ATURUXO
XUÑO 2018 Nº 8 (3ª EDICIÓN DIXITAL)
ACTIVIDADES
DEPORTIVAS
EXCURSIÓNS
APAIXONANTES
ESCOLA
ACTIVA
COLEXIO S. PÍO X
"Agora chega o momento de que collades a vosa bagaxe
chea de experiencias e que sigades facendo camiño.
Xuntos vivimos grandes momentos, momentos que
fixeron historia. Cada chanzo que subimos foi un novo
éxito colleitado; porque as cousas en grupo sempre saen
mellor. Xuntos percorremos novos camiños e acadamos
cumes que se antoxaban compricadas, metas que nalgún
momento viamos distantes e inalcanzables...
Adentrámonos no descoñecido cun paso firme e
decidido, cunha mirada posta no horizonte dispostos a
mergullarnos nel con valentía. Xuntos compartimos as
nosas ledicias, só xuntos coñecimos o verdadeiro
sentido da vida... O impulso que nunca debemos
perder!"
"Cada chanzo que subimos foi un
novo éxito colleitado"
David Rial Araújo
En setembro coas mochilas cargadas de ilusións
empezábamos un novo curso escolar. A través das
páxinas desta revista rememoramos moito do que
vivimos e disfrutamos este curso.
Isto parece
interesante…
“Outono chuvioso ano copioso”
https://www.fiestafacil.com/content/images/thumbs/0005697_globo-copo-de-nieve-frozen_600.jpeg https://www.fiestafacil.com /content/images/thumbs/0005697_globo-copo-de-nieve-frozen_600.jpeg
O mes de decembro é tempo de panxoliñas, de
postais cheas de bos desexos, de horas de
ensaios para que no festival e na EUCARISTÍA de
NADAL todo saia perfecto e … ata Papá Noel
veu visitarnos.
Os gañadores das postais de Nadal foron: Lucía Palomanes de 6º de
infantil, Noa Feijoo de 2º de Primaria, Andrés Fernández de 3º de
Primaria e Sandra Barrio de 6º de Primaria. Todos eles recibiron un
libro como agasallo.
Desde 1964, para lembrar a morte de Gandhi,
celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non
Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en
1993. Nesta data lémbrase a necesidade da
educación para a tolerancia, a solidariedade, o
respecto aos Dereitos Humanos, a non
violencia e a paz.
Celebrando a Paz:
A finais de xaneiro celebramos o día da
Paz. Cantamos a canción de “BRINDO
POR LA VIDA” de Macaco e tamén
construímos un mural ca pomba da PAZ.
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixemos
unha pomba de cores utilizando o tapón
dos nosos bolis e pintura. Como vedes
quedaron super chulas
“Os homes construimos demasiados
muros e insuficientes pontes”
Isaac Newton
Alumnos durante o proceso de elaboración do
mural da Paz, axudados polo profe Javi.
Sabedes a orixe da
palabra ENTROIDO?
“Segundo Corominas, Entroido
procede do italiano carnevale, e
este do antigo carnelevare,
composto de carne e levare
«quitar» por ser o comezo do
xaxún de coresma,”
O entroido é unha festa moi especial. Cando voltamos do Nadal
empezan os preparativos. Unha vez elexido de que se vai disfrazar
cada curso buscamos ideas para elaborar os patróns do noso disfraz.
Este ano o tema elexido foi As froitas
O alumnado de infantil foron de laranxas e limóns e as súas profes de
árbores. Os de 1º e 2º disfrazáronse de fresas e mazás, os de 3º e 4º de
Sandías e os de 5º e 6º de piñas e uvas.
Aínda que o día ameazaba chuvia o final puidemos saír en desfile e
amosar os nosos coridos disfraces; algunhas mamás tamén se
apuntaron o noso desfile!
Aturuxo 2018
Aturuxo 2018
Aturuxo 2018
GRANDES
ARTISTAS
"Cando as palabras
fallan a música fala..."
Alumnos e alumnas de diversos cursos construíron os seus
propios instrumentos musicais e investigaron sobre a orquestra
O RECUNCHO DE
INFANTIL
4º
5º
6º
Saboreando...
Ao longo deste curso, os máis cativos do cole realizaron
algunhas tarefas do máis entretidas. Os nenos e nenas de
tres anos, que son uns grandes chefs, prepararon coa axuda
da súa mestra uns deliciosos pingüíns de chocolate e plátano
que devoraron con ansia.
