A historia nunca contada de mendel, ratos no laboratorio - Enciga

enciga.org

A historia nunca contada de mendel, ratos no laboratorio - Enciga

A HISTORIA NUNCA CONTADA DE MENDEL, RATOS NO LABORATORIO,

EDUCABARRIÉ

Lois Anxo Rodríguez Calvo

Ángela Arnosa Prieto

Manuel Tuimil Alvariño

No presente traballo preséntase a experiencia de aula, desenvolta no CPI San Sadurniño, sobre o

proxecto Ratos no laboratorio de educaBarrié e se explicitan as posibilidades do proxecto para

mellorar a aprendizaxe da xenética a partires dun proxecto de investigación no laboratorio.

A historia nunca contada de Mendel, ratos no laboratorio

É profusa a literatura sobre didáctica da xenética na que se manifesta a dificultade de aprendizaxe

do alumnado e tamén a dificultade de realizar traballos de tipo práctico debido á falta de adecuación

dos tempos de realización ó horario escolar. Este proxecto pretende, en certa medida, contribuir a

mellorar estes dous aspectos da didáctica da xenética no ensino secundario.

O proxecto Ratos no laboratorio desenvolveuse o curso pasado como proxecto piloto para a

aprendizaxe da xenética en 21 centros educativos de Galicia. O proxecto xorde entre a colaboración

de Xaraleira, empresa adicada á producción de roedores como mascota e para a alimentación de

reptís, e educaBarrie, Fundación Barrié, no marco do programa DIANA de investigación

farmacoxenética.

Neste proxecto facilitouse os centros dúas ferramentas, por unha banda un kit de xenética formado

por dúas gaiolas con unha parella de ratos seleccionados xenéticamente en cada unha co

correspondente material complementario para os seus cuidados e unha unidade didáctica e un

caderno didáctico con formato comíc como material de apoio para desenvolver a experiencia. Por

outra banda, o proxecto pon a disposición dos centros unha plataforma web con formato de blogue

que ten dúas finalidades, facilita información complementaria e coordina e asesora ós centros no

desenvolvemento do proxecto, e serve como punto de encontro entre os distintos centros para

compartir experiencias, resultados e análises dos mesmos.

A guía didáctica, A historia nunca contada de Mendel. Ratos para se introducir no mundo da

investigación científica, orienta ó profesorado sobre as posibilidades de desenvolvemento do

proxecto tendo como referente o desenvolvemento de distintos aspectos das competencias básicas, e

non únicamente da competencia científica.

O programa desenvólvese durante 6 semanas seguindo a seguinte secuencia:

1. Okupas no laboratorio. Chegada e acomodación dos ratos. Semana 1

2. A familia medra. Parto e camada. Semana 2 a 3

3. Científicos en acción. Observacións, recollida e análise de datos. Semana 4 a 5

4. Roendo historias: reflexión sobre a experiencia. Semana 6

De xeito paralelo desenvolvese as seguintes actividades:


1. Información previa do proxecto (contidos teóricos relacionados, investigación sobre as

características dos ratos e os seus coidados, formación de grupos e

división de traballo, etc.).

2. Lectura e realización das actividades do cómic A Historia nunca contada de Mendel , así como

dos problemas e actividades previas que se consideren.

3. Realización e envío dos post para publicar sempre acompañados dunha imaxe ou vídeo e diálogo

nos comentarios do blogue.

O proxecto no CPI San Sadurniño

O alumnado implicado no proxecto no centro foi un grupo de PDC de 4º da ESO con 9 alumnos e

un grupo de bioloxía e xeoloxía de 4º da ESO con 12 alumnos. Dende o principio establecimos

unha rutina de cuidado e observación dos animais que viñan en dúas gaiolas separadas, unha parella

en cada gaiola, e, en teoría, unha das femias xa preñada. Os cuidados diarios baseábanse en

alimentar os animais con unha cantidade de comida determinada que os alumnos debian de pesar,

comprobar a dispoñibilidade de auga e pesar os ratos e anotar o seu peso nunha táboa, sobre todo

para valorar si as femias estaban ou non preñadas. Durante esta fase de acomodación dos ratos

debimos tamén solucionar o problema dos materiais para facerlles a cama, ó final, decidimos

empregar papel de periódico triturado na destructora de papel, un xeito de reutilizar un recurso. No

caso do alimento facilitado, despois da 1ª semana axustamos a dose á baixa xa que observamos que

os ratos non consumían todo o pienso. Esta primeira fase de cuidados e observación fíxose ó final

bastante monótona xa que, aínda que en teoría deberiamos ter o primeiro parto 2 semanas despois

da chegada dos ratos, a femia non viña preñada e tivemos que esperar máis tempo ata que unha das

parellas tivo descendencia. Nesta primeira fase tamén traballamos os contidos do comic con lecturas

en alto na clase e análise e búsqueda de información de aspectos da xenética que ían aparecendo. En

colaboración co profesor de Informática realizamos unha stop motion na cal puidemos ver a

actividade dos ratos ó longo de 4 horas sacando fotogramas cada 20 segundos e despois xuntandoos

co programa correspondente de software libre.

Cando xa por fin tivemos un parto nunha das gaiolas, durante os primeiros días nos limitamos a

alimentar e deixar tranquilos os ratos para evitar posibles problemas de abandono e canibalismo.

Despois de uns días xa puidemos comezar a apreciar as diferencias fenotípicas na prole. Para

recoller os datos de xeito definitivo fotografiamos os ratos e rexistramos os resultados nunha táboa.

Nesta fase presentousenos o problema de diferenciar entre macho e femia. Os alumnos buscaron

información na rede sobre as técnicas para determinar o sexo dos ratos. Os resultados fenotípicos

rexistrámolos nunha táboa e despois fixemos a análise e interpretación dos resultados en base ás leis

de Mendel, culminando deste xeito a última fase do proxecto.

No noso caso, a petición propia, prolongamos a estadía dos ratos no laboratorio ata final de curso


coa finalidade de obter unha nova camada e analizar unha maior cantidade de datos, aínda que a

espera foi infructuosa e soamente logramos unha camada.

Conclusións e oportunidades de mellora

O proxecto conta con un bó soporte tanto loxístico como de asesoramento e posibilidades de

participación a través da plataforma web. No noso caso esta participación puido ser máis profusa o

cal trataremos de mellorar cara ó vindeiro curso.

A presenza dos ratos no laboratorio xerou unha grande expectación na comunidade educativa, e

consideramos que cumpleu unha función moi relevante: achegar ó coñecemento do xeito de

traballar os científicos á sociedade.

O proxecto foi motivador para o alumnado e puxo de manifesto de competencias do alumnado,

entre as que compre destacar: búsqueda de información, autonomía e iniciativa persoal, traballo en

equipo, recollida e análise de datos e interpretación dos mesmos, competencia dixital, elaboración

de informes, valoración do traballo científico e coñecemento e respecto pola vida animal.

Aínda que no noso caso nos limitamos a explicar os resultados observados en base ó coñecemento

das leis de Mendel, poderíaselle dar ó proxecto un enfoque de aplicación do método científico máis

explicito ou a de resolución dun problema real ou verdadeiro.

More magazines by this user
Similar magazines