Percorrido pola historia da nación galega - forGA

forga.info

Percorrido pola historia da nación galega - forGA

percorrido

pola

da

percorrido

pola historia historia

da nación nación

galega

galega


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

galega

A cultura castrexa Período megalítico, de

grande importancia

(mámoas, lapas, dol-

A finais da Idade do Ferro, as xentes do extremo noroccidental da

Península Ibérica conformaban xa unha unidade cultural homoxénea que

as diferenciaba do resto e que tempo despois sería percibida polos primeiros

autores clásicos, denominando a este conxunto de pobos co nome

de Gallaeci (galaicos). Os Gallaeci ou Galaicos foron orixinariamente un pobo

indoeuropeo de lingua celta, por tanto, celtas para uns autores, celtizados

para outros, –sen que exista pleno consenso entre os investigadores–,

que ocuparon durante séculos aproximadamente o territorio da actual

Galiza e norte de Portugal. Todo indica que por 'celta' debemos entender

un amplo conxunto de pobos, entre os cales fica o galego, recoñecidos como

tal por foráneos, sobre a base dunha cultura, fixación na terra e costumes,

para alén de lingua, de grande semellanza.

O modo de hábitat baseábase en poboados fortificados que reciben o nome

de castros, podendo variar o seu tamaño dende pequenos grupos habitacionais

(aldeas) a grandes núcleos poboacionais, castros de máis de 10

hectáreas que reciben o nome de oppidas ou citanias. Dáselle no

Noroeste da Península Ibérica o nome de «cultura dos castros» ou «cultura

castrexa». Só no territorio da Galiza actual chegan a contabilizarse máis

de dous mil castros.

A organización política dos galaicos artellábase en pequenos estados independentes,

encabezados pola figura dun rei local que os romanos denominaron

princeps, como noutras partes de Europa. Como agrupación xentilicia

de rango inferior á tribo aparecía o clan, que os romanos designaron

tamén cos nomes de xentilidade e de centuria. Nas súas orixes, debeu de

responder a unha comunidade de sangue (parentesco). Establecíase nunha

comarca e dáballe o seu nome. As xentilidades tiñan, pois, uns límites

territoriais ben marcados. Coñecémolas por inscricións visíbeis en estelas

funerarias e aras votivas: ao lado do nome do defunto ou do oferente aparece

o topónimo da súa tribo. Nas tesseras hospitalis recóllense os pactos

entre varias colectividades consanguíneas para a colaboración ou protección

recíproca. Unha tribo constaba de varios clans, cada un deles co seu

número de familias, cun centro político, comercial e litúrxico; era o forum,

ao que non deben de ser alleas, por tradición, algunhas das feiras que aínda

se celebran en Galiza.

galega 4

Ano 3500a.c.

mens, círculos de

pedra...). Sabemos que

hai uns 20.000

monumentos deste

período na Galiza actual.

Ano 1800a.c.

Iníciase a Idade do

Bronce. Son desta etapa

(e de finais do

megalítico) os moitos

petróglifos atopados no

país,

Fortes relacións cos

pobos atlánticos e

centroeuropeos.

Castro de Sata Tegra (Abóbrica). Concello da Guarda.

Pedra da Arca. Baliás - Vimianzo Castro de San Cibrao de Las (Lambrica). Concello de San Amaro.


5

Campamento Romano de Aquis Querquennis. Concello de Bande

Romanización

de Galiza

O noroeste peninsular non ficou integrado axiña

no mundo romano. Ao longo do século primeiro

houbo varias expedicións militares (Craso,

Perpenna, Xulio César), ao que acompañou o comercio

que foi medrando principalmente nas costas.

Cando Augusto emprendeu as Guerras

Cántabras, boa parte de Galiza xa era unha simple

base de operacións. O noroeste peninsular

foi organizado sobre a base do sistema de populi

e castella, representado nas inscricións por un C

invertido. No ano 74 d. C, concedeuse o ius latii

para toda a península, ou sexa, a cidadanía romana.

O territorio pertenceu primeiro á provincia de

Lusitania, coa división de Augusto (do 13 ao 16),

na Citerior e logo á Tarraconensis (no ano 27) e finalmente

constituíuse no ano 212 con Caracalla

como Nova Citerior Antoniana, e na reorganización

de Diocleciano no 298 xa como Gallaecia. O

territorio dividiuse en tres conventos (demarcacións)

xurídicos: bracarense, lucense e asturicense.

O latín foi substituíndo as linguas anteriores

nun proceso que seica remataría no século III

d. C.

Roma, a medida que vai conquistando o territorio

vai construíndo camiños cunha finalidade militar

e tamén de expropiación de recursos económicos,

aínda que os medios de subsistencia do pobo

continuaron a ser os mesmos. Na

organización económica resultan relevantes

dous elementos: dunha parte,

a introdución da villa romana, residencia

rural de luxo e explotación

agrícola a un tempo, que se expandiría

a partir do século III; doutra, o

aproveitamento de minas, en especial

de ouro, que decaería no século

II. Nas minas empregábanse escravos,

mais as villae foron atendidas

por colonos. A estrutura social castrexa

perviviu longo tempo en forma

de aristocracia indíxena romanizada

e de poboación rural.

Muralla romana de Lugo

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido

serodiamente, a mediados

do século III, por soldados da Legio

VII Gemina.

Ano 135a.c.

Décimo Xuño Bruto fai

incursións en Galiza.

Batalla do Douro na que

vence os galaicos, polo

que recibe o alcume

do “Galaico”.

Ano 61a.c.

Xulio César realiza

operacións de castigo e

chega até Brigantium.

Ano 34-23a.c.

Augusto consegue a

definitiva conquista e

pacificación de Galiza,

comeza a romanización.

Sobre esta data Strabon

tamén fala dos Kallaikoi

(galegos).

Ano 77

Os habitantes libres en

cada un dos tres

conventos son: Braga

175.000, Lugo 166.000,

Astorga 240.000.

Ou sexa, un total de

581.000 persoas,

suponse que os

escravos non eran

moitos.

Ano 385

Prisciliano é executado

en Tréveris xunto a

varios dos seus

seguidores. Seica naceu

na Gallaecia Romana e

tivo un gran

predicamento relixioso

entre as mulleres e as

clases populares.


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

Ano 411

Chegada dos suevos, un

pobo xermánico, suman

entre 30.000 e 50.000

persoas, e fundan un

Reino con capital en

Braga e outras cidades

do país (Ourense, Tui...).

Ano 714

Os árabes atacan no

715 Braga e un ano

despois O Porto.

Grandes zonas non son

ocupadas.

No 740 vanse de Lugo,

e no 750

aproximadamente non

hai presenza árabe

ningunha.

Ano 500

A finais do século V e

principios do VI chegan

os bretóns,

establécense na área entre

o río Eo e a ría de

Ferrol, con centro en

Mondoñedo. O seu

bispo, Mailoc, participa

nos dous concilios de

Braga.

Ano 813

galega

Descuberta do sepulcro

do Apóstolo Santiago

en Compostela, en tempos

de Afonso II o

Casto. Hai dúbida de se

é do apóstolo ou

dalgún culto anterior.

Axiña foi un centro de

peregrinaxe.

Ano 842-910

Ramiro I, Ordoño I e

Afonso III, que foron reis

de Asturias serían

previamente

gobernadores (ou

príncipes) de Galiza.

