EIXO

CPRMONTESOL

EIXO

Boletín do Colexio Montesol

Bo Nadal

PRIMER TRIMESTRE

CURSO 2014 / 2015

T1

Rúa Salceda de Caselas, 8.

Tel.: 986 208 512. Fax: 986 208 500

COIA - VIGO

cpr.montesol@edu.xunta.es

montesol@montesol.com

www.colexiomontesol.com


EIXO

Boletin do Colexio Montesol

sumario

Benvida

Parabéns

Actividades colexiais

Here, we speak English

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria

-3

-3

-4

-9

-15

-17

-19

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

2


A todos os nenos e nenas que comezan a súa andaina no noso Colexio.

A Óscar, Ana, Mónica, Noemí, Aida e Sheila alumn@s de prácticas en

Educación Infantil e Educación Primaria.

Benvida

Parabéns

A Nicolás, Javi Corral, Javi Costas, Alejandra, Adrián, Andrea, Raquel, Lucía

e Alba alumn@s de 4º curso de ESO que disfrutaron das actividades de

inmersión lingüística do programa Vigo en Inglés do Concello de Vigo. O 26

de novembro partiron moi cedo pola mañá cara a Brighton onde se aloxaron

con familias británicas e viviron a experiencia de estudar durante tres semanas

. nun High School.

A Nuria e Gaila, ex alumnas do Colexio que se presentaron ás probas dos

premios extraordinarios ao rendemento académico en Educación Secundaria.

A Antonio, Marta, Catalina, Sixto, Gaila e Fernando, que aprobaron os seus

exames de Trinity College.

A Naiara, Sara, Marta, María, Tania, Xela e Sofía que participaron na XI Liga

Intercolexios de atletismo en pista. O sábado 8 de novembro, desafiando ao

vento e á chuvia competiron en diferentes especialidades.

3

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol


ACTIVIDADES COLEXIAIS

Actividades

colexiais

Magosto

No Magosto todo o Colexio participou con diferentes actividades. Decoramos

o recibidor e as aulas con traballos e motivos do outono. Fixemos xogos

cooperativos e tradicionais no patio. Fixemos saídas ao contorno para

coñecer os cambios da natureza na nova estación. Finalizamos cun asado

de castañas no patio do Colexio

Nadal

Decoramos o recibidor, os corredores e as aulas con motivos navideños.

Todos os ciclos participaron en actuacións e representacións, con bailes,

panxoliñas, cancións… Recibimos tamén a visita das súas maxestades os

Reis Magos de Oriente

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

4

4


Área de

educación musical

Programa QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA de A

FUNDACIÓN

o 31 de outubro sete alumnos/as asistiron acompañados pola súa mestra a un

concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Christoph Köning. Puideron

escoitar pezas de Bach, Schonberg, Casablancas e Haydn.

Día da Música

O xoves 20 de novembro fixemos unha exposición de instrumentos de vento

no recibidor do Colexio: saxofón alto, trombón de varas, frauta traveseira, trompa

e trompeta.

ACTIVIDADES COLEXIAIS

Viñeron tres músicos, que xunto con alumnas do Colexio nos presentaron cada

instrumento explicando a súa historia e o seu funcionamento.

O venres 21 desenvolvemos un programa de actuacións no salón de actos:

4º B e 6º A interpretaron “Supercalifragilisticuespialidoso”, como homenaxe ao

50 aniversario do musical Mary Poppins.

3º A e 3º B interpretaron “Estrellita”coas frautas.

4º A e 6º B interpretaron “Viva, viva la música”.

5º B tocou con frautas “Au Claire de la lune”.

5º A Tocou con frautas a balada de “Mackie Navaja”.

2º de ESO fixo percusión corporal.

3º de ESO B interpretou “Caresse sur l’ocean”.

5

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol


ACTIVIDADES COLEXIIAIS

Área de

educación física

Participamos na festa do

Magosto con xogos

cooperativos e tradicionais

Área de

educación plástica

Os alumnos de 5ºB fixeron un mural para participar no concurso que organiza

JOVI a prol de UNICEF. A temática baseada no exercicio dos dereitos e obrigas

para coa humanidade, e de que maneira activa colabora o noso colexio. Fixeron

un esforzo e fixérono moi ben , esperemos que haxa sorte.

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

6


Decoración de fiestras: todos os Ciclos e etapas decoramos as fiestras do

Colexio con paraugas de moitas cores e motivos navideños.

