CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

academiagalegadoaudiovisual.com

CADEMIA UDIOVISUAL - Academia Galega do Audiovisual

O B I T U A R I O

66

PEDRO CASAIS, EDITOR E REALIZADOR

1972 (CARNOTA)–2011 (LOS ÁNGELES, EE.UU.)

VIVINDO Á PRÉSA NO

OUTRO LADO DO MUNDO

Cando un sae fóra traballar –co que pode ter de pexorativo este termo, cando o que fas

realmente é rodar un documental gozando desa experiencia–, é moi estimulante atopar

persoas próximas que están a favor de calquera iniciativa que lles propós.

Econto isto porque, hai xa uns anos, máis dos que quixera lembrar, nunha viaxe a Nova York

para facer unha serie de capítulos para a TVG, no corazón da Gran Mazá atopámonos con

Pedro Casais, unha persoa atípica ilusionada cun proxecto vital, persoal e familiar forxado dentro

da parcela urbana máis desquiciada e competitiva do mundo. Pedro era unha das nosas personaxes

seleccionadas para contar a súa historia.

Nesa primeira ocasión, cando nos coñecemos, nun mes de decembro, poucas datas despois do

11-S, sorprendéronme a valentía e a coraxe dese rapaz feito a si mesmo que, saído daquela pioneira

fábrica do audiovisual creada por Manolo González en Someso, tomou a decisión de afrontar dende

cero a súa vida e abrazar a aventura americana. Contoume, aínda cun asomo de anguria na súa voz,

como sufríu de recén chegado cun idioma que pensaba que xamais podería aprender, ademais doutra

morea de medos e inseguridades que tivo que pasar nunha soidade absoluta, a pesares de vivir nunha

das cidades máis grandes, activas e poboadas do mundo.

Agora víase seguro, traballaba como editor/posprodutor en 60 Minutes, un programa de referencia

internacional, e tiña unha compañeira brasileira encantadora. Pedro estaba pletórico e animado,

con ganas de afrontar, entre outros proxectos, unha produción épica sobre Galicia que neses momentos

estaba a argallar. É dicir, ese tipo de lideiras que temos sempre os que andamos neste mundiño

do cine e do audiovisual.

Anos máis tarde volvín a Nova York e gravei un novo documental no que Casais foi un dos

principais protagonistas. Nesas datas, Pedro andaba seriamente preocupado. Despois dun día de

gravación, xa na tardiña, fun con el ata os estudios da CBS. A peza do programa 60 Minutes sobre a

Administración Bush realizada polo equipo do que formaba parte pasaría á Historia; tanto é así que,

precisamente ese documental, acabaría coa carreira de Dan Rather, unha das caras máis coñecidas

dos EE.UU e un dos máis importantes anchors do mundo da información. Unha serie de probas nas

que se baseaba a investigación da reportaxe emitida tiñan serios problemas de autenticidade, ata o

punto de que o contido non pasou a proba da legalidade. Estamos a falar da primeira división. Casais

levaba anos no equipo de edición de 60 Minutes, un dos programas decanos da televisión americana.

Pedro, como bo editor/posprodutor, sabía gardar a confidencialidade da sala, ese código non escrito

que forma parte da ética profesional. Era membro ocular do que alí sucedía, pero nunca contou

nada. Cando quedamos para vernos, ao día seguinte, tiña o semblante claramente afectado. Esa

actitude de lealdade e confidencialidade do editor co seu traballo e o equipo lembroume a secuencia

do seu homólogo que, salvando as distancias, aparece na película O úlimo magnate, de Elia Kazan,

onde o montador morre durante a proxección dun visionado previo sen que se decaten diso nin o

director nin o productor. Cando se decatan, ao saír da sala, sacan a conclusión de que o fixo así, en

silencio, porque era tan discreto que non quería interromper durante a proxección.

Así era Pedro de sixiloso, animado pero cabal, a maioría das veces cálido e outras distante nos sus

pensamentos. Era difícil adiviñar, nas pausas que artellaba, o que pasaba por aquela cabeza. Quizais

fora, non o sei, o resultado do illamento que produce a escura sala de montaxe, na que pasaba parte

More magazines by this user
Similar magazines