Durante este período a

nobreza galega tería

unha enorme influencia

no reino.

galega 6

Os Suevos

Cara o ano 411 os suevos chegaron á

Gallaecia. A partir do 430 este pobo xermánico,

de grande semellanza cos galegos,

desenvolverán e sufrirán, alén das

fronteiras, varias campañas militares

con Hermerico á cabeza. Estas rematarán

o ano 456 cando son derrotados no

río Orbigo polos visigodos. Os suevos

voltan ao arrianismo no ano 465, que

abandonaran polo catolicismo, unha

xeira que durou un século e nas que o

reino perdeu alento.

Suevos atravesando o Rhin. 409

Coa chegada de Martiño de Dumio no ano 550 os suevos tornan ao catolicismo

e o reino recobra pulo. Nos anos 561 e 572, durante os reinados

de Teodomiro e Miro, fanse os dous concilios de Braga nos que se definen

as bases administrativas da Galiza: 13 sedes cun bispo á fronte, que

están subdivididas en dioceses, que eran aproximadamente as comarcas

actuais. Deste xeito dáse un gran paso na organización do territorio.

Asemade, as asembleas establecen liñas doutrinarias e impulsan o cristianismo

fronte ás crenzas pagáns, porén, tamén asesoran ao monarca,

pódense considerar, polo tanto, os alicerces da parlamentarismo moderno.

Convén lembrar que na Historia Francorum (538-573) aparece

Galiza como «Regnum Galliciense», o que amosa a antigüidade do reino

galego.

O reino suevo será conquistado no ano 585, aínda que non desaparece

absorbido polos visigodos, xa que este último fica organizado en tres espazos:

Hispania, Galia e Galiza. Aínda máis, os monarcas denomínanse

reis do reino visigodo e suevo.

Batalla do Órbigo


7

Ano 844

Primeira invasión dos

viquingos. Hai varias, a

última no ano 1028.

Destaca a de 966, que

dura dous anos. Vencen

e dan morte en

Fornelos ao bispo de

Compostela.

A piques están de

establecer un reino

normando na Galiza.

Naves normandas

Ano 910-1126

Despois de seren reis

exclusivos de Galiza,

Ordoño II, Bermudo II e

Afonso VII tamén o serán

de León.

Ano 1128

Despois da batalla de

Sanmamede o condado

de Portugal consolida a

súa independencia de

Galiza e da monarquía

galego-leonesa.

Divídese a nosa nación,

aínda que se farán

intentos posteriores de

unificación.

Ano 850-80

Repoboación da parte

meridional da Galiza,

que desde a saída dos

árabes se mantén como

unha entidade

independente.

Vimara Peres repoboa O

Porto. Con Afonso III

(862-910) a fronteira

chega ao río Mondego.

Ano 997

Almanzor realiza unha

incursión contra o norte

da península arrasando,

entre outras cidades,

Santiago de

Compostela. En 999

comeza a reconstrución

dirixida por San Pedro

de Mezonzo.

Estatua de Afonso

Henriques en Guimaraes

O Reino de Galiza existiu ao longo de catorce séculos, desde a chegada

dos suevos no ano 411 até a supresión do Antigo Réxime en 1833. Porén,

como realidade política autónoma debemos poñer o límite no século XV,

no ano 1486 cando os Reis Católicos viaxaron a Compostela. Aínda que

desde 1230 compartiron reis con Castela, agás algúns pequenos intervalos

nos que non foi deste xeito. Convén lembrar que mesmo en certos períodos

Galiza tivo reis exclusivos durante estes anos, como Ordoño II

(910), Sancho Ordóñez (926-929), Bermudo II (982), García (1065-1072) e

Afonso VII (1111-1126).

Os árabes chaman reis galegos aos que agora se lles chama de Castela e

León, por exemplo, Ibn Idari (historiador magrebí de Fez) informa que Al-

Muzaffar (1045-1063) «acordou con Fernando, rei dos galegos, a entrega

de cinco mil dinares desde o comezo da tregua». A medida que se consolida

Castela a denominación vai mudando, porén aínda coa Idade Media

moi avanzada Ibn Jaldun (cronista tunesino morto en 1406) indica que en

tempos da revolta Trastámara «Pedro I sucedeu a Afonso XI á fronte dos

galegos».

Un período destacado da historia medieval de Galiza, correspóndese cos

reinados de Afonso VII, Fernando II e Afonso VIII. Aínda que no aspecto

cultural alongouse até Afonso X. Nesta época destaca a lírica galaicoportuguesa,

referencia internacional no marco europeo. Esta comprende

desde a composición máis antiga, coñecida no ano 1189 até o 1354 no

que morre Pedro de Portugal, conde de Barcelos, fillo de Don Dinís.

Durante este último período de convivencia dos dous reinos de Galiza e

León (1157-1230), independentes de Castela, Galiza foi dando un carácter

profundamente galego a todo o territorio, estendendo a súa lingua,

chegándose na propia Universidade de Salamanca a ser o galego idioma

empregado con normalidade, mesmo antes que o castelán.

Un tempo que ben reflectía nun seu escrito o marqués de Santillana, no

que afirmaba: "non há mucho tiempo cualesquier decidores é trovadores

destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la Estremadura,

todos sus obras componian en lengua gallega o portuguesa".

Ano 1136

O Reino de Galiza

Revoltas comunais en

Compostela.

O arcebispo Xelmírez

débese refuxiar para

fuxir dos perseguidores

que pretendían matalo.

Ese mesmo ano Alfonso

Henriques vence a

Alfonso VII na batalla de

Cerneja.

Ano 1173-75

Aparece a primeira

composición en lingua

galega, un acordo entre

dous fidalgos, os

irmáns Pais. A fins do

século XII son os

poemas de Paio Soares

de Taveirós e do rei de

Portugal Sancho I.


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

galega

Ano 1369

A revolta irmandiña Fernando I, de Portugal

Na Idade Media as grandes contradicións de clase que existían, fixeron

que o campesiñado e burguesía se enfrontasen contra a aristocracia. Á altura

do 1431 nas terras do señor de Andrade organizarase a Irmandade

Fusquenlla. Os levantados non contarían co éxito que agardaban, mais o

fito quedou marcado. Nesta liña, desenvolveuse unha segunda revolta irmandiña

que durou de 1466 ate 1469. Segundo testemuña de Tabera

Fonseca, os irmandiños contaron con 80.000 homes, e calcúlase que destruíron

130 castelos. As causas desta verdadeira guerra civil foron as malas

colleitas así como os abusos dos señores feudais. A revolución principiou

por parte de Alfonso Lanzos co apoio dos concellos de A Coruña,

Lugo, Betanzos e Ferrol, porén, alargouse axiña a todo Galiza. En toda a

zona centro e Compostela o seu xefe foi Pedro de Osorio, e no sur de

Lugo e norte de Ourense Diego de Lemos. Todos eles eran membros da

baixa nobreza.

A base social dos irmandiños foron: labregos, xentes das cidades, baixa

nobreza e fidalgos, e algúns membros do clero. A súa loita dirixiuse contra

os donos de castelos e fortalezas, así como encomendeiros principais

de igrexas e mosteiros. As casas da nobreza que sufriron a súa xenreira foron

os Lemos, Moscoso e Andrade.

Nun primeiro momento a nobreza fuxiu a Castela e Portugal. En 1469

Pedro «Madruga» señor de Soutomaior, inicia desde Portugal o contraataque,

contando co apoio doutros nobres e de tropas do arcebispo de

Compostela, así como dos reis de Castela e Portugal. Ademais sábese

que as súas tropas contaban con modernos arcabuces. Venceron aos irmandiños

e prenderon e mataron aos seus líderes. A represión foi moi dura,

obrigando aos campesiños a reconstruír boa parte dos castelos derrubados.

