capital social mínimo.- O banco é de elección libre por parte dos socios e socias.70


7. Realizar a elevación a escritura pública da constitución dacooperativa.Mediante a sinatura ante Notario, as persoas promotoras da cooperativa elevana públicos os acordos relativos á constitución da cooperativa, os EstatutosSociais e a elección das persoas que ocuparán os cargos sociais.Cando? Despois de obter a cualificación dos estatutos e desembolsar o capitalsocial.8. Liquidar o Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos XurídicosDocumentados.É importante que non esquezas informar aos/ás emprendedores/as que debenpresentar a liquidación, aínda que non farán ningún pagamento, xa que ascooperativas están exentas deste imposto.Onde? Na oficina liquidadora competente.9. Inscribirse no Rexistro de Cooperativas.A inscrición da escritura pública de constitución no Rexistro de Cooperativascompetente é o trámite necesario para que a sociedade cooperativa adquirapersonalidade xurídica.Onde? Este trámite é competencia da Consellería de Traballo e deberán levaloa cabo no rexistro correspondente ao ámbito de actuación da cooperativa,que no caso das cooperativas de traballo asociado se corresponde co dos seuscentros de traballo. Se o ámbito é provincial, a inscrición farase no Rexistro deCooperativas da provincia; se o ámbito se estende a máis dunha provincia, noRexistro Central de Cooperativas en Santiago de Compostela.Cando? Dentro dos dous meses seguintes ao outorgamento da escritura públicade constitución ante notario.71


Que preciso? Debes lembrarlles que os requisitos que precisan para inscribir asúa cooperativa son:- Liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e ActosXurídicos Documentados.- Unha copia autorizada e unha copia simple da escritura pública deconstitución.- Acreditar o pago da taxa por inscrición en rexistros oficiais.10. Comunicar o inicio da actividade e declarar actividades e locais.Como? Presentando novamente o modelo 036 na Administración da AxenciaTributaria correspondente notificarase:- A data de inicio efectivo da actividade.- A declaración da actividade principal e das secundarias que se vaiandesenvolver.- Os locais destinados directa ou indirectamente ao desenvolvementodas actividades.11. Realizar a afiliación da cooperativa na seguridade social e a alta dos/as socios/as traballadores/as.Antes do inicio da actividade hai que solicitar a afiliación da empresa naSeguridade Social, no caso de que se optase polo Réxime Xeral, e a alta noréxime que corresponda dos socios e socias que comecen a desenvolver o seutraballo na cooperativa.Onde? Na Tesourería Xeral da Seguridade Social correspondente ao domiciliosocial da Cooperativa.12. Comunicar a apertura do centro de traballo.Cando? Os/as socios/as da cooperativa teñen que comunicar a apertura docentro de traballo dentro dos trinta días seguintes ao inicio da actividade.Onde? No caso de que a cooperativa realice a súa actividade nun ámbitosuperior ao da Comunidade Autónoma, terán que dirixirse á Dirección Xeralde Relacións Laborais; de non ser así, bastará con que se dirixan á DelegaciónProvincial que lles corresponda.72


13. Mercar os libros sociais obrigatorios.A cooperativa ten que dispoñer e ter actualizados os seguintes libros:- Libro de visitas. Lémbralles que este é obrigatorio e que deberán ter unpor cada centro de traballo.- Libro de rexistro dos socios e socias.- Libro de rexistro de achegas ao capital social.- Libro de actas da asemblea xeral, do órgano de administración, doinforme de censura de contas, dos liquidadores e, de ser o caso, docomité de recursos e das xuntas preparatorias.- Libro de inventarios e balances, e libro diario.Como xa sabes, estes libros teñen que ser dilixenciados e legalizados, antes dasúa utilización, polo Rexistro de Cooperativas correspondente, exceptuandoos libros contables, que se poderán legalizar a posteriori.14. Solicitar a licenza municipal de apertura e as licenzas especiais.Onde? A tramitación da licenza de apertura lévase a cabo no Concello ondeteña os centros de traballo a cooperativa.Tamén é posible que, debido á actividade que realice a cooperativa, se vexaobrigada a inscribirse en rexistros específicos ou a obter licenzas concretas;E, por último, non te esquezas de dicirlles que contan:- Cunha conta de correo electrónico na que poden formular as súasdúbidas: empregocooperativo@cooperativasdegalicia.com- Co Manual de cooperativismo e autoemprego, que lles debesentregar.- Coa páxina do Consello Galego de Cooperativaswww.cooperativasdegalicia.com, onde atoparán información relativaás cooperativas e ferramentas de apoio á súa creación, como a AsesoríaVirtual e a “área de emprego cooperativo”.- Con información directa en calquera dos rexistros de cooperativas.Ademais, no ANEXO III tes unha listaxe completa con entidades de apoio aoemprendemento cooperativo.73


lexislaciónaplicable


lexislación aplicableAo longo deste manual lembrámosche todo o que debes saber á hora de asesorar aspersoas emprendedoras que desexen coñecer algún aspecto relacionado co mundocooperativo. Todos estes aspectos están regulados por lei.Presentámosche, a continuación, toda a lexislación aplicable ás cooperativas, por se édo teu interese ou do interese dos/as emprendedores/as, ou por se tedes necesidadede consultala:• Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia (Galiciaposúe competencia exclusiva sobre as cooperativas).• Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, que regula a organización efuncionamento do Consello Galego de Cooperativas.• Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba oRegulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia.• Decreto 248/2004, do 14 de outubro, polo que se regulan osprocedementos de conciliación e arbitraxe cooperativa.• Artigos 17,18 e 19 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidastributarias e de réxime administrativo.• Lei de cooperativas de ámbito estatal, Lei 27/1999, do 16 de xullo;aplicación supletoria do non regulado na Lei de Cooperativas de Galicia.• Lei 20/1999, do 19 de decembro, sobre o réxime fiscal das cooperativas(estatal).• ORDE ECO/3614/2003. Normas contables específicas para cooperativas(estatal).77


anexo Itest de maduración doproxecto


anexo Itest de maduración do proxectoPresentámosche este anexo para que poidas analizar dun xeito sinxelo o grao demadurez do proxecto dos/as emprendedores/as e así poidas asesoralos/as atendendoás súas necesidades reais.A continuación, tes os tres modelos de cuestionarios (un para a idea, outro parao mercado e o terceiro para o perfil do emprendedor) que che poden servir dereferencia, e o xeito de interpretalos.MADUREZ DA IDEA1.2.3.4.Cal é o estado enque se atopa o seuproxecto?Como definiron aidea?Realizaron algunhaestimación dosbeneficios quepoden obter coacooperativa?Realizaron algúnorzamento deinvestimentopara iniciar a súaactividade?A) Están elaborando o Plan de EmpresaB) Aínda non comezaron, non saben como faceloC) Teñen unha idea pero non saben se é viableA) Facendo unha análise dunha boa oportunidade de negocioá que se pode aplicar a súa experienciaB) A partir dun produto e/ou servizo en auxe co que se podegañar moito en pouco tempoC) Baseándose na súa formación e nas súas preferenciasA) Realizaron un orzamento das ventas e dos gastos paraobter unha aproximación dos posibles beneficiosB) NonC) Non, aínda que coñecen xente que obtén moi bosresultados na mesma actividadeA) Teñen un orzamento aproximado dos custos iniciaisB) NonC) Fixeron algúns cálculos do que lles custa mercar todo oque cren precisar81


5.6.7.8.9.10.Teñen plenocoñecemento doproduto e/ou servizoque van ofrecer?Cando traballan engrupo, identificanas habilidades decada persoa e soncapaces de facer quese complementen,creando un ambientede equipo e decolaboración para oemprego?Teñen unha ideainnovadora?Investirían nestenegocio se llopropuxese outrapersoa?Que factoresconsideran que sonfundamentais paraque o seu proxectosexa exitoso?Pensaron se a súaempresa vai teralgún efecto positivono contorno?A) Si, xa que traballaron con anterioridade no sectorB) NonC) Realizaron formación sobre esta actividadeA) Si, xa que consideran tales habilidades de comunicacióne traballo en equipo importantes nunha cooperativa onde oactivo máis importante son os recursos humanosB) Acaso iso importa nunha cooperativa?C) Ás veces son capaz de identificar tales habilidades naspersoas, pero non son capaces de facer uso delasA) Si, xa que ofrece un produto e/ou servizo diferente aoque existe no contornoB) Non cren que existan ideas innovadorasC) Si, porque no seu contorno non existe competenciaA) Si o farían, confían na idea e estudáronaB) Dependendo de quen llo propuxeseC) Non cren que outra persoa fose capaz de levalo a caboA) As persoas. O capital humano é imprescindible encalquera proxectoB) O importante é a idea. Se a idea é boa, o éxito ben sóC) O diñeiro. Con diñeiro pódese facer todoA) Vai contribuír á revitalización da zona creando riqueza epostos de traballoB) Non, pero coidan que o efecto no contorno non éimportanteC) Non82


