25.04.2013 Views

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

economía - Galiciaé

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

unrespiro

ORTEGA CANO

Anuncia, unha vez

máis, que se retira

dos touros tras 36

anos de carreira

CRÍTICA

Allen chama aos seus

compatriotas obesos

e acomplexados

O realizador estadounidense

Woody Allen considera que

a maioría dos seus compatriotas,

sobre todo aqueles

que proceden da chamada

“América profunda”, son

gordos e cohibidos sexualmente.

“Todo alí é expresión

do medo e a represión

sexual: a tolemia relixiosa,

o fanatismo polas armas,

a ultradereita tola. Teñen

unha visión da sexualidade

marcada por dubidosas leis

morais”, sinala Allen nunha

entrevista adiantada onte

polo semanario Die Zeit.

LAMENTO

Bill Kaulitz, de ‘Tokio

Hotel’, insatisfeito

coa súa vida privada

Bill Kaulitz, líder de Tokio

Hotel, non está satisfeito

coa súa vida privada a

pesar dos seus éxitos musicais.

Lamenta carecer de

intimidade e séntese só

con frecuencia.“Son completamente

feliz coa miña

carreira. Pero gustaríame

que as cousas fosen igual

de ben a nivel privado. Non

sei o que necesito para estar

satisfeito, pero agora non o

estou”, declara o mozo de

20 anos, que lamenta non

poder ir tomar unha copa só

sen levar gardacostas e ser

perseguido polos fans.

PROCESO

Trasladan a Polanski

á espera de ser posto

hoxe en liberdade

Roman Polanski deixou

onte a prisión de Winthertur

onde estaba encarcerado

desde hai dous meses

e atópase nun centro de

detención non identificado.

O cineasta será transferido

na mañá de hoxe á súa casa

na localidade de Gstaad. Na

mansión xa se instalou un

completo sistema de seguridade

electrónica para evitar

que o director poida fuxir

do país.

S. MILLER

Foi ‘pillada’ saíndo

camuflada da casa

do seu ex marido,

o actor Jude Law

Arriba, Tiger Woods e a súa dona, Elin Nordegren. No centro, os cantantes Ronnie Wood,

Michael Jackson e Bill Kaulitz. Abaixo, Roman Polanski e Robbie Williams. > EFE / ALV

cumprenanos

Rafael Sánchez Ferlosio, escritor (82). Marisa Tomei, actriz (45). Álex

de la Iglesia, presidente da Academia de Cine (44). Karina, cantante

(64). Tyra Banks, actriz (36). Jeff Bridges, actor (60). Jay-Z, rapeiro (39)

FELIPE MASSA

Confirma que foi

pai o luns do seu

primeiro fillo, que

levará o seu nome

PASA ATA NAS

MELLORES

FAMILIAS

> Woods ofrece 36 millóns á muller para que

non o deixe > Deteñen a Ronnie Wood por

agredir a moza > A ‘Jacko’ sáelle outro fillo

S.D.

Baixo o disfrace de home de familia

cunha imaxe pública impoluta,

semella que Tiger Woods agochaba

un Don Xoán trampulleiro e

de primeira. Desde que saltou

aos medios o do seu accidente

de coche motivado, dalgún xeito,

polos celos da súa muller, aparécenlle

amigas por todas partes.

Xa foron varias as mulleres que

afirman que tiveron algunha

noite romántica co millonario e,

onte, especulouse con que Rachel

Uchitel era quen lle organizaba as

festas e poñía as mozas. Vamos,

que exercía o papel que desenvolvía

Tarantini para Berlusconi.

Porén, o máis destacable é

que medios como o Chicago Sun

Times e o Daily Beast publicaron

que Woods ofreceu 36 millóns de

dólares á súa muller, Elin Nordegren,

para que non o abandone.

Disque iso sería catastrófico para

os seus contratos publicitarios.

MEDRA A FAMILIA JACKSON

A Michael Jackson aparécenlle

máis cativos que a Pepe Navarro.

Tras o seu pasamento, a familia

do cantante admitiu que tratarían

a Omer Bhatti, un mozo de

24 anos, como un fillo máis da

familia, recoñecendo deste xeito

a paternidade do falecido. Bhatti

compartiu cadeira no funeral cos

Jackson e, a día de hoxe, acompaña

os seus irmáns pequenos ao

O estilista de Robbie

Williams suicídase

Aaron Vickers, estilista e amigo

íntimo de Robbie Williams, foi

achado colgado dunha árbore e

todo apunta a suicidio. Vickers

declarárase en bancarrota

no verán e vivía desde entón

ADN/LV > VEN.04.12.2009

parque, ás clases de karate...

Agora, outro rapaz da mesma

idade chamado Prince Michael

Malachi Jet Jackson solicitou a un

xuíz que lle fagan unhas probas

de ADN para demostrar que é fillo

do Rei do Pop e, así, poder acceder

a unha parte da herdanza. Polo

momento, a familia de Jackson

nega calquera vínculo do finado

con este home.

WOOD, BAIXO SOSPEITA

Ronnie Wood, membro dos

Rolling Stones, foi detido na noite

do mércores por un presunto

caso de agresión contra a súa noiva,

Ekaterina Ivanova (20 años),

segundo informou a Policía. Wood

foi liberado baixo fianza ata o mes

de xaneiro mentres se esclarecen

os feitos a través dunha investigación.

O Daily Mirror apuntou

que a liorta na que se produciu o

incidente tivo lugar tras celebrar

a parella unha festa.

AGORA DISE QUE

UCHITEL ERA QUEN

ORGANIZABA

AS FESTAS CON

‘MOZAS’ DE WOODS

Ademais, ao golfista sáenlle

novas ‘amantes’ cada día

na casa de Williams. A súa

convivencia rematou hai un mes

por mor dunha forte discusión

entre o cantante e o seu amigo,

que non se falaban desde

entón. O portavoz do cantante

asegurou que Williams estaba

moi triste e destrozado.

21

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!