BOLETÍN 3º TRIM 2021

CPRMONTESOL

Boletín "O Eixo" do terceiro trimestre do curso 20/21 que recolle as actividades desenvolvidas ao longo do final do curso.

TERCER TRIMESTRE

CURSO 2020/2021

BOLETÍN INFORMATIVO DO

COLEXIO MONTESOL

Rúa Salceda de Caselas, 8.

Tel.: 986 208 512. Fax: 986 208 500

COIA - VIGO

cpr.montesol@edu.xunta.es

montesol@colexiomontesol.com

www.colexiomontesol.com


sumario

here, we speak English!

premios letras galegas

educación infantil

educación primaria

educación secundaria

4

12

18

28

48

2 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL

3



PRE-PRIMARY

Pre-primary students have done a great

job this term. In April we prepared a

book about the little bunny and we kept

practicing the Jolly Phonics method. In

May, we learned about the ocean life,

and during Family Day we painted a

beautiful portrait. Lastly, when summer

arrived, we made some crafts like

the sharks and the ice-creams.

It’s been an awesome term! We have

had a different pet every month, Bat,

Piggy, Dinosaur… Learning this way has

been much funnier!

here,

we speak

English!

4

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 5



PRIMARY

Primary students have made a big

effort during this term to learn about

domestic animals, farm activities, summer

vocabulary… even an Easter poem!

To work with food topic, we made our

own shopping carts and we filled them

with our favourite food.

We all have worked hard this term,

specially Classdojo winners, who have

done their best to get the certificate.

Congratulations champions!

6

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 7



3 RD 4 TH 5 TH AND 6 TH PRIMARY

During these months we have been

working a lot in different and special

activities in the English language. We

have learnt songs, we have seen videos

on several aspects of life and we have

practised the language.

Among all these activities I have chosen

some examples to show the brilliant

projects that I have received.

The students of third of primary made

fantastic activities describing different

giants that they invented.

The students of fourth of primary made

wonderful projects about healthy menus

and healthy lifestyle.

The students of fifth of primary explained

how is going to be their summer.

Finally the students of sixth of primary

made digital and handmade projects

about future schools.

In May, we have received the visit of

Rick Sampedro, the autor of “Can I

play” and “The Kite”. The kids of third

and fourth really enjoyed his games

and stories.

8 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 9



10

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 11



Premios letras

Galegas

PREMIOS LETRAS GALEGAS

O 14 de maio celebramos todos xuntos

no patio do colexio o festival das letras

galegas. Cantamos unha canción composta

polos alumnos de 6º de primaria

que acompañaron co son da gaita e da

percusión cuns pequenos tambores

que elaboraron cada un dos alumnos

do 2º e 3º ciclo de primaria. Tamén se

realizou a entrega de premios do concurso

literario das letras galegas que

celebramos tódolos anos no noso colexio.

12

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 13



14

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 15



16

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 17



ANIMACIÓN A LA LECTURA

A biblioteca Neira Vilas acercounos os

seus contos ao cole con varias xornadas

de contacontos no patio para todos os

cursos de infantil.

educación

infantil

CHARLAS PARA PAIS E NAIS

Este curso iniciamos o noso novo

proxecto “Escola de pais e nais do Colexio

Montesol”. Nace coa vocación de

estreitar unha ligazón entre as familias

e o colexio,e para intentar guíar e axudar

nun traballo tan importante como

é a educación dos nosos alumnos/as,

os vosos/as fillo/as

Impartíronse unha serie de charlas por

parte de Marta Lloves Pequeño, terapeuta

educativa, especialista en trastornos

de conducta, prevención e traballo

coas familias.

As datas e temáticas das charlas foron

as seguintes:

-14 abril: “Como correxir conductas

dos nosos fillos e fillas”

-13 maio “Autoestima”

-27 maio: ”Adolescentes tecnolóxicamente

sans”

-7 xuño: “Disfrutar educando”

O proxecto foi acollido con moito éxito

e a participación por parte das familias

foi extraordinario, valorando a súa importancia

e amosando o seu agradecemento.

DÍA DO LIBRO

Os nen@s de 4º de educación infantil

creamos un conto e despois o gravamos

e fixemos un video que compartiu

a nosa mestra cos nosos pais e nais.