COÑECEMENTO DO MERCADO1.2.3.4.5.Existe unhaempresa líder nestaactividade?Cales son osprincipais problemasdas empresas dosector?Ten informaciónsobre a evolucióne a tendencia domercado?Existen máisempresas nosector que ofrezanprodutos/servizossimilares ao seu?Tiveron enconta a visión doconsumidor conrespecto á súa idea?A) Si, e ten que aprender dela aínda que non é a súacompetencia directaB) Cren que nonC) Si, aínda que como está noutra comunidade autónomanon lle afectará moitoA) Nun principio, os mesmos que noutros sectores(financiamento, competencia...)B) Non parece que teñan ningún, hai moitas empresas domesmo aínda que parece haber mercado para todasC) Falta de innovación, mal servizo ao cliente...A) Están recollendo información de diferentes fontes (INE,internet...)B) Cree que non é necesarioC) Si, aínda que é suficiente con coñecer a evolución docontorno máis próximoA) Si, aínda que pensaron nunha vantaxe competitiva quefacilitará o seu posicionamentoB) Cren que non existe competencia para o seu produto e/ou servizoC) Si, aínda que non no contorno máis próximoA) Realizaron un estudo acerca das necesidades dosconsumidores potenciaisB) Cren que non é importanteC) O importante é publicitar o produto/servizo ofrecidopara convencer ao consumidor de que o adquira83


6.7.8.9.10.A situacióneconómica actual éfavorable para iniciara súa actividade?Cren que énecesario realizarpreviamente unEstudo de mercado?Realizaron unhaanálise DAFO da súaactividade?Teñen aos seusposibles clientesidentificados ecuantificados?Pensaron encooperar conoutras empresaspara mellorar o seuposicionamento nomercado?A) Si, os factores socioeconómicos favorecen o sector noque se desenvolve a actividadeB) Cren que si, aínda que é indiferenteC) Cren que a situación non é malaA) Si, e xa se comezou a estudar os aspectos con maiorinfluencia na súa actividadeB) NonC) Gustaríalles facelo, aínda que non saben cómoA) Si, xa comezaron a realizalaB) Non, non saben o que éC) Non, xa que non saben cómo facelaA) Si, por áreas de influencia e desagregados entre empresase particularesB) Non, saben facer ben o traballo, e cren que iso chega parasaír ao mercadoC) Si, nacen ao amparo dun Concello ou outra instituciónque vai contratar os seus servizosA) Si, e xa teñen colaboradores buscadosB) Non, non lles parece axeitadoC) Non, pero non descartan facelo84


PERFIL EMPRENDEDOR1.2.3.4.5.6.É unha persoa coniniciativa?Que é o que máislle preocupa á horade emprender a súaactividade?Pensou naposibilidade de queo negocio non sexaexistoso?Dedica ás tarefasas horas que sexannecesarias pararematalas ben?Cal das seguintesafirmacións o/adefinen mellor?Que pensa acercados novos produtose/ou servizos?A) Si, gústalle tomar a iniciativa en todos os aspectos da súavidaB) Non, prefire que outros/as tomen a iniciativaC) Gústalle máis a idea de formar parte dun equipoA) Como obter o financiamento que precisa para poderpoñer en marcha a súa actividadeB) O número de horas que terá que traballarC) Se está capacitado/a para levala a caboA) Si, xa que a posibilidade de fracaso é unha realidadeempresarialB) Si, e por iso ten dúbidas sobre se crear a empresa ou nonC) Non lle gusta pensar niso, prefire ser optimistaA) Si, non importa o tempo que faga falta, o importante érematar as cousas con éxitoB) Quere crear a súa empresa para non ter que traballarmáis da contaC) Dedica as horas xustas a cada cousa, nin máis nin menosA) Todo o que se propuxo ata o de agora conseguiunoB) Ninguén o/a coñece o suficiente como para criticalo/a enon soporta que o faganC) Inspira seguridade na xente que o/a coñeceA) Gústame experimentar cousas novasB) Non existen, xa está todo inventadoC) Sempre cabe a posibilidade de facer as cousas doutroxeito85


7.8.9.10.Ten capacidade decomunicación econvicción?Que fai candolle xorde uncontratempo?Gústalle traballar enequipo?Como se ve deempresario/a?A) Si, resúltalle sinxelo convencer os demais de que as súasdecisións son as correctasB) Cre que se comunica ben cos demaisC) Non lle gusta ter que explicar nin argumentar as decisiónsque tomaA) Está acostumado/a a atopar solucións rapidamenteB) Adoita consultar con alguén antes de tomar unha decisiónC) Tómase o seu tempo para sopesar todos os “pros” e os“contras”A) Si, considera o traballo en equipo algo moi enriquecedorB) Non, considera que só trae problemasC) Si, pero coida que non é moi eficiente xa que se perdemoito tempoA) Ademais de crear o seu posto de traballo está moianimado/a por poder decidir e trazar o rumbo da empresaB) Ve a empresa como un investimento e non quereimplicarse no día a díaC) Non lle interesa moito a xestión da empresa. Iso o podenfacer outrosDebes ir marcando as respostas dos/as emprendedores/as para poder avaliar ao finalo seu resultado. O valor das respostas é o seguinte:-Por cada resposta A) debes sumar 3 puntos.- Por cada resposta B) debes sumar 1 punto.- Por cada resposta C) debes sumar 2 puntos.Atendendo á puntuación obtida, o resultado será:• MADUREZ DA IDEA:Baixa (de 10 a 16 puntos): Os/as orientados/as non teñen unha idea clarasobre a actividade que queren emprender. É preciso que realicen unhaanálise detallada para desenvolver a idea de negocio así como os principaisaspectos desta.86


Media (de 17 a 23 puntos): Deben reforzar algúns aspectos da súa idea denegocio que aínda non están fixados e, para iso, o mellor que poden facer éelaborar un Plan de Empresa que lles axudará a afianzar a súa idea.Alta (de 24 a 30 puntos): Teñen moi clara a súa idea empresarial, pero así etodo é recomendable que elaboren un Plan de Empresa e se asesoren sobreaqueles aspectos que descoñecen.• COÑECEMENTO DO MERCADO:Baixo (de 10 a 16 puntos): Os/as orientados/as non coñecen suficientementeo mercado no que se queren situar, o que supón un importante factor derisco á hora de crear a súa empresa.Medio (de 17 a 23 puntos): Presentan lagoas relacionadas co coñecementodo mercado, polo que deben realizar un estudo máis profundo acerca dacompetencia e dos clientes potenciais; para isto, pódelle ser de axuda aelaboración do Plan de Empresa.Alto (de 24 a 30 puntos): Os/as orientados/as posúen bastante informaciónacerca do mercado e do contorno no que se quere situar, o que lle será demoita utilidade para afrontar a posta en marcha da súa empresa.• PERFIL DO/A EMPRENDEDOR/A:Baixo (de 10 a 16 puntos): Os/as orientados/as deben fortalecer o seu perfilemprendedor, xa que este é un aspecto clave á hora de poñer en marchaunha actividade empresarial; ter unha boa idea e coñecer o mercado noné suficiente.Medio (de 17 a 23 puntos): Os/as orientados/as posúen moitas dashabilidades e aptitudes claves do perfil emprendedor, aínda que debenreforzalas xa que é preciso que estas estean a un nivel óptimo.Alto (de 24 a 30 puntos): Os/as orientados/as posúen todas as capacidadesque se requiren para ser un/ha bo/a emprendedor/a. Se a isto se lle sumaun correcto desenvolvemento do proxecto, terán unhas bases sólidas parainiciar a súa actividade.Respecto ao perfil dos/as emprendedores/as, deberás facer un test por cada socio/apotencial, pero ten en conta que do que se trata é de que haxa ao menos algunhapersoa no grupo que cumpra o perfil, ou que ti detectes que entre todos reúnan ascalidades propias dos emprendedores. É esta unha das vantaxes de emprender engrupo.87


anexo IIprotocolo para a elaboracióndun plan de empresacooperativo


anexo IIprotocolo para a elaboración dun plan deempresa cooperativoPresentámosche neste anexo un protocolo que poderás seguir para asesorar aos/ásemprendedores/as na elaboración do plan de empresa da súa cooperativa.Como xa sabes, o Plan de Empresa é un documento onde se recollen todos aquelesaspectos significativos do proxecto empresarial.Non existe unha estrutura determinada á hora de elaborar un plan de empresasenón que os seus contidos se deben adaptar ao proxecto que esteamos a analizarasí como ao seu destinatario. Un plan de empresa é como o currículo do proxectoe seguramente diferirá segundo o empreguemos para facer unha análise internada cooperativa, para pedir unha subvención, para buscar novos/as socios/as ecolaboradores/as ou para solicitar un préstamo bancario.De todos os xeitos, en todo plan de empresa se deben incluír uns contidos mínimose manter unha certa orde que facilite a súa comprensión.A modo de exemplo presentámosche unha posible estrutura, acorde coa propostano manual, e cuxo contido desenvolveremos ao longo das seguintes páxinas, de xeitoque che sirva para orientar a un posible grupo emprendedor interesado en poñer enmarcha unha cooperativa:1. DATOS DE IDENTIFICACION1.1 Presentación da cooperativa.1.2 Perfil dos socios/as.2. DESCRICION DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL2.1 Explicación actividade.2.2 Provedores.2.3 Clientela.2.4 Localización proposta.2.5 Análise da competencia.2.6 Plan de comercialización.2.7 Aspectos legais e xurídicos.2.8 Organización interna.91


