Carta de Servizos - Dirección General de Tráfico

dgt.es

Carta de Servizos - Dirección General de Tráfico

GOBIERNO

DE ESPAÑA

XEFATURA PROVINCIAL DE

TRÁFICO DE OURENSE

MINISTERIO

DEL INTERIOR

Carta de Servizos

Calidad

Administración Pública

Novembro 2008


PRESENTACIÓN

Esta Carta de Servizos pretende establecer un compromiso da Xefatura Provincial de Tráfico

de Ourense na atención ao cidadán, co propósito de simplificar e mellorar a calidade dos

servizos, tratando de conseguir unha administración máis áxil e eficiente, que sirva como

garantía da efectividade dos dereitos que teñen os administrados.

O Xefe Provincial de Tráfico

1. Datos identificativos e fins da unidade.

A Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense forma parte da organización periférica do

Organismo Autónomo Dirección Xeral de Tráfico, que depende do Ministerio do Interior.

Ten como misión prestar ao cidadán todos os servizos administrativos que lle corresponden

e realizar as probas para a obtención dos permisos e licenzas de condución, todo iso dentro

do ámbito das súas competencias.

Estes servizos préstanse de forma presencial ou por medio de profesionais, como centros

de tratamento de vehículos, escolas particulares de condutores e xestorías, se ben algúns

trámites se poden solicitar por correo. A información necesaria pódese obter de forma

telefónica, presencial, escrita ou virtual.

Para cumprir as súas funcións, na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense traballan 44

empregados públicos.

2. Relación de servizos que presta a Xefatura Provincial de Tráfico de

Ourense.

Trámites relativos a vehículos.

• Matriculación de vehículos de motor, remolques, semirremolques e

ciclomotores.

• Anotación de cambios de titularidade.

• Informes de titularidade.

1


• Duplicados de permisos e licenzas de circulación por deterioración, extravío e

roubo.

• Renovacións do permiso e licenza de circulación por cambio de domicilio ou

denominación do titular e por cambio de destino ou características do vehículo.

• Baixas temporais e definitivas.

• Rehabilitacións.

• Compulsa de permisos e licenzas de circulación, tarxetas de inspección técnica

de vehículos (ITV) e demais autorizacións de circulación.

• Autorizacións temporais de circulación.

• Autorización e rexistro de centros manipuladores e expendedores de placas de

matrícula.

• Autorización para a instalación de sinalización luminosa en vehículos

prioritarios, agrícolas e en determinados vehículos destinados a obras e

servizos.

Trámites relativos a condutores.

Probas para a obtención de permisos e licenzas de condución de vehículos.

• Realización de probas teóricas para a obtención de permisos e licenzas de

condución.

• Realización de probas teóricas específicas para a obtención de autorizacións

para conducir vehículos destinados ao transporte de mercadorías perigosas.

• Realización das probas prácticas de destreza e/ou de circulación en circuíto

aberto para a obtención dos permisos de condución das distintas clases.

Autorizacións.

• Expedición e prórroga de permisos e licenzas de condución de ámbito nacional

e internacional.

• Expedición e prórroga de autorizacións para conducir vehículos de transporte

escolar ou de menores e de vehículos destinados ao transporte de mercadorías

perigosas.

• Expedición de duplicados de permisos e licenzas de condución, por roubo,

extravío ou deterioración.

• Expedición de certificados de historial do condutor.

2


• Expedición de certificados de antecedentes obrantes no Rexistro de

Condutores e Infractores.

• Trocos de permisos de condución expedidos por outros países do Espazo

Económico Europeo, trocos de terceiros países que teñan establecido un

convenio bilateral con España e dos expedidos polas autoridades militares.

• Compulsa das autorizacións administrativas que habilitan para a condución de

vehículos.

• Emisión de informes sobre validez dos permisos de condución non

comunitarios.

• Autorización de cursos a impartir por centros oficiais para a obtención e

prórroga da autorización para conducir vehículos destinados o transporte de

mercadorías perigosas.

• Autorizacións de apertura e funcionamento de escolas particulares de

condutores e as súas modificacións, por alteración dos elementos persoais ou

materiais.

• Inscrición de centros de recoñecemento médico de condutores no Rexistro da

Dirección Xeral de Tráfico, e das modificacións no seu réxime de

funcionamento.

• Inspeccións a escolas particulares de condutores e centros de recoñecemento

médico.

• Instrución e resolución de expedientes de perda de vixencia das autorizacións

administrativas para conducir.

