Programa Festival 96 Aniversario Toxos e Froles

toxosefroles.com

Programa Festival 96 Aniversario Toxos e Froles

PROGRAMA FESTIVAL 96 ANIVERSARIO

REAL CORO TOXOS E FROLES

19h30 - Teatro Jofre. Ferrol

Entrega do Premio Manuel Lorenzo Barxa 2011

Á Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos

Rancho da Praça

Foliada de Carril

Lela

Foliada de Migueliño

Regueifa de Añobres (Muxía)

Moliñeira de Vilamaior (Becerreá)

Anos de São João “Marcha de Entrada”

São Bento de Vairão

Marcha da Saudade

Moinho da levada “Corridinho”

Rompe as Trevas “Marcha de Saída”

Real Coro Toxos e froles

Grupo Instrumental "Manuel Lorenzo”

Aguilhoadas de Alacrám de Andrés Tojeiro Carpente.

Grupo de Cantareiras "Gradaílle”

Director: Arturo Lamas Braña

Cantar, Vals e Muiñeira Punteada de Limiñoa

Real Coro Toxos e Froles

Directora: Maite López Blanco

Foliada de Cortegada Foliada - M. Fernandez Amor

Desdés Alalá - Música: M. Farto

Negra Sombra Balada - Música: J. Montes Letra: R. Castro

Pandeirada do Grove Popular - Arr: M Fernandez Amor

San Benitiño Popular - Arr: R. Grova

Foliada de Paderne Popular - Arr: G. Leira R.

Director: Manuel Amorós Romero

COLABORAN

ENTREGA DO PREMIO MANUEL LORENZO BARXA 2011

real

coro

toxos

e froles

29 Maio 2011

Teatro Jofre - Ferrol

Entrada Gratuita

Invitacións no Teatro Jofre

e no Local do Toxos

Real Coro

Toxos e Froles

Ferrol

1915

Decano dos Coros Galegos

Medalla de Ouro de Galiza


Cantigas e Agarimos rancho da praça real coro toxos e froles

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos foi fundada en Santiago de Compostela

no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río, Salvador Cabeza de León; Henrique

Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño.

É unha das catro agrupacións históricas do folclore galego, que xurdiron da necesidade

da expresión do que se ten en chamar “nacionalismo popular”. Dende entón Cantigas e

Agarimos, vén traballando arreo na recuperación, conservación e transmisión

dalgunhas das formas máis entrañables da nosa cultura tradicional, como son a

cantiga, a música, o baile e os traxes populares; colaborando deste xeito, á

consolidación da identidade cultural de Galicia.

A través das súas seccións: coral, gaiteiros, grupo de baile e pandeireteiras (e

antigamente grupo teatral), Cantigas e Agarimos non deixou nunca de ocupar postos

privilexiados nos eidos do folclore e así o acreditan os numerosos premios acadados

ao longo da súa traxectoria e as referencias dos historiadores da nosa cultura.

Ademais dedica un importante traballo á promoción do baile e da música popular entre

os rapaces, por medio da Escola da Muiñeira, Gaita e Pandeireta, Concurso de Baile e

Música, Día da Muiñeira, publicación da revista Algalia.

Ó longo destes anos, Cantigas e Agarimos ten percorrido innumerables festivais e

certames de toda Galicia, España, Portugal, Francia, Alemania, Xapón, Estados Unidos,

etc, recibindo diversos premios e recoñecementos ó seu labor de divulgación da

tradición musical. Este traballo apareceu en programas de televisión e incluso películas

como “La casa de la Troya” (M. Noriega e A. Pérez Lugín, 1924). ou “El bosque

animado” (J.L. Cuerda, 1987).

Algúns dos máis importantes grupos e autores da música galega contaron coa

colaboración de Cantigas e Agarimos, como é o caso de Milladoiro, Berrogüetto,

Xochilmica, Treixadura, Amancio Prada, Rosa Cedrón.

O Real Coro Toxos e Froles quere recoñece-lo traballo a prol da cultura

galega que Cantigas e Agarimos leva desenrrolando nos seus 90 anos

de historia co premio Manuel Lorenzo Barxa 2011.

É unha agrupación artística, cultural e rexionalista. Fundado en 1920, é considerado un

dos ranchos máis antigos de Portugal.

As súas cáseque centearias raigames están inspiradas en tradicións, cultos e costumes

populares de Vila do Conde, dende a milenaria evocazón relixiosa festiva a São João

Baptista no 24 de Xuño. A historia da nosa terra é rica en monumentos e belezas

naturais. Foi berce e viviron nela do que nos fala a nosa historia. Son famosos os seus

traballos artesanais de Rendas de Bilros.

Os seus cánticos e danzas son dunha orixinalidade singular, musicadas e compostas

por mestres vilacondenses.

Os poemas e cantares amosan todo o que existe de monumental e artístico en Vila do

Conde, é a musa inspiradora de cantos pasaron e ficaron pola vila portuguesa,

embebidos de tanta beleza.

A coreografía traduce a inspirazón das nosas rendilheiras, que co as súas mans de fada

conseguen face-los máis difíciles, variados e vistosos traballos da arte popular.

Dende sempre, o Rancho da Praça ten sido un dos axentes máis importantes na

divulgazón turística de Vila do Conde.

