AGOSTO

vedraturismo.com

AGOSTO

AGOSTO

1 2 3 4 5

6 7 8 9 10 11 12

13 14 15 16 17 18 19

20 21 22 23 24 25 26

27 28 29 30 31

... No mes de agosto

BOLETÍN

INFORMATIVO

MUNICIPAL

Agosto 2012 - nº 155

• Segue a gozar da nosa PISCINA MUNICIPAL

• Os máis cativos continúan coa LUDOVERÁN

• O PROGRAMA GOZA DO ULLA VISITA VEDRA O 18 DE AGOSTO

• As actividades culturais, deportivas e para as persoas maiores

ESTÁN DE DESCANSO!!

... Iniciativas das asociacións para o mes de agosto

ESTE MES É O MES MÁIS FESTEIRO!! VIVEO COMO SE MERECE!!

- O 1, 2 e 3 FESTAS EN SAN FINS DE SALES

- O 7, 8 e 9 FESTAS EN SAN MAMEDE DE RIBADULLA

- O 9, 10 e 11 FESTAS DO SAN CAMPIO EN SAN MIGUEL DE SARANDÓN

- FESTAS DO SANTIAGUIÑO EN SAN PEDRO DE VILANOVA:

- INICIO DA NOVENA DO SANTIAGUIÑO E SARDIÑADA

- ESPANTALLOS

- RUTA CABALAR

- O 26 III FESTA DO CHOURIZO EN SAN PEDRO DE SARANDÓN

- O 26 XV EDICIÓN DA CONCENTRACIÓN MOTEIRA VAL DO ULLA


Campamentos

de Verán !!

Neste mes de agosto

30 rapaces e rapazas de

entre os 9 e os 16 anos

do Concello de Vedra

vivirán a experiencia

dun campamento de

verán, no que gozarán

dun montón de actividades

nas instalacións

do Albergue Xuvenil

Virxe de Loreto de Porto

do Son.

* De seguro será unha

gran experiencia!!

...FOI EN XULLO

...EXTRA DE VERÁN

Piscina Municipal. Tempada 2012

En agosto poderán seguir a gozar da nosa piscina municipal.

CALENDARIO:

Do sábado 23 de xuño ao domingo 9 de setembro

HORARIO:

de luns a venres de 15.00 h a 21.00 h.

sábados, domingos e festivos de 16.00h a 21.00 h.

*En caso de mal tempo as instalacións permanecerán pechadas!

Neste mes continúan as actividades monitoradas que che ofertamos!!

* Natación para nenos e nenas: INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO

* Natación para persoas adultas: INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO

* Natación terapéutica para persoas adultas e maiores de 65 anos

*Consulta horarios, prezos e condicións na propia piscina ou no seu

teléfono 626 488 891.

2


Aluguer de Piraguas e Barcas

do Ulla na Área de Recreo de

Agronovo

O Concello de Vedra infórmate de que ao longo do

mes de agosto na Área de Recreo de Agronovo

PODES ACCEDER LIBREMENTE ÁS PIRAGUAS E

ÁS BARCAS DO ULLA

os sábados e domingos pola tarde entre as

16:00 e 20:00 h

PREZO DO ALUGUER: 3 € a hora

...TURISMO

Oficina de Turismo

Tempada de Verán

En agosto a Oficina de turismo (Casa dos Peóns, en San Pedro deVilanova) estará aberta no seguinte horario:

De martes a domingo en horario de 11 a 14 h e de 16 a 19 h.

* Os luns estará pechada.

O Departamento de Turismo tamén oferta un servizo de acompañamento para grupos que desexen

realizar visitas guiadas a puntos de interese do concello.

Para calquera consulta dirixirse a:

Os teléfonos de información turística:

981 512 482 / 669 450 804

A web de turismo: http://www.vedraturismo.com/

O blog de turismo: http://www.vedraconecta.blogspot.com/

A Pasarela de Ximonde

Un novo atractivo para o turismo e a veciñanza de Vedra

Xa contamos en Vedra cun novo atractivo turístico para gozar neste verán, inaugurouse o xoves 26 de xullo

unha nova pasarela peonil en Ximonde.

Esta pasarela conta cunha lonxitude de

case 100 metros e facilita a unión de ambas

marxes do río Ulla, entre Vedra e os nosos

veciños de A Estrada. Está situada á altura

do Couto Salmoneiro de Ximonde onde xa

existía unha pasarela que foi derrubada por

unha forte riada no inverno do ano 2000.

