AYUNTAMIENTOS - Concello de Vigo

hoxe.vigo.org

AYUNTAMIENTOS - Concello de Vigo

4 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006FINCA PROPIETARIO DOMICILIO BENS9 Taboada Fraiz, Dolores Cerdedo 29,00 m2 m o ntePK 2+40010 Ramos Dapena, José Carlos Vieiro, 2PK 3+700 Forcarei 80,00 m2 m o nte11 Lorenzo Bugallo, Mª Carmen Rúa das Olivas, 9PK3+700 Pontevedra 260,00 m2 m o nte12 DescoñecidoPK 3+700180,00 m2 m o nte13 Cavada Fernández, Victoriano Murada, 6PK 3+700 Forcarei 137,00 m2 m o nte14 Lorenzo Bugallo, M. Carmen PK 3+700 Rúa das Olivas, 9Pontevedra260,00 m2 m o nte15 Cavada Fernández, Victoriano PK 3+700 Murada, 6Forcarei75,00 m2 m o nte16 Cavada Fernández, Victoriano PK 5+000 Murada, 6Forcarei120,00 m2 monteContra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa,os interesados poderán interpoñer recursopotestativo de reposición ante o mesmo órganoque o ditou, no prazo dun mes, a contar desde odía seguinte ó da recepción da presente notificación(artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26de novembro, de réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativocomún, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro),ou ben directamente recurso contencioso-administrativo,ante o xulgado do contencioso-administrativode Pontevedra, no prazo de dous meses,contados a partir do día seguinte ó da recepción dapresente resolución (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998,de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).Todos isto sen prexuízo da posibilidade de utilizarcalquera outro recurso que estime procedente.O que se comunica para o seu coñecemento e efectos,coa salvidade que establece o art. 206 do ROF.Pontevedra, 2 de xaneiro do ano 2006.—O SecretarioAccidental, ilexible. 2006000174◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆◆AYUNTAMIENTOSV I G OANUNCIOAprobación definitiva da «Ordenanza municipalsobre captación e aproveitamento da enerxíasolar para usos térmicos en edificacións e instalaciónsno termo municipal de Vigo» (Expediente3256/306).O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28de novembro de 2005, adoptou o seguinte acordo:PRIMEIRO: Con base no informe-proposta dotécnico de Administración xeral da Unidade deMedio Ambiente transcrito na parte expositivadeste acordo, estimar parcialmente, no sentido indicadono mesmo, as alegacións presentadas no trámitede información pública polo «Colexio Oficialde Arquitectos de Galicia (COAG-Delegación deVigo)» e o «Colexio Oficial de Aparelladores e ArquitectosTécnicos de Pontevedra», desestimando,en cambio, a presentada por D. Juan José FalagánGarcía e notificándolles a todos eles este acordo.SEGUNDO: Aprobar definitivamente a OrdenanzaMunicipal sobre Captación e aproveitamentoda enerxía solar para usos térmicos en edificaciónse instalacións no termo municipal de Vigo (expedientenº 3256/306), elaborada polo técnico deAdmón. xeral da Unidade de Medio Ambiente e a«Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía deVigo (FAIMEVI)», co texto que se transcribe ó finaldeste acordo, no que se incorporan as correcciónsderivadas da estimación parcial das alegacións presentadase as propostas de oficio e maila modificaciónproposta pola comisión informativa de XestiónMunicipal.TERCEIRO: De conformidade co disposto nosartigos 70.2 da L.7/85, do 2 de abril, Reguladoradas Bases do Réxime local (LRBRL) e 196.2 do ROF(RD 2568/86), publicar este acordo e o texto íntegroda Ordenanza no BOP, entrando en vigor ós seismeses desde esta publicación.CUARTO: Segundo o previsto nos artigos 1,10.1.b), 25.1 e 46.1 da L.29/1998, do 13 de xullo,Reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa(LRXCA), 107.3, 109 e concordantes daL.30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídicodas Administracións públicas e do procedementoadministrativo común (LRX-PAC), 52 da LRBRL e209 e ss. do ROF, o acordo de aprobación definitivada Ordenanza pon fin á vía administrativa e contraesta disposición xeral non caberá recurso nesta vía,puidéndose interpoñer directamente, por quen seconsidere lexitimado/a, recurso contencioso-administrativoperante a Sala do mesmo nome do TribunalSuperior de Xustiza de Galicia no prazo dedous meses contados desde o día seguinte ó da publicacióníntegra da disposición recorrida; sen prexuízoda súa impugnación indirecta, conforme cosartigos 26 e 27 da LRXCA, e da interposiciónpolo/a interesado/a de calquera outro recurso queestime procedente conforme a Dereito».A Ordenanza de referencia ten o seguinte teorliteral:«Ordenanza Municipal sobre Captación e aproveitamentoda enerxía solar para usos térmicos enedificacións e instalacións no termo municipalde Vigo»EXPOSICION DE MOTIVOSI. XUSTIFICACIÓNO estado do medio ambiente urbano, no que viveo 80% da poboación europea, constitúe unha preo-


