Para comprendermos a crise - Web FORGA

forga.info

Para comprendermos a crise - Web FORGA

Texto:

Julio C. Gambina

Tradución:

Rafa Villar

Dirección:

Manuel Mera Sánchez

Deseño e maquetación

Breixo Lousada / Bernal Rúa

Coordenación editorial:

Iuri Domènech

Revisión:

Xabier Pérez Igrexas

Edita:

FESGA (Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza)

I.S.B.N.:

978-84-614-6213-1


Índice

5 Introdución

11 A crise en movemento: historia da crise

23 A crise 2001-2010

33 Unha breve introdución ao problema da crise

47 Os horizontes posíbeis para saír da crise

65 A arquitectura económica, social, institucional e financeira da “outra economía”

85 Conclusións

3


Introdución

As orixes máis inmediatas do proceso de crise

que atravesamos actualmente (2010) poden ser

rastrexados tres anos atrás (2007), coa crise

das hipotecas dos Estados Unidos como o seu

disparador inicial. Proxectada inicialmente

como crise financeira a partir da caída de importantes

bancos de investimento estadounidenses

-fusións incluídas e reformas

financeiras mediando 2010- o seu impacto na

economía real infelizmente non se fixo agardar.

Porén, se ampliamos a ollada cara a unha perspectiva

histórica, bateremos coa crise recesiva

do ano 2001, acontecida tamén en Estados Unidos,

e nunha análise retrospectiva toparemos

sucesivamente con crises previas que ben

poden confundirse cos denominados “ciclos

económicos” aos que nos ten afeito o sistema

do capital. Tal interpretación sería errónea,

pois, como veremos, a actual non só se trata

dunha crise cíclica, senón dunha crise sistémica

e integrada, que atinxe unha multiplicidade de

crises: alimentaria, ambiental, enerxética, financeira,

económica, da orde social, é dicir, civilizatoria.

Ante este panorama, a situación de crise capitalista

con epicentro nos países desenvolvidos -

nomeadamente nos Estados Unidos- reabre a

discusión sobre o modo de organización económico

da sociedade contemporánea, á vez que

nos convida a reflexionar acerca da natureza da

crise, as súas causas, consecuencias e posíbeis

saídas.

Queremos ser precisos na nosa definición da

crise, que non alude só á cuestión do ciclo económico,

senón -e principalmente- aos límites

estruturais na obtención de ganancias, á consecuente

acumulación capitalista e ao proceso

de dominación política que de aí se deriva. A

crise é produto de factores internos do proceso

de produción e reprodución, do cal a sobreprodución

de mercadorías e de capitais constitúe

o fundamento principal, conxuntamente cos

conflitos laborais e sociais pola disputa da

renda xerada. É unha loita diversa polo salario,

a vivenda, a saúde, a educación e a apropiación

social de valores socioculturais construídos historicamente,

levadas adiante por amplos sectores

populares (traballadores informais,

pequenos campesiños, artesáns, comunidades

de pobos orixinarios, organizacións territoriais,

comunitarias, etc.) En rigor, ambas as facetas

son parte indisolúbel da orde vixente, unha

como proceso de traballo e a outra, de loita de

clases. Hai crise cando o capital non pode reproducir

o seu ciclo como capital diñeiro, como

capital produtivo ou como capital mercadoría,

procesos cruzados esencialmente polo conflito

de clase.

A crise pon de manifesto os problemas ao interior

do capitalismo como sistema xerárquico

segundo a dimensión dos capitais (a súa composición

orgánica), e na estrutura do sistema

internacional de países. En ambos os casos trátase

dunha disputa pola hexemonía en dous niveis:

no interior dun país e no sistema mundial

de nacións; senllos escenarios vense atravesados

pola loita entre sectores sociais dominantes

e dominados.

Por esa razón é polo que se pensa a crise como

unha oportunidade de sentidos contraditorios.

Protesta de traballadores/as de Alfageme, en Vigo

5


6

O desemprego e a

caída dos salarios son o

primeiro movemento

do axuste do capital

para soportar a crise.

A crise maniféstase

tamén na diminución

de ganancias e redución

das oportunidades de

negocios para algunhas

patronais

Por quen exerce a hexemonía,

para afirmar

o rumbo capitalista,

alegando a necesidade

de manter a “orde” e

promovendo simples

reformas cosméticas

para restablecer o

ciclo de produción,

distribución, circulación

e consumo de

bens, servizos e capitais.

E para os dominados,

que enxergan a

crise como unha conxuntura favorábel para

obstaculizar a acumulación, disputar condicións

de vida e intentar un tránsito do capitalismo

cara a unha nova orde, anticapitalista,

socialista. Neste proceso ten lugar a dialéctica

entre reforma e revolución.

Pódense cuantificar os efectos das crises capitalistas

que afectan principalmente ás clases

subalternas. O desemprego e a caída dos salarios

son o primeiro movemento do axuste do

capital para soportar a crise. Cóntanse por millóns

os despedimentos en todo o mundo, ao

que se suman pérdidas das condicións de emprego,

suspensións e reducións de ingresos.

Son mecanismos que potencian a flexibilidade

do traballo que se impuxo nos últimos 30 anos

e que contribuíron a deteriorar a capacidade de

resposta do movemento de traballadores. É

certo que a crise se manifesta tamén na diminución

de ganancias e redución das oportunidades

de negocios para algunhas patronais,

xerando así as condicións para contrarrestar

eses efectos cunha renovada iniciativa de violencia

sobre a maioría empobrecida da poboación

mundial. A receita do capital é máis

axuste, máis liberalización e apertura das economías

para relanzar o programa de expansión

do capital e o sistema de explotación e dominación.

Na sinalada disputa cóntase, ademais, cun actor

poderoso: o estado, no seo do cal cristaliza a

loita entre opresores e oprimidos. No contexto

dun sistema capitalista, a institucionalidade estatal

xoga un papel relevante orientando as políticas

públicas a favor dos intereses do capital.

En termos simples: na disputa pola hexemonía,

o estado é funcional ao bando dos opresores. Tal

conivencia pode ser rastrexada en diferentes

etapas ao longo da nosa historia, porén, evidénciase

fortemente naqueles momentos nos que o

capital está inmerso nalgunha situación crítica

como a actual.

Para comprendermos o alcance da relación estado-capital

propomos un simple exercicio de

recompilación de datos. Así, aínda que a crise

nos Estados Unidos vén de vello, sabemos que

se agudizou desde agosto de 2007 e fíxose evidente

no “setembro negro” de 2008 con impacto

para as finanzas globais. O pánico levou a

fortísimas intervencións de liquidez como os

180.000 millóns de dólares dos que dispuxeron

-da noite para a mañá- 7 bancos centrais do capitalismo

desenvolvido para intentar parar a

desfeita do sistema financeiro no cerne do capitalismo

central. Na mesma semana de explosión

da crise destináronse outros 85.000

millóns de dólares desde fondos públicos estadounidenses

para o rescate da aseguradora

American International Group (AIG), e unha

semana antes asignáronse 200.000 millóns

para atender a liquidez dos dous grandes bancos

administradores de hipotecas: Fannie Mae

e Freddie Mac. Son fondos que se sumaron a

varios millóns máis e que a fins do 2008 superaban

o billón de dólares. Ao mesmo tempo, e

por eses días, consignamos que foron 50.000

millóns o que lle custou ao Bank of America a

apropiación da depreciada compañía Merrill

Lynch, catro veces máis cara había apenas un

par de anos. Finalmente, no período de transición

entre as administracións de George W.

Bush e Barack Obama (fins do ano 2008 e comezos

do 2009) destináronse aproximadamente

uns 3 billóns de dólares para salvar o

capital en decadencia. En fin, a crise foi estatizada

e ironizouse sobre este proceso aludindo

ao “socialismo estadounidense”.

A realidade é que se destinaron orzamentos públicos

para rescatar as carteiras morosas (“débedas

tóxicas”), sanear o sistema bancario e

relanzar a actividade a custa do conxunto da sociedade,

coa intención de amortizar ese gasto

socializado no sistema mundial. No discurso de

Bush, sobre o final do seu mandato, presio-


nando aos parlamentarios estadounidenses púidose

ler certo ton catastrofista -mesmo ameazante-

para inducir a aprobación do paquete de

rescate. Precisamente se referiu a que a “profundidade

da crise” non admite o rexeitamento

do paquete de “estatización”, pois o impacto en

custos sociais e económicos sería peor.

É a chantaxe usual dos que, no curso da crise,

aproveitan a ocasión para socializar as contribucións

do rescate público e continuar co

rumbo da acumulación interrompida. Idéntica

coacción utilizada até o cansazo durante a recesión

do 2009 e na renacida crise europea de

comezos do 2010. É unha chantaxe que resulta

eficaz na postergación da resistencia das clases

subalternas afectadas polo axuste.

Poderían darse máis datos sobre os montantes

atinxidos na crise, pero o noso propósito é pór

de manifesto a danza dos millóns que representan

as achegas recorrentes das bancas centrais

(o estado) para soster funcionando a

vangarda da liberalización financeira e económica

consolidada entre a década do 70 e 90,

coa instalación da ofensiva do capital transnacional

e a ideoloxía neoliberal. Aludimos á

banca de investimento en crise e á arquitectura

do sistema financeiro mundial como emblemas

do mundo liberal (neoliberal), cuxas funcións

contribuíron a potenciar as asimetrías de ingreso

e riquezas para consolidar unha orde económica

e social sustentada na explotación.

É certo que a crise prexudica a certas institucións

do capitalismo, pero principalmente

afecta a persoas concretas: desempregados,

desaloxados das súas vivendas, famentos, entre

outros. A prédica mediática esquece deliberadamente

as persoas, sinalando que a crise impacta

central e unicamente nos bancos, as

aseguradoras, as bolsas, os fondos de investimento,

o sistema de especulación bolsista e financeiro,

as consultoras, as avaliadoras de risco

de “prestixio internacional”, mesmo nos propios

Organismos Financeiros Internacionais

(FMI, Banco Mundial, BID) que se transforman

en vulgares comentaristas dunha situación que

lles estoura a contraxeito das súas previsións e

recomendacións.

A recesión despregouse durante o ano 2009 e así

o demostran os datos

da evolución do Produto

Interior Bruto

(PIB) publicados da

Organización para a

Cooperación e o DesenvolvementoEconómico

(OCDE) (Xapón

-5.0; EEUU -2.4; Eurozona

-4.0) 1 . Cando

todos pensaron que o

repunte se consolida-

A realidade é que se

destinaron orzamentos

públicos para rescatar

as carteiras morosas

(“débedas tóxicas”),

sanear o sistema

bancario e relanzar a

actividade a custa do

conxunto da sociedade.

ría no 2010, a crise volveu ser noticia desde as

economías europeas, especialmente Portugal, Irlanda,

Italia, Grecia e o Estado español aos que,

se algunha vez creron estar inseridos no bando

“gañador” do sistema hexemónico, as grandes

potencias lles fixeron saber que era só ilusorio,

cualificándoos como o grupo dos “PIGS” (Portugal,

Irlanda e/ou Italia, Grecia e España en inglés,

Spain) [traducido do inglés pigs, “porcos”].

Nese sentido, todo apunta a considerar que a

crise continúa e que se expandirá, de xeito específico,

cara a todos os países do globo. O tema

non é menor, porque se algo se asimilou despois

da crise do 30 é a posibilidade que ten a

actuación da política económica para superar

os procesos de crises. A busca sinala un novo

ciclo de crecemento económico e estabilidade

de prezos (existen problemas estruturais de

crecemento de prezos internacionais que agudizan

o escenario de crise), rexenerando condicións

para a acumulación de capitais.

Ao salientar a “política económica”, aludimos á

dimensión política que se pon en xogo no momento

de calquera crise sistémica. Apuntamos

a nosa reflexión a pensar en termos de crises e

iniciativa política das clases constituídas en suxeitos

activos para definir o rumbo. Entón, non

só hai crise, recesión, inflación, baixa da taxa

de ganancia, desemprego, marxinación e calquera

outra manifestación ou efecto dos problemas

no ciclo de valorización, senón que

tamén actúan os suxeitos para afirmar o rumbo

do capitalismo ou para confrontalo. É a econo-

1 Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico

(OECD), “Principais indicadores económicos”. Marzo 2010.

Dispoñíbel en

http://www.oecd.org/dataoecd/43/20/41261417.pdf.

7


8

Manifestación en Lisboa, Portugal

mía e tamén a política. Cómpre nese sentido rexistrar

o carácter ofensivo da estratexia das clases

subalternas desde a súa formulación

orixinaria polos clásicos do socialismo deica o

derrubamento soviético. Esta situación xerou

un cambio de sentido no imaxinario popular

mundial afectando á perspectiva dun rumbo

anticapitalista.

A dimensión política inherente ao sistema hexemónico

non se evidencia unicamente en momentos

de crises coas mencionadas políticas de

rescate, senón que é observábel tamén no uso

da violencia pública a favor do capital. O capitalismo

nace co selo da violencia e a afectación

integral dos dereitos humanos. Ese é a marca

do capitalismo, máis aló dos adxectivos que ás

veces apoñen para amortecer unha historia de

saqueo. Por iso, nin “humano”, nin “salvaxe”:

capitalismo. Desde a acumulación orixinaria o

capitalismo pasou por distintas crises e recomposicións,

que supoñen variacións das relacións

económicas no marco do réxime de explotación,

que é en definitiva a invariante do sistema.

Porén, o problema que guía a nosa pescuda é a

alternativa ao capitalismo en crise. Non se trata

dunha discusión ideolóxica sobre o socialismo.

Máis ben intenta ser unha achega ás condicións

para o tránsito das políticas hexemónicas neoliberais

cara a unha perspectiva de transformación

social que permita explorar acerca dos

problemas do noso tempo. É que a nosa hipó-

tese asume que a pouco máis de dúas décadas

da caída do muro de Berlín, e no medio dunha

crise sistémica, reaparecen condicións subxectivas

para reinstalar unha posíbel ofensiva polo

outro mundo posíbel. En todo caso trátase dun

rumbo a construír, repensando a crítica ao capitalismo

para refundar un ciclo de ofensiva popular

para transitar o camiño do capitalismo

cara ao socialismo. Supón tamén un balance

crítico sobre a experiencia socialista e unha

anovada procura por construír a sociedade sen

explotación. Ese é o sentido destas liñas.

Como mencionamos previamente, inmersos

neste contexto a crise preséntase como oportunidade:

tanto para os opresores co fin de continuar

co asoballamento cara ao pobo, como para

os oprimidos para se ergueren cunha proposta

que poña en xogo outro tipo de relacións sociais.

Senllas opcións coexisten e está en cada

un dos actores o saber dar bo proveito ao contexto

sociohistórico que vivimos. Nese sentido,

este texto expón diferentes desafíos que tenden

a pensar a teoría económica como disciplina do

estudo das relacións sociais no ámbito económico

sen deixar de lado a dimensión política da

problemática, a criticar o capitalismo como sistema

produtivo baseado no saqueo e a violencia,

a desenvolver un balance crítico da

experiencia de construción do socialismo; en

fin, a colaborar coa construción dun outro

mundo posíbel.

Desde esta perspectiva epistemolóxica, focamos

a análise nas relacións sociais de produción,

entendidas como escenarios de disputa

continua, é dicir, na loita entre e no interior das

clases, como elemento dinámico do proceso

histórico.

Daquela, necesariamente, o correlato metodolóxico

das concepcións vertidas nestas páxinas,

tende a producir un estudo centrado na interacción

entre a teoría e a práctica. Confiamos

nas elaboracións conceptuais, na medida en

que sexan insumos para a acción política e social;

ausente ese obxectivo, a teoría é baleira de

todo contido transcendente.

En termos globais, este traballo estrutúrase en

catro grandes bloques temáticos, separados con

fins heurísticos, pero cuns eixos centrais que


gardan estreita relación entre si. Nun primeiro

momento abordamos as achegas teóricas para

comprender a hexemonía do capital actualmente

en crise. Neste bloque brindamos ferramentas

básicas para a análise do escenario en

crise do modo de produción capitalista. A seguir,

centramos a atención na abordaxe histórica

do sistema que estrutura por estes días as

relacións sociais, o capitalismo. O obxecto que

se persegue aquí é observar a dinámica do fenómeno,

a súa actuación ao longo da historia, é

dicir, intentar enxergar a súa lóxica de reprodución

e funcionamento. Nun terceiro bloque

temático damos preeminencia ao estudo das

políticas anticrise desenvolvidas nos últimos

tempos tanto por parte daqueles que exercen a

dominación, como dos que a padecen. Neste

marco achegámonos aos actores protagonistas

da disputa pola hexemonía e ás súas propostas

para saír da crise.

Para rematarmos, ensaiamos algunhas conclusións

que pretenden ser o punto de partida non

só para próximas análises específicas, senón

tamén ferramentas útiles para a acción política

en prol da construción dun modelo produtivo

alternativo e socialista. En síntese, as seguintes

liñas pretenden ser unha achega para dilucidar

interrogantes como: Que rumbo orienta o debate

das clases subalternas e o pensamento crítico?

Hai que se aledar coa crise, entendida

como problemas para a valorización do capital

en xeral, sen ver os capitais en particular e a súa

articulación co estado capitalista? Pódense

imaxinar ou esperar derrubamentos capitalistas?

Cómpre sumarse con expectativas a toda

política económica anticrise ou será mellor tentar

revolucionalas, tanto desde as prácticas sociais

como desde o pensamento crítico?

Agardamos colaborar neste debate transcendental

que define a nosa futura calidade de

vida.

9


Traballadores de industria naval en Vigo

Traballadoras da conserveira Calvo (Carballo)


Capítulo 1

Achegas teóricas para analizar

o sistema capitalista en crise

A esencia da crise

Existe unha gran confusión cando se alude á

crise económica”, e mesmo cando se formula

que existe “crise do capitalismo”. Que é unha

e que é outra? Ás veces admítese a crise polas

súas consecuencias: inflación, desemprego, recesión,

pobreza, alza ou baixa dos prezos das

accións ou os títulos valor, ou outros indicadores

económicos ou sociais. Porén, iso non

explica a crise. Noutras ocasións alúdese aos

ciclos económicos que indican o proceso económico,

a saber: despois do auxe devén a

crise, máis tarde a depresión e finalmente a recuperación.

Son catro fases dun ciclo económico,

onde un deles é a crise. En rigor, a crise

é a forma de funcionamento das leis do mercado,

é dicir, da lei do valor; xa que logo, a

crise é a forma de desenvolvemento do capitalismo.

A sociedade contemporánea transita un camiño

de crise, sendo esta funcional a un proceso permanente

de concentración e centralización do

capital, como forma de acumulación dos capitais.

Este é o fenómeno que explica a crise. Paralelamente,

a crise supón a saída de escena

dalgúns actores económicos e o ingreso doutros,

nun novo chanzo de desenvolvemento tecnolóxico

e de capacidade da forza de traballo

para transformar a natureza e ao propio ser humano.

Quen se interese en afondar niso deberá comprometerse

coa máxima obra de Karl Marx, O

Capital. Na súa sección terceira do Tomo III,

poden estudarse tres capítulos que explican

polo miúdo a “lei da tendencia decrecente da

cota de ganancia”. O razoamento parte do fenómeno

de ampliación crecente do capital

constante sobre o variábel, é dicir, do investimento

en maquinarias, inmobles, ferramentas,

materiais e materias primas, por riba do montante

investid en salarios. O resultado é o incremento

da composición orgánica do capital,

medida como a relación

entre o capital

constante investido e

o capital variábel. Esa

tendencia a un maior

investimento en capital

constante é o que

induce a baixa na cota

ou taxa de ganancia.

A sociedade

contemporánea transita

un camiño de crise,

sendo esta funcional a

un proceso permanente

de concentración e

centralización do

capital.

Marx comeza cun

exemplo simple, mantendo fixas as variábeis da

ecuación do valor (capital constante + capital

variábel + plusvalía; ou c+v+pl), con excepción

de c (capital constante) que o fai aumentar progresivamente.

Partindo que valor=c+v+pl e

que taxa ou cota de ganancia g´= pl/c+v, Marx

pon o seguinte exemplo:

A base da cota de plusvalía do 100% (para

v=100 entón pl=100) teremos que:

Se c = 50 e v = 100, g´ = 100/150 = 66,66%;

Se c = 100 e v = 100, g´ = 100/200 = 50%;

Se c = 200 e v = 100, g´ = 100/300 = 33,33%;

Se c = 300 e v = 100, g´ = 100/400 = 25%,

Se c = 400 e v = 100, g´ = 100/500 = 20% 2 .

É claramente visíbel o maior crecemento do investimento

en capital constante e esa é a causa

que explica a tendencia á diminución da taxa de

ganancia, dado que unha masa similar de traballadores,

agora con maior investimento en maquinarias

e materias primas produce, no mesmo

tempo, unha maior cantidade de produtos, diminuíndo

o seu valor, aínda que non necesariamente

o seu prezo. Esa diminución de valor

individual de cada produto, pero cunha produción

maior en termos de masa de produtos é o

que distorsiona a análise. Existe maior produción

aínda que con valores individuais menores.

Adicionalmente, temos que puntualizar que

valor e prezo non significan o mesmo, xa que o

2 Marx, Carlos; “O Capital”, Tomo III; FCE; México; 2000. Páx. 213.

11


12

primeiro é unha categoría abstracta, mentres

que o segundo é un concepto concreto. Os valores

transfórmanse en prezo mediante procesos

de mercado atravesados pola taxa de

ganancia media. Produto diso, capitais de

menor composición orgánica (c/v) transfiren

valor xerado na súa esfera de produción aos de

maior composición orgánica, e é por iso polo

que aínda que a tendencia da ganancia sexa á

baixa (a maior capital constante c), os capitalistas

invisten xa que se apropian da plusvalía

xerada por capitais de menor composición orgánica.

A transformación dos valores en prezos

acusa un prolongado debate no seo da economía

marxista e está asociado ao carácter incompleto

dos estudos realizados por Karl Marx.

Debe considerarse que el só publicou en vida a

parte abstracta sobre o seu estudo d’O Capital,

o Tomo I, sendo publicados os seus apuntamentos

sobre o Tomo II e III por Federico Engels

e un Tomo IV por Karl Kautsky. En termos

metodolóxicos Marx parte do abstracto para

despois avanzar nos fenómenos concretos.

Malia as discusións sobre a transformación dos

valores en prezos, a diminución da taxa de ganancias

constitúe a base de estudos sobre a

crise 3 .

3 Caputo Leiva, Orlando; Caputo Leiva, Orlando; Estados Unidos y

China: ¿locomotoras en la recuperación y en las crisis cíclicas de

la economía mundial? en Jaime Estay Reyno (comp.); “La economía

mundial y América Latina. Tendencias, problemas y desafíos”;

Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales CLACSO; Bos Aires;

2005. Caputo Leiva, Orlando; El capital productivo y el capital financiero

en la economía mundial y en América Latina; en Gambina,

Julio C. e Estay, Jaime (comps.); Fundación de

Investigaciones Sociales y Políticas, FISYP; Bos Aires; 2007.

O problema da “tendencia decrecente” resólvese

segundo o propio Marx coa aplicación de

contratendencias, como son o aumento do grao

de explotación (crecemento da cota ou taxa de

plusvalía); a redución dos salarios por baixo do

seu valor de reposición da forza de traballo; o

abaratamento dos elementos que compoñen o

capital constante; a superpoboación relativa; o

comercio exterior e o aumento do capital-accións.

A tendencia e as contratendencias prodúcense

simultaneamente e iso dificulta a comprensión

do problema na súa totalidade. A crise é, en definitiva,

esa dificultade para a valorización do

capital. A tendencia á caída da taxa de ganancia

dificulta a acumulación e iso xera unha situación

crítica. Pero insistimos en ter presente que

a crise é permanente e, xa que logo, induce a

unha recorrente busca de solucións por parte

dos capitalistas. Ante cada indicador de baixa

da ganancia dispárase inmediatamente unha

tendencia en sentido contrario. É un proceso de

resposta reflexa entre o fenómeno da crise e a

súa proposta de saída, de carácter individual -

encarado por cada capitalista-, pero tamén social

-empurrado por todos os capitalistas a

escala global-.

Despois de séculos de capitalismo e variadas

crises, resulta axeitado non reproducir debates

relativos a solucións máxicas de transformación

revolucionaria (o imaxinario aludía a

que mentres peor se estea, mellor resposta

para o cambio social) e menos acoutar a imaxinación

ao posíbel determinado por correlacións

de forza transitorias (non confrontar con

dereitas políticas ou clases dominantes). É imprescindíbel

recoñecer as características da

crise actual, as formas que asume a explotación

capitalista e potenciar a forza subxectiva

consciente que loita contra o capitalismo e

polo socialismo, desde a práctica e a teoría.

Teimamos niso porque existen especificidades

nas crises capitalistas de 1873, de 1930, nos

anos 60/70 e na actualidade. O específico inclúe

a análise de época, a situación das clases

e a potencia dos seus proxectos. Porén, e como

vimos mencionando, tamén existen xeneralidades

aplicábeis a todas as crises, a saber:

todas elas se producen a partir da caída da


taxa de ganancia, á vez que cristalizan da loita

histórica de clases, esencia do sistema capitalista.

A ofensiva dos traballadores explícita no Manifesto

Comunista (1848) e posta en xogo na Comuna

de París (1871) non puido resolver a

definición dun proceso de transformacións revolucionarias

e o capitalismo mudou na crise

de 1873, vía concentración e centralización do

capital, cara á súa etapa imperialista dominada

polos monopolios. A perspectiva imperialista á

saída da crise a fins do século XIX non era a

única posibilidade.

Posteriormente, coa Revolución Rusa de 1917, a

ofensiva dos de abaixo provocou a defensiva do

sistema co xurdimento do estado de benestar,

as políticas keynesianas construídas no período

de entreguerras e o marco da “gran depresión”.

O límite do reformismo estivo presente na

ofensiva dos traballadores e os pobos na loita

de clases posta de manifesto despois da segunda

guerra mundial e a crise de fins dos 60.

Aí se constitúe a ofensiva neoliberal contra os

traballadores e o poder popular que ameazaba

o réxime do capital.

Sintetizando, o eixo que define a crise capitalista

é a dificultade no proceso de valorización

do capital. A crise supón límites á produción de

ganancias e afecta, polo tanto, á acumulación

de capitais (que ten como base as ganancias). A

lóxica consecuencia é a afectación da capacidade

de dominación social dos capitalistas. Isto

é o que permite falar de crise do capitalismo, é

dicir, do sistema de produción vixente. A crise

supón unha obstaculización da secuencia que

se establece entre a produción de ganancias, a

acumulación de capitais e a dominación capitalista

da sociedade.

A actual crise da economía mundial, polas razóns

previamente mencionadas, pon en discusión

a orde social global e consecuentemente a

súa hexemonía ou, polo menos, cuestiona a

unilateralidade do liderado estadounidense.

Ao mesmo tempo, induce a pensar non só en

quen domina, dirixe ou lidera a orde mundial,

senón tamén, a pensar en prol “doutra orde posíbel”.

Crise en ou do réxime capitalista

Tendo en conta os elementos teóricos expostos

previamente, é plausíbel comezarmos a análise

da actual crise desentrañando o seu carácter e

profundidade. Nese sentido, a primeira cuestión

a considerarmos é a caracterización da

crise en curso. Non resulta idéntico pensar a

crise no capitalismo que remitir a unha crise do

capitalismo. En ambos os casos, pártese dun

suposto diferenciado que leva a razoamentos

diversos sobre as políticas anticrise. A crise da

economía mundial é un dato evidente da realidade

e ten a súa historia entre 2007 e a actualidade.

Non hai dúbidas sobre a existencia da

crise no capitalismo, mais si se discute acerca

de se é unha crise do réxime do capital. Os interrogantes

a resolver, no marco do debate

sobre a caracterización da crise, son se o capi-

talismo superará a

súa crise, tal como

ocorreu noutras ocasións;

se se manterá

por un longo período

nesta situación; ou se,

finalmente, é tempo

de superación da orde

capitalista. Isto constitúe

un primeiro desafío

para a Economía

Política e o pensamento

crítico.

É nese sentido en que resulta imprescindíbel

analizarmos a dialéctica da crise en e do capitalismo.

Para o primeiro caso debe considerarse a

destrución de capitais que soportan os efectos

demoledores da crise, e ao mesmo tempo, salientar

a oportunidade que se abre para a centralización

e concentración dalgúns capitais. A crise

no capitalismo leva a pensar nas posibilidades

das políticas anticrise en discusión e execución

segundo os principais foros e conclaves internacionais

como as reunións do Grupo dos 20 4 e ou-

4 Definido como a máxima instancia de cooperación dos principais

países implicados na crise da economía mundial que promoven o

rescate -vía recursos públicos- de grandes empresas en quebra. Os

seus membros son: EEUU, Canadá, Gran Bretaña, Francia, Alemaña,

Italia, Xapón e Rusia Arabia Saudita, Arxentina, Australia,

Brasil, China, India, Indonesia, México, República de Corea, Sudáfrica,

Turquía e a Unión Europea; aínda que representados por

esta, son convidados tamén España e Holanda.

13

Os interrogantes a

resolver, no marco do

debate sobre a

caracterización da crise,

son se o capitalismo

superará a súa crise, tal

como ocorreu noutras

ocasións; se se manterá

por un longo período

nesta situación; ...


14

Factoría de Citröen en Vigo

tros. A lóxica dos conclaves internacionais parten

do suposto da temporalidade da crise e, polo

tanto, da posibilidade da súa superación. Desde

esa lectura a crise é un accidente que pode e

debe repararse. O propósito das políticas anticrise

apunta a retornar á normalidade do ciclo

capitalista co restablecemento da taxa de ganancias.

Ao pensar en termos de crises do capitalismo, a

discusión lévanos á integridade da crise na súa

consideración multifacética como crise económica,

financeira, alimentaria, enerxética, am-

Resulta usual analizar a

crise desde a

deterioración

dalgunhas variábeis

macroeconómicas, ou

desde o impacto en

certos sectores da

produción e os servizos.

Porén, esta perspectiva

analítica deixa de lado o

desenvolvemento

simultáneo de

fenómenos da

acumulación de

riquezas e ganancias

acaecidos nalgúns

sectores económicos.

biental, é dicir, como

crise da civilización

contemporánea. Esta

liña de reflexión permítenos

pescudar e

ensaiar a posibilidade

de políticas anticapitalistas

en curso, tales

como aquelas que durante

medio século se

veñen desenvolvendo

en Cuba, ou as propostas

polo Socialismo

do século XXI

sostidas desde Venezuela

ou outras experiencias

de cambio

político como Bolivia

ou Ecuador. Xa que

logo, se a desarticula-

ción da Unión Soviética desprazou a discusión

sobre a perspectiva anticapitalista, non capitalista

ou polo socialismo, a crise do capitalismo

en curso permite retomar esas coordenadas

para a discusión da orde social.

Como vimos sostendo pensar a crise remite ás

dificultades do capital para a súa valorización,

sen negar a continua produción de plusvalía -

aínda en período de crise- e a súa apropiación

por unha banda do capital. As dificultades para

a reprodución e ampliación do capital “en

xeral” non obsta a valorización de capitais particulares.

No marco da competencia capitalista

e a pesar da crise, os capitais “en particular”

están en mellores condicións para desenvolver

o proceso de centralización e concentración,

reanimando o ciclo da acumulación capitalista.

A crise é asumida neste caso como unha oportunidade.

En rigor, constitúen a parte do capital

que se prepara para emerxer da crise con

anovada potencia para un novo ciclo económico

de expansión das relacións sociais capitalistas.

É que a crise supón simultaneamente o dobre

proceso de destrución e creación de capitais.

Destrúe capitais en tanto traballo acumulado,

á vez que viabiliza a urxencia doutros (novos)

procesos de explotación de traballo vivo. Este

proceso aparentemente contraditorio explica

que se poida enxergar unha tendencia xeral á

baixa das ganancias das empresas (bancos, automotrices,

etc.), simultaneamente a que sectores

asociados á bioxenética e a industria da

alimentación por exemplo, somen cuantiosas

ganancias nun marco de crise da economía

mundial.

Resulta usual analizar a crise desde a deterioración

dalgunhas variábeis macroeconómicas,

ou desde o impacto en certos sectores da produción

e os servizos (como a industria do automóbil,

a banca ou o sector inmobiliario na

conxuntura 2007 a 2009). Porén, esta perspectiva

analítica deixa de lado o desenvolvemento

simultáneo de fenómenos da acumulación de

riquezas e ganancias acaecidos nalgúns sectores

económicos. Vexamos só algúns exemplos:

a) entre as comercializadoras de grans, por

exemplo, Cargill obtivo ganancias en 2008 de


3.951 millóns de dólares, superiores en 69%

ao ano anterior,

b) entre as compañías produtoras de fertilizantes,

MOSAIC dos Estados Unidos declarou

ganancias en 2008 por 2.682 millóns de

dólares, un 430% superior a 2007,

c) en sementes e pesticidas, Monsanto obtivo

ganancias en 2008 por 2.926 millóns de dólares,

120% superior ao ano anterior,

d) en maquinaria agrícola, John Deere logrou

ganancias por 3.124 millóns de dólares, un

17% máis que en 20075 .

É evidente que a crise non expresa identidade

na situación dos capitais individuais e merece

ser estudada con certa precisión. De igual xeito,

deben ser enfocadas as argumentacións que

aluden a que a crise afecta aos Estados Unidos

e, máis recentemente, a Portugal, Irlanda, Grecia

ou o Estado español (os coñecidos PIGS

polas súas siglas nomeadas en inglés) e, non

tanto a aqueles países que non se mostran no

epicentro da eclosión económica, como é o caso

de América Latina ou Asia, afectados hai apenas

menos dunha década por crises que anticiparon

a global actual.

Suxeitos de poder:

capital e estado

Poñer no centro da análise a esencia da crise

implica, entre outras cousas, identificar os actores

que definen a hexemonía do escenario

mundial para considerar cales son as estratexias

históricas e conxunturais que se poñen en

xogo neste contexto de crise global.

É así que, en primeira instancia, recoñecemos

como suxeito principal o capital transnacional

cuxa estratexia de liberalización só pode ser

materializada coa colaboración do estado. Este

resulta un produto histórico do modo de produción

capitalista, que garante a sustentabilidade

do ciclo económico, recuperando a

función na produción e reprodución do capital.

Desde a nosa concepción non existe unha

5 Os presentados son só algúns datos representativos do informe

“As corporacións seguen especulando co fame” de GRAIN; abril de

2008. Dispoñíbel en: http://www.grain.org/seedling/?ide=596.

diferenciación categórica

entre estado e

capital, ambos constitúen

unha relación

social, á vez que son

categorías históricas

que posúen unha

función específica. O

papel do estado historicamente

(no capitalismo)

é estar ao

servizo do capital, determinado

en última

instancia por este. Éo

hoxe, en tempos ideolóxicos

de liberaliza-

O papel do estado

historicamente (no

capitalismo) é estar ao

servizo do capital,

determinado en última

instancia por este.

Nada do que ocorre nas

relacións entre

capitalistas e

traballadores sucede

sen a actuación

concreta dos estados.

ción, pero tamén o foi en tempos ideolóxicos,

políticos e culturais de forte intervención na

economía, na política e na sociedade. Porén, é

preciso preservar unha marxe de “autonomía

relativa” do estado respecto do capital. Dado

que o primeiro condensa, no seu seo, a loita de

clases, xa que logo a política estatal non resulta

monolítica, senón que é produto das contradicións

de clases inscritas no seu interior 6 .

De aí resulta a necesidade de afondar no coñecemento

dun actor substancial no marco da

discusión da orde vixente: o estado-Nación e

o seu papel na conxuntura de crise. A relación

entre o capital hexemónico e o estado é substancial

para entender o rumbo do reordenamento

do sistema mundial na crise.

Sendo o capital o suxeito principal, resulta indispensábel

contar coa colaboración dos estados

nacionais, que coa súa actuación aseguran

o obxectivo da valorización do capital, a dominación

e continuidade da orde capitalista. Nada

do que ocorre nas relacións entre capitalistas e

traballadores sucede sen a actuación concreta

dos estados. Esta é unha afirmación válida nas

mutacións das relacións no ámbito das empresas,

como no conxunto social. Sen o estado e os

seus medios represivos non se pode entender o

disciplinamento do movemento de traballadores

en cada un dos países e a escala global. Lamentabelmente

o histórico asoballamento do

mundo do traballo transcende as resistencias

6 Poulantzas, Nicos; “Estado, poder e socialismo”; Siglo XXI; México;

1991.

15


16

Traballadores da construción en México

particulares e parciais conquistas e reconquistas

de determinados traballadores nalgunha

parte do planeta.