3. PLAN ECONOMICO FINANCEIRO3.1 Facturación.3.2 Investimento.3.3 Previsión de tesourería.3.4 Orixe e aplicación de fondos.3.5 Estrutura de custos.3.6 Limiar de rendibilidade.3.7 Contas previsionais.4. COMPROMISO DA COOPERATIVA COARESPONSABILIDADE SOCIAL5. DIAGNOSE DE SITUACIÓN6. CONCLUSIÓNSAdemais, se accedes á “área de autoemprego cooperativo” no portal do ConselloGalego de Cooperativas (www.cooperativasdegalicia.com), atoparás unha ferramentaque te guiará na elaboración do plan de empresa.92


1.DATOS DE IDENTIFICACIÓNNesta primeira parte do plan de empresa, débense presentar de maneira esquemáticaos principais datos da cooperativa e das persoas que a van a crear.1.1 Pr e s e n t a c i ó n d a c o o p e r a t i v a1.1.1 Nome comercial da cooperativa1.1.2 Actividade económica, é dicir, a que se vai dedicar acooperativa1.1.3 A data prevista na que se vai a iniciar a actividade1.1.4 Tipo de cooperativa1.1.5 Número de socios/as que compoñen a cooperativa1.1.6 Postos de traballo que se prevé crear1.1.7 Localización física da cooperativa1.1.8 Ámbito xeográfico onde se vai levar a cabo a actividadecomercial1.1.9 Breve descrición de por que xorde a idea de crear unhacooperativa1.2 Pe r f i l d o s/a s s o c i os/a s1.2.1 Nome dos/as socios/as1.2.2 Formación dos/as socios/as1.2.3 Experiencia profesional1.2.4 Outros datos de interese sobre os/as socios/asrelacionados coa actividade que se vai a emprender93


2.DESCRICION DA ACTIVIDADE EMPRESARIALNa descrición da actividade empresarial débense indicar todos aqueles aspectosrelacionados coa cooperativa, dende a súa regulación ata os provedores cos que vaitraballar.Pódese seguir o seguinte esquema:2.1 Ex p l i c a c i ó n d a a c t i v i d a d eNeste apartado é importante clarificar cal é o tipo de negocio que vai desenvolvera cooperativa, indicando brevemente cales son os produtos e/ou servizos que sevan ofertar, cal sería o prototipo de clientela á que se lle quere vender. Tamén éimportante mencionar cales son os aspectos que van diferenciar a cooperativa fronteá súa competencia.Polo tanto, neste apartado débese responder os seguintes puntos:2.1.1 Cales son os produtos e/ou servizos que se van vender?Explicarase que produtos e/ou servizos se van comercializar. Asúa descrición é importante en caso de actividades non frecuentesnas que o nome do produto pode non indicarlle moito á maioríada xente.No caso de que se trate dunha actividade con moitos produtosá venda, como é a hostalería, pódense empregar familias deprodutos; é dicir, en vez de relacionar todos os tipos de refrescos,emprégase a familia “refrescos”.2.1.2 Características mais salientables dos produtos/servizosEn que destacan os produtos e/ou servizos ofertados que se vanpoñer á venda? En que se vai apoiar a cooperativa para venderestes produtos? Que se destacaría deles? Hai que responder apregunta de por que alguén mercaría os produtos e/ou servizosda empresa sen empregar a frase “porque é mais barato”.94


2.1.3 Servizos asociados aos produtos e/ou servizosHai que ter en conta que non unicamente se vende o produto/servizo en concreto senón tamén outros servizos asociados, comopode ser o transporte a domicilio e/ou o servizo posvenda.2.1.4 Prezo de venda dos produtosNormalmente o establecemento do prezo de venda dos produtosrelaciónase cos prezos da competencia ou empresas que ofertanprodutos similares, o número de competidores e a capacidade denegociación cos provedores.Recorda que toda a estratexia da cooperativa non pode residir enter uns prezos máis baixos porque isto pode funcionar a curto emedio prazo pero a longo prazo sempre pode aparecer alguéncon mellores prezos.2.1.5 Como é o tipo de clientela á que lle vai vender acooperativa?Neste caso non vale a resposta de “a todo o mundo” xa que,loxicamente, váiselle vender só ás persoas que queiran mercar epoidan pagar. Segundo o tipo de produto/servizo ofertado existeun prototipo de clientela máis proclive a mercar e a identificacióndesta “clientela tipo” permite fixar mellores estratexias comerciaise comprender que necesidades queren cubrir os clientes.2.1.6 En que se diferenza fronte a competencia? Que soluciónsse lle oferta á clientela?A resposta a estas preguntas ten que estar encamiñada a ter claropor que vai funcionar o negocio, cal vai ser a diferenza respecto ácompetencia ou que novo servizo ou produto se oferta que vaiadar lugar ao éxito da cooperativa.95


2.1.7 Que etapas se precisan para realizar a actividade?Débese ter claro que é o que se ten que facer para levar a cabo aactividade empresarial da cooperativa. É dicir, que pasos hai queseguir dende que se adquire o produto ata que se cobra. Teraseen conta que dependendo do tipo de negocio precisaranse máisou menos etapas. Tamén é moi importante saber se o cobro serealiza no momento da venda ou se é habitual cobrar despois; porexemplo, cando se traballa con grandes distribuidoras é normalcobrar a máis de 120 días.2.1.8 Subcontratacións: que? a quen?Moitas veces existen partes do proceso produtivo que compensaadquirir ou delegar noutra empresa porque supoñen menoscustos fixos ou porque nós non somos especialistas no tema.Un exemplo é o caso do transporte do produto ao domicilio docliente, no que podería compensar contratar unha empresa detransportes cando faga falla e non ter unha furgoneta.2.1.9 Horario de traballo da cooperativaO horario ten que ser coherente co tipo de negocio e os costumesda clientela á que van orientados os produtos. Haberá que ter enconta as limitacións ás horas de traballo establecidas por lei eanalizar se o horario establecido pode ser cumprido co persoal eos recursos dispoñibles.2.2 Pro v e d o re sCando unha cooperativa vai iniciar a súa andaina empresarial é moi importante teridentificado que materia prima e subministracións vai precisar para poder desenvolvera súa actividade. Por iso é necesario establecer contacto cos provedores e teridentificados aqueles que ofrecen mellores condicións.Para completar este punto débese responder ás seguintes preguntas:96


2.2.1 Que materia prima, produtos e/ou subministracións sonnecesarios para levar a cabo actividade? Que cantidade?Cales son os prezos de compra?Antes de iniciar o proceso de procura de provedores é necesarioter claro cales son as necesidades de materia prima, produtos ousubministracións que terá a cooperativa para poder desenvolvero seu negocio. Nuns casos mercarase materia prima para fabricarprodutos e noutros xa se adquirirá o produto terminado.Pódese facer unha lista cos produtos e/ou servizos que se vancomercializar e a materia prima ou produto necesario paracada un, indicando o prezo de compra. Unha vez que se teña aestimación de vendas xa se pode calcular cal será o volume daprimeira merca de materia prima e/ou produto tanto en unidadescoma en cartos.Exemplo de Táboa Materia Prima:Produtos/servizosofertadosMateria Prima/Produtos necesariosCantidadePrezo de Merca(Unitario)2.2.2 Cal é o proceso para realizar as mercas?Dependendo da actividade da cooperativa poderanse adquirir osprodutos unha vez que a clientela o solicitara ou previamentea producirse a venda. Tamén é importante a capacidade denegociar para ter a posibilidade de retrasar o pagamento ouobter descontos por pronto pago.97


2.2.3 Existen outros custos na obtención dos produtos?Moitas veces os prezos de compra dos produtos non inclúentodos os custos que vai ter a cooperativa para poñer a mercancíana súas instalacións; un caso típico pode ser o custo adicional portransporte.2.2.4 Onde se almacenarán os produtos?En determinados tipos de negocio é moi importante, se nonobrigatorio por lei, ter un espazo axeitado e acondicionadoespecialmente para almacenar os produtos.2.2.5 Cal é a capacidade máxima de produción tendo en contaos seus recursos humanos, materiais e financeiros?A cooperativa debe ter claro antes de iniciar a súa actividadecal é a máxima produción ou servizos que pode levar a cabomensualmente para evitar o problema de “morrer de éxito”.2.3 Cl i e n t e l aAntes de constituír unha empresa hai que ter claro cal é o/a cliente/a tipo a quen llepode interesar os nosos produtos e/ou servizos, así como intentar pescudar cantosson para coñecer as posibilidades de éxito do negocio. Non é o mesmo necesitarchegar ao 10% dos clientes potenciais para non ter perdas que ao 90%.Para completar este punto débese responder ás seguintes preguntas:2.3.1 Cal é a area xeográfica na que se vai vender o produto/servizo?Haberá que describir neste apartado a zona onde se vai ofertar oproduto ou a área de influencia do establecemento. Dependendodeste factor a estratexia comercial e os recursos necesarios vancambiar.98


