31.10.2014 Views

1876_TRIPTICO_BEN CHO SHEY.pdf - Museo Provincial de Lugo

1876_TRIPTICO_BEN CHO SHEY.pdf - Museo Provincial de Lugo

1876_TRIPTICO_BEN CHO SHEY.pdf - Museo Provincial de Lugo

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Máis información:

e nos sitios web: www.museolugo.org e https://benchoshey.wordpress.com

Xosé Ramón e Fernández-Oxea

(Ben-Cho-Shey)

(Ourense, 1896-Madrid, 1988)

Pedagogo, inspector de Ensino,

xornalista, etnógrafo, arqueólogo,

historiador, poeta, folclorista, narrador,

lingüista, político comprometido

co galeguismo dende a mocidade,

republicano e antifascista. Membro das

Irmandades da Fala e do Seminario de

Estudos Galegos, do Partido Galeguista

(do que foi presidente en Lugo);

figura ponte entre a Xeración Nós e

as xeracións posteriores; intrépido

promotor e defensor da fala; mentor

e guía da mocidade galega en Madrid,

nos anos 60 e 70 do século pasado;

mestre, nas aulas e na vida; MESTRE

no mellor e máis amplo sentido da

palabra. Todo iso foi Ben-Cho-Shey.

pero a todo iso non podemos reducir

o enorme legado que nos transmitiu

aos galegos, pois como deixou

escrito Ánxel Fole: “Nos seus labres

o tema da Galiza era inesgotábel”.

Ademais, e por riba de todo,

Xosé Ramón e Fernández Oxea,

Ben-Cho-Shey, foi un home xeneroso e

bo; a súa bondade era paradigmática e

sobre esa virtude súa podemos recoller

centos de testemuños das persoas que

o trataron e que sempre obtiveron

del aquilo que lle pediron. Acudimos

de novo ás verbas de Fole, porque

describen, con claridade fulgurante,

esas dúas calidades: o seu maxisterio

e a súa bondade. Fole lembra os anos

lugueses de BCS e dinos:

“Das conversas con Ben-Cho-Shey

tódolos rapaces saían máis afincados

nos seus sentimentos de galeguistas.

O seu maxisterio, a iste respeito, non

puido ser máis facedeiro. Sempre

convencía e anortaba. Todos os que

o tratabamos contábamolo entre

os galeguistas cen por cen. E todos

conviñamos na crencia de que non era

doado batir cun home tan bondadoso.”

Xosé Ramón e Fernández-Oxea

naceu en Ourense, en 1896, e finou

en Madrid, en 1988. O seu pai era

Pío Ramón, prestixioso mestre

ourensán, amigo de Otero Pedrayo,

como dá testemuño o Libro dos

amigos de Otero Pedrayo e deputado

provincial en Ourense, nos anos 35

e 36, polo Partido Galeguista. Moi

novo, comezou a publicar contos e

artigos no xornal fundado por Lamas

Carvajal O Tío Marcos da Portela,

co pseudónimo de Xan Fouciño.

O bo alcume de Ben-Cho-Shey, co

que sería xa para sempre coñecido,

comezou a usalo en 1921 para asinar

as crónicas que mandaba a La Zarpa,

dende Marrocos; e de alí en diante

usouno sempre. Sendo mestre de

primeira ensinanza, obtivo unha bolsa

das catro deputacións galegas para

mellorar a súa formación pedagóxica

nunha estadía en Francia e Bélxica, en

1928. Colaborou nalgunhas das máis

prestixiosas publicacións e xornais

daquela época: Nós, Céltiga, A Nosa

Terra, Galicia, A Fouce, Heraldo

Orensano, El pueblo gallego…

Cando chegou a Lugo, en 1935,

no seu primeiro destino despois de

aprobar as oposicións de inspector

de ensino, xa tiña unha consolida

posición como intelectual e centos

de traballos publicados sobre os

máis diversos temas, nas cabeceiras

citadas e noutras moitas, tanto de

creación literaria como de historia,

arte, etnografía, política… Tiña

realizado tamén o seu monumental

traballo sobre a parroquia de Santa

Marta de Moreiras, na que fora

mestre, probablemente a súa obra

cume, que non viu a luz ata o ano

1969, da man das Edicións Castrelos

e participara activamente tamén en

case todos os traballos colectivos

do Seminario de Estudos Galegos.

Establecido en Lugo, continua a súa

actividade cultural e de divulgación

e entrégase, segundo se pode

comprobar na correspondencia que

mantén neses anos, a unha intensa

actividade política, na organización

local do Partido Galeguista do que

é elixido presidente e conselleiro do

Consello Nacional, en representación

da zona de Lugo. Servando Gómez

Aller era o secretario local e Ánxel

Fole era o secretario de zona.

É candidato polo Partido nas

eleccións ás Cortes de febreiro

do 36 e participa activamente na

campaña a prol do Estatuto de

Autonomía, nos meses anteriores ao

plebiscito do 28 de xuño de 1936.

A alegría da aprobación do Estatuto

durou pouco. O 18 de xullo do 36,

Ben-Cho-Shey está en Lugo e escribe

un diario que abrangue dende o

día 19 de xullo ao 21 de agosto, un

testemuño lúcido e tráxico daqueles

momentos de terror feroz, coma el di

nunha páxina solta deste diario, escrita

probablemente algo máis tarde, no

ano 37: “Dende que estas bestas se

apoderaron violentamente do mando

comenzou o imperio da inxustiza, do

horror, do desbaraxuste, do latrocinio

e de toda-las calamidás imaxinables”.