Tamén debe sinalarse a actuación propagandística

e ideolóxica dos estados para facer “normal”,

é dicir, naturalizar as demandas do

capital no conxunto da sociedade. As formas da

violencia non remiten só ao uso das armas e a

represión física, senón que tamén se acode á

violencia moral da chantaxe e á manipulación

da conciencia social para naturalizar a orde vixente

e as novas formas que asume a explotación.

Contrariamente ao que algúns sosteñen, actualmente

non hai menos estado que en tempos

previos da hexemonía neoliberal, senón

que transitamos un cambio de funcións dos estados

nacionais, apoiado en catro décadas de

proceso de liberalización da economía mundial.

Foi o proceso de tránsito da crise dos 70 até a

urxencia da crise actual. Insistimos entón en

que non resulta acaído contrapor o “mercado”

co “estado” coma se fosen tendencias contrarias;

esta idea -por certo moi estendida en certo

pensamento crítico ao modelo neoliberalasume

un suposto progresismo do estado e o

carácter regresivo do mercado.

Ambas as categorías, “mercado” e “estado” son

conceptos en relación, implican relacións sociais

e como tales son contraditorios e expresan

determinados intereses, de “clase” no capita-

lismo. No mercado defínese a contradición e

confrontación entre o capital e o traballo, tanto

como a loita competitiva ou monopolista entre

capitais de diferente composición orgánica. É o

ámbito de disputa pola apropiación da renda.

Mentres que é o propio estado quen propón e

conduce a mercantilización capitalista da sociedade,

ou un proceso de socialización da produción

e a súa distribución7 . O estado resulta

imprescindíbel para canalizar con éxito a ofensiva

global do capital, ou o seu contrario, a

emancipación social.

En efecto, son os estados hexemónicos os que

están dando nova forma á orde mundial pretendida.

Os obxectivos de arquitectura institucional

do novo tempo ben poderían ser

sintetizados polos expostos desde a Organización

Mundial de Comercio (OMC):

O propósito primordial do sistema é axudar

a que as correntes comerciais circulen coa

máxima liberdade posíbel —sempre que non

se produzan efectos secundarios desfavorábeis—,

porque isto é importante para o desenvolvemento

económico e o benestar. Isto

significa en parte a eliminación de obstáculos.

8

É dicir, que os 153 estados membros da OMC

se ocupan de garantir e defender a apertura e

liberalización da economía, en nome dos capitalistas

(os investidores). Neste punto cabe

preguntarse ou preguntarlles: a que se considera

“efectos secundarios desfavorábeis”?

Acaso estarán a se referir ás nefastas consecuencias

sociais -como a pobreza e a desocupación-

que traen aparelladas as políticas

neoliberais? Ou serán estas parte dos denominados

“obstáculos” para o desenvolvemento

económico? A discrecionalidade e (só) aparente

neutralidade coa que os organismos internacionais

determinan aquilo que é correcto

e incorrecto resulta irreal. Porén, é a partir

deses parámetros, expresados en tratados de

comercialización ou investimento, que os esta-

7 A este respecto e só entre paréntese, cómpre dicir que é necesario

estudar a proposta do estado en China, orientado a mercantilizar o

socialismo, que require un debate político e teórico que supera as

nosas motivacións nestas reflexións.

8 Información extraída o día 13 de marzo do 2010 desde a páxina

web oficial do organismo: www.wto.org.


dos nación negocian ou disputan entre si a radicación

de investimentos de capital, outorgando

as facilidades demandadas para a súa

atracción, xa sexan fiscais, monetarias, crediticias,

como reformas regresivas do réxime laboral.

O que dixemos para a OMC pode facerse

extensíbel aos organismos financeiros internacionais,

ao sistema das Nacións Unidas, a proxectos

como a ALCA (Área de Libre Comercio

das Américas), ou aos diversos tratados bi e

multilaterais que negocian os estados para

abrirlles espazo ás demandas de reestruturación

regresiva da orde global expostas polo capital.

É dicir, os suxeitos das transformacións

capitalistas en curso, os capitais, na súa fase

transnacional recorren aos estados nacionais

para modelar á súa demanda específica a orde

social global.

É curioso, pero na época da transnacionalización

do capital, este segue recorrendo a formas

nacionais para empurrar a súa estratexia, e

nese lugar atopa nova función para o estado nación.

Se este foi fundamental para consolidar a

acumulación orixinaria do capital en cada país,

hoxe é necesario para asegurar unha expansión

internacional deses “capitais particulares”. A

contradición e loita entre os capitais preséntase

no mercado e, con axuda do poder do estado

nación do país de orixe de cada capital, preténdese

disciplinar socialmente na lei do valor.

Non é un tema novo, pois recoñecemos como

novidade desde a existencia do imperialismo

que a lei do valor se abre camiño favorecendo a

ganancia de monopolio. Xa non se trata da

“libre competencia”, senón da existencia dominante

do monopolio que impón condicións e

prezos e que por iso se apropia dunha cota cada

vez maior de plusvalía que a xerada no seu seo

(mesmo por riba da ganancia media). En fin o

estado é clave no sostén da estratexia de acumulación

e valorización dos capitais.

A tendencia á transnacionalización do capital

mantén nos territorios nacionais o seu ámbito

de impulso e de toma de decisións. É desde os

estados nación desde onde se continúa exercendo

o “imperialismo”, polemizamos xa que

logo coas concepcións que aluden ao “imperio”

como unha nova forma de exercicio da dominación

do capital. Iso xera o dobre desafío dunha

contestación á transnacionalización

nunha

resistencia sen fronteiras

e, ao mesmo

tempo, a continuidade

de loitas nacionais

contra o capital e os

propios estados para

afirmar procesos de liberación

social e nacional.

Capitalismo como sistema mundo

Vimos de sinalar a dupla tendencia por medio

da cal o capital desprega a súa estratexia de dominio

no ámbito nacional coa invalorábel colaboración

do estado, á vez que percorre,

incansabelmente, o camiño cara ao imperialismo

ou dominación global. A aparente ambivalencia

deixa de ser tal, cando enfocamos a

nosa análise desde unha óptica integral, é dicir,

cando deixamos de lado a fragmentación que

nos impón a tendencia epistemolóxica da época

e esforzámonos por adquirir unha visión global

do fenómeno. Seguindo esta liña de razoamento,

debemos pensar o capitalismo como

sistema mundial e a economía como mundial e

non só como internacional. E nese marco enfocarmos

a análise da División Internacional ou

Mundial do Traballo, para desde aí analizarmos

a ofensiva mundial do capital -exacerbada pola

crise- en prol de diminuír o custo de produción.

Son varias as dimensións do problema. Unha é

a presión do capital sobre o e os estados, tanto

como sobre os organismos internacionais, o

que permite pensar nunha actuación política

sobre o conxunto do sistema mundial. Pero a

presión exércese contra outros capitais de

menor composición orgánica ou con serios problemas

para afrontar a crise de sobreprodución

e sobreacumulación no ámbito global e, por suposto,

contra os traballadores e pola apropiación

crecente dos recursos naturais. Trátase da

subsunción do traballo no capital, pero tamén

da natureza e o conxunto da sociedade mundial.

A tendencia é á mundialización de aí a necesidade

de pensar en políticas económicas de

carácter global ou rexional, na procura de con-

17

Na época da

transnacionalización do

capital, este segue

recorrendo a formas

nacionais para

empurrar a súa

estratexia, e nese lugar

atopa nova función

para o estado nación.


18

Pénsase a crise como

unha oportunidade de

sentidos contraditorios.

Os dominantes para

afirmar o rumbo

capitalista e os

dominados para

obstaculizar a

acumulación, disputar

condicións de vida e

intentar un tránsito do

capitalismo cara ao

socialismo.

verxencias macro e de

articulación produtiva

para enfrontar a crise.

Sinalamos que a crise

é unha fase do desenvolvementocapitalista

onde capitais con

diferente composición

orgánica e inserción

na dinámica de acumulación

disputan un

lugar na creación de

condicións para subsumir

crecentemente

o traballo, a natureza

e a sociedade no capi-

tal. Nese proceso de crise establécense límites

estruturais para materializar a acumulación capitalista

e o proceso de dominación: tanto por

factores internos do proceso de produción e reprodución

a escala global, da cal a sobreprodución

de mercadorías e de capitais constitúen o

fundamento principal; como polo conflito salarial

ou pola disputa da renda xerada por reivindicacións

de amplos sectores populares. É unha

loita múltiple que abrangue desde reivindicacións

pola saúde, a educación, a vivenda, o salario

e os valores cultural e socialmente

construídos.

Un e outro son causa da crise en curso. Uns son

os problemas ao interior do capitalismo na disputa

pola hexemonía da dominación e outros

se presentan na loita entre os dominados e os

dominantes. En ambos os casos pénsase a crise

como unha oportunidade de sentidos contraditorios.

Os dominantes para afirmar o rumbo capitalista

e os dominados para obstaculizar a

acumulación, disputar condicións de vida e intentar

un tránsito do capitalismo cara ao socialismo.

Neste proceso realízase a dialéctica entre

reforma e revolución.

Como a crise é un dato da realidade e non só un

diagnóstico das clases subalternas, xérase

entón un proceso aberto de loita política, ideolóxica

e económica polo rumbo da organización

económica da sociedade contemporánea.

Porén, insistimos en sinalar que esta disputa

debe ser librada tendo presente a dimensión

global do fenómeno: o capitalismo como sistema

mundo atravesa unha situación crítica, xa

que logo a crise é tamén civilizatoria.

A relación estado-capital en movemento:

as políticas de rescate

Vimos sostendo que o estado como relación social

está atravesado por diversos intereses que

pugnan para orientar as políticas institucionais

no seu favor. A preponderancia da lóxica do capital

por riba da lóxica do mundo do traballo é

unha mostra da actuación do estado que data

de moitas décadas, fenómeno que pon en evidencia

o vínculo ente os capitais e este órgano

público. Esta relación merece atención especialmente

despois da prédica ideolóxica contra

a intervención estatal no ámbito da economía.

O tema adquire importancia por canto os capitais

afectados pola crise actual acoden ao estado

capitalista, para facer sustentábel o ciclo

económico e recuperar a súa función na produción

e reprodución do capital. Son abondosos

os exemplos de rescate de empresas capitalistas

nestes tempos de crises (desde os bancos a

empresas industriais emblemáticas). Porén,

debe sinalarse que iso ocorre en coincidencia

cunha poxa con outros sectores do capital que

non soportan do mesmo xeito os efectos da

crise (fenómeno sinalado previamente), xerando

así unha competencia intercapitalista

pola apropiación do aparello estatal e a súa capacidade

de orientar os recursos públicos cara

á iniciativa privada.

É que boa parte da batalla por superar a crise

das empresas nuns casos, e por impulsar a acumulación

noutras, pasa pola apropiación privada

dos recursos públicos destinados ao

rescate no capitalismo en crise. O capital procreou

o estado capitalista e este constitúese en

espazo de disputa para a produción e reprodución

do ciclo do capital. Trátase de discutir o

papel do estado capitalista despois de décadas

de críticas emerxentes desde a tendenciosidade

da teoría económica contra a intervención do

estado na actividade económica.

Aludir á competencia interempresarial remite

tamén a relacións de clases, neste caso, entre


distintas fraccións da burguesía: local, rexional

ou mundial, agraria ou industrial. Esa loita no

seo do modo capitalista de produción opera

sobre a relación de explotación que se estende

aceleradamente baixo novas condicións en

tempos de mundialización (ou globalización).

Por iso é polo que o capital non só actúa sobre

o estado na competencia intercapitalista, senón

e principalmente pretende subsumir ao traballo

condicionando toda demanda de mellora salarial

e de condicións laborais.

O “rescate” promovido polos estados capitalistas

é un sinal da intervención estatal para soster

a orde mercantil vixente. O “estado” ao

servizo do “mercado”. Podemos afirmar que esa

actuación bota por terra dous mitos fortemente

instalados. O primeiro alude á subsidiariedade

do Estado na orde económica sostida por monetaristas

e ortodoxos do axuste neoliberal. A

política económica de rescate aplicada polos

principais países capitalistas deixou no camiño

a retórica contra a participación directa do estado

na economía. O segundo mito que se derruba

é o que asume o carácter progresista de

toda intervención pública. Non é un dato

menor considerar esta tese, xa que certas opinións

favorábeis á intervención pública son

sustentadas como mecanismo de restaurar a

orde capitalista en crise.

Adicionalmente, desde o ámbito público prognostícase

a superación da crise. Así o Oficina de

Análise Económica (BEA), ente oficial de estatísticas

dos Estados Unidos, afirma nos seus

datos máis recentes que para o ano 2009 o Produto

Interior Bruto (PIB) variou de -6,4 do primeiro

trimestre do ano a 5,9 no último

trimestre9 . O panorama que expresan as variábeis

macroeconómicas permite á administración

Obama falar da saída da crise. Porén, este

diagnóstico obvia en forma deliberada a perdurabilidade

da problemática social, especialmente

o desemprego, o empobrecemento e a

marxinación. Para iso propóñense novas propostas

de asistencia focalizada en detrimento

de políticas universais de shock que implican

procesos de cambio político que afectan a orde

do capital.

9 Datos extraídos do sitio oficial da Oficina de Análise Económica

(www.bea.gov) o día 19 de marzo de 2010.

O estado ten un sentido

de clase e queda

en evidencia coa actuación

política dos

estados nos nosos

días. Claro que, ao ser

unha relación de

clase, a disputa do estado

constitúe un

tema central do de-

Empresa rescatada nos Estados Unidos

A política económica

de rescate aplicada

polos principais países

capitalistas deixou no

camiño a retórica

contra a participación

directa do estado na

economía.

bate necesario na rexión e no mundo. É por iso

unha das nosas preocupacións centrais e tema

de discusión na rexión para asegurar un papel

estatal nas transformacións necesarias.

A violencia do réxime do capital

A crise capitalista reabre a discusión sobre o

modo de organización socioeconómico contemporáneo.

Cómpre discutir a orde existente e

o seu vínculo histórico e presente coa violencia

e a afectación dos dereitos de mulleres e homes.

Esta análise resulta imprescindíbel ante a agresiva

intervención imperialista en múltiples territorios

do planeta, do mesmo xeito que o

capital transnacional afonda a explotación humana

e dos recursos naturais, agredindo as

condicións de vida presentes e futuras. É unha

reflexión válida no ámbito global, pero específica

na nosa rexión, pola riqueza incorporada

no territorio, en recursos naturais, biodiversidade,

petróleo, auga e forza de traballo cualifi-

19


20

cada con ingresos por baixo do custo de contratación

no capitalismo desenvolvido.

Existe unha forte vinculación entre as relacións

económicas establecidas no capitalismo coa

violencia, que son deliberadamente esquecidas

por unha andamiaxe xurídica construída a través

do tempo e que, co estado nación, as relacións

interestatais e variadas organizacións

multilaterais, pretenden naturalizar a orde vixente.

Ante a crise, as clases dominantes requiren

manter a “orde” e en todo caso realizar

reformas -transitorias ou non- para restablecer

o ciclo de produción, distribución, circulación

e consumo de bens, servizos e capitais. A dúbida

interposta sobre a transitoriedade das medidas

atinxe principalmente á intervención

estatal disposta en todos os países pese ao discurso

de liberdade de mercado sostido por décadas

no pensamento hexemónico. É probábel

que o desexo de abandonar rapidamente a intervención

estatal non lles sexa permitido pola

profundidade da crise que non parece ter límite.

Con ese panorama é importante recoñecer o uso

da violencia no establecemento e mantemento

da orde capitalista. Hai tempo, Karl Marx referíase,

despois de explicar o mecanismo de conversión

do diñeiro en capital e a xeración de

plusvalía, a como o exercicio da coerción tiña

destino na ampliación e acumulación do capital

e polo tanto da plusvalía. Un dos problemas a

resolver era descubrir a historia da acumulación

previa, xa incluída no pensamento de Adam

Smith, para dar lugar á acumulación capitalista.

En razón diso e sobre o final do Tomo I de’O Capital

Marx describe o “segredo da acumulación

orixinaria” e sinala que

Esta acumulación orixinaria vén desempeñar

en economía política o mesmo papel que

desempeña en teoloxía o pecado orixinal. Ao

morder na mazá, Adán enxendrou o pecado

e transmitiuno a toda a humanidade. 10

Hai que pensar que a cultura relixiosa impón e

explica os castigos e penurias da sociedade derivados

do pecado orixinal.

Continúa dicindo Marx:

As orixes da primitiva acumulación pretenden

explicarse relatándoos como unha anécdota

do pasado. En tempos moi remotos

–dísenos–, había, dunha parte, unha minoría

traballadora, intelixente e sobre todo

aforradora, e da outra un tropel de descamisados,

preguiceiros, que malgastaban

canto tiñan e aínda máis. É certo que a lenda

do pecado orixinal teolóxico nos di que o

home foi condenado a gañar o pan coa suor

da súa fronte; pero a historia do pecado orixinal

económico revélanos por que hai xente

que non necesita suar para comer. Non im-

10 Marx, Carlos; Op. cit; páx. 607.

Folga do sector do metal en Vigo


porta. Así se explica que mentres os primeiros

acumulaban riqueza, os segundos acabaron

por non ter xa nada que vender máis que

o seu pelello. Deste pecado orixinal arrinca a

pobreza da gran maioría, que aínda hoxe, a

pesar do moito que traballan, non teñen

nada que vender máis que as súas persoas, e

a riqueza dunha minoría, riqueza que non

cesa de crecer, aínda que faga xa moitísimo

tempo que os seus propietarios deixaron de

traballar. 11

De forma brillante explícasenos o pecado orixinal

económico do que deriva a bipolaridade de

riqueza e pobreza, a explotación duns por outros

e a reprodución dun metabolismo social

que cando entra en crise require a renovación

dos métodos (violencia contra os seres humanos)

que xeraron esa acumulación orixinaria. É

un proceso histórico que percorre a “disociación

entre o obreiro e a propiedade sobre as

condicións de traballo”. Di Marx:

O réxime do capital presupón o divorcio

entre os obreiros e a propiedade sobre as condicións

de realización do seu traballo. Cando

xa se move polos seus propios pés, a produción

capitalista non só mantén este divorcio,

senón que o reproduce e acentúa nunha escala

cada vez maior. Xa que logo, o proceso

que enxendra o capitalismo só pode ser un: o

proceso de disociación entre o obreiro e a

propiedade sobre as condicións do seu traballo,

proceso que dunha parte converte en capital

os medios sociais de vida e de

produción, mentres doutra parte converte os

produtores directos en obreiros asalariados.

A chamada acumulación orixinaria non é,

pois, máis que o proceso histórico de disociación

entre o produtor e os medios de produción.

É chamada “orixinaria” porque forma

a prehistoria do capital e do réxime capitalista

de produción. 12

É unha historia de violencia para instalar o réxime

do capital. Esa violencia maniféstase na

expropiación das terras á poboación rural, que

aínda que remite principalmente ao proceso

británico, baixo outras condicións pode asimi-

11 Ibídem.

12 Ibídem, páx. 608.

larse á violenta apropiación de terras nos nosos

territorios, primeiro pola mal chamada “conquista”

e colonización e despois pola concentración

de terras por parte da oligarquía

terratenente que segue manifestando o principal

da propiedade agraria en América Latina e

o Caribe excepto Cuba. Ese proceso de expropiación

asociouse segundo Marx á “persecución

a sangue e lume das expropiacións” 13 a partir

do século XV, precisamente os anos da “descuberta”

e incorporación do novo territorio americano

ao sistema mundial capitalista.

A violencia é inherente á orde capitalista,

constitúe o seu trazo distintivo, o seu sinal,

máis aló dos adxectivos que ás veces lle dan

para amortecer unha historia de saqueo.

Desde a acumulación orixinaria este sistema

pasou por distintos momentos de auxe e de-

13 Marx, Carlos; Op. cit.; páx. 624.

21

Karl Marx


22

A violencia é inherente

á orde capitalista,

constitúe o seu trazo

distintivo, o seu sinal,

máis aló dos adxectivos

que ás veces lle dan

para amortecer unha

historia de saqueo.

Recapitulando

presión que supuxeron

necesariamente

variacións nas relaciónssocioeconómicas

capitalistas;

porén, a constante en

toda a súa historia é a

explotación do home

polo home.

O problema de fondo é a orde capitalista e non

abonda con pensar en “outro capitalismo” tal

como suxiren distintas voces. Tampouco non

chega con cambios cosméticos, senón que fan

falta profundas modificacións da orde socioeconómica

vixente. Non é un problema de que

a crise pase agora desde o campo financeiro ao

produtivo; senón que é imperioso cambiar o

modelo de produción e en consecuencia de circulación.

En definitiva, produción e circulación

en conxunto. A crise non é das finanzas e a súa

difusión na economía real, senón que é unha

crise sistémica que obxectivamente cuestiona o

modelo de produción capitalista.

Nesta primeira década do século XXI modificouse

a correlación de forzas entre o proxecto do

capital e a loita das clases subalternas. O 2001

foi, se cadra, o derradeiro acto da iniciativa política

do poder mundial para facer avanzar o

ciclo capitalista en beneficio da acumulación.

Desde aquela, especialmente na rexión latinoamericana

e caribeña, crece unha dinámica social

en loita que se expresa tamén en cambios de gobernos

e de réximes constitucionais con propostas

de carácter anticapitalista e que animan

expectativas de cambio social e económico. É

certo que na rexión subsiste o gran programa do

librecambio que se manifesta en tratados bilaterais

e de defensa dos investimentos externos,

nos protocolos de integración vixentes subscritos

en tempos de hexemonía neoliberal. A rexión

está atravesada por ambas as realidades, unha

que expresa a vontade de transformación que inclúe

un incipiente debate sobre a transición do

capitalismo ao socialismo e outra que agochada

espera o momento de rexurdimento do programa

liberalizador, sustentado en reformas estruturais

regresivas que continúan exercendo o

seu demoledor efecto sobre os sectores máis desprotexidos.

Pode verificarse entón a crise e os problemas

do capitalismo para superala, pero un asunto

adicional a considerar é a capacidade de construír

proposta alternativa ao capitalismo. Se o

sistema está en crise, é un problema a estratexia

de confrontación co capitalismo e a constitución

de propostas anticapitalistas e polo

socialismo. En definitiva, discútese a crise, si,

pero tamén a posibilidade doutra orde social

para a sociedade. Non só está cuestionada a variante

neoliberal, senón o capitalismo en si.


Capítulo 2

A crise en movemento:

historia da crise

Até o de agora realizamos un percorrido principalmente

conceptual do tema da crise. Tentamos

con iso describir en termos teóricos e

abstractos como se presenta ante os nosos ollos

o fenómeno nodal desta pescuda, deixando de

lado a pretendida obxectividade que innumerábeis

economistas ortodoxos atribúen ás súas

análises. Neste capítulo abordamos aquelas

abstraccións (esencia) expresadas en distintas

manifestacións (históricas) dun mesmo proceso.

Por iso é polo que falamos de dinámica da

esencia, é dicir, a dinámica da crise.

Ao longo da historia entre cada crise fóronse

construíndo respostas para anovar e estender o

sistema do capital, co cal pode falarse de sucesivas

“acumulacións orixinarias”, tanto a nivel

local como global. A xeito de exemplo podemos

sinalar as incursións militares sobre o sur do territorio

arxentino en 1833 e máis aínda en 1879,

accións centrais para o xurdimento e inserción

do capitalismo local no sistema mundial. A explosión

capitalista recente no sudeste asiático

e a modernización chinesa ocorrida desde 1978

poden tamén ser considerados procesos de relanzamento

da acumulación no ámbito global.

Son sucesivas intervencións para estender a dominación

do capital impoñendo o sistema salarial

e a explotación a millóns de persoas. Con

iso afirmamos que a acumulación do capital é

un proceso permanente, sacudido por crises

que afectan a xeración de ganancias, riqueza e

poder. Resulta por iso imprescindíbel analizarmos

as causas de cada unha das crises ao longo

da historia. Se derivan de problemas internos

do ciclo de capital ou son produto de procesos

sociais, políticos ou culturais. En calquera dos

dous casos, a resposta para a reestruturación

do capital é, como veremos, o exercicio da violencia

nas súas diversas formas.

Pode ser de utilidade repasar algúns dos procesos

de crises soportados no pasado recente, así

como tamén determinar cales foron as respostas

desde o capital e os estados nacionais. Pro-

poñemos, xa que logo,

poñer en xogo a variábel

“tempo” dado que

ante o camiño actual

de catástrofes macroeconómicas

e financeiras

ha botar luz

acerca das súas causas

estruturais que persisten

nos diferentes períodos

históricos.

A crise de 1930

A gran maioría dos medios de comunicación sinalan

que a crise actual é a maior despois da

depresión acontecida nos anos 30 do século pasado.

En termos cuantitativos, é dicir, medido

polas perdas, é probábel que esta afirmación

sexa certa; porén, ao noso ver, non resulta conveniente

descontextualizar senllos procesos recesivos.

Lembremos, xa que logo, que o

paradigma hexemónico teórico que permeaba

toda a política económica cara ao ano 1930 era

de neto xorne liberal, sinal herdado da Economía

Política Clásica. Especificamente Adam

Smith a través da súa obra “Causa da riqueza

das nacións” -publicada no ano 1776-, xustificaba

o novo sistema capitalista baseado no librecambio

por oposición ao réxime

preexistente que non facía máis que obstaculizar

as forzas inherentes ao libre desenvolvemento

do comercio e a economía. Esas ideas,

tan caras ao pensamento liberal, mantivéronse

como discurso hexemónico até a urxencia da

crise de 1929/32. Aprendida a lección finalmente

abandonouse a concepción de que todo

o resolvía a “man invisíbel do mercado”, herdada

de fisiócratas, clásicos e neoclásicos da

Economía Política.

Singularmente o crack do 29 tivo epicentro na

caída das bolsas financeiras dos países centrais;

23

A explosión capitalista

recente no sudeste

asiático e a

modernización chinesa

ocorrida desde 1978

poden tamén ser

considerados procesos

de relanzamento da

acumulación no ámbito

global.


24

John Maynard Keynes

porén, expresaba os límites do modelo de desenvolvemento

económico. É así que a crise manifestouse

cunha importante baixa da

produción industrial, o consumo e o investimento

que derivou nunha profunda depresión

económica. Esta dramática situación só puido

ser superada en termos globais despois de 15

anos: á saída da segunda guerra mundial -un

dos procesos máis violentos do século XX-. A

crise tivo orixe nos Estados Unidos, país que

A crise manifestouse

cunha importante baixa

da produción

industrial, o consumo e

o investimento que

derivou nunha

profunda depresión

económica.

desde principios de

século e especialmente

despois da primeira

guerra mundial

(máis violencia!) se situaba

como sucesor

no liderado do capitalismo

mundial substituíndo

a Inglaterra. É

así que a crise acele-

rou esa disputa polo reordenamento do sistema

mundial e a súa hexemonía.

O principal dato a considerar, tendo en conta o

paradigma hexemónico, é o cambio no papel

do estado na economía, que se lle atribúe teoricamente

a John Maynard Keynes (economista

inglés, 1883-1946) e politicamente a

Franklin Delano Roosevelt (1882-1945; gobernou

EEUU en catro mandatos entre 1933-

1945). Desa conxunción teórico-práctica,

emerxe en 1932 o new deal, “novo trato” ou

“novo acordo”, aludindo así aos cambios na

orde das relacións socio-económicas. Con eles

dispúñase a regulación nas relacións entre o

capitalista e os traballadores e un novo papel

do estado na economía. A posta en marcha

desta profunda transformación realizouse a

partir dunha modificación no corpo legal estadounidense

para avanzar cara a políticas económicas

que expresasen outro paradigma na

xestión económica. A consolidación do welfare

state (estado de benestar) é a gran innovación

á saída da crise.

En realidade, era a experiencia do socialismo

na Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas

(URSS) e o seu afastamento da crise a que fixo

pensar en termos de planificación estatal, claro

que, no caso americano, a estratexia era posta

en marcha para salvar o capitalismo e non para

facer unha revolución socialista tal como proclamaba

a Unión Soviética daquela. Tamén é

certo que a Italia fascista e a Alemaña nazi vincularan

o estado coas empresas na produción e

abastecemento militar para a guerra, outorgando

un exemplo do que despois desenvolvería

Washington co “Complexo militar

industrial” así bautizado polo xeneral Dwight

Einsenhower (1890-1969; presidente dos Estados

Unidos en dous períodos entre 1952-1960).

Son expresións claras do violento sinal para reestruturar

o capitalismo baixo as novas condicións

do desenvolvemento da civilización.

O condicionante de fondo na crise do 30 estaba

dado pola presenza dun competidor sistémico

da orde hexemónico: a pretensión socialista da

Unión Soviética, que contribuía a estimular as

demandas dos traballadores, principalmente

nos países máis desenvolvidos do capitalismo


mundial, á vez que alimentaba a ilusión de superar

o atraso e a dependencia no mundo “non

desenvolvido”. A correlación de forzas no ámbito

mundial á saída da crise do 30 condicionou

a resposta con políticas keynesianas,

reformistas, materializadas no estado benfeitor,

que tería o seu maior expoñente na socialdemocracia

europea.

A nova concepción proxectouse como corrente

principal do pensamento e a política económica

por medio século (1930-1980), despois foi

posta en discusión coa crise de rendibilidade a

fins dos anos 60 e comezos dos 70. A denominada

“idade de ouro” do capitalismo desenvolveuse

entre 1945 e 1975, co maior crecemento

que recoñece a sociedade contemporánea, son

trinta anos de ouro da orde económica mundial,

onde se satisfán demandas de ganancia -

relativamente-, salarios e o pleno emprego.

Porén, o devalo do discurso keynesiano veu

dado pola profundación da caída da taxa de ganancia

a principios dos anos 70. É así que desde

1980 se manifesta o cambio do paradigma discursivo

no poder mundial cos gobernos conservadores

de Margaret Thatcher e Ronald

Reagan no Reino Unido e os Estados Unidos

respectivamente.

A derrota do socialismo

soviético entre

1989/1991 modificou

diametralmente a escena

da disputa global

e posibilitou o peche

da excepcionalidade

de medio século de

“capitalismo reformista”

para retomar o

curso interrompido

cara á liberalización e

expansión transnacional

do capital. Só

como hipótese engadamos

que os cambios

que ocorren en

América Latina e o

Caribe, máis aló de incertezas,

poden xerar

condicións para re-

gresar a un imaxinario de orde alternativa ao

capitalismo. Por iso no noso horizonte preséntanse

simultaneamente o propósito da liberalización

exacerbada do capital e a expectativa por

outro mundo posíbel estimulada desde a complexa

realidade latinoamericana e caribeña.

25

A derrota do socialismo

soviético entre

1989/1991 modificou

diametralmente a

escena da disputa

global e posibilitou o

peche da

excepcionalidade de

medio século de

“capitalismo

reformista” para

retomar o curso

interrompido cara á

liberalización e

expansión

transnacional do

capital.

Manifestación en Vigo


26

A crise nos anos 70

Vimos sostendo que se produce un cambio do

paradigma económico que repercute, como non

pode ser doutro xeito, na estruturación das relacións

sociais. A liberalización da relación capital

traballo xera negativas consecuencias para

as maiorías sociais. Analicemos agora como se

desenvolveron os acontecementos.

A crise dos 70 ten como manifestación orixinaria

a “non convertibilidade do dólar” en agosto

de 1971 e a “crise do petróleo” de 1973 como corolario.

Senllos acontecementos afectaron seriamente

ás ganancias de grandes empresas,

polo cal se produciron cambios na orde económica

a favor da liberalización. A crise de rendibilidade

favoreceu unha ofensiva do capital que

se expresou en flexibilización laboral, privatizacións

das empresas públicas e desregulacións

favorábeis á libre circulación de mercadorías,

servizos e capital.

Se se analizan as contratendencias sinaladas por

Karl Marx no século XIX, verémolas actuar

como políticas aplicadas á saída da crise do 70.

O aumento da plusvalía verifícase coa extensión

da xornada laboral, o desenvolvemento da produtividade

do traballo e a competencia monopolista

que implica extracción de plusvalía

extraordinaria en certas ramas da actividade

económica. Confírmase globalmente a redución

dos salarios dos traballadores, tanto do percibido

en forma directa, como aquela parte do ingreso

dos traballadores recibida en forma

indirecta, como provi-

Confírmase

globalmente a redución

dos salarios dos

traballadores, tanto do

percibido en forma

directa, como aquela

parte do ingreso dos

traballadores recibida

en forma indirecta,

como provisión de

servizos estatais de

saúde ou educación,

entre outros.

sión de servizos estatais

de saúde ou

educación, entre outros.

A revolución

científico-tecnolóxica

tende a diminuír o

prezo dos bens que

compran como parte

do capital constante.

Abonda con pensar na

diminución relativa do

prezo dos ordenadores

que revolucionaron os

sistemas de produción

e servizos a todo nivel

para comprender o

impacto na baixa do custo de produción vía investimento

en capital constante. A tendencia á

apertura comercial, como programa dos capitais

transnacionais para empurrar o comercio internacional,

é un dato da realidade, agravado co

agresivo papel do estado en cada país para soster

esa actividade.

Poderíase engadir que xunto á análise lóxica

sobre o funcionamento da lei do valor, debe incluírse

no estudo o facer político concreto dos

actores. É que o capitalista pode aplicar as contratendencias

sinaladas só se llo permiten. Por

iso, a crise de rendibilidade do capital dos anos

70 resolveuse con accións concretas do capital

(os capitalistas organizados) e de cada estado,

principalmente do estado terrorista nos países

do Cono Sur de América Latina e o Caribe.

Neste sentido seguimos a Marx en tanto o estado

“capitalista” é unha creación do capital

para sustentar o seu obxectivo: a valorización,

acumulación de ganancias e capital, brillantemente

exposto en 1875 na súa “Crítica ao Programa

de Gotha”.

A alusión que facemos leva a insistir na análise

do papel da “política” na definición dos problemas

do “mercado”. As ideas hexemónicas dos últimos

anos fixeron propaganda sobre a liberdade

de mercado para o funcionamento da economía

e por iso induciron unha corrente ideolóxica favorábel

á liberalización e a orientación da economía

cara ao mercado. Esa propaganda incluía

unha forte crítica ao estado e ao seu papel na

economía xunto a unha demanda de retiro desa

órbita. O obxectivo era reducir o custo de produción

dos capitalistas no seu conxunto; pagar

menos salarios directos e indirectos. Iso requiría

diminuír a capacidade de resistencia dos traballadores

e baixar o custo de mantemento da

burocracia pública. É o que levará co tempo a

considerarse como consenso das clases dominantes

e academicamente “Consenso de Washington”,

a propósito dun artigo publicado en

1989 por John Williamson, a historia e correccións

do cal se conta nun documento de 200414 .

14 Williamson; John; “A short history of the Washington Consensus”;

Documento presentado para o debate organizado pola Fundación

CIDOB acerca do Consenso de Washington e a gobernanza

global; Barcelona; 24 e 25 de outubro de 2004. Tradución de Gambina,

Julio C. Dispoñíbel en http://www.iie.com/publications/papers/williamson0904-2.pdf


Así, a orde mundial emerxente á saída da crise

do 30 esfarélase a mediados dos 70 e é substituído

por unha orde liberalizadora, que actualmente

está agonizando. É por iso polo que

algúns comparan a actual situación de crise

con outras anteriores e así como houbo conclaves

mundiais para superar os atrancos do

sistema capitalista, hainos que imaxinan que

se pode remediar a actual crise en xuntanzas

de xefes de estado para organizar respostas

efectivas. Porén, até o de agora, só aparecen

miles de millóns de dólares para asistir aos

principais responsábeis da situación: o gran

capital transnacional, vangarda efectiva do

proceso neoliberal imposto polo pensamento

hexemónico nos últimos 40 anos.

Entre os anos 30 e os 70 sucedéronse crises e

guerras que procuraron unha reestruturación

das relacións sociais na economía para validar

baixo novas condicións a orde capitalista. Nese

marco debe entenderse a dominación estadounidense

desde 1945 e o seu papel hexemónico

no sistema de Bretton Woods, co Fondo Monetario

Internacional e o Banco Mundial, superestruturas

globais que veñen empurrando a

orde neoliberal desde a súa creación. Desde o

mesmo momento que xorde o welfare state comézase

a preparar a restauración da dominación

sen límite, a cal pode visibilizarse a partir

da caída do socialismo no leste de Europa na

crise que se vai entre 1980 e 1990 (desde a situación

polaca á desarticulación soviética). Son

millóns os asasinados nas guerras e iniciativas

para sustentar a dominación imperialista e do

capital desde a orde emerxente en 1945.