2.3.2 Cantos clientes potenciais hai?É moi importante cuantificar cal pode ser o número máximo declientes/as que poderían adquirir o noso produto de sermos aúnica empresa no mercado.2.3.3 Cóntase con clientes na actualidade?No caso de que a cooperativa teña asegurada a venda antes deiniciar a súa actividade, é moi importante que quede reflectido noplan de empresa.2.3.4 Análise da idoneidade da actividade empresarialConsiste en determinar, unha vez analizado o mercado potencial ea súa evolución nos últimos anos, se estamos ante unha actividadeempresarial en crecemento ou en declive.2.3.5 Tipoloxía da clientelaDescribir os diferentes grupos de clientes cos que se queretraballar. O primeiro que se deberá diferenciar son os clientes/as particulares doutras empresas e institucións. Tamén dentro decada subgrupo é importante volver facer outra división tendo enconta as súas características (localización, poder adquisitivo...).Isto resulta moi importante para poder facer un labor comerciale de márketing máis eficiente.2.4 Lo c a l i z a c i ó n p ro p o s t aNo plan de empresa haberá que indicar onde van estar localizadas as instalacións dacooperativa. Este é un punto moi importante cando o negocio inclúe a venda directaao consumidor, é dicir, é o/a cliente/a quen se achega ao local da cooperativa a mercaro produto e/ou servizo. Ademais hai que estudar sempre a normativa e a regulaciónrelativa ás instalacións.99


2.4.1 Localización elixida para establecer a cooperativa.XustificaciónA elección dunha localización débese facer tendo en contaaspectos como a boa comunicación, a fácil accesibilidade, afacilidade de aparcamento, se é unha zona comercial ou de paso,as posibilidades de crecemento, a existencia doutras empresas,entidades ou comercios que atraian clientela, a proximidade dosprovedores.Os factores tidos en conta dependerán do tipo de actividade xaque non é igual no caso dunha tenda de venda polo miúdo aopúblico que o dunha bodega que distribúe para toda Galicia.2.4.2 Descrición e plano do localNeste apartado convén indicar como é o local e cal é distribuciónda superficie nos diferentes espazos. A achega dun plano nuncaestá de máis.2.4.3 Réxime do localIndicar se o local é propiedade da cooperativa ou se alugou. Noprimeiro caso, de terse solicitado unha hipoteca, a cota supón uncusto fixo para a cooperativa, ademais de reducir a capacidadede endebedamento futura. No caso de aluguer, haberá que facermención ao prezo e aos anos de duración do contrato.2.4.4 Normativa específica respecto ao localEn moitos casos, como en negocios de hostalaría ou industriais, aadministración marca unha serie de obrigas e requisitos que debecumprir o local para poder desenvolver a actividade nel.100


2.5 An á l is e d a c o m p e t e n c i aA análise da competencia é imprescindible á hora de analizar a idea de negocio dacooperativa. O estudo da competencia achega moita información para evitar cometererros e aproveitar aqueles acertos das empresas competidoras. É bo non só observarcomo traballa a competencia máis próxima e directa senón analizar tamén comodesenvolven o seu negocio outras empresas, porque pode permitir incorporar novasideas á cooperativa.2.5.1 Competidores directosCando se está a elaborar o proxecto empresarial é imprescindiblelocalizar e identificar cales son os competidores directos cos quese enfronta a cooperativa.2.5.2 Produtos e/ou servizos substitutivos ou que cubran asmesmas necesidadesAdemais doutras empresas que vendan os mesmos servizosou produtos, tamén poden existir produtos que sen cubrirexactamente as mesmas necesidades si que compiten polamesma clientela. Por exemplo, unha cafetaría e unha vinotecanon ofertan os mesmos produtos pero ambas venden ocio, poloque o/a cliente/a pode decidir ir a tomar un café ou un viño.2.5.3 Vantaxes do produto/servizo fronte aos competidoresHai que ter claro cales son as vantaxes que presenta o produtofronte a o dos competidores porque será neses aspectos nos quedebe incidir a campaña comercial e de márketing.2.5.4 Identificar puntos fortes e débiles dos competidoresUnha vez que estean localizados os competidores tanto directoscomo indirectos deberase facer unha análise destes para identificarcales son os puntos fortes que teñen e, por tanto, aqueles que setratarán de incorporar ao negocio, e cales son os puntos feblesque se tratarán de evitar.101


2.6 Pl a n d e c o m e r c i a l i z a c i ó nChegados a este punto, xa teremos definida cal é a idea de negocio da cooperativa,onde vai estar localizada, quen a conforma, que produtos e/ou servizos oferta, quemateria prima precisa, con que provedores vai traballar e cal é a súa competencia,pero falta responder a unha das preguntas mais importantes: como vai dar a coñeceros seus produtos e/ou servizos?A resposta debe quedar plasmada no plano de comercialización da cooperativa.Neste apartado darase resposta a todas as preguntas relativas ás estratexias decomercialización e de márketing da cooperativa. Para facer correctamente esta partetense que ter identificado correctamente cal é e como é o cliente tipo.2.6.1 Como se comercializa o produto/servizo? Directamenteou a través de intermediarios ou comerciantes por xunto?O coñecemento do modo de funcionar do sector é moiimportante no momento de establecer a estratexia comercial.En moitos casos venderáselle directamente ao consumidor final,aínda que tamén se poden empregar outras empresas para poñero produto no mercado. A utilización de intermediarios ou outrasempresas adoita facilitar a venda do produto ou servizo perotamén polo normal supón unha redución da marxe comercial.2.6.2 Como se vai dar a coñecer a cooperativa? Que elementosde comunicación empresarial se van empregar?Antes de iniciar a actividade é moi importante ter decidido comose vai dar a coñecer a cooperativa e, sobre todo, como se quereque se coñeza a cooperativa. A primeira impresión que teñan osconsumidores sobre os produtos e/ou servizos comercializados éfundamental. A estratexia de comunicación ten que ser coherenteco que se vende e con a quen se lle quere vender: Por exemplo,non sempre ten que ser boa idea un anuncio no diario de máistirada.Existen diversos elementos de comunicación empresarial quea cooperativa pode empregar, como os rótulos, a publicidade,102


folletos, catálogos, serigrafía en vehículos... Estes elementos decomunicación teñen que ser coherentes coa imaxe que se queredar da cooperativa e co tipo de clientela ao que se dirixe. Unexemplo moi evidente témolo na comparación dos elementos decomunicación do Corte Inglés e de Día: ambos son correctos ecoherentes pero moi diferentes porque se dirixen a un públicodiferente.2.6.3 Como se van conseguir os primeiros clientes?Hai que ter claro que a resposta desta pregunta vai axudar moitoa recortar o tempo necesario para acadar o punto de equilibrio.Pode darse o caso de que xa exista unha carteira de clientesprevia, pero o normal é realizar visitas comerciais antes decomezar a producir ou arrancar cunha campaña promocional moiforte. A cooperativa debe explicar neste punto a súa estratexia decaptación dos clientes.2.6.4 Quen efectuara o labor comercial?O labor comercial pode ser realizado por un/ha dos/as socios/as,por varios/as ou por persoal contratado para desempeñar estafunción. Sempre é bo que polo menos un/ha dos/as socios/asmanteña certo contacto cos clientes máis importantes.2.6.5 Que promocións se van empregar?Unhas promocións acertadas son moi importantes nos primeirosmomentos dunha actividade empresarial.2.6.6 Ao final cal é a marxe comercial?Dende o primeiro momento debe saberse cal é a marxecomercial, é dicir, que parte do prezo de venda dos produtos e/ou servizos supón un beneficio para a cooperativa.103


2.7 As p e c t o s l e g a is e x u r í d i c os2.7.1 Por que unha cooperativa?Dentro dos diferentes tipos de formas xurídicas, precísaseescoller aquel que mellor se axuste ao grupo de emprendedores,ao tipo de actividade e aos obxectivos do proxecto empresariala medio e longo prazo. Neste caso, ao decantarse pola fórmulacooperativa tense que ter claro cales son os seus puntos positivose negativos.2.7.2 Que clase de cooperativa?Haberá que deixar constancia da clase de cooperativa que sequere constituír e que virá dada polo tipo de actividade que sequeira desenvolver: cooperativa de traballo asociado, de ensino,de servizos, agraria...2.7.3 Precísanse autorizacións, permisos, licenzas e outrosrequisitos administrativos para desenvolver a actividade?Cada tipo de negocio ten que cumprir unha serie de requisitosadministrativos particulares, que é moi importante coñecerantes de iniciar a actividade. A lexislación pode ser imposta polasdistintas administracións, dende a local á estatal.2.7.4 Estatutos e regulamento da cooperativaComo xa sabes, as cooperativas deben contar cuns estatutossociais de xeito obrigatorio e poderán elaborar de xeitovoluntario un regulamento de réxime interno. En caso de queos socios e as socias teñan xa preparados estes documentos,deberán incorporalos como anexos, indicándoo nesta parte doplan de empresa.Se aínda non están preparados, deixarase constancia da intenciónde elaboralos establecendo para isto un prazo razoable.104