Isto acontecía nun marco de crise de ámbito europeo que arrancaba do s.

XIV. Após o auxe económico do século anterior, Galiza non dará anovado

as estruturas produtivas. O medre poboacional do século XIII e a falta de

recursos deu unha excesiva fragmentación da terra e ocupación de terras

non aptas para o cultivo.

Castelo de Pambre (Palas de Rei), que non foi destruído polos Irmandiños.

galega 8

invade Galiza sendo

recibido con honras nas

cidades. Enrique de

Trastámara, rei de

Castela, co apoio das

compañías brancas,

forza a súa retirada.

Aínda así, A Coruña

mantense dous anos da

súa parte.

Ano 1386

Movemento comunal en

Lugo contra os

impostos abusivos que

impuña o bispo Don

Lopo, dando morte ao

bispo e ao seu

mordomo. Ten un papel

sobranceiro María

Castaña. A revolta foi

sufocada.

Ano 1386

O duque de Lancaster

desembarca na Coruña,

e entra triunfante en

Compostela.

Permanece coas súas

tropas en Galiza até o

ano seguinte. A perda

de tropas pola peste

negra obrígano a se

retirar.

Catedral de Lugo

Ano 1431

Primeira revolta

irmandiña. Comeza en

terras dos Andrade e

afecta ao norte do país.

O seu dirixente máximo

é Roi Xordo.

Son derrotados polo

arcebispo e os exércitos

da nobreza.

Sepulcro de Andrade o Mao no Mosteiro de Monfero


9

Ano 1490

Instálase en Ourense a

primeira imprenta do

país. No ano 1492 son

expulsados os xudeus

de Galiza. En 1495

fúndase o Estudo Xeral,

que é antecedente da

Universidade de

Santiago de Compostela

en 1525.

Ano 1520

Xuntanza en Melide.

Reunión de notábeis do

país, que acordan,

ademais da oposición

ao movemento

comuneiro, pedir o voto

en Cortes e a concesión

dunha Casa de

Contratación para A

Coruña.

Conde de Gondomar

Ano 1493

Alonso de Pinzón chega

a bordo da carabela

Pinta ao porto de

Baiona, polo que Galiza

é o primeiro territorio

do Reino en saber da

“descuberta” de

América.

Ano 1528

Nacen as xuntas do

Reino, xa que os

representantes de

Compostela, Lugo,

Mondoñedo, Ourense e

Betanzos que se viñan

reunindo deciden ter

xuntas anuais. Logo

incorpóranse Tui e A

Coruña.

Ano 1610-13

Comeza a se introducir

no Barbanza o cultivo

do millo.

No 1613 vai a Londres

como embaixador de

España Diego

Sarmiento de Acuña,

conde de Gondomar.

Será un gran defensor

dos intereses de Galiza.

A 'doma e castración'

e os Séculos Escuros

Coa morte de Henrique IV enfrontaranse a súa filla dona Xoana e a súa irmá

dona Isabel que representan dous proxectos políticos ben diferenciados:

a primeira apoiada, no seu grosso, pola maioría da nobreza laica galega

e por Portugal, e a segunda defendida e apoiada pola alta nobreza

castelá, o Arcebispo de Toledo e a Coroa de Aragón. Finalmente esta última

posición é a que vence, sendo entronizada no 1479 como Isabel I, que

viña casara co herdeiro da Coroa aragonesa unha década atrás. Isto suporá

un aumento do proceso centralizador e a colonización. Galiza verá desterrados

aqueles nobres e señores propios a terras castelás, e a casteláns

ocupando todos os postos de poder e administración no noso país.

Será este o tempo da «doma y castración del Reyno de Galizia», da que falou

o cronista aragonés Zurita.

Aqueles nobres que ousaron non recoñecer ese novo poder foron duramente

reprimidos; caso do Marechal Pero Pardo de Cela, asasinado o

1483 por mandato dos Reis Católicos. Co asasinato de Pardo de Cela, herdeiro

dunha liñaxe rexia a través da súa muller Isabel de Castro (filla do

grande conde de Lemos), eliminábase calquera posíbel rebelión galega

de envergadura.

Así pois, no marco dun proceso centralizador castelán (de base imperialista),

xa iniciado polos Trastamara, na Galiza o idioma propio será negado,

empregado o castelán polo poder e a (nova) administración. Unha realidade

acompañada pola entrada de novas ordes relixiosa, que substituirán

o clero propio, a entrada de diversas partidas militares para afortalar

este (novo) poder, caso da entrada no noso país de 5.000 lanzas do conde

de Benavente. A isto acrecentarase a perda do voto en Cortes.

Entraba de cheo o noso país nos seus 'séculos escuros'. Séculos nos que

política, mais tamén social, lingüística e culturalmente negaríase a existencia

dun país que fora recoñecido e prestixioso internacionalmente,

que dera lingua a un Estado e nación libre como Portugal; un país, subordinado

a intereses foráneos, dada a súa situación estratéxica.

Ano 1622

Recuperación do voto

en Cortes, despois de

pagar unha grande

suma á Coroa, que fora

perdido a mediados do

XV. No ano 1662 revolta

popular na Coruña contra

as levas militares

(confrontación con

Portugal -aliado de

Inglaterra-).

Ano 1710

Ingresa na orde bieita

frei Martín Sarmiento,

unha das figuras

sobranceiras da

Ilustración galega e

introdutor dos estudos

lingüísticos en Galiza.

No ano 1726 fúndase o

estaleiro real de Ferrol.


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

Ano 1749

Comeza a construción

da estrada A Coruña -

Madrid. Aparecen novas

artes de pesca. Ao ano

seguinte aparecen os

métodos de pesca e

salga. No ano 1764

morre en Oviedo Frei

Gerónimo Feijoo.

Ano 1808

Ano 1815-20

Pronunciamento liberal

de Porlier na Coruña, ao

que se une Ferrol. En

1820 sublevación das

guarnicións de Coruña,

Ferrol, Vigo e

Pontevedra contra o

réxime absolutista.

Organízanse as

primeiras sociedades

patrióticas galegas.

Ano 1773-79

Emigración de familias

galegas para poboar

Uruguai e a Patagonia.

En 1787, segundo o

censo de Floridablanca

Galiza ten 1.345.803

habitantes.

En 1791 Ibáñez instala

en Sargadelos a

primeira fundición.

Loita contra as tropas napoleónicas. O exército

inglés usa ao noso país como base contra os

franceses na Península. Constitución da Xunta

Suprema de Galiza ao se erguer a cidade da Coruña

contra as tropas napoleónicas. En 1809 batalla de

Elviña e Pontesampaio. En xuño dese ano

reconquista de Vigo. A loita contra os franceses en

Galiza ten un carácter de insurrección popular.

Monumento á batalla de Pontesampaio contra os franceses.

Ano 1833

galega

Desaparición formal do

Reino de Galiza, que se

divide en catro

provincias. Comeza o

levantamento carlista,

que no noso país carece

de apoio popular, aínda

que durante toda a

década hai numerosas

partidas.

galega 10

A Revolución de 1846

e o Rexurdimento

Ao longo de toda a primeira metade do século no noso país han xermolar

diversos movementos de afirmación patriótica e de corte progresista,

como o desenvolvido en 1846. Este foi un pronunciamento militar

e civil que centrou na Galiza o obxectivo de toda Europa, tivo dous

eixos reivindicativos: cuestionar ao goberno do conservador Narváez

e recobrar a unidade territorial de Galiza, considerada «unha colonia

da Corte». O 2 de abril pronunciouse en Lugo un rexemento e días despois

sumaríanse Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui. Mentres que as

tropas con base na Coruña convertíanse no centro do apoio ao goberno.