Son uns larpeiros!
Cepillando...
Aínda que a estes
pequenos e pequenas
lles encanta o doce,
tamén recibiron a
visita dun dentista
que lles ensinou a
coidar os seus dentes
e a súa boca de
maneira apropiada
para gozar dunha
estupenda saúde
bucodental. Foi moi
divertido cepillar eses
dentes tan xigantes
Creando...
Facendo mostra da súa
creatividade e bo facer en
equipo, os alumnos e alumnas
de infantil mesturaron a súa
maña para elaborar un maio
moi corido, e celebrar así
esta tradición tan coñecida na
nosa cidade.
Sementando...
Como non sabemos estar quietos e sabemos que se nos
da xenial facer cousas chulas, este curso tivemos a gran
idea de montar una horta no noso cole. Puxemos todo o
noso empeño en sementar pero este ano o certo é que o
clima nos puxo as cousas complicadas. Agardemos que
para o ano a colleita sexa mellor!
Graduándonos...
E falando de fin de curso, nestas datas houbo un
momento moi especial para os raparigos e raparigas de
cinco anos, xa que remataron con éxito a súa educación
infantil e marchan para primaria, onde outros mestres e
mestras os agardan cos brazos ben abertos. Aquí temos
algunha imaxe do seu emotivo acto de graduación
…
O día 9 de marzo participamos un ano máis
no festival da canción misioneira, o grupo
BULE-BULE foi o responsable de cantar a
canción “ Atrévete- Atrévete” ( letra e
música : Francisco J. Gómez Álvarez e
Javier Fernández Quintas).
O fin de festa correu a cargo do grupo
BRINCADEIRA formado por alumnos de
varios cursos; eles puxeron o punto final
con cancións e coreografías do Musical “EL
REY LEÓN”
Diferentes momentos da
actuación do grupo
Brincadeira
Atrévete a algo +
O 14 de abril participamos no X ENCONTRO DIOCESANO
que se celebrou nas instalacións do Seminario e houbo
unha primeira acollida na igrexa de Vista Hermosa.
A partir das 15 h os pequenos baixaron ao Seminario
Menor para comezar as actividades, que resultaron un
éxito porque foron participativas, motivadoras e
cumprindo os tempos establecidos, cun final de festa do
mago Tanito que divertiu a todos!!
ESCOLA ACTIVA
Construímos as matemáticas Descubrimos a arte.
Aprendemos a facer unha
pirámide alimenticia.
Experimentamos
as mesturas.
THE BURNING FASHION
b y C r i s s a S t e w a r t
En grupo plasmamos os nosos
coñecementos
Premios “Mellores lectores 3º e 4º”
"Xogamos,
aprendemos e
medramos...
xuntos"
Día de Rosalía
Este ano con motivo da celebración do Día de Rosalía decidimos unirnos á
iniciativa #AbrideAFiestra, impulsada pola Asociación de Escritoras e
Escritores de Galicia. Os alumnado de quinto de primaria investigou sobre
a figura da escritora e formou un mural no que cada peza era un trozo de
adhesivo cunha palabra cuxo significado gardaba relación.
O alumnado de sexto tamén se sumou á idea e pegaron na parte interior
dos vidros das fiestras diversos elementos iconográficos e transcripcións
dos seus versos para darlles luz e tentar facelos visibles socialmente.
Airiños,
airiños aires…
Letras Galegas
“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é
simplemente unha historia de amor”
O 20 de marzo de 1963 tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta
institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada
ano Día das Letras Galegas como data para "recoller o latexo material da
actividade intelectual galega”.
A galardoada deste ano é Mª Victoria Moreno, unha estremeña que se sentiu
galega.
O mércores 16 de maio celebramos no salón de actos o Día das Letras Galegas, foi
un breve acto no que puxemos en valor a nosa lingua xunto co alumnado de infantil
e primaria.
O seu inicio estivo marcado polo recitado do poema A fala de Manuel María, a cargo
dalgúns cativos de primeiro de primaria. Con eles recordamos que o idoma é a vida,
a voz dos avós, o latexo…
A seguinte quenda foi para o grupo de segundo. Ataviados para a ocasión bailaron
a canción Meu mundo, producida por Paco Nogueiras e presente no libro Brinca Vai.
