13.07.2015 Views

título - Mulleres en Galicia - Xunta de Galicia

título - Mulleres en Galicia - Xunta de Galicia

título - Mulleres en Galicia - Xunta de Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

título[0]


índiceMapa de recursos para profesionais do ámbito xurídicoTraballando con persoas vítimas de trata e explotación sexual[0]


undoustrescatrocincoseisseteoitonovedezonceConcepto de trata de persoasDiferenzas entre o concepto de trata e o tráfico ilegal de inmigrantesRelación entre a trata con fin de explotación sexual e a prostituciónTrata de mulleres, explotación sexual e violencia de xéneroMarco normativoIndicios para detectar a vítimas de trata con fins de explotación sexualPerfil das mulleres vítimas de trata en EspañaModos de actuación das persoas e/ou redes de trata de mulleres en EspañaDereitos e obrigas das mulleres vítimas de trataO protocolo de actuación institucional sobre adopción de medidas deprevención, investigación e tratamento das mulleres vítimas de trata con finsde explotación sexuala / O réxime penal e procesual da trata de mulleres. Abordaxe no ámbitoxudicial e no ámbito de actuación das ONGMapa de recursos sociais[04][06][08][10][12][16][18][20][22][24][32]Edición: Xunta de GaliciaDeseño e redacción: Grupo OBZEva María Garabal Nieto. Politóloga / Ismael Blanco Bouza. SociólogoIria Romero Souto. Psicóloga / Vanessa Nistal Bodelón. Deseñadora[0]


A trata de seres humanos con fins de explotación sexual supón unhadas maiores violacións dos Dereitos Humanos ás que se enfronta aComunidade Internacional na última década e as súas repercusiónsson especialmente preocupantes para as mulleres, xa que millónsdelas acaban caendo en redes de explotación sexual.O “Protocolo para previr, reprimir e sancionar a trata de persoas, especialmentede mulleres e nenos/as” [Palermo,2000] define a tratade persoas no seu Artigo 3 do seguinte modo:Por “trata de persoas” entenderase a captación, o transporte, otraslado, a acollida ou a recepción de persoas, recorrendo á ameazaou ao uso da forza ou outras formas de coacción, ao rapto,á fraude, ao engano, ao abuso de poder ou dunha situación devulnerabilidade ou á concesión ou recepción de pagamentos oubeneficios para obter o consentimento dunha persoa que teña autoridadesobre outra, con fins de explotación. Esa explotación incluirá,como mínimo, a explotación da prostitución allea ou outrasformas de explotación sexual, os traballos ou servizos forzados, aescravitude ou as prácticas análogas á escravitude, a servidume oua extracción de órganos.Esta definición de trata pódese desagregar en tres elementosfundamentais:A acciónConsiste na captación, transporte, embarque ou recepción depersoas.Os medios utilizadosAmeaza, forza, engano, abuso de poder, vulnerabilidade,pagamento ou remuneración a alguén que exerza un controlprevio sobre a vítima.A finalidadePropósito de explotación tanto de tipo sexual, como mediantetraballos forzados, escravitude e prácticas similares ou extracciónde órganos.[0]


dousDIFERENZAS ENTRE O CONCEPTO DE TRATAE O TRÁFICO ILEGAL DE INMIGRANTES[0]


É moi común a confusión entre o tráfico ilícito de inmigrantes etrata de persoas xa que ambas se dedican a comerciar con persoas.Aínda así, debemos recalcar dúas grandes diferenzas entreambos os conceptos.O obxectivo da Trata é a explotación da persoa, en cambio no Tráficoo obxectivo está na entrada ilegal de inmigrantes [persoas indocumentadas]nun determinado país e o cobramento de cartospor este concepto. No caso da Trata non é indispensable que asvítimas crucen as fronteiras para que se configure o feito delituoso,fenómeno coñecido como “trata interna”, en cambio no Tráfico estecruzamento de fronteiras si é un elemento necesario [Federaciónde Mujeres Progresistas].Nacións Unidas define o trafico ilegal de inmigrantes como“Procedemento para obter, directa ou indirectamente, un beneficioeconómico da entrada ilegal dunha persoa nun país do que non énacional nin residente permanente”.Por este motivo é necesario ter claro a diferenza entre ambosos dous fenómenos que, aínda sendo situacións moitas vecescomplementarias, non sempre están relacionadas entre si, é dicir,o tráfico ilícito de inmigrantes non sempre desemboca en trata depersoas.Os factores que nos permiten distinguir ambos fenómenos son osseguintes:Consentimento: o tráfico ilegal de persoas, aínda que a miúdose desenvolve en condicións perigosas ou degradantes, implicao seu consentimento a poñerse en mans dos traficantes. Atrata non é consentida, ou de mediar consentimento, obtívosecon engano, coacción ou abuso.Explotación: o tráfico ilegal remata coa chegada das persoastraficadas ao seu destino. A trata implica unha posteriorexplotación da vítima coa finalidade de obter beneficios económicos.Transnacionalidade: o tráfico ilegal de emigrantes é sempretransnacional mentres que a trata pode producirse entredistintas zonas dun mesmo país.No que respecta á normativa estatal nesta materia, o artigo 318 bisdo Código penal, regulaba de forma uniforme a trata de seres humanose a inmigración clandestina unificando as dúas realidadescriminolóxicas en contra do disposto na normativa internacional.A necesidade de axustar a normativa española aos convenios internacionaisobrigaba a modificar a regulación desta materia, tipificandode xeito independente ambas figuras delituosas. Así, através da LO 5/2010, de 22 de xuño, de reforma do Código penal[que entrará en vigor o día 23 de decembro de 2010], regúlase atrata de seres humanos nun capítulo independente: o VII bis, no calse lle dá autonomía ao delito de trata de seres humanos que pasaa ser tipificado especificamente no artigo 177 bis, permanecendo odelito de inmigración clandestina regulado no artigo 318 bis.[0]


tresRELACIÓN ENTRE A TRATA CONFINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL E APROSTITUCIÓN[0]


