19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A COR DOS SOÑOS - LIMIAR 5

Limiar

Desculpade este arroto infantil. Pero é que non nos cabe a ledicia no corpo.

Ou é fachenda? Pois aínda que o fose estaría ben xustificada. Porque entramos no terceiro ano de vida sen

síntomas de esgotamento. Barbantia segue firme nesta singradura. Parabéns para todos porque é unha vitoria

colectiva.

Inda temos fresco na memoria Voces na materia e Luces na cidade, froito dos dous primeiros Encontros,

e xa estamos aquí outra vez para presentar A cor dos soños, testemuña e expresión deste III ENCONTRO DE

CREADORES NO BARBANZA. E facémolo coa ledicia propia dos nenos, porque nesta ocasión imos debater sobre

Literatura Infantil-Xuvenil e mais Ilustración.

Non cremos necesario xustificar a pertinencia e oportunidade de falarmos sobre esta gran literatura, que

inda hoxe algúns seguen a considerar pequena, sen dúbida por atrevemento. Ou será descoñecemento? Por se

non é suficiente motivo considerar que no lector infantil se agocha o lector do futuro (ou o futuro lector), aí

vos van as oportunas reflexións que G.K Chesterton nos regalou ao dicir que a vida dunha persoa está completa

na infancia, “porque o marabilloso da nenez é que calquera cousa nela pode ser unha marabilla”.

Con esta idea, narradores e artistas plásticos, expoñen aquí a súa particular visión da infancia, visión

que é ao mesmo tempo homenaxe, furgando alá dentro na memoria, nos nenos que foron –e que inda son–

para recuperar o arrecendo daqueles días de escola e recreo, daquelas tardes de nocilla e xogos, de cromos

e pequenas liortas, de baricelas, papeiras e catarros, de neno ponte quieto, de medos, ledicias e

pequenas traxedias.

Grazas. Por dicir que si. Aos que participaron e aos que lles foi imposible facelo. Grazas polo talento despregado,

pola beleza do voso traballo, por sacar tempo de onde non o había...e por facelo de balde. Grazas,

por suposto, ao pulo da Deputación da Coruña, ao Concello de Rianxo que nos acolle durante estes días, e a

todos os que dunha ou outra forma participaron na idea, ben sexa directamente ou a través deses imprescindibles

apoios de intendencia e loxística.

Unha aperta agarimosa.

CARLOS MOSTEIRO

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!