• Seguimento de posibles quebrantamentos de condena penal e de suspensións

administrativas nos permisos de condución. Comunicación a penados das

consecuencias administrativas de condenas penais.

Trámites relativos ao procedemento sancionador.

• Incoación e tramitación de expedientes sancionadores.

• Recepción de documentación correspondente a expedientes sancionadores.

• Cobramento de sancións impostas en expedientes tramitados en calquera

Xefatura de Tráfico.

• Fraccionamento dos períodos de suspensión dos permisos e licenzas de

condución impostos por esta Xefatura Provincial.

3


• Recollida e xestión das autorizacións administrativas para conducir,

procedentes de sancións firmes ditadas en expedientes sancionadores

tramitados polas Xefaturas de Tráfico.

• Emisión e control das ordes de precinto por carecer de seguro obrigatorio de

automóbiles, ou de inspección técnica de vehículos en vigor.

Seguridade Vial.

• Autorizacións complementarias de circulación.

• Informes para a realización de probas deportivas.

• Detección, estudio e informe de todas aquelas cuestións relacionadas coa

accidentalidade da provincia, entre elas, os puntos negros.

• Informes das paradas de transporte escolar.

Educación Vial.

• Asesoramento sobre educación vial a centros escolares e institucións

interesadas.

• Realización de actividades no ámbito da educación regulada (dende a

educación infantil ata a E.S.O.) con alumnos, pais e profesores.

• Promoción de actividades no ámbito da educación non regulada: adultos,

minusválidos, terceira idade.

• Colaboración co Parque Infantil de Tráfico de Ourense.

• Concursos e representacións teatrais sobre educación vial para diversos

colectivos.

Información

Presencial

Préstase nas oficinas da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, na seguinte

dirección:

Rúa Sáenz Díez, número 45,

32003 - Ourense.

Horario xeral de luns a venres de 9,00 a 14,00 horas

4


Escrita e telemática

A Xefatura contesta ben mediante correo ordinario, fax ou correo electrónico aos

escritos que lle sexan dirixidos por escrito ou de forma telemática e sexan da súa

competencia, no prazo de 15 días en cómputo trimestral

A información escrita pode obterse polos seguintes medios:

Por correo, á dirección Rúa Sáenz Díez, número 45, 32003 - Ourense.

Enderezo electrónico: jptou@dgt.es

Fax: 988 234 517

Telefónica.

Nos teléfonos 988 250 630 e 988 234 311 en horario continuado de atención de

luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

No número de Información de Trámites Administrativos 060.

3. Dereitos concretos dos cidadáns en relación cos servizos.

De acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de Réxime Xurídico das

Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, cando os cidadáns se

relacionan coa Xefatura de Tráfico de Ourense, teñen dereito a obter información e

orientación acerca dos requisitos xurídicos ou técnicos que as disposicións vixentes

impoñan nas solicitudes que se propoñan presentar.

Así pois, os cidadáns teñen, entre outros, os seguintes dereitos:

• A utilizar calquera das dúas linguas oficiais no territorio da Comunidade

Autónoma.

• A recibir información de interese xeral de xeito presencial, telefónico ou

escrito, mediante correo electrónico ou nas páxinas web: www.dgt.es, e

www.060.es.

• A obter información administrativa de xeito rápido e eficaz.

• A ser atendidos de forma directa e persoal.

• A recibir resolución expresa sobre a solicitude presentada.

• A coñecer en calquera momento o estado de tramitación da súa solicitude.

• A ser auxiliados na cumprimentación das súas solicitudes e na redacción

formal dos documentos administrativos que dirixan ás autoridades

administrativas da Xefatura de Tráfico.

• A identificar as autoridades e persoal baixo a responsabilidade do cal se

tramitan os procedementos.

5


4. Formas de colaboración e participación de cidadáns e usuarios.

Os usuarios dos servizos que presta a Xefatura de Tráfico, así como calquera cidadán,

poden colaborar na mellora destes mediante:

• A expresión das súas opinións nas sondaxes que se realizarán unha vez ao ano.

• A presentación de queixas e suxestións sobre o funcionamento do servizo, que

serán incorporadas no correspondente Libro de Formularios de Queixas e

Suxestións.

• Os escritos que, sobre calquera materia e por calquera medio, envíen á

Xefatura de Tráfico.

5. Normativa que reguladora.

Normativa Xeral

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións

Públicas e do Procedemento Administrativo Común (B.O.E. 27 de novembro 1992),

modificada por Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (B.O.E. 14 de xaneiro de 1999).

Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (B.O.E. 10 de

novembro de 1995).

Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre Protección de Datos de Carácter

Persoal (B.O.E. 14 de febreiro de 1999).

Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre Dereitos e Liberadas dos

estranxeiros en España e a súa integración social (B.O.E. 12 de xaneiro de 2000).

Lei 16/1979 do 2 de outubro, sobre Taxas da Xefatura Central de Tráfico (B.O.E. 6

de outubro de 1979).

Lei 18/1989, do 25 de xullo, de Bases sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a

Motor e Seguridade Vial (B.O.E. 27 de xullo de 1989).

Real Decreto Lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto

articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial

(B.O.E. 14 de marzo de 1990).

Normativa relativa a vehículos

• Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (B.O.E.

31 de xullo de 1987).

• Lei 38/1992, do 28 de decembro, de Impostos Especiais (B.O.E. 29 de decembro

de 1992).

6


• Lei 10/1998, do 21 de abril, de Residuos (B.O.E. 22 de abril de 1998).

• Convenio de Xenebra do 19 de setembro de 1949 (B.O.E. 12 de abril de 1958).

• Real Decreto 736/1988, do 8 de xullo, que regula a tramitación de reformas de

importancia de vehículos de estrada e que modifica o artigo 252 do Código da

Circulación (B.O.E. 16 de xullo de 1988). Orde do Ministerio de Ciencia e

Tecnoloxía 3191/2002, do 5 de decembro, por a que se tipifican novas reformas de

importancia e se modifican os anexos I e II do Real Decreto 736/1988, do 8 de

xullo, por o que se regula a tramitación de reformas de importancia de vehículos

de estrada e que modifica o artigo 252 do Código de Circulación (B.O.E. 17 de

decembro de 2002)

• Real Decreto 2042/1994, do 14 de outubro, polo que se regula a inspección técnica

de vehículos (B.O.E. 17 de novembro de 1994).

• Real Decreto 1247/1995, do 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de

Vehículos Históricos (B.O.E. 9 de agosto de 1995).

• Real Decreto 2822/1998, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento

Xeral de Vehículos (B.O.E. 26 de xaneiro de 1999).

• Real Decreto 1383/2002 do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ao final da

súa vida útil (B.O.E. 3 de xaneiro de 2003).

• Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto

refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (BOE do 9 de marzo de 2004).

• Orde Ministerial do 14 de febreiro de 1974 que regula a retirada da vía pública e o

depósito de vehículos automóbiles abandonados (B.O.E. do 25 de febreiro de

1974).

• Orde ministerial do 9 de maio de 1977, de normas complementarias ao Real

Decreto 2100/1976, do 10 de agosto, no que se refire á actuación das Xefaturas de

Tráfico en relación cos establecementos dedicados á venda de placas de matrícula

para vehículos automóbiles (B.O.E. 14 de maio de 1977).

• Orde Ministerial do 30 de maio de 1989, sobre certificados para a matriculación de

vehículos (B.O.E. 16 de xuño de 1989).

• Orde do 19 de xullo de 1999, pola que se aproba a Ordenanza do Rexistro de

venda a prazos de bens mobles (B.O.E. 20 de xullo de 1999).

Normativa relativa a permisos de condución.

• Real Decreto 2272/1985, do 4 de decembro, polo que se determinan as aptitudes

psicofísicas que deben posuír os condutores de vehículos e polo que se regulan os

centros de recoñecemento destinados a verificalas (B.O.E. 9 de decembro de

1985). Norma con modificacións posteriores, principalmente polo Real Decreto

772/1997.

• Real Decreto 772/1997, do 30 de maio, polo que se aproba o Regulamento Xeral

de Condutores (B.O.E. 6 de xuño de 1997).

7


• Real Decreto 1295/2003 do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

regulador das escolas particulares de condutores (B.O.E. do 28 de outubro de

2003).

• Orde do 22 de setembro de 1982, por a que se desenvolve o Real Decreto

1467/1982, do 28 de maio, por o que se determinan as enfermidades e deficiencias

que poden impedir a obtención ou revisión dos permisos de condución ou

restricións aos mesmos e as condicións que deben reunir os certificados e

recoñecementos correspondentes (B.O.E. 5 de outubro de 1982).

• Orde do 13 de maio de 1986, por a que se desenvolve o Real Decreto 2272/1985

que determina as aptitudes psicofísicas que deben posuír os condutores de

vehículos e pola que se regulan os centros de recoñecemento destinados a

verificalas (B.O.E. 21 de maio de 1986).