6 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006Regula as esixencias dos proxectos de instalaciónde captación de enerxía solar, sometidos a licencia,os seus requisitos técnicos, as condicións deintegración arquitectónica, o emprego da mellortecnoloxía dispoñible en cada momento, os responsablesdo seu cumprimento e os criterios de excepcionalidadeadmisibles na aplicación da Ordenanza.Regula tamén o deber de conservación das instalaciónse o exercicio da potestade municipal enorde a garantir o seu mantemento nas debidas condicións,as medidas cautelares por adoptar para ocumprimento do disposto na Ordenanza así como aposibilidade de establecer determinadas medidasde fomento, tales como axudas municipais ou bonificaciónsno ICIO.Saliéntase, por último, a prevista creacióndunha Comisión encargada de efectuar o seguimentoda aplicación desta Ordenanza e de promover oseu desenvolvemento técnico e a encomenda feita á«Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía deVigo (FAIMEVI)» para prestar ó Concello o asesoramentotécnico e científico preciso para a implementacióndesta norma, que se formalizará medianteo oportuno convenio de colaboración.Formalmente, a Ordenanza estructúrase nunhaparte dispositiva, dividida en 16 artigos e unhaparte final integrada por 2 disposicións adicionaise 2 disposicións finais. Complétase con 3 Anexos;un no que se establecen os criterios de cálculo dademanda de AQS (Anexo I: «Criterios de cálculo»),outro no que se fixa a contribución solar mínimaaplicable a AQS e a piscinas (Anexo II: «Contribuciónsolar mínima») e un terceiro no que se detallanos criterios para o cálculo das emisións evitadas enaplicación dos apartados 2 e 3 do artigo 7 da Ordenanza(Anexo III: «Beneficios ambientais»).A Ordenanza entrará en vigor, unha vez aprobadadefinitivamente, ós 6 meses da súa publicacióníntegra no Boletín Oficial da Provincia (BOP) eserá, por tanto, aplicable a todos os proxectos afectadospor ela cuxa petición de licencia se presentedespois desa data, con independencia da que figureno visado colexial.Artigo 1. Obxecto.O obxecto desta Ordenanza é regular a obrigadaincorporación de sistemas de captación e utilizaciónde enerxía solar activa de baixa e media temperaturapara a producción de Auga Quente Sanitaria(AQS) e quecemento de piscinas, nas edificaciónse instalacións situadas no termo municipal deVigo que cumpran as condicións establecidas namesma.Artigo 2. Edificacións e construccións afectadas.2.1. As determinacións desta Ordenanza son deaplicación para calquera consumo de AQS nos supostosen que concorran conxuntamente as seguintescircunstancias:a) Que se trate de obras de nova planta, substituciónou reestructuración de carácter xeralou total de edificacións existentes, así comoobras de ampliación, que en si mesmas supoñana nova construcción dunha edificaciónindependente dentro da mesma parcela.b) Que o uso da edificación se corresponda conalgún dos previstos no artigo seguinte.2.2. A Ordenanza será tamén de aplicación nasinstalacións de quecemento de auga de vasos depiscinas cubertas climatizadas de nova construccióne tamén ás existentes que se pretendan climatizarcon posterioridade á data de entrada en vigordesta Ordenanza.Nestes casos, o quecemento da auga obteraseprincipalmente con fontes de enerxía renovables ouresiduais ata a porcentaxe que se establece noAnexo II; o resto poderase cubrir con enerxías convencionais.En ningún caso poderá utilizarse enerxíaeléctrica para o quecemento por «efecto Joule»como apoio das fontes anteriores. O quecementodas piscinas descubertas unicamente poderá realizarsemediante sistemas de aproveitamento daenerxía solar ou fontes de enerxía residuais.2.3. A regulamentación contida nesta Ordenanzaserá aplicable a todas as edificacións e construcciónsafectadas, con independencia da súa titularidade,pública ou privada.2.4. A implantación de captadores de enerxíasolar para AQS, que non estea imposta por esta Ordenanza,regularase polas condicións da mesmaque lle sexan de aplicación.Artigo 3. Usos afectados.3.1. Os usos que quedan afectados pola incorporacióndos sistemas de captación e utilización deenerxía solar activa de baixa temperatura para oquecemento da AQS son:a) Residencial en todas as súas clases e categorías.b) Dotacional de Servicios Públicos.c) Dotacional da Administración Pública.d) Dotacional de Equipamento nas categorías:Educativo, Cultural, Saúde e Benestar Social.e) Dotacional Deportivo.f) Terciario en todas as súas clases: Hospedaxe,Comercial, Oficina, Terciario Recreativo eoutros Servicios Terciarios.g) Industrial, clase de Servicios Empresariais ecalquera outro Industrial que comporte o usode AQS.h) Calquera outro uso que implique a utilizaciónde AQS.


Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 73.2. Os anteriores usos deben entenderse deacordo coa normativa urbanística vixente en cadamomento en Vigo.3.3. A Ordenanza será aplicable cando tales usosse implanten en edificación exclusiva, ou se tratede usos complementarios, asociados ou autorizablesque se implanten como consecuencia da realizacióndas obras indicadas no artigo 2.Artigo 4. Contribución solar mínima.4.1. A contribución solar mínima anual defínesecomo a relación entre os valores anuais da enerxíasolar aportada a consumo e a demanda enerxética,obtidos a partir de valores mensuais.4.2. O cálculo da demanda realizarase de acordoco establecido no Anexo I da Ordenanza e na normativasectorial aplicable. No caso de diverxencia,prevalecerán os criterios de cálculo previstos na segunda.4.3. A contribución solar será o maior dos valoresque corresponda á aplicación do Anexo II destaOrdenanza e normativa sectorial de aplicación paraunha radiación solar global media anual de 3,8kW-h/m 2 .4.4. A contribución solar será en todo caso cuantificadaen termos de emisións de CO2 evitadas,que deberán ser iguais ou superiores ás «emisións aevitar» definidas no Anexo III da Ordenanza.Artigo 5. Garantía do cumprimentodesta Ordenanza.5.1. Todas as construccións ou usos ós que, segundoo artigo 2, élles aplicable esta Ordenanza deberánincluír na solicitude da licencia de obra axustificación do seu cumprimento no relativo á instalaciónde captación de enerxía solar para AQS oudas solucións alternativas ambientalmente equivalentes,segundo o Anexo III. Tal xustificación deberárealizarse nos termos e conforme coas prescriciónse modelos que determine o Concello.5.2. O proxecto da instalación virá subscrito portécnico competente e visado polo Colexio Oficialrespectivo. Poderá constituir un apartado específicodo proxecto de obras ou ben un proxecto independentee, en todo caso, deberá presentarse obrigatoriamenteco proxecto de execución. A súa estructurarespostará ós criterios xerais na redacciónde proxectos e conterá como mínimo a seguinte documentación:a) Memoria, na que conste:I. Xustificación da solución adoptada.II. Configuración básica da instalación.III. Descrición xeral das instalacións e osseus compoñentes.IV. Criterios xerais de deseño: dimensionadobásico, deseño do sistema de captación,con xustificación da orientación, inclinacióne sombras.V. Criterios de integración arquitectónica.VI. Descrición do sistema de enerxía auxiliar.VII. Xustificación dos parámetros especificadosnesta Ordenanza.b) Planos, incluíndo esquema do sistema decaptación co seu dimensionado.c) Prego de prescricións técnicas.d) Orzamento das instalacións.5.3. Para o outorgamento da licencia de primeiraocupación ou funcionamento, logo de rematadasas obras, esixirase a presentación dun certificado,emitido por técnico competente, acreditativo deque a instalación realizada resulta conforme coproxecto autorizado.5.4. Para o caso de que, de acordo co Regulamentode instalacións térmicas nos edificios(RITE), aprobado por RD.1751/1998, do 31 de xulloou a normativa posterior aplicable, a instalaciónnon precise de proxecto, este substituirase pola documentaciónpresentada polo instalador nas condiciónsque se determinen regulamentariamente (actualmente:instrucción técnica ITE 07 RITE), debendoigualmente quedar xustificado na Memoria ocumprimento da Ordenanza.De se optar, conforme co artigo 8 desta Ordenanza,por introducir solucións alternativas distintasós captadores de enerxía solar, estarase nestepunto ó disposto na regulamentación sectorial correspondente.Artigo 6. A mellor tecnoloxía dispoñible.6.1. A aplicación desta Ordenanza estará acordeen cada caso coa mellor tecnoloxía dispoñible, entendendopor tal aquela que permita acadar os obxectivosambientais da Ordenanza.6.2. No caso de aplicación dos criterios de excepcionalidadeprevistos no artigo 8, o Concello poderáesixir a utilización de tecnoloxías melloresque permitan achegarse o máximo posible ó obxectivofinal de reducción de emisións de CO2.6.3. O Concello dictará as disposicións adecuadaspara adaptar as previsións técnicas da Ordenanzaós cambios tecnolóxicos que se poidan producir.6.4. En todo caso, a incorporación de calquerasistema ó abeiro desta Ordenanza non poderá causarinconveniente adicional ningún ós usuarios, ninfacer incorrer en sobrecustes de explotación maioresque os que correspondan ás tecnoloxías convencionaisdispoñibles.Artigo 7. Responsables do cumprimentoda Ordenanza.Serán responsables do cumprimento do establecidonesta Ordenanza o promotor da construcción