Foi varias veces louvado, enaltecido e galardoado polas máis altas individualidades

políticas de Portugal, España, Francia, Alemaña e Canadá, entre os que cabe salientar:

- 1º Prémio da cidade de Nancy (Francia), Título de Instituzón de Utilidade Pública,

Medalha de Mérito da Câmara Municipal de Vila do Conde, ...

Foi o promotor do irmanamento entre as cidades de Vila do Conde e Ferrol.

Irmanado co Real Coro Toxos e Froles de Ferrol dende 1935, coa Associação Cultural

Portuguesa dos Alpes Marítimos de Cannes (Francia) dende 1993 e co Rancho

Folclórico do Vasco da Gama Futebol Clube, da cidade de Hamilton – Ontario (Canadá)

dende o 2001.

Está composto tradicionalmente por catro ranchos, con elementos de diferentes idades:

- O Rancho Actual de adultos é o representante oficial da Asociación.

- O seu Rancho Infantil, composto por raparigos de entre os 4 anos e 12 anos, funciona

como escola para que as tradizóns se perpetúen.

- O Rancho dos Casados, composto por rapaces e raparigas que xa tiveron danzado e

con idades entre os 30 e os 40 anos.

- O Rancho da “Velha Guarda” é o formado por compoñentes entre os 50 e os 80 anos. É

o rancho da saudade para cantos xa pisaron os palcos e hoxe son o exemplo do pasado.

O RANCHO DA PRAÇA afírmase como unha asociación chea de vitalidade e

rexuvenecemento no que se constrúe o futuro, cimentando o presente, tendo como

base o respeto e a diñidade do pasado. É no recoñecemento de aqueles que noutrora

puxeron todo o seu traballo a prol do Rancho para que os Pracistas sintan honra do seu

RANCHO DA PRAÇA e que sexa unha das principais e máis populares colectividades

culturais da milenaria Vila do Conde.

Tivo a súa orixe no seo da ferrolá orquesta de punteo “Airiños da miña terra”, cando a

entidade de corda realizou unha xira por Cataluña, en Xuño de 1907, acompañada

por un coro típico galego, debidamente uniformado cos traxes da rexión, integrado

por 19 coristas, un gaiteiro, un tamborileiro e dúas parellas de baile. Sete anos máis

tarde, en decembro de 1914, por iniciativa daquel gaiteiro, Manuel Lorenzo Barja,

creouse un coro galego que foi denominado Coro Feijoo “TOXOS E FROLES”,

rendindo homenaxe ó iniciador dos coros galegos, Perfecto Feijoo y Poncet, o

“Gaiteiro do Lérez”.

A súa primeira constancia como entidade debidamente legalizada tivo lugar cando o

Goberno Provincial refrendou o Regulamento polo que se rexiría no futuro, o 30 de

xaneiro de 1915.

“TOXOS E FROLES” debutou no Teatro Jofre de Ferrol, o 29 de maio de 1915, baixo a

dirección de Manuel Lorenzo Barja. Dende entón, as súas actuacións poden

contabilizarse por centenares, destacando entre éstas as que levou a cabo a beneficio

de persoas e causas, de xeito totalmente desinteresado.

O día 8 de agosto de 1915, o colectivo departamental interpretou por vez primeira o

Himno Galego, xunto coa Coral “El Eco”, de A Coruña, ó rematar un concerto

benéfico na cidade herculina.

Dende finais do ano 1920, a súa formación é mixta, composta por voces brancas e

voces graves.

Dende 1917, coincidindo co segundo aniversario da presentación en público, o

Toxos faise acompañar en todo acto oficial por unha bandeira, que é a galega, sobre a

que figura o escudo da entidade e a inscripción Coro “Toxos e Froles”. Dende aquela

data, tres insignias máis foron substituídas polo deterioro do uso. A segunda data de

1957, a terceira de 1973, e a cuarta e vixente de 1993.

A primeira gravación en discos fíxose no 1922, recentemente reeditados en formato

dixital; as seguintes gravazóns foron feitas en decembro de 1962, 1970, 1979, 2000

e a última é do ano 2007.

“TOXOS E FROLES” ostenta o título de Real dende o 1 de febreiro de 1928, outorgado

por S. M. El Rei Don Alfonso XIII, despois de que a colectividade actuara ante os

monarcas o 23 de setembro de 1927, no pazo dos Duques da Conquista, en San

Sadurniño.

Entre as deceas de distincións que o “TOXOS E FROLES” ten no seu haber, son

dignas de mención a de “Socio de Mérito” do Centro Gallego de Madrid, (1918); a

Medalla ó Mérito da Cidade de Xixón, Batuta de Ouro do Orfeón Catalá e Barretina de

Oro dos Coros Clavé de Barcelona (1934); Cruz do Mérito Naval (1941); Medalla de

Prata da Cidade de Ferrol (1976); Medalla de Prata da Provincia (1987); Gaita de

Prata do Ateneo Ferrolán (1998); Medalla de Ouro de Galiza (2005); Ferrolán do ano

(2005); Medalla de Ouro “Marcial del Adalid” da Real Academia Galega de Belas

Artes (2006); Medalla de Honra “Gaiteiro de Soutelo” (2006), Premio Manuel Prado

Lameiro da Coral de Ruada (2010).

More magazines by this user
Similar magazines