A Comisión Mixta dos Dereitos da Muller e da Igualdade deOportunidades en 2007 recoñeceu tamén que “a prostitución e otráfico de persoas son fenómenos ligados e relacionados que nonpoden separarse”.Aínda que é certo que non todas as mulleres en situación de prostituciónou sometidas a calquera outra forma de explotación sexualforon obxecto de trata cos devanditos fins, resulta absolutamentenecesario non esquecer que a trata e a prostitución ou a explotaciónsexual, en calquera das súas manifestacións, se encontranfortemente interrelacionadas entre si.Por iso, dentro da violencia de xénero e da desigualdade en xeralentre homes e mulleres, a trata con fins de explotación sexual, aprostitución e outras formas de explotación sexual, teñen unhaespecial gravidade pois supoñen a redución máxima dunha persoaa un mero obxecto, e a persoa reducida a esta condición estáexposta a un trato vexatorio e mesmo violento.[0]


catroTRATA DE MULLERES, EXPLOTACIÓN SEXUALE VIOLENCIA DE XÉNERO[010]


Violencia contra a muller é todo acto de violencia baseado na pertenzaao sexo feminino, que teña ou poida ter como resultado un danoou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller.Como outras manifestacións da violencia contra as mulleres, a explotaciónsexual feminina caracterízase polas relacións de dominacióne explotación que os homes exercen sobre as mulleres, relacións dedesigualdade asentadas nos valores tradicionais do patriarcado.É necesario insistir en que os factores causantes da trata con finalidadede explotación sexual deben analizarse desde unha perspectivade xénero.A Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres,adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1993, recoñeceque a violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanose unha forma de discriminación contra as mulleres, e defíneano seu art. 1º como: “todo acto de violencia baseado na pertenza aosexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimentofísico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazasde tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade,tanto se ocorre na vida pública coma na vida privada”.E no seu art. 2º establece os actos que abrangue, aínda que senlimitarse a eles:abcA violencia física, sexual e psicolóxica que se produza na familia, incluídos os malostratos, o abuso sexual das nenas no fogar, a violencia relacionada coa dote, a violaciónpolo marido, a mutilación xenital feminina e outras prácticas tradicionais nocivaspara a muller, os actos de violencia perpetrados por outros membros da familiae a violencia relacionada coa explotación;A violencia física, sexual e psicolóxica perpetrada dentro da comunidade en xeral,inclusive a violación, o abuso sexual, o acoso e a intimidación sexual no traballo,en institucións educacionais e noutros lugares, a trata de mulleres e a prostituciónforzada;A violencia física, sexual e psicolóxica perpetrada ou tolerada polo Estado, ondequeira que aconteza.Así mesmo, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevencióne o tratamento integral da violencia de xénero no seu artigo 3 sobreformas de violencia de xénero expón como unha das formas de violenciao tráfico de mulleres:“O tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación, calquera quefose a relación que una á vítima co agresor e o medio utilizado”.Partindo da discriminación de orixe existente entre homes e mullerese da realidade social, podemos dicir que a maioría das persoas prostituídasson mulleres e os que maioritariamente consumen prostituciónson varóns, a trata de mulleres con fins de explotación sexual éunha forma de violencia de xénero.Deste modo, a discriminación das mulleres, a desigualdade nas relaciónsentre homes e mulleres e o modelo hexemónico de sexualidademasculina, son vitais á hora de comprender a explotación sexual demulleres.[011]


cincoMARCO NORMATIVOÁmbito internacional1948Declaración Universal dos Dereitos HumanosArtigo 4 “ninguén estará sometido a escravitude nin aservidume, a escravitude e a trata de escravos están prohibidasen todas as súa formas”1948Convenio das Nacións Unidas para a represión da trata depersoas e a explotación da prostitución alleaEstablece que a vítima deste tipo de delitos pode ser dunou doutro sexo e entende que a prostitución é unha formamáis de violencia.1979Convención para a eliminación de todas as formas dediscriminación contra as mulleres [cedaw]Recorda a obriga dos Estados parte de tomar medidas parasuprimir a trata e a prostitución de mulleres.2000Convención das Nacións Unidas contra o crime organizadotransnacional*[e protocolos adicionais contra o tráfico de Migrantes porTerra, Mar e Aire; e para previr, reprimir e sancionar a tratade persoas, especialmente das mulleres e as crianzas].Obriga aos estados parte ao desenvolvemento deprogramas de asistencia e protección ás vítimas.Amplía a conceptualización do delito de trata, o cal non secircunscribe unicamente á trata con fins de explotaciónsexual.*En España ratificáronse os seguintes Protocolos:- Protocolo para previr, reprimir e sancionar a trata de persoas, especialmentemulleres e crianzas, que complementa a convención das Nacións Unidascontra a Delincuencia Organizada Trasnacional [Instrumento de ratificaciónde 21/02/2002, publicado no BOE de 11/12/2003].- Protocolo contra o tráfico ilícito de emigrantes por terra, mar e aire, quecomplementa a Convención das Nacións Unidas contra a delincuenciaorganizada Trasnacional [Instrumento de ratificación de 21/2/2002 publicadono BOE de 10/12/2003].[012]


19961997199820022003200420052005Asemblea parlamentaria do Consello de Europa relativa áexplotación sexual da nenez/Comunicación da Comisiónsobre a loita contra o turismo sexualReforzan o compromiso da Unión Europea na loita contaos abusos e a explotación sexual de menores.Acción común relativa á loita contra a trata de seres humanose a explotación sexual de menoresSolicita aos Estados Membros unificar a normativa europeanesta materia para facilitar a loita contra estes delitose establecer un mellor sistema de cooperación xudicial.Comunicación sobre novas medidas no ámbito da loitacontra a trata de mulleres no prazo 2000-2004Novas medidas para loitar contra este delito.Pretende promover a participación de todas e todos osprotagonistas na loita contra este comercio.Decisión marco 2002/629/jai do Consello de 19/07/02Relativa á loita contra a trata de seres humanos.Plan De Acción Da OSCE* Aprobado Polo Consello MinisterialDe Mastrich, “Loitando Contra A Trata De Seres Humanos”Recolle a necesidade de cooperación entre os Estados asícomo a participación da Organización para a Seguridade ea Cooperación en Europa na erradicación desta lacra.Directiva 2004/81/ce do Consello, de 29 de abril de 2004relativa á expedición dun permiso de residencia a nacionais deterceiros países que sexan vítimas de trata de seres humanos ouforan obxecto dunha acción de axuda á inmigración ilegal, quecooperen coas autoridades competentes.Establece unha serie de regras e protocolos de actuación parapromover a cooperación entre as autoridades competentesde cada un dos estados parte da UE.Convenio europeo contra a trata de seres humanosFerramenta fundamental para a protección das vítimasdesde unha perspectiva de xénero.Propón unha acción integral contra a trata [respostapolítica coordinada en materia de xustiza, cooperaciónpara o desenvolvemento, seguridade, emprego ...].Plan da UE sobre melloras prácticas, normas e procedementospara loitar contra a trataSolicita aos Estados que velen polo respecto aos dereitoshumanos das vítimas de trata e loiten pola erradicación dacorrupción e da pobreza.Ámbito europeo*2003, PLAN DE ACCIÓN DA OSCE: España é un dos Estados participantes naaprobación deste plan.[013]


