Dixitos_marzo_2015

esthima

Dixitos_marzo_2015

Novas do Centro de Supercomputación de Galicia

Marzo 2015


Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico

de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN

Javier García Tobío

COORDINACIÓN

Fernando Bouzas Sierra

DESEÑO, GRAFISMO E

MAQUETACIÓN

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Dez Anos dun

Templo da

Supercomputación

en Catalunya

FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN

Gráficas Garabal, S.L.

DEPÓSITO LEGAL

C 1604-1998

ISSN

1139-563X

EDITA

FUNDACIÓN CESGA

Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida)

15705 Santiago de Compostela

Telf. 981 569 810

Fax. 981 594 616

dixitos@cesga.es

CONTIDOS

O

Barcelona Supercomputing

Center – Centro Nacional de

Supercomputación (BSC-CNS)

fai 10 anos este mes de abril.

O Centro no que participan o Ministerio

de Economía e Competitividade

do Governo de España, a Generalitat

de Catalunya e a Universitat Politècnica

de Catalunya leva xa unha década

operando o supercomputador Mare-

Nostrum ao servizo da comunidade

científica nacional, internacional e da

industria.

Nestes anos, o BSC-CNS ten atraído

exitosamente talento investigador de

primeira liña, participado nalgunhas

das principais iniciativas europeas en

cómputo de altas prestacións e levado

a bo fin significativos proxectos con

grandes multinacionais foraneas e do

país.

O Centro ten actuado nestes anos

como un importante difusor de coñecemento

e tecnoloxía en cómputo

avanzado a través da Rede Española

de Supercomputación (RES).

O BSC-CNS é unha das principais infraestruturas

de e-Ciencia coas que

conta á comunidade científica e tecnolóxica

de España.

Dende estas páxinas queremos expresar

o noso recoñecemento aos avances

acadados nesta década ao tempo

que dexesamos un esplendoroso

futuro á esta instalación ao servizo do

coñecemento en España.

[ 2 ] Dez anos dun Templo da Supercomputación

en Catalunya

[ 3 ] Ampliación do Servizo Big Data

[ 4 ] Gradiant e CESGA alíanse para

impulsar proxectos de innovación / CESGA

incorporase ao Clúster Audiovisual Galego

[ 5 ] A Formación de posgrao online: unha

primeira experiencia no ámbito do Patrimonio

Cultural

[ 6 ] Por unha pesca máis sostible

[ 7 ] O xeoportal do proxecto Topaín

[ 8 - 9 ] CloudPYME impulsa a innovación

aberta na Eurorrexión

[ 10 ] Aprendemos aos computadores a

comprenderen a lingua dos humanos

[ 11 ] A Biotecnolóxica Health in Code

fai uso intensivo de infraestruturas de

cómputo

[ 12 ] Gamification

[ 13 ] Xornada de presentación do Instituto

Español de Matemáticas

[ 14 ] Realidade Aumentada para aprendizaxe

de Ciencia

2 díxitos marzo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Ampliación do Servizo

Big Data

Proximamente realizarase unha ampliación do Servizo Big

Data para satisfacer as crecentes necesidades de utilización

de tecnoloxías Big Data dos usuarios do CESGA,

sexa para procesar grandes volumes de datos astronómicos,

para a execución de algoritmos de intelixencia artificial, para

a análise de imaxes PET ou para a análise de datos xenéticos.

Ata agora o servizo Big Data permitiu, entre outras cousas, que

investigadores do Laboratorio Interdisciplinar de Intelixencia Artificial

da UDC analizasen datos enmarcados dentro de Gaia, unha

misión da Axencia Espacial Europea (ESA) que ten por obxectivo

producir un mapa tridimensional da nosa galaxia, a Vía Láctea.

Este servizo tamén está permitindo que investigadores do IRLab

(CITIC) poidan desenvolver mellores algoritmos de recomendación

para seren ser aplicados a grandes volumes de datos

(FilmYou), e que investigadores do CiTIUS poidan desenvolver

a ferramenta Perldoop, unha solución de software libre que acelerará

o procesamento de textos e documentos publicados na

web.

Cando se lanzou o servizo Big Data en novembro de 2013, o

obxectivo que se pretendía cubrir co mesmo era que os usuarios

do CESGA puideran tomar contacto coas tecnoloxías Big Data

e co modelo de programación MapReduce. Sen embargo, nestes

momentos o servizo resulta insuficiente para a execución dos

problemas de elevado tamaño que foron aparecendo posteriormente.

Temporalmente os casos máis grandes están sendo trasladados

á plataforma SVG, aínda que a arquitectura deste clúster

de computación non é a máis axeitada para traballos Big Data.

Por iso durante os últimos meses o CESGA levou a cabo unha

análise dos requisitos hardware específicos que serían necesarios

para unha solución Big Data baseada en Apache Hadoop,

Apache Spark e Apache HBase. Os resultados desta análise

están dispoñibles para toda a comunidade usuaria no informe

técnico correspondente dispoñible en http://bit.ly/1mHwOrX

Baseándose nestes requisitos estase xa a preparar a documentación

pola que se lanzará un concurso para a adquisición da

nova plataforma. Esperamos que despois do verán estea xa a

disposición de tódolos usuarios a nova plataforma que contará

con máis de 25 nodos configurados específicamente para o procesado

de datos.