Manualidades de outono: o departamento de plástica coordinou a preparación

dunha exposición no recibidor do colexio con motivo da chegada do outono,

celebración do magosto e Halloween-Samaín. Todos os ciclos participaron con

diferentes traballos: EI elaboración dun mural; EP: castañas voadoras, animais

feitos con castañas, animais con follas, cogomelos; ESO elaboración dun mural.

ACTIVIDADES COLEXIIAIS

Os alumnos da ESO participaron na decoración de NADAL do recibidor do

centro cun mural realizado por alumnas de 4º ESO, exposicións dos Beléns,

bolsas en fieltro e decoración de tellas, realizados por alumnos de 2º ESO, así

coma a colocación dun almanaque de Adviento e outros motivos navideños

para colocar nas corcheiras do recibidor.

Participación no concurso de Beléns organizado por AFUNDACIÓN coa

presentación de 2 traballos realizados por alumnos de 2º de ESO: un dos Beléns

tomou como inspiración o xogo do parchís e outro un dos emblemas da nosa

cidade, a ponte de Rande.

Área de

linguas extranxeiras

Portfolio Europeo das Linguas

Neste curso 2014-2015 comezamos o proxecto europeo do Portfolio en 1º e 2º

da ESO.

Nesta primeira avaliación o tema común a todo o colexio era “Cousas típicas

de cada país”. Así que os alumnos de 1º de ESO no seu primeiro contacto coa

lingua francesa fixeron un proxecto inicial titulado “La France, C’est quoi?” no

que contestaron a un pequeño cuestionario sobre datos xerais de Francia.

7

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol


Así mesmo investigaron sobre algún aspectos culturais descubrindo os nomes

de escritores, cantantes, marcas e mesmo deportistas franceses. O seu esforzó

e entusiasmo notouse nos traballos que presentaron. Noraboa a todos/as.

PLAN LECTOR

Seguimos coas actividades nas bibliotecas de aula. En 1º Ciclo de Primaria

desenvolvemos unha hora de lectura na Biblioteca.

PLAN TIC

Démoslle un novo pulo ás nosas páxinas de Facebook e Twitter e subimos

vídeos das actividades do trimestre á nosa canle de Youtube.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Educación Infantil

Obradoiro de Reciclaxe de papel

No mes de novembro os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha actividade do

Equipo de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo. Descubrimos que o

papel ten unha segunda vida e aprendemos o valor da reciclaxe.

Educación Primaria

1º Ciclo de Primaria

A casa do Avó

En 2º de Primaria fixemos unha actividade no Verbum organizada polo Equipo

de Dinamización Linguística do Concello.

Un neno recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta

e inexplicable situación o neno ponse en marchar para atopar unha solución e,

nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras

protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético

que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Técnica empregada: siluetas animadas e actores.

O soño de Esther

É unha actividade do Equipo de Dinamización Lingüística do Concello para 1º

de Primaria. que desenvolvemos no salón de actos do Colexio.

A protagonista do libro atopa nas vogais o fogar, o entretemento, a beleza, o

camiño e a seguridade no descanso. Grazas a elas consegue escapar dunha

temible treboada, que é unha metáfora da ignorancia que todo o quere destruír

ao seu paso.


Educación Secundaria

1º Ciclo de secundaria

Obradoiro de elaboración de xabón

O día 5 de outubro realizamos no

Colexio unha sesión práctica

organizada polo Equipo de

Dinamización Lingüística

do Concello na que aprendemos

a elaborar xabón.

Here,

we speak English!

This is the second year that we have a part of the magazine in English. We

hope you like it. We are going to tell you about some of our experiences at

our school, Montesol.

PRE-PRIMARY

HALLOWEEN

3 Years

We have made a Halloween fan and we have sung “ Red, green, blue, yellow,

Halloween!!!”

4-5 Years

We have talked about Halloween costumes and characters ghost, cowboy, monster,

witch, pumpkin and pirate with this wheel craft for the song, “Knock Knock, Trick or

Treat?” we have turned the wheel, knocked on the door and we have seen who was

inside.


We have sung the “ Knock, knock. Trick or treat? song”.

CHRISTMAS

We have danced “ On Christmas Day” song and we have made a Christmas Card

OTHER ACTIVITIES

We have learnt the” Frog finger family song” and vocabulary related with the family

PRIMARY

FIRST CYCLE HALLOWEEN

We have learnt a pumpkin cake recipe.

We have made a pumpkin finger puppet and we have danced “This is my favourite

pumpkin song”. We have played different games and we have made worksheets.

CHRISTMAS

We have built an Elf.We have learnt “What do you want for Christmas?”

song and vocabulary in relation with this festivity.

PORTFOLIO

We have talked about British food (traditional English breakfast,

tea time,..). We have watched powerpoints and we have madeworksheets.

