REVISTA ATURUXO
NÚMERO 6 (1ª Edición Dixital)
Menudo ano cheo de
aventuras!
Pasa a páxina e anímate a revivilas!
BENVIDOS AO PRIMEIRO NÚMERO DIXITAL DE ATURUXO
Como instalar un lector de
códigos QR no teu dispositivo?
Podes descargar calquera que
atopes na tenda de aplicacións do
teu sistema operativo.
Ao carón de moitas páxinas poderás
observar un cadrado cuns puntiños de
cores. Sabes como se chama? Código QR!
Cando o enfoques co teu dispositivo móbil
(smartphone, tablet...) poderás acceder a
contidos extra (vídeos, audios, etc...)
De todos xeitos, o noso consello
é que instales i-Nigma, pois é a
que acostumamos empregar nós!
i-Nigma para Android:
https://goo.gl/QnzqGc
i-Nigma para iPhone:
https://goo.gl/jkQ49h
Estes son os nosos contidos:
7 8 9
Que medo!
Halloween xa está aquí
Celebramos o Magosto
Somos deportistas
11 13 14
O Nadal Loitando pola paz! Imos de entroido?
15 15 16
Abrimos as nosas portas
Encontro Xuvenil en
Celanova
Cantamos no Festival da
Canción Misioneira
17 20 21
Letras Galegas 2016
Un, dous... estamos no aire!
Visitamos a radio.
Visita entroideira ao
plató de Telemiño
22 23 24
Cando os debuxos escapan
do papel...
Construimos instrumentos
musicais
A palabra máis fermosa do
galego
25 25 26
23 de abril, Día do Libro Pequenos artistas,
grandes murais
Queres saber por que
chove?
27 28 29
O Cid Campeador
Paixón pola natureza
(Voz Natura)
Visitamos a Granxa Kiriko
30 30 31
Animación á lectura Excursión a Coruña Visita á ETAP de As Coiñas
31 31 32
Visitounos Rubén Riós! Educación Vial Encontros coa autora
32 32 33
Navegando por Castrelo... Excursión a Oporto Weeee are the champions!
35 36 37
Recantos creativos Carta a Mª Luz Actos de graduación
(Infantil e Primaria)
Cando Halloween se chamaba
SAMAÍN
7
O que moita xente non sabe é
que a tradición de celebrar
Halloween levárona a EE.UU os
irlandeses que emigraron no
século XIX, xa que a tradición de
Halloween é de orixe celta.
Halloween nace dunha celebración celta
chamada Samhain, o d í a m á i s
importante do ano no que se celebraba
o final da colleita.
A palabra samhain significa fin do verán
en gaélico antigo, a lingua celta da que
proveñen os idiomas celtas modernos,
como o irlandés.
Co Samhain comezaba o novo ano, que
empezaba na estación escura, ao
contrario que o ano romano que
empezaba en marzo coa primavera.
Pero sobre todo e en esencia, o Samhain
era unha celebración agrícola na que se
facía balance das subministracións de
alimentos que deixara a colleita e das
provisións dispoñibles para pasar o
inverno.
Coa romanización, as tradicións celtas
romanizaronse e logo cristianizáronse, e
o Samhain pasou a ser a celebración de
Todos os Santos (a palabra Halloween
orixinariamente era All Hallow`s Eve, é
dicir, véspera de Todos os Santos).
Nalgunhas zonas de Galicia (onde se
mantén o nome de Samaín), era
tradición que a noite do 31 os nenos
talan cabazas e pedisen doces de casa
en casa.
Cabaciñas decoradas por alumnos
e alumnas de diversos cursos
8
No outono... celebramos o Magosto!
“A festa do magosto gustoume moito porque
xogamos ao baloncesto, aos bolos e ao
minigolf; tamén fixemos una carreira de sacos ,
de obstáculos e ata corremos cunha culler na
boca! Ese día tamén comemos chourizos.”
(Alex Rei Cerdeiro, 1º de Primaria)
https://goo.gl/JNP0zV
“O día 10 de novembro celebramos o
magosto no cole. O primeiro que fixemos na
festa foron uns xogos moi divertidos: os dos
sacos, un minigolf, o da cuchara pero con
castaña, pista de baile, etc. Nos equipos
había nenos de todos os cursos e os maiores
tivemos que axudar aos pequenos.
As dúas comemos os bolos preñados xunto
coa nosa comida, facendo círculos cada
clase. Cando rematamos pintámonos a cara
con carbón e aos máis pequenos tamén;
quedamos todos oscuros incluída a roupa.