A crise supuxo unha decisión unilateral dos Estados

Unidos de rachar cos acordos interestatais

establecidos desde a fin da segunda guerra. Esta

é unha representación de omnipotencia -como

outras asumidas antes e despois- groseiramente

expresada na súa política intervencionista e militarista

despois dos atentados en Nova York do

11 de setembro de 2001. Pero non se trata só de

Estados Unidos, pois se de orixe do ideario e

práctica neoliberal se trata, debe ollarse cara ao

Cono Sur de América. Foi en 1973 en Chile e sucesivamente

noutros procesos ditatoriais e xenocidas

onde se ensaiaron as políticas que logo

nos 80 se seguirían entre os principais países ca-

pitalistas desenvolvidos e colonizarían as políticas

de estado até a urxencia da presente crise da

economía mundial. O neoliberalismo tivo o seu

bautismo con Terrorismo de Estado na nosa

zona e maniféstase hoxe como Terrorismo de

Estado global en mans da potencia militarmente

máis poderosa do planeta, que aínda en crise,

mantén o seu poder económico, ideolóxico e militar.

Desde a acumulación orixinaria do capital

poden sinalarse procesos de resistencia e busca

de construción doutra sociedade posíbel: é a historia

da loita polo socialismo, que na nosa rexión

ten a súa especificidade e historia con 50 anos

de revolución cubana.

Os postulados do Consenso de

Washington (CW)

Os “teóricos” do Consenso de Washington

foron construíndo os seus postulados nun proceso

operado entre a crise de mediados dos 70

e a instalación das políticas liberal-conservadoras

en Gran Bretaña e EEUU a fins desa década,

ao tempo que as súas argumentacións se

potenciaron coa caída do socialismo no leste de

Europa. Asentan as súas concepcións nun diagnóstico

que adxudica os desequilibrios macroeconómicos

de cada país á política adoptada

con posterioridade á segunda guerra mundial,

a cal fora dirixida, en Latinoamérica, a realizar

un proceso de industrialización mediante a

substitución de importacións (ISI).

É un diagnóstico “ideolóxico” que sustentou o

liberalismo tradicional e que se transformou en

hexemónico no traxecto

que vai entre as

ditaduras militares

dos anos 70, especialmente

en Chile (1973)

e o comezo dos 90. É

sobre o final do período

cando John Williamson

denomina

“Consenso de Washington”

(CW) ás políticas

suxeridas para

a rexión polo conxunto

de institucións

con sede na capital es-

27

Os “teóricos” do

Consenso de

Washington foron

construíndo os seus

postulados nun proceso

operado entre a crise de

mediados dos 70 e a

instalación das políticas

liberal-conservadoras

en Gran Bretaña e

EEUU a fins desa

década.


28

tadounidense, é dicir, o Fondo Monetario

(FMI), o Banco Mundial (BM), o Banco Interamericano

de Desenvolvemento (BID) e especialmente

o Parlamento e Executivo

estadounidense. No texto citado, Williamson

sinala que “o termo Consenso de Washington

foi establecido en 1989” nun documento para

unha conferencia que o Institute for International

Economics, solicitou para examinar as

vellas ideas para o desenvolvemento económico

adoptadas como políticas económicas polos gobernos

de América Latina desde os anos cincuenta.

Nese marco conta que fixo unha lista de

10 políticas que el “coida que máis ou menos

todos en Washington podían acordar que necesitaban

máis ou menos en calquera parte en Latinoamérica,

e denominada o Consenso de

Washington” 15 .

O argumento do CW asocia o modelo de Industrialización

Substitutiva de Importacións cun

proceso de ineficiencia na asignación dos recursos

e sinala a intervención do estado na economía

como a orixe de todos os desequilibrios

macroeconómicos. Así, esquécese deliberadamente

a correlación social que determina certa

función do estado para o desenvolvemento de

“beneficiados” e “prexudicados” entre os actores

sociais dun momento histórico concreto. O

cambio de beneficiario das políticas estatais, ou

da propia función do estado, resulta deste xeito

dunha clara decisión política e non das condicións

do funcionamento dos mercados.

15 Williamson, John; Op. cit. páx. 2.

Os devanditos desequilibrios macroeconómicos,

arguméntase, non posúen un carácter a

curto prazo, dado que os déficits fiscais e do

sector externo, ademais dos seus mecanismos

de propagación (na forma de alta inflación e/ou

incremento na fraxilidade financeira), levaron a

unha situación que non pode ser revertida

senón a medio ou longo prazo xa que é necesario

un cambio completo do réxime económico.

As políticas inspiradas no CW sinalan que non

só son necesarias medidas de estabilización a

curto prazo senón que ademais son imprescindíbeis

cambios estruturais como única alternativa

para superar os desequilibrios das

“economías en desenvolvemento”.

O menú de políticas identificado por Williamson

contén un decálogo instrumental a utilizar

para a superación do modelo “estatista” cara ao

camiño do crecemento. Eses instrumentos céntranse

en:

* Rebaixa do déficit fiscal a non máis de 1 ou

2 puntos porcentuais do Produto Interior

Bruto (PIB). O déficit é a orixe dos desequilibrios

e está directamente relacionado coa ineficiencia

e corrupción instalada no aparello

estatal.

* Diminución do gasto público eliminando

subsidios diversos e concentrando a xestión

estatal “social” en educación primaria e saúde

para os máis desprotexidos. Ábrese paso así á

taxación educativa, particularmente no nivel

universitario e ao desenvolvemento da sanidade

con prepago. É unha concepción mercantilizada

da educación, a saúde e outros

dereitos asignados historicamente ao gasto

do estado.

* Acrecentamento da recadación impositiva

con base na ampliación e xeneralización da

base impoñíbel, particularmente dos impostos

indirectos. Diminución dos mínimos non

impoñíbeis no caso de impostos directos.

* Establecemento de taxas de xuro positivas

como forma de atraer capitais e evitar a súa

fuga, incrementando a taxa de aforro interna

e favorecendo o investimento.

* Fixación dun tipo de cambio estábel e alto

para favorecer as exportacións que sustentan


o financiamento do sector externo (dependente

de insumos e capital) e ao mesmo

tempo garantir seguridade aos investidores.

* Eliminación de barreiras arancelarias e

para-arancelarias, favorecendo a apertura comercial.

Iso implica un proceso crecente de

desprotección da produción local no marco

dunha exposición maior en rela ción á produción

externa.

* Favorecer unha lexislación de Investimentos

Externos atractivos para inducir a radicación

de capitais e tecnoloxía.

* Asentar a estratexia de acumulación na iniciativa

privada e por iso inducir a privatización

das empresas públicas.

* Desregular a economía, particularmente o

mercado de traballo, para eliminar as “distorsións”

que impuxeron a través do tempo

as demandas dos traballadores e as súas organizacións

sindicais.

* Impulsar as reformas institucionais que

aseguren os dereitos de propiedade. 16

Como se pode apreciar, promóvese un desenvolvemento

asentado no capital privado en detrimento

do público, inducindo unha nova

funcionalidade do estado destinada a favorecer

a rendibilidade do capital e cunha concepción

inspirada na promoción dos intereses do capital

transnacional. O postulado xeral aséntase en

que o axuste fiscal inducido alimentará o crecemento

económico que permita a mellor utilización

da capacidade instalada e os recursos

existentes para satisfacer necesidades sociais

insatisfeitas.

Esta é a razón para falar de Programa de

Axuste Estrutural (PAE) por parte do pensamento

hexemónico. O argumento central estrutúrase

en dous movementos simultáneos.

Por unha banda, o axuste fiscal que actúa como

ordenador e estabilizador das contas macroeconómicas.

Pola outra, un movemento que

actúa na reestruturación da economía no seu

conxunto. Un e outro percórrense simultaneamente

para avanzar teoricamente desde a estabilización

ao crecemento. Doutra banda o

16 Ibídem; páxs. 3 e 4.

axuste, non só implica

a redución do

gasto público social,

senón tamén a readecuación

da función do

estado, para reorientar

o gasto e incidir na

variación das relacións

sociais que organizan

a actividade

económica. Exprésase

así unha fonda

modificación do paradigma

de produción e

consecuentemente de

distribución da produción

social.

O primeiro dos movementos consiste en sentar

as bases da estabilidade macroeconómica, poñendo

énfase nos instrumentos destinados a diminuír

o gasto público (unha das fontes

principais das espirais inflacionarias) e ampliar

a recadación. Estas medidas deberán ser acompañadas

por un estrito control do crédito interno

(restrición crediticia) e da demanda

engadida (salarios e ingresos de sectores vinculados

ao mercado interno). É por iso polo que

se enfoca o axuste desde a óptica da demanda a

fin de atacar a estrutura de prezos relativos.

Durante o segundo movemento impleméntanse

aquelas políticas que dan en producir un shock

de produtividade no ámbito empresario. Para

iso faise uso dun paquete de reformas dirixidas

á liberalización da economía, é dicir, as recomendacións

de políticas do CW relativas á

apertura ao sector financeiro e comercial, a desregulación

do mercado de traballo, etc.

Desde unha perspectiva netamente evolutiva

considérase que soamente despois de que os

anteriores “estadios” sexan percorridos, poderán

agardarse fortes incrementos nos niveis de

produto e maiores posibilidades de acceso aos

mercados mundiais. O conxunto de argumentos

expostos foi parte substancial dos fundamentos

das políticas aplicadas, con variantes en

cada país latinoamericano, na década dos 90.

Os matices vincúlanse aos procesos de resistencias

con que as ditas medidas bateron a

29

Promóvese un

desenvolvemento

asentado no capital

privado en detrimento

do público, inducindo

unha nova

funcionalidade do

estado destinada a

favorecer a

rendibilidade do capital

e cunha concepción

inspirada na promoción

dos intereses do capital

transnacional.


30

Protesta en Bos Aires, Arxentina

nivel local e así, se nos primeiros 90 México era

o país modelo a imitar pola aplicación das recomendacións

globais de política económica,

despois da crise de mediados desa década, o

seu lugar foi ocupado pola Arxentina, e premiada

na Asemblea conxunta do FMI e o BM

de 1998 asignándolle ao presidente arxentino a

palabra nese foro. A crise de fins do 2001 en Arxentina

orientou a ollada cara a Chile como o

espello sobre o que a rexión debe observarse e

imitar. Do mesmo xeito podemos razoar sobre

a resistencia uruguaia ás privatizacións de empresas

públicas, lograda mediante un plebiscito

que rexeitou esa posibilidade. A mención remite

a que sempre foron os pobos e en definitiva

a situación política de cada un dos países,

o que facilitou ou non o avance do CW e o PAE.

Insistimos en salientar os dous movementos,

pois trátase de cuestións simultáneas. Por unha

banda, a reorientación das finanzas públicas,

tanto de gastos como de ingresos e, por outra, a

mutación das relacións sociais no ámbito da actividade

económica. No primeiro caso dirixíase

a saír do crónico déficit fiscal das economías

O neoliberalismo é o

paradigma ideolóxico

que xorde dun

conxunto de prácticas

de política económica

para reestruturar o

funcionamento do

capitalismo.

nacionais. Debe pensarse

na consolidación

da devandita

perspectiva, especialmente

no consenso

actual sobre ese postulado.

É así que hoxe,

na primeira década do

século XXI, o déficit

sostén o empurre de

importantes superávits fiscais. Claro que iso remite

ao acontecido na rexión latinoamericana,

posto que a potencia hexemónica amosa como

nunca as súas políticas fiscais deficitarias, que

se superan diariamente en función dos cuantiosos

desembolsos que supón a súa economía

terrorista. Polo outro, e máis importante aínda,

tratábase de modificar os patróns de funcionamento

económico da sociedade focalizando en

cambios estruturais relativos á economía, ao

estado e, principalmente, á sociedade. Son

cambios estruturais no marco do sistema capitalista.

A orde socioeconómica emerxente da

crise do 30 debía deixar paso ao capitalismo

posterior á crise do 70. O neoliberalismo é o paradigma

ideolóxico que xorde dun conxunto de

prácticas de política económica para reestruturar

o funcionamento do capitalismo.

Autocrítica no CW

Porén, os malos resultados obtidos no primeiro

quinquenio da década dos 90, nomeadamente

nos países latinoamericanos, levaron a John

Williamson, inspirador do Consenso de Washington,

a revisar as propostas realizadas.

Entre as correccións, faise fincapé en reorientar

o gasto público cara a un “ben orientado” gasto

social, en vista dos graves problemas distributivos

que causou a aplicación do modelo. Observa

que, en cuestións de liberalización

comercial, debe adoptarse unha actitude menos

indiscriminada, utilizando o poder de negociación

internacional de cada goberno. Mostra

unha especial preocupación pola educación

(entendida como parte do capital social); a informalidade

no traballo en Latinoamérica; o

problema do latifundio (exemplo de Brasil) e

do microcrédito asociado ao combate á pobreza

e mediado por elevadas taxas de xuros17 .

En rigor, Williamson sinala que o seu primeiro

escrito non contiña todo o que debía facerse e

que o sentido da expresión Consenso de Washington

foi máis aló dos propósitos expresados

por el. O chamamento á privatización e desregulación

total da economía do primeiro manifesto,

cambiouse por un chamamento a reforzar

17 Ibídem; páxs. 12 e 13.


a competencia dos mercados, tendo en conta

que gran parte das privatizacións realizadas xeraron

mercados monopólicos privados. Segundo

o propio Williamson “un pode

argumentar que substituír un monopolio público

por un monopolio privado é como saltar

da tixola ao lume” 18 . De todos os xeitos, esta revisión

presentada por Williamson non tivo o

mesmo impacto sobre os centros internacionais

de poder como a primeira. O Premio Nobel de

Economía 2001, Joseph E. Stiglitz afirma que:

Practicamente todos os implicados no desenvolvemento,

mesmo no establishment de

Washington, aceptan hoxe que unha rápida

liberalización dos mercados de capitais sen

unha regulación correspondente pode ser perigosa.

[E engade máis adiante que] A ideoloxía

do libre mercado debe ser substituída

por análises baseadas na ciencia económica,

cunha visión máis equilibrada do papel do

Estado, a partir dunha comprensión dos

erros tanto do mercado como do Estado19 .

Aínda antes deste texto, Stiglitz convocaba o

FMI a debater co movemento de resistencia ás

políticas impulsadas polos Organismos internacionais

e que desembocara na crise asiática

de 1997. Recomendaba así mesmo modificar a

axenda de propostas sobre a base dunha fortísima

crítica aos organismos e nomeadamente

ao FMI20 .

Polo tanto, temos aquí dous momentos en torno

ao CW. Un refírese ao manifesto inaugural, o núcleo

duro do PAE. O outro é o da flexibilización

da proposta orixinal, que se vincula ás posibilidades

reais de forza política para a súa implementación

en cada país. En esencia, é unha

formulación asumida como autocrítica realista,

para a continuidade do axuste e o establecemento

de reformas estruturais, agora denomi-

18 Williamson, John. “What Washington means by policy reform”.

Latin American Adjustment. How Much has Happened? Institute

for International Economics;1990; s/p. Dispoñíbel en:

http://www.iie.com/publications/papers/paper.cfm?ResearchID=486

19 Stiglitz, Joseph; “El malestar en la globalización”; Tradución de

Carlos Rodríguez Braun; Taurus; Bos Aires; xullo de 2002. pps. 145

e 146.

20 Stiglitz, Joseph E; Lo que aprendí de las crisis económicas mundiales,

en “Mundo Global. Guerra Global?”; Edicións Continente;

Bos Aires; 2002.

nadas de “segunda xeración”.

Entre estas

salientan novas reformas

laborais concentradas

na restrición e

mesmo eliminación da

estabilidade laboral,

particularmente no

sector público. Trátase

de transformar o clásico

contrato de emprego

por tempo

indeterminado cara a

outras formas de contratación

que promo-

ven a precariedade das condicións de traballo. A

nova “xeración” de reformas tamén chega a á

Xustiza afacéndoa á demanda dos investidores

externos por afirmar a “seguridade xurídica” dos

seus intereses e propiedades. E de igual xeito se

conciben as reformas en materia de educación e

saúde. As primeiras focalizadas no nivel universitario

coa aplicación de taxas naqueles países

que non as tivesen implementadas aínda; mentres

que as segundas viabilizando o negocio para

os laboratorios farmacéuticos e a sanidade prepaga.

31

Establécense reformas

estruturais, agora

denominadas de

“segunda xeración”.

Entre estas salientan

novas reformas laborais

concentradas na

restrición e mesmo

eliminación da

estabilidade laboral,

particularmente no

sector público.

Países asiáticos afectados pola crise do 97


32

Esa reestruturación

partiu dunha ofensiva

extraeconómica,

violenta, con forma

ditatorial no sur de

América Latina. Non se

trataba do “mercado

contra o estado”, senón

dunha nova función

deste para favorecer o

primeiro.

Entre as buscas “políticas”

por reactiva a

proposta de reestruturación

da economía, a

sociedade e o estado,

emerxeron diferentes

formulacións, moitas

das cales se inspiraron

na concepción de “terceira

vía” sustentada

polo teórico inglés Anthony

Giddens, asesor

de Tony Blair na súa

función de goberno en

Inglaterra. Xa non se trata da “terceira posición”

entre capitalismo e socialismo, senón dunha

adaptación nas novas condicións post bipolaridade.

É unha posición intermedia entre o capitalismo

“neoliberal” do axuste ortodoxo e o

capitalismo reformista fracasado, do estado do

benestar. O diagnóstico parte do fracaso comunista

e socialista nos gobernos en Europa do

leste e do oeste. A dinámica social de crítica e

resistencia ao ideario e práctica política do neoliberalismo

condicionou a busca dunha renovación

discursiva do proxecto hexemónico do

capital. A liberalización como saída da crise requiría

de novos fundamentos.

En síntese, a crise dos anos 70 levou a unha reestruturación

das relacións sociais no ámbito

mundial. É un proceso desenvolvido con especificidades

nacionais e segundo a historia polí-

Manifestación en Bos Aires, Arxentina

tica, social e económica de cada país. Pero esa

reestruturación partiu dunha ofensiva extraeconómica,

violenta, con forma ditatorial no

sur de América Latina. Non se trataba do “mercado

contra o estado”, senón dunha nova función

deste para favorecer o primeiro. A historia

desa reestruturación non é lineal: tivo e ten límites

na resistencia dos sectores máis afectados

por políticas que aseguraron a

concentración de ganancias, riqueza e poder á

conta de agrandar a fenda entre os sectores de

maiores e menores ingresos. A desigualdade é

unha constante en todos os países do mundo e,

obviamente, é unha situación agravada nos países

máis atrasados e dependentes. É un proceso

desenvolvido localmente pero que tivo impacto

no sistema mundial. En fin, a crise actual pode

considerarse como a gran crise da orde emerxente

despois da baixa da taxa de ganancia de

fins dos 60 e comezos dos 70.


Capítulo 3

A crise 2001-2010

Finalmente chegamos á crise actual despois

dun percorrido polo pasado que dá conta do carácter

histórico do sistema capitalista. Pero que

implica iso? Ao noso ver, descobre a esencia do

problema xa que, ao desnaturalizar a súa representación,

bota por terra o principio de ahistoricidade

sobre o cal se baseaban os gurús

neoliberais para afirmaren a imposibilidade

dun cambio radical cara a outro sistema que

non sexa de tipo capitalista. Entón chegamos á

caracterización da crise actual asumindo varias

premisas teóricas. En primeiro lugar a natureza

histórica, é dicir finita, do modo de produción

capitalista. En segundo lugar o carácter constitutivo

da crise en calquera etapa do sistema capitalista

(crise “no” capitalismo). Para rematar

advertimos sobre existencia de contratendencias

levadas adiante polos grupos dominantes

para frearen calquera crise sistémica (ou “do”

capitalismo).

Tendo presente estes supostos básicos, a continuación

analizamos algúns aspectos do fenómeno

da crises observados á luz da historia

recente co fin de explicar os desequilibrios socioeconómicos

acontecidos na última década.

Estanflación do sistema mundial

Como dixemos anteriormente, entre fins dos

anos 60 e comezos dos 70 tivo lugar unha diminución

da taxa de ganancia a nivel mundial

que derivou nun estancamento das economías

do mundo, acompañado da suba dos prezos, especialmente

do petróleo e os alimentos. Apareceu

así o termo estanflación no marco dunha

crise do capitalismo o epicentro da cal se concentrou

na baixa da taxa de ganancia dos capitais

máis concentrados.

A recesión do capitalismo nos países centrais

leva á banca transnacional a fomentar o endebedamento

dos países “atrasados” para a compra

de materiais, maquinarias e equipos do

mundo desenvolvido.

Deste xeito pretendíase

relanzar o ciclo,

frear a recesión e

avanzar a un proceso

de recuperación da

economía. Tratábase

dun negocio para as

transnacionais do capitalismo

avanzado, á

conta dos países máis

atrasados. Di Eric Toussaint respecto diso:

Os banqueiros do Norte lanzáronse a unha

política de empréstitos cada vez máis audaz

(e arriscada) principalmente nos países do

Terceiro Mundo (tanto empresas privadas

como os poderes públicos). Os responsábeis

dos países do Terceiro Mundo axiña se afixeron

a unha situación en que os banqueiros

lles “ofrecían” créditos a taxas moi baixas. 21

O destino dos fondos prestados tiña clara intención

de reactivar a economía do Norte desenvolvido

e á conta das finanzas públicas do

Sur. Para iso os estados da rexión, gobernados

por ditaduras militares serán actores cruciais,

xa que un dos gastos que se induciron desde os

países capitalistas desenvolvidos foi o militar.

Os desembolsos neste capítulo constituiranse

nunha das claves para pensar o endebedamento

deliberado no Sur, especialmente en

América Latina. Xa asociamos o neoliberalismo

coa violencia e o Terrorismo de estado

no Cono Sur, onde se desenvolveu o Plan Cóndor,

institución para a represión e que foi precursora

da transnacionalización do capital. As

forzas armadas nos gobernos precisaban de

equipamento necesario para facer fronte ao

que denominaban a “guerra interna”, concepción

ideolóxica derivada da Doutrina de segu-

33

Entre fins dos anos 60 e

comezos dos 70 tivo

lugar unha diminución

da taxa de ganancia a

nivel mundial que

derivou nun

estancamento das

economías do mundo.

21 Toussaint, Eric; “La bolsa o la vida: las finanzas contra los pueblos”;

Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales; CLACSO; Bos

Aires; 2004. Páx. 168


34

Ocupación da rúa pola policía en México

ridade nacional imperante na maioría dos

nosos países. Foi tamén necesario o aprovisionamento

para conflitos rexionais ou globais.

Abonda só con lembrar que en 1978 Arxentina

e Chile estiveron a un paso da guerra, que foi

detida pola mediación oficial da Igrexa católica;

tamén en 1982 se produce o conflito bélico

entre Arxentina e Gran Bretaña para

recuperar a soberanía arxentina das Illas Malvinas.

Ambos os episodios foron coartadas

para o incremento do gasto e os investimentos

militares. Cada país desenvolvía a súa hipótese

de conflito en función das necesidades das clases

dominantes locais para resgardar os mecanismos

de dominación e reprodución do

capitalismo.

O gasto demandado polos militares no goberno

(Arxentina, Chile, por exemplo) foi cuberto con

endebedamento nun momento onde a banca

transnacional rebordaba de liquidez. Recordemos

que por unha banda subían os prezos do

petróleo e os propietarios dos pozos petroleiros

non usaban precisamente ese incremento para

a promoción do desenvolvemento autónomo

dos países árabes, senón que o enriquecemento

intempestivo motivou a especulación e a ganancia

de tipo rendista. Por iso, a renda buscou

depositar os excedentes petroleiros na banca

transnacional. As entidades bancarias non

tiñan demanda de diñeiro en mercados recesivos

e polo tanto favoreceron o endebedamento

de proxectos políticos que pretendían resolver

o consenso e o “poder” engraxando o sistema

económico de cada país vía endebedamento.

Foi unha liquidez posta nos mercados financeiros

e especulativos, alentando a mobilidade de

capitais internacionais e que tamén alimentou

guerras como a que protagonizaron entre si,

Iraq e Irán, desangrando os seus pobos e transferindo

a renda petroleira vía compras de armamentos

e materiais militares aos principais

fornecedores da militarización global, entre

eles Estados Unidos.

Ante a necesidade de financiamento dun poder

económico e político no Cono Sur acudiuse ao

crédito internacional co obxectivo de darse

unha base de acumulación orixinaria para o

novo e moderno capitalismo que logo se bautizaría

como neoliberal. Ao mesmo tempo debíase

reformar a estrutura económica e social do

país, tal como se materializou nas tres décadas

posteriores aos golpes de estado en Chile e Arxentina.

Mentres tanto, desde o poder económico, propiciouse

un inusitado incremento da taxa de

xuros, que nos anos 80, baixo a administración

de Ronald Reagan, alcanzou o 20%. Agudizouse

así o custo financeiro dos países endebedados

nos 70 e con iso desatouse a crise da

débeda que se continúa desenvolvendo a comezos

do século XXI.

Porén, é ben aclararmos que o problema da débeda

pública non é novo e está vinculado en orixe

ao desenvolvemento do sistema capitalista; constitúe

un dos mecanismos que fan á acumulación

orixinaria do capital, tal como se encarga de demostralo

con profundidade Karl Marx n’O Capital.

Así, a débeda pública, sendo un mecanismo

económico antigo para o desenvolvemento do

sistema, tivo un papel relevante á hora de propor

a superación das crises no capitalismo. A política

económica do keynesianismo encargouse de difundir

a importancia do efecto multiplicador do

crédito para o desenvolvemento da economía.

Aínda hoxe en tempos de crises dese paradigma,

desenvolvementos monetaristas ortodoxos e neoliberais

sosteñen que o crédito e a súa expansión

é unha das claves para que Estados Unidos

continúe cun papel de locomotora do crecemento

do sistema mundial. De aí se explica a preocupa-


ción pola desaceleración da economía estadounidense

desde o último trimestre do 2007, materializada

na recesión declarada do segundo

semestre do 2008 que afecta ás perspectivas de

crecemento do sistema mundial na actualidade.

Ningún estado alcanzou o volume de débeda que

hoxe contabiliza Estados Unidos; á vez que ningunha

sociedade mostra tal nivel de endebedamento

para alimentar un elevadísimo patrón de

consumo. Tanto o estado como a sociedade estadounidense

están hoxe fortemente endebedados.

Existe unha cultura favorábel á asunción de débeda,

sendo iso precisamente o elemento da manifestación

da crise estadounidense desde o

2008.

Crise da débeda

O ciclo económico tivo o seu percorrido clásico

desde o comezo dos 70 pasando varias crises,

que en cada caso potenciaron a saída liberalizadora,

máis aínda despois dos anos 90, caída

do muro de Berlín mediante. Pero en cada unha

das crises cíclicas, o fenómeno do endebedamento

público apareceu baixo unha nova forma

e cada actor reciclouse.

En 1982 fíxose evidente a vulnerabilidade dos

bancos acredores, pois o “Non ao pagamento da

débeda”, transformado nunha campaña internacional

sustentada pola esquerda mundial e

polo movemento de Países Non Aliñados, podería

afectar patrimonialmente á banca acredora.

Ante esta perspectiva, os grupos

dominantes desenvolveron unha estratexia en

dúas direccións simultáneas. Por unha banda e

desde a microeconomía, cada banco acredor

encargouse de amortizar débedas que eran claramente

impagábeis, ou irrecuperábeis. Polo

outro lado, desde o Tesouro dos Estados Unidos,

primeiro con James Baker e despois con

Nicholas Brady impulsáronse mecanismos globais

de refinanciamento da débeda. O “Plan

Brady” materializouse nos comezos do 90 e

transformou unha débeda pública (documentada

como empréstitos entre países e bancos)

nunha débeda de títulos públicos postos en investidores

particulares, tarefa que levaron

adiante as entidades bancarias. Aínda que o

Plan Brady incluía unha quitación no capital

debido, o principal

era eliminar a vulnerabilidade

bancaria e

transferir o crédito a

posuidores diversificados

de novos títulos

de débeda.

Cando eses títulos

caeron en cesamento

de pagamentos, como

no caso arxentino a

fins do 2001, os seus

posuidores estaban espallados

polo mundo,

aínda que se recoñece

que o 40% aproxima-

damente dos títulos arxentinos en creba estaban

en mans de investidores locais. Pero o obxecto

fora logrado. A vulnerabilidade deixou de estar

na banca para pasar a mans dos investidores.

Iso coincidiu cun cambio na política estadounidense

no seo do Fondo Monetario Internacional.

Se este organismo de crédito sostivera

financeiramente as crises dos anos previos,

mesmo realizando achegas multimillonarias de

recursos, como en México (1994), Asia (1997),

Rusia (1998), Brasil (1999) e mesmo Arxentina

no ano 2000, coa chegada de George W. Bush

á presidencia de Estados Unidos ponse fin a

esa política, e polo tanto cada país en crise deberá

resolver os seus problemas sen asistencia

financeira do FMI. É que este perdera os seus

obxectivos iniciais e era cuestionado globalmente,

mesmo desde dentro do organismo.

Hai que constatar que para considerar a responsabilidade

do FMI na crise de Arxentina do

2001 se realizou un estudo desde unha Oficina

Independente de Avaliación. Xa fixemos referencia

ás críticas de Joseph Stiglitz, Nobel de

Economía e ex vicepresidente do Banco Mundial

e Xefe de asesores de William Clinton na

presidencia de Estados Unidos. Queda demostrado,

daquela, que desde a propia cerna do

sistema emerxían críticas xa xeneralizadas no

movemento popular mundial.

Paralelamente a esta ofensiva teñen lugar diversos

focos de resistencia, un dos máis importantes

ao noso entender foi o Movemento de Países

Non Aliñados, que levou adiante en 1982 a con-

35

Ante a necesidade de

financiamento dun

poder económico e

político no Cono Sur

acudiuse ao crédito

internacional co

obxectivo de darse

unha base de

acumulación orixinaria

para o novo e moderno

capitalismo que logo se

bautizaría como

neoliberal.


36

Fidel Castro

signa do “Non ao pagamento da Débeda Externa”

con Fidel Castro (nesa altura primeiro

mandatario de Cuba) presidindo ese movemento

internacional de países que pretendía actuar

no sistema global máis aló da disputa entre

o Leste e o Oeste. O corolario deste impulso contra

hexemónico foi a realización dun conclave internacional

na cidade da Habana no ano 1985 22 .

Así mesmo, nos anos 90 desenvolvéronse campañas

e movementos contra o FMI, o Banco

Mundial, o pagamento da débeda e enfrontando

a especulación como mecanismo visíbel da acumulación

de capitais. Así xorden sobre o final da

década o movemento ATTAC (Asociación por

unha Taxa ás Transaccións financeiras e de

Axuda ao Cidadán), o Comité de Anulación da

Débeda do Terceiro Mundo (CADTM) e o movemento

polo Xubileo 2000 23 . Este último, xurdido

a instancias de movementos de

22 Para afondar no tema ver: Castro, Fidel; “La cancelación de la

deuda externa y el nuevo orden económico internacional”. “No hay

otra alternativa: la cancelación de la deuda”. “Pagar tributo al imperio

o pagar tributo a la patria”. Os tres textos de Editora Política,

A Habana 1985.

relixiosas/os e laicos, estaba inspirado na formulación

papal de “perdón” aos debedores con

motivo do cambio do século. ATTAC, CADTM e

Xubileo 2000 son tres expresións dun movemento

amplamente desenvolvido que nos último

tempos modificou a súa reivindicación

desde unha posición de “debedores que non

queren pagar” a “acredores” pola permanente

transferencia de recursos historicamente enviados

desde os nosos países ao capitalismo desenvolvido.

Así o lema xeral que representa a todas

estas organizacións sociais é Nós somos os acredores.

É evidente que o endebedamento externo é unha

das constantes da política hexemónica global. Os

países máis empobrecidos sófreno e son tentados

a subordinarse a plans de axuste estrutural

para diminuír as súas cargas financeiras. As contratendencias

materializadas no Plan Económico

de Axuste fracasaron; vímolo nas primeiras

décadas deste século XXI, xa que só propoñen

un carácter aínda máis regresivo dun modelo de

acumulación de capitais que concentra a ganancia

e aumenta a desigualdade. Desde outro ángulo,

Estados Unidos é a expresión máxima da

impunidade do endebedamento: sendo o país

máis endebedado do mundo, mantén o seu carácter

de socio maioritario nos Organismos Financeiros

Internacionais e iso levouno a buscar

a devolución dos créditos outorgados. Nese camiño

hai que situar o pagamento anticipado realizado

en decembro de 2005 e xaneiro de 2006

por Brasil e Arxentina respectivamente e por

25.000 millóns de dólares.

En fin, a débeda pública está asociada á orixe

do capitalismo e ao seu desenvolvemento. Acabamos

de pretender amosar que hoxe mantén o

seu lugar como mecanismo económico para a

reprodución do sistema. Porén, tamén puxemos

en evidencia que non goza dun consenso

absoluto, dado o traballo multiplicado de diferentes

redes sociais que traballan por desnaturalizar

o perverso proceso de endebedamento,

afirmando o seu carácter histórico e o seu xorne

regresivo no marco do actual sistema.

23 Pode consultarse nas páxinas webs de ambos os movementos

acerca da abondosa bibliografía sobre este tema: www.attacargentina.com.ar,

www.cdtm.org e www.jubileosuramericas.org respectivamente.


A vulnerabilidade inherente

ao sistema financeiro

Desde a crise da débeda en 1982 sucedéronse varios

cracks financeiros en distintos países. A

xeito de repaso podemos dar conta dos problemas

bolsistas en EEUU no ano 1987, a “crise do

Tequila” en México en 1994, a crise asiática en

1997, a acontecida en Rusia en 1998, no Brasil

en 1999 e finalmente a crise arxentina do ano

2001. En cada ocasión manifestáronse casos emblemáticos

que testemuñaban a ineficiencia das

institucións financeiras internacionais creadas

para viabilizar a circulación de capitais.

Entre os casos de maior transcendencia e visibilidade

mundial aparece a quebra en 1998 do

“hedge fund” Long Term Capital Managment

(LTCM), na administración do cal figuraban

personalidades da corrente principal de pensamento

neoliberal, tales como Robert C. Merton

e Myron S. Scholes, os cales compartiron en

1997 o premio Nobel de economía polas súas

achegas nos métodos de estimación do valor

dos derivados financeiros. Tratábase dunha teoría

relativa aos investimentos en condicións

Bolsa de Nova York

denominadas “normais”,

que resultou

fortemente cuestionada

por mor da depreciación

rusa de

1998. Esta situación

afectou a investimentos

por 4.500 millóns

de dólares e propiciou

a rápida intervención

do sistema financeiro

estadounidense encabezada

pola Reserva

Federal de Nova York.

Unha das lecturas inmediatas que se fixo daquela

manifestación de crise foi a necesidade de

regular aqueles mercados financeiros que comezaban

a “descontrolarse”.

No mesmo sentido pode pensarse na crise de

Enron, que desde a súa orixe na rama da electricidade

e a súa posterior diversificación, sempre

incluíu investimentos na área de seguros

financeiros. Así no ano 2002, tivo lugar unha

eclosión atribuída a unha fraude contábel que

agochaba as grandes ganancias dos seus promotores

no marco da crise derivada do 11-S24 e

o impacto dunha crise financeira que se explicitaba

no cesamento de pagamentos do noso

país.

E é que entre os 80 e os 90 se deron as condicións

para a estimulación da “burbulla especulativa”

baixo a dirección da Reserva Federal de

Estados Unidos (FED polas súas siglas en inglés)

por parte de Alan Greespan (1987–2006)

quen en 1997 cualificou de “exuberancia irracional

dos mercados” aludindo á vulnerabilidade

do mercado mundial de capitais. Os anos

de Greenspan son de avance en materia de desregulación

financeira, cuxos antecedentes proveñen

das directivas do seu antecesor Paul

Volcker, titular da FED entre 1979 e 1987.

Como dixemos, as súas directrices levaron á

alza das taxas de xuros, o que conduciu ao extremo

a hipoteca dos países endebedados, prin-

37

O endebedamento

externo é unha das

constantes da política

hexemónica global. Os

países máis

empobrecidos sófreno e

son tentados a

subordinarse a plans de

axuste estrutural para

diminuír as súas cargas

financeiras.

24 Referímonos aquí non só ao atentado ás Torres Xemelgas de

Nova York acontecido o 11 de setembro de 2001, senón principalmente

á crise económica financeira desatada a raíz do feito e á súa

utilización como escusa para intensificar a política terrorista por

parte do goberno dos Estados Unidos.