• Orde do 18 de xuño de 1986, sobre cursos de formación para condutores de

vehículos que transporten mercadorías perigosas e os centros de formación que

poderán impartilos (B.O.E. 21 de maio de 1986).

• Orde do 4 de decembro de 2000, por a que se desenvolve o capítulo III do título II

do Regulamento Xeral de Condutores, aprobado por Real Decreto 772/1997, do 30

de maio. (Probas para a obtención do permiso para conducir ) (B.O.E. 21 de

decembro de 2000).

• Orde de INT/4151/2004, do 9 de decembro pola que se determinan os códigos

comunitarios harmonizados e os nacionais a consignar en permisos e licenzas de

condución (B.O.E. 20 de decembro de 2004).

• Convenios bilaterais para o troco dos permisos de condución asinados por España

con Andorra, Alxeria, Arxentina, Bolivia, Colombia, Corea del Sur, Chile,

Croacia, Ecuador, Xapón, Marrocos, Paraguai, Perú, República Dominicana,

Suíza, Uruguai e Venezuela.

Normativa relativa ao procedemento sancionador.

• Real Decreto 1398/1993 do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o

exercicio da potestade sancionadora (B.O.E. 9 de agosto de 1993).

• Real Decreto 320/1994 do 25 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de

procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor

e seguridade vial (B.O.E. 21 de abril de 1994).

• Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal (B.O.E do 24 de

novembro de 1995).

Outras disposicións

• Real Decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento

Xeral de Circulación (B.O.E. 23 de decembro de 2003).

• Real Decreto Lexislativo 8/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto

refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos

8


a motor (B.O.E 5 de novembro de 2004) e Regulamento de desenvolvemento,

aprobado por Real Decreto 1507/2008, do 12 de setembro (B.O.E 13 de setembro).

• Real Decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que se establece o marco xeral para a

mellora da calidade na Administración Xeral do Estado (B.O.E do 3 de setembro

de 2005).

• Real Decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servizos de

información administrativa e atención ao cidadán (B.O.E. 4 de marzo de 1996).

• Orde Int/949/2007 do 30 de marzo, pola que se aproba o formulario de queixas e

suxestións do Ministerio do Interior (B.O.E. 12 de abril de 2007).

6. Formas de presentación de queixas e suxestións.

A Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, ten a disposición dos cidadáns o Libro

de Formulario de Queixas e Suxestións.

Os Libros están a disposición dos cidadáns nos seguintes lugares:

• Negociado de persoal da Xefatura Provincial.

• Aula de exames de Santa Cruz de Arrabaldo.

Nos devanditos Formularios, os cidadáns poden deixar constancia das súas queixas

ou expoñer cantas iniciativas ou suxestións estimen convenientes para a mellora do

funcionamento dos servizos.

Tamén se incorporarán aos Libros de Formularios de Queixas e Suxestións as

recibidas por calquera outro medio escrito, sempre e cando conteñan a identificación

e a sinatura do interesado.

Unha vez rexistradas de entrada, devólvese unha copia selada ao cidadán para

constancia da súa presentación.

1. Niveis de calidade que se ofrecen.

Prazos de tramitación das solicitudes presentadas directamente polo interesado.

Como norma xeral resolveranse as solicitudes que conteñan o expediente completo nos

seguintes prazos:

• Tramitación de vehículos: ao presentar a solicitude.

• Solicitudes para a realización de exames para a obtención dos permisos e licenzas de

condución: fixarase a data do exame no momento de presentar a solicitude.

• Expedición de permisos e licenzas de condución de nova obtención: ao día seguinte

de superar o interesado as probas necesarias. *

9


• Solicitudes de prórrogas e duplicados de permisos e licenzas de condución: ao

presentar a solicitude. *

• Solicitude de troco de permisos expedidos pola autoridade policial ou militar, ao

presentar a solicitude e para o troco doutros países, unha vez confirmada a

autenticidade, no mesmo día e no caso de cita concertada, ao presentar a solicitude. *

• Envío de probas solicitadas en expedientes sancionadores: un mes

• Expedición de certificados sobre antecedentes obrantes no Rexistro de Condutores e

Infractores: no día.

• Informes para a realización de probas deportivas: dez días

• Autorización de cursos a impartir por Centros Oficiais, para a obtención e prórroga

da autorización para conducir vehículos destinados ao transporte de mercadorías

perigosas: tres días.