Foi moi divertido e deume algo de pena xa
que é o meu último ano neste colexio”
(Adrián Plaza, 6º primaria)
Somos deportistas
9
Durante o curso participamos
en diversas actividades
deportivas, como a carreira de
San Martiño ou a carreira de
Campo a Través, guiados
sempre polo profesor de
educación física, David Feijoo.
Na carreira de S. Martiño os máis pequenos
correron acompañados por os seus pais.
10
Na carreira de
Campo a Través,
Marta, Alex e
Adrián acadaron
tres medallas!
https://goo.gl/WYQA3k
Celebramos o Nadal
11
Empezabamos o Nadal co Concurso de Postáis.
Este ano os gañadores foron:
• Alexia Núñez Árce (6º de EI)
• Guillermo López Godoy (1º de Primaria)
• Yaiza Iglesias Benayas (4º de Primaria)
• Andrea Ferreño de Dios (6º de Primaria)
Continuabamos os días 16 e 17 co Festival de
Nadal preparado por alumnos/as e profesores
de Primaria, e rematamos o día 18 coa
Eucaristía de Nadal preparada por alumnos/as
de Infantil e as súas profes.
12
Os alumnos de 5º e 6º fixemos un
mix de cancións (Raphael, Alaska,
etc...), cantamos panxoliñas e
representamos unha obra de
teatro: A tía lambida
https://goo.gl/QCY3jc
Aquí todos estamos baixo o mesmo sol
13
Rapaces de 2º de primaria, amosando o seu traballo elaborado nas clases de plástica
O día 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e Non Violencia.
Comezamos cunha Eucaristía na que nos lembraron unha vez máis o importante de sementar a
paz ao noso redor, cos compañeiros, no cole, na casa, no patio...
E, falando de patio, aí foi onde todos xuntos bailamos a canción El Mismo Sol de Jenifer López e
Álvaro Soler; para rematar plantamos dous olivos.
Foi unha bonita experiencia que queda nos meus recordos.
(Adrián Plaza, 6º Primaria)
https://goo.gl/BcvlPv
14
Imos de entroido!
Este ano a temática foi o conto Alicia no País das
Marabillas. Despois de semanas de intenso traballo por
parte de profesores, dalgúns pais, nais e tamén do
alumnado, as cartolinas e plásticos foronse transformando
en viseiras, saias, naipes… ata conseguir un maravilloso e
colorido desfile que encantou a grandes e pequenos.
https://goo.gl/u9F7Dq
Primeira Xornada de Portas Abertas
15
• • •
Este ano foron varios os pais
e as nais que amosaron o
seu interese en coñecer máis
a fondo o noso centro, e
deste xeito, establecer un
contacto inicial co futuro
colexio dos seus fillos.
Te n d o e n c o n t a e s t a s
i n q u e d a n z a s , o 1 6 d e
febreiro convidamos a toda a
comunidade educativa a
unha xornada de Portas
Abertas.
Ao longo desta sesión o
equipo docente comunicou
toda a información básica e
os servizos ofertados. Ao
remate proxectouse un
vídeo no que se resume a
nosa esencia e forma de
traballar a diario: moita
ledicia e entusiasmo!
Se non tiveches a ocasión de
velo e sintes curiosidade por
coñecernos... aquí o tes!
Queremos darche a
benvida ao noso cole!
https://goo.gl/iaqjgz
ENCONTRO
XUVENIL
Celanova 2016
Estas son algunhas das fotografías que sacamos no
encontro xuvenil celebrado este ano en Celanova
16
https://goo.gl/770HQj
Festival da Canción Misioneira
Como xa é tradición, o día 6 de marzo acudimos á 38
Edición do Festival da Canción Misioneira, onde puidemos
dar a coñecer a nosa canción e descubrir outras novas que
participaban. Mentres o xurado decidía os gañadores
bailamos e animamos a todo o público.
No importa si es jueves o lunes
No importa si luce el sol o hay nubes
Nada importa si abres tu corazón
para cantar al mundo esta canción.
Merci beaucoup, moito obrogado, gracias
grazie mile, eskerrik asko, gracias
thank you all e mais graciñas, gracias
por tenerte cada día, gracias
Llegas al infinito con tu canción
descubres la luz entre las sombras
con tu presencia todo llenas de amor
y este mundo gris lo pintas de color
LETRAS GALEGAS 2016
17
O día 17 de maio foi festivo, naturalmente; así que
tivemos que agardar ata o día 18 para poder festexar
esta celebración. Levouse a cabo no noso salón de
actos. O primeiro punto foi lembrar o por que desta
data, reflexionando sobre a importancia de Rosalía de
Castro como figura clave do Rexurdimento da lingua.
