01.05.2013 Views

o mirador - Doade

o mirador - Doade

o mirador - Doade

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Desta volta, “O Mirador”, entrevista a D. Xosé Fernández Rodríguez, cura de Doade, que celebra este ano as súas bodas de ouro

sacerdotáis, e decir, 50 anos adicado a este noble “oficio” de velar polas almas dos demáis e, o que para nos e máis importante,

case todos estes anos nesta parrroquia de Doade.

D. Xosé, “O Doade” como llen adoita a decir os de fora da parroquia, naceu no corazón da natureza nun pobo do Caurel chamado

Moreda, e o máis novo de sete hirmáns e ingresou no seminario para finalmente ordearse o día de San Pedro aló polo mil

novecentos sesenta. Polo que sabemos, estivo uns poucos anos nunha parroquia chamada Peites e logo asignaronlle outra

parroquia chamada Doade, tamén preto, do Sil donde leva exercendo o seu ministerio dende enton.

D. Xosé, sempre tivo como primeira prioridade os seus feligreses, velando constatemente polo seu benestar tanto espiritual como

material, sempre estaba presto a socorrer calquera necesidade e, nos tempos que lle tocou vivir, eso ocurria con demasiada

frecuencia. Pero ademáis e una persoa inquieta que pensaba que a labor do cura non he vivir dos feligreses se non para os feligreses

e que podía facer algo máis . Deste xeito foi quen de compaxinar a súa laborura apostolica con actividades empresariáis o primeiro e

despois coa adicación o ensino perante uns anos nunha autoescola e logo xa nas escolas públicas impartindo a signatura de relixión.

Xa xubilado das súas actividades docentes, a crise de vocacións levouno a rexentar un número cada vez máis crecente de

parroquias ainda que para nos sempre será e seguirá sendo “O cura de Doade”

D. Xose, ¿que lembra daquel acto do 29 de xuño de 1960?

Lembro que adquirin una

responsabilidade. Antes non tiña que

tomar decisións xa que outros as tomaban

por ti.

Decía Martín Descalzo ou Martín Vigil

nun; non lembro agora; “Cuando uno

termina en el Seminario es enviado como

un francotirador, sin experiencia, sin tener

conocimiento de lo que vas a tener , y al

jefe solo lo ves si tiene que llamarte la atención”

Hai ministerio sacerdotal máis ala de Doade, ¿ Que outras

parroquias rexentou antes de chegar aquí? ¿Qué recordos

lle tran?.

Sí, antes de vir a Doade tiven una parroquia hacia

Montefurado que lle chaman Peites: Xa estaba predestinado

a ter varias parroquias pois xa tiña anexo, (Piñeira). Tráeme

moitos recordos. Debe de ser coma a primeira noiva que inda

que alguén se case con outra elle difícil de olvidar. Eso e o

que dicides vos.

Aqueles primeiros anos visitabaos con frecuencia. Agora de

vez en cando so para celebrar bodas ou funeráis que para

eso ainda me chaman.

Levaría en Doade seis meses, e un día apareceron na casa

do Gelás tres homes con gabardina dicindo que eran policías

e preguntando por min. Chamaronme e cando cheguei e me

abrazaron pasoulle o medo o Sr. Tomás.

¿Lembra cando chegou a Doade?, ¿Contenos como foi,

como o recibiron, que lle pasou pola cabeza…..?

A Doade cheguei o doce de setembro se 1963 con 27 anos.

Veu conmigo un compañeiro, e o primeiro que encontramos

foi a Manolo do Gelás ripando palla do palleiro, tocado cun

sombreiro ue non se me olvidou e díxonos onde estaba a

rectoral.

Dende aquela, collín a csa do Gelás coma a miña familia. Esto é

necesario porque dende aí partes para

adquirir contacto.

ENTREVISTA

o noso cura

Recibironme ben. Os primeiros días sínteste

observado e a xente vai á misa para ver a

quen lles mandaron. Logo xa vas falando ca

xente, (eu son de bastante falar) e axiña

coñecin os de máis cerca.

¿Cómo foron aqueles primeiros anos entre

nos?

Foron anos de actividade. No 64 empezamos a poner a auga corrente

e inaugurouse no 65. Durante estes anos paseino ben. A xente xa me

coñecía e na miña casa, as noites, era un verdadeiro casino. Eu

sempre tiven a idea de que o home hai que salvalo para eiquí e pro

máis alá. Esta idea tívena dende sempre. O pouco que eu poida facer

ten que ir por ise camiño.

¿Cómo naceu esa “outra maneira”

de entender o sacerdocio, como

reaccionaron os outros curas, con

que apoios contou?

Non creo que teña eu maneiras

distintas, xa o comentei antes, cada

un ten o seu estilo e todos son

válidos.

Os outros curas non sei, non creo que eu fixera cousas raras por

suprimilos responsos, por ter outro traballo, por xogar a partida cos

feligreses…….

¿Qué razóns levan a un cura dunha parroquia do rural a enrrolarse en

outras actividades como as empresariáis ou o ensino?

Eso de empresario caime algo ancho. Fun un humilde granxeiro.

O ensino sempre me gustou. Antes de vir para Doade, querían

mandarme de profesor de latín o Seminario. Eu viña farto de

internado e quería outro xeito de vida. Esto costoume estar vinte días

sin parroquia por renunciar a ir a Lóuzara.

Paxina 4

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!