A insurrección non prendeu no resto do Estado, e colleu en Galiza

unha tintura provincialista (prenacionalista).

O 15 de abril constituíase en Compostela a Xunta Superior do Goberno

de Galiza, da que era nomeado presidente Pío Rodríguez Terrazo e secretario

Antolín Faraldo, e Miguel Solís como xefe militar. Tiñan como

voceiro o periódico Revolución. Decididos a tomar o resto das cidades

do país crean dúas columnas, unha que se dirixe á Coruña e Ferrol e outra

co obxectivo de ocupar Ourense. Tanto nun caso como noutro dominou

a falta de iniciativa, polo que, para alén dalgún enfrontamento

en Sigüeiro, Ourense e preto de Ferrol, non se conseguiron os obxectivos,

dando tempo á chegada de forzas do goberno.

En Cacheiras (Teo), o día 23 de abril foi decisivo. Os efectivos do

Goberno eran superiores en número, sobre todo en cabalaría, e foron

reforzados con tropas de refresco. Da parte galega a forza era heteroxénea

e mal armada, ademais esperaron en balde axuda da columna

de Ourense. Despois do primeiro choque os insurrectos víronse forzados

a recuar a Compostela onde a loita foi corpo a corpo. O mosteiro

de San Martiño Pinario converteuse no último reduto duns 2.000 combatentes

revolucionarios até que se lles remataron as municións.

O día 27 de abril rendeuse Lugo, dando fin ao levantamento. Os xefes e

oficiais –56 en total– foron xulgados por un Tribunal Militar en Carral.

Son fusilados Solís e 10 capitáns en Carral, e un sarxento en Betanzos.

Moitos foxen a Portugal e os dous milleiros de detidos son enviados ás

colonias españolas.

Este será o tempo no que de vagar renacerá o noso idioma para a letra

impresa. Será a eopoca dos 'precursores' que desenvolven a súa actividade

literaria entre 1833 e 1863. Fanse na Coruña os primeiros «Xogos

Florais» en 1861. A Historia, a Filoloxía, entre outras ciencias, así

como a Poesía, gozarán dunha ampla produción da man de Manuel

Murguía, Saco e Arce, Marcial Valladares ou Rosalía de Castro,...

Unhas manifestacións patrióticas que serán irradiadas pola prensa galeguista

da altura, caso de El Miño, fundado por Manuel Murguía e onde

o patriotismo soberanista é o eixo central.


11

Insurrección en

Ferrol e motíns

agrarios

A segunda metade do século XIX non estivo libre

de movementos como o do 1846, mais, certamente,

de menor entidade. O retraemento

nas eleccións dos republicanos de Ferrol polas

manipulacións do sufraxio, o descontento dos

operarios do Arsenal polos atrasos salariais, e

o chamamento do Goberno a quintas, xeran na

cidade unha situación de tensión. O 11 de outubro

de 1872 estoupa a insurrección republicana.

Participan máis de 2.000 persoas na súa

maioría mariñeiros, gardas e traballadores do

Arsenal, e algúns afiliados ao partido federal. O

brigadier Pozas proclámase «Comandante general

del ejército federal de Galicia», e no

Concello fórmase unha Xunta revolucionaria.

Por razóns dispares, a insurrección fracasa,

malia os enormes recursos técnicos e humanos.

Esta etapa, o Sexenio, coincide asemade cunha

morea de motíns e protestas agrarias por

mor dos impostos excesivos, constrinximentos,

e chamado a quintas. Os seguintes exemplos

reflicten a tensión que vive o rural galego.

«En Maceda o 23 de marzo de 1870 axúntanse

1.500 campesiños negándose a pagar o imposto

de capitación. Cercan a vila e enfróntanse

con 50 gardas civís e 150 soldados. Os enfrontamentos

duran 3 días e un fato de paisanos

faise forte na serra. No chan quedan 4 mortos,

3 paisanos e 1 garda civil. Os feridos pasan

de dúas ducias». « O motín da Estrada durou

do 5 ao 18 de xullo de 1870. O día cinco 2.000

homes con sachos e paus arrestaron ao comisionado

encargado de facer os constrinximentos

por non pagar os impostos. Ante a presenza

das forzas de seguridade, practicamente as

50 parroquias que arrodean a vila puxéronse

en pé de guerra. O temor domina á maior parte

da poboación que foxe ficando só para defender

a lei 4 gardas civís e 14 veciños “de gran significación

social”. Tivo que vir o exército pra retomar

a vila» (Barreiro Fernández, Historia de

Galicia, Idade Contemporánea).

Ano 1855

Motíns en Compostela

pola fame, que se

estende por todo o país.

Numerosos concellos se

dirixen ao Congreso

pedindo solucións.

Falta sensibilidade.

A emigración masiva é

a única saída.

Ano 1869

En Ourense revolta dos

republicanos que se

estende á Coruña. A

poboación galega en

1860 é de 1.799.224

persoas, o 11,49% do total

do Estado español.

Proclámase o 11-2-

1873 a Primeira

República e dura só até

o 29-12-1874.

Represión en Maceda contra un motín labrego

Ano 1856

Banquete de Conxo no

que se unen en

confraternidade

obreiros e estudantes,

por iniciativa de Aguirre

e Pondal, que son

excomungados polo

arcebispo.

O exército arrodea a

carballeira.

Batalla de cacheiras en 1846

Ano 1863

Rosalía de Castro, a

egrexia poetisa, publica

Cantares Gallegos,

escrito en lingua

galega. No ano 1865

aparece o primeiro volume

da Historia de

Galiza de Benito Vicetto,

que atinxe axiña grande

difusión.

Banquete de Conxo


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

galega

A emigración Edítase en Ourense o

primeiro xornal

totalmente en lingua

No século XVIII a emigración galega diríxese a

Castela de xeito estacional, unhas 25.000 persoas

por ano, e a Portugal. Durante este século

estabelecéronse en Portugal uns 50.000 galegos

e galegas. A partir de mediados do século

XIX comeza a emigración masiva a América, especialmente

Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil,

Venezuela. Ate finais de século Galiza perde

500.000 persoas por emigración.

No século XX, a emigración diríxese a América,

Europa e a outras partes do Estado, o saldo ate

1970 é negativo en 812.386 persoas (INE). Hoxe

residen fóra de Galiza no Estado español

400.000 galegos e galegas, e máis de 40.000 realizan

fóra traballos temporais cada ano.

A emigración galega fixo durante o primeiro terzo

do século XX en Galiza unhas 900 escolas, pagáronse

mestres, e mantivéronse moitas organizacións

agrarias. Na emigración alentouse a

valoración do país e as súas potencialidades

produtivas, a loita polo Estado Galego e o traballo

a prol da nosa cultura e lingua nacional, dando

como resultado este substrato un número elevadísimo

de escolas denominadas de indianos.

A emigración, no caso de Galiza, non só foi fuxir

para procurar unha saída económica, senón tamén

morriña e desexo de cambio. Desde a emigración

viñeron capitais para desenvolver a economía

e ideas novas. Ademais, os emigrantes tamén

contribuíron nos países de acollida ao desenvolvemento

e na loita social e política.

Porén, o saldo nunca deixará de ser negativo,

en termos nacionais, porque significou a perda

de xente que noutras condicións axudaría a dar

un salto cualitativo e rachar dependencias.

galega 12

Ano 1876

galega, O Tío Marcos da

Portela, dirixido por

Valentín Lamas

Carvajal. Á súa iniciativa

tamén se

debe o popular

Catecismo do Labrego.