3RD, 4TH, 5TH and 6TH PRIMARY HALLOWEEN

We have celebrated Halloween in our English classroom lighting the jack o´lanterns,

previously decorated at home. We have asked for “trick or treat” while learning the

origins


and the way people celebrate Halloween in Anglo-Saxon countries.

CHRISTMAS

We have sung Christmas carols and we have learnt about the way Christmas is celebrated

all around the world.

PORTFOLIO

Along this trimester, we have looked for information about typical things and traditions in

English speaking countries and we have made some projects including written information,

pictures and drawings.

OTHER ACTIVITIES

Spelling Bee

We have celebrated the first round in our school

and our 5th primary and 3rd ESO finalists are Iván (5ºB),

Catalina (5ºA), Lucía (3ºA) and Sixto (3ºB). They are going

to participate in the 8th edition of the Spelling Bee contest, which will take place in March.

Saint Cecilia and Christmas Festivals

Our students Mario and Iván (5th B) and Catalina and Inés (5Th A) have presented these

festivals in both Galician and English languages. Well done guys!

3rd Primary

In our English classes we have talked about nature, physical descriptions and animals.

4th Primary

We have dealt with free time activities, animals and the weather.

5th Primary

We have learnt how to describe someone, how to talk about our life, daily routines and free

time.

6th Primary

We have learnt vocabulary and expressions about camping and nature. We have talked

about wild animals, our city and its places.

English Corner

Along the year and at the end of each unit, we make a project dealing with the different

topics we have studied in class. Then, we exhibit them in the English corner and on our

school´s walls


2nd ESO San Campio

SECONDARY

“The only thing we didn't do at San Campio was resting. In our opinion, an incredible

experience for everybody.

At the beginning we were very nervous. We wanted to know who was going to be our

partners. It was the less important thing. Everybody talked to everybody.

The second day we were calmer. We made a short walk laughing and joking. After

arriving, the first thing we did was to explore the place. When we finished, everybody

was exhausted and we had lunch. That night, we cooked chestnuts at 2 a.m.

The third day we were all sad because we were leaving that place. We tidied up our

bedrooms, preparing to go. That day we made baskets. It was fun.

We've all got good memories of those days we spent together. We never thought we

would make such good friends, even with teachers. We were a great family!”

César Siva Hermo 2ºB ESO

Raquel Iglesias Gómez 2º B ESO

3rd ESO

The 14th November the groups of 3rd E.S.O. went to the theatre to watch a play that it

was called "Contos coas mans abertas" that in English means "Stories with opened

hands".

They told us three stories but my favourite one was the third.

The man told us that a few years ago here, in Vigo, a man who was wearing rags and

lain clothes was very popular at the news. All the channels went there to interview the

man that was called `Manolo´ and so the story started.

Manolo had a farm with three cows, Pinta, Marela and Herminia. Manolo made an

agreement with his cousin (who wasn´t trustworthy) and he made that the bank confiscated

Manolo´s farm (including the cows). Manolo was really sad, and one day on his sister´s

TV, he saw a documentary about a village in Africa where people only ate when they

were really hungry and after killing the animals they kept silent one minute. Manolo

thought that those people knew a lot about animals, so he went to Africa. After two long


months, he was on the desert without no food and really ill. Suddenly he slept but when

he woke up he was in the middle of the people he saw in the documentary´s village.

Manolo really liked that people. While they were talking they opened their hands and

when they were serious and finished talking they put their hands on their hearts. He

wanted to be like them, and there was a ritual to be part of them (they help people in

exchange of nothing). So this explains how Manolo came back to Vigo to help people

and told the people his story. Now he is a real "Bosquimano".

Lucía Álvarez Vidal 3ºA ESO

“This term, pupils of 3rd of ESO went to see a play called ``Contos coas mans

abertas´´. The play was divided into three different stories.

The first story was about a town inhabited by women and only one man! The

actors in the play told us the experiences lived when they went to visit this town.

The youngest woman was 79 years old! The actors were surprised to discover

that the dream of many women was learning to ride a bike, and they tried to help

these women to carry out their dream. In my opinion this was the best part of the

play.

The second story was about a girl who went to Africa to build a school. In Africa,

she taught a man to write. The man firstly told her he knew how to write, but at

the end he said the true, and confessed that he didn´t know. When the girl returned

to Spain she received a letter from the man. In that he wrote, that, the letter was

the first which he wrote and he wanted to send it to her.