MARCO NORMATIVOÁmbito estatal1978Constitución españolaArtigo 15 “ Todos teñen dereito á vida e á integridade físicae moral, sen que en ningún caso, poidan ser sometidos atortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes”.Código penalArtigo 318 bis: DELITO DE INMIGRACIÓN CLANDESTINA[introducido pola LO 4/2000, de 11 de xaneiro sobre dereitose liberdades dos estranxeiros en España e a súa integraciónsocial].Artigo 117 bis: DELITO DE TRATA DE SERES HUMANOS[introducido pola LO 5/2010, de 22 de xuño, de reformado Código Penal, que entrará en vigor o día 23-12-2010]:a principal novidade deste artigo é a eliminación dorequisito transfronteirizo, de xeito que, coa entrada envigor deste precepto, poderanse perseguir como trata deseres humanos con fins de explotación sexual condutasque antes non podían englobarse neste delito, tales comoo tráfico de cidadás polo territorio Shengen [especialmenteo de búlgaras e romanesas], así como a venda ou cesióndo control de mulleres entre proxenetas.2008I Plan Nacional contra a trata con fins de explotaciónsexualRecolle medidas que pretenden sensibilizar á sociedadepara promover reaccións de “tolerancia cero” contra osactos delituosos relacionados coa trata, combater as súascausas a través de políticas activas de cooperación cospaíses de orixe, tránsito e destino, contar coas ONGs parao desenvolvemento de medidas desde unha perspectivaintegral, asegurar a asistencia e protección á vítima e loitarcontra os traficantes e proxenetas.[014]


Reformas na lexislación de estranxeiríaMotivadas pola transposición ao ordenamento xurídicoespañol de dúas normas europeas:Directiva 2004/81/CE do Consello, de 24 de abril, de2004 relativa á expedición dun permiso de residencia anacionais de terceiros países que sexan vítimas de trata deseres humanos ou foran obxecto dunha acción de axudaá inmigración ilegal, que cooperen coas autoridadescompetentes.Convenio europeo de loita contra a trata de seres humanosasinado en Varsovia o 16 de abril de 2005.LO 2/2009, de 11 de decembro, que modifica a LO4/2000, de 11 de xaneiro, sobre Dereitos e Liberdadesdos estranxeiros.art. 59 bis: establece medidas de protección paravítimas de trata de seres humanos.Como consecuencia da entrada en vigor deste artigo,a Secretaría de Estado de Seguridade do Ministeriodo Interior ditou a Instrución 1/2010 cuxa finalidadeé elaborar un protocolo de actuación eficaz destinadoa identificar ás vítimas de trata, ofrecerlles a posibilidadede acollerse ao período de reflexión e decolaborar coa administración de xustiza na persecucióndos culpables, así como de optar entre a obtencióndun permiso de residencia e traballo ou ben deregresar ao seu país en condicións dignas.Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e otratamento integral da violencia de xénero.Recolle como unha forma de violencia de xénero o tráficode mulleres e nenas con fins de explotación, calqueraque fose a relación que una a vítima co agresor e o medioutilizado.GaliciaProtocolo de actuación institucional sobre adopción demedidas de prevención, investigación e tratamento dasmulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual.[015]


seisINDICIOS PARA DETECTAR A VÍTIMAS DE TRATA CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUALA situación de cada vítima de trata pode ser diferente, pero existencertos comportamentos ou situacións que son comúns e permitenque, a través de certos indicios, se poida detectar unha situaciónde trata.A Red Española contra la trata de personas recolle toda unha seriede indicios que aínda que por si mesmos non poden determinarun caso de trata, poden axudar a saber que a persoa pode estarcontrolada por outra, e polo tanto estar alerta.Indicios xeraisCarencia ou falsidade de documentos de identidade [en especial o pasaporte]e de inmigración [visados, permisos de residencia, etc.].Ausencia ou escaseza de diñeiro, xa que é controlado polo tratante ouproxeneta.Incapacidade de mudarse a outro sitio ou deixar o seu traballo.Illamento dos seus familiares.Custe excesivo pagado polo seu viaxe, normalmente en forma de débeda.Illamento social: limitación do contacto con persoas alleas aos tratantes.Incapacidade ou dificultades para comunicarse no idioma do país, se xaleva moito tempo nel.Sufrimento de abusos verbais ou psicolóxicos co fin de intimidar,degradar ou atemorizar.Indicios relativos ao seu contornoMedidas extremas de seguridade no establecemento no que“traballa”, incluíndo ventas con barrotes, portas aseguradas,ubicación illada, vixilancia electrónica, etc. Nunca se ve a mulleresabandoando estas instalacións a menos que estean escoltadas.As vítimas viven no establecemento no que “traballan”, como oprostíbulo ou o club, ou son transportadas baixo vixilancia dassúas vivendas ao seu lugar de “traballo”.As vítimas son mantidas baixo vixilancia en público. Así mesmo,en ocasións, un dos tratantes actúa como tradutor.Indicios condutuais non verbaisPresentan unha aparencia desaliñada, descoidada, así como rastrosde maltrato.Nótaselles ansiosas, con medo e especialmente susceptibles ouimpresionables.Están extremadamente nerviosas; en especial, se as acompañaalguén que pode formar parte da trata.[016]