8 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006ou reforma, o propietario do inmoble afectado ouben o facultativo que proxecta e dirixe as obras noámbito das súas facultades. Tamén será suxeitoobrigado pola Ordenanza o titular das actividadesque se leven a cabo nas edificacións ou construcciónsafectadas.Artigo 8. Criterios de excepcionalidade.8.1. As instalacións solares deberán proporcionarun aporte mínimo fixado no Anexo II, en funciónda demanda. Poderase reducir xustificadamenteese aporte, ainda que tentando de aproximarseo máximo posible, nos seguintes casos:a) Cando se cubra esa porcentaxe de aporteenerxético mediante o aproveitamento deenerxías renovables, procesos de coxeneraciónou fontes de enerxía residuais procedentesda instalación de recuperadores de caloralleos á propia xeneración de calor da edificación,de forma que os beneficios ambientaisno seu conxunto, segundo o establecidono Anexo III, sexan equivalentes ós correspondentesá enerxía solar exclusivamente.b) Cando o emprazamento non conte con suficienteacceso ó sol por barreiras externas ómesmo.c) En obras de rehabilitación de edificacións ede adaptación de piscinas existentes, candoexistan limitacións non subsanables, derivadasda configuración preexistente ou da normativaurbanística que lle sexa de aplicación.d) En obra nova, cando existan graves limitacionesnon subsanables, derivadas da normativaurbanística aplicable, que faga evidentea imposibilidade de dispoñer de toda a superficiede captación necesaria.En todo caso, as obras de nova edificación eas demáis ás que se refire o artigo 2.1.a)desta Ordenanza, deberán proxectarse tendoen conta sempre, entre outras consideracións,a incidencia da construcción proxectadasobre o soleamento das edificacións colindantes.e) Cando se trate de inmobles suxeitos a algúnréxime de protección polo seu valor histórico,arqueolóxico, artístico ou cultural noscasos determinados polo órgano competenteencargado da súa protección.8.2. No caso de instalacións que se atopen noscasos b), c), d) e e) do apartado anterior, deberasexustificar a inclusión alternativa na edificación demedidas ou elementos que produzan unha reducciónde emisións de CO 2, equivalentes ás que se obteríanmediante a correspondente instalación solar,segundo o establecido no Anexo III da Ordenanza.As solucións propostas deberán, en todo caso,xustificarse en base á Análise de Ciclo de Vida(ACV), de acordo co precitado Anexo III.8.3. Poderán propoñerse solucións alternativas óemprego de captadores solares térmicos mediantecalquera outra tecnoloxía, sempre que se cumpransimultaneamente as dúas condicións seguintes:a) En calquera caso, o aporte solar mínimo nonpoderá ser inferior ó que estableza a normativasectorial de aplicación de ámbito autonómicoou estatal.b) Que se inclúan na actuación outras tecnoloxías,tanto activas como pasivas, que proporcionenunha reducción de emisións equivalentesás que se obterían mediante a captaciónsolar resultante de aplicar o Anexo II. Aequivalencia de emisións xustificarase enbase á ACV, segundo o que establece o AnexoIII da Ordenanza.Tales solucións alternativas deberán estar amplamentexustificadas a xuízo do órgano municipalcompetente, quen poderá esixir todas as aclaraciónsque estime oportunas a fin de garantir o cumprimentodos obxectivos desta Ordenanza.Toda a documentación achegada deberá estarsubscrita por técnico competente en materia deenerxía e visada polo colexio oficial correspondente,na que declarará a conformidade das instalaciónscos criterios de deseño da Ordenanza.8.4. Procederá eximir da obrigatoria instalaciónde captación solar para usos térmicos cando así odetermine o órgano competente en materia de proteccióndo patrimonio histórico, arqueolóxico, artísticoou cultural.Artigo 9. Requisitos das instalacións.9.1. As instalacións de enerxía afectadas poresta Ordenanza deberán cumprir a normativa sectorialvixente en cada momento, e resúltalles especialmenteaplicable a L.21/1992, do 16 de xullo, deIndustria (Arts. 30 e ss.), no tocante ó réxime de infracciónse sancións, e o RITE.9.2. As condicións de deseño e cálculo das instalaciónsde enerxía solar, así como a demanda deAQS, deberán quedar suficientemente xustificadasno proxecto da instalación citado no artigo 5, mediantea utilización de procedementos de recoñecidasolvencia e parámetros baseados na normativasectorial aplicable. Considérase adecuada para talfin a utilización do Prego Oficial de CondiciónsTécnicas do IDAE (Instituto para a Diversificacióne Aforro da Enerxía). En todo caso, non poderánser inferiores ós que se inclúen no Anexo I destaOrdenanza.9.3. No caso de optar por tecnoloxías diferentesda captación solar para fins térmicos, o proxectoincluirá igualmente o cálculo da demanda de AQSe valorarase o aporte solar correspondente en ter-


Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 9mos de emisións evitadas en base á ACV. As condiciónsde deseño e cálculo das instalacións deberánigualmente quedar xustificadas no proxecto.Artigo 10. Protección da paisaxe.10.1. Ás instalacións reguladas nesta Ordenanzasonlles de aplicación as normas urbanísticas destinadasa impedir a desfiguración da perspectiva dapaisaxe ou prexuízos á harmonía paisaxística ouarquitectónica e tamén a preservación e proteccióndos edificios, conxuntos, contornos e paisaxes incluídosnos correspondentes catálogos ou plans urbanísticosde protección do patrimonio.10.2. Para outorgar a licencia de obra verificarasea adecuación das instalacións ás normas urbanísticase valorarase a súa integración arquitectónicanos termos previstos no apartado seguinte, asícomo os seus posibles beneficios e prexuízos ambientaissegundo o Anexo III.10.3. A instalación de paneis nas edificaciónsdeberá axustarse ás seguintes condicións de integraciónarquitectónica:a) Cubertas inclinadas: poderán situarse paneisde captación de enerxía solar nos faldóns decuberta, coa mesma inclinación destes e sensaírse do seu plano, harmonizando coa composiciónda fachada e do resto da edificación.b) Cubertas planas: os paneis solares deberánsituarse dentro da envolvente formada porplanos trazados a 45 º desde os bordes do últimoforxado e un plano horizontal situado a375 cm de altura, medido desde a cara superiordo último forxado, segundo as figuras1.a] e 1.b]. O peto de protección de cubertadeberá prolongarse con proteccións diáfanasesteticamente acordes co lugar, sen formarfrontes opacos continuos, ata a altura máximado panel.Non será necesario prolongar o peto citado sempreque a distancia (d), medida desde a parte máispróxima do panel ó plano de fachada, sexa igual ousuperior que a distancia existente (h) entre a carasuperior do forxado de cuberta e a parte máis altado panel.Figura 1.a].Figura 1.b].c) Fachadas: poderán situarse paneis de captaciónde enerxía solar nas fachadas, coamesma inclinación destas e sen saírse do seuplano, harmonizando coa composición da fachadae do resto da edificación.d) Para o caso de inmobles suxeitos a algún réximede protección, a solución que se apliqueserá a que dictamine favorablemente o órganocompetente en materia de protección dopatrimonio arqueolóxico, histórico, artísticoe cultural.10.4. O solicitante poderá propoñer calqueraoutra solución para a implantación de paneis solaresdistinta das anteriormente sinaladas, sempre ecando poña de manifesto os criterios de integraciónarquitectónica e paisaxística considerados, deforma que a instalación non resulte antiestética, inconvenienteou lesiva para a imaxe da cidade.


10 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 — Miércoles 11 enero 200610.5. Queda prohibido expresamente o trazadovisible por fachadas de calquera tubería e outrascanalizacións que sirvan á instalación, a non serque se achegue no proxecto, de forma detallada, soluciónconstructiva que garanta a súa adecuada integraciónna estética da edificación, sen prexuízodo que estableza ó respecto o Plan Xeral de OrdenaciónMunicipal (PXOM).10.6. En obras de nova planta e substitución, odeseño e composición da edificación terá en contaas condicións de inclinación e orientación máis favorablespara o rendemento óptimo dos paneis decaptación de enerxía solar.Artigo 11. Empresas instaladoras.As instalacións serán realizadas por empresasinstaladoras conforme co previsto na normativasectorial de aplicación. Soamente poderán empregarseelementos homologados por unha entidadedebidamente autorizada. No proxecto de instalacióndeberán sempre achegarse as característicasdos elementos que a compoñen.Artigo 12. Deber de conservación.12.1. O propietario da instalación e/ou o titularda actividade que se desenvolva no inmoble deberáconservar as instalacións reguladas nesta Ordenanzaen bo estado de seguridade, salubridade e ornatopúblico.12.2. O deber de conservación da instalación implicao seu mantemento, mediante a realización dasmedicións periódicas e as reparacións que sexanprecisas para preservar as súas condicións de funcionalidade,seguridade, salubridade e ornato público,incluidos os elementos soporte das mesmas.12.3. Todas as instalacións que se incorporen encumprimento desta Ordenanza deberán dispoñer deequipos axeitados que permitan comprobar o correctofuncionamento do sistema. Deberá existir unindicador de funcionamento anormal do sistemanun lugar que posibilite a rápida detección dos defectosque se poidan producir.12.4. Serán responsables do mantemento da instalaciónos seus propietarios ou titulares, con independenciade que a súa utilización sexa individualou colectiva.12.5. Para facilitar a comprobación do correctofuncionamento do sistema, as operacións realizadaspola empresa de mantemento deberán quedar debidamenterexistradas no libro de mantemento dainstalación, de acordo co disposto na normativasectorial aplicable.Artigo 13. Inspeccións, requirimentose ordes de execución.13.1. Os