Audi Q3 - Sprint Motor
Audi Q3 - Sprint Motor
Audi Q3 - Sprint Motor
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
Avisadores, detectores e inhibidores

Aínda que a redacción

que se deu ao art. 65,5 h)

da reforma da Lei de Tráfico

non foi en grao sumo

afortunada, o certo é que

na actualidade só están

prohibidos os inhibidores

e calquera mecanismo encamiñado

a interferir no

correcto funcionamento

dos sistemas de vixilancia

do tráfico, entre os que

non se atopan os detectores

porque non provocan

interferencias nin impiden

a medición dos radares. As

diferenzas que existen entre

os distintos sistemas

que hai no mercado son

as seguintes:

- Os avisadores non

utilizan o espazo radioeléctrico

para localizar un

radar senón que se basean

en información estática

introducida de antemán

no navegador. (Ata pode

estar desactualizada).

- Os detectores de radar

si utilizan o espazo radioeléctrico

emitindo un

sinal que lle é devolta se

localiza un radar activo,

sen alterar o seu funcionamento

nin anular o seu sinal.

- No caso dos inhibidores,

o sistema non só

detecta o radar senón que

anula o seu funcionamento

impedindo que poida

captarse a infracción. Este

dispositivo é o único que

está prohibido na actualidade,

sendo sancionado

simplemente o feito de levalo

instalado no vehículo

con multa de 6.000 euros

e a detracción de 6 puntos.

Para os talleres que

os instalen a sanción pode

chegar a 20.000 euros.

O negro domina en Europa e o branco e

o prateado impóñense a nivel mundial

Dende que se publicou

por primeira vez en 1952,

o Informe anual de DuPont

sobre tendencias da cor en

automoción indícanos cales

son as tendencias de cor

imperantes na industria da

automoción a nivel mundial.

O informe correspondente

a 2011, sinala que o

negro e as tonalidades de

negro con efecto seguen

encabezando o ranking de

popularidade en Europa,

cunha cota global do 25%,

e do 40% na categoría de

coches e SUVs de luxo. De

feito, nesta zona mantéñense

no primeiro posto

dende 2007 e os expertos

de DuPont predicen que

o seu dominio continuará

nun futuro próximo.

En Europa, o segundo

lugar do ranking ocúpao o

branco/branco perlado, que

aumentou cinco puntos con

respecto a 2010, ata alcanzar

unha cota do 20 por cento.

En Europa, o gris (18%) e

o prateado (15%) perderon

popularidade e o azul ocupa

a quinta posición cunha

cota de mercado do 7 por

cento.

Ráfagas