O Couto de Ximonde conta cunha Estación

Ictiolóxica para o estudo da poboación

existente de salmón. Nunha estación deste

tipo captúranse e analízanse os exemplares

de salmón. Só existen catro estacións deste

tipo en Galicia.

Con este novo equipamento agardamos

darlle un impulso ao turismo no noso concello. Agardamos que a disfrutedes!

3


AGOSTO Nº 155

Programa Goza do Ulla. En agosto visita Vedra

Continúa este programa de sendeirismo que conxugan 19 municipios da ribeira do Ulla.

Neste mes o Goza do Ulla visita Vedra!!

DATA: O 18 DE AGOSTO

RUTA “SAN XOÁN DA COVA” 11,2 km. (duración aproximada 3.30 h)

INFORMATE NOS TELÉFONOS. 981 814 691 e 981 512 482

PUNTOS DE ENCONTRO:

Ás 9.30 h diante da casa do concello ás 10.00 h na área de recreo de Cubelas (San Pedro de Sarandón). SAÍDA

NOTAS: Haberá servizo de autobús ao final da ruta para a recollida de coches no punto de saída.

Ao final da ruta, como vén sendo habitual, celebraremos un xantar de confraternidade:

Para unha mellor organización as persoas interesadas en reservar

praza para o xantar anotarse no teléfono: 981 512 482 (Oficina

de Turismo)

RESTO DA AXENDA PARA AGOSTO:

TOURO: O 5 de agosto. Coa Ruta “Ribeira do Ulla” 12,8 km.

ARZÚA: O 11 de agosto

Coa Ruta “Muiños de Roque – Fervenza das Hortas” 14 km.

TEO: O 26 de agosto. Coa Ruta “As Beiras do Ulla” 9,1 km.

Apoio e

Reforzo

Educativo

Continúa o programa

de apoio e reforzo

educativo na

Biblioteca Municipal.

Tratase dunha

actividade gratuíta.

As persoas interesadas

poden informarse no

teléfono 981 814 693

...EDUCACIÓN

4

D´XOVE

O 23 de Xullo no marco da actividade D´Xove celebráronse unhas xornadas de

xogos de interacción dirixidas aos mozos e mozas de entre 16 e 24 anos co gallo

de fortalecer as redes xuvenís para que traballen coma multiplicadores para á

inclusión educativa na nosa localidade.

Como fío conductor utilizamos a historia das Mulleres Grises, elas céntranse en que

formarse e estudiar é unha pérda de tempo. Os/as participantes a través dos xogos

de interacción que plantexamos foron descubrindo que non é certo; tendo que

recuperar o tempo que lles foi entregado as Mulleres Grises (ladroas de tempo)

superando as distintas probas e xogos por equipos.

As conclusión á que chegaron foi que é difícil coñecerse a si mesmos e que formarse,

aprender, prepararse para o futuro non é unha perda de tempo si non que pola

contra e un xeito de coñecerse máis a si mesmos e valorar as propias capacidades.

VISITA O 1 DE AGOSTO A ESTACIÓN EXPERIMENTAL DE

HORTICULTURA INTENSIVA DO BAIXO MIÑO

Esta saída faise coa intención de achegar os mozos e mozas do medio rural ás novas formas de explotación e

produción na horticultura así como aproximalos a un perfil profesional que lles resulte motivador para unha

posible continuación da súa formación nun itinerario académico da familia agraria.

Na Estación ampáranse proxectos que comportan novas orientacións produtivas ou de adecuación ao mercado

e ás súas esixencias, actuando en áreas como a investigación e a transferencia de tecnoloxía, a certificación da

calidade ou a promoción de iniciativas de mellora específicas.

Visitaranse as experimentacións en invernadeiro e terreo. A visita continuará en Pycflorga, tanto na planta de

produción coma de comercialización, tendo 24.000 m. de instalacións, 5000 m 2 de invernadeiro e 100.000 m 2 de

cultivos propios.

A tarde completarase con actividades educativas e culturais.

Esta actividade é gratuita Coa colaboración da:


Ludoverán

medieval 2012

Continúa a programación de

mañá da ludoteca municipal.

Cargada de actividades para

os máis pequenos!!