38

A crise está en pleno

desenvolvemento desde

a súa explosión en

agosto do 2007 e a máis

de tres anos non

termina de facer

explícita as

consecuencias na súa

totalidade. É aínda cedo

para calquera vaticinio

e moito menos para

anticipar a fin do

capitalismo ou da

hexemonía

estadounidense.

cipalmente en América

Latina (Arxentina,

Brasil e México).

A liberalización da

economía, e nomeadamente

das finanzas

dos Estados Unidos,

favoreceu a urxencia

dun conxunto de instrumentos

para diminuír

o risco de investimento,

entre os que

está a división de bancos

comerciais e de investimento.

En 2008,

a crise afectou aos

principais bancos de

investimento, coa que-

bra de Lehman Brothers; a absorción de Merrill

Lynch por un banco comercial (Bank of America)

e a transformación en comercial dos dous

maiores bancos: Morgan Stanley e Goldman

Sachs. Deste último xurdiu Henry Paulson, que

ocupou a súa presidencia até maio do 2006 para

despois ser Secretario do Tesouro de Estados

Unidos e mentor do rescate aos bancos problemáticos.

Entre eses instrumentos apareceu un

complexo armazón de opcións de investimento

contra seguros cruzados que facían aparecer

como imposíbel a caída dun sólido sistema que

enfrontaba a lóxica do valor, e que finalmente se

impón coa destrución de parte do capital ficticio

construído a partir da valorización dineraria do

capital.

Inicialmente fican afectados os créditos hipotecarios,

e despois os títulos asentados en paquetes

crediticios. Estes sustentábanse nos

pagamentos dos acredores hipotecarios, que no

seu desenvolvemento levaron ao crecemento do

prezo das terras e do metro cadrado de construción,

valorizando propiedades e alentando

un proceso ascendente de taxas de xuros que

afectou a mediano prazo aos tomadores de empréstitos.

O castelo de naipes construído no negocio

inmobiliario e financeiro de créditos

hipotecarios derrúbase ante as variacións no

valor dos inmobles e a imposibilidade de atender

o elevado custo das hipotecas, situación que

afecta a máis de 5 millóns de persoas. Medra a

desconfianza e coa caída das hipotecas caen os

títulos e seguros cruzados montados pola arquitectura

xerada por mor da liberalización financeira

reinante nestes últimos anos.

Verifícase así a necesaria destrución de capital

para estabilizar un novo ciclo de acumulación

e valorización, co fin de sustentar a apropiación

de ganancias, naquel momento, o obxecto final

do capital.

A crise está en pleno desenvolvemento desde a

súa explosión en agosto do 2007 e a máis de

tres anos non termina de facer explícita as consecuencias

na súa totalidade. É aínda cedo para

calquera vaticinio e moito menos para anticipar

a fin do capitalismo ou da hexemonía estadounidense.

Vimos que na crise de 1930

Estados Unidos emerxía como potencia en expansión,

impoñendo o dólar como patrón de

cambio ante a crise dos anos 70 e a Washington

como sede da nova institucionalidade da arquitectura

do poder económico e financeiro do

mundo, establecendo a dominación no FMI e o

Banco Mundial. Xa non hai dúbidas do papel

ordenador que xogaron os organismos financeiros

internacionais neste tempo baixo a batuta

de Estados Unidos.

O interrogante é canta capacidade de liderado

lle resta a Estados Unidos ante a actual crise,

nun mundo que acrecenta a súa tendencia á

globalización como nunca antes. Máis aínda,

resulta imprescindíbel preguntarnos non só

acerca da eventual urxencia dunha nova hexemonía

capitalista, senón tamén pola certeira

posibilidade dunha saída anticapitalista e polo

socialismo. É unha posibilidade que só pode

demostrar a práctica emancipadora da loita

promovida polas clases subalternas. A nosa reflexión

pretende chamar á imaxinación, como

sempre, dun final aberto.

As observacións empíricas

da crise actual

A crise lévanos a este debate, especialmente

cando houbo interese en salientar a fin da recesión

-polo menos desde Estados Unidos e a

zona do euro- sobre a base dos datos do terceiro

trimestre do 2009. É unha batalla sobre o ima-


xinario social que se derruba como castelo de

naipes cando eclosionan os gravísimos escenarios

que observamos en Grecia, o Estado español,

Portugal e Irlanda. A imaxe que se

pretende instalar é que “xa pasou o peor”, pero

á luz dos acontecementos é preciso discutir e

desarmar ese discurso.

Nada mellor entón que repasar algúns datos da

realidade. Nun informe recente25 , o Banco

Mundial recoñece que, produto da crise, 50 millóns

máis de persoas poderían quedar desempregadas

en 200926 . Á súa vez, que se espera

que 90 millóns de persoas vivan na indixencia

produto da crise. Pola súa banda, a Organización

das Nacións Unidas para a Agricultura e a

Alimentación (FAO nas súas siglas en inglés)

informa que son 1.020 millóns os famentos no

mundo (un de cada seis habitantes do planeta)

27 . Son referencias contundentes para enterrar

a ilusión de “solución” despois da crise

recesiva, polo menos para as millóns de persoas

afectadas.

Observamos que os índices sociais de pobreza,

indixencia e desocupación representan fieis indicadores

da situación que estamos atravesando.

En igual sentido, as referencias

empíricas de índole macroeconómica dan cabal

mostra da gravidade da crise que padece o planeta,

xa que a desaceleración económica atinxe

a todos os países, agudizándose nalgúns casos

cun cadro recesivo. Comecemos analizando o

escenario estadounidense. A crise capitalista

manifestada como recesión cara ao 2001 revélase

a partir da análise do cadro 1. Cadro que

mostra o escaso crecemento que ten Estados

Unidos entre os anos 2001/2008 e a definitiva

25 Banco Mundial; “Informe sobre seguimiento mundial 2009.

Una emergencia de desarrollo”; s/f. Dispoñíbel en http://siteresources.worldbank.org/INTGLOMONREP2009/Resources/GMR2

009-Spanish_ovw.pdf

26 Mentres que o Fondo Monetario Internacional estima nas súas

“Perspectivas de la Economía Mundial. Sustentar la recuperación”;

que As economías avanzadas experimentarían unha expansión

anémica durante gran parte de 2010 e o desemprego

continuaría aumentando até moi entrado o ano. Outubro 2009. En:

http://www.imf.org/external/spanish/pubs/ft/weo/2009/02/pdf/

texts.pdf

27 Organización das Nacións Unidas para a agricultura e a alimentación

(FAO); “El Estado de la inseguridad alimentaria en el

mundo 2009. Crisis económicas: repercusiones y enseñanzas extraídas”;

Roma 2009. Documento dispoñíbel en:

http://www.fao.org/docrep/012/i0876s/i0876s00.htm.

baixa que se consolida no 2009. Ante este escenario,

o país define afondar na estratexia de

libre circulación do capital.

Cadro 1 – Variación porcentual do Produto Interior

Bruto de EEUU. 2001/2009

2001 1,1

2002 1,8

2003 2,5

2004 3,6

2005 3,1

2006 2,7

2007 2,1

2008 0,4

2009 -2,4

Fonte: US Bureau of Economic Analysis – (www.bea.gov -

ao 22/05/10)

Estados Unidos precisaba financiamento do

mundo e lógrao á conta dun crecemento xigantesco

da súa débeda externa e un investimento

de activos dolarizados de todos os países do

mundo. Nese marco aparece como fundamental

o proxecto da área de Libre Comercio da

Américas, ALCA (1999-2005), que supuña a

39

Pobreza nas rúas de México


40

consolidación dun área de explotación propia

para o capital de orixe estadounidense. O obxectivo

era o saqueo da riqueza en petróleo,

auga, minerais, biodiversidade, é dicir, recursos

naturais e tamén de forza de traballo latinoamericana

capacitada e barata -en relación

ao prezo desta no capitalismo desenvolvido-. A

potencia imperialista transformouse no gran

comprador do mundo axigantando o seu déficit

comercial (cadro 2) e no maior país endebedado

para soster un inmenso déficit fiscal

(cadro 3) que sustentou a súa política de militarización

e agresión global.

Cadro 2 - Saldo de exportacións e importacións

de bens e servizos de EEUU en miles de millóns

de dólares. 2001/2009

2001 -371

2002 -427,2

2003 -504,1

2004 -618,7

2005 -722,7

2006 -769,3

2007 -707,8

2008 -707,8

2009 -390,1

Fonte: US Bureau of Economic Analysis – (www.bea.gov -

20/05/10)

Cadro 3 - Saldo fiscal de EEUU en miles de millóns

de dólares. 2001/2009

2001 -65,1

2002 -422,4

2003 -553,3

2004 -531,1

2005 -418,3

2006 -291,6

2007 -395

2008 -933,6

2009 -1.574,1

Fonte: US Bureau of Economic Analysis – (www.bea.gov -

20/05/10)

A crise recesiva puido sortearse unha vez máis

con crecementos restrinxidos en comparanza

con anos anteriores e postergando o momento

da explosión cara a 2007 sen atopar aínda o

chan para a recuperación.

Tendo unha noción do panorama estadounidense,

relevemos agora indicadores dalgúns

países do globo. O cadro 4 exhibe os datos do

Produto Interior Bruto (PIB) da Eurozona28 ,

que alcanza a súa variación negativa máis profunda

no 2009 cun 4,1% menos. Debe salientarse

o escaso crecemento no período

considerado, especialmente no 2002 e 2003 e

en 2008, agravado coa recesión do 2009.

Cadro 4 - Variación porcentual do Produto Interior

Bruto na Euro zona (16 países).

2001/2009.

2001 1,9

2002 0,9

2003 0,8

2004 2,2

2005 1,7

2006 3

2007 2,8

2008 0,6

2009 -4,1

Fonte: European Commisión - Eurostat-Tables

(http://epp.eurostat.ec.europa.eu/tgm/table - 23/08/10)

Pola súa banda, o cadro 5 mostra a variación

negativa que sofre o PIB xaponés a partir do

ano 2008, agravado co -5,2% do 2009. Ao

mesmo tempo alí obsérvase o escaso crecemento

que tivo este indicador no ano 2001 e

2002, momento en que fixamos o inicio da actual

crise. Un dato complementario é o incremento

desmesurado do déficit fiscal nese país,

que en 2009 ascendeu a un 12,1%; paralelamente

e segundo a Organización para a Cooperación

e o Desenvolvemento Económico

(OCDE) espérase que o déficit orzamentario do

28 A denominada “zona do euro” comprende os países de: Alemaña,

Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Finlandia,

Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Malta, Países Baixos

e Portugal.


Xapón alcance en 2010 un 10% do PIB e a súa

débeda pública bruta sexa dun 200% dese indicador

29 .

Cadro 5 - Variación porcentual do Produto Interior

Bruto en Xapón. 2001/2009.

2001 0,2

2002 0,3

2003 1,4

2004 2,7

2005 1,9

2006 2,0

2007 2,4

2008 -1,2

2009 -5,2

Fonte: European Commisión - Eurostat-Tables

(http://epp.eurostat.ec.europa.eu/tgm/table 23/08/10)

Para a rexión latinoamericana e caribeña a variación

porcentual do PIB no ano 2009 rexistrou

un descenso menor respecto dos casos

analizados (Eurozona, Estados Unidos e

Xapón) xa que baixou un 1.8% respecto do ano

anterior (cadro 6). Sostemos que o impacto da

crise foi menor na nosa rexión, dado que o

axuste anticipado, realizado nos anos 80 e 90,

amorteceu a colisión.

Cadro 6 - Variación porcentual do Produto Interior

Bruto en Latinoamérica e o Caribe.

2001/2009.

2001 0,4

2002 -0,4

2003 2,2

2004 6,1

2005 5,0

2006 5,8

2007 5,8

2008 4,2

2009 -1,8

Fonte: Selección propia do Anuario Estatístico de América

Latina e o Caribe 2009 – Comisión Económica para América

Latina e o Caribe – CEPAL. Dispoñíbel en http://websie.eclac.cl/anuario_estadistico/anuario_2009/esp/defaul

t.asp. Xaneiro 2010.

A Revista The Economist recolle nunha nota

baixo o título “Redefinindo a recesión” 30 que

moitos economistas asumen que a recesión

deriva dunha caída no Produto Interior Bruto

dos países e que polo tanto é necesario repensar

a definición estándar sobre o tema, xa que

na forma tradicional de medición alcanza con

dous trimestres de caída do PIB. Segundo o

artigo, esa era unha situación verificada daquela

en Europa e Xapón e non así para o caso

de Estados Unidos, polo que serían só aqueles,

os países en recesión segundo a terminoloxía

usual. Todo indica, porén, que o

fenómeno é propio tamén da situación estadounidense.

Por iso o artigo mencionado destaca

que a mellor forma de medir o fenómeno

recesivo é o desemprego, así fai alusión a un

vello relato en clave humorística que afirma

que:

cando o teu veciño perde o traballo, iso

chámase desaceleración da economía.

Cando ti perdes o traballo, iso é recesión.

Pero cando un economista perde o traballo,

isto transfórmase en depresión. Os economistas

que ignoran o recente crecemento

do desemprego merecen perder o traballo.

31

Deste xeito se observamos a evolución deste

indicador socioeconómico para os Estados

Unidos desde o ano 2001 á actualidade (cadro

7) vemos que o incremento da desocupación

se intensifica a partir do ano 2008, alcanzando

hoxe en día o 10% da poboación estadounidense

economicamente activa. Iso

demostra que é imposíbel afirmar a fin da

crise nin moito menos.

29 Organización para a cooperación e o Desenvolvemento Económico,

“Economic survey of Japan 2009”, setembro de 2009. Dispoñíbel

no sitio oficial do organismo: www.oecd.org

30 Redefinindo a recesión, en Revista “The Economist”, 13 de setembro

de 2008, sección Finanzas e economía.

31 Ibídem, páx. 82.

41


42

Cadro 7 - Taxa porcentual de desemprego

anual de Estados Unidos – 2001/2010.

Fonte: Bureau de Estadistas Laborais de Estados Unidos–

(www.data.bls.gov -20/05/10)

*Taxa de desemprego a abril de 2010.

O incremento da de-socupación é tamén manifesto

na Eurozona (cadro 8) cuxo último índice

tamén alcanza o 10% da poboación.

Cadro 8 - Taxa porcentual de desemprego

anual na Eurozona– 2006/2010

Fonte: Banco Central de Europa (sdw.ecb.europa.eu-

20/05/10)

*Taxa de desemprego a marzo de 2010.

De xeito similar, a rexión latinoamericana tamén

posúe graves índices de desemprego ao longo

desta última década

O incremento da

desocupación é tamén

manifesto na Eurozona

cuxo último índice

tamén alcanza o 10% da

poboación.

Ano Taxa de desemprego

2001 4,7

2002 5,8

2003 6,0

2004 5,5

2005 5,0

2006 4,6

2007 4,6

2008 5,8

2009 9,3

2010 9,9*

Ano Taxa de desemprego

2006 8,3

2007 7,5

2008 7,6

2009 9,4

2010 10*

(cadro 9), con todo

desde 2005 evidénciase

unha tendencia á

baixa, produto principalmente

do incremento

de traballo non

rexistrado.

Cadro 9 - Taxa porcentual de desemprego

anual en Latinoamérica e o Caribe. 2000/2009

Ano Taxa de desemprego

2000 10,4

2003 11

2004 10,3

2005 9,1

2006 8,6

2007 7,9

2008 7,4

2009 8,3

Fonte: Anuario Estatístico de América Latina e o Caribe

2009 – Comisión Económica para América Latina e o Caribe

– CEPAL. Dispoñíbel en http://websie.eclac.cl/anuario_estadistico/anuario_2009/esp/default.asp

A taxa de desocupación presentada no cadro 9,

vólvese máis palpábel cando a CEPAL e a Organización

Internacional do Traballo (OIT)

afirman que máis dun millón de persoas perderon

o seu traballo en América Latina debido

á crise global e calculan que ese número ascenderá

aos 4 millóns finalizado o ano 2009. O organismo

advirte nun dos seus últimos

documentos que:

O desemprego é só a punta do iceberg da angustia

do mercado de traballo. O subemprego

incrementouse significativamente (…)

Un marcado incremento no emprego vulnerábel

e pobreza dos traballadores tamén se

produciu entre 2008 e 2009. Traballadores

temporais e subcontratados estiveron entre

os primeiros en perder os seus postos de traballo.

Os salarios e beneficios reducíronse

para moitos traballadores. 32

Mentres tanto, o grao de apertura das economías

latinoamericanas e caribeñas segue a súa

tendencia crecente, o que deixa en clara evidencia

que en todos os recunchos do planeta a

resposta a crise se manifesta simultaneamente

tanto como un “rescate” ás grandes corporacións

financeiras transnacionais, como coa profundación

da liberalización das economías

32 Tradución propia do Documento da Organización Internacional

do Traballo; “Recovery and growth with decent work”; 25 de maio

de 2010; páx. 9. Dispoñíbel na páxina oficial do organismo:

www.ilo.org.


nacionais (cadro 10) que impacta directamente

en detrimento das clases subalternas que finalmente

terminan pagando a crise por calquera

daquelas vías.

Cadro 10 - Grao de apertura da economía a prezos

constantes para a rexión de América Latina

e o Caribe. 2001/2009

Ano América Latina e Caribe

2001 41,8

2002 41,6

2003 44,8

2004 45,7

2005 48,1

2006 47,5

2007 47,5

2008 47,6

2009 -

-Fonte: Anuario Estatístico de América Latina e o Caribe

2009 – Comisión Económica para América Latina e o Caribe

– CEPAL. Dispoñíbel en http://websie.eclac.cl/anuario_estadistico/anuario_2009/esp/default.asp

Pola súa banda, a inflación a escala mundial parece

reavivarse co encarecemento do prezo do

petróleo e os alimentos. Claro que as tendencias

máis recentes están mostrando unha tendencia

decrecente dos prezos internacionais,

especialmente do petróleo, despois do máximo

de 140 dólares o barril a mediados do 2008

para baixar a menos de 40 dólares por barril e

retomar valores ascendentes próximos aos 70

dólares durante o primeiro trimestre de 2010,

arrastrando consigo os metais e principais materias

primas exportadas por América Latina e

o Caribe.

Non resulta sorprendente ese crecemento dos

prezos, especialmente se se pensa nun paradigma

produtivo sostido no petróleo, o cal parece

alcanzar o pico das reservas históricas,

segundo un recente estudo33 , situación que estimula

a alza do prezo sen teito imaxinábel,

máis aló das alzas e baixas na conxuntura. En-

33 Ramón Fernández Durán “El crepúsculo de la era trágica del

petróleo. Pico del oro negro y colapso financiero (y ecológico)

mundial”; Editorial Virus e Libros en Acción; España; 2008.

gadamos a iso o incremento

dos prezos

dos alimentos, motivado

nunha maior

demanda motorizada

por China e a India,

onde habita o 36% da

poboación mundial.

A crise está a pagala,

con peores condicións

de vida e traballo,

aquela poboación

vulnerábel do

capitalismo global.

É certo que as comodities [materias primas

agrícolas e mineiras] elevan os seus prezos

por investimentos especulativos, o que inclúe

a compensación polas debilidades do dólar e

que calquera modificación que actúe no fortalecemento

da moeda estadounidense afecta

á baixa dos prezos, pero non se deben obviar

as tendencias estruturais que explican integralmente

a aceleración de prezos da enerxía,

os metais e os alimentos.

As cifras de inflación, sumadas ás que indican a

desaceleración das economías locais e o incremento

do desemprego e a pobreza, son referentes

claros de que a crise se descarga sobre os

traballadores e sectores sociais de menores ingresos.

A crise está a pagala, con peores condicións

de vida e traballo, aquela poboación

vulnerábel do capitalismo global.

Xorde entón o interrogante sobre as perspectivas

dos prezos internacionais. Non é un dato

menor se se pensa que boa parte do crecemento

económico, do desafogo fiscal e das balanzas

comerciais na rexión estiveron motivadas nos

últimos anos na benevolencia do mercado internacional

de produtos primarios. Ao mesmo

tempo calquera pescuda verbo dos prezos, non

debe esquecer o papel de China na súa formación.

Por que? Porque a súa economía sostén

un crecemento do 10% acumulativo desde hai

25 anos, fenómeno que non se detivo ante a

crise actual alcanzando un incremento do 8,7%

no ano 2009. Esta tendencia manteríase, segundo

un informe do Banco Mundial, que estima

un crecemento do 9,5% do seu Produto

Interior Bruto (PIB) para o ano 201034 .

34 Banco Mundial; “Actualización trimestral China, marzo 2010”;

Dispoñíbel na páxina web oficial do organismo, consultado o día 20

de maio de 2010. http://web.worldbank.org/WBSITE/EXTER-

N A L / B A N C O M U N D I A L / N E W S S P A N I S H / 0 , , c o n -

tentMDK:22508677menuPK:1074631pagePK:34370piPK:34424th

eSitePK:1074568,00.html

43


44

A evolución

macroeconómica

chinesa e as súas

favorábeis perspectivas

de futuro, propiciaron a

expansión capitalista

no seu territorio.

Shanghai, China

A evolución macroeconómica

chinesa e

as súas favorábeis

perspectivas de futuro,

propiciaron a

expansión capitalista

no seu territorio e facilitaron

o investimento

produtivo con

forza de traballo barata para capitais ávidos de

superar a crise de rendibilidade presentada

nos anos 70. O capital resolve a súa crise neste

tempo cunha ofensiva contra o traballo vivo

existente, á vez que xera millóns de novos postos

de traballo en Asia en condicións consideradas

“inmellorábeis” polo baixo prezo de

reposición da forza laboral e o carácter subordinado

do mesmo ás necesidades dos investidores

capitalistas. É o escenario ideal a fin de

restablecer rendibilidade do capital afectada e

reproducir as condicións mundiais para a xeración

e apropiación de plusvalía, posibilitando

transferir ese nivel do custo de

produción como estándar mundial de remuneración

do traballo.

É un feito que China baixou a súa pobreza do

80% en 1980 ao 20% en 2006 35 e maniféstase

como a maior demanda de alimentos no mercado

mundial. O aumento do prezo do petróleo

e dos alimentos compleméntanse para

estimular a espiral crecente dos prezos de

mercado que dan sustento á inflación mundial.

Ambos os fenómenos disparan á súa vez

mecanismos especulativos, con apostas aos

mercados a futuro, que verifican a súa actuación

en tendencias recorrentes á alza dos prezos,

tal como ocorre especialmente desde

comezos de 2007.

Doutra banda se observamos as pobres perspectivas

de crecemento para os países seleccionados

que se expoñen na revista The

Economist36 no cadro 11, é doado inferir o impacto

da recesión. Segundo esta fonte, só se

salvan China e a India, os únicos países con

datos positivos sobre a evolución do PIB para

o 2009, da orde do 6% para o primeiro e do

5% para o segundo. Pode verse que a recuperación

para o 2010 é máis destacada para

América Latina que para os países capitalistas

desenvolvidos, tema que atribúe a análise ás

relativas mellores condicións da rexión37 , xeradas

pola existencia de sistemas bancarios

máis regulados -por efecto de crises anteriores-;

finanzas públicas equilibradas -logo de

anos de prédica en favor do axuste fiscal-;

menor a débeda pública e superávit comercial

empurrado por melloras relativas dos prezos

internacionais das exportacións da rexión.

Está claro que o axuste latinoamericano se

produciu na década dos 80 e especialmente

nos anos 90, baixo o imperio do Consenso de

Washington. Os anos 80 foron cualificados

por CEPAL como a “década perdida” e estendeu

o termo para o medio decenio seguinte. Os

datos sociais do axuste estrutural rexional son

elocuentes nunha estendida realidade de miseria,

desigualdade e explotación. A nosa tese

tende a sinalar que o axuste rexional anticipado

amorteceu a crise no capitalismo desenvolvido

e é por iso polo que agora estes países

sofren directamente as consecuencias da recesión.

35 Revista The Economist, Nº 387.

36 The Economist, 2 ao 8 de Maio de 2009, Economic and financial

indicators, páx. 97.

37 Ibídem, Economías Latinoamericanas, páx. 37.


Cadro 11 – Variación porcentual do PIB e taxa de desemprego. Países seleccionados. 2009/2010.

Países

PIB previsto PIB previsto

Taxa de

seleccionados para 2009

para 2010

desemprego

Estados Unidos -2,71 1,4 8,5 *

Xapón -6,5 0,4 4,4 **

Gran Bretaña -3,5 0,3 9 ***

Zona Euro -3,4 0,2 8,5 **

Francia -2,7 0,3 8,6 **

Alemaña -4,3 0,3 8,1 *

China 6 7 9 ***

India 5 6,4 6,8 ***

Arxentina -3 1,5 7,3 ***

Brasil -1,5 2,7 9 *

Chile -0,5 2,4 8,5 **

Colombia -1 1,5 12,5 **

México -4,4 1,2 4,8 *

Venezuela -5 -5,4 6,3 ***

Fonte: The Economist, 2 ao 8 de maio de 2009 (países seleccionados); * marzo ‘09; ** febreiro ‘09; decembro ‘08

En fin, as respostas políticas ante o preocupante

panorama que mostran as cifras, atópanse

en pleno desenvolvemento. Por unha

banda as clases dominantes impulsan políticas

estatais que oscilan entre o rescate, o axuste e a

liberalización das economías nacionais a fin de

soster a taxa de ganancia e crear as condicións

para a continuidade da acumulación e dominación

capitalista. Pola outra, existe unha dinámica

alternativa que se dá especialmente en

América Latina e o Caribe en favor da construción

de relacións sociais igualitarias no marco

dun mundo máis xusto.

Crece a forza de traballo no mundo

Outro dos aspectos a considerar nesta análise

da estruturación da orde económica e social

existente é a expansión mundial das relacións

capitalistas aínda no marco da desfeita económica

dos principais centros económicos. É que

contrariamente ao que se sostivo nalgún momento,

o resultado desa expansión é a ampliación

da poboación traballadora. Son millóns de

persoas as que se incorporan á produción de

bens e servizos en todo o planeta. A soa consideración

de 28 anos de crecemento de China, a

un ritmo medio superior ao 9% anual (nunca

sostido por ningunha experiencia previa) é un

sinal de incorporación de poboación ás condicións

fabrís que actualmente presenta o sistema

mundial. Trátase dunha ampliación da

forza laboral nun marco de deterioración xeral

dos ingresos dos traballadores e que polo tanto

actúa contrarrestando a tendencia decrecente

da taxa de ganancia operada a fins da década

do 60. A realidade nestes primeiros anos do século

XXI é de recuperación importante da taxa

de ganancia das corporacións transnacionais,

principal actor do sistema capitalista mundial

e ao que se subordinan

os estados nacionais,

incluídos os máis poderosos.

O incremento

da plusvalía impleméntase

a partir de

axustes económicos,

incrementos de prezos,

unha maior esixencia

nos niveis de produtividade,

en suma ratifícase

a intensificación

da explotación dos traballadores.

45

O incremento da

plusvalía impleméntase

a partir de axustes

económicos,

incrementos de prezos,

unha maior esixencia

nos niveis de

produtividade, en suma

ratifícase a

intensificación da

explotación dos

traballadores.


46

É un proceso verificábel en Estados Unidos, a

Unión Europea, Xapón ou China, e en calquera

parte do mundo. Nun especial da revista británica

The Economist38 destácase a importante

suba das ganancias das corporacións como porcentaxe

do PIB nos países do G7 (EEUU, Canadá,

Gran Bretaña, Alemaña, Francia, Italia e

Xapón) desde o teito cíclico en 2001 do 11,5%

aproximadamente até o 16,5% en ascenso do

2006, superando amplamente os picos logrados

a fins dos 80 (pouco máis do 14%) e a mediados

dos 90 (case o 14%). A situación muda a

partir da crise do 2007 con evidente caída da

taxa de ganancia, verificando o carácter e tendencia

da crise capitalista. O interrogante a formularse

remite aos límites que a poboación

crecente de traballadores no mundo interpoña

ás crecentes ganancias do capital máis concentrado.

Obviamente é unha pregunta asociada á

deterioración histórica da capacidade de loita

dos traballadores ante a ofensiva do capital expresado

nas políticas neoliberais, que se foron

impondo progresivamente desde o ensaio xeral

no Cono Sur de América baixo as ditaduras militares

na primeira metade dos anos 70 e despois

xeneralizando en todo o globo nun proceso

continuo até os nosos días.

A hipótese que mantemos ten a ver coa emerxencia,

nos últimos trinta anos, dun novo ciclo

de acumulación e valorización de capitais. É un

tema dialéctico e conflitivo, onde a acumulación

de ganancias, riqueza e poder convive

cunha tendencia crecente á resistencia. A ampliación

da masa de traballadores, á vez que

contribúe á valorización dos capitais, supón o

desenvolvemento dunha experiencia social e de

subxectividade na construción da vida cotiá,

que pode evolucionar na demanda de cambios

sociais orientados cara á emancipación dos traballadores.

Sen dúbida que China e o conti-

38 Revista The Economist, do 16 ao 22 de setembro de 2006.

nente asiático no seu conxunto, son parte do territorio

mundial que maior poboación engade

ao mundo do traballo. China, o país máis poboado

do mundo, co 21% da poboación mundial,

constitúe hoxe unha das principais fontes

de acumulación do capitalismo global. Segundo

The Economist é moi forte o impacto da extensión

da forza de traballo en China para a baixa

dos salarios nos principais países capitalistas

desenvolvidos.

Pero ademais dunha dimensión xeográfica, o

tema adquire relevancia social e de xénero, xa

que xunto á extensión da proletarización, ocorre

unha feminización do traballo, que é asumida

tamén como unha forma de loita das

mulleres e en definitiva, do ser humano pola

igualdade de xénero. Pero tamén é parte da necesidade

do capital por estender a asalarización

con ingresos laborais á baixa. Trátase dun fenómeno

asociado á feminización da pobreza. A

explotación da forza de traballo esténdese rompendo

os límites do xénero e desenvolvendo

novas divisións sociais do traballo. É certo

tamén que nestas consideracións debe incluírse

a ampliación do traballo dos nenos e anciáns,

nun mecanismo de extensión das relacións capitalistas,

deteriorando os ingresos populares e

subordinando a maior cantidade de poboación

global á lóxica de valorización dos capitais.

Contrariamente ás teses que nos anos anteriores

sostiñan a fin do traballo e a diminución dos

traballadores como porcentaxe da poboación, a

realidade do desenvolvemento da produción dá

mostras claras de crecemento da poboación

traballadora, claro que con deterioración relativa

da capacidade de compra polos ingresos diminuídos

e a deterioración da calidade de vida.

A preocupación “social e política” está dada na

capacidade de constituírse en suxeitos que actúen

na disputa pola orde vixente.


Capítulo 4

Os horizontes posíbeis

para saír da crise

Unha vez descrito o escenario actual, imos

poñer de relevo as diferentes propostas que se

presentan como saídas da crise. Estas propúgnanse

de acordo co diagnóstico que se faga da

situación. Polo tanto segundo as avaliacións

que se fagan conforme a se atravesamos unha

crise “no” ou “do” capitalismo serán cada unha

das propostas para superala.

Se nos remontamos na historia, observamos

que a pregunta: que facer ante a crise capitalista?

foi contestada noutras ocasións e desde

distintos ángulos. Desde unha praxe revolucionaria

desafiábase coa revolución socialista que

adquirira, en Rusia de 1917, carta de cidadanía,

impulsando en anos sucesivos procesos revolucionarios

en Europa e estimulando ben cedo a

José Carlos Mariátegui a formular o mito da revolución

socialista para América Latina39 .

Desde outro ángulo e ante a crise do 30, vimos

que sectores das clases dominantes impulsaron

reestruturacións de políticas económicas e variacións

das relacións sociais de produción e

distribución para asegurar a continuidade da

acumulación de capitais e a dominación do réxime

capital. O obxectivo era recompoñer a capacidade

de xerar plusvalía e acumular riqueza

e poder para as clases dominantes.

Pero tamén se pode verificar a simultaneidade

das estratexias que ambas as perspectivas despregaron

para darlle un curso ao desenvolvemento

social ante a crise de fins dos 60 e

comezos dos 70 do século XX. Por unha banda,

a Revolución Cubana simboliza na rexión a opción

de cambio sistémico que puxo en pé múltiples

procesos de transformación (vía armada

e/ou de loita electoral), que son coherentes con

39 Mariátegui, José Carlos; “Obras”; Casa das Américas; O Vedado

- A Habana; Tomos I e II; marzo de 1982. Mencións especiais en 7

ensaios de interpretación da realidade peruana (Tomo I) e Punto

de vista antiimperialista (Tomo II). No editorial do número 17 de

Amauta titulado “Aniversario e balance” Mariátegui sinala que “A

revolución latinoamericana, será nin máis nin menos que unha

etapa, unha fase da revolución mundial. Será, simple e puramente,

a revolución socialista.” (Tomo I).

outros no ámbito mundial (o maio francés, a

primavera de Praga, a denuncia da invasión a

Vietnam entre as máis destacadas entre 1968 e

1973). Polo outro lado verifícanse iniciativas

como o Foro Económico Mundial reunido en

Davos en 1971 e a súa saga até o presente; a

crise monetaria desatada coa non convertibilidade

do dólar en agosto de 1971 e especialmente

os ensaios de política neoliberal

aplicados polos monetaristas ortodoxos das ditaduras

militares do Cono Sur de América. Ensaios

que se xeneralizaron por todo o planeta

desde a consolidación hexemónica desa corrente

coa chegada ao goberno de Margaret

Thatcher e Ronald Reagan en 1979 e 1980 respectivamente.

A resposta neoliberal foi en confrontación tanto

coa estratexia revolucionaria como coa visión

keynesiana da organización económica da sociedade

desde fins da segunda guerra mundial.

Así, constituíuse en proposta hexemónica até a

presente crise. A discusión actual céntrase en

como actuar para superar a crise do capitalismo

realmente existente tras décadas de hexemonía

neoliberal e ortodoxia monetarista. O debate

contén as variantes ideolóxicas e políticas dos

47

Manifestación na Habana, Cuba


48

que pretenden relanzar o capitalismo na súa

versión máis monetarista e neoliberal, por

medio do keynesianismo militar; aqueles que

propugnan “outro capitalismo posíbel”, baseado

nunha concepción neodesenvolvementista;

e os que finalmente apostan pola construción

dunha orde alternativa, anticapitalista e polo

socialismo. Intentaremos afondar máis detidamente

en cada unha destas opcións.

O keynesianismo militar

Unha saída posíbel desde EEUU é a reiteración

do camiño asumido para superar a anterior recesión

do ano 2001, onde se combinou keynesianismo

militar (estratexia contra o

“terrorismo”) con endebedamento público e privado.

De feito, o carácter desenfreado da adquisición

de obrigacións desembocou na burbulla

inmobiliaria, e a crise das hipotecas (2007),

eclosión inicial da crise actual. Claro que non

pode repetirse a historia do mesmo xeito, porque

a ofensiva militarista aparece atrapada en

Iraq e Afganistán, sen clara saída, dado que esa

manobra perde lexitimidade a nivel mundial e

no interior de Estados Unidos, acrecentando á

vez un déficit fiscal cada vez máis difícil de financiar.

Tampouco se pode estimular o crédito

dun sistema bancario con mora crecente e escasa

propensión da poboación a endebedarse

ante a desfeita financeira en curso, máxime

cando EEUU posúe unha débeda pública que

supera os 11 billóns de dólares. Nin a baixa da

taxa de xuros actúa para favorecer un crédito do

que foxen probábeis debedores ante a crúa realidade

da recesión e a inflación. A estratexia uti-

Unha saída posíbel

desde EEUU é a

reiteración do camiño

asumido para superar a

anterior recesión do ano

2001, onde se combinou

keynesianismo militar

(estratexia contra o

“terrorismo”) con

endebedamento público

e privado.

lizada no 2001

exacerbou os problemas

estruturais de déficit

fiscal, comercial e

endebedamento público

e privado de

EEUU. Son límites obxectivos

que impiden

reiterar ese camiño,

especialmente cando

se pensa na continuidade

e profundidade

da crise.

A innovación -se así se pode chamar- ante o fracaso

de que o capital privado sosteña ás entidades

en crise, é que se acode ao sempiterno

regreso da intervención estatal baixo novas formas,

con achegas do Tesouro e fondos públicos

para soster as entidades financeiras e empresariais

en decadencia. O obxectivo é que a roda da

circulación produtiva e mercantil volva funcionar

para relanzar o réxime do capital baixo

unha nova ofensiva da liberalización global.

Trátase de intervir desde a cúpula do poder estatal

aínda que só sexa temporalmente, para estabilizar

a situación económica e retomar a

ofensiva pola liberalización.