-4ºA: “La manzana viajera”

-4ºB: “Anso quiere volar”

Os nen@s de 5° de educación infantil

elaboramos na clase un conto :

-5°A: “La tortuga y la liebre”

-5°B:”¿Quién se ha tragado a Lola? “

Os nen@s de 6º de educación infantil

-6ºA: “El abecedario”

-6ºB: “El fantasma Cucufate”

Realizamos un mural chamado “Sorbitos

de lectura” composto por uns vasos

nos que os nen@s deixabamos escritos

rimas, chistes, adiviñas.. para que o

poidesen ler os seus compañeir@s.

Tamén se lles pediu as familias de todo

infantil que tras escoitar e visionar o

conto “Superniños” en YouTube axudasen

aos seus fill@s a atopar cal é o

seu superpoder, e que lles fixesen unha

foto disfrazados amosando nun cartel o

nome dos seus superpoderes. Despois

fixemos no cole un mural coa foto de

cada un deles.

Fixemos un marcapáxinas feito por todos

os nen@s de infantil.

DÍA DA FAMILIA

Os nen@s de 4º de educación infantil

decoramos unha maceta, plantamos

amorodos e o levamos como agasallo

para casa.

Os nen@s de 5° de educación infantil

elaboramos un agasallo para as nosas

familias. Fixemos un monstruo porta-notas

e un debuxo da súa familia.

Os nen@s de 6º de educación infantil

pintamos e decoramos unha caixa e un

colgante coa palabra FAMILIA para o

espello retrovisor do coche.

18 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 19



20

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 21



HORTA DO COLEXIO

Os nenos e nenas de 4º de educación

infantil sementamos herbas aromáticas.

LETRAS GALEGAS

Os nen@s preparamos coa axuda da

mestra de música unha canción a que

lle puxeron letra os alumn@s de 6º de

primaria e que cantamos todos xuntos

no patio do cole.

Tamén participamos no concurso das

Letras Galegas organizado polo equipo

de Dinamización Lingüística , consistía

en facer un debuxo baixo o título “Natureza

en estado puro”.

22

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 23



OS MAIOS

Xogos dos Maios en 4º de educación

para traballar matemáticas manipulativamente.

PROXECTO DE ARTE

Traballamos sobre a artista xaponesa

“Yayoi Kusama” da que estudamos as

súas tecnicas máis importantes e recreamos

algunhas das súas obras recollidas

nun libro que levamos para as

nosas casas.

GRADUACIÓN

Os nen@s de 6º de educación infantil

preparamos con moita ilusión a nosa

graduación.Fixemos a invitación, o cartel

de localización para sentarse os nosos

pais e nais nas gradas,..

Despois dun circuito os nen@s subimos

ao podium a recoller a nosa medalla,birrete

e diploma de graduación.

Os pais e nais colaboraron decorando o

patinete ou bici que cada nen@ usaba

para percorrer o circuito.

A graduación ciclista realizouse coa a

axuda do ANPA que fixo posible contactar

co Concello de Vigo que cedeu un

podium e donou as medallas.

Agradecemento ao Concello de Vigo

pola súa xenerosidade.

VOZ NATURA

Tod@s nen@s de educación infantil

recibimos agasallos por participar no

proxecto Voz Natura.

PROXECTO BICHOS

Os nen@s de 5° de educación infantil

llevamos a cabo un proxecto en colaboración

coas nosas familias. A cada

nen@ mediante un sorteo na clase,

tocoulle un insecto sobre o que tiñan

que buscar información para despois

expoñelo na clase diante dos seus compañeir@s.

En colaboración coas mestras construimos

un ‘hotel’ con materiais como

piñas, tellas, Madeira, piedras, terra,

plantas.. para facilitar unha vivienda

para todos os insectos que haza no

cole. Tamén axudamos traendo das nosas

casas insectos que cada un fomos

metiendo nos diferentes compartimentos

do hotel.

24

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 25



26

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 27



primeiro ciclo

educación

primaria

ACTUACIÓN LETRAS GALEGAS

Os nenos e nenas do ciclo participaron

na actuación grupal que fixemos no patio.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Recibimos a visita dunha contacontos

da biblioteca Neira Vilas. Escoitamos

historias de villanos; de bruxas, de lobos

e de ogros.