servicios técnicos municipais teñenplena potestade de inspección sobre as instalaciónsreguladas nas edificacións incluidas no ámbito deaplicación desta Ordenanza.13.2. De observaren anomalías na instalación ouno seu mantemento, os servicios técnicos municipaiscorrespondentes realizarán os requerimentosnecesarios e, de ser o caso, dictarán as ordes deexecución que se consideren necesarias para aseguraro cumprimento desta Ordenanza.Artigo 14. Medidas cautelares.14.1. A Alcaldía-Presidencia é o órgano competentepara ordenar a revisión das licencias, asícomo para a suspensión das obras en edificacións eusos nas mesmas nos casos de incumprimento daOrdenanza.14.2. A orde de suspensión irá precedida, entodo caso, dun requirimento ó responsable dasobras, no que se establecerá o prazo oportuno parao cumprimento das obrigas derivadas desta Ordenanza.Artigo 15. Axudas.15.1. De acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias,o Excmo. Concello de Vigo poderá aprobarunha liña de axudas, co obxectivo de facilitar aaplicación da presente Ordenanza.15.2. Ademais, ó abeiro do disposto no artigo103.2.b) do RDLex.2/2004, do 5 de marzo, polo quese aprobou o Texto refundido da Lei reguladoradas Facendas locais, o Concello poderá establecerna correspondente ordenanza tributaria unha bonificaciónde ata o 95% sobre a cota o Imposto deConstruccións, Instalacións e Obras a favor dasconstruccións, instalacións ou obras que, non resultandoobrigadas pola presente Ordenanza, incorporensistemas para o aproveitamento térmico oueléctrico da enerxía.Artigo 16. Planeamento urbanístico.16.1. A modificación e desenvolvemento do planeamentourbanístico vixente a partir da data deentrada en vigor desta Ordenanza deberá considerara eventual variación das condicións de soleamentoque se poidan producir no seu contorno e, seé o caso, adoptar ou propoñer a adopción das medidasnecesarias para non prexudicar ás instalaciónssolares preexistentes.16.2. Os instrumentos e actuacións urbanísticasde desenvolvemento do Plan Xeral de OrdenaciónMunicipal de Vigo deberán posibilitar a implantacióndas instalacións ás que se refire a presente Ordenanzanas mellores condicións técnicas posibles.Disposición adicional primeira.Coa finalidade de efectuar un seguimento daaplicación desta Ordenanza e de promover o seudesenvolvemento técnico, crearase unha Comisiónna que, xunto co Concello, participará a «Funda-


Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 11ción Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo(FAIMEVI)». Tamén poderán asistir, con voz perosen voto e previa invitación, representantes daquelasinstitucións e entidades directamente relacionadasco tema cando nas reunións da Comisión sevaian tratar asuntos do seu específico interese.Disposición adicional segunda.1. A «Fundación Axencia Intermunicipal daEnerxía de Vigo (FAIMEVI)» prestará ó Excmo.Concello de Vigo o asesoramento técnico e científicopreciso para a implementación desta Ordenanza;en particular, no tocante ó procedemento de autorizaciónadministrativa dos proxectos de instalaciónde captación de enerxía solar para AQS ou tecnoloxíasalternativas ambientalmente equivalentes segundoAnexo III, aplicación das mellores tecnoloxíasdispoñibles, formulación polos interesados de alternativasó emprego de captadores solarestérmicos ou á localización dos paneis solares nasedificacións.2. A estes efectos, subscribirase o oportuno conveniode colaboración entre as partes no que se fixarános termos e condicións desa colaboración.Disposición final primeira.1. A promulgación futura e entrada en vigor denormas de rango superior ó desta Ordenanza queafecten ás materias reguladas na mesma determinaráa aplicación automática daquelas, sen prexuízodunha posterior adaptación, no que fose necesario,da Ordenanza.2. Con todo, as súas determinacións específicas,adaptadas ás particulares condicións climáticas,demográficas e urbanísticas da cidade de Vigo, rexeráncomo complementarias das normas que poidandictar, no ámbito das súas competencias, o Estadoe a Comunidade Autónoma de Galicia.Disposición final segunda:Esta Ordenanza entrará en vigor ós seis (6)meses desde a publicación no Boletín Oficial daProvincia do seu texto aprobado definitivamente erexerá en tanto non se acorde a súa modificaciónou derrogación. Será, por tanto, aplicable a todosos proxectos afectados por ela, cuxa petición de licenciase presente con posterioridade a esa data,independentemente de cal sexa a de visado do proxectopolo respectivo Colexio Oficial.ANEXO I.CRITERIOS DE CÁLCULOA1.1. Cálculo da demanda.Para o cálculo da demanda de Auga Quente Sanitaria(AQS) tomaranse os valores de referencia a60 ºC da táboa seguinte:CRITERIO DE CONSUMOVolume de AQS diario (a60º C)Vivendas unifamiliares 30 litros Por persoaVivendas multifamiliares 22 litros Por persoaHospitais e clínicas 55 litros Por camaHoteis **** 70 litros Por camaHoteis *** 55 litros Por camaHoteis/Hostais ** 40 litros Por camaHostais/Pensións * 35 litros Por camaCamping 40 litros Por emprazamentoResidencias (anciáns, estudiantes, etc.) 55 litros Por camaVestiarios/duchas colectivas 15 litros Por servicioEscolas 3 litros Por alumnoCuarteis 20 litros Por persoaFábricas e talleres 15 litros Por persoaOficinas 3 litros Por persoaXimnasios 20 a 25 litros Por usuarioLavanderías 3 a 5 litros Por kg de roupaRestaurantes 5 a 10 litros Por comidaCafeterías 1 litros Por almorzoTáboa 1. Demanda de AQS de referencia a 60 °C