Ano 1880

Curros Enríquez escribe

Aires da miña Terra, que

o bispo de Ourense

prohibe.

En 1886 Manuel

Murguía pronuncia o

seu discurso a prol da

lingua en Pontevedra,

dando inicio ao

rexionalismo.

Ano 1901

Constitución en Tui da

Unión Galaico-

Portuguesa. No ano

1902 faise un novo

encontro en Viana do

Castelo. A terceira e

última xuntanza será en

Braga en 1903. A este

encontro asisten 47

sindicatos de Portugal e

30 de Galiza.

Ano 1887

O Partido Republicano

Federal redacta o

Proxecto de

Constitución para un

Estado Galego.No ano

1890 nace a Asociación

Rexionalista Galega en

Compostela, o seu

voceiro é La Patria

Gallega.

Ano 1879

Fúndase o Centro

Galego de Montevideo

e, pouco despois, nese

mesmo ano, o da

Habana. No ano 1885

publícase en Cuba A

gaita gallega, primeiro

libro en lingua galega

feito na emigración.

Centro Galego da Habana. Cuba.

Ano 1894

Constitúese na Coruña a

Cova Céltica, círculo

intelectual que da

pulo ao galeguismo.

Nutrirá en boa medida a

futura Real Academia

Galega fundada no ano

1906 e presidida por

Manuel Murguía.

Vista de Tui


13

A loita contra os foros

e os caciques

Contra da imaxe que se ten proxectado da sociedade galega, como mansa

e submisa, o movemento agrarista é unha das expresións máis claras da

capacidade de axer do pobo galego. A reivindicación da abolición dos foros

(contrato agrario polo cal o campesiñado tiña que pagar aos donos das

terras, nobreza e clero, unha boa parte da súa colleita e outros servizos), e

o combate contra do caciquismo foron os elementos centrais da rebeldía

labrega. Foi unha época marcada polas vagas de fame, a emigración.

O 28 de xaneiro de 1906 promúlgase a Lei de sindicatos agrícolas. De acordo

con esta lei e circulares, permitíase a asociación de campesiños en forma

de sindicatos, cámaras agrarias ou comunidades. No ano 1907 fúndase

Solidaridad Gallega. E no ano 1908 constituíuse o Directorio Antiforal de

Teis, abríndose deste xeito unha nova etapa na loita dos labregos, máis organizada

e menos espontánea contra os foros. Ese mesmo ano tamén xorde

a Unión Campesina (UC).

Á primeira Asemblea Agraria fíxose no ano 1909 en Monforte. A Segunda e

Terceira Asemblea fixéronse en Monforte en 1910 e 1911. A Cuarta e Quinta

terán lugar en Ribadavia en 1912 e 1913 respectivamente. Nestas asembleas

ten unha importante participación Acción Gallega (fundada en 1910),

polo papel destacado de Basilio Álvarez, aínda que nas resolucións e na

composición da presidencia se impón a liña conciliadora.

A 6ª asemblea realizouse en Redondela en 1915. En 1919 fíxose a derradeira

das asembleas, na Coruña. Daquela o movemento agrario estaba máis

maduro, xa había unha dereita e unha esquerda máis definidas. Foi unha

asemblea axitada, de sete sesións (na que seica houbo vinte e oito incidentes

e catorce escándalos), mais aínda así ficou inconclusa.

No ano 1926 o goberno de Primo de Rivera aprobaba o Decreto-Lei de redención

forzosa dos foros (que non a abolición que realmente fora o que

mobilizara as bases labregas). O paso previo foi patrocinar acordos comarcais,

como o negociado en novembro de 1923 entre a Federación Agraria

do Partido Xudicial de Tui (que agrupa a 36 sociedades) e a Sociedade de

Foristas, co delegado do goberno como intermediario.

Mitin contra os foros en Goián - Tomiño

Ano 1901

Folga xeral na Coruña.

Comeza pola esixencia

de aumento salarial dos

140 empregados de

fialatos. A Garda Civil

toma os fialatos. Masiva

Manifestación pola

chegada de esquirois

andaluces. Represión

cun morto e 11

manifestantes feridos.

Ano 1909

Motin en Oseira por mor

do enfrontamento dos

labregos co bispo.

Hai 9 mortos e 27

feridos. Protestas e

manifestacións en

Ourense. Serán

apedreados o pazo

arzebispal o Círculo

Obreiro Católico...

Ano 1907

Nace Solidaridad

Gallega, forza política

que integran distintas

tendencias: galeguistas,

neocarlistas e republicanos.

Pola iniciativa de

SG créanse unhas 400

sociedades agrarias. Foi

hexemónica nas primeiras

asembleas agrarias.

Mosteiro de Oseira

Ano 1910

Nace este ano en

Madrid Acción Gallega,

da man de Basilio

Alvarez, que terá un

papel importante na

axitación agraria contra

os foros e o caciquismo

até moi andados os

anos vinte.


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

Ano 1916

Constitúese a

Irmandade da Fala (a

prol da lingua galega)

na Coruña, a iniciativa

de Antón Villar Ponte. A

Nosa Terra será o seu

voceiro, é a súa

segunda etapa.

Conseguen organizar 13

irmandades e 700

afiliados.

Ano 1922

Represión en Sobredo,

Guillarei, Tui. Tres

labregos mortos e 10

feridos pola Garda Civil.

Folga xeral en Tui.

Desde La Zarpa, Basilio

Álvarez axita o agro.

En 1924 créanse as

primeiras cooperativas

lácteas.

Ano 1921

Fúndase en Bos Aires a

Federación de

Sociedades Galegas,

que terá un papel

importante na axuda á

loita contra os foros e o

caciquismo, e a prol do

Estatuto. No ano 1925

xorde a Organización

Nacionalista Pondal.

Ano 1926

Redención dos foros durante

a ditadura de

Primo de Rivera. Non

era a abolición como

querían moitos

agraristas, malia que

significaba un avance.

No ano 1927 Ánxel Casal

funda na Coruña a

Editorial Nós.

Ano 1931

galega

Proclámase o 14 de

abril a 2ª República. É

un tempo ateigado de

contradicións e

mobilización social.

O bienio negro de 1934

a 1935 será un recuar

nas aspiracións

populares e das

nacións dependentes

do Estado español.

galega 14

Asemblea Nacionalista

de Lugo

A primeira Asambreia Nazonalista Galega en Lugo en novembro do 1918,

afirma no manifesto que aprobaría:

«nós nomeámonos de hoxe para sempre nazonalistas galegos xa que a

verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nen encerra a

intensidade dos nosos problemas», (A Nosa Terra, 1918).

O altofalante das Irmandades, e por extensión do nacionalismo na altura,

será a agora renacida A Nosa Terra, após a súa etapa agrarista. A través

desta publicación os irmandiños exporán o seu programa, irán teorizando

arredor do problema nacional galego e adoutrinando aos novos

cadros que terá o nacionalismo na II República. Algúns dos máis

destacados militantes das Irmandades serán Antón e Ramón Vilar Ponte,

Lugrís Freire, Iglesias Roura, Cabanillas, Salvador Cabeza de León, Uxío

Carré Aldao, Antón Lousada Diéguez e Lois Porteiro, finado antes da

Primeira Asemblea Nacionalista.

No primeiro terzo do século XX o nacionalismo galego terá a Portugal,

Irlanda, Euskadi e Calalunya como referentes –se ben o caso galego fora

referencial para os cataláns a partir da obra de Brañas–. Portugal será o

país que actuará como espello no que se mirar; o país no que o galego

será a lingua normalizada, lingua internacional. Irlanda é o exemplo de

loita pola liberación nacional (é famosa a estampa de Castelao «coma en

Irlanda, érguete e anda») e Catalunya e Euskadi os casos cos que se

marcan maiores paralelismos pola proximidade xeográfica no mesmo

marco xurídico-administrativo.

