Iza - Rede Galega de Empresas

empresagalega.org

Iza - Rede Galega de Empresas

O grupo IZA, composto por Rede Galega de Empresas, AGV e

Serra do Bocelo, con importante presenza no sector económico

galego, e en especial, no sector alimentario ten posto en marcha

un proxecto de promoción dos produtos alimentarios galegos

nunha cidade de Brasil (Rio de Janeiro, San Paulo ou Fortaleza).

Tenda de promoción de

produtos alimentarios galegos no Brasil


O proxecto consiste fundamentalmente na apertura dun

centro destinado a promoción dos produtos agroalimentarios.

Centro que recollera todos clase de produtos destinados a

alimentación e bebida, co obxectivo da súa promoción no

Brasil. Consideramos que a presenza no centro da variedade

destes produtos, así como das actividades industriais

relacionados coa produción alimentar, amais de demostrar a

complementariedade dos mesmos é un perfecto reclamo para

que a sociedade brasileira os visualice na súa totalidade, e así

poda facer a súa escolla

A constatación de a comercialización das nosas

producións ser un dos grandes déficit a superar por parte da

industria agroalimentaria galega, foi o que nos levou a

desenvolver este proxecto coa finalidade de buscar canles de

comercialización para os nosos produtos e deste modo axudar

a buscar novos nichos de mercado.

A escolla de Brasil faise por considerar que é un mercado

emerxente, polo seu crecemento económico e poder adquisitivo.

Por contar con certa experiencia na actividade comercial no

país. Pola presenza de moitos galegos no mesmo e pola

facilidade de entendernos ao partillar un idioma común.

Compromisos para participación de

produtores, pemes e empresas.

1.- Compromiso asinado de querer

participar no proxecto.

2.- Subministrar por parte das empresas

e produtores catálogos en calquera

soporte que serva de promoción dos

seus produtos, así como todo o

relacionado coas normas legais para a

exportación do produtos.

3.- Subministrar os produtos que

queiran comercializar, perfectamente

feito o envase e listos para a súa

promoción.

a nosa oferta aos produtores, pemes e

empresas do sector, concrétase nos seguintes puntos

1.- Centro comercial nunha das cidades indicadas, que contara cos

produtos de pemes, empresas, denominacións de orixe e clúster que

queiran expor e promover os seus produtos.

2.- Estes centros contaran con catálogos permanentes das empresas

ou produtores que participen, así como con proxeccións

audiovisuais e todo tipo de soportes que axuden á promoción

3.- No mesmo centro realizaranse periodicamente degustacións e

catas dos produtos expostos.

4.- Editaranse catálogos comúns con grandes tiradas para facer

chegar os produtos aos sectores interesados.

5.- Contratarase publicidade en prensa especializada, canles de

televisión, prensa diaria, así como exposicións e feiras que se

realicen para o sector.

6.- Establecerase relación coas distribuidores ao por menor e maior

do Brasil

7.- Proporcionarase ás empresas participantes canles de

comercialización.

8.- Realizaranse degustacións, promocións e encontros coas

empresas que individualmente o soliciten

9.- Os participante poderán realizar no centro presentacións

individualizadas, así como catas, degustacións e promocións

especificas dos seus produtos.

10.- Realizarase un asesoramento completo (xurídico - legal) a

todas as empresas que queiran comercializar os seus produtos no

Brasil.

11- Realizaranse os tramites para asistencias as feiras que se

realicen no Brasil, para aquelas impresas interesadas.

12.- Tamén é factíbel recoller neste proxecto, xa que seria

complementario, maquinas agrícolas, instalacións, e servizos de

asesoramento.

13.- Executaremos os proxectos que nos propoñan as empresas

participante relacionados coa comercialización

14.- As actividades de promoción, ao marxe de que o centro se

sitúe nunha determinada cidade, realizaranse por todo Brasil


grupo IZAcomercial:

Rúa Paris, 9A - 5ºB · 15707 · Santiago de Compostela

881 031 472 \ 981 558 172 · izacomercial@gmail.com

Similar magazines