11.01.2013 Views

Betanzos e a súa comarca - acebe cca

Betanzos e a súa comarca - acebe cca

Betanzos e a súa comarca - acebe cca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PRAZA DO CAMPO

2011

8 BC

BETANZOS e a súa comarca xullo

“Briganfolk” pecha con éxito

a súa primeira edición

REDACCIÓN / Betanzos

A primeira edición de Briganfolk

pechou con éxito de público que,

sobre todo nos momentos das exhibicións

dos grupos e nos concertos

de Xosé Manuel Budiño e de Susana

Seivane, encheron o amplo recinto

do Carregal onde se celebrou o

evento, organizado pola Asociación

Cultural e Folclórica Os Brigantinos.

Unha quincena de grupos participaron

neste Festival Internacional

percorrendo as principais rúas de

Betanzos e ofrecendo exhibicións no

recinto. Os momentos máis espectaculares

foron os protagonizados por

Xosé Manuel Budiño e Susana Seivane,

estrelas do cartel de Briganfolk,

que non defraudaron ao numeroso

público congregado no recinto.

Os membros da Asociación Os

Numeroso público se reuníu no recinto para asistir aos concertos / FOTO ARUME

A Asociación Brigantium abre a

inscrición para os cursos de verán

REDACCIÓN / Betanzos

A Asociación Xuvenil Brigantium

ten aberto o prazo de inscrición

para varias actividades que desenvolverán

durante este verán. Por un

lado, ofrecen un curso de prácticas

de expresión oral para exames e

oposicións denominado “Da preocupación

á acción” que se desenvolverá

mediante unha conferencia

de hora e media de duración para

un máximo de 50 persoas e dous

cursos prácticos de catro horas

cada un para 25 persoas. Esta actividade

é gratuita. A conferencia

será o 20 de xullo de 12:00 a

13:30 horas e os cursos serán o

xoves 21 de xullo de 10:00 a

14:00 horas e o mércores 27 de

xullo en idéntico horario.

Outra das actividades para as

que está aberta a inscrición é o

curso intensivo de Pilates que se

impartirá os luns, mércores e venres

de 9:15 a 10:15 horas.

Máis información no Espazo Xove

ou no teléfono 981774089.

Susana Seivane nun momento do seu concerto

no Briganfolk / FOTO ARUME

Brigantinos mostráronse satisfeitos

coa resposta da xente, aínda que

piden un maior aopio dos betanceiros

para a vindeira edición, na que

xa están a traballar: “a xente de

Betanzos non respostou como nós

contabamos, a gran maioría do

público era de fóra, agardabamos

máis presenza de betanceiros”,

lamentaban.

“Betanceiros en el

mundo” convoca a

segunda “Viñoquedada”

REDACCIÓN / Betanzos

O grupo de facebook “Betanceiros

en el mundo” convoca a

segunda “Viñoquedada”, unha

oportunidade para que os integrantes

da páxina se poidan

coñecer e compartir unha ruta de

tapeo por Betanzos. A cita é o

vindeiro 13 de agosto. Os que

desexen participar poden facer o

ingreso de 10 euros na conta

aberta ao efecto no Banco Etcheverría

de Betanzos. Amenizará a

ruta o grupo Os Brigantinos.

Imaxe da inauguración da exposición do ceramista Pérez Porto no Liceo / ALFREDO ERIAS

O ceramista Pérez Porto expón

no Liceo da man de Eira Vella

A mostra estará aberta ao público ata o día 10 de xullo

REDACCIÓN / Betanzos

A Asociación Cultural Eira Vella

organiza a exposición do ceramista

Francisco Xosé Pérez Porto

que poderá visitarse ata o vindeiro

día 10 no Edificio Liceo. Baixo

o título “No ronsel das cores”, a

mostra inclue pezas de diferentes

épocas que permiten ollar a evolución

estética deste artista autodidacta

formado como ceramista

nas terras de Buño.

Pezas de torno con deseño vangardista,

figuras ensambladas

con varias pezas, cadros cerámicos

nos que amosa o seu gusto

pola tradición e as lendas galegas,

conforman unha obra na

que as cores foron gañando e

impoñéndose co tempo, tal e

como resaltaron os organizadores.

Pérez Porto naceu en Barallobre,

Fene, pero reside na parroquia

sadense de Osedo onde ten

o seu obradoiro. Realizou exposi-

cións da súa obra en diferentes

cidades galegas e tamén na Bretaña.

A Xanela

Eira Vella presentou o pasado

12 de xuño o número 31 de A

Xanela, Revista cultural das Mariñas.

Ademais das colaboracións

de varios ilustradores e creadores,

a portada e as páxinas centrais

da revista están adicadas a

Lois Pereiro, escritor homenaxeado

no Día das Letras Galegas.

Ademais, continua a homenaxe

ao compositor Carlos López García

iniciada no número anterior

coa reprodución de conversas

que mantivo con Xuxo Torres,

coordinador da revista.

O broche de ouro á presentación

púxoo o grupo de música

tradicional galega “Fiandola”

que ven de ssacar o seu segundo

disco “Mimá”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!