2.8 Org a n i z a c i ó n i n t e r n a2.8.1 Postos de traballo que se van crearNeste apartado deberanse enumerar os postos de traballo quese van crear independentemente de que sexan ocupados polaspersoas socias ou asalariadas.Haberá que desagregar tamén entre o persoal co que se vai iniciaro proxecto e como vai ir variando a medida que se cumpren osprognósticos de crecemento feitos.2.8.2 Tarefas e habilidades necesarias para realizar cada postode traballoDeberase facer unha pequena descrición das tarefas asociadas acada posto e das habilidades necesarias para levalas a cabo. Porexemplo, para un posto de contable, as tarefas poderían ser:contabilización de facturas, realización da conciliación bancaria,xestión da tesourería, contabilización das nóminas..., e a persoaque ocupe este posto deberá ter dotes de organización ecapacidade analítica, entre outras.2.8.3 Análise das capacidades das persoas socias e reparto detarefasA mellor maneira de dividir as tarefas a realizar na cooperativa éen función das capacidades de cada unha das persoas socias, xaque isto incrementaría o desempeño e produtividade da empresaao tempo que se xeraría un mellor clima laboral ao sentírense aspersoas socias máis motivadas co seu traballo.105


Poderíase empregar unha ficha como a seguinte:Recursos Humanos/Capacidades das persoas sociasA través da seguinte táboa, os socios e socias coñecerán as vantaxes e desvantaxesde cada perfil, de forma que se poderá establecer o reparto de tarefas eresponsabilidades internas.Baremo valoración: Baixo 1 Medio 2 Alto 3 Moi alto 4Capacidades persoais (dirección RRHH):Socio/a 1 Socio/a 2 Socio/a 3 Socio/a 4EnerxíaEntusiasmoDotes de mandoLideradoEnteirezaSolución de conflitosTotal Socio/aCapacidades comerciais:Mentalidade abertaHabilidades de comunicaciónHabilidades de negociaciónCreatividadeCapacidade de vendaFacilidade para levar carteira de clientesTotal Socio/aCapacidades de dirección e xestión:Capacidade de direcciónCriterio empresarialPerseveranciaNegociaciónEspírito de logroCapacidade de soportar tensiónsTotal Socio/aSocio/a 1 Socio/a 2 Socio/a 3 Socio/a 4Socio/a 1 Socio/a 2 Socio/a 3 Socio/a 4106


Credibilidade ante entidades financeiras, políticas, institucionais...Socio/a 1 Socio/a 2 Socio/a 3 Socio/a 4Dispoñibilidade de fondos propiosReputación persoalVinculaciónsConfianzaConvicción no proxecto empresarialTotal Socio/aAnalizados os perfiles do cadro societario, a distribución de responsabilidades etarefas entre as persoas socias será:Portavoz de comunicación (bancos,concello, etc.):Dirección e xestión:Dirección RRHH:Comercial e vendas:Cada persoa socia tería que avaliarse a si mesma en cada undos ítems que definen cada capacidade, de xeito que ao final doproceso o seu perfil quede definido.Unha vez feitas as autoavaliacións oportunas, poñeríanse encomún co resto do grupo e decidiríase sobre a distribución dastarefas intentando axustar o máximo posible as capacidadesnecesarias para desempeñar o posto de traballo, cos perfísprofesionais dos/das socios/as.Non todos os socios e socias teñen porque acadar a puntuaciónmáxima para cada capacidade. Do que se trata é de xerarcomplementariedades e de que haxa polo menos unha persoacon cada capacidade ou disposta a formarse para adquirila.107


2.8.4 Plan de formación e capacitación de socios/as easalariados/asNas cooperativas, entidades nas que o núcleo central é a persoa,a formación xoga un papel fundamental. É importante que xano plan de empresa quede recollido o compromiso da entidadecoa formación e se faga unha previsión do número de horasque se van destinar a formación. Ademais, tomando como baseos resultados do cadro anterior, poderase deseñar un plan deformación acorde ás necesidades de cada socio/a que redunde nasúa maior capacitación e no beneficio para a cooperativa.2.8.5 Sistema de selección do persoalÉ bo contemplar no plan de empresa como se vai levar a caboa selección de persoal da cooperativa. Hai que recordar queunha vez transcorridos dous anos dende a súa incorporaciónna entidade, as persoas asalariadas terán dereito a adquirir acondición de socio/a.Á hora de recrutar persoal, a cooperativa poderá optar por realizaro proceso cos seus propios medios ou delegar nunha empresaexterna. No primeiro dos casos, haberá que decidir como sevai facer (por medio dunha entrevista persoal, por medio deprobas técnicas, dinámicas, unha combinación das anteriores...).Ademais haberá que establecer como se vai facer a comunicaciónda existencia desa vacante (anuncio en prensa, boca a boca...)e se se vai contemplar algún criterio de discriminación positiva(parentesco, sexo, idade...).2.8.6 Método de contrataciónNeste apartado reflectirase o tipo de contrato que empregará acooperativa para formalizar a relación laboral cos/as asalariados/as. Isto pode depender moito da actividade da empresa, de seexiste estacionalidade, do seu compromiso coa estabilidadelaboral, da idade e estudos realizados polos candidatos...2.8.7 Sistema retributivoHaberá que decidir se todos os socios e socias van cobraro mesmo ou non. En todo caso, haberá que fixar os anticipos108


laborais e os salarios das persoas que se vaian contratar e comoestá previsto que varíen estes no tempo.En caso de que se prevea a retribución específica para os cargosdo consello reitor, tamén debe quedar reflectida neste apartado.2.8.8 Sistemas de promociónMoitas veces pensamos que nas pequenas empresas é imposiblepromocionar; isto é debido a que temos unha concepción moirestrinxida do concepto “promoción”. Cando as persoas seforman e amplían os seus coñecementos e capacidades, poderánmedrar nos seus postos de traballo, ao tempo que farán medrara cooperativa.2.8.9 Motivación do persoal e incentivosNeste apartado incluiranse aquelas políticas que a cooperativavai levar a cabo para manter un persoal motivado (tanto persoassocias como asalariadas). Algún exemplo podería ser a posibilidadede contar cun posto de traballo estable e de calidade, contar cunhorario flexible, a formación continua e a carreira profesionaldentro da cooperativa..., e tamén a inclusión de incentivosmonetarios baseados no logro de obxectivos.2.8.10 Xestión de conflitos internosNos estatutos da cooperativa listaranse os dereitos e obrigas daspersoas socias, cuestións que todos e todas deberán coñecerpara evitar a aparición de posibles problemas. Ademais, todo orelacionado co ámbito laboral poderá fixarse no regulamento deréxime interno. No caso de que a cooperativa teña xa elaboradosestes documentos, pode incluílos como anexos ao plan deempresa. Se non, poderá incluír algúns dos seus apartados nestaárea.2.8.11 Canles de comunicación internaNeste apartado describiranse os instrumentos de comunicaciónque se empregarán para dar e recibir información entre osmembros da cooperativa (reunións periódicas, boletín interno,taboleiro de anuncios, intranet...).109


2.8.12 Toma de decisiónsNas cooperativas as decisións tómanse de xeito democrático naasemblea xeral. No entanto, haberá que ter claro quen vai tomarcada tipo de decisión, que decisións se van delegar e en quen.Por exemplo, no caso de que a sociedade conte coa figura dunxerente, non é lóxico que este teña que consultar coa asembleaou co consello reitor cada decisión que tome: necesitará ter uncerto grao de autonomía.2.8.13 Organigrama da cooperativaO organigrama é unha representación gráfica que expresaen termos concretos e accesibles a estrutura, xerarquía einterrelación entre as diferentes áreas e postos que compoñenunha organización.Antes de iniciar a actividade é moi importante ter clara cal vaiser a estrutura da cooperativa tanto a nivel empresarial comosocietario.No organigrama da cooperativa aparecerá diferenciada a estruturasocial (asemblea, consello reitor e órgano de intervención, aomenos) da estrutura empresarial, que variará dunhas cooperativasa outras en función da súa actividade e do proceso produtivo queleven a cabo.As persoas socias deben ter claro que, no día a día, de haberrelacións de xerarquía empresarial prevalecen sobre as societarias.Un claro exemplo sería a figura do xerente que, tanto no caso deser unha persoa socia como asalariada, sería a persoa encargadade dirixir as actividades e as persoas para acadar os obxectivosxerais da cooperativa.2.8.14 Réxime de cotización á Seguridade Social dos/as socios/asda cooperativaO réxime de cotización social debe aparecer tanto contempladonos estatutos sociais da cooperativa como no plan de empresa,dado que en función deste factor, os custos fixos que haberá queter en conta na parte económico-financeira serán distintos.110