A orde mundial resultante deste proceso atopa

a EEUU nun papel hexemónico no sistema

mundial. É o resultado do seu peso económico

e militar, pero tamén ideolóxico-cultural. O

peso económico remite ao papel das corporacións

transnacionais de orixe estadounidense,

si, pero tamén á capacidade do estado dos

EEUU para fixar políticas globais, e mesmo

máis aló do comentado en torno ao Consenso

de Washington. O establecemento de políticas

globais evidénciase, por exemplo, ante as crises

recesivas e as reactivacións na economía estadounidense,

que tentan xeneralizarse desde os

conclaves que lidera EEUU. Despois da recesión

de EEUU no 2001, conforme a un paquete

de medidas fiscais produciuse un proceso de recuperación

que implicou unha tendencia ao aumento

das taxas de xuros por parte da Reserva

Federal. Con estas medidas definiuse tamén a

situación dos mercados de valores do mundo,

sexa cal for a importancia e o volume que cada

un deles administra. A crise financeira xurdida

a mediados de 2007 trae consigo unha tendencia

á baixa das taxas de xuros, a cal impacta no

sistema financeiro e económico global. Debemos

considerar que as subas ou baixas de taxas

de xuros, motivado por necesidades internas da

economía estadounidense afectan ao sistema

mundial no seu conxunto. É dialéctica a relación

entre poder económico e poder militar. O

dólar sostén os mísiles e estes sosteñen o dólar.

Así, a invasión militar no Medio Oriente ten

fins económicos e materialízase militarmente,

pero de xeito simultáneo búscase, a nivel ideolóxico,

lograr un consenso global sobre unha


política de interese particular. Preténdese naturalizar

globalmente o “modus operandi” e iso

supón unha actuación ideolóxico-cultural. Se

cadra por iso, o maior logro da potencia hexemónica

sexa de tipo cultural. Polo menos en

parte, por esa vía chegou a obter un importante

aval respecto da súa actuación imperialista; é

dicir, “gañou” o sentir común da poboación

mundial para esa estratexia.

A crise non amedoña a ofensiva do capital, que

a través da súa asociación co Estado máis poderoso

da terra, cristaliza a súa iniciativa política

para subordinar as relacións económicas e

asegurar a valorización do capital, aínda á

conta de novas e sucesivas crises. Nese marco

vén desenvolvendo unha institucionalidade da

nova orde. Entre outros salienta a aparición do

G7, G8 e o propio G2040 , como intentos de “goberno

mundial”.

Se algunha vez Karl Marx aludiu ao paso da

subsunción formal á real do traballo no capital,

ante a crise dos 70 o capital impulsou unha

forte iniciativa política para restablecer o ciclo

económico e asegurar as condicións de reprodución

da acumulación de valor e do sistema de

dominación en escala global, aínda que siga

tendo, abofé, forma nacional de expresión. Actualmente

unha das alternativas que se manexan

para relanzar a ofensiva do capital neste

escenario de crise, é a intensificación da violencia

imperialista e o terrorismo de Estado por

parte do Estado hexemónico. Isto é: liberalizar

as relacións económicas e sociais á conta de

vidas humanas.

A ilusión neodesenvolvementista

como posíbel solución

Desde a perspectiva da división transnacionalizada

do capital, algúns gobernos perciben esta

crise como unha oportunidade para mellorar o

seu posicionamento nesa macroestrutura eco-

40 O “Grupo dos 7” está formado por EEUU, Canadá, Gran Bretaña,

Francia, Alemaña, Italia e Xapón. O “Grupo dos 8” é o G7 máis

Rusia. Para rematar, o “Grupo dos 20” intégrano os membros do

G8 máis Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Brasil, China, India,

Indonesia, México, República de Corea, Sudáfrica, Turquía e a

Unión Europea, aínda que representados por esta son convidados

tamén España e Holanda.

nómica, dado o seu carácter de “voceiros” e “expresión”

do capital local. De feito esta visión

non é nova, senón que xa nos anos 50 e 60 considerábase

que era factíbel o paso do subdesenvolvemento

ao desenvolvemento. Só era

necesario seguir a receita aplicada polos países

desenvolvidos e así xa se lograría o obxectivo

tan anhelado. Porén, esquecíase ou negábase a

dialéctica entre desenvolvemento e subdesenvolvemento;

entre dominantes e dominados;

entre revolución industrial produto dunha acumulación

que incluía o saqueo das riquezas naturais

do territorio da nosa América e o

asasinato de poboacións explotadas na extracción

de mineral. En definitiva, dunha acumulación

orixinaria do capital sustentada sobre o

saqueo de poboacións enteiras.

A historia volve repetirse

para xerar novas

acumulacións. Existen

estrategas da nosa

rexión que imaxinan

unha inserción renovada

de países de

menor desenvolvemento

no cumio do

poder capitalista. Parten

da hipótese dunha

crise no centro que

non afecta, esencialmente,

á periferia. É

un diagnóstico erróneo

que segue pensando

en termos de

49

Tropas de ocupación estadounidenses no Iraq

Desde a perspectiva da

división

transnacionalizada do

capital, algúns

gobernos perciben esta

crise como unha

oportunidade para

mellorar o seu

posicionamento nesa

macroestrutura

económica, dado o seu

carácter de “voceiros” e

“expresión” do capital

local.


50

economía e política entre nacións, internacional,

sen dimensionar o carácter mundial do capitalismo.

Esta visión está sustentada na

ilusión que xera a macroeconomía estábel e en

crecemento dos últimos anos para a rexión latinoamericana.

A realidade de equilibrios fiscais e comerciais

na conxuntura, tanto como engraxadas políticas

monetarias e cambiarias con sólida posesión

de reservas internacionais fan aparecer

consistentes as condicións dos países ante a

crise presentada no norte desenvolvido. Habería

que lembrar que o ciclo de ascenso da rexión

é posterior a unha década de reestruturacións

regresivas ocorridas nos 90. Década que non

estivo exenta dos episodios de crises xa mencionados

entre os que se contan os acontecidos

en México en 1994, Brasil en 1998, Arxentina

en 2001; todos eles de forte impacto nos sectores

sociais de menores ingresos. A crise anticipouse

na nosa rexión e a proxección

prolongada da crise no norte descárgase sobre

os nosos países, tal como se aprecia nos indicadores

socioeconómicos abordados no epígrafe

anterior.

Os datos veraces fan baixar á realidade aqueles

gobernantes ou académicos que imaxinaban

blindadas as economías dos nosos países, produto

do ciclo de ascenso da produción, o emprego,

as ganancias e os salarios (aínda que

estes satisfagan cada vez menos os requirimentos

dunha calidade de vida digna). O problema

é a ilusión neodesenvolvementista instalada

con pretensión hexemónica de correntes críticas

aos neoliberais. Estes impuxeron o seu

credo mercantil por catro décadas en gobernos

e na academia, sendo a crise actual a que ispe

os límites da teoría e política económica liberalizadora.

É un feito que os gurús neoliberais e os seus

epígonos na esfera política xa non opinan a viva

voz. Entrementres, agóchanse tras a prudencia

daqueles que estimulan nacionalizacións transitorias;

intervencións estatais “mentres se xustifique”,

para logo renovar unha ofensiva de

mercantilización profunda das relacións sociais

económicas. Ese é o sinal do neokeynesianismo.

Debemos insistir en que o keynesianismo existiu

sobre a base da ofensiva dunha subxectividade

revolucionaria que discutía a orde

capitalista vixente a comezos do século XX.

Tamén cómpre sinalar que o keynesianismo se

construíu no marco dunha época de guerras

mundiais (1914/18 e 1939/45) con destrución

inmensa de forzas produtivas, para se instalar e

propagar no ciclo de ouro de 1945 a 1975 sobre

a base do poder hexemónico de Estados Unidos.

Agora ben, actualmente e ante a ausencia

dunha subxectividade revolucionaria en ascenso,

a crise condiciona o pensamento hexemónico

dos últimos anos e retarda os seus

obxectivos liberalizadores até mellores momentos.

Esta situación fai pensar que se poden

xerar circunstancias para restablecer políticas

do ciclo keynesiano. De feito, un dato da realidade

é a crecente intervención dun Estado capitalista

que en rigor, nunca deixara de

sustentar o programa de liberalización demandado

polo gran capital. Queremos reparar no

comportamento dos capitais “en particular”

que a pesar da crise acumulan ganancias, riqueza

e poder e pugnan por darlle continuidade

á liberalización. Cómpre nese sentido recoller

as resolucións dos cumios mundiais chamando

á continuación da rolda de Doha da Organización

Mundial de Comercio. E é que os capitais

precisan desenvolver a súa actuación en favor

da apropiación dos recursos naturais sen ningún

tipo de limitación, afirmando con iso a

libre circulación de capitais. En síntese, o feito

de que os máis coñecidos gurús do neoliberalismo

dean a calada non fai desaparecer o obxectivo

liberalizador dos capitais a escala

mundial.

Os prognósticos sobre a crise son diversos,

desde os que imaxinaron unha recesión curta

no 2007, até os que anunciaron a prolongación

do estancamento por varios anos. Nesas condicións

a pugna política por incidir nas decisións

dos Estados capitalistas será xigantesca, tal

como vén ocorrendo cos millonarios fondos de

rescate fornecidos polos principais países capitalistas.

Aludimos á dimensión política posta en

xogo na crise, que atinxe ao poder do capital e

ás ilusións sobre a súa contención.


Por todo iso é fundamental a discusión do diagnóstico

sobre a crise e a súa caracterización. Se

o problema é a regulación (das finanzas especialmente),

daquela o tema resólvese regulando,

que parece ser a saída que se ve nos

principais conclaves oficiais desde a urxencia

da crise. É unha perspectiva similar aos que enxergan

excesos empresariais ou das cúpulas dirixentes

na súa apropiación de recursos, para

os que a solución pasa por restrinxir a asignación

de grandes sumas de ganancias, de honorarios

e premios para as cúpulas empresariais

ou de dirección. É posíbel regular a dominación

monopolista das transnacionais en tempos de

revolución das comunicacións? As normas de

Basilea prefiguran tanto o fracaso dos intentos

reguladores no sistema financeiro mundial,

como tamén o de intentar establecer códigos de

conduta ás transnacionais no sistema de Nacións

Unidas. A agresión do capital na explotación

dos traballadores e sobre os recursos

naturais para satisfacer os seus obxectivos pon

de manifesto que non só se trata dunha crise

económica, senón dunha crise sistémica e que a

resposta do capital, máis aló de certas nacionalizacións

propostas desde o Estado capitalista,

orientase cara á xeración de condicións económicas

e políticas para facer avanzar o sistema

capitalista, con independencia do custo social e

natural que iso leve consigo.

Recentemente, o Nobel de economía de 2008

dicía: “cando leo os comentarios recentes sobre

política financeira de altos funcionarios de

Obama, síntome no túnel do tempo, coma se estivésemos

aínda en 2005, Allan Greenspan fose

o Mestre e os banqueiros, os heroes do capitalismo”

41 . O mesmo analista rescata comentarios

do secretario do Tesouro estadounidense, Timothy

Geithner quen afirma: “Temos un sistema

financeiro que está dirixido por accionistas

privados e manexado por entidades privadas e

gustaríanos facer todo o posíbel por conservar

ese sistema”, mentres se apresta a meter en problemas

os contribuíntes polas perdas enormes

dese sistema. Pola súa banda o xornal The Washington

Post afirma que Geithner e Lawrence

Summer, o principal asesor económico de

41 Krugman, Paul; “Al rescate de los incompetentes”; Diario Clarín,

Bos Aires; 3 de febreiro de 2009.

Obama, “pensan que

os Estados son malos

como xerentes de bancos”,

en oposición seguramente

aos xenios

do sector privado que

fixeron por perder

máis dun billón de dólares

en apenas uns

anos.” 42 . Paul Krugman

esixe avanzar no

camiño das nacionalizacións,

aínda que de

forma temporal para

As normas de Basilea

prefiguran tanto o

fracaso dos intentos

reguladores no sistema

financeiro mundial,

como tamén o de

intentar establecer

códigos de conduta ás

transnacionais no

sistema de Nacións

Unidas.

logo volver privatizar. Noutro sentido, pero

tamén dentro do sistema capitalista, Jeffrey

Sachs suxire que:

Unha das históricas achegas do presidente

Barack Obama será un impresionante acto

de malabarismo político: converter a abafadora

crise económica no lanzamento dunha

nova era de desenvolvemento sostíbel. O seu

paquete de estímulo macroeconómico podería

ou non amortecer a recesión e sen dúbida

avecíñanse encarnizadas batallas partidarias

polas prioridades. Pero Obama xa está

fixando un novo camiño histórico ao reorientar

a economía do consumo privado

cara aos investimentos públicos dirixidos

aos grandes desafíos da enerxía, o clima, a

produción de alimentos, a auga e a biodiversidade.

(Engade que) o que está tomando

forma é nada menos que un modelo de capitalismo

para o século XXI, comprometido co

dobre obxectivo do desenvolvemento económico

e a sustentabilidade. 43

Por iso suxire a reestruturación da industria automotriz

e abandonar o paradigma produtivo

sustentado no petróleo por novas tecnoloxías

da enerxía. Resulta grave disimular os perigos

da crise, tanto como insistir nas receitas que

derivaron en sucesivas crises desde a restauración

conservadora. Faise por iso necesario pensar

en termos de alternativas á orde financeira

e económica para propor outro ordenamento

do sistema mundial.

42 Ibídem

43 Sachs, Jeffrey; “Está naciendo un nuevo capitalismo”; Diario

Clarín; Bos Aires; 14 de febreiro de 2009.

51


52

Alternativa e outro mundo posíbel

Ás propostas de saídas referidas ao keynesianismo

militar e ao neodesenvolvementismo

oponse unha terceira, que pode ser caracterizada

como unha perspectiva emancipadora. É

que, á vez que se presenta a ofensiva do capital

para o seu programa liberalizador, dá en desenvolverse

un proceso crecente de crítica e resistencia

que xa pensa en termos de alternativa.

A existencia dunha

dinámica alternativa

que se desenvolve

especialmente en

América Latina e o

Caribe púxose de

manifesto

recentemente nas

dificultades que atopou

Estados Unidos no V

Cumio de Presidentes

americanos realizado

en Trindade e Tobago

Manifestación en Caracas, Venezuela

Non se trata dunha

utopía ou fantasía,

especialmente en

América Latina, con

procesos de masas

que nos últimos vinte

anos fixeron fronte ás

políticas hexemónicas

neoliberais. Trátase

dunha dinámica social

mobilizada que pretende

construír outras

relacións que rexan a

economía, a política e a

sociedade. Son dúas

décadas iniciadas co

histórico “Caracazo” (febreiro de 1989) que dá

orixe ao que hoxe denominamos revolución bolivariana;

ou de condensación das loitas dos

pobos orixinarios ao redor dos máis de cinco

séculos de dominación e que sustentan os actuais

procesos de cambio político en Bolivia ou

Ecuador; pero tamén de despregamento dunha

acumulación de loita dos traballadores organizados

de Brasil, Uruguai e Arxentina para xerar

primeiro críticas e despois alternativas á hexemonía

neoliberal dos anos 90. É o camiño construído

nese tempo en Paraguai, Nicaragua ou O

Salvador. Cada quen desde a súa especificidade,

pero todos nunha perspectiva de cambio

nacional e busca, con ritmos diferenciados, de

procesos integradores innovadores. A maioría

destes países mencionados situáronse en 2005

(IVº Cumio de Presidentes das Américas, Mar

del Plata, Arxentina), en confrontación contra a

estratexia imperialista de integración subordinada

ao programa liberalizador dos tratados

comerciais, que tivo a súa máxima aposta na

Área de Libre Comercio para as Américas

(ALCA).

A existencia dunha dinámica alternativa que se

desenvolve especialmente en América Latina e

o Caribe púxose de manifesto recentemente nas

dificultades que atopou Estados Unidos no V

Cumio de Presidentes americanos realizado en

Trindade e Tobago entre o 17 e 19 de abril de

2009. Alí, máis aló da axenda prevista, o eixo

das discusións centrouse no bloqueo estadounidense

sobre a illa de Cuba e a expulsión cubana

da Organización de Estados Americanos

(OEA) en 1962. Aos poucos días o tema volveu

tomar corpo na reunión deste organismo e nun

feito histórico suspendeuse a exclusión de Cuba

da OEA. O tema é importante máis aló do nulo

interese cubano por se reinstalar nun ámbito

que considera inútil para os intereses propios e

rexionais, precisamente pola incapacidade que

ten EEUU por deseñar a axenda en debate na

conxuntura.

En síntese o presente caracterízase pola discusión

sobre a crise, pero xa non só en como relanzar

o ciclo do capital, senón en pensar na

materialización doutras relacións sociais máis

xustas para outro mundo posíbel.


Declaración Grupo de Traballo do Consello Latinoamericano de

Ciencias Sociais (CLACSO), 2 e 3 de setembro de 2009.

ECONOMÍA MUNDIAL, CORPORACIÓNS TRANSNACIONAIS

E ECONOMÍAS NACIONAIS

Os integrantes do Grupo de Traballo do Consello

Latinoamericano de Ciencias Sociais

(CLACSO), sobre “Economía mundial, corporacións

transnacionais e economías nacionais”

reunidos na Cidade de Bos Aires durante os

días 2 e 3 de setembro do ano en curso co propósito

de analizar a Crise capitalista mundial,

as propostas de superación e os seus impactos

en América Latina, despois dun intenso e frutífero

intercambio de opinións, manifestan:

1.- O comportamento dos principais indicadores

económicos e sociais permite afirmar que a

economía capitalista mundial está lonxe de retomar

os vieiros do crecemento, tal e como se

veu afirmando en informacións provenientes

de centros de poder do capitalismo transnacional,

divulgadas profusamente nos medios de

comunicación de masas, e coas que se busca

minimizar os alcances da crise e a severidade

dos seus impactos a escala planetaria. Aínda

que se está en presenza dun feito que está en

pleno proceso de despregamento e cuxo desenvolvemento

específico pode presentar variados

percorridos, até o momento non hai nada que

indique que a crise tocou fondo e menos que

chegue á súa fin. Se ese fose o caso, a maioría

das estimacións indican que se asistirá a un

longo período depresivo, ou a unha moi lenta

recuperación que no mellor dos casos permitirá

alcanzar, ao promediar a seguinte década, os

niveis de produción anteriores á crise. En materia

social, a situación é dramática e demostra

que os principais afectados son os traballadores

e sectores sociais empobrecidos, pois mantense

a tendencia ao aumento do desemprego,

á deterioración dos ingresos e, en xeral, á precarización

do traballo e unha pauperización

crecente que deteriora a calidade de vida de millóns

de persoas de menores ingresos.

2.- A crise reafirma os fundamentos dunha reprodución

do capitalismo baseada na explota-

ción do traballo, e mostra –de forma descarnada

e violenta– os seus límites para ofrecer

resposta ás demandas económicas, políticas, sociais,

ambientais e culturais do ser humano; así

mesmo, desvela a súa xigantesca capacidade

destrutora de riqueza material e inmaterial.

Dados o seu carácter e os seus alcances xeográficos

e sectoriais, a actual crise pon en evidencia

que non se trata dunha simple disfuncionalidade

transitoria –sectorial ou xeo-gráfica– dos

mecanismos de reprodución do sistema. A crise

cuestiona de xeito certeiro a posibilidade dunha

prosperidade capitalista indefinida, desmente a

afirmación do desprestixiado Fondo Monetario

Internacional cando en 2007 dicía lapidariamente:

“O sólido crecemento mundial perdurará”,

e liquida o dogma sobre a fin da historia

que se pretendeu impor durante as últimas dúas

décadas.

3.- Aínda que o epicentro da crise foi Estados

Unidos, os seus efectos estendéronse moi rapidamente

a escala mundial e golpearon á totalidade

das economías. Ao desenvolverse a crise

coas diversas traxectorias rexionais, nacionais e

locais da acumulación capitalista, as súas configuracións

específicas son múltiples e variadas.

Estamos en presenza dunha crise do capitalismo

globalizado, con desenvolvementos desiguais

e diferenciados, de distinta intensidade

sectorial, xeográfica e social. No caso de América

Latina, son igualmente indiscutíbeis os

seus efectos. Máis aló de matices, non hai país

da rexión que escape a eles. Os procesos de neoliberalización

impulsados durante as últimas

décadas acentuaron a dependencia e forzaron

unha reestruturación económica regresiva, provocando

unha crecente vulnerabilidade fronte

ao comportamento da economía capitalista

mundial. Naqueles países nos que o proxecto

neoliberal logrou implantarse con maior intensidade,

afortalándose ademais cun correspondente

marco xurídico-institucional de tipo

53


54

Protesta en México

neoliberal (TLC con EEUU), os efectos da crise

sentíronse con maior severidade. Tal é o caso

de México, Chile e Colombia.

4.- A alta dependencia dun número importante

de economías da rexión da produción e exportación

de produtos enerxéticos, materias primas,

produtos agrícolas xerou efectos contraditorios.

Contra fins do 2008, epicentro da crise mundial,

a caída abrupta dos prezos da maioría deses produtos,

parecía que imporía unha caída drástica

da actividade económica externa, unha deterioración

das balanzas en conta corrente e de pagamentos,

así como un maior endebedamento. Ao

reverterse relativamente esa tendencia, a severidade

dos impactos da crise púidose atenuar

(non evitar), ao considerarse o comportamento

dalgúns indicadores macroeconómicos. A pesar

diso, as finanzas públicas mostran unha tendencia

á franca deterioración, a débeda pública e

privada continúa incrementándose aceleradamente

e, en xeral, a actividade económica atópase

deprimida. Desde o punto de vista social a

crise acentuou as desigualdades e incrementou a

pobreza e indixencia na rexión. O paro continúa

A intensidade da crise

así como as tendencias

de saída dela gardan

unha estreita relación

coa situación e a

dinámica da loita social

e de clases.

á alza, e a precarización

do traballo acentúase.

A perspectiva da

economía latinoamericana

está en boa medida

en función do que

ocorra coa produción e

a demanda a nivel

mundial. Polo momento, non parece apreciarse,

como xa se dixo, unha etapa de recuperación

sostida da economía mundial e rexional.

5.- Dada a importancia que na nova xeografía

da acumulación capitalista a nivel mundial adquiriron

os recursos naturais e considerando

que América Latina é unha rexión moi rica

neles, a crise revelou a importancia da loita por

tales recursos, así como a necesidade da defensa

soberana por eles. A loita polos recursos

inscríbese dentro das aspiracións históricas dos

traballadores e únese ás demandas de comunidades

e pobos ancestrais, indíxenas e afrodescendentes,

en defensa dos seus territorios e por

unha reorientación substancial da organización

económica da sociedade. Mentres que nalgúns

países a meirande parte das rendas que xeran

tales recursos son transferidas ás corporacións

transnacionais, noutros iniciáronse procesos de

apropiación e de xestión soberana, que abren

novas posibilidades para pensar estratexias alternativas

de desenvolvemento e integración na

rexión.

6.- A intensidade da crise así como as tendencias

de saída dela gardan unha estreita relación

coa situación e a dinámica da loita social e de

clases. Toda crise abre un amplo espectro de

posibilidades aos diferentes proxectos políticos

que se dan na sociedade. Se a saída da crise representa

unha reafirmación e prolongación dos

proxectos político-económicos capitalistas, ou

desenvolve opcións de proxectos non capitalistas,

democráticos e populares, ou mesmo socialistas,

iso depende esencialmente da acción

colectiva organizada dos traballadores e dos

pobos, como das súas forzas sociais, culturais e

políticas. A experiencia recente de América Latina,

anterior á crise capitalista, indica que a

loita social e popular pode producir cambios

políticos e económicos significativos a favor das

clases subalternas, como o mostran as experiencias

de Venezuela, Ecuador e Bolivia, que

se unen á da revolución cubana, cunha traxectoria

de cincuenta anos de heroica loita e resistencia.

7.- Nun inicio a crise parecía traer consigo un

cambio na tendencia da política económica neoliberal

predominante, ao momento que se che-


gou a falar de transformacións estruturais na

orde internacional e da fin da hexemonía estadounidense.

Na medida en que non se observa

até o momento unha importante mobilización

social e popular que poida poñer en cuestión a

estabilidade política do sistema capitalista, as saídas

que parecen imporse inscríbense dentro

dunha liña de continuidade, con medidas cosméticas

e de enxeñería financeira, cunha fortísima

intervención estatal que busca estabilizar

transitoriamente as condicións da acumulación

capitalista e xerar a confianza do gran capital

transnacional. Nese sentido deben entenderse as

operacións de rescate do sector financeiro e dalgunhas

transnacionais da produción dos países

do capitalismo central levadas a cabo con cargo

a recursos do orzamento público, recorrendo ao

aumento explosivo do endebedamento público,

e a continuada exacción de recursos provenientes

dos países da periferia capitalista. A iso súmase,

a decisión política de financiar a

estabilización relativa do dólar, así como a resurrección

do Fondo Monetario Internacional decretada

polo G-20. Todo iso, xunto con

diferentes medidas nos ámbitos nacionais, deu

un respiro conxuntural aos problemas da reprodución

capitalista, pero en momento ningún significa

que o sistema logre consolidar unha saída

da crise e moito menos unhas condicións estábeis

e duradeiras para un novo ciclo de acumulación

e expansión a escala planetaria. A crise

produciu polo momento unha profunda reorganización

do capital, acentuou os procesos de

concentración e centralización do capital, expropiou

o patrimonio de millóns de traballadores

no mundo e precarizou aínda máis o traballo.

As políticas até o de agora implementadas apenas

dan en suavizar e atrasar os impactos máis

fondos da crise.

8.- Independentemente da insuficiente resposta

das clases subalternas, a crise capitalista xera

obxectivamente novas condicións para a produción

de subxectividades e contribúe á (re)constitución

do suxeito político do cambio, que se fai

crucial para pensar e impulsar alternativas. Na

medida en que a crise atingue ao capitalismo e

fai evidentes os seus límites, aparecen novas as

posibilidades de promover propostas políticoeconómicas.

Nese sentido, todas aquelas inicia-

tivas tendentes a unha

democratización da

orde económica mundial

posúen o maior

significado e deben ser

acompañadas. Trátase,

por exemplo, de

propostas que buscan

contrapoñerse á hexemonía

do dólar, ou

propugnan por unha

regulación dos fluxos

de capital que lle impoña

límites á especulación

financeira e á

extracción de recursos

das economías da periferia

capitalista por

Independentemente da

insuficiente resposta

das clases subalternas,

a crise capitalista xera

obxectivamente novas

condicións para a

produción de

subxectividades e

contribúe á

(re)constitución do

suxeito político do

cambio, que se fai

crucial para pensar e

impulsar alternativas.

parte do gran capital transnacional, e que estimulan

a participación da comunidade internacional,

por exemplo a través do G-192. E, en

xeral, en múltiples iniciativas xurdidas en actos

académicos ou encontros de diversos sectores

sociais e populares na procura da construción de

proxectos alternativos de sociedade.

9.- No caso de América Latina, as saídas da crise

están fortemente ligadas aos proxectos políticoeconómicos

de goberno, en xogo durante a última

década nos diferentes países da rexión. En

primeiro lugar, atópanse as pretensións das clases

dominantes e a dereita latinoamericana de

utilizar a crise para impor un novo ciclo de reformas

neoliberais, que permita afondar na trans-

55

Mobilizacións contra o golpe de estado en Honduras


56

A crise capitalista

reafirma a importancia

para América Latina de

emprender

transformacións

estruturais que revertan

décadas de política

neoliberal e canalicen a

rexión cara á mellora

das condicións de vida

e de traballo da súa

poboación

nacionalización e a

desnacionalización das

economías, impoñer

un réxime de incentivos

extremos ao gran

capital e proseguir co

proceso de redistribución

regresiva dos ingresos,

en detrimento

da capacidade de consumo

dos traballadores.

Estas pretensións

asócianse á estratexia

xeopolítica de Estados

Unidos para América

Latina, orientada a recuperar as posicións perdidas

durante a última década, recorrendo mesmo

á maior militarización da rexión, tal e como o demostra

o acordo para o uso de sete bases militares

de Colombia por parte das forzas militares de

Estados Unidos. Ese é o razoamento que explica

o golpe militar en Honduras que condenamos

enerxicamente. En segundo lugar, atópanse os

proxectos políticos dos gobernos que, sen pretenderen

producir no substancial unha ruptura

explícita coas políticas neoliberais, promoven

certas mudanzas e novas énfases tanto en materia

social como en políticas de produción. Trátase

dos proxectos posneoliberais que se inscriben

dentro dunha liña neodesenvolvementista, confían

nas posibilidades do capitalismo produtivo

e nacional, con altos incentivos ao investimento

estranxeiro, e sen compromisos a fondo con políticas

redistributivas. En terceiro lugar, atópanse

os proxectos político- económicos dos gobernos

baseados nunha importante mobilización social

e popular, cunha vontade expresa de cambio, a

favor dunha ruptura coas políticas até o de agora

imperantes, en defensa dun proxecto de soberanía,

autodeterminación, e de novo entendemento

da economía e da integración das rexión e os

pobos. Nalgúns destes países, anunciouse a posta

en marcha de transformacións cara ao socialismo,

e avanzáronse importantes medidas nese

sentido. O destino de América Latina dependerá

de como o devir da loita social e de clases na rexión

canaliza as economías e sociedades latinoamericanas

nunha ou outra dirección. Para os

sectores progresistas posúe o maior significado

que se poidan consolidar os proxectos máis comprometidos

coas transformacións e o cambio a

favor das maiorías populares.

10.- A crise capitalista reafirma a importancia

para América Latina de emprender transformacións

estruturais que revertan décadas de

política neoliberal e canalicen a rexión cara á

mellora das condicións de vida e de traballo da

súa poboación, que contribúan a impor unha organización

da economía para atender as necesidades

sociais, económicas, políticas, culturais e

socioambientais da poboación traballadora, en

harmonía co ser humano e a natureza, que impulse

procesos de integración tendentes a superar

enfoques simplemente comerciais e

incorporen presupostos de solidariedade, cooperación,

complementariedade e internacionalismo,

e contribúan a reforzar as condicións de

soberanía e autodeterminación da rexión, así

como pola lexítima procura dunha nova orde

económica internacional, democrática e incluínte,

que lle permitan a América Latina desenvolver

unha maior capacidade de incidencia

nos deseños de política internacional. Nese

sentido, os 200 anos de loita pola emancipación

social e a independencia adquiren novos

contidos ante a experiencia de cambio político

que percorre a rexión para enfrontar a crise capitalista

revertendo a ecuación histórica de beneficiarios

e prexudicados asegurando soberanía

alimentaria, enerxética e pleno exercicio da

vontade popular.


Políticas anticrise:

actores e perspectivas

Exposto o abano de posíbeis horizontes para

saír da crise, queremos agora achegarnos ás políticas

que efectivamente se están levando a

cabo para paliar os seus efectos. Nese sentido,

cómpre lembrar que, aínda que a eclosión inicial

ten causas de índole financeiras e especulativas,

a realidade é que hoxe en día existe

unha multiplicidade de frontes críticas entre os

que se contan a crise climática, produtiva, social,

ambiental. Do carácter global da crise conclúese

que non resulta nin plausíbel nin efectiva

unha solución focalizada. É preciso un cambio

rotundo que teña como eixo o modo de produción

capitalista.

Nese sentido afirmamos que aínda que é imperioso

recoñecer a estratexia global do capital,

cómpre favorecer unha visión conxunta, tendo

en conta tamén as accións de resistencia e alternativa

desenvolvidas. Trátase entón de deixar

de lado a fragmentación do coñecemento e

da realidade, tan funcional ao actual modelo de

acumulación. Polo tanto, tentaremos aquí determinar

cales son os actores e as estratexias

históricas e conxunturais que se poñen en xogo

neste contexto de crise global

Estado e mercado como relación social

Vimos sostendo que para ordenar as relacións

sociais de explotación a nivel mundial, o capital

transnacional segue unha estratexia de saqueo,

explotación e violencia. Para iso precisa da colaboración

dos Estados nacionais, dado que coa

súa actuación aseguran que o acontecer diario

siga o curso suxerido. Nada do que ocorre nas

relacións entre capitalistas e traballadores sucede

sen a actuación concreta dos Estados. É

unha afirmación válida nas mutacións das relacións

no ámbito das empresas, como no conxunto

social. Sen o Estado e os seus medios

represivos non pode entenderse o disciplinamento

do movemento de traballadores en cada

un dos países e a escala global, máis aló de resistencias

particulares, parciais conquistas e reconquistas

de determinados traballadores

nalgunha parte do planeta. Pero tamén debe

mencionarse a actuación

propagandística e

ideolóxica dos Estados

para facer normal as

demandas do capital

no conxunto da sociedade.

As formas da

violencia non remiten

só ao uso das armas e

a represión física, senón que tamén se acode á

violencia moral da chantaxe e a manipulación da

conciencia social para naturalizar a orde vixente

e as novas formas que asume a explotación.

Contrariamente ao que algúns sosteñen, actualmente

non hai menos Estado, senón que

ocorre un cambio de funcións dos Estados nacionais.

Deste xeito, non resulta acaído contrapoñer

o “mercado” ao Estado como tendencias

contrarias. Ambas as categorías, “mercado” e

“Estado”, son conceptos en relación, implican

relacións sociais e como tales son contraditorias

e expresan determinados intereses de

“clase” no capitalismo. Así, é o propio Estado o

que propón e conduce a mercantilización capitalista

da sociedade. Só entre parénteses habería

que dicir que é necesario estudar a proposta

do Estado en China, orientada a mercantilizar o

socialismo, o que require un debate político e

teórico que vai alén das nosas motivacións nestas

reflexións. O Estado resulta imprescindíbel

para canalizar con éxito a ofensiva global do capital.

En efecto, son os Estados os que están

dando unha nova forma á orde mundial pretendida.

Desde a Constitución europea, que in-

57

Contrariamente ao que

algúns sosteñen,

actualmente non hai

menos Estado, senón

que ocorre un cambio

de funcións dos Estados

nacionais.

Contentores no porto de Vigo


58

A tendencia á clúe por certo o seu

transnacionalización do capítulo económico liberalizador,

ao ALCA

capital mantén, en

ou calquera tratado

territorios nacionais, o comercial e de investi-

seu ámbito de impulso mentos, é negociado

e de toma de decisións. polos Estados. Son os

Estados os que disputan

entre si a radicación de investimentos de

capital e non dubidan para iso en outorgar

todas as facilidades demandadas para a súa

atracción, tanto fiscais, monetarias, crediticias,

como reformas regresivas do réxime laboral.

Existe, ademais, un armazón articulado de vellas

e novas organizacións globais, desde os organismos

financeiros internacionais e o sistema

xeral de Nacións Unidas, á Organización Mundial

de Comercio (OMC) e múltiples tratados bi

e multilaterais que negocian os Estados para

abrirlles espazo ás demandas de reestruturación

regresiva da orde global formuladas polo capital.

É dicir, os suxeitos das transformacións capitalistas

en curso, os capitais, na súa fase

transnacional recorren aos Estados nacionais

para modelar á súa demanda específica a orde

social global. É curioso, pero na época da transnacionalización

do capital, este segue recorrendo

a formas nacionais de empurrar a súa

estratexia, e nese lugar atopa unha nova función

para o Estado Nación. Se este foi fundamental

para consolidar a acumulación orixinaria do capital

en cada país, hoxe é necesario para asegurar

unha expansión internacional deses capitais

nun contexto de crise. A loita entre os capitais

preséntase no mercado e conta con axuda do

poder do Estado Nación do país de orixe de cada

capital, que pretende disciplinar a lei do valor.

Non é un tema novo, pois coñecémolo desde a

existencia do imperialismo, onde a lei do valor

se abría camiño favorecendo a ganancia de monopolio.

Xa non se trata da libre competencia,

senón da existencia dominante do monopolio

que impón condicións e prezos, e que por iso se

apropia dunha cota maior de plusvalía que a xerada

no seu seo, mesmo por riba da ganancia

media. O Estado é clave no sostemento da estratexia

de acumulación dos capitais.

A tendencia á transnacionalización do capital

mantén, en territorios nacionais, o seu ámbito

de impulso e de toma de decisións. É desde os

Estados Nación desde onde se continúa exercendo

o “imperialismo”. Polemizamos xa que

logo coas concepcións que aluden ao “imperio”

como unha nova forma de exercicio da dominación

do capital. Existe polo tanto o dobre

desafío dunha contestación á transnacionalización

nunha resistencia sen fronteiras, e ao

mesmo tempo a continuidade de loitas nacionais

contra o capital, os propios Estados e

mesmo á disputa e loita interestatal para afirmar

procesos de liberación social e nacional.

Os Estados e a súa articulación global.