Faranse novas asembleas nacionalistas nos anos: 1919 en Compostela,

1921 en Vigo, 1922 en Monforte, 1923 en A Coruña, 1930 en A Coruña e

1931 en Pontevedra.

As Irmandades para alén da actividade cultural irán dando pasos tamén

no terreo da propaganda e o estritamente político. Destaca o pulo que

dan a unha prensa propia, xurdindo publicacións como o resucitado Tío

Marcos da Portela (1917-19) en Ourense, Galicia en Ferrol, A Xusticia en

Vilalba, Terra Gallega en Compostela e o Heraldo de Arousa en

Vilagarcía.

Ano 1931

Fúndase o Partido

Galeguista no mes de

decembro. Fórmano

varias correntes:

conservadores,

esquerdistas e

arredistas. En 1935 tiña

90 grupos locais e

5.000 afiliados/as. No

ano 1932 xorden os

Ultreias (pioneiros).


15

Loita polo Estado Galego

Coa implantación da Segunda República no noso país a actividade

política bule presentando a necesidade dun Estado Galego que

acordaría nun Estatuto as súas relacións coa República española. Esta

idea alenta reunións de representantes políticos e de concellos, tamén

é a reivindicación que xorde en momentos tensos, como cando en xuño

de 1931 quérense paralizar as obras do ferrocarril Zamora-Ourense-

Compostela, deixando no desemprego a 12.000 operarios. Unha

manifestación e posterior asemblea o 27 de xuño en Compostela

nomeaba a Antón Alonso Ríos presidente do Goberno Provisorio do

Estado Galego. Nese mesmo período faise un pronunciamento en

Seixalbo.

No principios de xuño de 1931 realízase unha reunión en A Coruña pro

Estatuto. O anteproxecto do Estatuto de Galiza redactado polo

Seminario de Estudos Galegos ese ano afirma no seu primeiro artigo «A

Galiza é un Estado libre dentro da Repúbrica Federal Española».

O 17 de decembro de 1932 realizábase en Compostela a Asemblea de

Concellos pro Estatuto. Estaban presentes 227 municipios dos 319

existentes. O proxecto de Estatuto foi aprobado por unha enorme

maioría dos presentes, 209 dos 227 representantes, despois dun longo

debate artigo a artigo. O bienio negro, co triunfo das dereitas nas

eleccións de 1933, adiaría ate 1936 co triunfo da Fronte Popular a

posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto. Na loita por acadar o

Estatuto tivo un papel relevante o Partido Galeguista, que nacera na VII

Asemblea Nacionalista de Pontevedra, e tiña como figuras relevantes a

Castelao, Bóveda, Suárez Pícallo.

Ano 1931

Longo e duro conflito no

sector pesqueiro de

Vigo, por mor do

descanso semanal, que

comeza no mes de

agosto. Serviríalle de

incentivo á folga en

Alfageme. Remata ao

ano seguinte no mes de

decembro, cunha

derrota sindical.

Ano 1933 Ano 1934

Fúndanse no mes de

novembro, en Ourense,

as Mocidades

Galeguistas,

organización xuvenil do

Partido Galeguista.

Manterá unha postura

máis radical que o

partido nos temas

sociais.

Reunión de traballadores da construción en folga na Coruña, a finais de 1933

Ano 1932

Os despedimentos no

estaleiro de Ferrol en

maio, dan lugar a un

paro de 23 días na

cidade; e a unha folga

xeral de 3 días en xuño

en toda Galiza,

convocada pola CNT. A

primeira en parar é A

Coruña.

Hai incidencia en Galiza

das protestas

convocadas no Estado

español en

solidariedade coa

revolución de Asturias.

Por exemplo, en

Ourense o paro

esténdese por oito días.


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

Represión franquista

En Galiza houbo oposición desde o primeiro intre. Lembremos os grupos

de mineiros de Lousame que se dirixiron a Compostela e A Coruña, ou o

enfrontamento en Vigo entre o exército e operarios a altura de Os Choróns

(Lavadores); para alén do levantamento da mariñeiría en Ferrol. Porén este

xermolos de insurrección foron afogados en sangue, e o pais ocupado

militarmente.

As investigacións feitas até hoxe dan os nomes de 14.000 vítimas da

ditadura franquista entre 1936 e 1939 (aínda que se pensa que a cifra

definitiva pode atinxir os 40.000). Entre os fusilados destacan dirixentes

do movemento obreiro e agrario, anarquistas, comunistas, galeguistas,

republicanos, socialistas. A celebración do Día dos Mártires Galegos foi

instituído a partir do 1942 para lembrar este xenocidio, representado polo

recordo da data (17 de agosto do 36) na que foi fusilado o secretario de

organización do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda.

A resistencia maciza fronte o golpe militar reaccionario foise gradualmente

organizando nos montes galegos, onde os fuxidos se agruparon. Unha

vez reorganizados, desenvolveuse un forte movemento guerrilleiro desde

1939. Unha resistencia armada cun forte apoio popular que despois de

1948 foise debilitando até desaparecer por completo os últimos guerrilleiros

xa na década dos sesenta do século pasado. Figuras guerrilleiras

como Foucellas, Curuxás, O Piloto, e moitos outros aínda forman parte da

mitoloxía popular das nosas aldeas.

A represión foi significativa tamén en relación á utilización pública da

lingua galega, e sobre o movemento obreiro. Aínda así houbo intentos de

reorganización da CNT no 1947, que rematou coa desarticulación do

sindicato. Protestas contra a imposición da reforma agraria que rematou

cun morto en Mazaricos (1961) e oposición á construción dun encoro en

Castrelo de Miño que asolagaba o val (1965).

Pese á difícil situación durante a Ditadura o nacionalismo, sumido nun

impasse histórico trala morte de Castelao e a disolución do Partido

Galeguista, reorganízase agromando os antecedentes das actuais forzas

que compoñen o movemento nacionalista galego. Así en 1963 nacería o

Partido Socialista Galego (PSG) e no 1964 a Unión do Povo Galego (UPG),

organización que promovería o proceso de unidade do nacionalismo que

resultou na AN-PG, BN-PG e BNG sucesivamente, e a creación de

organizacións sociais como ERGA, o SLG ou a ING, entre outras..

Ano 1943

galega

Sae do prelo en Bos

Aires o libro de Castelao

Sempre en Galiza. Este

libro é considerado o

guieiro do nacionalismo

galego.

Castelao morre no ano

1950 no exilio.

galega 16

Ano 1943

Constitúese en Bos Aires

o Consello de Galiza,

actúa como un goberno

galego no exilio.

Intégrano deputados do

PG como Castelao,

Suárez Picallo e Alonso

Ríos, e de IR, Villaverde e

Somoza.

Ano 1936

Son creadas en Madrid

as Milicias Galegas para

combater o fascismo.

Son un batallón que ten

como comisario a

Santiago Álvarez do PCE.

En agosto de 1936 tiña

900 milicianos. Outra

das figuras galegas

destacadas é Líster.

Ano 1938

Nos montes de Galiza

intensifícase a acción

guerrilleira, na que

destacan Foucellas,

Curuxás, O Piloto, etc.

Fálase de até 500

guerrilleiros activos. Coa

mudanza de estratexia

do PCE en 1948

abandónase a loita

armada.