Para facilitar que os usuarios con menos experiencia no ámbito

Big Data tamén se poidan aproveitar dos avances tecnolóxicos

nesta área, durante o próximo mes de maio realizaremos un curso

no que explicaremos como usar o servizo Big Data para resolver

distintos tipos de problemas.

Adicionalmente estamos traballando no desenvolvemento dun

portal web que simplifique o acceso ao servizo aos usuarios menos

experimentados e que está previsto que se poña en produción

tamén durante o mes de maio.

A adquisición dos equipos que permitirán a posta en marcha

deste servizo está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento

Rexional (FEDER) e pola Xunta de Galicia a través

da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía

e Industria.

Os usuarios interesados en comezar a utilizar o servizo poden

atopar mais información sobre o mesmo en: http://bit.

ly/1GQkcIe.

Javier López Cacheiro, Técnico Superior de

Sistemas, CESGA

marzo 2014

díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Gradiant e CESGA alíanse para

impulsar proxectos de innovación

Gradiant e CESGA, asinaron un Convenio

Marco co obxectivo de establecer

a colaboración entre as partes para intensificar,

promover e regular actividades

que contribúan a mellorar a capacidade

científica, técnica e formativa das institucións,

sempre dentro dos seus ámbitos de interese.

O acordo permitirá a ambos os dous Centros

acometer proxectos de I+D+i conxuntamente

incrementando a competitividade concorrendo

conxuntamente "como unha única entidade"

a convocatorias tan importantes como as

do Horizonte 2020.

As actividades a desenvolver no marco deste

convenio inclúen, pero non están limitadas, ás

seguintes:

• Proposta e desenvolvemento de proxectos

de investigación conxuntos así como a cesión

entre ambas as dúas partes de recursos

de investigación, tanto humanos coma

técnicos, incluíndo a execución de códigos

de Gradiant con necesidades HPC e/ou Big

Data nas plataformas de cálculo e almacenamento

xestionadas por CESGA.

• Formación, capacitación e intercambio de persoal

propio.

• Organización conxunta de cursos, seminarios e

congresos.

• Transferencia de información e software. Colaboración

na difusión de actividades e produtos.

CESGA incorporase ao Clúster

Audiovisual Galego

O

Clúster Audiovisual Galego (Clag) incorporou como socio

á Fundación CESGA, co obxectivo de establecer sinerxias

que impulsen a innovación no sector audiovisual galego e

colaborar no desenvolvemento de proxectos innovadores

que redunden no beneficio das suas empresas. O CESGA integra

se tamén na Xunta Directiva do clúster como vocal de I+D+i, xunto á

Televisión de Galicia, representada por Esther Medina.

A incorporación do CESGA ao Clúster Audiovisual Galego reforza a

decidida labor que está levando a fin o clúster para o impulso e o

desenvolvemento do noso audiovisual mediante o fomento da innovación.

Ademáis permitirá a ambas entidades acometer proxectos

de I+D+i conxuntamente incrementando a competitividade deste

sector.

4 díxitos marzo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

A Formación de posgrao online:

unha primeira experiencia no ámbito

do Patrimonio Cultural

O

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC ten, dentro da

súa traxectoria, unha ampla experiencia na formación especializada

en diferentes campos relacionados co Patrimonio Cultural. A partir

da experiencia acumulada, no 2014 decidimos por primeira vez desenvolver

un destes cursos en formato online. O curso, titulado Tecnoloxías

Dixitais de Documentación Xeométrica e Representación do Patrimonio

2014, resultou unha experiencia realmente satisfactoria.

O curso orientábase a capacitar ós alumnos en diversas técnicas de rexistro

3D (LiDAR aéreo, Láser Escáner Terrestre, Fotogrametría dixital) aplicadas

a entidades patrimoniais. Ademais, pretendía que conseguisen unha

boa representación destes elementos apoiándose en programas gratuítos

coma Blender, MeshLab, ou en plataformas que permiten aloxar e enlazar

os modelos 3D online, os pdf 3D, etc.

A colaboración do CESGA resultou esencial para desenvolver o curso: dos

seus profesionais, recursos de e-learning e equipos de comunicación. Empregamos

como contorna de formación a AULA CESGA, que nos permitiu

organizar e enlazar os contidos de cada materia deseñada en base a documentación

escrita, videotutoriais, acceso a contido online, publicacións,

exercicios, cuestionarios, etc. Este material complementouse cunha serie

de actividades para que todos os participantes no curso puideran interactuar:

• as titorías online nas que, aproveitando o sistema de Videoconferencia

da Aula CESGA, establecemos unha hora á semana onde profesores e

alumnos nos podíamos ver nun espazo virtual, compartir presentacións,

charlar, aclarar dúbidas, etc., que quedaban gravadas e enlazadas para

os que non asistiran;

• os Foros da Aula onde, de xeito asíncrono, plantexáronse temas de debate,

dúbidas, e foron moi útiles para aclarar dúbidas en calquera momento;

• os talleres presenciais no CESGA que foron emitidas en streaming, ós

que asistiron un 20-35% dos alumnos do curso, sobre todo os que vivían

máis preto de Santiago.