Indicios verbaisPoden expresar medo e preocupación pola súa situación ou polada da súa familia, ben sexa no país de orixe ou outro.Respostas evasivas e que amosan temor, especialmente se asacompaña o que podería ser o seu tratante ou parte da rede criminal.Indicios na saúde física da vítimaDesnutrición, deshidratación e escasa hixiene persoal.Infeccións e enfermidades de transmisión sexual.Contusións, ósos rotos ou outros sinais.Sinais de violación ou abuso sexual.Enfermidades graves, incluíndo diabetes, cancro ou enfermidadescardíacas, que non están recibindo tratamento.Signos visibles de cortes, mazaduras, queimaduras.Malas condicións de saúde en xeral.Indicios na saúde mental da vítimaEstrés postraumático ou alteracións psicolóxicas [trauma, depresión,ansiedade].Trastornos de personalidade, adaptativos, relacionados coaadicción a drogas e alcohol, amnésicos, disociativos, do sono.Os síntomas ou manifestacións máis frecuentes poden ser: doresde cabeza, alteracións do sono, sobresáltase con facilidade, tremoresnas mans, aparencia nerviosa ou preocupada, chora con facilidade,dificultade para ter as ideas claras, falta de autoestima, perdade interese nas cousas, pensamentos de suicidio, fatiga xeneralizada,malestar no estómago, adicción a tóxicos e alcohol.[017]


setePERFIL DAS MULLERES VÍTIMAS DETRATA EN EXPAÑA[018]


O fenómeno da trata en España é sumamente diverso e variado,polo que soamente podemos dar algunhas pinceladas que nosaxuden a describir o perfil dunha muller que está sendo vítima detrata.Lugar de orixe das vítimasEn España pódense atopar persoas vítimas de trata de calqueraparte do mundo, e aínda que son maioritariamente deBrasil, Bulgaria, Colombia, Ecuador, Nixeria, Romanía, Rusiae Ucrania, pódense atopar mulleres doutras nacionalidadesde países de Europa do Leste, África Subsahariana, AméricaLatina e Asia.Tamén é significativa a presenza de mulleres transexuais ehomes, procedentes principalmente de Brasil e Ecuador.IdadeA maioría das vítimas de trata en España son mulleres entre18 e 30, anos aínda que non podemos deixar excluídas a mulleresfóra deste rango de idade, xa que a pesar das dificultadespara identificar a menores de idade pódense atopar casoscon relativa frecuencia.Situación das mulleresMoitas destas mulleres poden ter cargas familiares no seupaís, circunstancia que é coñecida moitas veces polos tratantese, en moitas ocasións, utilizada como ameaza.Os tratantes buscan a mulleres especialmente susceptibles deengano, como por exemplo, aquelas que están pensando naposibilidade de migrar pero non teñen recursos suficientes.Estas situacións de necesidade, unidas a outros factores quese poden dar nos países de orixe, como pobreza ou criseseconómicas, favorecen a actividade das persoas ou redes detratantes.Nalgúns casos, as mulleres veñen a España sabendo que vanter que exercer a prostitución durante un período de tempo,pero as condicións iniciais acordadas non teñen nada que vercoa situación de escravitude na que se atopan unha vez nolugar de destino.Lugares onde as mulleres son explotadas sexualmenteA situación de explotación na prostitución pode ter lugar tantoen lugares abertos, rúas, estradas, parques, etc. onde hai unhamaior visibilidade, como en lugares cerrados e menos accesible,como clubs, pisos e casas de masaxes.[019]


oitoMODOS DE ACTUACIÓN DAS PERSOAS E/OUREDES DE TRATA DE MULLERES EN ESPAÑA[020]


En España operan redes criminais organizadas ben estruturadas,con vínculos con outros sectores do crime organizado internacional,que adoitan ter un modo de actuar moi violento e someten ásmulleres a un estrito control.Por outro lado, tamén existen grupos de persoas que, sen poderser consideradas redes criminais organizadas, póñense de acordopara a comisión deste delito e teñen baixo o seu control a variasmulleres sometidas a explotación.A forma de captar a mulleres pode variar considerablemente, ás vecesunha muller vítima de trata ten que captar a unha ou dúas mulleresmáis para saldar a súa débeda e recuperar a súa liberdade.Os tratantes de persoas utilizan diversas técnicas para manterescravizadas ás súas vítimas, algunhas destas son:Servidume por débeda: obrigas financeiras, compromisode honra de satisfacer a débeda.Illamento: limitación do contacto con persoas alleas e coafamilia.Confiscación de pasaportes, visados ou documentos deidentidade.Violencia física, psicolóxica ou sexual contra as vítimas oucontra a súa familia, así como a ameaza de aplicala.Ameaza de deshonrar ás vítimas revelando as circunstanciasá familia.Atemorizar e manipular ás vítimas facéndolles crer que sese poñen en contacto coas autoridades serán presas e deportadaspor violar disposicións de inmigración.Control dos cartos das vítimas.[021]


noveDEREITOS E OBRIGAS DAS MULLERES VÍTIMAS DE TRATA[022]


A continuación, descríbense unha serie de dereitos e obrigas paraa vítima de trata que pasamos a enumerar:DereitosabcdefRecibir información nun idioma quecomprendan.A que se lles proporcione aloxamentoapropiado, alimentación e se facilite asúa hixiene persoal, ao igual que aosseus fillos e fillas menores de idade.Contar con asistencia psicolóxica, médicae xurídica gratuíta.A un período de reflexión mínimo dunmes de duración para valorar con serenidadee seguridade a posibilidadede colaborar coas autoridades na investigacióndo delito.A prestar testemuño en condiciónsespeciais de protección, e á protecciónfronte a toda posible ou efectivarepresalia (LO 19/1994, de 23 de decembro,de protección a testemuñas eperitos en causas criminais).A ser informada das actuacións, dasmedidas adoptadas e das consecuenciasdo proceso.ghilmA personarse, ser oída e que se teñaen conta a súa opinión en todas asetapas do proceso.A que se protexa a súa identidade eintimidade.A iniciar procedementos para a restitucióndos seus dereitos e obtenciónde indemnizacións (Lei 35/1995 do 11de decembro, de axuda e asistenciaás vítimas dos delitos violentos).A obter un permiso de residencia seexiste risco de regresar ao seu país deorixe, ou se se produce a colaboracióncoas autoridades xudiciais e fiscais,tras o período de reflexión.A que se lles facilite o retorno aoseu lugar de orixe en condicións deseguridade e dignidade e aplicandopreferentemente e sempre que sexaposible o retorno voluntario, así comoo dos seus fillos e o das súas fillasmenores de idade.ObrigasaColaborar coas autoridades competentes,unha vez tomada a decisión dedenunciar a súa situación, en relacióncoas circunstancias de captación e domodo de actuación explotadora dostraficantes.cdNon retomar o contacto cos seusexplotadores.Obriga de colaborar de forma leal enon fraudulenta.bPersistencia no testemuño, para evitarque a retractación do mesmo poidadar lugar á perda dos dereitos relativosa súa permanencia en España.[023]


dezO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN INSTITUCIONALSOBRE ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE PREVEN-CIÓN, INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DASMULLERES VÍTIMAS DE TRATA CON FINS DEEXPLOTACIÓN SEXUAL[024]