12 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006Para outros usos tomaranse valores contrastadospola experiencia ou recollidos por fontes de recoñecidasolvencia.No uso residencial o cálculo do número de persoaspor vivenda deberá facerse utilizando comovalores mínimos os que se relacionan a seguir:* Estudios dun único espacio ou vivendas de 1dormitorio: 1,5 persoas.* Vivendas de 2 dormitorios: 3 persoas.* Vivendas de 3 dormitorios: 4 persoas.* Vivendas de 4 dormitorios: 6 persoas.* Vivendas de 5 dormitorios: 7 persoas.* Vivendas de 6 dormitorios: 8 persoas.* Vivendas de 7 dormitorios: 9 persoas.* A partir de 8 dormitorios valoraranse as necesidadescomo se se tratase de hostais.3. Adicionalmente teranse en conta as perdas endistribución/recirculación da auga ós puntos deconsumo.4. Para o cálculo posterior da contribución oaporte solar anual, estimaranse as demandas mensuaistomando en consideración o número de unidadesde consumo (persoas, camas, servicios, etc.) correspondentesá ocupación plena, a non ser instalaciónsde uso turístico nas que se xustifique un perfilde demanda orixinado por ocupacións parciais.5. Tomarase como pertencente a un único edificioa suma de consumos de AQS de diversos edificiosexecutados dentro dun mesmo recinto, incluídostodos os servicios. Igualmente no caso de edificiosde varias vivendas ou usuarios de AQS, ósefectos de esta esixencia, considerarase a suma dosconsumos de todos eles.6. Cando se acredite que non existe ocupaciónningunha durante 185 días ó ano ou máis, unicamenteserá esixible unha preinstalación solar constituída,alomenos, polas canalizacións auxiliares etodos os elementos do subsistema hidráulico, a excepcióndas bombas. Neste caso deberá quedarxustificado no proxecto que se dispón dos espaciosnecesarios para acoller todos os compoñentes dosistema e que os elementos constructivos da edificaciónforon deseñados de forma que o sistemacompleto poida ser instalado sen alteración daconstrucción.Para o caso de que posteriormente se superaseaquel nivel de ocupación, será obrigatoria a instalacióncompleta do sistema.7. Para o caso que se xustifique un nivel de demandade AQS que presente diferencias de consumo demáis do 50% entre os diversos días da semana, consideraraseo consumo correspondente ó día medio da semanae a capacidade de acumulación será igual ó consumodo día da semana de maior demanda.A.1.2. Datos meteorolóxicos, térmicose xeográficos.As táboas seguintes recopilan unha serie de valoresde determinados parámetros que poden resultarnecesarios para os cálculos das instalacións obxectodesta ordenanza.No deseño de instalacións realizado conforme aparámetros diferentes, deberanse xustificar osdatos da radiación solar recibida mediante calqueraprocedemento analítico ou experimental cientificamenteadmisible, ou se foron obtidos dalgunhafonte oficialmente recoñecida ésta debe ser citada.Radiación Solar Global media diaria mensual e diaria anual 1


Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 131Datos relativos á estación meteorolóxica dePeinador (1982-1991). Fonte Ministerio deMedio Ambiente.2Fonte: Centro de Estudios da Enerxía Solar -Censolar.3Datos relativos á estación meteorolóxica dePeinador (4.2.1963). Fonte Ministerio deMedio Ambiente.4Valores medios 2002-2004 referidos á saídada ETAP do Casal. Fonte Aqualia.ANEXO II.CONTRIBUCIÓN SOLAR MÍNIMAA.2.1. AUGA QUENTE SANITARIA.Considéranse dous casos:1) Xeral: supoñendo que a fonte enerxética deapoio sexa gasóleo, propano, gas natural ououtras.2) «Efecto Joule»: supoñendo que a fonte enerxéticade apoio sexa enerxía eléctrica directapor efecto Joule.Demanda total da edificación (l/d) Aporte solar (%)0–50 050 – 6.000 306.000 – 7.000 357.000 - 8.000 458.000 - 9.000 529.000 - 10.000 5510.000 - 12.500 65> 12.500 70Táboa 1. Caso xeralDemanda total da edificación (l/d) Aporte solar (%)0-50 050 – 1.000 601.000 - 2.000 632.000 -3.000 663.000 - 4.000 69> 4.000 70Táboa 2. Efecto JouleA.2.2. Piscinas.A contribución solar será o maior dos valoresque corresponda á aplicación desta ordenanza ecalquera outra normativa sectorial de aplicación.En piscinas situadas en locais