Guía didáctica do proxecto A historia nunca contada de Mendel

ratosnolaboratorio.com

Guía didáctica do proxecto A historia nunca contada de Mendel

INVESTIGACIÓN

Proxecto A historia nunca contada de Mendel

Guía didáctica

- 4 -

2. GUÍA DIDÁCTICA

A guía didáctica do proxecto A historia nunca contada de Mendel. Ratos para se introducir no mundo da investigación científica recolle unha secuencia de actividades

dirixida a facilitar a aprendizaxe dos principios básicos necesarios para comprender a xenética, aproximar a investigación ao aula e motivar ao alumnado cara ás disciplinas

científicas.

2.1 Estrutura do programa

O esquema operativo de traballo segue unha secuencia lóxica adaptada aos momentos clave ou fitos desde a recepción do kit no centro:

1. Okupas no laboratorio Chegada e acomodación dos ratos Semana 1

2. A familia medra Parto e camada Semana 2 a 3

3. Científicos en acción Observacións, recollida e análise de datos Semana 4 a 5

4. Roendo historias Roendo historias: reflexión sobre a experiencia Semana 6

Paralelamente a eles iranse desenvolvendo actividades relacionadas coa secuencia didáctica:

1. Información previa do proxecto (contidos teóricos relacionados, investigación sobre as características dos ratos e os seus coidados, formación de grupos e

división de traballo, etc.).

2. Lectura e realización das actividades do cómic A Historia nunca contada de Mendel , así como dos problemas e actividades previas que os docentes consideren

necesarios.

3. Realización e envío dos post para publicar sempre acompañados dunha imaxe ou vídeo e diálogo nos comentarios do blogue.

Cada etapa ou fito componse dunha ou dúas sesións e poden asignarse períodos diferentes aos de clase, dependendo do centro e as características do grupo aula.

2.2 Cuestións organizativas

Para un bo desenvolvemento das actividades propostas neste programa, teredes que ter presentes certas cuestións de índole organizativa, relacionadas co uso dos

espazos e tempos.

2.2.1 Organización do tempo e do espazo

A duración do proxecto, desde a chegada do kit é de cinco semanas, ás que debedes engadir o tempo previo de preparación e o posterior de reflexión. O proxecto

divídese de forma que coincida cos catro fitos clave no proxecto.

Respecto ao espazo, é aconsellable colocar as gaiolas nun lugar tranquilo, como o laboratorio, e nunha zona nin demasiado fría nin demasiado asollada.

Similar magazines