Galicia conta cun protocolo especifico para combater o tráfico depersoas, asinado pola Xunta de Galicia e a Fiscalía Superior deGalicia.http://igualdade.xunta.es/node/815Coa finalidade de implementar medidas destinadas a previr a tratade mulleres para a explotación sexual e asistir ás súas vítimas, oprotocolo marca unhas pautas básicas de actuación nos procesosemprendidos nesta materia, así como, a creación dun programade Prevención e Asistencia de estrutura pública, especificamentedirixido ás Vítimas da Trata de Persoas, no ámbito galego.Dito protocolo é unha ferramenta que pretende xuntar esforzosentre as autoridades xudiciais e fiscais, así coma das Forzas deSeguridade para instaurar indicadores comúns de actuación quefavorezan unha mellor coordinación e intervención do fenómeno ea súa condena, permitindo a optimización dos recursos e servizosdispoñibles no territorio da nosa Comunidade Autónoma.Así, segundo se recolle no Protocolo, a trata de seres humanoscon fins de explotación sexual require unha abordaxe desde catroperspectivas:PrimeiraDESDE A PERSPECTIVA DA PROBLE-MÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERODebe considerarse como unproblema de Violencia deXénero, xa que neste negociode índole sexual, o corpoda muller é tratado comoobxecto de consumo.SegundaDESDE A PERSPECTIVA QUE SUPÓN APROBLEMÁTICA DA PROSTITUCIÓNA prostitución é unha actividadedelitiva que busca lucrarsecomerciando coa muller e, enconsecuencia, vulnerando gravementeos seus dereitos fundamentaise a súa dignidade.DESDE A PERSPECTIVA DADIMENSIÓN DO FENÓMENOTrátase dun fenómeno trasnacionalno que están implicadasdiferentes redes e mafiasque interveñen nos paísesde orixe, de tránsito e no dedestino.TerceiraDESDE A PERSPECTIVA DA IMPLICACIÓNDE DIFERENTES AXENTES NA LOITA EPERSECUCIÓN DESE DELITONa persecución deste delito éimprescindible a actuación devarios axentes, tanto xudiciais,coma policiais, laborais e sanitarios.Cuarta[025]


Con esta finalidade, o documento marca unhas pautas básicas deactuación e procedemento nos procesos emprendidos nesta materia,así como itinerarios de intervención de carácter máis específicopara os diferentes ámbitos involucrados en dita intervención.Para dotar dun maior coñecemento a persoas profesionais que interveñenneste ámbito profesional, a continuación recóllese informaciónsobre o réxime penal e procesual da trata de mulleres contidano protocolo.O RÉXIME PENAL E PROCESUAL DA TRATA DE MULLERESMedidas iniciais de investigación en relación coa trata de mulleres ecoordinación de actuacións.Ao longo deste apartado, preséntanse as pautas comúns de actuacióndo ámbito policial, ámbito da inspección laboral, ámbito xudicial,ámbito de cooperación institucional e ámbito de actuacióndas ONG.Ámbito policialÁmbito das ONGsMAPA DE RECURSOS SOCIAISÁmbito inspección laboralÁmbito xudicialÁmbito cooperación institucional[026]


1. Ámbito policialForzas e Corpos deSeguridade encargadasda investigación penaldo delitoFORZAS E CORPOS DESEGURIDADE QUE PRACTIQUENDILIXENCIA DE INSPECCIÓNRemisión do atestado á/ao Fiscaldelegada/o de estranxería daprovinciaIdentificación de posibles vítimasa través de indicadoresComunicación ao órgano xudicialcompetente para a instruciónTraslado á Comisaría en tres supostos:1 Se están indocumentadas23Se incorresen en infracciónda Lei de EstranxeiríaSe manifestan que desexandeclarar voluntariamente(Tamén coas mulleres estranxeirasque acudan voluntariamente aoXulgado e ás FFCCSS a interpoñerdenuncia).Recibirán tratamento propio de vítimas de delitos violentoscon carácter preferente á condición de estranxeiría irregularAxuizamento criminal, Lei 19/1994 de protección de testemuñase ocultación de identidade, (Convenio de Varsovia)A 1ª declaración será en condición de testemuñaElaboración atestado policial (remisión á Fiscalía e á autoridadexudicial competente e, de ser o caso, oficio policial á Inspecciónde Traballo)[027]


2. Ámbito de inspección laboralNo marco dunha investigación penalDilixencias de investigación noámbito das súas funciónsNo ámbito das súas competenciasActividade inspectoradetecta situación deCoñecemento inmediatoá Fiscalía de EstranxeiríaComunicación autoridadexudicial competente[028]


3. Ámbito xudicialTraslado da vítima Declaración testificalante xuíz/a competenteda vítima(se decide-preconstitución probacolaborar, unha vez-presenza Letrado/atranscorrido o período imputado/a1de reflexión)Preservar datos testemuña23Evitar comunicaciónvisual con imputado/aPráctica de dilixenciasOutorgamento dun estatutoespecial (se a vítima persiste nodesexo de colaborar)Contido dese estatuto:Comunicación á autoridade competente para tramitar permisos de residencia.Implantación/mantemento de medidas de asistencia, aloxamento, mantemento...Adopción/mantemento de medidas de asistencia, aloxamento, mantemento...Adopción/ratificación medidas LO 19/1994 e LO 35/1995Información á vítima da posible perda do Estatuto por incumprimento das súas obrigas.Comunicación a DEXTRA para evitar expulsións.Outorgamento dun estatutoespecial (se a vítima persisteno desexo de colaborar)Traslado da vítimaante xuíz/a competenteDeclaración testificalda vítima1(se decide cola-borar, e volver ao paísde orixe, sen esperarperiodo de reflexión)2 3Práctica de dilixencias(urxencia e inmediatez)[029]