A grande ferramenta comunicativa deste curso foron os videtutoriais, que

xunto cos documentos, foron valorados moi positivamente polos alumnos

para entender e aprender a manexar a grande cantidade de ferramentas

e programas que vimos. É complicado asimilar tanta información en tan

pouco tempo, polo que todo este material dixital ten unha vantaxe fronte

os cursos presenciais xa que os alumnos poden descargar este material

e reproducilo sempre que necesiten repasar unha ferramenta, un procedemento

de traballo, a explicación dunha técnica, etc.

O balance xeral foi moi positivo, tanto no parecer dos alumnos coma na

nosa visión como organizadores. O formato online permitiunos incorporar

unha serie de recursos moi útiles para os alumnos, amais de facilitar o

acceso a persoas dende lugares tan lonxanos coma Colombia, Uruguai ou

a Illa de Pascua, que nun formato presencial, probablemente, non puideran

ter acceso a esta formación.

Patricia Mañana-Borrazás, Alejandro Güimil-Fariña,

Pastor Fábrega-Álvarez, César Parcero-Oubiña

(Incipit, CSIC)

marzo 2015

díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Por unha pesca máis sostible

O

s descartes son un dos maiores problemas da actividade

pesqueira, tanto dende un punto de vista socioeconómico

como ambiental. Dado que todas as artes de

pesca xeran un determinado volume de descartes,

esta biomasa constitúe hoxe en día un desaproveitamento inaceptable

de recursos. Por iso, a Unión Europea estableceu

unha nova Política Común de Pesca (PCP), a cal prevé que

entre 2015 e 2020 se fixarán límites de capturas que sexan

sostibles e permitan manter as poboacións a longo prazo. Así

mesmo, establécese unha prohibición paulatina dos descartes

nese horizonte temporal, incluíndo a obriga para o sector

de reter e desembarcar toda a biomasa de especies suxeitas

a cota que na actualidade se estaba a descartar por diferentes

motivos, tanto económicos como regulatorios.

En prol do obxectivo final da PCP, que non é outro que a sostibilidade

das pesqueiras europeas, resulta clave que as frotas

estean á fronte destas actividades encamiñadas a deseñar

medidas e tecnoloxías innovadoras, en estreita colaboración

cos científicos, explotando as sinerxías que existen entre eles.

Ademais, cabe destacar que a PCP facilita e promove as alianzas

investigación-industria, considerándoas fonte de coñecemento

e de datos sobre as pesqueiras como núcleo dos novos

métodos e modelos de xestión da actividade pesqueira.

Este proxecto, cofinanciado polo Programa LIFE+ da UE, empezou

o pasado mes de Xullo e concluirá en Xuño de 2018

e está coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas do

CSIC. Nel participan como socios, ademais do IIM, o Centro de

Supercomputación de Galicia (CESGA), o Centro Tecnolóxico

do Mar (CETMAR), o Instituto Español de Oceanografía (IEO),

a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría

de Marín (OPROMAR), Talleres JOSMAR S.L e a Universidade

de Santiago de Compostela (USC).

Como resultados máis importantes do proxecto cabe destacar

o desenvolvemento dun sistema estándar, denominado

iObserver, para identificar e cuantificar en tempo real as diferentes

fraccións da captura no propio barco. Tamén se vai

construír un punto de valorización de especies actualmente

non utilizadas no Porto de Marín (Pontevedra), denominado

iDVP. Así mesmo, crearanse unha serie de infraestruturas de

datos (incluíndo unha SDI mariña) e ferramentas software para

a xeorreferenciación e modelado matemático da abundancia

de descarte das diferentes pesqueiras obxecto de estudo.

Neste marco, o principal obxectivo do proxecto LIFE iSEAS é

demostrar que é posible un escenario de pesca sostible (en

termos biolóxicos e socioeconómicos) para a UE, o cal poderase

conseguir mediante a aplicación e implementación a nivel

real no sector pesqueiro de coñecemento científico previo e

de ferramentas baseadas na investigación e innovación, para

reducir e revalorizar especies mariñas, axudando ás frotas a

cumprir as políticas de pesca da UE.

Luis Taboada Antelo

Coordinador Técnico

Bioprocess Engineering Group

Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)

6 díxitos marzo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

O xeoportal do

proxecto Topaín:

compartindo na rede

información arqueolóxica

de xeito aberto

O

Incipit ven desenvolvendo dende o ano 2010 un proxecto

de investigación arqueolóxica no deserto de Atacama,

en Chile. Este proxecto, en colaboración con colegas da

Universidad de Chile e a University of New Mexico, centrase

no estudo dun espazo moi árido e de altura onde, en época

prehispánica, os habitantes locais foron quen de construir un

complexo sistema de campos de cultivo e canles de rego que

hoxendía se conserva de xeito asombroso. Este proxecto, como

a meirande parte dos traballos arqueolóxicos, ten un compoñente

espacial moi importante: unha das cousas que máis frecuentemente

facemos en arqueoloxía é localizar no espazo os obxectos

e construcións que pretendemos estudar. Saber onde están as

cousas e qué hai arredor delas é unha parte esencial no proceso

de investigación en arqueoloxía. Así, unha boa parte dos traballos

feitos no terreo consistiron en localizar e descreber os restos de

campos de cultivo, canles, cabanas, etc, que conformaron ese espazo

produtivo hai máis de 500 anos.