Ben-Cho-Shey sae de Lugo no verán

do 1937, destinado forzosamente a

Cáceres, despois dun expediente de

depuración que lle supón, como mal

menor, unha suspensión de emprego e

soldo e o seu desterro. Antes da marcha,

ten que deixar precipitadamente os

mobles da súa casa de Lugo no domicilio

dos seus amigos, do Val do Incio,

Maruxa Domínguez e Uxío Campo.

En Estremadura, desenvolverá tamén un

interesante traballo cultural, nos eidos da

investigación arqueolóxica e etnográfica,

ata o punto de que o Museo de Cáceres

lle dedicou unha sala. E dende alí e

dende Madrid, segue a traballar na

reorganización do Partido Galeguista

no que militará ata a súa liquidación.

Ramón e Fernández-Oxea fixou a súa

residencia definitivamente en Madrid,

nos anos 50, aínda que xa instalara nesa

cidade, coa súa dona Isabel Algarra,

o seu domicilio familiar a partir de

1942. Dende alí exerceu un importante

labor cultural: foi representante

da editora Galaxia e directivo do

Centro Galego de Madrid, ademais de

membro correspondente de diferentes

sociedades e academias, entre elas,

a Real Academia Galega e a Real

Academia da Historia. Un dos aspectos

máis destacados de Ben-Cho-Shey,

nesta etapa, é o seu papel de fío

condutor entre a xeración de vellos

galeguistas e os nacionalistas máis

novos (os grupos Castelao e Brais Pinto,

a Asociación de Amigos da Unesco…).

Dentro da súa faceta literaria, cultivou

tanto a prosa como o verso en obras

como: Berzas (1953), Andrómenas

(1954), A ducia do Frade (1966) e

Contos do Fiadeiro (1973). O libro

homenaxe Galicia no corazón

(1977), coordinado polos profesores

Alonso Montero e Alonso Estravís,

recolle unha interesantísima escolma

dos seus textos xornalísticos.

Morre en Madrid, en 1988, poucos

días despois do falecemento da súa

muller, Isabel Algarra. As súas cinzas

foron depositadas no cemiterio

da San Francisco, en Ourense.

O Ano Ben-Cho-Shey

O Ano Ben-Cho-Shey é unha aposta da

Área de Cultura da Deputación de Lugo

pola recuperación da memoria histórica

que servirá para facer un percorrido

pola actividade política e cultural

de Xosé Ramón e Fernández-Oxea,

Ben-Cho-Shey, especialmente entre os

anos 1935-1937, nos que residiu en

Lugo. As actividades encadradas no Ano

Ben-Cho-Shey véñense desenvolvendo

dende o mes de xuño do ano 2012

e terán continuidade ao longo do

primeiro semestre do 2013, coincidindo

co 75 aniversario do seu desterro a

Estremadura dende a cidade de Lugo.

A exposición

Iníciase cunha recreación da campaña a

favor do Estatuto de Autonomía de 1936,

baseada na documentación gráfica e os

testemuños escritos daquel momento,

fundamentalmente nas fotos tomadas

por Ben-Cho-Shey na cidade de Lugo e

en distintas localidades da provincia.

A mostra estruturase en 4 apartados:

1| Fotobiografía: un percorrido

cronolóxico pola vida de

Ben-Cho-Shey con máis dun cento

de fotografías e ilustracións.

2| Andar e aguzar. Os traballos

e os días de Ben-cho-Shey: As

distintas vertentes do seu labor como

polígrafo, cunha ampla información

gráfica, bibliográfica e documental

(o escritor, o xornalista, o etnógrafo,

o arqueólogo, o político…).

3| O Partido Galeguista en Lugo

1931-1936. A constitución do Partido

Galeguista en Lugo e o seu avance

e consolidación na etapa en que

Ben-Cho-Shey preside o Grupo local.

Documentos inéditos: O Diario de

Lugo de 1936, correspondencia co

Comité Executivo do Partido, con

militantes de distintas localidades,

carta de Ben-Sho-Shey a Castelao

dende Lugo, propaganda política

orixinal da época e varios documentos

gardados, nun arquivo clandestino,

polo secretario do Grupo local de

Chantada, Leonardo Fernández Souto.

4| Sociedade e cultura en Lugo

1918-1968. Unha cronoloxía da

vida social e cultural de Lugo, nos

50 anos claves da traxectoria vital

e intelectual de Ben-Cho-Shey,

acoutada por dous anos simbólicos:

o 1918, no que se celebra en Lugo a

Asemblea Nacionalista, auspiciada

polas Irmandades das Fala, e o

1968, ano de efervescencia política

e cultural, no que Ben-Cho-Shey

declara no TOP (Tribunal de Orde

Pública) a favor de tres mozos

lucenses detidos en Madrid

a finais do ano anterior, pola

campaña “Libertade pra Galicia”.

Lugar da exposición

Sala de Exposicións Temporais

do Museo Provincial de Lugo

Praza da Soidade, 7 / Lugo

Datas da exposición

Do 14 de febreiro de 2013

ao 20 de maio de 2013

Nota: A maior parte da documentación

orixinal presente na exposición, así como

da documentación gráfica reproducida

nos seus contidos foi cedida pola

Biblioteca da Deputación Provincial de

Ourense, que conserva entre os seus

fondos o Arquivo Ben-Cho-Shey.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!