4. Ámbito de cooperación institucionalBRIGADA DE ESTRANXEIRÍAInforme periódico sobre:Relación de clubs existentes na provinciaInspeccións realizadasValoración risco existencia de mulleres traficadasINSPECCIÓN DE TRABALLOInforme anual de actas de inspección levantadasAUTORIDADES SANITARIASInforme sobre condicións de hixiene e saúde dos locaisque desenvolvan estas actividadesONGsInformes relativos a mulleres en situación de trataSección de estranxeiría da Fiscalía Provincial[030]


5. Ámbito de actuación das ONGEn relación . coavítimaInformala sobre a posibilidade de colaboracióncoas autoridades.Informala sobre os seus dereitos e obrigas.Informala sobre as consecuencias do cesamentoda colaboración.En relación conoutros órganosPoderán transmitirlle de forma reservada áBrigada de Estranxeiría a información que amuller lle facilite.Informar a autoridade xudicial competente oua Fiscalía de estranxeiría das lesións físicas oupsicolóxicas da vítima.Remitir informes ao xulgado ou fiscalía competentessobre incidencias na estancia da vítimanos centros de aloxamento.En relación coasúa intervenciónConservar baixo a súa custodia os datosnecesarios para a localización da vítima.Velar, xunto cos organismos competentes daXunta, porque as/os letradas/os designadas/ossexan persoas alleas aos explotadores.Acoller e asistir tamén os fillos e as fillas da vítimamenores de idade.Para un maior coñecemento sobre a actuación e recursos dosque dispoñen as ONG e outras entidades en Galicia, recóllesea continuación unha ficha de actuación de cada unha dasentidades.[031]


MAPA DE RECURSOS DAS ENTIDADES QUE OPERAN NO TERRITORIO DE GALICIAUNIDADE MÓBILMÉDICOS DO MUNDOCÁRITAS DIOCESANAS DE OURENSEVAGALUME CÁRITAS- OBLATASA. FARAXAO´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLADORATRICES DE OURENSEECOS DO SURCRUZ VERMELLA LUGOATENCIÓN PSICOLÓXICAECOS DO SURA. FARAXAVAGALUME CÁRITAS - OBLATASO´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLCÁRITAS DIOCESANA DE OURENSEADORATRICES DE OURENSEFORMACIÓNECOS DO SURVAGALUME CÁRITAS - OBLATASO´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLCRUZ VERMELLA LUGOATENCIÓN E INTEGRACIÓN SOCIALECOS DO SURVAGALUME CÁRITAS - OBLATASA. FARAXAO´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLCÁRITAS DIOCESANA DE LUGOCÁRITAS DIOCESANA DE OURENSEACCEMCRUZ VERMELLA LUGOADORATRICES DE OURENSESENSIBILIZACIÓN E INFORMACIÓNECOS DO SURA. FARAXAO MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLACCEMMEDICOS DO MUNDOCÁRITAS DIOCESANAS DE OURENSEVAGALUME CÁRITAS - OBLATASADORATRICES DE OURENSEACOLLIDAVAGALUME CÁRITAS - OBLATAS (Centro de día ePiso de acollida)O´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROL (Centro de día)CÁRITAS DIOCESANAS DE LUGO (Centro de día)CÁRITAS DIOCESANAS DE OURENSE (Centro de día ePiso de acollida)ACCEM (Pisos de acollida)ADORATRICES DE OURENSEATENCIÓN SOCIOSANITARIAECOS DO SURMÉDICOS DO MUNDOA. FARAXAVAGALUME CÁRITAS - OBLATASO´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLCRUZ VERMELLA LUGOCÁRITAS DIOCESANAS DE OURENSEADORATRICES DE OURENSEATENCIÓN XURÍDICAECOS DO SURA. FARAXAVAGALUME CÁRITAS - OBLATASO´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLCÁRITAS DICESANA DE OURENSEADORATRICES DE OURENSECÁRITAS DIOCESANA DE LUGOORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORALECOS DO SURA. FARAXAVAGALUME CÁRITAS - OBLATASO´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLACCEMCÁRITAS DIOCESANAS DE OURENSECÁRITAS DIOCESANA DE LUGOADORATRICES DE OURENSECRUZ VERMELLA LUGOATENCIÓN FAMILIARA. FARAXAVAGALUME CÁRITAS - OBLATASCÁRITAS DIOCESANAS DE LUGOCÁRITAS DIOCESANAS DE OURENSE[032]


O´MENCER-HH.OBLATASDE FERROLECOSDO SURVAGALUMECÁRITAS-OBLATASACCEMCRUZVERMELLALUGOMÉDICOSDO MUNDOCÁRITASDIOCESANADE LUGOA. FARAXACÁRITASDIOCESANADE OURENSEADORATRICESOURENSEAACOLLIDAFFORMACIÓNU.MUNIDADE MÓBILO.I.LORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORALA.SATENCIÓN SOCIOSANITARIAA.I.SATENCIÓN E INTEGRACIÓN SOCIALA.PATENCIÓN PSICOLÓXICAA.FATENCIÓN FAMILIARA.XATENCIÓN XURÍDICAS.ISENSIBILIZACIÓN E INFORMACIÓN[033]


ACCEMÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosGalicia. Preferentemente concellos que pertencenao Consorcio das Mariñas (Abegondo, Arteixo,Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo,Oleiros, Sada).Atención e integración social (acompañamentona tramitación de documentación, informaciónsobre recursos sociais…).Sensibilización e información (divulgación dematerial, actividades de sensibilización noscentros de ensino…).Orientación e intermediación laboral (proxectosde inserción, busca de emprego, cursos deformación…).Acollida (piso de acollida con 10 prazas).Proporcionar atención e acollida a refuxiados/ase a persoas inmigrantes en España, promovendo asúa inserción social e laboral, e tamén a igualdadede dereitos e deberes de todas as persoas sexacal sexa a súa orixe, sexo, raza, relixión ou gruposocial.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico981 168 897981 168 909www.accem.esgalicia@accem.esEnderezoHorario de atenciónOutros datos de interesePraza de José Toubes, nº 1-2º 15007 San Pedro deMezonzo - A CoruñaLuns - mércores: 9:00 -14:00 / 16:00 -18:00h.Xoves - venres: 9:00 -14:00h.ACCEM ten un programa especializado na atencióna mulleres en risco de exclusión social, que dá coberturaa mulleres en situación de prostitución ouexplotación sexual, proporcionándolles recursosde acollemento, nalgún dos seus pisos e axudándoasá súa integración.A.I.S S.I O.I.L A[034]