Dada a importancia para a arqueoloxía da localización espacial

das cousas, o emprego de tecnoloxías coma o GPS ou os Sistemas

de Información Xeográfica están bastante estendidos na disciplina

dende hai tempo. Porén, e a pesar da crecente importancia

de Internet como ferramenta para o intercambio e a publicación de

información espacial (a través de ferramentas tan coñecidas como

os xeoportais), a arqueoloxía aínda é en grande medida allea a

este tipo de recursos. No caso do noso proxecto en Chile xurdiu a

necesidade de construir unha ferramenta que nos permitise aos

diferentes membros da equipa, espallados por tres países, compartir

e acceder aos datos producidos no traballo de campo. Ao

tempo, todos nós compartimos a idea de que a información ha

de ser partillada do xeito máis aberto e público posible, tanto por

razóns científicas como sociais. Por todo iso decidimos que unha

forma axeitada de manexar e facer pública esa información era

a través dunha ferramenta tipo xeoportal, un visor cartográfico

no que é posible visualizar e consultar a distribución de tódolos

elementos que temos documentados e das súas características

básicas dentro da zona de traballo do proxecto.

Feito en colaboración coa unidade de SIG do CESGA, quenes

foron os que desenvolveron a parte técnica e a fixeron posible, o

xeoportal do proxecto Topaín (http://newgis.cesga.es/topain/index.

php) constitúe, aínda en 2015, un dos primeiros exemplos en España

de publicación aberta e completa de todos os datos espaciais

documentados nun proxecto arqueolóxico. Aínda en fase de

probas e por tanto só accesible para usuarios rexistrados, ao longo

deste 2015 farase completamente público, permitindo a calquera

persoa interesada acceder aos mesmos datos que nós estamos

empregando no noso proxecto de investigación, por medio dunha

interfaz cartográfica que, hoxendía, é un entorno ben coñecido e

manexado pola meirande parte de usuarios da rede.

César Parcero-Oubiña, Pastor Fábrega-Álvarez (Incipit, CSIC)

marzo 2015

díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

CloudPYME

impulsa a innovación aberta

na Eurorrexión

A

innovación recoñécese actualmente

como un dos factores máis

influintes na competitividade das

empresas para afrontar os retos

do mercado globalizado. As empresas

súmanse á innovación para mellorar os

seus resultados, ben a través da ampliación

da demanda dos seus produtos

ou servizos (incluíndo tanto aqueles que

lanzan novos ao mercado como os xa

existentes no portfolio da empresa) ben

pola redución de custos internos. Dada a

súa importancia estratéxica, é un proceso

que non se pode ignorar.

Un dos desenvolvementos máis recentes

neste campo é o concepto de “Open

Innovation”, que apareceu por primeira

vez en 2003 polo profesor Henry Chesbrough,

no seu libro “The New Imperative

for Creating and Profiting from Technology”.

Nel analizaba diversos casos en

empresas americanas grandes e como

cambiaran os seus procesos de innovación

para a súa execución ou para a

obtención de beneficios a partir dos resultados

obtidos, pasando a un concepto

de “innovación aberta”. A definición que

propón posteriormente é:

“Innovación Aberta é o uso das entradas

e saídas intencionales de coñecemento

para acelerar a innovación interna,

e ampliar o mercado para o uso

externo da innovación” 1

1 En “Open Innovation. Researching a New

Paradigm.”. Oxford University Press (2006)

Este novo concepto baséase no feito de

que as organizacións poden e deben utilizar

contribucións externas ás súas propias

organizacións co obxectivo de acelerar

o proceso de innovación e de facelo

máis eficiente.

Así, o concepto de Innovación Aberta,

presentado por Henry Chesbrough, rompe

co modelo tradicional de innovación

(innovación pechada)

A Innovación Aberta implica tanto a utilización

de ideas internas como externas

de forma intencionada así como novos

camiños para a explotación dos resultados

ou para a obtención dos mesmos.

Estes novos mecanismos poden estar ligados

á obtención da tecnoloxía ou coñecementos

externos (a través do licenciamiento

da tecnoloxía, a colaboración con

outras empresas para o seu desenvolvemento,

a compra da mesma ou mesmo a

integración ou adquisición con terceiras

compañías) ou a explotación dos resultados

obtidos co seu externalización, é dicir,

sen unha execución directa por parte

da empresa (por exemplo, a través tamén

do licenciamiento a terceiros, a creación

de novas compañías ou a cesión a empregados

para a creación dos seus propios

negocios).

Dentro deste marco, o proxecto

CloudPYME2, financiado polo programa

POCTEP con código 0682_

8 díxitos marzo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

80%

Coñece o que é a Innovación Aberta ou Open Innovation?

En Open Innovation a idea básica é aproveitar a intelixencia colectiva do público

en xeral. A súa empresa estaría disposta a publicar/lanzar retos ou problemas de

forma aberta?

70%

60%

A unha rede de expertos, sin aportar o nome

da súa empresa

50%

40%

Si

A unha rede de expertos, aportando o nome

da súa empresa

Si

No

No

30%

20%

Ao público en xeral, sin aportar o nome da

súa empresa

Dubidoso

Non sabe/Non contesta

10%

Ao público en xeral, aportando o nome da

súa empresa

00%

De 1 a 9 empregados

De 10 a 49 empregados

De 50 a 99 empregados

De 100 a 250 empregados

0% 20% 40% 60% 80% 100% 120%

100%

90%

80%

70%

Nos últimos anos, a súa empresa introduciu cambios nalgún dos aspectos que se

relacionan a continuación?

