01.10.2018 Views

escuela

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

miércoles, 2 de diciembre del 2015 | la voz de la escuela ciencias >> 7

Na imaxe superior, recreación artística dos aneis do planeta extrasolar J1407b. Á dereita, imaxe

do satélite Phobos tomada pola sonda Mars Express (ESA)

Algún día Marte

terá aneis...

E ao mesmo tempo perderá a Phobos, que

é a máis grande das lúas do planeta vermello

Serán os fragmentos do satélite

Phobos os que alimenten o anel de

Marte, un círculo de rocas e po escuro

que apenas reflectirá a luz do Sol e que,

xa que logo, dificilmente será visible

desde a Terra.

A causa da destrución de Phobos

serán as tensións gravitatorias que

sofre debido a que en cada órbita se

achega un pouco máis a Marte, describindo

unha espiral que se vai pechando

lentamente. Para entender

as tensións gravitatorias que padece

Phobos podemos pensar nas que experimenta

o noso propio planeta por

mor da atracción da Lúa. Dúas veces

ao día os océanos se abomban varios

metros cando pasan baixo a vertical do

Saturno posúe os aneis máis brillantes

e mellor coñecidos do Sistema

Solar. Están formados por fragmentos

de xeo de diferentes tamaños dispostos

nunha estrutura incriblemente

fina. Cun diámetro de 160.000 km, o

grosor medio dos aneis principais de

Saturno é de só 10 metros. É dicir, si

os reducísemos a un tamaño igual ao

da folla na que está impresa este artigo,

o seu grosor sería moito menor que

o do papel.

noso satélite. E non só hai mareas nos

océanos, senón tamén nos continentes,

aínda que dada a rixidez do chan estas

se limitan a uns cantos centímetros.

As deformacións de marea son moito

máis acusadas en Phobos debido a que

se atopa corenta veces máis preto de

Marte que a Lúa da Terra. Por outra

banda, hai indicios de que, malia a

súa aparencia de roca firme, Phobos

se parece máis a un agregado pouco

compacto de escombros. Tanto é así

que estudos recentes suxiren que o

estrés gravitatorio é a causa de parte

das estrías que xa se aprecian na superficie

do satélite.

> Marcos Pérez

Planetas con aneis

Urano, Neptuno e Xúpiter, tamén

posúen aneis, aínda que moito máis

escuros e discretos que os de Saturno.

Tamén se observaron en Chariklo, un

asteroide de 250 km de diámetro cuxa

órbita se atopa entre as de Saturno e

Urano. E fóra do Sistema Solar, xa detectaron

planetas como o denominado

1SWASP J1407b, cun impresionante

sistema de aneis que parece alcanzar

os 90 millóns de quilómetros de

diámetro.

actividades

Dos números ás imaxes

Máis que un disco continuo,

Saturno está rodeado

por unha serie de

aneis concéntricos separados

por divisións escuras.

Na entrada que a Wikipedia

dedica a este planeta

podes atopar unha

táboa co diámetro de

cada anel e o seu anchura.

Fai os cálculos necesarios

e debuxa os aneis

principais a escala nun

folio. ¿Es capaz de interpretar

os datos da táboa?

¿Cal é o anel máis próximo

ao planeta? ¿E cal o

máis ancho? En que anel

se atoparía a Lúa se puxésemos

á Terra no centro

de Saturno?

E despois dos aneis,

¡cráteres!

Os fragmentos dos futuros

aneis de Marte acabarán

por caer sobre o planeta,

e algúns poderían

ter un diámetro superior

aos dous quilómetros.

¿Que efecto crees que terán

estes impactos sobre

Marte? ¿Como se compara

un fragmento deste tamaño

co asteroide que fai

65 millóns de anos propiciou

o fin da era dos dinosauros?

¿Cres que caerán

en vertical ou seguirán

unha traxectoria rasante?

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!