Tendo en conta esta realidade, os alumnos de 5º
quixeron render unha homenaxe á escritora recitando
o seu poema máis popular: Adiós ríos, adiós fontes.... E
que ben o fixeron! De principio a fin!
Deseguido visualizamos un contido creado por eles
mesmos e aloxado en YouTube. A quenda dos mais
novos estivo formada por un cantico (cuxa letra
pertence a un poema de Manuel María) e os cativos de
infantil recitaron o poema do barco, que tan ben
aprenderon días anteriores.
Sara Mojón e Adrián Plaza foron os
presentadores do acto
https://goo.gl/hZ62z9
Os alumnos do colexio
San Pío X coñecen a
Manuel María
La Voz de Galicia
17 de maio de 2016
• • •
Como era a vida e cal foi a
CREANDO OS NOSOS CONTIDOS...
Seleccionamos as imaxes
do ilustrador Carlos Gallego
e os textos procedentes do
Seminario Galán.
obra de Manuel María? En
menos de cinco minutos os
rapaces de 5º foron capaces
de contalo... e dun xeito moi
ameno!
Seguindo uns sinxelos pasos
elaboraron un contido que
moitos mestres galegos
pudieron empregar para
traballar nas súas aulas.
Despois narramos a vida e obra do
poeta lugués. Gravamos as voces
cun micrófono e engadimos música
de fondo. Por último, compartimos o
vídeo con toda a comunidade
educativa galega
18
I Edición do Concurso de Poemas Galegos
Concurso de Poemas en lingua
galega; un xeito máis de
celebrar as Letras Galegas
e...por que non?: seguir
alumeando a vocación de
futuros poetas.
• • •
Facer poesía non é unha tarefa
reservada soamente para uns
p o u c o s . E x p re s a r o q u e
sentimos a través do debuxo, a
arte e a escrita está ao alcance
de todos nós. Esto foi o que se
pretendeu transmitir coa posta
en marcha dun novidoso
A participación, totalmente
voluntaria, concentrouse nos
cursos de 2º, 5º e 6º.
Os gañadores recibiron un
pequeno agasallo e un diploma
firmado con moito agarimo.
Joel (segundo premio), María (primeiro premio) e Alejandro (tercer premio) amosan moi ledos os seus diplomas.
19
Os rapaces de infantil tamén presumiron
de lingua e fixerono con estas divertidas
actividades.
Logo, as súas mestras axudaronos a
formar estes fermosos libriños
20
Un, dous... estamos no aire!
O luns 14 de marzo de 2016
o s a l u m n o s d e 6 º d e
primaria tiveron a ocasión
de coñecer como é unha
radio por dentro e intervir
en directo nun dos seus
programas. A emisora local
Ourense Sí Radio foi a
r e s p o n s a b l e d e f a c e r
posible esta experiencia,
que se comezou a artellar
nas propias clases de lingua
En primeiro lugar realizouse
un achegamento conceptual
con explicacións tecnicas
sobre o funcionamento do
medio. Logo, o mestre puxo
en marcha agrupamentos
mixtos e asignoulles as
temáticas que máis lle
i n t e r e s a b a n a o s s e u s
integrantes; todo esto co
o b x e c t i v o d e c re a r u n
programa estructurado en
seccións:
• Entrevista inicial
• Sección musical (repaso do
pasado e o presente
• Sección deportiva (análise
e tertulia sobre a Liga)
• Noticias curiosas
• Avances tecnolóxicos
• Roberto Responde!
Esta ultima foi especialmente
emocionante, xa que os
rapaces pudieron facer
preguntas ao presentador
sen que el soubera nada ata
o momento. Toda unha
argallada da que Roberto
puido saír airoso!
(Programa íntegro)
https://goo.gl/7qq6z6
Eyasu, Iago e Diego, instantes
previos a súa intervención en
antena. Falaron de deportes.
Roberto, o presentador do
programa, lendo un whatsapp
que recibe dun oínte en directo
A un lado da peceira. Así se
chama o sitio onde, entre outras
tarefas, se controla o audio.
Visita entroideira ao plató de Telemiño
21
Outro ano máis, o noso colexio participou
no programa Xornal Escolar de Telemiño.
Moi participativos e divertidos; así
estiveron todos os alumnos que
exerceron de co-presentadores (Jeray,
Andrea e Álex), así como o público
convidado. Nesta ocasión o entrevistado
foi Javier, o noso profe de Música e
Pedagoxía Terapéutica.