3.PLAN ECONOMICO FINANCEIRO3.1 Fa c t u r a c i ó nHaberá que establecer cal é a facturación da empresa a un ano vista, así comocoñecer cales son os custos de adquisición dos materiais necesarios para vender esesprodutos.A continuación amósanse tres fichas:A primeira serviría para saber con que familias de produtos e/ou servizos vai traballara cooperativa, os seus prezos de venda e o seus prezos de compra ou de fabricación.Así obterase a marxe comercial bruta de cada familia de produto.No calculo do custo materiais non se inclúe os custos de persoal ou de transporte,unicamente os ligados directamente á compra ou fabricación do produto ou servizo.PRODUTO/SERVIZOTIPO DECLIENTEDESCRICIÓNMATERIAISCONSUMIDOSPREZOFINALCUSTOMATERIAISMARXECOMERCIALBRUTA-€ -€ -€-€ -€ -€-€ -€ -€-€ -€ -€-€ -€ -€-€ -€ -€-€ -€ -€-€ -€ -€-€ -€ -€111


Unha vez coñecidas a familia de produtos e/ou servizos que se van comercializardeberase establecer unha estimación das unidades de venda durante o primeiro ano,para o que se pode facer un calculo mensual ou diario.Estimación de unidades de venda para cada unidade de negocioTipo deproduto Meses 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12unidadesmesunidadesdiariasunidadesmesunidadesdiariasunidadesmesunidadesdiariasunidadesmesunidadesdiariasunidadesmesunidadesdiariasunidadesmesunidadesdiariasunidadesmesunidadesdiariasunidadesmesunidadesdiariasTOTALANUAL112


Unha vez feita a estimación das unidades mensuais vendidas cada mes poderasecalcular cal é a previsión de vendas anual en €. Para isto terase en conta a previsión decustos variables derivados da merca ou fabricación dos produtos e/ou servizos quese van vender.Previsión de vendas anual en €MESES 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12Previsión devendas/mesTOTALANUAL-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€MESES 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12CustosvariablesTOTALANUAL-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€-€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€113


3.2 In v e s t i m e n t oOs emprendedores que van crear a cooperativa teñen que ter claro cal é oinvestimento que precisan. Para o seu cálculo débese comezar por aquelas cousasque son imprescindibles para o negocio. É importante que se deixe unha cantidade decartos sen gastar, coñecida como provisión de fondos, que ten como obxectivo queno caso de que a cooperativa non arranque tan ben como se esperaba, exista diñeirosuficiente para pagar os custos fixos dos primeiros meses.Para calcular o investimento inicial pódese empregar unha ficha como a seguinte:INVESTIMENTO EN ACTIVO FIXO -€ INVEST. EN ACTIVO CIRCULANTE -€Acondicionamiento do localMaterias primasTotal -€ Total -€Mobiliario e equipamentoMaterial de traballo e consumiblesTotal -€ Total -€MaquinariaMercadorías e existencias iniciaisTotal -€ Total -€FerramentasINVESTIMENTO TOTAL -€Total -€Equipo informáticoAMORTIZACIÓN -€Acondicionamento do localTotal -€ Mobiliario e equipamientoAutomóbilMaquinariaFerramentasEquipo informáticoAutomóbilTotal -€ Gastos constituciónInmobilizado inmaterial Total -€Total -€114AMORTIZACIÓN MENSUAL -€


3.3 Pre v is i ó n d e t e s o u r a r í aMediante a previsión de tesouraría vaise analizar como pode ser a situación de cobrose pagos da cooperativa durante o primeiro ano da súa existencia. É convenientedistinguir entre os custos fixos e variables porque a empresa terá que soportar oscustos fixos independentemente de que estea vendendo moito ou pouco. Ademais,aquí inclúense gastos prioritarios como préstamos, seguridade social, alugueres...A previsión de tesouraría tamén permite coñecer cal pode ser a situación de liquidezda cooperativa con meses de antelación, facilitando a procura de solucións e a tomada mellores decisións. Por exemplo, se nun mes non vai haber suficientes cartos pararealizar uns pagos pódese ir mirando nas entidades financeiras que opcións existen ecales son as condicións que nos ofertan.115


Previsións de tesouraríaMESES1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12TOTALANUALCOBROSVendas -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Subvención -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Achegas dos/as socios/as -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Achegas en especie -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Préstamos solicitados -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Total Cobros -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€CUSTOS FIXOSAnticipos laborais -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Seguridade Social socios/as -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Salario traballadores/as -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Seg. Social traballadores/as -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Aluguer -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Xestoría -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Luz -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Auga -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Teléfono -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Seguros -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Gas -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Material traballo -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Cota préstamo bancario -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Publicidade -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Outros -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Total Custos Fixos -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€CUSTOS VARIABEISCompras -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Man de obra externa -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Transporte -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Outros -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Total Custos Variabeis -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€INVESTIMENTOSAcondicionamiento do local -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Mobiliario e equipamento -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Maquinaria -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Ferramentas -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Equipo informático -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Automóbil -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Inmobilizado inmaterial -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€Total Investimento -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€TOTAL PAGOS -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€COBROS - PAGOS -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€SALDO ACUMULADO -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€MARXE DE EXPLOTACIÓN -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€BENEFICIO NETO -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€ -€116


3.4 Or i x e e a p l i c a c i ó n d e f o n d o sUnha vez que coñeces o investimento, incluíndo a provisión de fondos, necesario parainiciar a actividade empresarial tes que analizar de onde saen os cartos necesarios.Así, a orixe dos fondos poderá ser a seguinte:• Achegas dos/as socios/as:• Monetarias.• En especie (bens ou dereitos aportados polos/as socios/as)• Subvencións á cooperativa• Outras achegas: provedores• Prestamos alleos:- Curto Prazo- Longo PrazoNo caso das subvencións haberá que ter moito coidado xa que normalmente se tardatempo en cobralas; Así, é mellor ser prudentes e non incluílas na orixe de fondosiniciais porque un retraso no cobro pode dar lugar a problemas de pago.APLICACIÓN DE FONDOS IMPORTES ORIXE DOS FONDOS IMPORTESMaquinaria -€ Achegas dos/as socios/as -€Equipo informático -€ Achegas en especie -€Mobiliario -€ Subvencións -€Compra de local -€ Outras achegas -€Acondicionamiento local -€Ferramentas -€Vehículo -€Capital circulante(mercadorías, existencias...)-€Inmobilizado inmaterial -€Outros gastos -€Provisión de fondos -€ Préstamos solicitadosTotal -€ Total -€117


3.5 Es t r u t u r a d e c u s t o sNa realización do proxecto empresarial da cooperativa é fundamental ter definidocales son os custos fixos e cales son os variables. É dicir, identificar que custos dacooperativa hai que pagar todos os meses independentemente de que vaia ben oumal fronte aos custos variables que están ligados ás vendas.Coñecendo a estrutura de custos poderase calcular o limiar de rendibilidade, comose verá no seguinte punto.Esta pode ser unha ficha para analizar a estrutura de custos dunha cooperativa.Estrutura de custosCUSTOS FIXOS Media MES AÑOAnticipos laborais -€ -€Seguridade Social socios/as -€ -€Salario traballadores/as -€ -€Seguridade Social traballadores/as -€ -€Aluguer -€ -€Xestoría -€ -€Luz -€ -€Auga -€ -€Teléfono -€ -€Seguros -€ -€Gas -€ -€Material oficina -€ -€Cota préstamo bancario -€ -€Dotación amortización inmobilizado -€ -€Outros -€ -€Total -€ -€118


3.6 Limiar d e re n d i b i l i d a d eÉ necesario establecer cal é o punto de vendas tanto en unidades como en eurosonde se vai alcanzar o equilibrio económico, é dicir, cando os custos totais son iguaisaos ingresos. A partir dese punto a cooperativa comezaría a ter beneficios.Limiar de rendibilidade en cantidade monetaria = Custos fixos / Marxe comercialunitariaExemplo de limiar de rendibilidade:• Unha cooperativa ten 6.690-€€ de custos fixos.• Das súas vendas o 40% vai destinado á merca do produto que se vaivender e un 10% a pagar o transporte, é dicir, de cada 100€ soamente50€ quedan no negocio.• A cooperativa alcanza o seu limiar de rendibilidade nos 13.380€ de vendas;Por debaixo perde cartos e por riba comeza a ter beneficio.Pto. Equilibrio Vendas (€)Custos variablesVendas - Mat. Primas - Transp. = Custos fixos13.380 € - 5.352 € - 1.338 € = 6.690 €EUROS15.000 €10.000 €5.000 €13.380 €q equilibrioCustos fixosVendas menoscustos variablesVendas1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12MESES119