The last story was about a man who loved his cows as humans. When the

government showed a new law that prevented you to have only three cows, he

came into depression. He saw a documentary about the ``Bosquimanos´´, he was

very surprised, because the ``Bosquimanos´´, were very good people, and he

decided to be a ``Bosquimano´´ and he went to Africa. But first he had to pass a

test in this town. He returned to Vigo and he walked in the city centre without

clothes. When someone asked him about his nakedness he told them to extend

the arms as ``Bosquimanos´´ did, because this is a story with opened hands”.

Sara Porto Domínguez 3ºB ESO

The

end


educación infantil

Visitas de nais e Pais

A nai de Alan trouxo unhas tartarugas e

explicounos como viven, a nai de Jorge

cantounos unhas cancións e fixo uns

xogos.

Visita á Biblioteca Neira Vilas

No mes de outubro e novembro os nenos

e nenas de 6º e 5º de Infantil realizamos

unha visita de animación á lectura.

Saída ao Monte Vixiador

No mes de outubro fixemos unha saída na

que coñecemos o monte en outono.

Collemos follas, froitos, e disfrutamos da

natureza nesta estación.

bvcbd hbbc d

Samaín

Para a celebración da festa do samaín os

nenos/as de tres anos fixeron unha

manualidade cunha pegada do seu pé

facendo a forma dunha pantasma, os

nenos de catro anos fixeron un bolso con

forma de araña, e os nenos de 5 anos un

colgante para a porta, e todos os nenos

aprenderon poesías e cantigas

relacionadas co tema.

Magosto

Celebramos a festa do magosto comendo

castañas e facendo unha manualidade dun

moucho con follas secas e froitos do

outono. Tamén se organizou un rincón do

outono na porta de entrada de infantil, con

diferentes froitos e froitas propia da

estación.

EIXO _Boletin do Colexio Montesol

dnbac

15


vcbd hja j b

Semana da ciencia

Os nenos/as de 6º de infantil visitaron o laboratorio no que puideron facer un

experimento cun globo coa axuda dos nenos de 4º da ESO. O experimento

chamábase “Os globos máxicos”.

Día da música

O día da música, os nenos/as de educación infantil, disfrutaron cun festival

musical, no que actuaron os nenos/as de primaria e da ESO. O día anterior, os

nenos/as de 6º de infantil, tiveron a oportunidade de estar no salón de actos,

cunha exhibición de intrumentos de vento-madeira feita por músicos profesionais

de Vigo.

bvcbd hbbc d

Nadal

Co motivo da festa do Nadal, decoramos as portas das clases cos Reis Magos,

Papa Noel e os renos. Ademais tamén, coa axuda das familias que decoraron

bólas, árbores, campás, estrelas,botas e bonecos de neve, adornamos o corredor

de infantil e as ventás. Aproveitando estas datas, os nenos/as de todo o ciclo

de infantil aprenderon panxoliñas, realizaron postais navideñas de felicitación

para levar á casa e diferentes manualidades para a árbore, o mural e o belén

do colexio.


educación primaria

1º ciclo

O monte en outono: a finais do mes de outubro, 1º e 2º de Primaria realizamos unha

saída ao Parque Forestal de San Miguel de Oia para coñecer os cambios da natureza

do verán ao outono, as cores, as prantas, as árbores, etc.

Semana da Ciencia: coa axuda de compañeiros de 2º de ESO en 2º de Primaria

aprendemos a facer plastilina.

2º ciclo

Visita ás instalacións de Alcampo: o 28 e o 29 de outubro en 3º de Primaria visitamos

as instalacións do hipermercado Alcampo: coñecemos as diferentes profesións, as

persoas e os espazos que interveñen na actividade comercial.

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

16


Antía, Wamba e o ritmo do camiño: o alumnado de 4º de Primaria asistiu á

representación desta obra de teatro interpretada pola compañía “A Tropa de Trapo”

no Centro Cívico de Teis.

Antía e Wamba coñeceronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era

unha nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando como

cooperante, mentras Wamba segue en Europa intentando gañar a vida. Os dous

seguen en contacto, falando a través da rede. Antía,no medio do seu choque cultural,

descubrindo África, co seu ritmo, a súa ledicia e os seus conflitos, e Wamba loitando

día a día por saír adiante. Antía contaralle a Wamba as historias africanas que se

vai atopando e Wamba falaralle a Antía de como ve Europa despois de tantos anos

intentando sobrevivir. Os dos xuntos na distancia, correo a correo, paso a paso,

descubrindo o ritmo dos seus novos pasos.

Visita ás instalacións de AQUALIA: no mes de decembro o alumnado de 4º curso

de Primaria visitou as instalacións da empresa subministradora de auga potable en

Vigo.