• O prazo de contestación dos escritos recibidos tanto por vía postal como telemática

non superará os 15 días dende a súa recepción na Xefatura.

• Contestación a queixas e suxestións: despois de solicitar os informes e aclaracións

pertinentes, informaráselle das actuacións practicadas e medidas adoptadas, no prazo

de 20 días

1 En caso de permiso en formato de tarxeta plástica, entregarase unha autorización provisional e, posteriormente, a Fábrica

Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) remitirá o orixinal ao domicilio do interesado.

Tempos de espera na atención presencial.

O tempo de espera para a tramitación de solicitudes non superará os 30 minutos en

cómputo trimestral.

Solicitudes de prórroga de vixencia presentadas por correo.

As solicitudes presentadas por correo de prórrogas de vixencia de permiso de

condución resolveranse no prazo de 15 días en cómputo trimestral dende a entrada na

Xefatura; prazo ao que se debe engadir a tramitación do permiso de plástico por parte

da FNMT, de aproximadamente 15 días.

2. Medidas que aseguran a igualdade de xénero, facilitan o acceso ao servizo

e melloran as súas condicións de prestación

Medidas para asegurar a igualdade de xénero:

Analizar e corrixir as actuacións e condutas que impidan ou dificulten o respecto á

igualdade de trato entre homes e mulleres.

10


Principios que rexerán a actividade dos empregados públicos que realizan a

función de atención ao cidadán:

Dirixiranse ao cidadán con amabilidade e cortesía.

Utilizarán unha linguaxe doadamente comprensible, tanto oral como escrita.

Facilitaranlle toda a información necesaria sobre a consulta formulada.

Gardarán a confidencialidade da información facilitada por los cidadáns, así como do

tipo de trámite realizado.

Tratarán de resolver a cuestión formulada coa maior axilidade posible.

3. Sistemas normalizados de xestión da calidade, medio e prevención de

riscos laborais.

A oficina da Xefatura de Tráfico de Ourense dispón dun sistema de aseguramento da

calidade da información e de xestión propia do Organismo do que depende, entre

outras:

Sistemas de información.

Sistema informático único da Dirección Xeral de Tráfico.

Incorporación inmediata de datos relativos a condutores e vehículos ao Rexistro

Central.

Consulta de datos do Rexistro Central dende todas as oficinas.

Confidencialidade da información.

Revisión continua da información que se facilita ao cidadán para a realización dos

diferentes trámites.

Estudios e análise da demanda (Plan de sondaxes).

Realizarase unha vez ao ano sondaxes orientadas a coñecer o grao de satisfacción dos

cidadáns e as propostas que realizan para mellorar o servizo.

Plan de revisión da información.

Trimestralmente revisarase a información ofrecida ao cidadán, co fin de comprobar a

súa vixencia e axeitada estruturación e claridade.

11


Ámbito de Prevención de Riscos Laborais.

Realizáronse as avaliacións de riscos por postos de traballo, as identificacións de riscos

en lugares de traballo (instalacións); elaboráronse os plans de autoprotección

(emerxencia e evacuación); implantouse a vixilancia específica da saúde e formouse o

persoal para a prevención dos seus riscos.

4. Indicadores para o seguimento e avaliación.

Para comprobar o nivel de cumprimento dos obxectivos antes salientados, establécense os

seguintes indicadores do nivel de calidade unha vez sexa instalado o sistema de xestión de

espera.

Indicadores básicos.

1. Porcentaxe de cidadáns atendidos en menos de 30 minutos.

2. Porcentaxe de queixas e suxestións contestadas no prazo de 20 días, despois de

solicitar os informes e aclaracións pertinentes.

3. Porcentaxe de trámites de vehículos realizados no mesmo día da solicitude.

4. Porcentaxe de solicitudes atendidas para a realización de exames, para a obtención

de permisos e licenzas de condución, ao presentar as devanditas solicitudes.

5. Porcentaxe de permisos e licenzas de condución de nova obtención: ao día seguinte

de superar as probas.

6. Porcentaxe de solicitudes de prórrogas e duplicados de permisos e licenzas de

condución que se ultiman á presentación das devanditas solicitudes.

7. Porcentaxe de trocos de permisos de condución, policial e militar, expedidos ao

presentar a solicitude; e nos expedidos por outros países, unha vez confirmada a súa

autenticidade, no día; e en caso de cita concertada, ao presentar a solicitude.

8. Porcentaxe de pruebas,de expedientes sancionadores, enviadas no prazo dun mes.

9. Porcentaxe de certificados sobre antecedentes do Rexistro de condutores e

infractores expedidos no día da solicitude.