ADORATRICES OURENSEÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosProvincia de OurenseUnidade móbil (achegamento a clubs ou a outroslugares onde as mulleres son prostituídas proporcionándollesinformación sobre a entidade esobre recursos).Atención sociosanitaria (información sobre enfermidadesde transmisión sexual).Atención e integración social (asesoramento eacompañamento en trámites burocráticos e administrativos).Atención psicolóxica (terapia, entrevistas…).Asesoramento xurídico (ordes de expulsión, trámitespara a regularización da súa situación, custodiade fillos/as, separación..).Orientación e intermediación laboral (como elaborarun curriculum, facer unha entrevista, bolsade traballo…).Sensibilización e información (concienciación ácidadanía sobre a problemática da explotaciónsexual).Acollida (piso de acollida con 7 prazas).O programa “Érguete Muller” ten como obxectivoa promoción e a atención integral das mulleres quese atopan en contextos de prostitución e facilitarcambios e alternativas que leven ás mulleres a viviren plena liberdade e autonomía.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico988 371 153 / 680 107 945988 371 153www.erguetemuller.orgadoratricesor@hotmail.comEnderezoHorario de atenciónOutros datos de intereseR/ Progreso nº 121- 32003 OurenseAtención 24 horasAs adoratrices de Ourense contan cunha casa deacollida para mulleres vítimas de malos tratos.U.M A.S A.I.S A.P A.X O.I.L S.IA[035]


A. FARAXAÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosComunidade autónoma de Galicia e algunhas zonasde León e Zamora.Unidade móbil (achegamento a clubs ou outroslugares onde as mulleres son prostituidas proporcionándollesinformación sobre a entidade e materialsociosanitario).Atención sociosanitaria (acompañamento na tramitaciónda tarxeta sanitaria, petición de consultasmédicas, información sobre interrupcións voluntariasdo embarazo…).Atención psicolóxica (terapia, entrevistas…).Atención e integración social (empadroamentos endomicilio social, acompañamento para a tramitaciónde NUSS, NIE …).Asesoramento xurídico (lei de estranxeiría, cartasde expulsión, asesoramento sobre divorcios,reagrupación familiar…).Orientación e intermediación laboral (axuda nabusca de emprego e de formación…).Axudar ás mulleres prostituidas a escapar da escravitudesexual á que se ven sometidas, e mellorar acalidade integral das súas vidas.Dar a coñecer e achegar á poboación, a realidadedas mulleres vítimas da violencia de xénero, e loitarcontra a discriminación e desigualdade por razónde xénero.ContactoTeléfonoPáxina WebEnderezo electrónico986 132 068 / 622 335 266www.asociacionfaraxa.blogspot.esasociacionfaraxa@hotmail.comEnderezoHorario de atenciónOutros datos de intereseR/ Ronda de Don Bosco, nº18 -1- 36202Vigo (Pontevedra)Luns - xoves de 10.00 -18.00 h.Consulta xurídica: xoves: 16.30 - 20.00 h.A Asociación Faraxa tamén organiza formación tantopara Centros de Ensino como outros de interesesocial sobre temas relacionados coa educación enigualdade, prevención da violencia, a prostitucióne a trata de persoas con fins de explotación sexual,educación afectivo-sexual e prevención de VIH/SIDAe outras ITS.U.M A.S A.P A.I.S A.X O.I.L[036]


CÁRITAS DIOCESANA DE LUGOÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosCidade de Lugo (Diócese de Lugo).Atención e integración social (acompañamento,orientación e información sobre outros recursossociais da comunidade).Acollida (centro de mañá).Asesoramento xurídicoAtención familiar (apoio escolar ás fillas e fillos dasmulleres, educación social nos fogares).Orientación e intermediación laboral (obradoiros debusca de emprego, de inserción laboral…).Formación (informática…).Mellorar a calidade de vida do colectivo de mulleresen situación de risco atendendo a todas as súas necesidades;iniciando con cada muller e a súa familiaun proceso de desenvolvemento persoal e colectivoorientado a: previr situacións de risco e a acompañare apoiar o proceso de desenvolvemento persoal efamiliar das mulleres en situación de necesidade.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico982 251 274 / 982 242 009982 242 199www.caritaslugo.esprogramamujer_lugo@yahoo.esEnderezoHorario de atenciónAv. das Américas, nº93 - 95 - 97 - LugoLuns a venres: 9.00 -14.00h.Outros datos de intereseCáritas Diocesanas de Lugo tamén lles proporcionaás mulleres servizo de comedor e de roupeiro.A.I.S A A.X A.FO.I.L F[037]


CÁRITAS DIOCESANA DE OURENSEÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosProvincia de OurenseUnidade móbilAtención sociosanitariaAtención e integración social (elaboración de plansde inserción social).Atención psicolóxicaAsesoramento xurídicoAtención familiarSensibilización e información (achegamento aoslugares onde se poden atopar estas mulleres paraque coñezan a entidade).Orientación e intermediación laboral (asesoramentoe realización de trámites necesarios para o accesoao mercado laboral).Acollida (piso de acollida e centro de día).Mellorar a calidade de vida daquelas mulleres quese atopan en situación de explotación sexual.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico988 244 650Teléfono 24 horas: 672 001 656988 236 819 / 988 244 650www.caritas.esal.umar@hotmail.comEnderezoHorario de atenciónPraza de Eironciño dos Cabaleiros, nº5 -1- 32005OurenseInverno: luns a venres: 8.30 -14.00 / 16.00 -19.00h.Verán: luns a venres: 8.30 - 15.00 h.Atención 24 horas en casos de emerxenciaOutros datos de intereseCáritas de Ourense tamén conta cunha escolainfantil de nenos/as entre 0 e 3 anos.U.M A.S A.I.S A.P A.X A.F S.I O.I.L A[038]