SEMANA DO LIBRO

Na semana do libro, os nenos e nenas

do primeiro ciclo inventaron un conto.

Cada un deles, elaborou una páxina cun

pequeno texto e ilustración. Despóis,

cada clase elaborou un vídeo, no que

os cativos eran os contacontos. Tamén

fixeron uns marcapáxinas.

ARTS

Durante todo o trimestre, fixemos diversas

actividades plásticas. Encántanos!

28

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 29



LETRAS GALEGAS

As nenas e os nenos participaron no

concurso das Letras Galegas facendo

un debuxo e unha descrición de paisaxes

galegas.Con anterioridade, e coa

axuda das familias,elixiron e buscaron

información sobre a paisaxe que ian

debuxar e describir.Tamén construiron

unha “roda”informativa sobre Galicia.

Traballaron a biografía de Xela Arias e

algúns aspectos da súa obra.

PROXECTO DE FOTOGRAFÍA

Unha das nosas alumnas de prácticas,

fixo un proxecto sobre arte, e unha das

actividades finais que realizou, foi este

mural coas fotos das nenas/nenos e

mestres e mestras do primeiro ciclo.

30

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 31



SEMANA DO LIBRO

O alumnado de 3° e 4° EP ao longo da

Semana lo Libro, redactou un conto

de xeito colaborativo a través de Google

Docs. Posteriormente, cada nen@

deseñou un debuxo relacionado coa

súa parte do conto e as titoras montaron

un audioconto que lle fixeron chegar

ás familias.

segundo ciclo

AS ACTIVIDADES DE PASCUA

O alumnado de 3° e 4° EP celebrou a

Pascua coloreando bonitas mandalas

e incluso levaron para casa un pequeno

agasallo, unha cestiña de coello con

ovos de chocolate!

MATES MANIPULATIVAS

Traballamos de forma manipulativa as

matemáticas en 3º e 4º de EP e isto é

unha pequena mostra. Con esta actividade

fomentamos a adquisición das

figuras planas usando palillos e plastilina.

Crearon diversas formas: triángulo,

cadrado, rectángulo, hexágono...adquirindo,

asimesmo, ludicamente tamén

conceptos como lado e vértice.

PROXECTOS E INVENTOS

O alumnado de 3º de EP fixo un pequeno

proxecto de investigación sobre os

distintos inventos creados ao longo da

historia. A actividade consistiu en buscar

a información sobre o invento, quen

o creou, cando, por que, para que, que

supuxo a súa invención e algunha curiosidade

sobre o mesmo. Finalmente

tiñan que expoñer o investigado ante

os seus compañeiros. Para elo podían

apoiarse con maquetas ou murais con

imaxes.

ANIMACIÓN NEIRA VILAS

O alumnado de 3° e 4° EP recibiu a visita

de Biblioteca Xosé Neira Vilas. Nesta

actividade de animación á lectura,

coñecemos de primeira man as características

inconfundibles de meigas,

ogros e homes lobo.

32

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 33



ANIMACIÓN A LA LECTURA CON

SABELA GAGO

A contacontos Isabela Gago veu ao colexio

a facernos unha animación á lectura

para fomentar a importancia de

ler e os seus beneficios de cara a aprendizaxe,

de mans da editorial Santillana.

ANIMACIÓN A LA LECURA CON

FRANCISCO MARTÍNES BARREIRO

O autor do libro de lectura “O pirata

Ataripo” Francisco Martínez Barreiro

veu ao colexio Montesol, de mans da

editorial Santillana, para facer unha

animación á lectura. Os nenos e nenas

de 3º de EP puideron preguntar

ao autor sobre o seu libro. Paco deulle

música coa guitarra aos distintos poemas

que viñan no libro e firmoulles os

exemplares in situ.

PROXECTO INVERTEBRADOS

Co gallo do tema dos invertebrados os

nenos e nenas de 4º A de primaria fixeron

unha labor de investigación de diferentes

grupos de invertebrados. Cada

un deles convertiuse en experto no seu

invertebrado e compartiu na clase o

aprendido explicando o tipo de invertebrado

que era, a que familia pertencía,

a súa variedade, a alimentación, a

súa reprodución, a súa forma de vida

e outras curiosidades do seu interés.