O caso do G20

Das guerras mundiais do século XX, crise do 30

mediante, emerxeu unha orde mundial bipolar

que entrou en crise a comezos dos anos 70. Lembremos

que o goberno estadounidense declarou

a non convertibilidade do dólar en 1971 e con iso

rachou unilateralmente os acordos monetarios

de Bretton Woods. A partir dese momento, e

para se ocupar da orde mundial en crise, xorde,

desde a perspectiva capitalista, o selecto Grupo

dos 7 -conformado por Estados Unidos, Canadá,

Alemaña, Inglaterra, Francia, Italia e Xapóncomo

conxunto “ordenador” do sistema financeiro

e económico mundial. Coa derruba da

Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas

(URSS) e a fin da bipolaridade, incorpórase

Rusia ao agora Grupo dos 8 (G7 máis Rusia).

Pola súa banda, o G2044 é produto da crise,

creouse no ano 1999, co fin de discutir as secuelas

das crises, mexicana, asiática e brasileira,

que golpearon o planeta durante a

última década do século pasado. É dicir, que

este conclave emerxe -como consecuencia da

xeneralización das crises. Por que o afirmamos?

É que orixinariamente, o G20 era un

conclave ministerial, isto é, unha reunión dos

ministros de facenda e finanzas dos países

membros que se convocaba bianualmente.

Porén, esta situación modificouse coa caída de

44 Lembremos que o G20 está integrado polos seguintes países:

EEUU, Canadá, Alemaña, Inglaterra, Francia, Italia, Xapón, Rusia,

Arabia Saudita , Arxentina, Australia, Brasil, China, India, Indonesia,

México, República de Corea, Sudáfrica, Turquía e a Unión Europea.


Lehman Brothers -entidade emblemática da

especulación financeira contemporánea- en

setembro de 2008. Entón, a Unión Europea

deu en solicitar ao goberno de George W. Bush

que cite o G20, agora como “cumios presidenciais”,

convocando os primeiros ministros dos

estados membros en novembro de 2008.

Queda claro que o Grupo dos vinte, como o coñecemos

hoxe, é produto da insostíbel situación

económica e financeira que provoca a

bancarrota de importantes e diversas entidades

financeiras. Nace para restaurar as condicións

de acumulación capitalistas nun contexto global

de desastre económico.

Desde o ano 2008 á actualidade o G20 realizou

catro Cumios presidenciais que tiveron lugar en

novembro de 2008 en Washington, en abril

2009 en Londres, en setembro dese mesmo ano

en Pittsburg e en Toronto o 26 e 27 de xuño de

2010. Está prevista unha reunión en Corea no

mes de novembro de 2010.

No interregno entre cada xuntanza, o G20 funciona

en catro grupos de traballo45 , a saber: o

correspondente á regulación e transparencia;

outro encargado da área de cooperación internacional

e integridade do mercado financeiro; o

que traballa para xerar reformas no Fondo Monetario

Internacional; e para rematar o grupo

de traballo que se dedica ás cuestións inherentes

ao Banco Mundial e outros bancos multilaterais

de desenvolvemento.

O primeiro que se arroga a tarefa de regular o

mercado financeiro e velar pola súa transparencia,

está composto polos seguintes organismos

internacionais: o Foro de Estabilidade

Financeira (FSF, polas súas siglas en inglés), a

Organización Internacional de Comisións de

Valores, o Comité de Supervisión Bancaria de

Basilea; a Asociación Internacional de Supervisores

de Seguros, a Xunta sobre Normas Internacionais

de Contabilidade; o Fondo Monetario

Internacional e o Banco Mundial. O obxectivo

central deste grupo de traballo é avaliar e regular

as entidades financeiras, mellorando o sistema

e fortalecendo a transparencia.

45 Información extraída do sitio de internet oficial do conclave:

www.g20.org

Entrementres, no marco do segundo grupo dedicada

á área de cooperación internacional e integridade

do mercado financeiro, realízanse

traballos coordinados entre o FMI e o FSF; entre

os cales se contan as “leccións sobre a crise” que

emitiu o Fondo Monetario tanto no ano 2005

como no 2010. O obxectivo desta comisión de

traballo é a procura dunha mellor cooperación

internacional baseada na regulación e supervisión

das entidades e mercados financeiros.

Pola súa banda, o terceiro grupo ten por obxecto

ampliar o capital e a capacidade de empréstitos

do Fondo Monetario, modificando as

cotas de decisión no seu interior.

Para rematar, a comisión relativa ao Banco

Mundial e outras entidades multilaterais de crédito,

oriéntase a actuar contra o ciclo económico

decrecente outorgando empréstimos. A súa actividade

está impul-

sada polo temor á

“xeneralización da pobreza”.

Os medios que

utiliza para desenvolver

o seu obxectivo

son o fortalecemento

dos bancos rexionais

(asiático, interamericano,

islámico, africano

e europeo) e o

“alivio” da débeda dos

países máis pobres.

En termos xerais, as

propostas do G20

59

Reunión do G-20 en Londres

En termos xerais, as

propostas do G20 están

dirixidas

principalmente a

manter políticas

anticíclicas para salvar

as corporacións

transnacionais

financeiras e

industriais, é dicir,

continuar relegando a

cuestión social.


60

están dirixidas principalmente

a manter políticas

anticíclicas para

salvar as corporacións

transnacionais financeiras

e industriais, é

dicir, continuar relegando

a cuestión social.

Ao mesmo tempo

oriéntanse a fortalecer o Fondo Monetario Internacional

e o Banco Mundial sen modificar –

nin que falar de cuestionar- os seus roles. En

síntese o conclave dos 20 países “industrializados

e emerxentes” pretende manter e fortalecer

a arquitectura financeira mundial regresiva vixente,

ratificando o rumbo da liberalización e

avalando as conclusións da Rolda de Doha. De

aí se entende que subscriban un acordo que reza:

Mantemos a apertura, a liberdade dos mercados

e reafirmamos os compromisos asumidos

en Washington e en Londres:

absterémonos de poñer obstáculos aos investimentos

ou aos intercambios de bens e de

servizos ou de impoñelos de novo, (en fin)

loitaremos contra o proteccionismo. 46

A tan repetida

“democratización”

proposta a partir da

ampliación do grupo a

vinte membros, resulta

irrisoria, xa que silencia

o “resto do mundo”

Os Estados que conforman o G20 confían daquela

na rehabilitación do sistema financeiro e

na autorregulación dos mercados, base da ideoloxía

neoliberal. Nese sentido, están convencidos

de que:

Estamos construíndo un sistema financeiro

máis resistente que sirva aos intereses das

nosas economías, reduza o risco moral, límite

a acumulación de risco sistémico e

apoie un crecemento forte e estábel. Fortalecemos

o sistema financeiro ao reforzar a supervisión

previa, mellorar a xestión do risco,

promover a transparencia, reforzar a cooperación

internacional. Acadamos moito (…)

Pero hai máis traballo por facer (…) 47

Ao mesmo tempo, é preciso sinalar que en

2009 o G20 permitiu a ampliación da capaci-

46 Resolucións da Reunión do G20 en Pittsburgh, 25 de setembro

de 2009. Dispoñíbeis en: http://www.g20.org/Documents/pittsburgh_summit_leaders_statement_250909.pdf

47 Declaración final do cumio de Toronto do G20; 26 e 27 de xuño

de 2010. Dispoñíbel en: http://www.g20.org/Documents/g20_declaration_en.pdf

.

dade de empréstitos do FMI a 750.00 millóns

de dólares, dos cales Brasil achegou 10.000 millóns

de dólares e China outros 50.000 millóns.

Así mesmo autorizou o incremento dos Dereitos

Especiais de Xiro (DEG) a 250.000 millóns de

dólares. Os DEG intégranse ás reservas internacionais

de cada país en función da cota no FMI.

Todos eles constitúen mecanismos para inxectar

liquidez a fin de favorecer a sustentabilidade

dos pagos de débeda e evitar maiores impactos

financeiros da crise na economía mundial.

Así, coincidimos coa rede global ATTAC quen

afirma que este grupo de países pretende “tan

só salvagardar as ferramentas financeiras globais

controladas por organismos fracasados e

tremendamente deslexitimados polos pobos,

en especial os do Sur.” 48 Tamén o G20 anuncia

a “retirada do G8 para promoverse como o

novo goberno da economía mundial, deixando

marxinada a unha gran parte da humanidade, a

que é máis pobre”. 49

Así a tan repetida“democratización” proposta a

partir da ampliación do grupo a vinte membros,

resulta irrisoria, xa que silencia o “resto

do mundo”: unicamente os estados membro

son capaces de xestionar a crise financeira. Un

interrogante que formulamos é por que non se

avanza en consolidar o G192, é dicir incluír na

discusión o conxunto de países que conforman

as Nacións Unidas. Tal convocatoria realizada

pola Presidencia da Asemblea en xuño 2009

non tivo a repercusión dos sucesivos encontros

do conclave citado polo G20.

Resulta interesante salientar tamén que no último

cumio presidencial en Toronto, non só

non se chegou a ningún acordo transcendental

senón, o que é máis grave, culminou cun saldo

de 600 detidos entre miles de manifestantes

custodiados por 20.000 axentes de seguridade.

A represión é fiel reflexo dos resultados da natureza

destes cumios selectos que toman decisións

ás costas dos pobos. A inocua declaración

48 Comunicado da Asociación por un Tributo ás Transaccións financeiras

e de Axuda ao Cidadán, ATTAC-España; “El G20 no

puede dar más de sí. Entendemos que tampoco lo pretende”; 29 de

setembro de 2009.

49 Comunicado de ATTAC Francia; “O G20, tres veces cero e novas

gesticulaciones en balde”; 28 de setembro de 2009.


final do encontro resulta de posicións encontradas.

Así, desde Europa, epicentro da crise na

conxuntura, sostíñase a necesidade do axuste

para retomar competitividade e retomar o camiño

para a obtención de ganancias e o ciclo de

acumulación para a dominación. Mentres,

desde EEUU reclamábase continuidade no rescate

empresarial, con estímulos estatais, para

soster o nivel de actividade económica. Finalmente

houbo “empate” e acordouse unha redución

dos déficits fiscais contra o 2013 e que

cada quen sosteña os estímulos en cada país.

Ao final, trátase de solucións nacionais (anárquicas)

para problemas de índole mundial.

Mesmo Paul Krugman, premio Nobel de Economía

en 2008, nun recente artigo advirte que

asistimos á terceira gran depresión na historia

do capitalismo: a “longa depresión” iniciada en

1874, a “gran depresión” de 1930 e a actual, cun

“custo para a economía mundial e, sobre todo,

para os millóns de vidas golpeadas pola falta de

emprego que será enorme. E esta terceira depresión

será, primordialmente, un “erro de política”

50 . Os dirixentes reunidos en Toronto

parecen non sintonizar nese sentido e xa preparan

un próximo cumio en Seúl en novembro,

mentres a crise aumenta o desemprego e a pobreza

na maioría da poboación mundial.

En contraposición ao exposto, proseguen as

reunións paralelas do movemento popular rexional

e mundial, que deben definir un proxecto

alternativo ao capitalismo, tomando a

crise como oportunidade. Os movementos sociais

pretenden participar no debate a fin de

que non se reincida en promover un formato de

arquitectura financeira propio do ciclo anterior.

Trátase da discusión por unha Nova Arquitectura

Financeira da orde rexional e internacional,

que traballa pola redefinición do para que?

e para quen? do financiamento.

O Banco do Sur e o Banco do ALBA (Alianza Bolivariana

para os Pobos da nosa América) son

respostas orixinais á crise. Ambas as institucións,

segundo os seus estatutos fundacionais,

apuntan ao financiamento para o desenvolvemento

e á eliminación das asimetrías rexionais.

50 Krugman Paul; “El mundo ante la tercera depresión”; diario La

Nación; 29 de xuño de 2010.

Outro desenvolvemento alternativo é o Sistema

de Pagamentos en Moedas Locais (SML) entre

Brasil e Arxentina, que favorece a compensación

con moedas locais do comercio bilateral, deteriorado

pola crise iniciada en 2007. Por medio

do SML, os exportadores e importadores cobran

e pagan en moeda local a través dos bancos adheridos

ao sistema. É un réxime voluntario que

pretende estenderse ao conxunto dos países

membros do MERCOSUR. Este sistema de compensación

pode ser comparábel co S.U.C.RE.,

Sistema Único de Compensación Rexional;

porén, existen diferenzas. Aínda que este último

tamén supón liquidar saldos comerciais con

moeda local, no SML cancélanse finalmente en

dólares, mentres que no S.U.C.RE. se pretenden

manter as cancelacións en moedas locais, e

mesmo constituírse co tempo en moeda rexional.

O exemplo é útil para evidenciar as tendencias

contraditorias que coexisten na actualidade.

O G20 traballa para restablecer a orde global,

mentres que outras

experiencias poden

avanzar nun sentido

alternativo.

O noso traballo tenta

fundamentar os camiños

alternativos. É

momento de implicármonos

como pobo e

como parte do movemento

social para que

o asunto financeiro

non quede en mans de

61

Protesta contra o G-20 en Toronto

O Banco do Sur e o

Banco do ALBA son

respostas orixinais á

crise. Ambas as

institucións, segundo os

seus estatutos

fundacionais, apuntan

ao financiamento para

o desenvolvemento e á

eliminación das

asimetrías rexionais.


62

técnicos, funcionarios ou tecnócratas, senón que

a participación social sexa parte substancial das

definicións a prol dunha nova institucionalidade

na rexión.

Punto de inflexión política?

Evo ou Piñera?

No marco dos horizontes posíbeis para saír da

crise en Latinoamérica dáse un debate conxuntural

no plano político referido á existencia ou

non dun punto de inflexión na política rexional

por mor da elección de Sebastián Piñera en

Chile. A discusión non é menor neste contexto

dado que a conclusión á que se chegue pode determinar

o rumbo proposto para a saída da

crise.

Co resultado electoral da segunda volta en Chile

en xaneiro de 2010, abriuse o interrogante

acerca de se existe un punto de inflexión na tendencia

política que se presentaba na última década

en América Latina e o Caribe. Con todo, e

para ser ecuánimes, non debemos esquecer a

existencia dun feito simultáneo como o é a

asunción no goberno de Bolivia, do dúo Evo

Morales e Álvaro García Linera para un segundo

período. Non deixa de ser un interrogante

saber por que pesa máis nalgunhas

reflexións o feito de que asuma a presidencia o

millonario pinochetista, Sebastián Piñera, no

goberno do país trasandino, que a renovación

con aires de radicalización que desenvolven os

veciños do altiplano, agora que definen o seu

rumbo polo “socialismo comunitario”.

En todo caso, o interrogante é sobre que pesará

máis no debate político e ideolóxico rexional,

no clima de época, se o capitalismo exacerbado

do dereitista chileno, ou a opción socialista do

goberno popular boliviano.

Se hai punto de inflexión é que a tendencia se

modifica. Hai ou haberá cambio de rumbo? Hai

ou haberá restauración conservadora? Para

responder os interrogantes hai que trasladarse

no tempo e pensar en períodos máis longos,

precisamente o que determina a orixe das políticas

hexemónicas das últimas catro décadas.

Así, en Chile co golpe xenocida de 1973 faise

manifesta a xigantesca ofensiva do capital

sobre o traballo, a sociedade e a natureza.

Quero salientar que a inflexión foi o golpe pinochetista,

pois a tendencia daqueles tempos

era favorábel á necesaria construción doutro

sistema internacional de relacións sociais. O

mundo era bipolar e con contradicións manifestábase

unha fortísima acumulación de poder

popular co imaxinario socialista, as loitas dos

traballadores e os pobos que estaban nas mobilizacións

dos 60 e 70, no triunfo do pobo vietnamita

e na caída da taxa de ganancia do

capital ante o xigantesco nivel de resistencia e

organización dos traballadores nos países capitalistas

de todo o mundo. Desde ese punto de

apoio e amparado no Terrorismo de Estado, a

tendencia global mudou cara ás políticas reaccionarias

hexemónicas dos 90, onde as ideas da

“escola de Chicago” deron en impoñerse.

É un proceso potenciado coa caída do leste de

Europa e a obstaculización na subxectividade

popular para pensar na posibilidade socialista.

O mundo fíxose capitalista por excelencia, até o

punto de abeirar teorizacións como as da “fin

da historia”.

A resistencia á iniciativa política do capital (neoliberalismo)

construíu a expectativa latinoamericana

do primeiro decenio do século XXI e

fixo posíbel hai apenas un lustro a reivindicación

do socialismo como proposta de solución para

os problemas dos pobos. Primeiro en Venezuela

falouse de “socialismo do século XXI” e agora en

Bolivia de “socialismo comunitario”. En boa lóxica,

iso se explica en boa medida polo medio século

da experiencia socialista en Cuba. O caso é

que os tres países protagonizan xunto a outros

catro (Nicaragua, Honduras, Dominica e Ecuador)

unha interesante e desafiante experiencia

de integración, a Alianza Bolivariana para os

Pobos da nosa América (ALBA). Son estes os

protagonistas destacados do cumio de Copenhague

que non reclamaron un lugar no produtivismo

capitalista, senón que identificaron como

responsábel da crise climática o capitalismo.

Máis aló dos adxectivos (“do século XXI” ou “comunitario”)

con que se cualifiquen os rumbos

sociais definidos, o socialismo volve á axenda da

rexión e do mundo da man dos que fan o ALBA.

Se a realidade é a crise da economía mundial e

a resposta que explica a recuperación econó-


mica dos principais países capitalistas se sustenta

nun 10% de desempregados estadounidenses

e cifras alarmantes de desemprego,

empobrecemento e fame en todo o planeta, fica

claro que a saída capitalista da crise se sustenta

en maior explotación da forza de traballo mundial.

A inflexión empezou coa visíbel acción colectiva

dos pobos que constrúen, con limitacións

enormes, a práctica do “outro mundo posíbel”.

É unha realidade irreversíbel? A caída do socialismo

real ensínanos que non existe irreversibilidade,

que a loita de clases existe máis aló

da vontade e que vencer a ofensiva capitalista

lanzada na crise dos 70 require moito máis que

vontade ou discurso de transformación social.

Para iso, necesítase potenciar suxeitos conscientes

que loiten por dar unha saída anticapitalista

á crise da economía mundial no noso

tempo. Nesta definición radican os límites de

proxectos políticos que ao non tentar a superación

do capitalismo, condenan os seus intentos

transformadores (no caso que os houbese) á lóxica

do réxime do capital en tempo de transnacionalización.

En todos os países da rexión en

que se xerou expectativa de cambios progresistas

discutiuse e discútese como asegurar unha

herdanza política transformadora no plano institucional.

En síntese, non hai inflexión cara á dereita na

rexión co triunfo de Piñera, aínda que se é

obvio que triunfou nos comicios o proxecto explícito

da dereita política chilena. É bo preguntar

e afondar nas causas que motivaron ese

resultado e mesmo no carácter dos gobernos da

concertación. Iso non supón pensar en construcións

de “socialismo máxico”, da noite para

a mañá. Como di Álvaro García Linera, a perspectiva

pode levar anos ou séculos. Pero o que

non pode facerse é esquecer deliberadamente a

perspectiva anticapitalista e polo socialismo. É

unha cuestión máis aló da disputa institucional

e asóciase ao poder popular.

A inflexión vén pola reinstalación da crítica ao

capitalismo e a formulación do obxectivo socialista.

Non é un rumbo irreversíbel e menos

maioritario, pero é unha realidade.

Organizar a subxectividade para

disputar poder popular

Neste marco de crise estrutural, é ben sinalarmos

a coexistencia de dous escenarios. Dun

lado, a coordinada actuación entre as empresas

transnacionais e os Estados nacionais capitalistas

-incluíndo os de América Latina: México,

Brasil e Arxentina- en favor de reconstruír a orde

mundial liberalizadora. Do outro, sitúanse os

pobos, principais prexudicados das políticas regresivas

inmanentes a esa orde socioeconómica.

O seu desconcerto ante a crise non impide que

avancen, aínda que desorganizados e fragmentados,

cara ás iniciativas políticas máis audaces

para transformar a realidade. Pero aínda así:

canto participan os movementos populares no

Banco do ALBA, ou no ALBA como proxecto integral

de liberación? Son preguntas para considerar

criticamente os novos instrumentos que a

práctica política transformadora está xestando.

Os pobos son os que teñen que impulsar as iniciativas.

América Latina e o Caribe teñen hoxe

500.000 millóns de dólares en reservas internacionais.

Continuarase financiando o capitalismo

en crise? Pódense aplicar a destinos soberanos?

Bolivia fixo esforzos xigantescos, acumulando reservas

internacionais nun montante de 9.000

millóns de dólares; as cales, en termos proporcionais

superan as reservas que China ten en relación

co seu PIB. Porén, este respaldo non

garante que unha acción especulativa xere unha

situación de pánico sobre a moeda boliviana e

desestabilice a economía e o goberno do Altiplano.

Cantas reservas internacionais fan falta

para que un país como Arxentina, Bolivia, Brasil

ou Paraguai non sexa obxecto dunha especulación

financeira? Non é tempo de pensar en mecanismos

de uso compartido deses recursos?

Eses fondos manteranse investidos en bonos do

Tesouro de Estados Unidos ou prestándolle ao

FMI? Son interrogantes

para formular unha

aplicación creativa destinada

a satisfacer necesidades

sociais non

resoltas nos nosos países.

É probábel que iso

nos conduza a outros

63

Non estamos propondo

o illamento de América

Latina, senón incitando

a propiciar un maior

vínculo con África, Asia

e cos pobos pobres do

norte.


64

interrogantes analizados. Non será que hai que

cuestiona o capitalismo como sistema ordenador

da nosa sociedade? Pensar en medidas anticapitalistas

e crear unha orde poscapitalista?

América Latina e o Caribe teñen todas as condicións.

E que quede claro que non estamos

propondo o illamento de América Latina, senón

incitando a propiciar un maior vínculo con

África, Asia e cos pobos pobres do norte. Porque

a partir da iniciativa diversa, creativa e alternativa

dos pobo se ergue o poder popular, é

dicir, o exercicio lexitimo da autodeterminación

dos pobos.

Neste inicio do século XXI resulta doado o

pesimismo sobre as perspectivas futuras dun

socialismo de poder social; pero é importante

lembrar que en todo o mundo se están

ensaiando moitas desas propostas. Existen

experimentos, estanse construíndo continuamente

novas institucións (e tamén, desgraciadamente,

destruíndo) nos intersticios

das sociedades capitalistas, e de cando en

vez prodúcense vitorias políticas nas que o

Estado pode colaborar no proceso de innovación

social. Constantemente xorden novas

formas de poder social. Non sabemos cales

poden ser os límites de tales experimentos

parciais e fragmentarios e da innovación no

capitalismo: o poder social pode quedar en

último termo restrinxido ás marxes, ou pode

haber moita máis capacidade de manobra.

Pero o que é seguro é que aínda non chegamos

a eses límites51 .

Está claro que o tema queda aberto á riqueza

inconmensurábel da creatividade

social.

51 Ollin Wrigth, Erik; Los puntos de la brújula. Hacia una alternativa socialista; “New Left Review” Nº 41; Madrid, Ed. Akal, novembro/decembro

2006; páx. 109.


Capítulo 5

A arquitectura económica, social, institucional

e financeira da “outra economía”

Introdución

Pensar en termos de economía alternativa

supón reflectir acerca de que a “economía” é

Economía Política e por iso un campo de conflito,

de relacións sociais na produción, distribución,

intercambio e consumo de bens e

servizos. Como tal, é un ámbito de contradicións

e confrontacións. Aludimos a unha orde

socioeconómica e iso implica a dupla de satisfacción/insatisfacción

con esa orde, de beneficiarios

e prexudicados. O alternativo leva a

pensar noutra orde, con outra lóxica e outros

beneficiarios e prexudicados. Iso supón loita,

desacordo, experiencias, proba e erro; pero

tamén reflexión que intenta facer síntese teórica

de prácticas sociais, económicas e políticas

para a transformación social.

Todo o pensamento crítico e as propostas de

construción alternativa foron formuladas a

contracorrente e por iso deberon e deben batallar

para lexitimar as súas posicións. A realidade

da nosa América na primeira década do

século XXI outorga lexitimidade a procesos de

cambio que intentan movementos sociais e gobernos,

mesmo desafiando a institucionalidade

na rexión. Así, a diversidade e dispersión do

mapa latinoamericano devén contraditoriamente

nunha gran fortaleza e nun importante

escollo a superar para construír a outra economía.

A multiplicidade de proxectos e procesos

latinoamericanos impiden falar dunha orientación

unívoca.

Tipos de organización económica

A nivel institucional obsérvanse cambios efectivos

na orientación das políticas oficiais dos

países, expresados no abandono da prédica

pola liberalización que imperaba na década pasada.

Así o expresan a experiencia do MERCO-

SUR ampliado co ingreso de Venezuela; a

rexión Andina con Bolivia e Ecuador principal-

mente; Centroamérica, especialmente en Nicaragua

e Guatemala; e por suposto no Caribe coa

xesta histórica cubana. Sendo iso certo, non é

menos real que existen especificidades que diferencian

notabelmente cada experiencia e xa

que logo non resulta idéntico o balance a realizar

en materia de modificacións no ámbito da

economía (estrutura económica e social) e da

política económica (fiscal, monetaria, produtiva).

Cada país ten unha formulación para

identificar o seu proceso local e con iso queremos

salientar o carácter aínda nacional da experiencia

actual na rexión, máis aló dalgunhas

iniciativas con pretensión de articulación global

ou rexional, tal como o ALBA e outras que

promove Venezuela na súa privilexiada asociación

con Cuba; pero tamén outras inspiradas

desde Brasil para recrear un papel de liderado

rexional. No plano institucional resta moito por

percorrer para articular unha proposta común

e con dirección unificada con perspectiva

emancipatoria, sendo salientábel o camiño emprendido.

Pero aínda no plano de cada país é diferenciada

a vocación e actitude para a promoción de

novas formas de organización económica. Persiste

nalgunhas posicións unha concepción estatalista

da orde económica social. Nesa

65

Reunión do Mercosur no Paraguai


66

Persiste nalgunhas

posicións unha

concepción estatalista

da orde económica

social. Nesa variante é

de salientar o carácter

privado das formas

asociativas,

privilexiando un

enfoque xurídico, máis

que social ou

económico.

variante é de salientar

o carácter privado das

formas asociativas,

privilexiando un enfoque

xurídico, máis

que social ou económico.

O tema é importante

porque supón a

discusión sobre a orde

alternativa, é dicir,

que construcións sociais

son factíbeis de

ser consideradas na

perspectiva de transformación

social. As

formas comunitarias asócianse maiormente á

tradición e historia dos pobos orixinarios, de

maior incidencia nalgúns dos nosos países (Bolivia).

As formas asociativas e cooperativas

están asociadas á inmigración, principalmente

europea, nalgúns países da rexión (por exemplo

Arxentina e Uruguai), claro que cunha nova

significación dunha práctica máis que centenaria

de organizacións solidarias no noso continente.

O comunitario e o asociativo non

lucrativo está interrelacionado no desenvolvemento

de variadas experiencias, pero diferenciámolos,

non só polas especificidades, senón

porque responden a dúas lóxicas de civilización

(en orixe) diferentes. Insistimos en que se alude

ás experiencias que asumen ou pretenden asumir

un papel transformador e que, por iso, a

iniciativa económica en cuestión é parte da militancia

social e económica cotiá. O obxectivo

por satisfacer necesidades de reprodución da

vida cotiá complétase cunha valoración do asociativo

para a reprodución e transformación social.

Enfaticamente, sinalamos que non se trata

de englobar a todo o estatal, cooperativo ou comunitario.

Só incluímos na nosa reflexión a

porción, se cadra minoritaria, que protagoniza

esta “outra economía” con perspectiva de revolucionar

o tempo histórico.

Mais do mesmo xeito que existe o prexuízo cara

ás formas non estatais, dáse tamén unha situación

á inversa, onde o estatal se asocia a burocrático,

xerárquico e disociado do interese e o

protagonismo popular. É unha derivación do

desprestixio do Estado capitalista (pregoado

polo neoliberalismo), pero tamén do papel do

Estado no Socialismo. En rigor, o cuestionamento

non é unicamente respecto do Estado,

senón tamén da política, nunha asociación de

Estado con sociedade política e os seus protagonistas:

os partidos ou os seus representantes.

Confúndese así o negativo impacto da profesionalización

(de caste) da política nos réximes

parlamentarios desenvolvidos nas nosas sociedades

capitalistas, o que contribuíu á xeración

dun marcado apoliticismo e a tendencia de grupos

e movementos a concentrar a súa actuación

en pequenas comunidades, rexeitando toda posibilidade

de incidir en transformacións xerais.

Unha parte do considerado movemento autonomista

asume unha crítica xeneralizada a calquera

Estado, sen diferenciar o carácter

relacional e de clase contido no seu seo e polo

tanto a disputa no seu interior e as hexemonías

que se establecen na condución dos asuntos estatais.

A posición a manter tería que articular as diversas

expresións e formas de organización da

“outra economía”. Iso require de xustaposicións,

ensemblaxes e cooperacións entre formas

estatais, comunitarias e asociativas, todas

subordinadas ao exercicio soberano da vontade

popular, que se expresa mediante a toma de decisións

participativa do suxeito social popular

que constrúe as novas relacións sociais, esa

“outra economía”.

As novas constitucións e os

procesos constituíntes como

cristalización institucional da

organización popular.

Os procesos políticos máis radicalizados na rexión

(Venezuela, Bolivia, Ecuador) impulsaron

asembleas constituíntes para modificar o réxime

político, económico e social. É evidentemente

aí, unha decisión política orientada a

adecuar a institucionalidade xurídica que outorgue

legalidade a unha lexitimidade construída

desde o movemento popular. Pero o

proceso de discusión do poder constituínte

tamén se produce desde as organizacións populares

con diverso vínculo co Estado e os go-


ernos. Con iso remitimos ao Segundo Congreso

do Pobo52 convocado polo movemento

sindical uruguaio a fin de dotar ao reto por

unha nova sociedade dun programa de transformacións

sociais, nunha reprodución dun

imaxinario presentado hai catro décadas no

Primeiro Congreso do Pobo en Uruguai.

Tamén pode exemplificarse cos sucesivos encontros

e convocatorias do movemento político

e social por unha Constituínte Social que

realizou a Central de Traballadores Arxentinos53

para definir o programa de cambios para

resolver necesidades populares insatisfeitas

nese país.

Queremos manter unha formulación de poder

constituínte que articule as prácticas populares

de produción e reprodución da vida xunto ao ordenamento

xurídico que implica ao conxunto da

sociedade. Iso supón, nas condicións particulares

de cada país, a definición do papel e o límite

da organización estatal na orde económica; do

mesmo xeito que a definición dos sectores e

ramas da economía organizados baixo formas

asociativas ou compartidas entre o Estado e formas

de autoxestión ou coxestión. En todo caso,

o importante é a participación popular na toma

de decisións. Trátase dunha construción complexa

que require do estímulo ás prácticas democráticas,

participativas e conscientes de

administración colectiva de patrimonios sociais

que están máis aló dos grupos directamente implicados

na prestación dalgún servizo ou desenvolvemento

produtivo. Significa pensar nunha

dimensión global, integrada, os problemas a resolver

desde a “outra economía”.

O asunto asóciase á discusión sobre a propiedade,

o uso e posesión da terra, a explotación

agropecuaria baixo o deseño da soberanía alimentaria

e non da dependencia do agronegocio

proposto polas transnacionais dos alimentos, a

biotecnoloxía e o petróleo. Pero tamén se relaciona

coa definición do modelo produtivo a inducir,

orientado a satisfacer as necesidades da

52 II Congreso del Pueblo “Un pueblo, un congreso, toda la esperanza.

La causa de los pueblos no admite la menor demora”, realizado

durante os días 14, 15 e 16 de agosto de 2008. Información

dispoñíbel en: http://www.congresodelpueblo.org/

53 O último encontro masivo tivo lugar na Cidade de Neuquén durante

os días 20 e 21 de novembro de 2009. Máis información en

http://www.constituyentesocial.org.ar/.

poboación máis empobrecida, contradicindo o

rumbo actual de agresión á natureza para satisfacer

as demandas de sectores de maiores ingresos.

Trátase, á vez, dunha discusión sobre o

sistema financeiro a construír transformando o

actual asociado ao estímulo á especulación e á

concentración empresarial. Referímonos á disputa

polos recursos estatais para ser empregados

en plans de infraestrutura e vivenda que

atendan as necesidades da poboación empobrecida.

Abundando neste asunto, a Constitución ecuatoriana

aprobada por referendo constitucional

en setembro de 200854 , establece os principios

67

Constituínte Social na Arxentina

Congreso do pobo, Uruguai


68

Escudo do Ecuador

xerais do “réxime de desenvolvemento”, o cal

define como “o conxunto organizado, sostíbel e

dinámico dos sistemas económicos, políticos,

socio-culturais e ambientais, que garanten a realización

do bo vivir, do sumak kawsay” (artigo

Nº 275). A seguir, lese que:

o réxime de desenvolvemento terá os obxectivos

de: 1. Mellorar a calidade e esperanza

de vida, e aumentar as capacidades e potencialidades

da poboación no marco dos principios

e dereitos que establece a Constitución.

2. Construír un sistema económico, xusto,

democrático, produtivo, solidario e sostíbel,

baseado na distribución igualitaria dos beneficios

do desenvolvemento, dos medios de

produción e da xeración de traballo digno e

estable. 3. Fomentar a participación e o control

social, con recoñecemento das diversas

identidades (…) 4. Recuperar e conservar a

natureza e manter un ambiente san e sustentábel

que garanta ás persoas e colectividades

o acceso equitativo, permanente e de calidade

ao auga, aire, solo e aos beneficios dos

recursos do subsolo e do patrimonio natural.

55

54 Texto completo dispoñíbel en

http://asambleaconstituyente.gov.ec/documentos/constitucion_de_bolsillo.pdf

55 Constitución da República do Ecuador; 2008; artigo Nº 276.

De forma complementaria, o texto constitucional

prohibe expresamente a privatización da

auga e dos recursos naturais non renovábeis

(artigos Nº 317 e 318). Fundamentalmente, a

Carta magna establece que:

O sistema económico é social e solidario; recoñece

o ser humano como suxeito e fin; propende

a unha relación dinámica e equilibrada

entre sociedade, Estado e mercado, en harmonía

coa natureza; e ten por obxectivo garantir

a produción e reprodución das

condicións materiais e inmateriais que posibiliten

o bo vivir (…) A economía popular e solidaria

regularase de acordo coa lei e incluirá

os sectores cooperativistas, asociativos e comunitarios.

56

Esta verdadeira declaración de principios, estipula,

á vez, medidas concretas para materializar

a “outra economía”. Nese sentido, e a fin de

promover a soberanía alimentaria, entre outras

cuestións dispón: “Impulsar a produción,

transformación agroalimentaria e pesqueira

das pequenas e medianas unidades de produción,

comunitarias e da economía social e solidaria.”

57 . Así mesmo, o artigo Nº 282 recolle:

O Estado regulará o uso e acceso á terra que

deberá cumprir a función social e ambiental.

Un fondo nacional de terra, establecido

por lei, regulará o acceso equitativo de campesiños

e campesiñas á terra. Prohíbese o latifundio

e a concentración da terra, así como

o acaparamento ou privatización da auga e

as súas fontes. 58

Doutra banda, e no referente ao dereito de propiedade,

o texto constitucional salienta que “O

Estado recoñece e garante o dereito á propiedade

nas súas formas pública, privada, comunitaria,

estatal, asociativa, cooperativa, mixta,

que deberá cumprir a súa función social e ambiental.”

59

Destacamos a continuación algúns principios

que rexen o sistema financeiro. Os artigos Nº

289 e 290 regulan a contratación de débeda pú-

56 Ibídem, artigo Nº 283.

57 Ibídem, artigo Nº 281.

58 Ibídem, artigo Nº 282.

59 Ibídem, artigo Nº 321.


lica, a cal precisa de previa autorización por

parte dun comité de débeda e financiamento

creado ad hoc. Entre outras regulacións establécense

que o endebedamento público non

afecte á soberanía, os dereitos, o bo vivir e a

preservación da natureza; que exclusivamente

se destine a financiar proxectos de investimento

para infraestrutura; e prohíbese a estatización

de débedas privadas, entre outras.