Debuxo de Castelao sobre a represión franquista

Ano 1954

As entidades galegas

de Bos Aires denuncian

diante da UNESCO a

situación da lingua

galega. No ano 1956

fórmase tamén nesta

cidade o Consello da

Mocidade Galega e

faise o 1º Congreso da

Emigración Galega.


17

Ano 1963

Nace o Partido

Socialista Galego (PSG)

e ao ano seguinte a

Unión do Pobo Galego

(UPG). No ano 1963 protestas

cun morto e varios

feridos en

Mazaricos. Os labregos

opóñense a como se está

a facer a concentración

parcelaria.

Ano 1972

Constitúese

Organización Obreira,

unha escisión de CC.OO.

que terá moito protagonismo

na folga de

Barreras no mes de setembro

en Vigo. En decembro

nace a organización

Estudantes

Revolucionarios

Galegos (ERGA).

Ano 1961

O DRIL secuestra o

barco Santa María, para

chamar a atención

sobre as ditaduras de

Franco e Salazar. Unha

parte dos asaltantes

son galegos. Destacan

Xosé Velo e Soutomaior.

Ano 1968

O 8 de marzo comeza a

folga de toda a

Universidade en

Compostela. Remata o

2 de maio. Xorde por

mor dos cartos da

asociación de

estudantes de ciencias

e a actitude da Reitoría.

Ano 1975

Nace no mes de abril o

Sindicato Obreiro

Galego (SOG). Morre

tiroteado pola policía

franquista Moncho

Reboiras, dirixente da

UPG, que deu pulo aos

xermolos sindicais,

base da futura central

sindical nacionalista.

As folgas de marzo

e setembro de 1972

Poucos conflitos laborais tiveron unha repercusión tan importante na

sociedade galega como os graves acontecementos do 10 de marzo de

1972 en Ferrol e no mes de setembro a folga xeral de Vigo.

Os traballadores da Bazán pedían un convenio de ámbito provincial,

querendo así descolgarse no de ámbito estatal, onde a negociación

estaba controlada polo sindicalismo vertical. As mobilizacións foron a

máis, e tamén a represión. O 10 de marzo a policía dispara provocando 2

mortos e varias ducias de feridos. Prodúcense despedimentos masivos,

e a folga esténdese a Ferrol e outras partes de Galiza, incluíndo a

Universidade de Compostela. A represión fixo o seu papel, porén na

conciencia social ficou gravado o heroísmo obreiro, a solidariedade, o

exemplo de clase.

No mes de setembro o conflito terá unha dimensión maior. Comeza en

Citroën onde hai despedimentos, aínda que viña precedido de mobilizacións

en Barreras e Censa. O paro alárgase por solidariedade ao sector

industrial e construción, e posteriormente aos estudantes. Chegan

reforzos policiais de fóra de Galiza, aumenta a represión. Hai 30.000

persoas en paro en Vigo. O movemento vaise dividindo entre a postura

máis combativa de Organización Obreira e Comisións Obreiras que

procura unha saída rápida ao conflito. Hai máis de 6.000 cartas de

despedimento e ao final serán varios centos os que fiquen na rúa, moitas

as sancións gobernativas, e non poucos os que rematen marchando de

Vigo e mesmo do país.

A postura de CC.OO. neste conflito, a central sindical hexemónica neste

período, e a desarticulación de Organización Obreira pola represión, dálle

novos azos ao nacionalismo, que deste xeito vai aparecer como unha

alternativa tamén no eido laboral.

Ilustración sobre os feitos do 10 de marzo en Ferrol


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

Constitúese a ING

A Intersindical Nacional Galega (ING) xorde como consecuencia da

unificación das organizacións nacionalistas: Sindicato Obreiro Galego

(SOG), Unión de Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG), Unión de

Traballadores da Banca de Galiza (UTBG); Unión de Traballadores da

Sanidade de Galiza (UTSG), e do Sindicato Galego de Traballadores do

Mar (SGTM). Solicita a legalización nos primeiros días de maio de 1977,

aproveitando o novo marco legal da transición. O seu voceiro será o Eixo,

que o fora anteriormente do SOG. Realízase o Primeiro Congreso o 8 e 9

de outubro en Patos, na comarca de Vigo.

Deste xeito remataba unha primeira etapa na que o nacionalismo galego

consolidaba no eido sindical unha alternativa propia, despois de que se

impuxese o pluralismo sindical nos pactos políticos entre os sectores

moderados do franquismo e da oposición que condicionaron a transición,

limitando os obxectivos da clase obreira e dos movementos de liberación

das nacións dependentes (Galiza, Cataluña e Euskadi). Unha etapa na que

o sindicalismo nacionalista destacou nos conflitos de sector orixinados

pola reivindicación de melloras na negociación colectiva.

O nacionalismo comezou a súa andaina estruturada no eido sindical no

ano 1973, organizando á base militante e simpatizantes en distintas

comarcas do pais, nas que utilizaban boletíns (voceiros) como elemento

de propaganda e proselitismo (Xermen en A Coruña, Galego en

Compostela, Obradoiro en Ourense, Adiante en Vigo, Ferramenta en

Ferrol). Acadando axiña unha rápida expansión especialmente entre a

mocidade obreira, ao unir a loita contra a explotación de clase e a

liberación nacional de Galiza, algo que non facían as outras centrais

sindicais que tamén operaban na clandestinidade.

Ano 1978

Xornadas de loita da

ING, o 27 de xaneiro

“contra o pacto social

da Moncloa” e o 27 de

xuño “na defensa do

posto do traballo na

nosa terra”. Foron un

éxito de propaganda e

axitación.

Ano 1978

galega

Continúan as

mobilizacións sociais e

laborais (por exemplo a

folga do leite) e elíxense

as Cámaras Agrarias.

Paros en Frigsa, Corffi,

folga do metal en

Pontevedra e A Coruña.

galega 18

Ano 1976

Constitúese o Consello

de Forzas Políticas

Galegas, formado pola

UPG, PGSD, PSG, e ao

que se unen

posteriormente o MCG e

Partido Carlista.

Elaboración das Bases

Constitucionais da

Nación Galega.

Ano 1978

Primeiras eleccións

sindicais, a ING supera

os 850 delegados/as, o

terceiro lugar en Galiza.

Este ano realízase o

1º Congreso de ERGA e

dáse a loita do

estudantado contra a

selectividade na

Universidade.

Ano 1977

Mobilizacións sociais

(Xove, As Encobras,

Baldaio, contra a cota

empresarial agraria...) e

laborais (metal e

transporte en Lugo e

Pontevedra, da madeira

en Ourense...), Alúmina-

Aluminio...


19

O marco

estatutario

A presión dos nacionalismos de Cataluña,

Euskadi e Galiza forzaron a aceptación das

autonomías que foran plesbicitadas durante a

Segunda República e que a ditadura

franquista eliminou. Agora ben, dado que se

pactou con sectores do franquismo, que non

foi destruído, usouse a ameaza dun golpe

m i l i t a r p a r a re c o r t a r o s e s t a t u t o s

autonómicos das nacionalidades históricas,

e dividiuse o Estado español en autonomías

para difuminar o carácter diferencial de

Galiza, Euskadi e Cataluña, coa evidente

pretensión de restarlle forza aos feitos

nacionais dos tres países dependentes.

Por este motivo, dado que se trataba dunha

descentralización administrativa, xa que os

eixos fundamentais, economía e traballo,

ficaban en mans do Goberno central, a

maioría do nacionalismo galego pediu o voto

negativo á Constitución española (1978) e ao

Estatuto de Autonomía para Galiza (1981).