Aprendemos un montón sobre eles!

3

+5

2

@

34

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 35



36 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 37



LETRAS GALLEGAS

Na semana do 10 ata o 14 de maio coñecemos

en profundidade a figura da

autora,homenaxeada pola Real Academia

da Lingua, a Xela Arias. Elaboramos

un retrato, e un mural cos aspectos

máis importantes da súa biografia que

fomos investigando a partir de actividades

interactivas.Mediante un video gravado

nas súas casas os nenos e nenas

de 3º e 4º convertíronse en expertos “

Contacontos “ e deste xeito desfrutamos

todos dunha morea de pequenas

historias narradas en galego.

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

En matemáticas realizaron distintas

actividades como calcular a superficie

dun patio do colexio e experimentar co

peso e o volume de diferentes corpos.

LIÑA DE TEMPO

Os nenos e nenas de 4ºB visitaron lugares

de interese histórico preto do colexio,

onde se retrataron para despois

elaborar a súa liña do tempo dende a

Época Prerromana ata a Idade Moderna.

HERBARIO

Aproveitando o estudo das plantas os

alumos e alumnas de 4º A elaboraron

un herbario recollendo mostras do seu

entorno que logo deixaron secar entre

papel de periódico e papel absorvente.

Unha vez xa secas as plantas que

recolleron realizaron un caderno coas

características máis importantes de

cada unha como a súa clasificación, o

nome común e científico, o tipo de folla

e o lugar e data de recolección. Foi

toda unha labor de investigación destes

grandes botánicos!

38 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 39



40 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 41



terceiro ciclo

ANIMACIÓN A LA LECTURA 5º E.P.

Os alumnos/as de 5º E.P. disfrutamos

dunha estupenda actividade de animación

á lectura dirixida por Sabela Gago.

A través da imaxinación fíxemonos partícipes

dunha disparatada historia na

que Petipuá, Poliplasta e Pulchinela foron

as súas grandes protagonistas.

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas

os alumnos/as de 5º E.P. fixemos carteis

informativos sobre a biografía de

Xela Arias, lemos o seu libro de poemas

“Darío a diario” e realizamos un comecocos

con preguntas e respostas sobre

a vida e obra da escritora homenaxeada.

POETAS POR UN DÍA

En 5º E.P. convertémonos en poetas e

poetisas por un día. Recitamos o poema

“A lúa e o sol” ante o resto da nosa

clase. Por un momento, deixamos atrás

a vergoña e disfrutamos recitando este

bonito poema e escoitando ós nosos

compañeiros e compañeiras.

42

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 43



ANIMACIÓN A LECTURA 6º E.P.

O teatro do noso colexio segue en escena,

os nosos actores e actrices de

6ºEP fixéronos gozar dunha obra de

teatro improvisada no patio do colexio

xunto ca actriz Sabela Gago.

Bravo por estes actores e actrices!

ESTATUTO DE AUTONOMÍA

O día 6 de abril para conmemorar a

aprobación do Estatuto de Autonomía

de Galicia, os alumnos de 6º EP fixeron

un breve repaso do significado do estatuto

para a nosa comunidade así coma

un debuxo ca bandeira e escudo de Galicia.

DÍA DA METEOROLOXÍA

Os alumnos de 6º EP fixeron unha pequena

investigación para descubrir palabras

que estivesen relacionadas cos

fenómenos meteorolóxicos, aportaron

un rebumbio de ideas que quedou

plasmado nesta gran sopa de letras.

Desexamos que pasedes “O Tempo”

cos nosos “Pasatempos”.

LETRAS GALEGAS

Como cada ano celebramos este día

con diferentes actividades sobre o personaxe

homenaxeado. Este ano estaba

adicado a Xela Arias e os alumnos de

6ºEP fixeron un mural demostrando

toda a súa creatividade.

44

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 45



46 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 47



educación

secundaria

CALIGRAMAS

O alumnado de 1º ESO e 3º ESO deseñaron

uns caligramas con debuxos relacionados

coas doazóns como campaña

de difusión e dinamización na promoción

da doazón de órganos.