3º ciclo

Festival de Cine Submarino: 5º e 6º de primaria asistimos a unha proxección no

Centro Cultural ABANCA.

gjc wer k


educación secundaria

Visita a Castrelos: en 1º de ESO coñecemos polo miúdo o Museo de Castrelos e os

seus xardíns, combinando actividades planificadas polos departamentos de Ciencias

Sociais e de Ciencias Naturais.

Convivencia en San Campio: 2º de ESO disfrutou dunhas xornadas de convivencia

en San Campio de Lonxe (Figueiró-Tomiño). Compartimos xogos, obradoiros e

actividades.

Visita a Santiago: en 4º de ESO visitamos o Parlamento galego onde coñecemos o

funcionamento da institución. Visitamos o hemiciclo e as diferentes salas dos grupos

parlamentarios.

Visitamos o casco histórico de Compostela pasando pola praza do Obradoiro e a Praza

da Quintana ata chegarmos ao Museo do pobo Galego onde visitamos as diferentes

salas e exposicións.

Charla de ECOEMBES: o 29 de outubro o alumnado de 3º de ESO asistiu a unha

charla na que coñeceron aspectos sobre a reciclaxe.

ECOEMBES é a organización que coida do medioambiente a través da reciclaxe e o

ecodeseño dos envases, facendo posible que teñan unha segunda vida.


Asistencia a obra de teatro “Contos coas mans abertas” da compañía A Tropa de

Trapo no Centro Cultural de Teis dentro da campaña IMPÓRTANOS! do Concello de Vigo.

Contos coas mans abertas é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de

pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo,

para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as

que tanto valen : as nosas mans abertas.

Semana da Ciencia: no mes de novembro o Departamento de Ciencias organizou unhas

sesións no laboratorio nas que o alumnado de Secundaria explicoulles aos seus

compañeiros e compañeiras de E. Infantil e Primaria diferentes experimentos

científicos.Coma en cursos anteriores as explicacións realizáronse en lingua castelá,

lingua galega e lingua inglesa.

Departamento de Plástica e Tecnoloxía: participamos con dous Beléns feitos por

alumnos e alumnas de 2º de ESO na exposición e concurso de Beléns de Afundación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Charla ASPANAEX: no mes de outubro recibimos

a visita da asociación ASPANAEX. O alumnado de

1º e 2º de ESO puido coñecer as actividades que

realiza esta asociación. Tamén nos animaron a

participar na marcha que organizan cada ano.

Charla para nais e pais: en outubro celebramos unha reunion sobre intelixencia emocional dirixida a

familias de nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de Primaria.

Plan para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos: en colaboración co

Concello desenvolvemos diferentes sesións ao longo do mes de novembro:


Recollida de tapóns: continuamos este ano coa campaña de recollida de tapóns.

O 18 de novembro celebrouse unha reunión para familias sobre os riscos de Internet.

Charla de Educación Viaria a cargo da Policía Local de Vigo: o 5 de novembro o alumnado de 4º de

ESO e de 5º de Primaria asistiu a charlas educativas sobre seguridade viaria.

PROXECTO ENLAZA VIGO. 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA

A VIOLENCIA DE XÉNERO

1. Dentro do proxecto Enlaza Vigo da Concellería de Igualdade , un conxunto de

accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia contra as

mulleres, participamos un ano máis na exposición de muráis realizadas por alumnos

de ensino de secundaria e bacharelato da cidade. As obras estiveron expostas do 18

ao 27 de Novembro na rúa Príncipe, diante do museo Marco.

2. Participamos tamén na proposta de elaboración de Relatos virtuais en WhatsApp

feitos polos alumnos da ESO presentando un conflicto sobre una manifestación de

ciberviolencia de xenero e a súa resolución. Entre os relatos envíados por todos

os centros participantes foron publicados algúns na web da concellería.. Un dos

nosos relatos foi seleccionado.

Poderedes atopar máis información en: http://www.enlazavigo.com

http://enlazavigo2014.blogspot.com.es/p/propostas-dos-centros.html

CHARLAS POLICIA NACIONAL

Na primeira e segunda semanas de novembro os alumnos da ESO e 6º de Primaria

asistiron as charlas de Acoso Escolar e Riscos de Internet, integradas no Plan

Director para previr que os menores sexan víctimas de delitos a través de internet e

whatsapp .

Especiais agradecimentos aos país pola asistencia a charla de vital importancia na

educación dos nosos fillos.

Poderedes atopar máis información en:

http://www.policia.es/org_central/seguridad_ciudadana/unidad_central_part_ciudada/tri

ptico_alumnos.pdf

More magazines by this user
Similar magazines