25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

VEN.04.12.2009 < ADN/LV respectopolomar

galicia

Os pequenos xestos

no día a día contan

> De nada serven as campañas contra o

furtivismo se despois se compran especies

vedadas ou de menos talle da estipulada

ADN-LV

O cliente sempre ten a razón e,

aínda que non se dea de conta,

tamén ten moito que dicir na

loita contra o furtivismo e a picaresca

dentro do sector pesqueiro

da comunidade. Así, un non a

tempo a unha especie en veda,

de menor talle do que marca a

Lei ou que non se corresponde

co que está a pagar é fundamental

para acabar concienciando o

resto da cadea de comercialización

e axudar a valorización dos

produtos pesqueiros.

Ante a chegada do Nadal,

por exemplo, dispárase a venda

de marisco ou de peixes como

o rape e a pescada, estrelas nas

mesas de Noiteboa ou Fin de Ano

e nas comidas de empresa destas

datas.

No caso do marisco, o consumidor

pode atopar todo tipo de

especies conxeladas ou procesa-

Centola galega

Escura e incluso parda.

As súas patas son máis

longas e afiadas ao final

que nas outras especies.

E sempre lle medran na

cuncha algas e unha

especie de pelos finos

Nécora galega

Inconfundible cando

se vaia comprar só con

pasarlle por riba unha

man: ten un tacto moi

aterciopelado e, unha

vez cocida, adquire tons

moi vermellos escuros

Percebe galego

Acostuma ser groso e

en tons escuros, e ten

un máximo de 25 unllas.

Como marisco cotizado,

tamén se atopa entre os

máis suplantados, polo

que hai que telo claro

Bonito do norte

Pódese comprar de

finais de maio a outubro.

O resto do ano véndense

outros túnidos como

atún, listado, etc... Ten a

aleta lateral moi longa, o

que o diferenza moi ben

Rape

Especie cara e escasa.

Nunca se debe comprar

se non o poñen ventre

arriba, para ver a cor da

tripa. Se é negra a tela

da abertura do ventre, é

un auténtico rape.

Bacallau

Peixe caro se é do bo.

Doado de distinguir

en fresco por ser máis

amarelo e groso, pero

non así en salgado. Por

iso, unha vez cociñado,

se desfai en láminas

Hai que evitar a adquisición de especies por baixo do talle legal

Badeixo: 30 centímetros

Bacallau: 35 centímetros

Cabracho: 18 centímetros

Congrio: 58 centímetros

Dourada: 19 centímetros

Faneca: 20 centímetros

Chicharro: 15 centímetros

Lenguado: 24 centímetros

Ollomol: 25 centímetros

Robaliza: 36 centímetros

Maruca: 63 centímetros

das, pero non todos os mariscos

galegos se poden vender en fresco,

xa que a lagosta ou o lumbrigante

están vedados.

No caso da centola, a nécora

ou o percebe, é importante que

se se paga por produto galego o

sexa, xa que hai moita importación

de Francia, as illas británicas

ou Canadá que, aínda sendo bos,

non teñen a calidade do produto

do litoral galego.

No caso dos peixes ocorre

outro tanto do mesmo. O cliente

que se achega a comprar merluza,

debe certificar que sexa a que

desexa e non outras. Co rape, o

mesmo, para evitar pagar a xuliana

–similar, pero peor– un alto

prezo. Tamén o ollomol, típico do

Nadal, debe ter a marca escura

xunto ao ollo que o identifica.

Por iso, é fundamental un non

a tempo se se quere garantir o

futuro da pesca galega.

As diferenzas no mundo das pescadas

1. Gran Sol: A mellor de todas

con diferenza. Debe estar ben

identificada para quen a compra

2. Austral: Máis gris e parda,

adoita presentarse no mercado

fresca e sen cabeza, que é a

mellor forma de diferenciala

3. Senegal: É a coñecida como

pescada negra. Ten o lombo moi

escuro, o que a identifica. É raro

ver exemplares moi grandes

4. Suráfica: A coñecida como

pescada do Cabo, igual que a

de Namibia, ten as escamas

moi grandes, o que a delata

5. Boston: A pescada prateada

ou de Boston ten a cabeza máis

pequena e adoita chegar ao

mercado en tamaños pequenos

Pescada: 27 centímetros

Mero: 50 centímetros

Palometa: 30 centímetros

Palometa roja: 25 centímetros

Rape: 30 centímetros

Raia: 40 centímetros

Rodaballo: 30 centímetros

Salmón: 50 centímetros

Sardiña: 11 centímetros

Calamar: 10 centímetros

Choco: 8 centímetros

Claves para evitar enganos con marisco e peixe de inferior valor

Centola: 30 centímetros

Cigala: 7 centímetros

Lagosta: 25 centímetros

Lumbrigante: 25 centímetros

Nécora: 5,5 centímetros

Santiaguiño: 9 centímetros

Ameixa: 40 milímetros

Berberecho: 28 milímetros

Mexillón: 50 milímetros

Percebe: 15 milímetros

Polbo: 1 quilogramo

Centola francesa

Delátase a simple vista.

Cor vermella pálida,

con patas máis curtas e

menos afiadas e, sobre

todo, a cuncha sempre

máis limpa de algas e

pelos que na galega

Nécora escocesa

Tanto a de Escocia como

a de Francia chegan ao

mercado galego acotío.

Son máis lisas, sen ese

tacto aterciopelado, e

tras cocelas quedan de

cor laranxa máis clara

Percebe marroquí

Máis estreito, longo

e claro que o galego.

Tamén está o canadense,

que é como o galego

pero con máis unllas:

non menos de 38. E o de

sombra, coa unlla branca

Atún/outros túnidos

Non son malos, pero si

de peor calidade que

o bonito. O comprador

pode atopar moitas

especies de túnidos,

pero todas teñen a súa

aleta lateral moi curta

Xuliana

Peixe de boa calidade

que colle a frota galega,

pero que se vende por

rape. Ventre arriba, ten a

tripa branca, co que non

hai confusión. Hai quen

lle chama rape branco

Maruca

Non ten mala calidade,

pero en ocasións tenta

venderse por bacallau.

En fresco, é estreito,

case como un congrio.

Ao cociñalo, esfarrápase

e non sae en láminas

Non comprar produtos en época de veda

Centola e boi: Pódense coller

e, consecuentemente, comprar

frescos con certeza da súa

procedencia galega do 23 de

novembro ao 31 de decembro e

do 2 de xaneiro ao 30 de xuño

Nécora: Do 6 de xullo ao 31

de decembro e, con motivo do

Nadal, do 2 ao 5 de xaneiro

Lumbrigante: Do 1 de xullo

ata o 31 de agosto

13

Santiaguiño: Do 1 de outubro

ata o 31 de decembro

Lagosta: Autorizada do 1 de

xullo ata o 31 de agosto

Cangrexo: Pódese coller todo

o ano na comunidade galega

Peixes: Salvo situacións moi

excepcionais, zonas concretas

ou peixes fluviais, o resto das

especies non están sometidas

a vedas temporais en Galicia

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!