12.06.2018 Views

Alma Froebel 2018

Nuevo ejemplar de Alma Froebel.

Nuevo ejemplar de Alma Froebel.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

infantil ilustrado

ALMA FROEBEL 2018 7

Conversando cun ilustre

ilustrador: Santiago

Paredes

Por Bruno Rozas e mamá

“Xoven aínda que sobradamente preparado”; ése podería ser un bo calificativo

para definir ao personaxe desta entrevista: Santi Paredes. Un debuxante

pontevedrés de 28 anos cun gran currículo ás súas costas e que ten traballado

man a man coa banda de rock máis famosa da nosa cidade, os Furious Monkey

House.

Top: Obra de Santi

Paredes

Bruno: ¿Con qué desfrutas máis, cun pincel ou

cunha guitarra eléctrica?

Santi: Cunha guitarra porque para min é un

pasatempo. Sen embargo, cando collo un

pincel teño máis responsabilidades xa que é o

meu oficio.

Bruno: Cando eras pequeno, ¿tiñas claro que

de maior serías debuxante profesional?

Santi: Cando era pequeno quería dedicarme a

dúas cousas: debuxante ou biólogo mariño

pois o que máis me gusta, aparte de debuxar,

son os animais, máis concretamente os

animais mariños.

Bruno: ¿Algún día veremos nas librarías un libro

por Santiago Paredes?

Santi: (Risas) Pois espero que sí porque me

encantan os contos infantís, pero entre os

encargos profesionais e as horas de clase que

imparto en Estudo Bonobo, de momento non

teño moito tempo para facer outras cousas.

Bruno: De tódalas túas obras, ¿cal é a túa

favorita? ¿por qué?

Santi: Eu penso que o último cómic que

publiquei ,“Tattoo”, porque foi o único libro

no que fixen eu todo: escribín a historia,

diseñei os personaxes e, incluso, o maquetei.

Bruno: Para ser artista, ¿é necesario nacer cun

don ou pódese conseguir a base de moito

esforzo e perseverancia?

Santi: ¡Ésa é a eterna pregunta! Eu penso que

o importante non é ter un “don plástico”; o

importante é ter algo que contar, algo que

transmitir. É dicir, se tes algo dentro que

mostrar e te esforzas e traballas, ¡calquera

pode ser un artista!

Bruno: Contoume un paxariño que che

encanta traballar cos nenos. ¿Qué é o que che

aportan os cativos e non os adultos?

Santi: (Risas) Os nenos apórtanme respeto

hacia á miña profesión. As persoas que cren

en min e na miña arte, ao igual que fixo a miña

nai dende sempre, son os nenos.

Bruno: Como autor dos carteis do “Surfing the

Lérez”, ¿voltaremos a gozar dos teus debuxos

este ano? ¿E da música do teu grupo “glitter

and litter”?

Santi: ¡Pois estaba traballando no cartel

xustamente antes desta entrevista! Espero telo

rematado para que a vindeira semana estea

pola cidade. En canto ao meu grupo, este ano

non imos tocar no “Surfing”, pero daremos

guerra por outro lado.

Bruno: Respecto as túas tatuaxes, ¿están todas

deseñadas por tí ou deixache voar á

imaxinación do tatuador?

Santi: Non está ninguna deseñada por min.

Penso que un debuxo soamente ten sentido

cando sae da man do seu creador, neste caso o

tatuador.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!