Guía didáctica do proxecto A historia nunca contada de Mendel

ratosnolaboratorio.com

Guía didáctica do proxecto A historia nunca contada de Mendel

Guía didáctica do proxecto

A historia nunca contada de Mendel

Esta guía trata de servir de orientación ao profesorado que participa no proxecto

A historia nunca contada de Mendel.

Ratos para se introducir no mundo da investigación científica.


INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Índice xeral

- 2 -

ÍNDICE XERAL

1. PRESENTACIÓN

1.1 Xustificación

1.2 Carta de presentación

2. GUÍA DIDÁCTICA

2.1 Estrutura do programa

2.2 Cuestións organizativas

2.2.1 Organización do tempo e do espazo

2.2.2 Información básica e coidados

2.2.3 Preguntas frecuentes

2.2.4 Sobre as publicacións no blogue

2.3 Criterios metodolóxicos

2.3.1 Na aula

2.3.2 No laboratorio

2.3.3 No blogue

2.4 Avaliación

2.5 Integración curricular

2.5.1 A quen se dirixe

2.5.2 Algunhas actividades para traballar por competencias

2.5.3 Programacións

3. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS

3.1 Sobre didáctica da xenética

3.2 Sobre aprendizaxe cooperativa

3.3 Recursos na web

Autores: Carlos de Paz | Marta Sanjuan | Susana Vázquez


INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Presentación

- 3 -

1. PRESENTACIÓN

1.1 Xustificación

A xenética é un dos temas máis recorrentes na didáctica da bioloxía pola dificultade dos seus contidos e pola relevancia ética, económica e social asociada ao seu

desenvolvemento nas últimas décadas (Jiménez, 1990 e Bugallo, 1995). Así, un cidadán que comprenda a xenética básica, será capaz de tomar decisións fundamentadas

sobre temas como enxeñería xenética, biodiversidade ou tratamentos farmacoxénicos.

Ademais da relevancia do seu coñecemento na vida cotiá, a xenética mendeliana aparece nos primeiros postos de dificultade, segundo os resultados das investigacións

en didáctica da bioloxía.

Entre os distintos parámetros que se identifican como fonte de dificultade atópase o derivado da escasa e difícil adecuación ao calendario escolar da experimentación

práctica (Beals,1995).

Tendo en conta estes resultados e tomando como base de partida estratexias didácticas como a desenvolvida por Johnson e Stewart (1990), onde o propio Mendel

presenta o seu modelo conceptual e anima os estudantes a reproduciren o seu famoso experimento a partir de simulacións, desde educaBarrié e en colaboración co

Programa Diana e Xaraleira, invitámosvos a participar nesta experiencia piloto, substituíndo os chícharos por ratos e as simulacións por realidade, para introducir o alumnado

nos principios da xenética mendeliana.

A secuencia metodolóxica que vos propomos na Historia nunca contada de Mendel. Ratos para se introducir no mundo da investigación científica é similar á dun mini

proxecto de investigación. A organización achega o soporte loxístico e material e anímase ao profesorado a desenvolver problemas cuxa resolución implique aos estudantes

na comprensión dos efectos (fenotipo) e as causas (modelos de xenotipo), coma se fosen verdadeiros investigadores en xenética.

Presentámosvos esta nova proposta, que vén apoiada con:

• Kit educativo Leis de Mendel con ratos seleccionados xeneticamente.

• Carta de presentación ao profesorado onde o propio Mendel presenta o programa.

• Un caderno didáctico realizado por Carlos de Paz e ilustrado por Xosé Tomás, que achega o soporte teórico e actividades a desenvolver en paralelo á experimentación.

• Unha guía didáctica na que vos ofrecemos unha serie de suxestións e ferramentas didácticas para traballar co kit na aula: cuestións organizativas, orientacións

metodolóxicas xenerais, apuntes para a condución da sesión en forma de preguntas, consellos e propostas de avaliación e integración na programación de aula.

• Para potenciardes a aprendizaxe colaborativa e compartirdes información dispondes, ademais, dun blogue do proxecto ratos no laboratorio accesible desde a web

de educaBarrié (www.educabarrie.org), onde iremos publicando as experiencias de todos os centros participantes. Para facilitar a xestión da bitácora, propómosvos

o envío de información e imaxes mediante un modelo de formulario descargable desde o blogue.

Esperamos que, co esforzo conxunto de todos e todas, poidamos contribuír a aumentarmos a vocación científica dos adolescentes, mellorar as súas habilidades de

investigación e contribuír ao desenvolvemento do ensino da xenética.


INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Guía didáctica

- 4 -

2. GUÍA DIDÁCTICA

A guía didáctica do proxecto A historia nunca contada de Mendel. Ratos para se introducir no mundo da investigación científica recolle unha secuencia de actividades

dirixida a facilitar a aprendizaxe dos principios básicos necesarios para comprender a xenética, aproximar a investigación ao aula e motivar ao alumnado cara ás disciplinas

científicas.

2.1 Estrutura do programa

O esquema operativo de traballo segue unha secuencia lóxica adaptada aos momentos clave ou fitos desde a recepción do kit no centro:

1. Okupas no laboratorio Chegada e acomodación dos ratos Semana 1

2. A familia medra Parto e camada Semana 2 a 3

3. Científicos en acción Observacións, recollida e análise de datos Semana 4 a 5

4. Roendo historias Roendo historias: reflexión sobre a experiencia Semana 6

Paralelamente a eles iranse desenvolvendo actividades relacionadas coa secuencia didáctica:

1. Información previa do proxecto (contidos teóricos relacionados, investigación sobre as características dos ratos e os seus coidados, formación de grupos e

división de traballo, etc.).

2. Lectura e realización das actividades do cómic A Historia nunca contada de Mendel , así como dos problemas e actividades previas que os docentes consideren

necesarios.

3. Realización e envío dos post para publicar sempre acompañados dunha imaxe ou vídeo e diálogo nos comentarios do blogue.

Cada etapa ou fito componse dunha ou dúas sesións e poden asignarse períodos diferentes aos de clase, dependendo do centro e as características do grupo aula.

2.2 Cuestións organizativas

Para un bo desenvolvemento das actividades propostas neste programa, teredes que ter presentes certas cuestións de índole organizativa, relacionadas co uso dos

espazos e tempos.

2.2.1 Organización do tempo e do espazo

A duración do proxecto, desde a chegada do kit é de cinco semanas, ás que debedes engadir o tempo previo de preparación e o posterior de reflexión. O proxecto

divídese de forma que coincida cos catro fitos clave no proxecto.

Respecto ao espazo, é aconsellable colocar as gaiolas nun lugar tranquilo, como o laboratorio, e nunha zona nin demasiado fría nin demasiado asollada.


INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Guía didáctica

- 5 -

2.2.2 Información básica e coidados

Ver Anexo I.

2.2.3 Preguntas frecuentes

Ver Anexo II.

É aconsellable que estes dous documentos (Anexo I e Anexo II) se coloquen nun sitio visible na aula e no laboratorio, preto da gaiola.

2.2.4 Sobre as publicacións no blogue

Ver Anexo III e as normas de publicación no blogue www.educabarrie.org/ratosnolaboratorio. É conveniente que as normas se repartan fotocopiadas e se comenten na

aula.

2.3 Criterios metodolóxicos

Ademais dos recursos físicos necesarios para a aprendizaxe da xenética que vos propomos, requírense unha serie de condicións contextuais, sen as cales dificilmente

conseguiremos que o noso alumnado interiorice aquilo que pretendemos que aprenda. Estas condicións son, entre outras, as seguintes:

2.3.1 Na aula

1. Por que, para que, quen e como. É recomendable que antes da chegada do kit, profesores e alumnos analicen conxuntamente o programa, para deixaren claros os seus

propósitos formativos, a secuencia dos seus compoñentes e o tipo de traballo que se espera de cada quen.

2. Asegurar unha lectura comprensiva do cómic e vincular as ideas e actividades que nel se presentan, coas actividades que se realicen na clase e cos labores dos alumnos

na observación e a práctica co kit.

3. Realizar actividades complementarias de estudo para fortalecer a formación necesaria para entender e prognosticar o que vai suceder durante o experimento. Para iso,

animámosvos a que compartades cos demais centros a proposta de problemas que ides usar na aula, e anexamos unha pequena lista de recursos.

4. Guiar os pasos da investigación. Propiciar a redacción de notas de lectura, rexistros de observación e de resultados de prácticas. É conveniente que cada alumno ou

grupo de alumnos incorporen un portafolios de traballo durante toda a experiencia.

5. Redactar os post a enviar entre toda a clase. Se a actividade xera outro tipo de materiais desde Bioloxía ou outras disciplinas animámosvos a compartilos desde o

blogue ratos no laboratorio.