3.7 Co n t a s p re v is i o n a isO último punto do plano económico-financeiro é o dedicado ás contas previsionais dacooperativa unha vez rematado o seu primeiro ano de andaina.En primeiro lugar elabórase a conta de perdas e ganancias que permite coñecer cal éo excedente estimado da cooperativa no primeiro ano. Diferénciase da tesourería enque aquí se inclúen todos os gastos e ingresos do ano independentemente de que seefectuasen ou non os cobros e os pagos correspondentes.Perdas e GananciasANO 1 ANO 2 ANO 31. Vendas -€ -€ -€2. Subvencións de explotación -€ -€ -€3, INGRESOS DE EXPLOTACIÓN (1+2)4. Compras -€ -€ -€5. Man de obra externa -€ -€ -€6. Transporte -€ -€ -€7. Outros8. CUSTOS VARIABEIS (4+5+6+7) -€ -€ -€9. MARXE DE EXPLOTACIÓN (3-8) -€ -€ -€-€ -€ -€10. Persoal -€ -€ -€Anticipos laborais -€ -€ -€Seguridade Social socios/as -€ -€ -€Salario traballadores/as -€ -€ -€Seguridade Social traballadores/as -€ -€ -€11. Servizos e suministracións exteriores -€ -€ -€Aluguer -€ -€ -€Xestoría -€ -€ -€Seguros -€ -€ -€Material oficina -€ -€ -€Teléfono -€ -€ -€Gasolina -€ -€ -€Outros (auga, luz...) -€ -€ -€Impostos, taxas -€ -€ -€Gastos financeiros -€ -€ -€Amortizacións -€ -€ -€15. CUSTOS FIXOS (10+11+12+13) -€ -€ -€16. RESULTADO DO EXERCICIO (9-15) -€ -€ -€ESTIMACION DE CRECEMENTO en %PREVISION IPC en %ANO 2 ANO 3120


Para realizar a previsión de perdas e ganancias do segundo e terceiro ano pódeseestimar un crecemento anual nas vendas, baseándose en datos do sector, e para oincremento dos custos coller a previsión de incremento do IPC que fan distintosorganismos públicos e privados como o Banco de España, entre outros.No balance previsional reflíctese a situación patrimonial da cooperativa ao final do seuprimeiro exercicio económico e unha vez calculados os resultados correspondentes.Un modelo moi sinxelo de balance sería o que che presentamos na seguinte ficha.BalanceANO 1 ANO 2 ANO 3 ANO 1 ANO 2 ANO 3ACTIVOPASIVOA. Fixo -€ Fondos propios -€Maquinaria -€ Achegas -€Equipo informático -€ Resultado do exercicio -€Mobiliario -€ Reservas -€Acondicionamiento local -€Inmobilizado inmaterial -€ F. alleos L/P -€Vehículo -€ Préstamos -€Ferramentas -€ -€A. Circulante -€ F. alleos C/P -€Capital circulante(mercadorías, existencias...)-€Caixa (Provision defondos)-€Total -€ Total -€Ao igual que coa conta de perdas e ganancias, haberá que facer unha previsión da súaevolución para os tres primeiros anos da cooperativa.121


4.COMPROMISO DA COOPERATIVA COARESPONSABILIDADE SOCIALAs cooperativas como entidades de economía social teñen unha especial sensibilidadee compromiso cos valores da responsabilidade social e, en xeral, son empresassocialmente responsables, pese a que en moitas ocasións non son conscientes destefeito.Para reflectir o compromiso da cooperativa coa responsabilidade social emprégase obalance social. O balance social é un instrumento de xestión para planear, organizar,dirixir, rexistrar, controlar e avaliar en termos tanto cualitativos como cuantitativosa xestión social da empresa, nun período determinado e fronte a unhas metaspreestablecidas.Se ben é certo que as empresas adoitan empregar o balance social con caracteravaliativo, no momento de elaborar o plan de empresa, as persoas promotoras deberánpararse a reflexionar acerca da cooperativa que queren crear e do compromiso queestán dispostas asumir en materia de responsabilidade social.Nesta parte do plan sería bo que se puxera por escrito unha declaración de intenciónsque abarcara varias áreas:- Principios cooperativos.- Responsabilidade Social.- Xestión medioambiental.- Xestión da calidade e da innovación.A modo orientativo, presentámosvos unha lista na páxina seguinte con aspectos quepoderán ser tratados en cada unha das áreas anteriores.Se queres ter máis información sobre a responsabilidade social nas cooperativas,profundar na elaboración do Balance Social ou outras ferramentas existentescomo as memorias de sustentabilidade, podes consultar o Modelo Referencial paraun Cooperativismo Sostible na páxina do Consello Galego de Cooperativas(www.cooperativasdegalicia.com)122


PRINCIPIOS COOPERATIVOSÁREAAdhesión voluntaria e abertaXestión democráticaParticipación económicaAutonomía e independenciaEducación, formación e informaciónCooperación entre cooperativasInterese pola comunidadeRESPONSABILIDADE SOCIALXESTIÓN MEDIOAMBIENTALXESTIÓN DA CALIDADE E AINNOVACIÓNINDICADORESEntrada de socios/asSaída de socios/asCoñecemento cooperativoNivel de cumprimento formal do procesoParticipaciónAccesibilidade aos cargos sociaisFuncionamento dos órganos sociaisCompromiso económicoFormalización de procesosPolítica retributiva internaAutonomía financeiraAutoxestiónPolítica formativa da cooperativaFormaciónInformación externaCooperación entre cooperativasAsociacionismoPreocupación polo contornoResponsabilidade co persoal asalariadoPrácticas de contrataciónPrácticas de investimento e abastecementoPolíticas de non discriminaciónLiberdade de asociaciónMedidas obrigatorias ou principaisMedidas adicionaisPlanificación de calidadeSistema de XestiónProvedoresFormaciónEtiquetadoProduto non conformeInnovaciónMárketingRelación coa clientelaSatisfacción da clientelaNTICsCompetencia123


5.DIAGNOSE DE SITUACIÓNEsta é unha medida de análise moi importante porque serve de resumo do proxectoempresarial da cooperativa. No DAFO aglutínanse todas as análises e observaciónsfeitas para configurar a cooperativa.Na diagnose de situación verase reflectida a estratexia que vai seguir a cooperativapara ter éxito.No DAFO analizarase:• Debilidades da empresa. Cales son? Moitas veces, ser novos nomercado.• Ameazas procedentes do contorno que poden afectar á viabilidadeda empresa. No caso de ter transporte dentro das fases do negocio,unha ameaza sería a subida do prezo do combustible, ou no caso dofinanciamento alleo, o perigo da subida dos tipos de xuro.• Fortalezas. Os puntos fortes que ten o proxecto empresarial, como podeser a experiencia dos/as socios/as da cooperativa.• Oportunidades procedentes do contorno que se poden aproveitarpara mellorar. Por exemplo, cambios lexislativos, como ocorreu coaobrigatoriedade de instalación de paneis solares nos novos edificios enGalicia.Unha vez feito o DAFO débense establecer estratexias que permitan:• Corrixir os puntos febles.• Aproveitar as oportunidades.• Manter os puntos fortes.• Evitar as ameazas.124


6.CONCLUSIÓNSNo apartado de conclusións farase un pequeno resumo do proxecto empresarialdestacando aqueles puntos máis positivos e facendo énfase na súa viabilidade.Sería bo que canto menos se sintetizase nun parágrafo cada un dos puntos tratadoscon anterioridade.125


anexo IIIguía de recursos


anexo IIIguía de recursosSe tes calquera dúbida podes chamar ao Consello Galego de Cooperativas no número881 999 268ou facer a túa consulta no enderezo de correo electrónicoempregocooperativo@cooperativasdegalicia.comLembra que tamén contas coa páxina doConsello Galego de Cooperativaswww.cooperativasdegalicia.comonde atoparás información relativa áscooperativasEsta dispón tamén dun servizo de Asesoría Virtual que che servirá de axuda notocante a trámites e procedementos relacionados co rexistro de cooperativas e coa“área de emprego cooperativo”.Ademais, ten a man as seguintes direccións de organismos e institucións que deseguro che poderán servir de axuda se te decides a promover a constitución decooperativas:129


CONSELLERÍA DE TRABALLODIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNSLABORAISRexistro Central de CooperativasEdif. Administrativos San Lázaro, s/n15781 Santiago de CompostelaA CoruñaTfno.: 981 545 540DELEGACIÓN PROVINCIAL DACORUÑA.Rexistro Provincial de CooperativasFernando Macías 18-20, 1º15004 A CoruñaTfno.: 981 185 890DELEGACIÓN PROVINCIAL DELUGO.Rexistro Provincial de CooperativasRolda da Muralla 7027071 LugoTfno.: 982 294 288DELEGACIÓN PROVINCIAL DEPONTEVEDRA.Rexistro Provincial de CooperativasConcepción Arenal 836201 VigoPontevedraTfno.: 986 817 686DELEGACIÓN PROVINCIAL DEOURENSERexistro Provincial de CooperativasAv. da Habana 79, 7º32004 OurenseTfno.: 988 386 389130