• Concretamente, con respecto á innovación aberta, a maioría

das empresas consultadas afirma que descoñece este concepto.

Con todo hai que destacar que case a totalidade declara

estar dispoñible para participar nesta clase de iniciativas.

60%

50%

40%

30%

20%

10%

0%

Innovación nos produtos

ou servizos que presta a

súa empresa

Innovación no proceso

produtivo ou na prestación

de servizos da súa

empresa

Innovación na xestión

organizativa da súa

empresa

Noutros aspectos

No sabe/No contesta

No

Si

CLOUDPYME2_1_E, realizou na primavera de 2014 unha consulta

a empresas pequenas e medianas da Eurorrexión Galicia-Norte

de Portugal. O obxectivo desta consulta era coñecer mellor a estrutura

da innovación na Eurorrexión. Os resultados da consulta

mostraron que:

• De forma xeral, as empresas enquisadas xa teñen implantados

procesos de I+D e obsérvase que existe a curto prazo unha

tendencia ao aumento deste número de empresas, por exemplo

en canto a nivel de produtos e de servizos.

• As innovacións xurdiron a través de procesos internos das empresas

e do proceso de vixilancia competitiva, socioeconómica

e tecnolóxica, detectándose compoñentes de innovación tanto

pechada como aberta.

• En canto á posibilidade de lanzar retos de forma aberta, os

resultados demostran que a maior parte das empresas mostran

máis confianza cando as procuras de solucións lánzanse

a grupos de expertos, pero non ao público en xeral. Isto

será un aspecto crave a ter en conta á hora de desenvolver o

proxecto, xa que é frecuente que un dos aspectos que máis

preocupe na Innovación Aberta sexa a propiedade intelectual.

• A forma de compensación preferida para as solucións e ideas

achegadas, máis que as gratificaciones económicas, son os

contratos de colaboración dependendo das medidas aplicadas.

En canto a colaboracións, as empresas non mostran reticencias,

pero destacan as preferencias con clientes, centros tecnolóxicos

e provedores. Os resultados completos do estudo pódense

descargar na web do proxecto http://goo.gl/Jsil8P.

Andrés Gómez Tato, Responsable de

Aplicacións e Proxectos, CESGA

• Co propósito de determinar as posibles barreiras para a implementación

de medidas para a innovación, as respostas apuntan

a que as empresas presentan unha dependencia coa capacidade

dos medios, na oferta do mercado, e na organización

ou apoio interno.

• Doutra banda, a relación entre o custo e o beneficio e a incerteza

económica son factores cada vez máis importantes a ter

en conta.

• A maioría das empresas contan cun departamento especializado

en I+ D, formado por un pequeno número de persoas, e a

gran maioría con alguén que o lidera.

marzo 2015

díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Aprendemos aos computadores a

comprenderen a lingua dos humanos

INTEGRA TECNOLOXÍA DA LINGUAXE NO

TEU SOFTWARE

FERRAMENTAS LINGÜÍSTICAS LISTAS

PARA USAR

A SOLUCIÓN PARA AVALIAR E MELLO-

RAR A APRENDIZAXE DE IDIOMAS

En Cilenis Language Technolgy ao refacer

a nosa web pensabamos que

“Spin-off universitaria especializada

en desenvolvemento de software en

Procesamento da Linguaxe Natural”, era

un bo resumo aséptico da nosa empresa

pero algo que non entendería o 99% da

xente. Entón buscamos sen éxito no habitual

“Misión, visión e valores” algo que nos

permitira condensar que facemos, e por

tanto, saber que somos. Vindo do mundo

técnico e da investigación, esta tarefa é

ben máis complexa do que noutros casos,

pois traballamos en aspectos bastante

teóricos, moi especializados, e ás veces

de aplicación pouco directa na sociedade.

Como levabamos bastante tempo coa

empresa aplicando as nosas solucións ao

mundo real, só quedaba ir abstraéndonos

para chegar ao miolo do que facemos e

atopar esa frase que o englobase todo. E

así chegou a frase que reza no titular e que

logo mudamos a “Aprendemos aos computadores

a comprenderen a túa lingua”,

pois Cilenis traballa principalmente para

a lingua galega, española, portuguesa e

inglesa.

Esta idea-forza danos moito xogo á hora

de presentar a nosa empresa pois habitualmente

hai dúas reflexións que nos trasladan

deseguido:

• "Poden os computadores comprender

verdadeiramente a nosa lingua?” - A

resposta curta é parcialmente si, globalmente

non. Se a tarefa de tecnoloxía

lingüística está ben definida e se aplica

nun ámbito lingüístico concreto, tende a

poder facerse unha solución a medida

con bos resultados baseada en ferramentas

propias ou de terceiros. O que

xa apunta a unha parte do noso modelo

de negocio, a consultoría na adaptación

e personalización de ferramentas de

tecnoloxía lingüísticas.