VAGALUME CÁRITAS-OBLATASÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosComarca de Santiago de Compostela.Atención sociosanitaria (acompañamento).Atención psicolóxicaAtención e integración socialSensibilización e información (denuncia social).Orientación e intermediación laboralAcollida (centro de día, piso de acollida )Unidade móbil (achegamento a clubs para proporcionarinformación de servizos, reparto de materialprofiláctico).Atención familiar (atención psicoeducativa, asesoramento,atención emocional).Formación prelaboralAchegarse e coñecer a realidade e o contextoda prostitución e a trata de persoas co fins deexplotación sexual.Ser un lugar de referencia onde as persoasencontren o seu apoio, información, orientación eunha forma diferente de verse e de sentirse.Facilitar o seu acceso ao mercado laboral e a unharede de apoio ampla e normalizada.Propiciar as condicións axeitadas para unha tomade decisións libre e informada.Acoller, identificar e acompañar a persoas obxetode trata sexual no proceso de recuperación.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico981 585 515Teléfono 24 horas: 627 404 814981 586 867www.caritas.eswww.centro-vagalume.orgpvagalume@gmail.comEnderezoHorario de atenciónOutros datos de intereseR/ Loureiros, nº 3, baixo. Santiago de Compostela(A Coruña)Luns -venres: 09:00 -14:00 / 16.30 - 19.30h.A entidade tamén conta cun centro de atenciónpara fillos e fillas de mulleres usuarias do centro.A.S A.P A.I.S S.I O.I.L A U.M A.F F[039]


CRUZ VERMELLA LUGOÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosCidade de LugoAtención sociosanitaria (asesoramento pararealizar probas sanitarias, entre elas revisiónsxinecolóxicas, detección do VIH, hepatite outuberculose, talleres de prevención da saúde…).Atención e integración social (Orientación,Información e Acompañamentos ós recursossociais da cidade ou derivación ós mesmos; asícoma axuda na tramitación de documentación).Unidade móbil (achegamento a Clubs para proporcionarinformación sobre o CIMI e reparto de materialde saúde sexual como medida de prevención).Orientación e Intermediación laboral (axuda nabusca de emprego, en estreita colaboración co Plande Emprego de Cruz Vermella en Lugo).Formación (castelán,informática,formación diversapara a mellora do desenvolvemento persoal).Prestar atención ás mulleres en situación de prostituciónpara mellorar a súa calidade de vida.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico982 231 613 / 982 230 315982 241 908www.cruzvermella.orglugo@cruzroja. essalud_lugo@cruzroja.esEnderezoHorario de atenciónCruz Vermella Lugo: Avda de Madrid s/n-LugoCentro de Información a Mulleres inmigrantes deCruz Vermella: R/ Cidade de Viveiro nº16 baixo-27004-LugoLuns - venres: 9:00 - 14:00h.Outros datos de intereseCruz Vermella Lugo posúe un centro específicode Información a Mulleres Inmigrantes, no que seantende a mulleres en situación de prostitución.A.S A.I.S U.M O.I.L F[040]


ECOS DO SURÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosÁmbito nacional. Sede na Coruña.Santiago de Compostela.Santa Comba.Negreira.Unidade móbil (achegamento a nucleos de prostituciónpara proporcionarlles información sobre aentidade).Asesoramento xurídicoOrientación e intermediación laboral (axuda nabúsca de emprego).Atención psicolóxicaAtención sociosanitaria (programas de prevenciónde enfermidades de transmisión sexual, probastuberculose, VIH-SIDA, asesoramento natramitación da tarxeta sanitaria).Sensibilización e información (xornadas de sensibilizaciónno eido educativo, feiras interculturais…).Atención e integración social (acompañamentosocial para a tramitación de documentación, informaciónsobre axudas).Formación (español, informática…).Contribuir á erradicación da exclusión social eda desigualdade na que se atopan as mulleresinmigrantes que son prostituídas.Propiciar a protección e integración das mulleresvítimas de trata con fins de explotación sexual, asícomo mellorar a súa integración social.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico981 150 118Uso exclusivo para o“Programa Afrodita”: 698 127 669981 168 349www.ecosdosur.orgwww.ecosdosur.blogspot.comong@ecosdosur.orgEnderezoHorario de atenciónOutros datos de intereseR/ Angel Senra, nº25, 1º- 15007 A CoruñaLuns a venres de 10.00 -14.00 h. / 16.00 - 20.00h.Atención 24 horas (Programa Afrodita).Posúen o Programa Afrodita, específico paraa intervención con mulleres vítimas de trata eexplotación sexual para mellorar o seu benestar eintegración social.U.M A.X O.I.L A.P A.S S.I A.I.S F[041]


MÉDICOS DO MUNDOÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosComunidade Autónoma de GaliciaUnidade móbil (achegamento a clubs ou outroslugares onde as mulleres son prostituída aproporcionarlles información sobre prevención deenfermidades de transmisión sexual).Atención sociosanitaria (programa de redución dedanos).Sensibilización e información (campañas de sensibilizaciónsobre a problemática sobre o terreo).Proporcionar acceso á saúde a todas as persoasindependentemente do seu lugar de nacemento,raza, condición social, sexual ou relixiosa.ContactoTeléfonoFaxPáxina WebEnderezo electrónico981 157 818 / 639 647 153981 578 182www.medicosdelmundo.orggalicia@medicosdelmundo.orgEnderezoHorario de atenciónR/Eduardo Pondal, nº2 - Baixo - 15702Santiago de Compostela (A Coruña)Luns a venres: 9.00 -15.00h.Outros datos de intereseIntervención dirixida á prevención de enfermidadesde transmisión sexual.U.MA.SS.I[042]


O´MENCER - HH.OBLATAS DE FERROLÁmbito xeográfico de actuaciónRecursos que ofrecenObxectivosComarcas de Eume e FerrolterraUnidade móbil (achegamento aos lugares ondeexiste prostitución para proporcionar recursos einformación).Atención sociosanitariaAtención psicolóxicaAsesoramento xurídicoAtención e integración socialAcollida (Centro de día).Sensibilización e informaciónOrientación e intermediación laboral (bolsa deemprego).Formación ocupacionalProporcionar unha atención integral á muller queexerce a prostitución e /ou se atopa en situación ourisco de exclusión social.ContactoTeléfonoFaxEnderezo electrónico981 358 562Teléfono 24 horas: 682 685 784981 353 889omencermuller@telefonica.nethoblatasferrol@terra.esEnderezoHorario de atenciónR/ Espartero, nº51 - 15401 Ferrol (A Coruña)Servizo de atención 24 horas.Luns - xoves: 9:00 -14:00 / 16:00 -19:00h.Venres: 9:00 -14:00h.Servizo de atención 24 horas.Outros datos de intereseA entidade establece unha boa coordinación coámbito policial e xurídico da cidade de Ferrol.U.M A.S A.P A.X A.I.S A S.I O.I.L F[043]


[044]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!