6. Animar os estudantes a participaren nos comentarios do blogue para intercambiaren puntos de vista e información con compañeiros e compañeiras doutros centros.

7. Invitar a participar no proxecto a outros grupos de niveis educativos inferiores, docentes doutras disciplinas ou alumnado con problemas de conduta, para que se

poidan responsabilizar do coidado e limpeza dos animais e outros labores.


INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Guía didáctica

- 6 -

2.3.2 No laboratorio

• O primeiro paso é formar grupos, de 3, 4 ou 5 alumnos/as (segundo o número da aula), de forma que sexan heteroxéneos en variables de interese: popularidade

na aula, rendemento, actitude cara ás ciencias, comportamento, etc.

• Ten moi en conta as actitudes e busca as sensibilidades das persoas cara aos ratos. Todo aquel alumno/a que senta rexeitamento ou pequenas fobias ante estes

animais non se debería ocupar de accións que signifiquen proximidade ou contacto con eles.

• Explica clara e detidamente ao alumnado que se vai traballar de forma cooperativa. Trátase de aprender entre todos e axudarse, de compartir coñecementos e

opinións, debater e chegar entre todos e todas ao mellor resultado.

• Unha vez á semana recoméndase un control das actividades realizadas, que pode coincidir co envío do formulario.

• Non contestes directamente ás preguntas que che farán os alumnos, especialmente nos momentos iniciais, axúdalles a recorrer a outras fontes de información, e

a debater entre eles ou con alumnado doutros centros a través do blogue ratos no laboratorio.

2.3.2 No blogue - www.educabarrie.org/ratosnolaboratorio

A didáctica das Ciencias Experimentais actual ten unha clara orientación socio-construtivista e outorga un papel chave á función da linguaxe e do coñecemento

compartido. Con este obxectivo, e para propiciar o debate entre os estudantes dos centros participantes, pomos á vosa disposición o blogue ratos no laboratorio www.

educabarrie.org/ratosnolaboratorio.

Para non aumentar a carga de traballo do profesorado, a organización xestionará o blogue publicando os artigos que lle enviedes a través duns formularios que podedes

descargar desde o blogue.

Como pauta xeral, enviaranse dous post por cada unha das catro fases e todo aquel material que queirades compartir (actividades de aula, contos, vídeos, etc.) podedes

envialos por mail a educabarrie@fbarrie.org. Comparte os teus materiais da bitácora.

O blogue ten dúas grandes categorías, de forma que podedes buscar a información por centros ou por cada unha das etapas chave do proxecto.

Pedimos a vosa colaboración para motivar e orientar os comentarios dos estudantes no blogue.

2.4 Avaliación

• Cada alumno ou alumna, ou cada grupo, en función do que dispoñas, terá o seu portafolio, que podes someter semanalmente a tres tipos de avaliación:

• Avaliación por niveis

de rendemento entre

grupos.

2.5 Integración curricular

2.5.1 A quen se dirixe

• Avaliación do progreso

individual.

• Avaliación da colaboración. (Esta última esixe acordar previamente, con todo o alumnado,

cales son os criterios de colaboración, por exemplo: pedir axuda, axudar, centrar a discusión,

resumir, animar o grupo, etc.).

O público obxectivo son os profesores e alumnos de Bioloxía dede ESO e bacharelato. Aínda así, poden participar alumnos de niveis educativos inferiores e doutras

disciplinas.


INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Guía didáctica

- 7 -

2.5.2 Algunhas actividades para programar en competencias A historia nunca contada de Mendel

Competencia en tratamento da información, competencia dixital, competencia en comunicación lingüística e competencia para aprender a aprender

• Nas viñetas do caderniño téñense coado uns cantos anacronismos. Localizaos e xustificaos situándovos non seu contexto histórico-social verdadeiro.

• Afondar no estudo dalgúns dos personaxes que aparecen nos cadros Se Mendel soubese, nas súas achegas á ciencia e a historia das mesmas.

• Estudar o momento histórico e social asociado a algunhas das datas representadas.

• Procura de personaxes non presentes nos cadros Se Mendel soubese, e igualmente relevantes no desenvolvemento da xenética.

• Crear unha cronoloxía da xenética baseada nas datas que aparecen no caderniño.

• Ampliar a cronoloxía con novos fitos e persoeiros.

• Localizar na Internet unha tradución en castelán ou galego do traballo orixinal de Mendel. Se non o conseguistes: realizar a tradución ao castelán ou galego do traballo

orixinal de Mendel e compartilo na Internet.