cubertos o quecementoda auga obterase mediante sistemas de enerxíasolar activa de baixa e media temperatura, conoutras fontes de enerxía renovables ou residuais,cubrindo alomenos, o 50% da demanda de enerxíatérmica anual, puidendo cubrir o resto con enerxíasconvencionais. En ningún caso poderá utilizarseenerxía eléctrica para o quecemento por efectoJoule como apoio das fontes anteriores.O quecemento das piscinas descubertas unicamentepoderá realizarse mediante sistemas deaproveitamento da enerxía solar ou fontes de enerxíaresiduais.ANEXO III.BENEFICIOS AMBIENTAISNeste Anexo detállanse os criterios en base ósque se rexerá o cálculo das emisións, para os casosnos que sexa de aplicación o establecido nos apartados2 e 3 do artigo 8 desta Ordenanza.A.3.1. Terminoloxía.GEI: gases de efecto invernadoiro. Segundo serecolle no Protocolo de Kioto, son os seguintes:* Dióxido de Carbono (CO2)* Metano (CH4)* Óxido nitroso (N2O)* Hidrofluor-carburos (HFCs)* Perfluoro -carburos(PFCs)* Hexafluoruro de xofre (SF6)Ás veces, utilízase tamén a denominación internacionalmenteaceptada GHG «Green House Gasses».g-CO2 equivalente: medida normalizada para asemisións, que cuantifica a diferente intensidade doefecto producido polos distintos gases responsablesdo efecto invernadoiro.ACV: siglas que se corresponden coa «Análise doCiclo de Vida». A ACV é unha ferramenta de xestiónambiental, que a través dunha visión global doproblema, permite analizar e comparar en modoobxectivo e sobre unha base científica productos,sistemas e/ou servicios desde o punto de vista ambiental.A ACV calcula e avalía todos os fluxos relevantesde materia e enerxía que entran e saen dosistema en estudio, tendo en conta todo o ciclo devida do mesmo, é dicir, desde a extracción de materiaprima da terra, o seu procesamento, transporte,elaboración do producto, o seu uso, e culminandoco seu reciclado, reuso e disposición final.PELET: é un combustible sólido obtido a partirde restos de madeira (viruta e serrín) que son prensadosa alta presión, sen ningún tipo de aditivo. Éun combustible natural e limpo, con alto poder caloríficoe que pode ser dosificado dunha formaexacta e automática.A.3.2. Referencia.Tomarase o gasóleo C como base de xeneraciónde enerxía térmica convencional. Para a xeneraciónde enerxía eléctrica considérase como base de cálculoo carbón.Entenderase por «emisións a evitar» a diferenciaentre as que se emitirían se o combustible utilizado


14 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 — Miércoles 11 enero 2006para a obtención de AQS fose íntegramente gasóleoC e aquelas que corresponderían á combinación degasóleo C e solar térmica nas porcentaxes establecidasno Anexo II da Ordenanza.Tomarase como base de cálculo das emisións aevitar os valores seguintes:Emisións GEI(g-CO2 equivalentes/ kW·h xenerado)Gasóleo C 338 (1)Solar térmica 6 (2)Fonte:(1) Suisse Office of Energy.(2) University of Sydney.A.3.3. Emisións ACV de diferentes tecnoloxías.As emisións GEI totais estimadas no punto anteriorpoderán ser evitadas mediante solucións distintasda enerxía solar térmica. Como referencia,inclúense os seguintes métodos alternativos:* Sistemas de xeneración eléctrica medianteenerxías renovables (enerxía fotovoltaica...).* Sistemas de xeneración térmica baseados entecnoloxías menos contaminantes que a dereferencia (sistemas de calefacción mediantecalderas de pelet, enerxía solar para solo radiante...).* Instalacións de coxeneración.* Medidas de aforro e eficiencia enerxética enxeral que repercutan nun aforro cuantificablede enerxía (maiores aillamentos, adopciónde criterios bioclimáticos...).* Calquera combinación das mesmas ou outraspropostas que produzan unha reducciónequivalente das emisións GEI «a evitar» calculadaspreviamente.Con independencia da natureza da solución proposta,será preciso cuantificar a súa influencia medioambientalen termos de emisións de CO2 equivalentes(GEI).Para o cálculo das emisións, referidas á ACV,tomaranse os valores das emisións GEI da táboa seguinte,que inclúe unha valoración das emisións dedistintas tecnoloxías, a relación en % respecto ócombustible base, gasóleo C, así como o efecto dasmesmas (- = reducción, + = aumento).Fontes: (1) Suisse Office of Energy(2) Joanneum Research (Austria)(3) University of California(4) University of SydneyNon obstante, poderase presentar calqueraoutra proposta ou plantexamento que, debidamentexustificado, con valores de referencia de fontesoficiais ou de recoñecido prestixio a xuízo do órganomunicipal competente, aporte uns beneficiosambientais igualmente cuantificables e equivalentesás emisións totais que deban ser evitadas segundoo exposto neste anexo.Vigo, 23 de decembro de 2005.—A Alcaldesa-Presidenta, Corina Porro Martínez. 2005012057

More magazines by this user
Similar magazines