EN CIFRAS...
Cantos profes hai este
curso no centro?
14
Cantos nenos e nenas
hai en todo o cole?
212
En que ano pintaron os
muros do colexio?
2012
Algunhas das preguntas que
se abordaron durante o
programa
http://goo.gl/3Dh8DT
22
Aprendemos con ilusión
Presentamos algunhas
das actividades máis
divertidas levadas a
cabo este curso
Cando os debuxos
escapan do papel...
A realidade aumentada é
unha tecnoloxía que
podemos aproveitar en
multitude de ámbitos.
Neste curso, a proposta
estrela foi incorporala nas
clases de plástica. Os
rapaces de 1º e 2º de
primaria puideron ver
c o m o s e u s d e b u x o s
cobraban vida en tres
dimensións, voaban ou se
movían seguindo as súas
ordes.
En primeiro lugar, os
mestres imprimiron unha
lámina para colorear
segundo o gusto de cada
un. Logo, e coa axuda da
cámara dun dispositivo
móbil pudieron obsevar,
o resultado final.
Non hai dúbida de que
todos quedaron moi
abraiados!
https://goo.gl/HiAPJN
Construimos os nosos instrumentos
23
E non pensedes que este
traballo queda relegado ao
ámbito estético porque...
soan de marabilla!
Todos
xuntos seríamos
capaces de compoñer
unha gran
orquestra!
• • •
Nas clases de música,
ademáis de coñecer as
partituras ou a clave de Sol,
tamén somos capaces de
deseñar e construir os nosos
instrumentos musicais.
24
A palabra máis fermosa
do galego
A partir dun artigo publicado en La Voz de La Escuela, onde se
fala da importancia das palabras e a súa sonoridade, os rapaces
de sexto reflexionamos sobre as verbas da lingua. Palabras hai
moitas, pero a dificultade reside en escoller aquela máis
fermosa, así que tras uns días pescudando pola rede fixemos
unha nube de palabras. Así podemos reunir as de todos
formando un debuxo e, ao mesmo tempo, coñecer cales son as
que máis se repiten. Este foi o noso resultado. Que vos parece?
SABÍAS
QUE...?
En 2012 fíxose unha
enquisa para coñecer as
palabras máis fermosas
do galego? Daquela,
este foi o resultado:
1. Agarimo
2. Bolboreta
3. Morriña
4. Luscofusco
5. Enxebre
6. Ledicia
7. Vagalume
8. Anduriña
9. Brétema
10.Feitizo
sorriso :)
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
ledicia
amizade
Nadal
axóuxere
bolboreta
23 de abril
DÍA DO LIBRO
25
Algúns dos traballos realizados polos nenos
de 5 anos para conmemorar esta data.
Pequenos artistas debuxando
grandes murais
Pintar no chan é unha experiencia nova, sobre
todo para os máis pequenos do colexio. A mestra
de 3 anos organizou esta actividade con materiais
distintos dos cotiáns. Estupendo resultado!
26
Queres saber
por que chove?
A clase de terceiro aporta os
pasos necesarios para facer
un experimento moi curioso.
Se che interesa coñecer máis
de cerca o ciclo da auga, este
é o procedemento a seguir:
Necesitamos:
- Unha botella de plástico
- Area
- Pedras
- Un vaso pequeno
- Plástico transparente
Procedemento:
Corta a botella en dúas
partes e no fondo botaremo
as pedras e a area. Logo
poremos un vaso pequeno
con auga e por encima da
botella colocamos o plástico
transparente. Esperamos uns
días e obteremos o resultado.
E se chove.... que chova!
Queres ver o vídeo de segundo curso, no que
pomos en marcha este expermiento? Fixemos
algunha variación respecto ao de terceiro!
https://goo.gl/qnT0eV
“Os alumnos de 4º estudamos O Cid,
Rodrígo Díaz de Vivar. Pareceunos
moi interesante e emocionante
coñecer a súa historia e como era
a vida naquela época.”
27
28
Paixón pola natureza
Como xa é costume, este ano participamos
no programa VOZ NATURA. Pasámolo moi
ben conservando as zonas comúns do
colexio. Unha bonita oportunidade para
manter contacto coa natureza no colexio.
Somos viaxeiros!
