12.07.2015 Views

estega 01

estega 01

estega 01

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

é de lles aconsellar, convén queo neno, a nena, faga tal cousa oufaga tal outra. É imprescindiblefacer efectiva a conciliación davida familiar e laboral, senón ímolopagar caro, xa estamos pagándoocaro. E os nenos non fracasan…,fracasamos nós, a propia sociedade,en axudarlles a medrar, a acadaro éxito persoal até onde sexanquen de chegar.Neste último ano falouse moito depacto educativo; hai estudos queindican que o profesorado consideracomo contidos imprescindibles paraun acordo sobre políticas educativas,e por esta orde, os seguintes: o aumentodo investimento, as medidascontra o abandono e o fracaso escolar,o reforzo da autoridade docente,e a potenciación da escola públicafronte á privada.• Miguel: Este ano saía en prensao debate no Reino Unido sobre aposibilidade de aprobar unha leique lle permitise ao profesoradoo uso da forza física como modode atallar a indisciplina escolare reforzar a autoridade docente.Penso que a autoridade hai quesaber gañala. Os rapaces debenentender que as normas os favorecen,pois evitan a tiranía, veñaesta de onde veña. Teño, por outrabanda, a experiencia de conmiseraciónque provoco nos demaiscando lles revelo a profesión queexerzo, dinme: cos tempos quecorren! Porén, podo dicir que sehai unha virtude neste oficio, vénda relación cos rapaces. Un profesionaldisto ten que saber coordinare dirixir grupos, o que non selogra con máis autoridade, senóncon habilidade para incidir sobre oalumnado.• Marisol: Creo que a empatía, o interese,a honestidade, a coherencia,o respecto…, son os valoresque permiten gañar (porque haique gañala) a autoridade, porquea autoridade máis ca exercela, recoñécese.• Miguel: Ora ben, non podemosdeixar de lado que en determinadoscentros os problemas existene son graves. Pois ben, aí é ondeeu creo, máis unha vez, que osprofes estamos orfos de recursose apoios para resolver, mellorar ouconvivir con eses problemas. Candose presentan os problemas nonabonda cos valores, senón queprecisamos ferramentas.Outro asunto de fonda incidencia é oabandono e o fracaso escolar…• Miguel: Non coñezo as razónsexactas que levan a esas taxastan elevadas, mais se as familiasnon están en condicións de apoiarene estimularen o traballo dosalumnos na casa, como dicíamosantes, será difícil invertir a tendencia…Tamén penso que a medidatan socorrida de repetir curso, ásveces non é a máis axeitada; mesmosucede que provoca o efectocontrario, isto é, incrementa o desánimoe a baixa estima no repetidor.Penso que o camiño vai máisben por unha atención especializada,próxima e directa, e iso empézasea lograr con ratios por aulamáis axeitadas.Quizais as medidas de apoio e atencióná diversidade deberían focalizarsemáis na Primaria? Actualmentesemella que o paso polo ensinoprimario é un paseo triunfal e queatallar ou corrixir as deficiencias sereserva para cando o alumno chegaá Secundaria.• Marisol: Efectivamente, o éxitoescolar xógase cando a nena, oneno se está enfrontando ás primeirasaprendizaxes, lectura, escritura,cálculo… E, por exemplo,practicamos un ensino mecánicoda lectura, non comprensivo. Olibro de texto precede á profesorae marca desde o principio a pautada aprendizaxe. Entón a miñapregunta sería: é o neno para aescola ou a escola para o neno?Hai, en definitiva, unha cuestiónfundamental, que é conseguir queos rapaces teñan experienciasgratificantes coa aprendizaxe, quenon dimitan do sistema. A min levoumemoito tempo decatarme deque quen estaba tendo éxito nasmiñas clases era aquel alumnadoque tiña memoria. Co cal chegueiá conclusión de que só debía pedirmemorizar o indispensable; todo odemais debería consistir noutrotipo de coñecemento, procedimental,actitudinal… O esencialé despertar a túa curiosidade polosaber, dado que, en definitiva, é oque te vai acompañar toda a vida econformará a túa maneira de estarno mundo.• Miguel: Lembro agora un artigode Javier Melgarejo que estudouo motivo polo que precisamenteFinlandia é sempre o primeiro paísde Europa en canto a competencialectora. Para alén do modelode protección social, resultoumerechamante que os rapaces nonentren na escola até os 7 anos,idade á que aquí se supón queun alumno ten que estar lendo,así como que, por norma, se sitúenesta primeira franxa de idade aoprofesorado máis válido e mellorpreparado. A conclusión do autordo estudo apunta cara á seleccióne formación do profesorado comopezas chave de todo o sistema finés:demostrada capacidade educativa,alto grao de sensibilidadesocial e, en termos cuantitativos,1.400 horas de formación inicialespecífica e teórico-práctica, fronteás menos de 140 horas do nosoCAP…En relación á xubilación, que opiniónvos merecen a proposta, xa recollidana LOE pero non desenvolvida, defacilitar a retirada da aula para asumiroutras funcións, en vez da actualdisxuntiva entre seguir facendo omesmo que toda a vida ou non facernada.• Marisol: Ben, teño que dicir queo que si fun notando co paso dotempo non foi nin a falta de entusiasmonin o sentirme moi ben nasclases, isto pasoume até o últimodía. Ora ben, o que si notaba erao tempo que me levaba recuperarmedo cansazo de cada día.Coido que deberían existir distintasopcións, nos centros hai moitotraballo que facer: na biblioteca,coas TIC, na secretaría e mesmonos CFR.Unha última mensaxe, Miguel?• Miguel: Si, eu quedo coa sensación,despois desta longa conversa,de que para lograr hai queapostar, hai que crer, hai quecomprometerse, hai que esforzarseen entender, en aprender, eninnovar... De que o profesorado éclave no éxito ou fracaso do alumnado.Somos nada menos que omolde no que se fan as xeraciónsfuturas.e n t r e v i s t a v a r i a s x e r a c i ó n s : f r a n c i s c o l e g a s p i17e s t e g a / e s c o l a p ú b l i c a g a l e g a / i n f o r m a c i ó n e d e b a t e

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!