• Colaborar activamente no blogue ratos no laboratorio.

Competencia social e cidadá, iniciativa e autonomía persoal

• Estudo dos aspectos éticos e sociais relacionados coa xenética.

• Estudar e debater as diferenzas culturais relacionadas co tratamento, acceso a información e posibilidades de aplicar avances en coñecementos xenéticos á realidade

dos cidadáns.

• Localizar na prensa noticias con compoñentes sanitarios, sociais e/ou en relación á xenética, debatelos dende diferentes puntos de vista, e redactar un documento

de consenso.

• Crear un debate sobre a importancia da investigación en xenética no mundo actual, centrado no medicamento á carta.

• Procurar información para crear unha campaña escolar sobre a importancia da investigación científica no desenvolvemento da sociedade, tomando como referencia

o Programa Diana.

• Desenvolver desde a área de TIE actividades relacionadas co emprendemento, tomando como exemplo de estudo a empresa Xaraleira.

• Colaborar e emprender no traballo en equipo tanto para os coidados dos Ratos como para as publicacións e os comentarios do blogue ratos no laboratorio.

Competencia cultural e artística

• Idear e crear unha produción artística para transmitir ao resto da comunidade educativa e ao mundo o transcurso da experiencia. Banda deseñada, vídeo documental,

emisión radiofónica, fotomontaxe, etc.

• Elaborar historias noveladas ou poemas sobre os ratos.

2.5.3 Programacións

Anexo IV: Programación 4º ESO. Anexo V: Programación 1º bacharelato. Anexo VI: Programación 2º bacharelato.


INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Guía didáctica

- 8 -

3. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS

3.1 Sobre didáctica da xenética

• BUGALLO RODRÍGUEZ, A. (1995) A Didáctica da Xenética: Revisión bibliográfica. Ensino das Ciencias, vol. 13 (3), pp. 379-385.

• BEALS, J.K. (1995) Creative genetics. A lab for all seasons. Journal of College Science Teaching, vol. 24 (3), pp.183-185.

• IÑIGUEZ PORRAS, F.J. (2005) O Ensino da xenética: Unha proposta didáctica para a educación secundaria obrigatoria desde unha perspectiva constructivista. Departament

de Didáctica de lles Ciéncies Experimentades i da Matemática. Universitat de Barcelona. Dispoñible en Internet: [con acceso o 24-1-2011].

• JIMENEZ ALEIXANDRE, M.P. (1990) Xogos de simulación e modelos de Xenética. Ciencias Revistas de Ensinos, vol. (9), pp. 248-256.

• JOHNSON, S.K. e STEWART, J. (1990) Using philosophy of science in currícula development: an example from high schools genetics. International Journal of Science

Education, vol. 12 (3) pp. 297-307.

3.2 Sobre aprendizaxe cooperativa

• JOHNSON, D.W. e cols. (1999): A aprendizaxe cooperativa na aula. Barcelona: Paidós.

• OVEJERO, A. (1990): A aprendizaxe cooperativa. Unha alternativa eficaz ao ensino tradicional. Barcelona: PPU.

3.3 Recursos na web

• The gene chart. Unha táboa dos principais alelos para as cores, marcadores e as principais variedades de ratos. No mesmo sitio atoparás máis información xenética

sobre os ratos. http://www.hiiret.fi/eng/breeding/genetics/chart.html

• Mouse genetics. Outro sitio con ampla información sobre xenética de ratos. http://www.mousegenetics2011.org/

• Mouse husbandry, breeding and development. Cría, mellora e desenvolvemento de colonias de ratos. http://www.research.uci.edu/tmf/husbandry.htm

• Standard karyotype of the mouse, mus musculus (Cariotipo típico do rato). www.oxfordjournals.org/jnls/list/.../63-69.pdf

• Mouse Obesity Gene Map. Mapa xenético con xenes candidatos indutores da obesidade en ratos. http://jn.nutrition.org/content/127/9/1909S.full

• Bioxeo. Excelente páxina de Carlos de Paz onde podedes atopar recursos como esta breve introdución á xenética. http://www.bioxeo.com/wordpress/?p=119

• DNA from the Beginning. Todo o que necesitas saber sobre o ADN. http://www.dnaftb.org/

• educaBarrié. Onde podedes saber máis sobre o Programa Diana e o proxecto A historia nunca contada de Mendel. http://www.educabarrie.org/proxectos/programadiana?af=75

• Xaraleira. www.xaraleira.com

Similar magazines