Aos primeiros dous vedreses

en completar a travesía

pirenaica Monte Perdido

Extrem

Os vedreses David Souto Rey e Alberto Insua

Barros son os primeiros galegos en completar

a travesía pirenaica chamada Monte Perdido

Extrem. Realizárona en 5 etapas entre o 23 o 28

de Xuño recorrendo sobre 50 km. e con 3823 m.

de desniveis positivo. O Monte Perdido Extrem

recorre uns paraxes inimaxinables pola súa

grandiosa beleza, boa proba delo e que están

considerados pola Unesco como Patrimonio da

Humanidade.

...SERVIZOS SOCIAIS

Terceira Idade.

En agosto o Centro Social permanecerá

pechado

* Ollo! En Setembro volven as actividades!

Excursión a Portugal: Lisboa – Estoril – Cascais – Setubal

Do 6 ao 9 de setembro.- Prezo: 195 €

Celebración da patrona do Centro social “Festa do Burgo”

Sábado 8 de setembro ás 12.30 h

Cine Clásico “Lo que el viento se Llevó” 2ª Parte

Martes 11 de setembro ás 20.00 h

5

Bingo

Xoves 20 de setembro ás 21.00 h

Excursión a Redes – Mugardos – As Pontes

Mércores 26 de setembro.- Prezo: 22 €

*O prazo ábrese o 4 de setembro. As prazas e número de asento

adxudicaranse por orde de inscrición

...PARABÉNS

A Cándido Pazos

Por conseguir o premio á

mellor guía turística! Un

recoñecemento outorgado

Parlamento Europeo.

Sen dúbida outro éxito

na súa dilatada carreira.

Felicidades!

Aos nosos Xenerais da Ulla.

Por levar o Entroido a Portugal

Un grupo de xenerais e correos do Concello deVedra,

participou o pasado 28 de xullo no 2º Encontro de

Teatro Popular do Eixo Atlántico (EIXPRESSOES),

celebrado en Viana do Castelo (Portugal)

A todos eles a nosa felicitación e moitas grazas por

difundir o noso Entroido da Ulla!


AGOSTO Nº 155

Ao Club Olímpico de Vedra

Un habitual xa desta sección polas seus

incontables e innumerables éxitos!!

Aquí facemos un pequeno resumo do

logros acadados nos pasados meses de

xuño e xullo.

Anxo Lema Saavedra Campión Galego cadete de Biatlón.

Subcampión de España cadete de triatlón coa selección galega.

4º clasificado campionato de España de acuatlón por autonomías.

4º clasificado campìonato de España de acuatlón

Daniel Bouzón García Campión galego cadete masculino de triatlón.

Subcampión galego cadete de biatlón.

Subcampión de España cadete de triatlón coa selección galega.

5º clasificado campionato de España de acuatlón por autonomías

Nerea Ruanova de la Fuente Subcampiona galega xuvenil de 5000 metros en ruta.

9ª campionato de españa xuvenil atletismo 5000 metros

Nicolás Villanueva Sánchez Bronce galego cadete masculino de triatlón.

Alba Lema Seoane Bronce galego cadete feminino de triatlón.

Araceli de Roo Ribadulla Campiona galega benxamín de lanzamento de peso.

Pablo Mejuto Turnes Subcampión galego benxamín de 1 km marcha.

Bronce galego benxamín de lanzamento de peso.

Victor Bouzón García Subcampión galego alevín de lanzamento de pelota.

Noela Baltasar Otero Subcampiona galega benxamín de 1 km marcha

...VEDRA EN FESTAS

ESTE MES É O MÁIS FESTEIRO DO ANO!! VÍVEO COMO SE MERECE!!

6


AGOSTO Nº 155

Festas do Santiaguiño en Vilanova

O 18 de agosto III Concentración de Espantallos en Vilanova

Organizada pola Asoc. Cultural Tira e Afloxa en colaboración coa Asoc. Cultural Santiaguiño.

Ofrecen unha tarde chea de actividades culturais coa seguinte programación:

Ás 19.00 h. Presentación de Espantallos

Ás 20.00 h. Musical de nenos – espantallos

Ás 22.00 h. Representación da Obra: Traslado dos Restos do Santiago Apóstolo por Terras da Raiña Lupa

(Versión cómica, respetado a orixinal da historia ou lenda)

Á partir das 23.00 h. entrega de premios:

- Aos tres mellores espantallos.