Esta é unha breve lembranza das nosas saídas lúdicas e culturais
29
Os alumnos de infantil, primeiro e segundo de primaria visitaron a granxa Kiriko
30
Animación á lectura
2º de educación primaria
Optimismo, ledicia e boa enerxía! Estas foron algunhas das sensacións que nos produciu
estar con Rubén Riós. Primeiro visitou o noso colexio e logo acudimos ao Centro Cultural
Marcos Valcarce para ver a súa curtametraxe Vida.
Os nenos de terceiro e cuarto curso de primaria visitaron o Aquarium, a
Domus e a Casa das Ciencias na Coruña.
31
Visita á ETAP de As Coiñas de VIAQUA. Alí Argimiro realizou unha explicación moi
comprensible para os rapaces de 3º de primaria
Optimismo, ledicia e boa enerxía! Estas foron algunhas das sensacións que nos produciu
estar con Rubén Riós. Primeiro visitou o noso colexio e logo acudimos ao Centro Cultural
Marcos Valcarce para ver a súa curtametraxe Vida.
Sesións formativas de educación vial en Expourense dirixidas aos dous
últimos cursos de primaria. Puidemos subir ás bicicletas e aos karts.
https://goo.gl/VqBbir
32
Encontros coa autora
Despois de ler un dos seus libros (A nena e o
mar) os nenos de quinto e sexto tivemos a
ocasión de coñecer e charlar con Erica
Esmorís. Fixémoslle moitas preguntas e
respondeu a todas as dúbidas que se nos
foron plantexando a medida que limos a súa
obra na aula e na casa.
Quinto e sexto participaron en actividades acuáticas en
Castrelo de Miño, repartidas entre a mañá e o serán:
"Kaiak", Windsurf, traxecto en hidropedal e vela en barco.
https://goo.gl/1Tn3v2
Os alumnos máis veteranos pasaron dous días en
Oporto (Portugal). Visitaron, entre outros, o zoo de
San Inacio, o World of Discoveries e os Sea Life
Weee are the champions!
33
34
Recantos creativos
35
Amosamos algúns dos debuxos que os nosos alumnos realizan nos seus ratiños libres!
36
“Na vida, o que a veces parece un final, é realmente un novo comezo”
A finais do primeiro trimestre deixabas a aula de educación infantil
Carta a Mª Luz na que compartiches a túa sabedoría e a túa paciencia; dando amor a
tantos nenos e nesas que pasaron pola túa clase.
Ti, que debuxabas sorrisos e borrabas bágoas. Ti, que te movías nun mundo de pequenos, rodeada
de peluches e coridas mochilas, que pelexabas con luvas e bufantes. Ti deixaches pegadas
importantes nos pequenos e pequenas que con ollos chorosos se asomaban por vez primeira ás
aulas do noso colexio.
Miña querida compañeira:comezou unha nova viaxe. Terás mais tempo para ti e para os teus,
para percorrer carreiros inexplorados, para saborear o futuro e os doces pousos do pasado con
perspectiva continua de estar a vivir o presente. Ao principio sentirás, supoño, que estás
simplemente de vacacións, como se outro curso, un máis, finalizase. Con todo, a realidade
farache experimentar sensacións novas, unha melodía distinta da cotiá.
Mª Luz, todos os que camiñamos contigo durante a túa etapa no noso colexio desexámosche
unha longa viaxe de XÚBILO.
https://goo.gl/Z52EUu
Actos de graduación:
Un pasiño máis cara o futuro!
37
O luns 20 e o martes 21 de xuño, os rapaces de Infantil e
Primaria celebraron as súas respectivas graduacións. Entre os
momentos máis emotivos atópase o visionado dun vídeo (que
resume o seu paso polo colexio), a escenificación de bailes,
recitados de poemas e cancións. Logo xuntámonos todos no
patio e compartimos unha merenda.
Este foi o momento no que os
cativos de infantil homenaxearon
á sua mestra, regalándolle unha
fermosa carta!
https://goo.gl/U6NEsF
OS ALUMNOS DE 6º DESPÍDENSE DE NÓS
https://goo.gl/H8bOMu
“Hoxe recompensamos os vosos primeiros
metros. A vosa carreira non fixo máis que
comezar. Nunca paredes! Non abandonedes
ata conseguir o obxectivo marcado! Nunca
deixedes de soñar e loitar por aquelo que
queredes, por moitos impedimentos e pedras
que vos atopedes no camiño.
“Todo esforzo ten a súa recompensa e os
mellores soños tamén se fan realidade.”
Ata sempre!
Tel: 988 221 127
Email: cpr.sanpioX@edu.xunta.es
www.colexiosanpiox.es
/colexioSanPioX
@colexioSanPioX