Terceiro e cuarto de primaria tamén quixeron participar co recitado dun poema
arredor dos asistentes. Finalmente, tres rapazas e un bailarín de sexto compuxeron
un rap de trece estrofas co que cantaron e danzaron acompañados dunha base
musical que eles mesmos retocaron. Unha orixinal iniciativa que puxo punto e final
a un acto no que tamén se entregaron uns adhesivos conmemorativos deseñados
polo Equipo de Dinamización Lingüística coas ilustracións do artista Carlos Gallego.
Ao longo de toda a semana impulsamos diversas actividades. Por exemplo, nas
aulas de infantil realizamos as actividades e manualidades propostas polo
Seminario Galán.
Xa se está convertendo nunha auténtica tradición que cada ano os rapaces de quinto de
primaria elaboren unha produción audiovisual na que se poña de manifesto a vida e
obra do autor ou autora homenaxeado no Día das Letras Galegas. A súa proxección
permitiu profundizar un pouco máis na figura de María Victoria.
Ao estar publicado na nosa canle de YouTube foi posible que moitos mestres de Galicia
compartisen este recurso co seu alumnado nas aulas e blogs de centro. A piques de
rematar o mes de xuño xa colleita máis de 4.000 reproducións.
O centro estivo ambientado para a ocasión durante os días previos. Corredores,
escaleras e mesmo as aulas, grazas aos traballos que voluntariamente realizaron algúns
alumnos.
“Que ninguén che corte as ás”
Apípolis
O día 8 de xuño os alumnos e
alumnas de Educación Infantil
e primeiro e segundo de
Primaria puñan rumbo á
Apípolis para descubrir o
mundo das abellas.
Aprenderon sobre a
abella raíña, as obreiras e
o abáboro e tamén fixeron
galletas de mel e fabricaron
unha vela.
León
Os alumnos de sexto contaron cunha excursión de dous días. Nada
máis chegar fixeron un percorrido polo Museo do Chocolate en
Astorga, no que ademais puideron degustar un dos seus producto
artesáns por excelencia. Máis tarde tamén lembraron a historia
máis antiga no Museo Romano e pola tarde desfrutaron cunhas
actividades organizadas no Museo da Sideruxia e a Minaría. Ao día
seguinte adentráronse nas Covas de Valporquero e achegáronse a
Sabero para visitar a Academia Básica do Aire.
Castrelo de Miño
Tendo en conta a boa acollida dos últimos anos, Castrelo de Miño
volveu a recibir a excursión de quinto e sexto de primaria. Ao
longo da mañá e a tarde os rapaces puideron participar en
diversas actividades náuticas: kayak, hidropedal, paddle surf, vela en
barco e windsurf. Unha xornada repleta de exercicio!
Fervenzaventura
O 20 de xuño e co curso xa a piques de rematar, os alumnos e
alumnas de 3º e 4º fomos a FERVENZAVENTURA, alí desfrutamos
dunha xornada superdivertida.
A C T I V I D A D E S
E X T R E S C O L A R E S
O día 29 de xuño tivemos unha exhibición de algunas das
actividades extraescolares ( Inglés, esgrima, patinaxe , teatro)
que este curso ofertou a ANPA
FESTA FIN DE CURSO
O 15 de xuño tivemos a festa de fin de curso. A ANPA preparou unha festa na
que gozamos pequenos e non tan pequenos. Os patios do colexio enchéronse
de balbordo, de auga e de caras coridas grazas ao taller de maquillaxe. Non
podemos esquecernos da música que nos acompañou ata ben entrada a noite.
O Sr Alcalde tamén pasou
pola nosa Festa e percorreu
as instalacións acompañado
da Presidenta da Anpa.
G R A D U A C I Ó N D E P R I M A R I A
2 0 1 2 / 2 0 1 8
O día 19 de xuño graduáronse os alumnos de 6º de Primaria.
Unha mestura de moitas emocións deronse cita esa tarde
entre as familias, profesorado e alumnos/as.
E V E N T O S F I N A I S
T o r n e o s d e
f ú t b o l e b r i l é
Os días 18, 19 e 20 de xuño os alumnos do cole participamos nos diferentes
torneos, e apesar da calor que facía deixámonos a pel no campo !
c a r r e i r a c o n t r a
f a m e
Deporte
&
Solidaridade
Avenida de Zamora, 98. (32005 - Ourense)
Tfno / Fax: 988 221 127
cpr.sanpioX@edu.xunta.es
www.colexiosanpiox.es
Tamén estamos nas
redes! O noso nick é:
“colexiosanpiox”