• “Para que serve que os computadores

comprendan a nosa lingua” - A resposta

a esta pregunta é: moitas, calquera na

que implique que un computador ten a

mínima idea sobre un texto que algunha

persoa escribiu. Pero si temos que

concretar, podemos pensar na corrección,

na tradución automática, na busca,

no resumo automático, na clasificación

de textos, na extracción semántica, na

análise de sentimento... Moitas destas

aplicacións están a disposición de todo

o mundo no noso portal: Linguakit.com

Tras situarnos conceptualmente con esa

frase, na nosa web cilenis.com, listamos

os produtos que ofrecemos: linguakit.com

portal de tecnoloxía lingüística para as persoas,

cilenisapi.com API de tecnoloxía

lingüística para as empresas, proxecto

Avalingua: corrector e avaliador da lingua

escrita e por último o servizo de consultoría.

O contexto é importante para comprender

os produtos de Cilenis, por iso sempre

trasladamos a visión de que a lingua é a

construción intelectual máis importante do

ser humano, ou en palabras técnicas, é o

sistema operativo do cerebro. Tamén que

as tecnoloxías dixitais e da comunicación

están a transformar completamente o mundo

no que vivimos. E que o día a día de

Cilenis trata de xuntar estas dúas ferramentas,

de xeito que os computadores poidan

aprender a lingua dos humanos, claro.

Isaac González, CEO, Cilenis

Language Technology

10 díxitos marzo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

En canto ao mercado, a compañía é líder

indiscutible do mercado nacional, tendo

clientes recorrentes en case todas as provincias

da xeografía española, e en máis

de 70 hospitais públicos. No mercado internacional

pasouse do 14% da facturación

en 2012, a máis dun 35% no 2014.

Entre os principais clientes internacionais

recorrentes destacan países como Reino

Unido, Dinamarca, Italia, Irlanda, Israel,

Grecia ou Arxentina. O obxectivo é que as

vendas internacionais supoñan máis do

60% do total en 2017.

En canto as tecnoloxías, Health in Code

dispón dun laboratorio de análise e diagnóstico

xenético con todo o equipamento

e persoal necesario para efectuar estudos

baseados en tecnoloxía de secuenciación

NGS (Next Generation Sequencing) e

SANGER.

A Biotecnolóxica Health

in Code fai uso intensivo

de infraestruturas de

cómputo

• En NGS a compañía dispón da tecnoloxía

máis avanzada contando cun ultrasecuenciador

Illumina HiSeq 1500, capaz

de ofrecer 80 Gb de información en

24 horas de proceso (Rapid Run Mode),

e máis de 450 Gb de información en 6

días de proceso (High Output Mode).

Para a preparación das mostras destaca

un extractor automático de ADN, un

sonicador Covaris de alta capacidade,

unha TapeStation para o control de calidade,

e un robot Bravo que automatiza

a preparación de mostras.

Health in Code é unha empresa galega

do eido da biotecnoloxía e

da medicina personalizada, que

se funda no ano 2006 a partires

dun grupo pioneiro de investigación da

Universidade da Coruña e do Complexo

Hospitalario Universitario de A Coruña. A

compañía é especialista no diagnóstico

xenético en enfermidades cardiovasculares,

e na interpretación dos resultados xenéticos

relacionados con estas patoloxías.

Actualmente estase diversificando o foco

da compañía para ofrecer servizos de

diagnóstico xenético en outras patoloxías,

e ofrecer servizos avanzados de secuenciación

xenética.

Health in Code proporciona aos clínicos

a oportunidade de realizar, co apoio do

diagnóstico xenético, unha medicina e

unha atención individualizada ao paciente.

O principal campo de traballo da compañía

son as cardiopatías familiares, enfermidades

familiares de causa xenética que

adoitan ter unha presentación clínica moi

heteroxénea e unha evolución difícil de

predicir. Constitúen ademais unha causa

importante de morte súbita, especialmente

en individuos novos.

Health in Code conta cun equipo multidisciplinar

de alta cualificación que inclúe

cardiólogos, xenetistas, biólogos,

enxeñeiros informáticos e bioinformáticos,

documentalistas, enfermeiras e epidemiólogos.

O desenvolvemento dos produtos e

servizos da compañía apóianse na estreita

colaboración da empresa con diferentes

grupos de investigación (Universidade de

A Coruña, Complexo Hospitalario Universitario

de A Coruña, Instituto de Investigación

Biomédica de A Coruña, etc.) e nunha

rede de expertos internacionais, que permite

ofrecer servizos da máxima calidade

e baseados no mellor e mais recente coñecemento

clínico.

• Para a secuenciación Sanger cóntase

con todo o equipamento, destacando

un robot dispensador Tecam Genesis, e

un secuenciador ABI 3730.

En canto a almacenamento e cómputo,

a compañía dispón de dous clústeres de

servidores, un dedicado ao servizo das

aplicacións de negocio, e outro para o procesado

de datos NGS. Este último formado

por unha rede de almacenamento de

máis de 50Tb e 4 nodos de cómputo con

32 cores en total. As necesidades de almacenamento

e de cómputo son elevadísimas

con esta tecnoloxía, no ano 2014 xeráronse

máis de 14 Tbytes de información,

e empregáronse máis de 120.000 horas de

cómputo. Por iso neste 2015 chegouse un

acordo co CESGA para o uso das súas infraestruturas

de cálculo.

