08.05.2013 Views

Revista Terra e Tempo 149-152

Revista Terra e Tempo 149-152

Revista Terra e Tempo 149-152

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Economía

Cruceiro nunha céntrica praza madrileña, agasallo

da Xunta de Galiza a Madrid, coa inscrición:

“gratitud histórica y centenaria”

(1) Sucesións e doazóns, Patrimonio,

Transmisións patrimoniais, Actos xurídicos, Taxa

sobre o xogo, e taxas afectas aos servizos

transferidos (consideradas con criterio normativo)

(2) Alcol e bebidas derivadas, Cervexa, Produtos

intermedios, Hidrocarburos, Labores do tabaco

38 terra e tempo 2009

onde se recada o 100% do imposto que

recae sobre o tabaco. Así, cando me

deleito fumando a miña cachimba ou

cando merco o tabaco correspondente

no estanco preto da miña casa, iso

non acontece na realidade: non son

máis que fabulacións idealistas miñas,

propias do bispo Berkeley, de facer caso

aos nosos benqueridos españolistas

‘galegos’ 8 . De feito, nas delegacións

madrileñas da AEAT recadouse en

2007, 35% do IRPF e do Imposto de

Sociedades, 55% do imposto sobre a

renda dos non residentes, 42% do IVE,

82% do todos os impostos especiais,

62% do imposto sobre primas de seguros.

En conxunto, case 42% da totalidade

da recadación derivada do sistema

fiscal español. Por isto, este

Informe da AEAT non serve nada para

nos indicar cales son os impostos totais

que soportan os galegos –nin os

outros– como consecuencia do sistema

fiscal español, por moito que as cifras

agregadas dos diferentes impostos

contidas neste informe sexan correctas.

Vemos así que a recadación de impostos

nas Delegacións galegas da

AEAT significarían unicamente 3,3%

da recadación total estatal. Xa nos gustaría,

pensarán algúns. Do mesmo xeito

que nel se reflicte que neste ano

(2007) –como dixemos– nada menos

que 42% da recadación total por todos

os impostos se concentra en Madrid,

cando o PIB deste territorio significa

17.7% do total español, case dúas veces

e medio menos, tornando evidente unha

incongruencia flagrante, unha anormalidade

absoluta, unha imposibilida-

de, sobre todo tendo en conta o paupérrimo

carácter progresivo do conxunto

do sistema fiscal español.

Porén, e afortunadamente, o Informe

de Liquidación do Sistema de

Financiamento, para o caso dos impostos

que se integran na cesta de tributos,

non utiliza o criterio de distribución

territorial que mantén o

Informe de Recadación Tributaria da

AEAT, consciente da súa irrealidade e

por obedecer a outras finalidades estatísticas

que resultan desapropiadas

para consideraren adecuadamente os

impostos realmente soportados polos

habitantes dos diferentes territorios

do Estado español. Deste Informe de

Liquidación podemos obter a recadación

xeográfica real da maioría dos

impostos que compoñen a cesta tributaria,

agás nos casos do IVE e dos

Impostos Especiais, para os que, dadas

as súas características ben coñecidas,

utiliza para a súa distribución

territorial uns índices de consumo específicos,

conscientes os seus autores

de que por medio deste procedemento

específico se achega moito máis á

carga tributaria real dos mesmos nas

diferentes Nacións e Rexións que

compoñen o Estado español.

No sistema de financiamento en

vigor, negociado a finais do ano 2001

e resultado, basicamente, dun acordo

entre o PP e CiU, os impostos que

compoñen a cesta tributaria, así como

a súa porcentaxe de cesión ou territorialización

e volume, foron no

ano 2007 para a Galiza, os que se

mostran no cadro a continuación:

SISTEMA DE FINANCIAMENTO. Recursos tributarios ano 2007 (millóns de euros) GALIZA

IMPOSTO % Ces/Terr. SdF Rec/Terr Resto Recad/Terr TOTAL Suportado

Cedidos tradicionais (1) 100 1077,1 -- 1077,1

IRPF 33 1195,9 2209,1 3405,0

IVA 35 1219,4 2264,6 3484,0

IIEE de Fabricación (2) 40 471,1 706,7 1177,8

IE Electricidade 100 85,8 -- 85,8

IE Matriculación 100 94,5 -- 94,5

V. retallista Hidrocarburos (Tramo estatal e autonómico) 100 93,9 -- 93,9

SdF : T O T A L 4237,8 5180,3 9418,2

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!