CONSELLERÍA DE TRABALLODIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓNDO EMPREGOEdif. Administrativo San Lázaro s/n15781 Santiago de CompostelaA CoruñaTfno.: 981 544 614DELEGACIÓN PROVINCIAL DACORUÑAServizo de Promoción de EmpregoFernández Latorre nº 132, 1º15006 A CoruñaTfno.: 981 174 661DELEGACIÓN PROVINCIAL DELUGORonda da Muralla, 7027071 LugoTfno.: 982 294 362DELEGACIÓN PROVINCIAL DEPONTEVEDRAConcepción Arenal 8, 2º36201 VigoPontevedraTfno.: 986 817 204DELEGACIÓN PROVINCIAL DEOURENSEAvda. da Habana 7932004 OurenseTfno.: 988 386 223131


CONSELLERÍA DO MEDIO RURALDIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN,INDUSTRIAS E CALIDADEAGROALIMENTARIAEdif. Administrativo San Caetano, s/n15781 Santiago de Compostela.A CoruñaTfno.: 981 544 777DELEGACIÓN PROVINCIAL DACORUÑAEdificio Servizos Múltiples (Monelos)Praza Luís Seoane, s/n15008 A CoruñaTfno.: 981 184 501DELEGACIÓN PROVINCIAL DELUGORolda da Muralla 7027071 LugoTfno.: 982 294 528DELEGACIÓN PROVINCIAL DEPONTEVEDRABenito Corbal 47, 4º36071 PontevedraTfno.: 986 805 409DELEGACIÓN PROVINCIAL DEOURENSEFlorentino López Cuevillas 4-6,Baixo32003 OurenseTfno.: 988 386 455132


CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVASEdif. Administrativo San Lázaro, s/nConsellería de Traballo 2º Andar15781 Santiago de CompostelaA CoruñaTfno. 881 999 268www.cooperativasdegalicia.comempregocooperativo@cooperativasdegalicia.comCENTRO DE ESTUDIOS COOPERATIVOS (CECOOP)Universidade de Santiago deCompostelaFacultade de Ciencias Económicas eEmpresariais, Campus NorteÁrea de Dereito Mercantil (Despacho 244)15172 Santiago de CompostelaA CoruñaTfno.: 981 563 100 Ext. 14707 e 11594www.usc.es/cecoopcecoop@usc.es133


ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVASUNION DE COOPERATIVAS“ASOCIACIÓN GALEGA DECOOPERATIVAS AGRARIAS” (AGACA)Rúa Tomiño 22, Entresollado15703 Santiago de CompostelaA CoruñaTfno.: 981 584 783 / 981 584 911www.agaca.coopagaca@agaca.coopDELEGACIÓN LUGO.Rúa Poeta Noriega Varela 30,Entrechán27004 LugoTfno.: 982 201 514 / 982 201 543DELEGACIÓN OURENSE.Rúa Bedoia, 7- 2º Oficina 1OurenseTfno.: 988 242 481UNION DE COOPERATIVAS DETRABALLO ASOCIADO DE GALICIA(UGACOTA)Rúa Hórreo 104, Baixo Esquerda15702 Santiago de CompostelaA CoruñaTfno.: 981 575 578www.ugacota.orgugacota@ugacota.orgUNIÓN DE COOPERATIVAS AGRARIASDE FERROL (UCAFE)Rúa Pascual Veira 33-35, EntresolladoFerrol (A Coruña)Tfno.: 981 356 399UNION DE COOPERATIVAS DE ENSINODE TRABALLO ASOCIADO DE GALICIA(UCETAG)Rúa Fernández Villaverde 4, 1º, Oficina 336002 PontevedraTfno.: 986 866 149www.ucetag.orginfo@ucetag.orgFEDERACIÓN EMPRESASCOOPERATIVAS SINERXIARúa Fernández Villaverde 4, 1º A,Oficina 3-436002 PontevedraTfno.: 986 896 526www.sinerxia.orgsinerxia@sinerxia.orgUNION DE COOPERATIVAS DETRABALLO ASOCIADO EIXORúa Fernández Villaverde 4, 1º, Oficina 3-436002 PontevedraTfno.: 986 896 526 / 627 570 944www.eixo.infoinfo@eixo.info134


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA(IGAPE)(IGAPE)Edif. Administrativo San Lázaro, s/n15703 Santiago de CompostelaA CoruñaTfno.: 981 541 147www.igape.esOFICINA TERRITORIAL DE ACORUÑAPraza de Pontevedra 22, 2º15003 A CoruñaTfno.: 981182 239OFICINA TERRITORIALPONTEVEDRARúa Michelena 3036001 PontevedraTfno.: 986 805 305OFICINA TERRITORIAL DEFERROLEdif. Usos múltiplesPraza Camilo José Cela, s/n15403 FerrolA CoruñaTfno.: 981 337 101OFICINA TERRITORIAL DE VIGOXunta de Galicia. EdificioAdministrativoRúa Praza da Estrela 9, 3º Andar36201 VigoPontevedraTfno.: 986 817 366OFICINA TERRITORIAL LUGOXunta de Galicia - EdificioAdministrativoRonda da Muralla 7027071 LugoTfno.: 982 294 032OFICINA TERRITORIAL OURENSEXoán XXIII 3332003 OurenseTfno.: 988 687 289135


CÁMARAS DE COMERCIOCÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA ENAVEGACIÓN DE A CORUÑAAlameda 30-32, 1º.15003 A CoruñaTfno.: 981 216 072www.camaracoruna.comccincoruna@camaras.orgCÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA ENAVEGACIÓN DE FERROLA Malata, s/n15591 FerrolA CoruñaTfno.: 981 333 165www.camaraferrol.orginfo@camaraferrol.orgANTENA CAMERAL ENORTIGUEIRAC/Príncipe, 2715330 OrtigueiraA CoruñaTfno./Fax: 981 400197ortigueira@camaraferrol.orgANTENA CAMERAL EN ASPONTESAvda. de Ferrol, s/n15320 As PontesA CoruñaTfno./Fax: 981 452 086aspontes@camaraferrol.orgCÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA ENAVEGACIÓN DE LUGOAvda. Ramón Ferreiro 1827002 LugoTfno.: 982 284 300www.camaralugo.comcamara@camaralugo.com136CÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA ENAVEGACIÓN DE PONTEVEDRARúa Jardines de Vicente 4 – Edificio “LasPalmeras”, 2º.36001 PontevedraTfno.: 986 866 303www.camarapontevedra.comccinpontevedra@camaras.orgCÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA ENAVEGACIÓN DE TUIAugusto González Besada 15, 1ºDereita36700 Tui. PontevedraTfno.: 986 600 216www.camaratui.comcamaratui@camaratui.comCÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA ENAVEGACIÓN DE VIGORúa República Arxentina 1836201 Vigo. PontevedraTfno.: 986 432 533www.camaravigo.comcamaravigo@camaravigo.comCÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA ENAVEGACIÓN DE VILAGARCIARúa Doutor Tourón 4636600 Vilagarcía de Arousa. PontevedraTfno.: 986 565 286www.camaravilagarcia.comregistro@camaravilagarcia.comCÁMARA DE COMERCIO E INDUSTRIADE OURENSEAvda. da Habana 30, bis32003 OurenseTfno.: 988 233 116www.camaraourense.comcamara@camaraourense.com


BIC GALICIABIC GALICIA (Ce n t r o d e Em p re s a s eIn n o v a c i ó n)Barrio de San Lázaro, s/nEdificio IGAPE,3ºAptdo. de Correos 217415703 Santiago de Compostela.Tfno.: 981 546 832www.bicgalicia.esbicgalicia@bicgalicia.esOUTROSCEPES. Co n f e d e r a c i ó n e m p re s a r i a le s p a ñ o l a d a e c o n o m í a s o c i a lRúa Vallehermoso 15, 1º andar28015 MadridTfno.: 91 593 04 12www.cepes.esinfo@cepes.esCOOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIASCalle Agustín de Bethencourt 17, 4ºandar28003 MadridTfno.: 91 535 10 35www.agro-alimentarias.coopCOCETA. Co n f e d e r a c i ó n Es p a ñ o l a d eCo o p e r a t i v as d e Tr a b a l l o As o c i a d oRúa Vallehermoso 15, 1º28015 MadridTfno.: 91 446 97 50www.coceta.comconfederacion@coceta.comU.E.Co.E. Un i ó n Es p a ñ o l a d e Co o p e r a t i v asd e En s e ñ a n z aC/ Vallehermoso 15, 1º andar28015 MadridTfno.: 91 447 34 63www.uecoe.es137

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!