- Áos sombreiro e a pamela máis orixinais

(Xurado estará composto por algunhas caras coñecidas da TVG)

Ao remate actuación do Grupo Musical “Fantasía”

A Asoc. Tira e Afloxa convidará

aos asistentes a “Chourizos con

Pan”

* A organización proponlle

ás persoas asistentes asistir

ataviados con roupa celta e

ademáis que luzan as súas

pamelas e sombreiros!!

SERÁ MOI DIVERTIDO!!

O 19 de agosto VI Ruta

Cabalar do Santiaguiño

Santiaguiño´2012

O 16 de agosto

Procesión do Santiaguiño e Comezo da novena!

Ao finalizar, Sardiñada amenizada polo Dúo Nebraska

O 24 de agosto

Vésperas da festa.

Baile a cargo das orquestras

AMÉRICA S.L. e TROVADORES

O 25 de agosto

Sesión vérmut coa Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla

Baile coa gala espectáculo na que participarán:

- Os Tres Sudamericanos

- Pasión de Gavilanes

- Boys and Girls

- CHENOA

7

III FESTA DO

CHOURIZO EN SAN

PEDRO DE SARANDÓN

O domingo 26 de agosto na Área

de Recreo de Cubelas en San Pedro

de Sarandón celebrase a terceira

edición desta festa gastronómica.

PREZO: 15 €

POR PERSOA

MENÚ:

CHOURIZOS, CHURRASCO, POSTRE,

PAN, VIÑO, CAFÉ E CHUPITO

RESERVAS NO TELÉF.

650 418 613

(Bar Benjamin)


... NO NOSO CONCELLO

…Así sí … Así non

...XANELA DA LINGUA

Este mes na Xanela da Lingua continuamos ofrecendo información sobre o galego e as novas tecnoloxías da

información.

Nesta ocasión imos enfoca-la información cara os tradutores de galego na Rede, dos que damos conta dos seguintes:

Esgl: ferramenta de tradución automática castelán-galego, galego-castelán, inglés-galego, galego-inglés e os

prototipos francés-galego 8e viceversa) e catalán-galego (e viceversa). O acceso é aberto e gratuíto, cun volume

limitado (2.500 caracteres). Traduce webs e textos.

As entidades públicas dispoñen de licenzas que permiten un volume maior de tradución. Conta tradutor de

acceso restrinxido a persoal da Administración pública.

Lucy KWIK Translator: permite traducir textos breves ou páxinas web do galego ao inglés e ao castelán, e viceversa.

Conta cunha versión profesional de pago que permite traducir documentos completos, o correo electrónico

ou integrar a aplicación nunha web.

Opentrad: sistema de tradución automática en código aberto de uso gratuíto. Permite a tradución bidireccional

castelán-galego e galego-portugués e galego-inglés. Tamén fai traducións castelán-catalán e castelán-éuscaro.

Traducíndote: mellora sobre Opentrad desenvolvido por un alumno do instituto de educación secundaria Chan

do Monte de Mogor, en Marín, de software libre. O programa permite traducir documentos OpenOffice en varias

linguas.

Servizo de tradución automática do Instituto Cervantes: tradutor bilingüe castelán-galego e galego-castelán

de acceso gratuíto, que permite traducir webs e textos.

As persoas usuarias poden obter máis información e acceder aos mesmos no seguinte enlace

http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_nas_novas_tecnoloxias#tradutores

ACERCA DO BOLETÍN:

Agora recibes o Boletín Municipal de Vedra na túa casa a través do servizo de correos!! Se non é así fáinolo

saber no teléfono 981 814 691

*Tamén podes velo na páxina web do concello: www.concellodevedra.com ou recibilo xunto con toda a información

relacionada co noso municipio a través do SERVIZO DE NOVAS. Para iso só tes que mandarnos un e-mail

a novas@concellodevedra.com. Deste xeito terás sempre a información de todo canto aconteza en Vedra!!

PUBLICITA A TÚA PROPOSTA: Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é

que a túa actividade saia publicada no Boletín fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo

novas@concellodevedra.com co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN.

A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 22 DE CADA MES

Edita: Colaboran:

8

Novo horario do

Punto Limpo

O Concello de Vedra informa do

novo horario do Punto Limpo,

situado en Fornelos.

MARTES: 10:00 - 14:00

16:00 - 19:00

SÁBADO: 10:00 - 14:00

* Para máis información ou

consultas chamar ao

628 984 185

Similar magazines