Deste xeito, o nacionalismo galego mantería

con firmeza a reivindicación da plena

Soberanía Nacional, a través das Bases

Constitucionais para Nación Galega, dado

que caracteriza a Galiza como unha colonia, e

polo tanto apostou pola ruptura democrática

co réxime anterior fronte ao denominado

proceso de transición.

No primeiro artigo do Estatuto de Galiza

define:

1. Galicia, nacionalidade histórica,

constitúese en Comunidade Autónoma para

a c c e d e r ó s e u a u t o g o b e r n o , d e

conformidade coa Constitución Española e

co presente Estatuto, que é a súa norma

institucional básica.

2. A Comunidade Autónoma, a través de

institucións democráticas, asume como

tarefa principal a defensa da identidade de

Galicia e dos seus intereses, e a promoción da

solidariedade entre todos cantos integran o

pobo galego.

3. Os poderes da Comunidade Autónoma de

Galicia emanan da Constitución, do presente

Estatuto e do Pobo.

Mobilizacion contra o decreto de bilinguismo

e a represión sobre os mestres. Baiona.

Ano 1980

Referendo do Estatuto

de Autonomía. Galiza é

recoñecida como

nacionalidade histórica,

con competencias

limitadas. Unha grande

parte do nacionalismo

oponse xa que entende

se trata só dunha

descentralización.

Ano 1980

Unificación da ING e a

CTG dando orixe á INTG,

que nas eleccións dese

ano obtén 1.672

delegados e delegadas,

consolidándose como

un sindicato “máis

representativo”.

Ano 1981

Eleccións autonómicas

gañadas pola UCD, o

nacionalismo galego

acada 4 deputados (3 o

BN-PG e 1 Unidade

Galega).

Os deputados do BN-PG

serán expulsos por non

xurar a Constitución

Española.


percorrido

pola

percorrido

pola historia historia da da nación nación

As folgas xerais de 1984

Durante este período comezaron as grandes mobilizacións laborais contra a reconversión

(realmente o desmantelamento dunha parte importante do sector produtivo de Galiza), no marco

da entrada na Unión Europea. A oposición agruparíase arredor do conflito do sector naval en

Ferrol e Vigo, para evitar a redución drástica de emprego en ASTANO e Ascón. O primeiro pasaba

segundo os planos do Goberno de 5.689 obreiros a 2.200 e o segundo de 1.642 a 825 operarios.

Durante os primeiros meses de 1983 houbo mobilizacións na rúa arreo contra estes planos que

desembocaron nunha folga exitosa o 15 de abril na comarca de Vigo. O Faro de Vigo daba a cifra

de 200.000 manifestantes e salientaba o éxito da convocatoria das centrais sindicais. Poren o

Goberno socialista continuou co seu proxecto de desmantelamento do naval e as mobilizacións

foron a mais.

No ano 1984 a INTG convocou en solitario unha folga xeral nacional galega, o 14 de febreiro,

ampliando deste xeito a folga comarcal de Vigo e a mobilización de Ferrol que foran convocadas

unitariamente. A folga xeral tivo unha incidencia moi grande en Ourense, porén, tamén en moitas

vilas do pais, e efectos importantes en A Coruña, Lugo, Pontevedra, Compostela. O sindicalismo

nacionalista demostraba que a clase obreira galega tiña capacidade e conciencia para facer unha

folga xeral. Ese mesmo ano fixéronse outras dúas folgas xerais contra a reconversión, o 12 de

xullo e o 29 de novembro, convocadas pola INTG e CC.OO. Foron de novo un éxito con manifestacións

masivas, especialmente en Vigo.

Folga xeral do 29-11-84. Vigo

galega

galega 20

Ano 1982

Unifícase coa INTG a

CSG. Deste xeito

rematan os procesos de

converxencia. Nas

eleccións sindicais o

sindicalismo

nacionalista acada o

18,71% de

representación. A ING

participa da OIT e

organismos tripartitos.

Ano 1985

Manifestacións contra a

entrada do Estado

español na OTAN.

Os obreiros de Ascón

continúan as

mobilizacións contra o

peche do estaleiro.

Folga do ensino público.

Ruptura da INTG (nace a

CXTG).


21

Manifestación en Pontevedra na folga xeral do 14-12-88

Ano 1988

O 14 de decembro

realízase unha folga

xeral en todo o Estado

contra o plan de

emprego xuvenil do

Goberno do PSOE.

En Galiza fanse dúas

convocatorias, por unha

banda a CXTG e INTG, e

pola outra CC.OO e UGT.

Ano 1990

Nas eleccións sindicais

de 1990 a CIG (CXTG-

INTG) obtén 3.527

delegados e delegadas,

un 23,2% do total. No

ano 1994 a CIG acada

4.024 delegados/as, que

son o 26,2% do total de

Galiza.

Ano 1986

O 1 de xaneiro

prodúcese a entrada do

Estado español na

Unión Europea, dando

lugar a un duro axuste

en sectores chaves da

economía galega, como

o agro, pesca e

construción naval.

Ano 1987

O 27 de xaneiro faise

unha grande

manifestación na

Coruña, na que

participan cen mil

persoas contra a

política agraria da Unión

Europea. Folga xeral en

Ferrol e manifestación

de vinte mil persoas.

Ano 1987

O desastre do Casón

evidencia a falta de

medidas de protección

contra as verteduras no

mar. A pasividade da

Xunta causa unha

grande resposta social.

Conflito de Telanosa e

folga en Alúmina-

Aluminio.

A CIG: converxencia do

sindicalismo nacionalista

No ano 1985 aumentaron as diferenzas internas na INTG, polo xeito de

enfocar as folgas xerais e o novo momento político, producíndose unha

ruptura que deu orixe á CXTG-IN. A práctica amosaría posteriormente

que eran máis os puntos en común, e foise reafirmando a idea de recobrar

a unidade do sindicalismo nacionalista.

O 2 de abril de 1990 nacería a Converxencia Intersindical Galega, que era

unha coordinadora para axer en común a niveis institucionais. Isto

permitiu recuperar o carácter de “sindicato máis representativo” nas

eleccións sindicais dese ano.

O traballo e o debate conxunto pola necesidade de manter propostas

unificadas diante das demais centrais sindicais, así como realizar

mobilizacións e propostas propias, deu forza ao obxectivo de conformar

unha única central sindical nacionalista, que adoptou as mesmas siglas,

aínda que co nome de Confederación Intersindical Galega (CIG). O

congreso constituinte realizouse o 19 de marzo de 1994 en Compostela.

coa A unificación converteu á CIG nun sindicato central en Galiza, tanto

pola capacidade mobilizadora, como polo medre da afiliación e da

representación sindical.

A CIG é a expresión da autoorganización da clase traballadora galega.

Unha central sindical herdeira da tradición histórica iniciada pola ING e os

seus antecedentes, e asentada nos principios de sindicalismo de clase,

nacionalismo, autoorganización, solidariedade e internacionalismo,

democracia e participación, independencia, pluralismo, transformación,

unidade e normalización do idioma galego.

No mes de xuño de 2009 realizouse o V Congreso da CIG. A central

sindical ten como órganos de dirección o Congreso (cada 4 anos), o

Consello Confederal (dous ao ano), o Secretariado Confederal (29

membros) e a Executiva Confederal (12 membros). As comarcas son: A

Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; e as

federacións: Administración Pública; Banca, Aforro, Seguros e Oficinas;

Químicas e Enerxía; Construción e Madeira; Metal; Alimentación, Téxtil,

Transporte e Mar; Ensino; Sanidade; Servizos.


ilustracións: Antonio Seijas

More magazines by this user
Similar magazines