10. Porcentaxe de informes para a realización de probas deportivas realizados no prazo

de 10 días.

11. Porcentaxe de autorizacións para impartir cursos en Centros Oficiais, para a

obtención e prórroga da autorización, para conducir vehículos destinados ao

transporte de mercadorías perigosas, no prazo de tres días.

12. Porcentaxe de escritos contestados no prazo de 15 días dende a súa presentación,

recibidos tanto por vía postal como telemática.

12


13. Porcentaxe de solicitudes presentadas por correo de prórroga de vixencia de

permisos de condución resoltas no prazo de 15 días dende a entrada na Xefatura

prazo ao que se ha de engadir a tramitación do permiso en formato de tarxeta

plástica por parte da FNMT, de aproximadamente 15 días.

Indicadores complementarios.

1. Número de cidadáns atendidos directamente en cada un dos negociados.

2. Número total de matrículas definitivas de vehículos a motor, remolques,

semirremolques e ciclomotores.

3. Número de matrículas temporais concedidas.

4. Número total de cambios de titularidade anotados.

5. Número total de baixas definitivas e temporais.

6. Número de informes de titularidade expedidos.

7. Número de duplicados de permiso de circulación expedidos.

8. Número de probas teóricas para a obtención do permiso de condución.

9. Número de probas de destreza para a obtención do permiso de condución

realizadas.

10. Número de probas de circulación en vías abertas ao tráfico para a obtención do

permiso de condución realizadas.

11. Número de permisos de condución expedidos a novos condutores

12. Número de cursos para condutores de vehículos destinados mercadorías perigosas

autorizados.

13. Número de cursos para condutores de vehículos destinados ao transporte de

mercadorías perigosas inspeccionados.

14. Número de prórrogas de permiso de condución tramitadas.

15. Número de trocos de permisos de condución concedidos.

16. Número de duplicados de permisos de condución expedidos.

17. Número de expedientes sancionadores incoados.

18. Número de permisos de condución suspendidos.

19. Número de fraccionamentos da suspensión de permiso concedidos.

13


20. Número de expedientes sancionadores enviados á Axencia Estatal da

Administración Tributaria en vía executiva.

21. Número de expedientes sancionadores enviados á Autoridade Xudicial.

22. Número de expedientes sancionadores sobresidos.

23. Número de recursos presentados.

24. Número de autorizacións complementarias de circulación expedidas.

25. Número de informes de probas deportivas emitidos.

26. Número de chamadas telefónicas atendidas.

27. Número de queixas e suxestións contestadas.

En caso de incumprimento dos compromisos declarados, haberá carta de desculpas do

Xefe de Provincial de Tráfico, comunicando ao cidadán as medidas adoptadas en relación coa

deficiencia observada.

As reclamacións por incumprimento destes compromisos, dirixiranse á Unidade

responsables da Carta.

1. Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.

Dirección Postal:

Rúa Sáenz Díez, 45

32003 Ourense

Teléfonos: 988 250 630 / 988 234 311 / 060

Fax: 988 234 517

Correo electrónico:jptou@dgt.es

Páxina web da Dirección Xeral de Tráfico:http://www.dgt.es

Páxina de información xeral administrativa: http://www.060.es

14


Plano de situación:

Formas de acceso e transporte:

Paradas de Autobuses Urbanos: Liñas. 1,2,3,4,6A,7,8,9,11A,11B,12,13,14,15,16,22,33

2. Identificación e dirección da Unidade Responsable da Carta de Servizos

A Unidade Responsable da Carta de Servizos, encargada de velar polo cumprimento dos

compromisos contidos na Carta e de impulsar as accións de mellora que procedan, é o

Xefe Provincial de Tráfico de Ourense.

A Unidade Responsable da Carta ademais:

a) Impulsará a revisión da información que se facilita aos cidadáns.

b) Impulsará o plan de sondaxes.

3. Outros datos de interese.

Centros de exames descentralizados.

A Xefatura, realiza os exames teóricos e prácticos para a obtención de permisos de

condución nas seguintes poboacións:

-Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense, exames teóricos e de circuíto pechado)

-O Barco de Valdeorras (teóricos e circulacións dous mércores ao mes).

15


Plano de situación Pista de exames de Santa Cruz (Ourense):

Novembro 2008

16


GOBIERNO

DE ESPAÑA

MINISTERIO

DEL INTERIOR

More magazines by this user
Similar magazines