Pablo Iglesias,

Director TIC, Health in Code

marzo 2015

díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Gamification:

the truth behind the hype

O

xogo é indispensable na vida das

persoas, antes sequera de que

existise a palabra GAMIFICACIÓN

(debería ser Ludificación, mais esa

é outra batalla). Xogar, a actitude lúdica,

motiva e apaixona a persoas de todas as

idades desde tempos pretéritos. Antes de

que Forbes ou o Telexornal de TVE falasen

da nova palabra de moda "gamification"

como unha das formas máis potentes

de vinculación e mesmo antes de que

o propio Eduard Punset mostrase como o

xogo inflúe directamente na nosa forma de

aprender, Herodoto xa contaba que nunha

época de terrible fame negra, alá polo 1190

a.C, o xogo salvou a todo un pobo durante

18 anos.

O poder do xogo radica en grande parte

á capacidade movilizadora do individuo.

Cando xogamos, a vida real queda temporalmente

suspendida, mentres nos penetramos

nun mundo coas súas propias regras.

O gran quid da cuestión con respecto

á gamificación é como dunha actividade

totalmente gratuíta como é o xogo, que

non espera nada fóra de si mesmo, poden

as empresas obter un retorno do investimento,

medido en captación de clientes,

índice de fidelización ou aumento de produtividade.

Así, Imma Marín e Esther Hierro, de Marinva,

no seu libro Gamificación. O poder

do xogo na xestión empresarial e a conexión

cos clientes, definen gamificación

como unha estratexia, un método e unha

técnica á vez. Parte do coñecemento dos

elementos que fan atractivos aos xogos e

identifica, dentro dunha actividade, tarefa

ou mensaxe determinada, nunha contorna

de NON-XOGO, aqueles aspectos susceptibles

de ser convertidos en xogo ou en dinámicas

lúdicas. Todo iso para conseguir

unha vinculación especial cos usuarios,

incentivar un cambio de comportamento

ou transmitir unha mensaxe ou contido.

É dicir, creando sempre unha experiencia

significativa e motivadora.

Desde esta perspectiva "gamificar" é moito

máis que sumar puntos ou avanzar nunha

barra de progresión. Trátase de conseguir

esa experiencia, significativa e motivadora,

promove ou reforza comportamentos,

que provoca a interiorización de valores ou

contidos. Pode ser o ansiado valor engadido.

Unha nova forma de comunicarse baseada

na espontaneidade, a interrelación,

o impacto, as emocións e que, ademais,

permite a medición.

"O que unha vez chamamos

«xogar» na periferia

das nosas vidas, está

a converterse na forma

en que interactuamos.

Os xogos son o futuro

do traballo, a diversión

é a nova «responsabilidade»,

e o movemento

que está a liderar este

cambio é a gamificación".

Gabe Zichermann.

Neste percorrido, distintas empresas iniciaron

a súa aposta por esta forma de relación

con clientes e colaboradores. Desde

empresas como a catalá Marinva e a

galega imaxin|software son xa máis de 15

anos “gamificando” a educación, a comunicación,

a formación. Utilizando o xogo para

mostrar que significa unha actitude democrática

-Parlament de Catalunya-, para que

serve o diñeiro -Banc de Sabadell-, como

separar os residuos e reciclar –Sogama,

Ecoembes- cal é a maneira máis ergonómica

e saudable de sentar no lugar de

traballo -Mutual Cyclops- ou a importancia

dunha axeitada saúde bucodental –Consellería

de Sanidade-.

Proxectos onde se busca conectar coa motivación

das persoas, convidalas a que se

involucren na proposta, gocen e repitan.

Non é unha tarefa sinxela, non hai fórmula

máxica nin tampouco se poden coller atallos,

o xogo por definición e unha actividade

voluntaria. E como di García Pañella “A

gamificación é moi artesanal. Por iso somos

poucos a facela, porque é difícil”.

Esther Hierro, Marinva e Luz Castro,

imaxinIsoftware

12 díxitos marzo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

P = C e rt

99 = XCIX

Gamma(x+1) = x Gamma(x)

|a – b| ≥ |a| – |b

B = A (1 + r/n)NT - P

(½) d1d2

V=5,000

Gamma(x) = r x(integral)(0 to inf) e -rt t (x-1) dt

1. |–a| = |a|

2. |a| ≥ 0

P = C (1 + r) t

2/PI = sqrt2/2 * sqrt( 2 + sqrt2 )/2 * sqrt(2 + ( sqrt( 2 + sqrt2) ) )/2 * ...c

Xornada de presentación do

Instituto Español de Matemáticas

O

pasado xoves 26 de Febreiro, responsables das sedes do

Instituto Español de Matemáticas (IEMath) desenvolveron

unha xornada de traballo, telemática e aberta, na que deron

a coñecer a toda a comunidade matemática o estado actual

da súa plataforma dixital e as capacidades dos equipos que a

conforman. Fixo a presentación Presidente da Comisión de Posta

en Marcha do IEMath e actual reitor da USC, Juan Viaño.

O Instituto Español de Matemáticas creouse en 2007 como centro

en rede con sedes en Santiago, Granada, Madrid e Barcelona. O

seu principal obxectivo é deseñar e executar accións estratéxicas

globais no ámbito da investigación matemática dirixidas a mellorar

a transferencia de tecnoloxía, a formación de novos investigadores,

a presenza internacional, a promoción do talento e a definición

do perfil profesional do matemático.