CHARLA ADOS

O alumnado de 1º ESO asistiu de forma

telemática á charla organizadatoda

pola Axencia de doazçon de órganos e

sangue.con fin de afianzar os coñecementos

aprendidos ao longo do curso e

resolver as súas dúbidas. Coa información

adquirida realizaron unha presentación

coas preguntas e respostas máis

frecuentes das doazóns e transplantes.

OLIMPIADA MATEMÁTICA.

O 29 de abril celebrouse a fase de zona

da Olimpiada Matemática 2021 no IES

Castelao. Representando o noso colexio

estiveron André Carnero Fernández,

Silvia Comesaña Vázquez e Adrián

Muñoz Pereira.

PICTOGRAMAS

O alumnado de 1º de ESO reescribiu

diferentes poemas utilizando pictogramas.

Deste xeito, ademais de reflexionar sobre

a linguaxe poética, puideron achegarse

a diferentes códigos que facilitan

a accesibilidade aos textos.

48

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 49



PLAN LECTOR

O alumnado de Secundaria realizou diferentes

actividades.

En 1º de ESO realizaron actividades en

torno aos contos tradicionais: fixeron

ilustracións, cómics, analizaron as personaxes

y realizaron reinterpretacións

dos mesmos.

En 2º , escribiron de xeito colaborativo

o conto “La Desaparición de la

Profe de Lengua”.

En 3º de ESO escribiron os relatos“Personajes

Sintácticos”

UNIDADE MÓVIL DOAZÓN

O 25 de Maio o autobús de ADOS visitou

o noso centro como actividade solidaria

proposta este ano no proxecto.

Foi un gran éxito grazas a colaboración

das familias e a gran labor que fixeron

os nosos alumnos de 4º ESO xunto co

Departamento de Orientación coa difusión

e dinamización de dita actividade.

A alumna Anabel Ojea deseñou

o cartel para a campaña, o alumnado

de Secundaria informou e agasallou ás

familias, na hora da recollida ao remate

da xornada escolar, cun pin deseñado

polo departamento e cunha tarxeta cos

requisitos fundamentais para realizar a

doazón. Tamén o alumnado de 1º ESO

deseñou carteis e empregaronse todas

as redes sociais do Colexio para publicar

reseñas e materiais para promover

a participación.

VISUAL THINKING

O alumnado de 1º de ESO utilizou a

técnica de Visual thinking para organizar

diferentes conceptos da materia de

Lingua Castelá:

https://photos.app.goo.gl/RUGC-

599tAYg94SKQ6

50

BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 51



CONCURSOS CARTEIS DOAZÓN

O día 2 de Xuño tivo lugar en Santiago

de Compostela o acto de entrega do

premio do “III Concurso de carteis relacionados

co fomento e promoción da

doazóns e transplantes. A alumna Nerea

Barros foi galardonada co 2º premio

e o nivel de participación do centro

tanto a nivel dixital coma artístico

foi moi alto, presentandose un total de

30 alumnos. Grazas pola vosa colaboración!!!

ACTIVIDADE UNIVERSAL ROBOTS

O día 21/4/2021 os alumnos e alumnas

de 3º e 4º ESO participaron dentro da

aula na demostración do funcionamento

dun robot colaborativo. A presentación

foi realizada pola empresa Robot

plus, distribuidores da marca Universal

Robots. Os alumnos/ as puideron interactuar

co robot, comprobando a facilidade

da súa programación para realizar

algunhas actividades e comprobando

como mellora a seguridade no traballo

e axuda na súa tarefa ao operario co

que colabora.

52 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 53



GRADUACIÓN 4º ESO

O pasado 24 de xuño os alumnos e

alumnas de 4º da ESO celebraron o final

da etapa educativa nun acto de gradación.

Os profes de secundaria e as

súas familias quixemos estar con eles

neste momento tan especial.

Moitas sorte a tod@s!

Botarémosvos moito de menos!

54 BOLETÍN INFORMATIVO DO COLEXIO MONTESOL 55



Rúa Salceda de Caselas, 8.

Tel.: 986 208 512. Fax: 986 208 500

COIA - VIGO

cpr.montesol@edu.xunta.es

montesol@colexiomontesol.com

www.colexiomontesol.com

More magazines by this user
Similar magazines