Completando o cadro, o artigo 308 afirma que

“a regulación e o control do sector financeiro

privado non trasladará a responsabilidade da

solvencia bancaria nin suporá garantía ningunha

do Estado” 60 . Á vez que

O sector financeiro popular e solidario comporase

de cooperativas de aforro e crédito,

entidades asociativas ou solidarias, caixas

ou bancos comunais, caixas de aforro. As

iniciativas de servizos do sector financeiro

popular e solidario, e das micro, pequenas e

medianas unidades produtivas, recibirán un

tratamento diferenciado e preferente do Estado,

na medida en que impulsen o desenvolvemento

da economía popular e

solidaria. 61

Finalmente, non podemos deixar de mencionar

que esta novel constitución establece que o Estado

promoverá o acceso equitativo aos factores

de produción, evitando a súa concentración e

/ou acaparamento. A democratización do acceso

aos factores produtivos compleméntase co

principio de comercio xusto, por medio do cal o

Estado asegura o acceso a bens e servizos de calidade,

alcanzando a transparencia e eficiencia

nos mercados (artigos Nº 334, 335 e 336).

Pola súa banda, a Constitución boliviana62 que

foi aprobada por referendo constituínte en xaneiro

de 2009, senta as bases para a estruturación

de novas relacións de produción,

sustentadas en principios solidarios e inclusivos.

Para iso, establece que

I. O modelo económico boliviano é plural e

está orientado a mellorar a calidade de vida

60 Ibídem, artigo Nº 308.

61 Ibídem, artigo Nº 311.

62 Texto completo dispoñíbel en:

http://www.vicepresidencia.gob.bo/Portals/0/documentos/DOC.

FINAL_CONSTITUCION_POLITICADEL_ESTADO.pdf

e o vivir ben de

todas as bolivianas

e os bolivianos. II. A

economía plural

está constituída

polas formas de organizacióneconómica

comunitaria,

estatal, privada e

social cooperativa.

III. A economía plural

articula as diferentes

formas de

organización económica

sobre os

principios de complementariedade, reciprocidade,

solidariedade, redistribución, igualdade,

seguridade xurídica, sustentabilidade,

equilibrio, xustiza e transparencia. A economía

social e comunitaria complementará o

interese individual co vivir ben colectivo. 63

Así mesmo dispón que

O Estado recoñecerá, respectará, protexerá

e promoverá a organización económica comunitaria.

Esta forma de organización económica

comunitaria comprende os sistemas

de produción e reprodución da vida social,

fundados nos principios e visión propios das

nacións e pobos indíxena orixinario e campesiños.

64

69

A democratización do

acceso aos factores

produtivos

compleméntase co

principio de comercio

xusto, por medio do cal

o Estado asegura o

acceso a bens e servizos

de calidade, alcanzando

a transparencia e

eficiencia nos

mercados.

63 Constitución Política do Estado Plurinacional de Bolivia, 2009;

artigo Nº 306.

64 Ibídem, artigo Nº 307.

Silvia Lazarte, Presindenta da Asemblea Constituínte de Bolivia


70

Caracas, Venezuela

Despois establece a protección e recoñecemento

estatal cara ás cooperativas, dado que as

concibe como formas de traballo solidario e de

cooperación, sen fins de lucro (artigo Nº 310).

En termos operativos e a fin de lograr o respecto

aos mencionados principios socio-económicos,

determina que non se permitirá “a

acumulación privada de poder económico en

grao tal que poña en perigo a soberanía económica

do Estado.” 65 . Así mesmo, todas as formas

de organización económica deberán

protexer o medio ambiente, xerar traballo

digno e contribuír á redución das desigualdades

e á erradicación da pobreza. Ademais o

texto constitucional prohibe expresamente o

monopolio e o oligopolio privado (artigo Nº

315) e garante a propiedade individual e colectiva,

sempre que esta cumpra cunha función social

e non sexa prexudicial ao interese colectivo

(artigo Nº 56).

Pola súa banda, o Estado boliviano asume funcións

tales como: regular o sistema financeiro;

fomentar a creación de sistemas financeiros non

bancarios con fins de investimento socialmente

produtivo; apoiar as organizacións de economía

comunitaria para que sexan suxeitos de crédito

e accedan ao financiamento; administrar os re-

65 Ibídem, artigo Nº 313

66 Texto completo do Anteproxecto para a primeira reforma

constitucional venezolana, dispoñíbel en:

http://www.nodo50.org/plataformabolivariana/Externos/AP-

RefConst.pdf

cursos naturais en función do interese colectivo;

protexer e fomentar especialmente as formas

comunitarias de produción, entre outras.

Para o caso venezolano, debemos aclarar que o

anteproxecto para a reforma constitucional

proposto polo presidente Hugo Chávez67 , foi sometido

a referendo e resultou vetado. Porén,

rescatamos a continuación algúns puntos cruciais

que deseñaban a súa proposta económica.

En primeiro termo pretendíase modificar o actual

artigo 112, que ía quedar do seguinte xeito

O Estado promoverá o desenvolvemento dun

Modelo Económico Produtivo, intermedio,

diversificado e independente, fundado nos

valores humanísticos da cooperación e a

preeminencia dos intereses comúns sobre os

individuais, que garanta a satisfacción das

necesidades sociais e materiais do pobo, co

fin da maior estabilidade política e social e

da meirande felicidade posíbel. Así mesmo,

fomentará e desenvolverá distintas formas

de empresas e unidades económicas de propiedade

social, tanto directa ou comunal

como indirecta ou estatal, así como empresas

e unidades económicas de produción

e/ou distribución social, podendo ser estas

de propiedade mixta entre o Estado, o sector

privado e o poder comunal, creando as mellores

condicións para a construción colectiva

e cooperativa dunha Economía

Socialista. 67

De xeito complementario, propúñase ampliar o

artigo 115, mediante o recoñecemento de diferentes

formas de propiedade: pública, social,

colectiva, mixta e privada, garantindo o dereito

de expropiación por causa de utilidade pública

ou interese social.

Do texto constitucional vixente68 , é de salientar

o artigo 118, por medio do cal se

recoñece o dereito dos traballadores e traballadoras,

así como da comunidade, para

desenvolver asociacións de carácter social e

participativo, como as cooperativas, caixas

67 Anteproxecto para a primeira reforma constitucional, Proposta

do Presidente Hugo Chávez; agosto de 2007; artigo Nº 112.

68 Texto completo dispoñíbel en:

http://www.constitucion.ve/constitucion_ilustrada_es/jsp/index

.jsp


de aforro, mutuas e outras formas asociativas.

(Continúa sinalando o mesmo artigo

que) O Estado promoverá e protexerá estas

asociacións destinadas a mellorar a economía

popular e alternativa. 69

Interesa rescatar tamén que

O Estado protexerá e promoverá a pequena

e mediana industria, as cooperativas, as caixas

de aforro, así como tamén a empresa familiar,

a microempresa e calquera outra

forma de asociación comunitaria para o traballo,

o aforro e o consumo, baixo réxime de

propiedade colectiva, co fin de fortalecer o

desenvolvemento económico do país, sustentándoo

na iniciativa popular. Asegurarase a

capacitación, a asistencia técnica e o financiamento

oportuno. 70

Doutra banda, existe un conxunto de países

onde tamén se produce a crítica á hexemonía

dos noventa, pero o rumbo alí definido é polo

capitalismo, aínda intentando políticas de corte

neokeynesiana ou neodesenvolvementistas.

Con eles polemiza o Director da Mestrado en

Economía Social da Universidade Nacional de

Xeneral Sarmiento (UNGS) xa que segundo el:

comparten un suposto que habería que debater:

baséanse na crenza de que o sistema

de mercado capitalista, regulado desde o Estado,

conducirá a unha sociedade xusta.

Nada fai plausíbel esa hipótese se non se

xeran as condicións políticas que require.

Nunha economía global de mercado, o que o

Estado nacional periférico pode facer manipulando

parámetros é limitado. 71

Continúa sinalando máis adiante que “A economía

é unha actividade que produce e reproduce

suxeitos sociais e políticos”. E engade que

Non xera os mesmos suxeitos sociais a inútil

e tan aplaudida actividade de cavar e tapar

pozos que a de arar e sementar a terra, nin

limpar até a extenuación as rúas da cidade

como traballo comunitario que poñerse á

69 Constitución da República Bolivariana de Venezuela; 1999; artigo

Nº 118.

70 Ibídem, artigo Nº 308.

71 Coraggio, José Luís; “Transformar las políticas sociales”; no

xornal “Página 12”; Bos Aires; 3 de febreiro de 2009. S/ páx. 72 Ibídem

fronte dunha empresa recuperada. Nin a exportación

a terróns das nosas montañas, terras

e equilibrios ecolóxicos que a súa

transformación racional por unha industria

integrada para o mercado interno. Non é o

mesmo facer obras de infraestrutura que faciliten

o transporte de mercadorías do capital

global a través dunha canle

interoceánica que construír camiños e sistemas

de rega rurais, nin investir no irracional

sistema de transporte baseado nos

intereses corporativos do sector automotor

que nos camiños de ferro ao servizo das economías

rexionais. Non é o mesmo mellorar

a competitividade dalgúns traballadores

(capacitación individual en oficios) que propiciar

a maior participación dos colectivos

de traballadores no Estado e as empresas, a

autonomía do traballo organizado, o desenvolvemento

da capacidade de autoxestión e

empresa dos traballadores cooperantes. 72

Ben vale a cita centrada na importancia da

constitución de suxeitos conscientes para a

transformación social; como vimos, así tamén o

consideran os textos constitucionais ecuatoriano,

boliviano e venezolano, orientando socialmente

as súas economías nacionais co fin

de elevar a calidade de vida das súas poboacións.

Xestión e planificación

para a transformación

Se pensamos detidamente o noso discurso, estamos

aludindo a tres dimensións inseparábeis

do proceso transformador. Unha asóciase ao

estilo de xestión participativo na toma de decisións.

Acordemos que a práctica estendida de

xestión non favorece as formas democráticas e

de participación consciente. É unha dimensión

para ser traballada e permanentemente reinventada.

Non se parte de cero, posto que existen

experiencias desenvolvidas a distintos

niveis. Desde as prácticas do “orzamento participativo”

aínda con erros e límites, como a experiencia

dunha variada gamas de iniciativas

de diverso tamaño que desenvolveron e desen-

71


72

volven formas participativas para a xestión

cotiá. Outra dimensión vincúlase á necesidade

de integrar o conxunto de experiencias. Noutro

tempo falásemos de “plan”. É unha experiencia

para lle dar unha nova significación para non

A explotación humana

durante séculos xerou

unha cultura

subordinada á lóxica da

plusvalía, da

dominación capitalista

e as súas consecuentes

asimetrías na

apropiación do produto

social (material e

burocratizar ou deixar

en mans de tecnócratas

e profesionais o

proceso de planificación

dunha dimensión

social que transcende

o interese de calquera

persoa, grupo ou iniciativa,

por importante

que este sexa.

Aludimos antes ao carácter

internacional

ou mundial, que ten

que asumir o proxecto

integrador para non quedar nos límites nacionais

ou locais. Finalmente, a dimensión que

concentra o desafío das dúas previas é o proceso

consciente de educación para a transformación73

que require a instalación de novas

relacións sociais que fundamenten a “outra

economía”. É un proceso de formación autosustentado

polos propios protagonistas, na

perspectiva da educación popular, conscientes

da necesidade de cultivar o desafío transformador

do proxecto de emancipación. Trátase

dunha educación para a transformación e a liberación

social, especialmente se asumimos

que o sentido común instalado remite á cultura

asociada aos valores do individualismo que

promove a sociedade da explotación.

Unha “outra economía” supón a mutación xeneralizada

da hexemonía en materia de valores

sociais. A explotación humana durante séculos

xerou unha cultura subordinada á lóxica da

plusvalía, da dominación capitalista e as súas

consecuentes asimetrías na apropiación do produto

social (material e inmaterial). O alento a

formas alternativas no capitalismo, e mesmo os

intentos de construción socialista, actúan como

forzas que contrarrestan a dinámica da iniciativa

hexemónica do capital. O problema é

transformar esa forza da resistencia en vector

principal da construción social cotiá. É un

asunto material expresado na extensión da

“outra economía” e as súas novas relacións sociais,

pero especialmente na conciencia dunha

parte importante da sociedade que está construíndo

outra sociedade, outra economía, outro

sistema de relacións sociais. Hai materialidade

consciente no proceso de transformación necesaria,

co cal aparece o desafío de construír as

iniciativas ou iniciativas económicas á vez que

se traballa a conciencia da práctica transformadora.

A tendencia é á repetición de condutas e hábitos

que reproducen as prácticas hexemónicas. Esa é

a razón na insistencia dun proceso de construción

de subxectividades conscientes en converxencia

cos proxectos económicos, o que

denominamos coa categoría materialidade

consciente. Por ausencia de recursos económi-

inmaterial) 73 Educación para a liberación, en palabras de Frei Betto.


cos e tamén de potencial humano, é usual unha

práctica de “facer o que se poida e como se

poida”, privilexiando o facer e no camiño avaliar,

corrixir e nese tránsito de proba e erro construír

o novo. Sen prexuízo do alento á iniciativa

popular tal e como é, a nosa reflexión vai na dirección

da planificación da dimensión educativa

ou cultural para o éxito de iniciativas que a priori

resultan proposicións de transformación. Así, a

sistematización da formación constitúe parte inseparábel

de calquera proposta para pensar na

efectividade dunha “outra economía”.

O financiamento da integración

alternativa:

Banco do ALBA e Banco do Sur.

A “integración alternativa” como reverso dunha

“integración subordinada” constitúe un aspecto

crucial para o cambio das relacións sociais de

produción. É que, como vimos sostendo, non

concibimos os procesos nacionais illados senón

en permanente interacción. Só a partir do traballo

coordinado a nivel rexional e mundial dos

movementos sociais e os gobernos se ha lograr

o obxectivo último de liberación dos pobos.

Non hai que perder de vista que a disputa se

desenvolve tanto no plano simbólico do discurso,

como no plano material das prácticas so-

ciais que diariamente constrúen relacións sociais

que transcenden o mercantil e van cara ao

“outro mundo posíbel”. Daquela, resulta imperioso

concretar novos proxectos e mecanismos

de funcionamento económicos e sociais.

Continuando coa descrición da análise das propostas

alternativas que fan á “outra economía”,

dispoñémonos a desenvolver os proxectos de financiamento

que xorden en Latinoamérica

como base da construción das relacións interestatais.

Referímonos, xa que logo, ao Banco

do Sur e o Banco do ALBA.

Banco do Sur: expectativas e dúbidas

Existen luces e sombras nas propostas de integración;

é así como aparecen conflitos, dúbidas

e esperanzas verbo dos diversos proxectos.

Nese sentido o Banco do Sur xorde como un

instrumento financeiro alternativo ao Banco

Mundial e ao Fondo Monetario Internacional,

encargado de viabilizar os tratados internacionais

relativos aos dereitos humanos, sociais e

culturais. Segundo o economista estudoso do

tema Eric Toussaint:

o Banco do Sur tería como obxectivos, en

particular, rachar coa dependencia dos países

periféricos do mercado financeiro internacional,

canalizar a capacidade propia de

73

Mural en Caracas, Venezuela


74

O proxecto ALBA-med,

lanzado en maio de

2009, é un impulso

“gran nacional” para

regular os

medicamentos dos

países membros.

aforro, deter a fuga

de capitais, canalizar

os recursos centrais

ás prioridades dun

desenvolvemento económico

e social independente,

cambiar as

prioridades de investimento,

etc. Tratarí-

ase dun banco público alternativo ao Banco

Mundial e aos bancos rexionais de desenvolvemento,

como o Banco Interamericano de

Desenvolvemento, o Banco Africano de Desenvolvemento

e o Banco Asiático de Desenvolvemento.

74

De aí as súas expectativas e incertezas.

O 9 de decembro de 2007 subscribiuse en Bos

Aires a acta fundacional do Banco do Sur. Asinárona

de entrada sete países: Arxentina, Venezuela,

Brasil, Uruguai, Paraguai, Bolivia e

Ecuador e espérase que outros países da rexión

se incorporen no traxecto do seu desenvolvemento.

A idea orixinal proveu de Caracas e foi

asumida por Néstor Kirchner. Por iso non sorprende

que a acta fundacional fose subscrita o

derradeiro día da súa xestión á fronte do goberno

arxentino, aproveitando a presenza do

resto dos mandatarios en Bos Aires que asistían

ao cambio presidencial75 .

Hugo Chávez imaxinou un conxunto de iniciativas

para a integración económica e cultural

para América Latina e o Caribe. Son parte dun

proxecto de desenvolvemento alternativo na rexión,

baseado nos proxectos “gran nacionais”,

que xorden como a materialización dos procesos

de integración social e económica entre os

países da rexión. Algúns están en funcionamento

con distinta sorte. Entre outras existe

Telesur, un proxecto comunicacional que non

atopa acompañamento efectivo entre os socios

na rexión, pero que intenta consolidarse. Petroamérica,

que posúe un importante desenvolvemento

na zona caribeña, aínda que existen

algunhas iniciativas comúns entre a petroleira

74 Eric Toussaint; “Banco del Sur y la nueva crisis

internacional”; Edicións Abya-Yala; Quito; abril do 2008. Páx 40.

75 O 10 de decembro de 2007 asumiu Cristina Fernández a presidencia

da República Arxentina.

de Venezuela e empresas dalgúns países na rexión

como Brasil, Bolivia, Arxentina e Uruguai.

O proxecto ALBA-med, lanzado en maio de

2009, é un impulso “gran nacional” para regular

os medicamentos dos países membros, así

como xerar un rexistro sanitario único do

ALBA, todo iso, baixo a supervisión de institucións

cubanas especializadas.

Nese marco xurdiu a idea de organizar un

banco de desenvolvemento, un fondo monetario

rexional e un uso compartido de recursos financeiros

esterilizados na banca transnacional.

As reservas internacionais de América Latina e

o Caribe ascenden a 414.362 millóns de dólares

e as dos sete países implicados no Banco do Sur

alcanzan a 249.082 millóns de dólares (Cadro

12). Unha parte importante deses fondos está

depositada na banca transnacional con sede

nos países capitalistas desenvolvidos e teñen

destino na acumulación capitalista global e as

súas nefastas consecuencias sobre a calidade de

vida da poboación mundial. Apúntase á utilización

deses recursos para un financiamento alternativo.

É un feito que os aforros no sur

financian o norte desenvolvido, acumulando

miserias e despois demándanse investimentos

e créditos desde o mundo capitalista desenvolvido

que non fan máis que profundar a dependencia

e a explotación.

A presenza de seis dos sete presidentes no acto

de subscrición do acordo ten de seu connotacións

importantes. Todos estes países, aínda

con matices, son parte dunha dinámica social e

política nacional que xera expectativas favorábeis

a cambios en sentido oposto á lóxica do

modelo neoliberal. Os discursos dos presidentes

co gallo do asinamento do acordo foron de

profundo contido crítico coas políticas do

axuste e a reestruturación regresiva e proclive a

un horizonte soberano e de independencia económica

e financeira. Mesmo de moeda única se

falou na ocasión. As expectativas son importantes.

No movemento popular existen fundados

temores que se manifestan nunha carta

emitida por variados movementos e redes e que

foi entregada aos mandatarios que subscribiron

a acta de fundación76 . Este receo non im-

76 Pode atoparse en diversos sitios de internet, tales como o de

ATTAC-Arxentina ou a do CADTM.


pide un aquel de esperanza na proposta do financiamento

autónomo, que se expresa na declaración

final do cumio dos Pobos do Sur,

realizada na cidade de Posadas, que afirma:

Consideramos que o Banco do Sur representa

unha oportunidade de cambio na lóxica

económica actual. Esiximos que os

gobernos garantan o acceso público á información

e a participación social nas decisións

do Banco. Neste sentido, asumimos desde os

movementos e organizacións sociais o desafío

e a tarefa de facer que esta ferramenta

estea ao servizo das necesidades dos homes e

mulleres dos nosos pobos. 77

Recursos para financiar o

desenvolvemento autónomo e integrado

Cada un deses países chega ao Banco do Sur cos

seus propios obxectivos, que inclúen matices

relativos aos propósitos de cada unha das xestións

gobernamentais. Non é o mesmo a formulación

por unha sociedade cara ao

“Socialismo do século XXI” que propoñen Venezuela,

Bolivia ou Ecuador; que a orientación

neodesenvolvementista que parece impoñerse

na proposición de “reconstruír o capitalismo

nacional” suxerida na Arxentina, e nas políticas

favorábeis cara á iniciativa privada no resto dos

países integrados no proxecto financeiro. De

todas as maneiras e máis aló de matices, a idea

principal resulta dun intento de promover un

financiamento autónomo na rexión para “outra

economía” a definir. A idea de conformar un

Banco do Sur vai na liña da administración do

total ou unha parte deses recursos financeiros

para proxectos produtivos. De aquí veñen as

expectativas e dúbidas sobre o seu futuro.

No marco do II Cumio ASA (América do Sur -

África) realizado do 26 ao 28 de setembro de

2009 na Illa Margarita, Hugo Chávez confirmou

que o capital inicial co que contará o

Banco do Sur, será de 20.000 millóns de dólares.

Porén, xorden algunhas diferenzas entre o

que fixa o documento oficial e o expresado polo

mandatario venezolano78 . Chávez afirmou que

Arxentina, Brasil e Venezuela elevaron a 4.000

millóns de dólares cada un a súa achega inicial

para a constitución do Banco. Mentres, nas

xuntanzas técnicas, previas ao asinamento da

acta fundacional, os principais socios avaliaran

realizar unha achega de entre 3.000 e 5.000

millóns de dólares cada un que, no caso arxentino,

sería liquidado mediante as reservas.

Porén, o Banco Central local manifestou unha

férrea oposición a esa alternativa e finalmente

decidiuse a contribuír só con 2.000 millóns. E

así, no documento oficial que circulou no

Cumio, figura esa cantidade, como achega dos

tres principais socios. Pola súa banda, o mandatario

venezolano, confirmou que Bolivia, Paraguai

e Uruguai, investirían o que reste para

completar os 20.000 millóns anunciados; cuestión

pouco probábel, tendo en conta o acordo

inicialmente asinado por medio do cal Uruguai

e Ecuador se comprometían a achegar 400 millóns

e Paraguai e Bolivia 100 millóns: todo iso

suma só 1.000 millóns de dólares. É probábel

que, en definitiva, o capital inicial do novel

Banco sexa de 7.000 millóns, tal como estaba

previsto e que os 20.000 millóns sexan só os recursos

autorizados a investir.

77 Declaración final do cumio dos Pobos do Sur “Por un modelo

productivo que garantice la Soberanía Alimentaria de los Pueblos”;

Posadas, 27, 28 e 29 de xuño de 2008. 78 Xornal Página 12 (28/09/09).

75


76

O escenario en que aparece o Banco do Sur é

complexo, xa que existe moita diversidade

entre países fundadores, os Estados que se destacan

con maior respaldo financeiro e produtivo

e outros con fortes limitacións financeiras.

Hai países como Brasil que teñen traxectoria na

utilización de fondos públicos para o desenvolvemento

e outros como a Arxentina que desmantelou

a banca pública de investimento e

reduciu ao mínimo a súa actuación na banca

para o fomento económico, privatizando boa

parte das entidades financeiras oficiais e restrinxindo

a actuación do cooperativismo de crédito

con longa tradición operativa no país.

Ecuador engade á devandita complexidade a

dolarización da súa economía. É un feito que

non só atinxe ao Banco do Sur, senón ao marco

contextual do funcionamento da economía e as

finanzas en cada un dos países implicados. Trátase

de axeitar a lexislación e as políticas económicas

e financeiras para facer realidade a

potencia imaxinada para o Banco do Sur e outras

iniciativas asociadas.

O asunto é que as reservas internacionais creceron

de xeito moi importante nos principais

países de América Latina. Só entre Arxentina,

Brasil e Venezuela suman 230.000 millóns de

dólares (Cadro 12). Son recursos depositados

na banca transnacional e que contribúen como

fonte de financiamento do capital transnacional,

sen prexuízo de constatar o sostemento do

recorrente déficit do fisco estadounidense vía

adquisición de títulos do tesouro. Estados Unidos

gasta máis do que recada e logrou financiamento

internacional desde todos os recunchos

do planeta. China aparece á cabeza dos principais

posuidores de títulos do tesouro de EEUU,

pero as crecentes compras de divisas, especialmente

de dólares dos países menos desenvolvidos

para cubrirse da volatilidade internacional,

favorecen o sostemento fiscal do poderoso imperio

do norte.

É curioso como o sur do mundo quere afastarse

do déficit fiscal dos seus estados nacionais, para

o que desenvolve políticas de austeridade e

axuste coa súa consecuente deterioración da calidade

de vida da súa poboación. E contrariamente,

o país máis poderoso do mundo estende

a valores irracionais o seu gasto succionando

excedente financeiro desde todas as partes do

mundo, especialmente desde os países empobrecidos

do sur. A acumulación de reservas internacionais

resulta de xigantescos saldos

favorábeis das balanzas comerciais dos países

e da crecente tendencia ao logro do superávit

fiscal dos estados nacionais. A idea de conformar

un Banco do Sur pode servir aos propósitos

de autonomía e liberación se vai na liña de

que a administración do total ou unha parte

deses recursos fiscais e financeiros se utilice

para proxectos produtivos que satisfagan necesidades

económicas e sociais insatisfeitas.

Cadro 12 - Activos de Reservas Internacionais

(inclúe posesión de ouro).

En millóns de dólares.

América Latina e o Caribe 414.362

Arxentina 42.891

Bolivia 4.742

Brasil 162.962

Ecuador 3.611

Paraguai 2.182

Uruguai 3.540

Venezuela 29.154

Total dos 7 países 249.082

Porcentaxe sobre o total de AL e C 60%

Chile 16.320

Colombia 20.554

México 82.168

Perú 22.855

Total dos 4 países 141.897

Porcentaxe sobre o total de AL e C 34%

Outros países de AL e C 23.383

Porcentaxe sobre o total de AL e C 6%

Fonte: CEPAL, III Trimestre de 2007

O mapa da integración latinoamericana e caribeña

está en pleno proceso de cambio e o Banco

do Sur é parte do fenómeno xerando expectativas

dun cambio de rumbo respecto da orde liberalizadora

impulsado nos recentes anos 90.

O ALBA supón a posibilidade dunha articulación

produtiva e cultural, que require de financiamento

propio e autónomo. Nese camiño


podería inserirse a iniciativa do Banco do Sur.

O crédito é un multiplicador da actividade económica

e polo tanto é necesario un Banco de

Proxectos que potencie as organizacións económicas

do movemento popular, tales como

empresas recuperadas polos seus traballadores,

cooperativas integradas por traballadores, produtores

pequenos do campo e sectores sociais

desprotexidos polo sistema capitalista. Son sectores

que se asumen na construción de “outra

economía”, con valores que acentúan a satisfacción

de necesidades sociais en contradición

coa rendibilidade pretendida pola economía do

lucro. Pero tamén se requiren recursos para o

desenvolvemento de sectores estratéxicos da

economía social dos países, moitos dos cales

foron privatizados en tempos recentes, tal

como é caso paradigmático da Arxentina coa

venda das empresas públicas de enerxía, comunicacións,

transporte e de servizos públicos,

entre outras. Trátase de recuperar capacidade

financeira para un desenvolvemento integral

autónomo que define un novo modo de produción

económica.

A “outra economía” require de financiamento.

É sabido que un dos principais problemas de

calquera iniciativa popular (pequena ou grande)

pasa polo insuficiente acervo económico en capital

de traballo, que permita aplicar á compra

de materias primas, materiais e insumos para a

actividade de produción e distribución. O desenvolvemento

autónomo do movemento popular

na economía necesita os recursos públicos

que hoxe contribúen ao financiamento do ciclo

do capital máis concentrado. Afectar fondos públicos

para un banco de desenvolvemento

supón reorientar financiamento para o alento

de proxectos alternativos. Recuperar empresas

privatizadas e/ou desenvolver iniciativas en sectores

estratéxicos require de apoio económico

adecuado. Os investimentos necesarios para o

desenvolvemento de infraestrutura, o coidado

do medio ambiente e as condicións de traballo,

como o alento a investimentos produtivos para

o crecemento local, nacional e de integración rexional

necesitan do financiamento suficiente.

Un tema non menor é a discusión sobre o tipo

de institución a promover. O debate foi iniciado

en marzo de 2007, momento no cal Arxentina e

Venezuela poñen en

consideración dos países

subscritores unha

proposta de funcionamento

operativo do

Banco. Produto da

súa avaliación no mes

de abril dese mesmo

ano, Ecuador elabora

un proxecto alternativo.

A diferenza entrambas

as propostas

resulta significativa, xa que reflicten concepcións

diferentes acerca das funcións que debería

cumprir o organismo. Así, mentres o

proxecto ecuatoriano propón conceder empréstitos

destinados ás empresas públicas, a pequenos

produtores, ao sector cooperativo, ás

comunidades indíxenas, etc.; a proposta arxentino-venezolana

asume que a función da entidade

debería ser o desenvolvemento dos

mercados de capitais, da industria, das infraestruturas,

da enerxía e do comercio. É dicir, que

non daría prioridade á promoción de micro iniciativas,

á protección do ambiente ou ás políticas

culturais e educativas. Contrariamente

Ecuador entende que en principio, o Banco non

tería que prestar diñeiro ás grandes sociedades

multinacionais do Sur, como o son: Petrobras,

gran empresa brasileira mixta; PDVSA a empresa

petroleira venezolana; Techint, empresa

privada arxentina. Ambas as proposicións distáncianse

tamén nas cuestións referidas ao funcionamento

operativo do Banco. Mentres

Arxentina e Venezuela asumen que o dereito a

voto se atribúa en función da achega monetaria

que realiza cada país, aplicando o mesmo

sistema de reparto de votos que teñen o Banco

Mundial, o Fondo Monetario Internacional

(FMI) e o Banco Interamericano de Desenvolvemento

(BID), Ecuador pola súa banda propón

o principio dun voto non ponderado, senón

igualitario, é dicir: un país, un voto. Algúns elementos

máis que están en fase de discusión

son: a rendición anual de contas do Banco; a inviolabilidade

ou non dos seus arquivos e a intanxibilidade

dos seus empregados e

funcionarios. Para rematar, segundo Eric Toussaint,

consultor do equipo do proxecto ecuatoriano,

di que: “O Banco do Sur está entre estas

77

O desenvolvemento

autónomo do

movemento popular na

economía necesita os

recursos públicos que

hoxe contribúen ao

financiamento do ciclo

do capital máis

concentrado.


78

dúas tendencias, aínda que máis cerca do Mercosur

ampliado que do ALBA (dado que) Non

inclúe a membros chave do ALBA, comezando

por Cuba e Nicaragua.” 79

Ao noso ver, non se trata de organizar un novo

banco ao estilo dos organismos internacionais

vixentes, tal como o Banco Mundial, o BID, ou

o FMI, que están en mans das burocracias intelectuais

e profesionais asociadas ao pensamento

hexemónico de corte neoliberal e ao poder económico

das corporacións transnacionais. Requírese

de institucións onde a decisión quede en

mans dos beneficiarios directos. Por iso debe

pensarse nunha xestión participativa con representación

dos movementos populares da rexión

nos ámbitos directivos. As políticas de financiamento

deben ser produto dun debate xeneralizado

entre as poboacións dos países implicados

Este instrumento de

financiamento dos

países membros do

ALBA, busca, en última

instancia, eliminar as

dependencias xeradas

polo endebedamento

externo e abolir as

condicións impostas

polos organismos

internacionais.

79 Toussaint, Eric; Op. cit; páx. 69.

na xestación do Banco

do Sur.

Banco do ALBA

Pola súa banda, o

acordo fundacional do

Banco do ALBA asínase

o 28 de xaneiro

de 2008, pouco máis

dun mes despois do

acordo polo cal se creaba

o Banco do Sur.

No seu asinamento

participaron todos os

estados membros da Alianza Bolivariana para

os Pobos da nosa América ALBA, acordando

que o capital inicial da novel institución será de

1.000 millóns de dólares e que a súa sede residiría

na cidade de Caracas.

Segundo o Viceministro de Financiamento para

o Desenvolvemento Endóxeno do Ministerio do

Poder Popular para as Finanzas da República

Bolivariana de Venezuela, Gustavo Hernández,

as funcións primordiais do Banco do ALBA son

promover, crear e administrar fondos de financiamento

embolsábel ou non reembolsábel,

orientados a fomentar o desenvolvemento económico,

social e ambiental; fornecer recursos

para asistencia técnica, estudos de preinvestimento,

investigación e desenvolvemento,

transferencia e absorción de tecnoloxía; desenvolver

e promover a práctica do comercio xusto

de bens e servizos. 80

Así mesmo, o perfil dos programas e proxectos

que o organismo financiará son aqueles dirixidos

a: propiciar o desenvolvemento económico

en sectores chave da economía dos países do

ALBA, orientados a mellorar a produtividade e

eficiencia do tecido produtivo, a xeración de

empregos, o avance científico-tecnolóxico, a

complementariedade e a mellora das cadeas

produtivas. Paralelamente pretende impulsar o

desenvolvemento social e comunitario en materia

de saúde, educación, vivenda, seguridade

social, economía social e promover empresas

binacionais, gran nacionais.

Este instrumento de financiamento dos países

membros do ALBA, busca, en última instancia,

eliminar as dependencias xeradas polo endebedamento

externo e abolir as condicións impostas

polos organismos internacionais. Polo

tanto, a súa organización estruturarase conforme

a un funcionamento democrático, é dicir,

que os seus respectivos órganos de dirección

terán unha representación igualitaria de parte

de cada un dos países que o integran.

80 Hernández, Gustavo; “Banco del ALBA y el financiamiento al

desarrollo”; Secretaría permanente del SELA (Sistema Económico

Latinoamericano y del Caribe); Caracas; xuño 2008. Dispoñíbel

en:

http://www.sela.org/DB/ricsela/EDOCS/SRed/2008/06/T0236

00002884-0- Banco_del_ALBA_y_el_financiamiento_al_desarrollo.pdf


En fin, tanto o Banco do ALBA como o Banco

do Sur, preséntanse como organismos financeiros

de características diferentes ás entidades

existentes, xa que terían como prioridade o desenvolvemento

social por riba de calquera

outro factor. Ambos expresan unha vontade política

dun importante grupo de nacións de

América Latina para facer unha ruptura co sistema

financeiro imperante.

Demandas do movemento popular

Por mellor intencionada que fose, non chega coa

discusión entre funcionarios sostida até o momento.

Os movementos populares teñen polo

seu propio desenvolvemento histórico, o diagnóstico

de necesidades insatisfeitas e a potencialidade

da capacidade creativa do traballo das

súas comunidades para establecer o balance

entre unhas e outras para o desenvolvemento

alternativo. Un desenvolvemento alternativo

que ten que se situar en clave rexional, para

aproveitar a perspectiva dunha integración diferente.

O desemprego, o subemprego e o sobreemprego

son características estruturais que

se suman aos insuficientes ingresos da maioría

da poboación na nosa rexión, pero tamén é recoñecido

o interese do capital externo por esa

forza de traballo barata e os importantes recursos

naturais existentes en materia de auga, petróleo

e biodiversidade. O desafío está en

articular esa suma de insatisfaccións sociais con

recursos públicos existentes e que promovan

outra orde económica. É unha cuestión que vai

na liña de modificar a ecuación histórica de beneficiarios

e prexudicados na vida cotiá.

Un conxunto de redes e movementos populares

que viñeron traballando contra o flaxelo da

débeda pública ilexítima81 , así como contra as

distintas manifestacións do programa de liberalización

como o ALCA ou o sustentado na

OMC e os organismos financeiros internacionais,

achegaron aos mandatarios asinantes da

acta de fundación do Banco do Sur un conxunto

de críticas e propostas que ben paga a pena ter

81 Segundo a CEPAL, a débeda pública de América Latina e o Caribe

para o III trimestre de 2007 ascende a 676.696 millóns de

dólares.

en conta 82 . Entre as primeiras (críticas) salientan

a forma pouco transparente e non participativa

nas negociacións previas, realizadas sen

consulta á sociedade, xerando dúbidas sobre o

resultado da nova institución. O temor consiste

esencialmente en que o Banco do Sur reproduza

os mecanismos non transparentes, regresivos

e desacreditados dos organismos

multilaterais, como o Banco Mundial, a Corporación

Andina de Fomento, CAF, o BID e o

FMI. Entre as segundas (propostas) reclaman

que o Banco do Sur promova “unha nova matriz

de desenvolvemento” asentada na “soberanía

popular”, a “autodeterminación” de

políticas económicas e socio-ambientais como

“obxectivo superior que é o desenvolvemento

humano e social.” Proponse que o Banco contribúa

con metas concretas para resolver o

pleno emprego con dignidade, a garantía da ali-

79

Manifestación contra o ALCA en Porto Alegre, Brasil

82 Referímonos aquí aos documentos que detallamos a continuación:

-Primera carta abierta a los presidentes “Por un Banco del Sur

acorde con los derechos, necesidades, potencial y vocación democrática

de los pueblos”, datada o 7 de xuño de 2007; - Segunda carta

abierta “Por un Banco del Sur orientado a una matriz soberana, solidaria,

sustentable e integradora para el desarrollo del continente”

do 9 de decembro dese mesmo ano 2007. Ambas dispoñíbeis en:

http://www.vientosur.info/documentos/Banco%20del%20sur%202

6Abril08.pdf ;

- Declaración de Quito “Sobre el financiamiento para el buen vivir

y la vigencia de los derechos de la naturaleza”; 6 de agosto de 2009.