Para a consecución dos seus obxectivos, e por mor súa estrutura

en rede, o IEMath dedicou os seus esforzos e recursos económicos

á creación dunha plataforma dixital – aloxada no CESGA

con sede en Santiago– que pretende incrementar a colaboración

científica en España.

A plataforma de colaboración e telepresencia de última xeración,

deseñada á medida dos requerimentos da comunidade matemática

pola empresa galega GDI, está composta por unha plataforma

dixital centralizada no CESGA, que permite a interconexión simultanea

de 20 sistemas HD, ou 40 SD, incorpora a posibilidade de

conectar Pc.s, mac´s tablets y smarphones. Outra innovación e

a posibilidade de seguimento dos eventos vía straeming ata 750

participantes concurrentes, con chat e datos en alta resolución.e

a grabación do evento, para a sua consulta posterior. A solución

cumpre con todolos estandares da Union Internacional de Telecomunicacións.

(ITU).

A comunidade matemática poderá seguir en tempo real, e consultar

posteriormente nun repositorio, calquera evento relevante

no ámbito das matemáticas celebrado en España e empregar os

recursos arquivados para a formación de estudantes de grao e

posgrao.

A xornada contou coa intervención da Directora Xeral de Investigación

Científica y Técnica do Ministerio de Economía e Competitividade,

Marina Pilar Villegas. Á intervención de Juan Viaño seguiulle

a xestora europea do Instituto de Ciencias Matemáticas, Susana

Matas, que expuxo as oportunidades no ámbito das convocatorias

europeas en H2020, e o investigador do Centre de Recerca Matemàtica,

Tomás Alarcón, que explicou os retos matemáticos que

hoxe presenta a investigación en bioloxía.

marzo 2015

díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Realidade Aumentada

para aprendizaxe de Ciencia

A

Comisión Europea identifica as asignaturas

de ciencias -STEM (Science, Technology,

Engineering, and Math)- como unhas das

áreas básicas na educación de primaria e

secundaria para asentar a aprendizaxe permanente.

Mestres e mestras atopan dificultades en manterse

formados nas competencias do Século XXI e

facilitar as aprendizaxes dos seus alumnos empregando

novas metodoloxías e ferramentas.

As asignaturas de ciencias supoñen un problema

para un gran número de estudantes europeos, que

as consideran “duras” e requiren altos graos de

abstracción. Como resultado, hai un decrecente

interese nas asignaturas científicas, aínda máis se

temos en conta cuestións de xénero, onde a fenda

é aínda máis preocupante (como xa identificamos

nos nosos proxectos ICT-Go-Girls! e “Rapazas emprendedoras

nas TIC”).

Ante esta situación, tecnoloxías como a Realidade

Aumentada (ou AR, “Augmented Reality), ofrecen

unha oportunidade moi interesante de aplicación

nas aulas. A Realidade Aumentada é xa unha

tecnoloxía madura e que pode ser empregada

por amplos sectores da poboación (a través dos

dispositivos móbiles ou consolas de videoxogos,

por exemplo). Algunhas investigacións, como a de

Shirazi & Behzadan 2013 presentan a utilización

efectiva da Realidade Aumentada para facilitar a

aprendizaxe activa, colaborativa e a interacción co

obxecto de aprendizaxe científico.

O CESGA está participando dende setembro de

2014 nun proxecto europeo trianual denominado

AR-Sci “Augmented Reality for Science Education”,

baixo a coordinación da universidade VIA de Dinamarca,

no que colaboran varias universidades e

escolas de primaria e secundaria de Dinamarca,

Gran Bretaña, Noruega e España. Na parte española

(e galega), participa o CPI Multilingüe o Cruce,

de Cerceda, e o Centro de Supercomputación

de Galicia.

O obxectivo deste proxecto é dobre:

• Desenvolver e probar en contornas educativas

unha aproximación innovadora ao ensino de

ciencias mediante realidade aumentada e

• proporcionar aos estudantes unha visión e actitude

máis positiva cara a ciencia, e por tanto

mellorar e promover a educación científica nas

escolas europeas, motivando a estudantes que

de outro modo poderían non ter interese por

este tipo de materias.

Para lograr estes obxectivos, comezarase cunha

análise das necesidades e contextos dos centros,

así como das posibilidades tecnolóxicas de máis

interese. Experimentarase coas ferramentas AR

actuais, producindo ata tres grupos de materiais

sobre aspectos relevantes da educación de ciencias,

que estarán dispoñibles nunha plataforma de

Obxectos Educativos Abertos (OER) para a súa

reutilización por outras comunidades. Estes materiáis

e estratexias experimentaranse nos centros

pilotos dos países participantes, cunha monitorización

das experiencias para poder difundir a

experiencia e leccións aprendidas a través de artigos

de investigación e outros formatos de difusión.

Para máis información, diríxase a e-learning@

cesga.es.

María José Rodríguez Malmierca

Responsable Dpto. E-Learning e Ferramentas Colaborativas

CESGA

14 díxitos marzo 2015


HP Apollo Systems

Reinventing HPC today to accelerate

the world of tomorrow

Follow us at

@hpconvergedsys

Learn more at

hp.com/go/apollo

Similar magazines