Disponíbel en http://www.cadtm.org/Declaracion-de-Quito-sobreel


80

mentación, a saúde e a vivenda, a universalización

da educación básica e a distribución da riqueza,

contra inequidades entre as que se

inclúen as de “xénero e etnia.”

Un punto importante que salientan os movementos

sociais é que este Banco, desde a súa

concepción inicial, debería incorporar entre os

seus obxectivos fundamentais as premisas de

xustiza social e ambiental.

Nese sentido, débese contar cun Código de

Ética vinculante en temas ambientais e

socio-ambientais, que sirva como inspiración

e guía das actividades da institución.

Unha nova estratexia de desenvolvemento e

unha nova relación coa Natureza é unha

cuestión vital para avanzar na construción

do Bo Vivir83 .

Son propostas no marco dunha reivindicación

en prol dunha “nova arquitectura financeira”

rexional que inclúa un Fondo do Sur a xeito de

Banco Central continental con capacidade de

articular políticas comúns con desenvolvemento

tecnolóxico autosustentado e a posibilidade

de avanzar en intercambios con moedas

nacionais cara a unha integración monetaria.

A integración, na visión do Banco do Sur,

debe ser asumida como un proceso máis

abranguente, que non se esgota en simples

reflexións e cálculos comerciais. Debe ser

unha concepción da integración que non

pode pór en risco a vida da natureza e das

poboacións locais. Esta nova integración

debe ir na liña de políticas comúns en ambiente

e desenvolvemento para reducir a

presión sobre os ecosistemas, articular as

producións nacionais para reducir as asimetrías

dentro da rexión e resolver os problemas

de nutrición, pobreza e calidade de

vida dos nosos propios pobos, fomentando a

soberanía alimentaria84 .

O anterior forma parte da demanda pola igualdade

dos países na xestión da entidade con independencia

dos cartos achegados. Outro tema

83 Declaración de Quito “Sobre el financiamiento para el buen

vivir y la vigencia de los derechos de la naturaleza”; 6 de agosto

de 2009. Disponible en http://www.cadtm.org/Declaracion-de-

Quito-sobre-el .

84 Ibídem.

chave pasa polo uso das reservas internacionais

dos países implicados para a capitalización da

nova entidade financeira, que non debe incluír

no seu seo achegas de capital doutros organismos

internacionais e Estados non membros. É

unha demanda en prol da xestión soberana dos

recursos propios da rexión.

A transparencia na xestión inclúe o control

sobre a estrutura administrativa do Banco do

Sur, con participación popular e capacidade de

substitución do seu persoal. É substancial o

tema crediticio, buscándose o financiamento de

proxectos de investimento público que atendan

ao desenvolvemento local, aos pequenos e medianos

produtores e a empresarios do campo e

a cidade; das cooperativas; da economía solidaria;

das comunidades indíxenas e tradicionais e

variadas formas de organización económica popular.

Trátase de promover “a soberanía alimentaria

e enerxética” e alentar a investigación

e tecnoloxía apropiada ás condicións rexionais,

ao desenvolvemento de medicamentos xenéricos

e a recuperación dos saberes ancestrais dos

nosos pobos.

É por todo iso polo que xunto coas demandas

económicas se pide unha vertebración da dimensión

institucional da nova entidade cun sistema

complexo institucional de crítica social e

busca de novos horizontes civilizatorios, incluíndo

unha proposta sobre a creación dunha

Universidade do Sur e unha Xustiza ambiental.

A cuestión é non reproducir o modelo produtivo

en curso que afecta ás persoas e agride o ambiente

en favor das superganancias do capital.

Algúns límites para a consolidación

da “outra economía”

Vimos sostendo que a transformación social é

un proceso en desenvolvemento, con problemas,

e a nosa hipótese inclúe a experiencia humana

na construción do socialismo e de

iniciativas económicas no marco do capitalismo.

É necesario avanzar nunha avaliación a

fondo desas experimentacións. Non parece acaído

reiterar erros do pasado; de feito é preciso

aprender deles e modificalos. Dalgún xeito é coller

o exemplo das clases dominantes. Algunha


vez, erroneamente, considerouse a revolución

cubana como unha experiencia excepcional e

irrepetíbel, sen ter en conta que os sectores dominantes

crearon as condicións para que non

se repetise no futuro. Algo similar ocorre cos

procesos actuais. América Latina e o Caribe é

un gran laboratorio, onde experimentamos

todos, e en Bolivia a dereita xa non comete os

mesmos erros do proceso anterior en Venezuela.

En Ecuador asúmense os problemas de

Venezuela e Bolivia e impulsouse a Constituínte

pero baixo novas e renovadas formas. É a dinámica

da loita de clases, onde non existe a repetición

mecánica dos procesos previos. Todos

somos -de forma contraditoria- parte dunha

aprendizaxe colectiva.

Trátase en primeiro lugar de aprender da historia

e non concibir a propia iniciativa como o

inicio de novas experimentacións: reler a historia

e as prácticas para lles dar nova significación.

A historia non comeza cando alguén

decide protagonizala, aínda que o papel consciente

dos construtores da sociedade é un

asunto que nos preocupa e incumbe para o desenvolvemento

da historia e a hominización da

sociedade. Pode ser novo para un individuo ou

para un grupo, pero reproducir positiva ou negativamente

experiencias anteriores sen sentido

crítico non contribúe a desenvolver unha

perspectiva superadora. Xunto á aprendizaxe

da experiencia histórica débese afondar nunha

nova síntese teórica da práctica social. Un dos

temas centrais pasa polas relacións mercantís

en que se asentan as iniciativas da “outra economía”.

Unha discusión importante céntrase

na asociación do mercado e o socialismo, especialmente

desde que China sustenta unha perspectiva

de “socialismo de mercado”. É un

debate inconcluso que sostivo Ernesto Che

Guevara en Cuba nos primeiros anos da revolución.

A discusión ía na liña de superar a lei do

valor no socialismo. Segue sendo un tema inacabado

que supón a eliminación das relacións

de intercambio, o que require algunhas definicións

que a propia práctica social non ten resolta

aínda. Aludimos ao tipo de sociedade e ao

modo de vida desexábel. Na Cartas Magnas recentemente

elaboradas de Bolivia e Ecuador

alúdese ao “Bo Vivir” ou a “Vivir Ben”, sendo

iso unha categoría

contraditoria co paradigma

occidental (capitalista)

asociado ao

patrón de consumo

(asimétrico entre países

e dentro destes) e

de produción (incluíndo

a destrución do

medio ambiente). É

unha categoría vincu-

É a dinámica da loita de

clases, onde non existe

a repetición mecánica

dos procesos previos.

Todos somos -de forma

contraditoria- parte

dunha aprendizaxe

colectiva.

lada ao rescate de formas de concibir a sociedade

por parte das comunidades orixinarias.

Que significa vivir ben? É unha resposta que

pode incluír, seguramente, respostas diferentes,

segundo sexa o lugar de cada quen no proceso

de produción, distribución e consumo. As

formas mercantís son históricas e é bo preguntarse

acerca da perspectiva histórica dunha

forma de intercambio que levou até límites inimaxinábeis

o desenvolvemento das forzas produtivas

da sociedade e con iso desenvolveu o

capitalismo e as súas formas estatais e institucións

que hoxe explican a depredación da natureza

e a sociedade.

É posíbel construír alén da lóxica do intercambio,

da lei do valor? En Cuba discutiuse e China

tenta facer a súa propia síntese. Bolivia formula

un propósito, a construción do cal pode derivar

en novas sínteses teóricas que parten da recuperación

de prácticas e valores ancestrais. O

dito está máis aló da valoración sobre os países

e procesos mencionados, pero ten a ver coa posibilidade

en tempo presente dunha discusión

81

Manifestación en La Paz, Bolivia


82

Fábrica auxiliar do automóbil, Vigo

sobre asuntos transcendentes para o desenvolvemento

social. Bolivia está dentro do capitalismo

e, porén, formula unha categoría que

pode concibirse como revolucionaria. China defínese

polo socialismo e existen dúbidas sobre o

seu destino (socialismo-capitalismo) a partir da

crecente mercantilización. Como vemos, non só

se trata de discutir o mercado a partir do cambio

nas relacións de produción. O tema é o propio

modo de producir, distribuír e consumir.

Non chega coa formulación do alternativo,

senón que hai que verificar na práctica a construción

doutra orde social. Pero acordemos que

a relación de intercambio expresa un cambio de

equivalentes e que, polo tanto, o problema non

é a lei do valor, senón a capacidade de explotación

explicada na lei da plusvalía. É o intercambio

non equivalente da forza de traballo por

salario o que xera produción de excedente e

unha apropiación privada do produto social. O

problema entón está nas condicións do intercambio

de forza de traballo por salario, base

económica da construción da sociedade capitalista.

Esa relación social de explotación é constitutiva

da sociedade civil e sobre ela aséntase o

conxunto da dominación do capital sobre o traballo

e a sociedade. As formas de remuneración

no socialismo e a utilización do excedente para

unha apropiación social aparecían como tema

esencial na economía política e a política económica

do socialismo. Segue sendo un tema na

discusión acerca da distribución do ingreso e da

riqueza.

Insistimos nalgunha oportunidade sobre a dua-

lidade establecida entre mercado e Estado, outorgando

desde importantes sectores da esquerda

e o movemento popular, virtudes ao

segundo e concentrando os problemas no primeiro.

En realidade, o mercado (capitalista) é

produto do desenvolvemento do ciclo do capital

e a súa acumulación, do mesmo xeito que o

Estado capitalista é unha construción histórica

asociado ao desenvolvemento do capital. Que o

Estado apareza disociado do seu creador, o capital

(relación social de explotación) e en funcións

que o imaxinan máis aló do conflito e as

clases sociais, non omite a súa funcionalidade

para asegurar a acumulación capitalista. É por

iso polo que cómpre falarmos de mercado e Estado

capitalista e, en todo caso, promover a discusión

para a disputa política do Estado e a

capacidade de subverter as leis do intercambio

a favor dunha “outra economía”.

Isto que semella un debate abstracto, ou teórico,

ten as súas implicacións na vida cotiá,

posto que no capitalismo as iniciativas asociativas

e non lucrativas, ou as propias empresas

do Estado, producen para o mercado e como

tales son absorbidas pola lóxica mercantil capitalista

e parte do proceso de xeración e distribución

da plusvalía. O asunto é como xerar

condicións para contrarrestar esta tendencia

obxectiva. É un cuestión para formular respecto

da apropiación da renda petroleira nos países

con vocación transformadora e con empresas

petroleiras administradas polo Estado, pero

tamén para aqueles onde se avanzou en procesos

de privatización parcial ou total a fin de pór

en marcha mecanismos e institucións que revertan

a apropiación privada desa renda. A discusión

chega ás iniciativas e aos seus vínculos

mercantís, na relación cara a provedores, usuarios

ou consumidores (clientes), como co persoal

(asociado ou contratado) se o houber.

As entidades solidarias e o mercado é unha

cuestión que non se pode deixar de abordar na

discusión da “outra economía”. Débese planificar

ese vínculo e tentar pensar en iniciativas

que se articulen na cadea de produción de

valor, desde o proceso de produción, distribución

e consumo. Trátase de xerar unha cadea

de cooperación entre formas estatais, cooperativas,

comunitarias e asociativas diversas den-


tro dun mesmo país e máis aló a nivel rexional

e global. Obxectivamente, estarase sendo parte

do mercado capitalista e su-bordinándose a esa

lóxica capitalista, pero xerando desde xa unha

institucionalidade consciente para unha organización

alternativa da orde social. Non chega

con pensar na revolución política para transformar

a sociedade, senón que se trata de avanzar

na construción de subxectividade para

outras relacións sociais no propio capitalismo,

á vez que se disputa o poder da sociedade e do

Estado.

É unha reiteración sinalar o carácter “consciente”

da nosa reflexión, porque o dato obxectivo

é a dominación do capital no mercado e no

Estado, o que leva a que moitas experiencias

orixinadas con boas intencións por sectores do

movemento popular terminen sendo absorbidos

pola lóxica do mercado e do sistema. Existe

unha presión social para rebaixar os custos de

produción e iso supón relacións de competencia

con provedores, usuarios e/ou traballadores

ou os propios retornos dos asociados

cooperativos cando corresponder. Rebaixar

custos para mellorar a rendibilidade é parte

dunha lóxica xeral imposta polo capital. Claro

que o excedente debe ser buscado tamén nas

empresas estatais e asociativas sen fin de lucro,

pero para o desenvolvemento da iniciativa, da

cadea integrada de valor, ou directamente para

a promoción do desenvolvemento social no seu

conxunto. Nunca para o interese egoísta dos

implicados de forma directa e sempre en perspectiva

do desenvolvemento alternativo.

Cómpre para a nosa reflexión asociar a extensión

de formas alternativas de organización socioeconómica

que desenvolve o movemento

popular, en contestación aos efectos da orde social

capitalista imperante a comezos do século

XXI e entender estas como signos de constitución

de suxeitos en loita contra o capitalismo e,

máis aínda, na perspectiva polo socialismo. Así,

o programa de defensa das empresas públicas

onde estas non foron privatizadas, ou a reestatización

destas onde foron entregadas ao capital

privado, son parte da construción de

suxeitos que loitan por “outra economía”. Aclaramos

que non se trata de reproducir a anterior

experiencia de empresa estatal subordinada á

lóxica do capital,

senón que supoñemos

un protagonismo de

usuarios e traballadores

na toma de decisións

e que contribúa

á disputa en prol

dunha función transformadora

do Estado.

É tamén discutir que

tipo de empresa estatal

e que suxeito a

protagoniza para emprender

o camiño da

t r a n s f o r m a c i ó n

social 85 . É unha cuestión de construír materialidade

consciente para a “outra economía”.

Queremos dirixirnos á constitución de suxeito

no Estado e na disputa deste, pero tamén alén

do Estado e por iso o suxeito dá en construírse

tamén nas iniciativas socioeconómicas que impulsa

o movemento popular, en ocasións co

apoio do Estado e noutras con este como contrapeso.

A construción da alternativa a que

alude esta reflexión concéntrase na constitución

de suxeitos conscientes para asumir os

desafíos dunha época e un territorio. Referímonos

a América Latina e o Caribe nun momento

en que se xeran expectativas de cambio,

que só se materializarán se avanza a construción

dun imaxinario popular xeneralizado, que

poida constituírse nunha práctica de produción

e reprodución da vida baixo paradigmas que

exclúan a dinámica da explotación humana. Iso

supón unha articulación de ideas e de suxeitos

que combaten o poder económico, ideolóxico,

político e militar actuante en cada país, rexión

e no ámbito mundial. Iso fai imprescindíbel a

construción de bloques históricos para a transformación

con capacidade de ofrecer respostas

creativas ao desafío de promover “outra economía”

no marco dunha nova orde.

83

Non chega con pensar

na revolución política

para transformar a

sociedade, senón que se

trata de avanzar na

construción de

subxectividade para

outras relacións sociais

no propio capitalismo,

á vez que se disputa o

poder da sociedade e do

Estado.

85 A xeito exemplo pode pensarse na pugna do goberno de Hugo

Chávez por definir o control da estatal petroleira. A burocracia de

PDVSA estableceu o boicot ás políticas do goberno central en Caracas

e só cun cambio profundo na dirección da empresa a mediados

do 2002 poder modificar a orientación da empresa e

subordinala ao proxecto estratéxico do goberno.


Mobilización en México

Manifestación en Grecia


Conclusións

Realizado o percorrido teórico e histórico resulta

importante ensaiar algunhas ideas que,

aínda que se presentan neste apartado a xeito

de conclusión, non resultan concepcións pechadas

e absolutas, senón pola contra pretenden

ser iniciadoras de novas preguntas de

investigación. Doutra banda, non está de máis

aclarar que se trata dunha análise inconclusa,

dado que o obxecto de estudo (a crise capitalista)

é un fenómeno inacabado, presente, polo

cal se presta a sucesivas (re)interpretacións.

Feitas as excepcións das liñas que seguen, intentemos

esbozar as nocións básicas que se

desprenden da análise aquí realizada.

Primeiro. Insistiremos en que a relación capital

traballo é constitutiva da orde social capitalista

no seu conxunto, é a base sobre a que se sustenta

a materialidade concreta nas súas múltiples

dimensións ideolóxicas, políticas e

culturais. A relación de explotación explica a

orde vixente, cuxa crise actual motiva o debate

acerca da súa superación baixo a continuidade

capitalista ou en contra do sistema. Esa é a disputa

a escala global. O réxime do capital presiona

en favor da continuidade do programa

liberalizador que, no seu momento, inspirou a

transnacionalización na saída da crise dos 70. É

o programa do poder económico no capitalismo

desenvolvido e nos seus instrumentos de converxencia

global, tales como o Banco Mundial,

o Fondo Monetario Internacional, a Organización

Mundial de Comercio, ou o G20, constituídos

expresamente para tales fins.

Segundo. A crise capitalista é un feito e unha

oportunidade. Existen dous suxeitos en loita

por ordenar o sistema e superar a crise. Dun

lado, o poder económico que organiza desde a

centralidade das transnacionais o poder maioritario

dos Estados capitalistas e os organismos

internacionais e outros ámbitos de articulación,

como o G-20. Do outro, preséntase un conglomerado

diverso e non organizado de movementos

populares e gobernos que mesmo

fragmentadamente

poñen en marcha un

programa contra a

orde en crise e as súas

institucións. Nese camiño

oriéntanse o

cuestionamento da

Débeda Externa, os

rexeitamentos a tribunais

do estilo CIADI e

a eliminación de Tratados

Bilaterais de Investimento

e Tratados

de Libre Comercio.

Terceiro. A nosa hipótese

asume que a 20 anos da caída do muro reaparecen

condicións subxectivas para

recuperar unha posíbel ofensiva polo socialismo.

En todo caso trátase dun vieiro a construír,

repensando a crítica ao capitalismo para

refundar un ciclo de ofensiva popular para percorrer

o camiño do capitalismo cara ao socia-

85

A nosa hipótese asume

que a 20 anos da caída

do muro reaparecen

condicións subxectivas

para recuperar unha

posíbel ofensiva polo

socialismo. En todo

caso trátase dun vieiro

a construír, repensando

a crítica ao capitalismo

para refundar un ciclo

de ofensiva popular.


86

lismo. Supón tamén un balance crítico acerca

da experiencia socialista e unha renovada procura

por construír a sociedade sen explotación.

A nosa reflexión vai na liña de pensar en termos

de crise e iniciativa política das clases

constituídas en suxeitos activos para definir o

rumbo. Cómpre nese sentido termos presente

o carácter ofensivo da estratexia das clases subalternas

desde a súa formulación orixinaria

polos clásicos do socialismo até a derruba so-

A saída capitalista da

crise baséase en maior

explotación da forza de

traballo mundial.

viética. Esta situación

xerou un cambio de

sentido no imaxinario

popular mundial afectando

a perspectiva

dun rumbo anticapitalista.

Cuarto. Se, como cremos, a saída é en prol da

alternativa anticapitalista e socialista, grave

sería que se repetise a historia de “solución” á

última crise de estanflación, é dicir, que asistísemos

novamente á experiencia do ano 2001,

xa que iso supón a profundación do militarismo

e a agresión expansionista das principais potencias

do capitalismo, agudizando as asimetrías

que se veñen dando nas últimas décadas

entre as ostensíbeis riquezas duns poucos e a

miserabilización da maioría da poboación

mundial. É imperioso alertar da previsíbel reiteración

de políticas afíns ás construídas nos 80

e 90, décadas perdidas para América Latina na

cualificación que fixo a CEPAL, especialmente

para o primeiro decenio e a metade do segundo.

A realidade é a crise da economía mundial e a

resposta que explica a “recuperación económica”

ou “saída da crise” dos principais países

capitalistas baséase en desemprego,

empobrecemento e fame en todo o planeta, é

dicir, que a saída capitalista da crise se basea

en maior explotación da forza de traballo

mundial. Alguén sosterá que non é novidade.

É verdade, a explotación é a sempiterna forma

de funcionamento do réxime do capital, tal

como explicou Karl Marx en 1857/58 nos seus

estudos previos á publicación da súa máxima

obra “O Capital” en 1867. O novo non resulta

do recoñecemento da plusvalía en 2010,

senón a expresión, por agora minoritaria, de

experiencias sociopolíticas que se pronuncian

en prol dunha saída anticapitalista e polo socialismo.

Nesta definición radican os límites de proxectos

políticos que ao promover a superación do capitalismo,

condenan os seus intentos transformadores

(no caso que os houbese) á lóxica do

réxime do capital en tempos de transnacionalización.

En todos os países da rexión en que se

xerou expectativa de cambios progresistas discutiuse

e discútese como asegurar unha herdanza

política transformadora no plano

institucional. Foron os temores de descontinuidade

de goberno en Uruguai, desmentidos

co recente triunfo da Fronte Ampla e é parte do

debate actual en Brasil. Lembremos que foi hipótese

comprobada en Chile (Piñera). Que pasará

en Arxentina? Trátase dun escenario

agravado pola contraofensiva militarista posta

de manifesto coa reinstalación da IV Flota; as

leis de seguridade nacional; o golpe de estado

en Honduras e as súas amañadas eleccións; a

potenciación da presenza estadounidense en

Colombia coas novas bases militares; o brutal

desembarco de 10.000 marines en Haití, engadindo

forza armada á ocupación incrementada

nestas horas das tropas de Nacións Unidas; e a

recente presenza de marines en Costa Rica.

Toda unha resposta do poder global ao desafío

dunha perspectiva emancipadora na rexión latinoamericana

e caribeña.


Quinto. A inflexión, a novidade desta, vén dada

pola reaparición da crítica ao capitalismo e a

formulación do obxectivo socialista. Non é un

camiño irreversíbel e menos maioritario, pero é

unha realidade. Por iso, e no debate nacional

argumentamos contra a “autonomía” do Banco

Central arxentino e especialmente contra o pagamento

da débeda, con reservas ou con fondos

fiscais. A débeda non debe pagarse ante a

enorme débeda cos empobrecidos. A lista de

acredores dunha débeda social interna é tan inmensa

que non se pode propoñer cancelar

antes as débedas con outros acredores. En todo

caso é un debate no que debe participar o conxunto

da sociedade. Que débeda se ten que cancelar

antes? Hai tempo demostrouse que os

chamados debedores somos os acredores, que é

hora de poñer fin á transferencia de riqueza e

ingresos desde os pobos ao capital máis concentrado

do capitalismo transnacionalizado.

Hai cambio de tendencia agora? Si, haino e

devén da acumulación de poder popular, que

reivindicadora do Non (ao ALCA, á débeda externa,

á militarización, entre outros) soubo construír

alternativas políticas que desafiaron a

hexemonía discursiva do neoliberalismo en Latinoamérica

e o Caribe. Hainos que só quedaron

na crítica ás políticas hexemónicas nos 90 e outros

foron máis aló. Algúns anímanse a criticar o

capitalismo, mesmo a desandar ataduras do sistema

mundial, as súas institucións e convencións

subxectivas de que é o que se pode facer.

Ecuador levou adiante unha auditoría da débeda

externa que lle permitiu descoñecer parcialmente

obrigas con acredores que demandaban

privilexio de cobro por riba das necesidades sociais

internas. O goberno de Bolivia nacionalizou

os hidrocarburos e retirouse do CIADI,

instrumento do Banco Mundial para defender os

intereses dos capitais transnacionais. Mencionamos

xa a integración no ALBA, e engadamos

a innovación propositiva dunha “nova arquitectura

financeira internacional” que se afianza coa

creación do Banco do ALBA e o SUCRE con pretensión

de moeda rexional, pero inclúe tamén o

demorado Banco do Sur e outras iniciativas de

vertebración económica rexional.

A expectativa mundial que xera a rexión latinoamericana

e caribeña está sustentada na mobi-

lización e resistencia

ás políticas regresivas

e reaccionarias de

saída capitalista á

crise dos anos 70 (década

perdida nos 80 e

medio perdida nos 90

segundo a CEPAL).

Entre as campañas

sociopolíticas de mobilización

popular, os

conclaves globais tipo

A expectativa mundial

que xera a rexión

latinoamericana e

caribeña está

sustentada na

mobilización e

resistencia ás políticas

regresivas e

reaccionarias.

FSM desde 2001 e os novos gobernos emerxentes

contra o neoliberalismo xestáronse as

esperanzas de cambio alén do propio continente.

América Latina e o Caribe transformáronse

en laboratorio de estudos para o

pensamento crítico e o movemento popular

mundial. Claro que a tendencia foi á igualación

das experiencias, sen percibir que, nun proceso

dunha década, Venezuela pasou dunha concepción

de “terceira vía” (1999 a 2004) a soster

o seu “Socialismo do Século XXI” (desde decembro

do 2004); e Bolivia, que esbozou unha

proposta de “capitalismo andino” ao comezo do

primeiro goberno, propón actualmente o “socialismo

comunitario”. Detallamos que tanto

Ecuador como Bolivia inclúen novidades xurídicas

importantes nos seus renovados réximes

constitucionais, onde a categoría do “Bo Vivir”

sorprende, cando menos, aos intelectuais neoclásicos

da corrente principal (mainstream)

hexemónica. Noutros casos, o discurso non foi

máis aló da crítica ao neoliberalismo, para

87

Mural en Caracas, Venezuela


88

manter a perspectiva capitalista. É o caso da

Arxentina, onde a importante quita da débeda

pública arxentina no troco de 2005 se esteriliza

na actual reapertura do troco, o pagamento anticipado

ao FMI en 2006, a vontade negociadora

coa espuria débeda reclamada polo Club

de París, maioritariamente contraída en tempos

da ditadura xenocida de 1976-83. Brasil

asume con China, India e outros Estados o camiño

do desenvolvemento capitalista do sur, tal

como se evidenciou no cumio de Copenhague,

reclamando un lugar na división internacional

capitalista do traballo. E Chile? Abondaría con

ler os importantes estudos económicos dos intelectuais

chilenos Graciela Galarce e Orlando

Caputo que veñen denunciando desde hai máis

dunha década a funcionalidade capitalista dos

gobernos da Concertación.

En síntese, falamos de inflexión para unha

saída popular porque a novidade ao final da

primeira década do século XXI é a crise do capitalismo

e a existencia, polo de agora minoritaria,

dun proxecto socialista. Constitúe unha

cuestión aberta o percorrido que vai ter a loita

para saír da crise. O papel do poder vai na liña

do logro dos consensos internacionais para a

continuidade da depredación da natureza e a

explotación dos recursos materiais e da forza

de traballo. Que papel asumirán os pobos para

afirmar un proxecto emancipador? O interrogante

é cal dos suxeitos en contradición se vai

impoñer.

Manifestación na Coruña


Bibliografía

II Congreso del Pueblo “Un pueblo, un congreso,

toda la esperanza. La causa de los pueblos

no admite la menor demora”, Montevideo;

14, 15 e 16 de agosto de 2008.

“Informe sobre seguimiento mundial 2009.

Una emergencia de desarrollo”; Banco Mundial;

Dispoñíbel en:

http://siteresources.worldbank.org/INTGLO-

MONREP2009/Resources/GMR2009-Spanish_ovw.pdf

Anteproyecto para la 1ª. Reforma Constitucional

de la Constitución de la República Bolivariana

de Venezuela; agosto de 2007.

Dispoñíbel en:

http://www.nodo50.org/plataformabolivariana/Externos/AP-RefConst.pdf.

Banco Mundial; “Actualización trimestral

China, marzo 2010”; Dispoñíbel en:

http://web.worldbank.org/WBSITE/EXTER-

N A L / B A N C O M U N D I A L / N E W S S P A -

NISH/0,,contentMDK:22508677~menuPK:10

74631~pagePK:34370~piPK:34424~theSitePK:1074568,00.html

Caputo Leiva, Orlando; El capital productivo y

el capital financiero en la economía mundial y

en América Latina; en Gambina, Julio C. e

Estay Reino, Jaime (comps.); Fundación de investigaciones

sociales y políticas, FISYP; Bos

Aires; 2007.

Caputo Leiva, Orlando; Estados Unidos y

China: ¿locomotoras en la recuperación y en

las crisis cíclicas de la economía mundial?, en

Estay Reyno, Jaime (comp.); “La economía

mundial y América Latina. Tendencias, problemas

y desafíos”; Consejo Latinoamericano

de Ciencias Sociales CLACSO; Bos Aires;

2005.

Castro, Fidel; “La cancelación de la deuda externa

y el nuevo orden económico internacional”.

“No hay otra alternativa: la cancelación de

la deuda”. “Pagar tributo al imperio o pagar tributo

a la patria”. Os tres textos de Editora Política,

A Habana 1985.

Comunicado ATTAC España; “El G20 no puede

dar más de sí. Entendemos que tampoco lo pretende”;

29 de setembro de 2009.

Comunicado de ATTAC Francia; “El G20, tres

veces cero y nuevas gesticulaciones en vano”;

28 de setembro de 2009.

Constitución de la República Bolivariana de

Venezuela; 1999.

Constitución de la República del Ecuador;

2009.

Constitución Política del Estado Plurinacional

de Bolivia, 2009.

Coraggio, José Luis; Transformar las políticas

sociales; en “Diario Página 12”; Bos Aires; 3 de

febreiro de 2009.

Declaración de Quito “Sobre el financiamiento

para el buen vivir y la vigencia de los derechos

de la naturaleza”; 6 de agosto de 2009. Dispoñíbel

en:

http://www.cadtm.org/Declaracion-de-Quitosobre-el

Declaración final de la Cumbre de los Pueblos

del Sur “Por un modelo productivo que garantice

la Soberanía Alimentaria de los Pueblos”;

Posadas, 27, 28 e 29 de xuño de 2008.

Fernández Durán, Ramón; “El crepúsculo de

la era trágica del petróleo. Pico del oro negro y

colapso financiero (y ecológico) mundial”;

Editorial Virus e Libros en Acción; España;

2008.

Fondo Monetario Internacional “Perspectivas

de la Economía Mundial. Sustentar la recuperación”;outubro

2009. Dispoñíbel en:

http://www.imf.org/external/spanish/pubs/ft

/weo/2009/02/pdf/texts.pdf

89


90

GRAIN; “Las corporaciones siguen especulando

con el hambre”; abril de 2008. Dispoñíbel

en:

http://www.grain.org/seedling/?id=596

Hernández, Gustavo; “Banco del ALBA y el financiamiento

al desarrollo”; Secretaría permanente

del SELA (Sistema Económico

Latinoamericano y del Caribe); Caracas; xuño

2008. Dispoñíbel en:

http://www.sela.org/DB/ricsela/EDOCS/SRed

/ 2 0 0 8 / 0 6 / T 0 2 3 6 0 0 0 0 2 8 8 4 - 0 -

Banco_del_ALBA_y_el_financiamiento_al_d

esarrollo.pdf

Krugman, Paul; “El mundo ante la tercera depresión”;

xornal La Nación; 29 de xuño de

2010.

Mariátegui, José Carlos; “Obras”; Casa de las

Américas; El Vedado - A Habana; Tomos I e II;

marzo de 1982.

Marx, Carlos; “Critica al programa de Gotha”;

Ricardo Aguilera Editor, Madrid; 1971.

Marx, Carlos; “El Capital”; Fondo de Cultura

Económica; México; 2000.

Ollin Wrigth, Erik; Los puntos de la brújula.

Hacia una alternativa socialista; “New Left

Review” Nº 41; Madrid, Ed. Akal, novembro/decembro

2006. Dispoñíbel en:

http://www.ssc.wisc.edu/~wright/PuntosBrujula--NLR41.pdf

Organización para la cooperación y el Desarrollo

Económico, “Economic survey of Japan

2009”, setembro de 2009. Dispoñíbel no sitio

oficial do organismo:

www.oecd.org

Organización para la Cooperación y el Desarrollo

Económico, “Principales indicadores

económicos”. Marzo 2010. Dispoñíbel en:

http://www.oecd.org/dataoecd/43/20/412-

61417.pdf

Organización das Nacións Unidas para a agricultura

e a alimentación (FAO); “El Estado de

la inseguridad alimentaria en el mundo 2009.

Crisis económicas: repercusiones y enseñanzas

extraídas”; Roma 2009. Documento dispoñíbel

en:

http://www.fao.org/docrep/012/i0876s/i0876

s00.htm.

Poulantzas, Nicos; “Estado, poder y socialismo”;

Siglo XXI; México; 1991.

Primera Carta abierta a Primera carta

abierta a los presidentes “Por un Banco del Sur

acorde con los derechos, necesidades, potencial

y vocación democrática de los pueblos”, 7 de

xuño de 2007. Dispoñíbel en:

http://www.vientosur.info/documentos/Banco

%20del%20sur%2026Abril08.pdf

Segunda carta abierta “Por un Banco del Sur

orientado a una matriz soberana, solidaria, sustentable

e integradora para el desarrollo del

continente”; 9 de decembro de 2007. Dispoñíbeis

en:

http://www.vientosur.info/documentos/Banco

%20del%20sur%2026Abril08.pdf

Smith, Adam; “Causa de la riqueza de las naciones”,

Alianza; Madrid; 2002.

Stiglitz, Joseph E; Lo que aprendí de las crisis

económicas mundiales; en “Mundo Global.

¿Guerra Global?”; Ediciones Continente; Bos

Aires; 2002.

Stiglitz, Joseph; “El malestar en la globalización”;

Traducción de Carlos Rodríguez Braun;

Taurus; Bos Aires; xullo de 2002.

Toussaint, Eric; “Banco del Sur y la nueva crisis

internacional”; Ediciones Abya-Yala; Quito;

abril de 2008.

Toussaint, Eric; “La bolsa o la vida: las finanzas

contra los pueblos”; Consejo Latinoamericano

de Ciencias Sociales; CLACSO; Bos Aires;

2004.

Williamson, John. “What Washington means

by policy reform”. Latin American Adjustment.

How Much has Happened? Institute for International

Economics; 1990. Dispoñíbel en:

http://www.iie.com/publications/papers/pape

r.cfm?ResearchID=486

Williamson; John; “A short history of the Washington

Consensus”; Documento presentado

para o debate organizado pola Fundación

CIDOB acerca do Consenso de Washington e la

gobernanza global; Barcelona; 24 e 25 de outu-


o de 2004. Tradución de Gambina, Julio C.

Dispoñíbel en:

http://www.iie.com/publications/papers/williamson0904-2.pdf

Páxinas de internet consultadas

www.alternativabolivariana.org.

www.asambleaconstituyente.gov.ec

www.atermundismo.blogspot.com

www.atilioboron.com

www.attacargentina.blogspot.com

www.bcb.gov.br

www.bea.gov

www.cdtm.org.

www.clacso.org.ar

www.clarin.com

www.congresodelpueblo.org

www.constituyentesocial.org.ar

www.cumbresdelospueblos.org

www.cumbresiberoamericanas.com

www.eclac.org.

www.economist.com

www.encuentrosindical.org.

www.enlazandoalternativas.org

www.fucvam.org.uy

www.g20.org.

www.gobiernoenlinea.ve

www.juliogambina.blogspot.com

www.lanacion.com.ar

www.mecon.gov.ar

www.oecd.org

www.omfc.org.ar

www.pagina12.com.ar

www.presidencia.gov.ec

www.presidenciamercosur.org

www.rebelion.org.

www.redem.buap.mx

www.sela.org.

www.vicepresidencia.gob.bo

www.washingtonpost.com

www.wto.org

91


92

Julio César Gambina

Profesor de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade Nacional de

Rosario (Arxentina), Presidente da Fundación de Investigacións Sociais e Políticas,

FISYP, e integrante do Comité Directivo do Consello Latinoamericano de Ciencias

Sociais, CLACSO. Tamén participa como membro do Consello Académico de ATTAC-

Arxentina e dirixe o Centro de Estudos e Formación do sindicato Federación Judicial

Argentina. Simultaneamente, é columnista sobre Economía e Cooperativismo en

diversos medios xornalísticos da República Arxentina.

More magazines by this user
Similar magazines