o cooperativismo - Consello Galego de Cooperativas

cooperativasdegalicia.com
  • No tags were found...

o cooperativismo - Consello Galego de Cooperativas

ÍNDICEA ONU DECLARA O 2012 COMO ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS ................... 4A DECLARACIÓN DO CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS ...................... 6O MANIFESTO A PROL DO COOPERATIVISMO............................................. 8QUE SON AS COOPERATIVAS?OS SEUS VALORES E PRINCIPIOS ........................................ 11AS COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS ................................................... 15AS COOPERATIVAS TAMÉN NO MAR .......................................................... 21NOS SERVIZOS E TRANSPORTES .................................................................. 23O TRABALLO ASOCIADO ............................................................................. 27AS COOPERATIVAS DE ENSINO ................................................................... 30COOPERATIVAS DE CONSUMO ................................................................... 32AS COOPERATIVAS DE VIVENDAS ............................................................... 33FINANCIAMENTO: AS COOPERATIVAS DE CRÉDITO ......................................................... 36FINANCIAMENTO:AS COOPERATIVAS CON SECCIÓN DE CRÉDITO .................................... 39A INTERCOOPERACIÓN .................................................................................................... 41COOPERATIVAS DE 2º GRAO ...................................................................... 41ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS ............................................................... 43O COOPERATIVISMO: UNHA SAÍDA Á CRISE ..................................................................... 45O EMPREGO COOPERATIVO ....................................................................... 46A BUSCA DO PRIMEIRO EMPREGO ............................................................. 47AS COOPERATIVAS NO MUNDO ....................................................................................... 48EUROPA E O COOPERATIVISMO ....................................................................................... 50AS COOPERATIVAS A NIVEL ESTATAL ............................................................................... 51O COOPERATIVISMO GALEGO EN CIFRAS ......................................................................... 532


ÍNDICEO ENCONTRO INTERNACIONAL ........................................................................................ 57A MOSTRA COOPERATIVA .......................................................................... 60O DÍA DO COOPERATIVISMO ...................................................................... 61PREMIOS Á COOPERACIÓN ......................................................................... 62A XUNTA DE GALICIA E AS COOPERATIVAS ...................................................................... 71O CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS ........................................................................ 74QUEN É QUEN NO COOPERATIVISMO:AS ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS .................... 76AGACA ....................................................................................................... 76UGACOTA ................................................................................................... 77UCETAG ...................................................................................................... 79SINERXIA .................................................................................................... 80UGACOMAR ............................................................................................... 82UCAFE ........................................................................................................ 83UGACOVI .................................................................................................... 83UCOGATRA ................................................................................................. 84AS ESTRUCTURAS ASOCIATIVAS ESTATAIS E INTERNACIONAIS......................................... 85CEPES ......................................................................................................... 85COCETA ...................................................................................................... 87COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS ........................................................ 89A ALIANZA COOPERATIVA INTERNACIONAL ............................................... 913


A ONU DECLARA O 2012 COMO ANO INTERNACIONALDAS COOPERATIVAS“As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”.Este é o lema que pon título e significación a este 2012 como AnoInternacional das Cooperativas, proclamado pola Asemblea Xeral das NaciónsUnidas.Os propósitos que se pretenden cumprir neste Ano Internacional dasCooperativas, céntranse en crear unha maior conciencia da importancia docooperativismo na redución da pobreza, na xeración de emprego e na integraciónsocial.Outro obxectivo marcado é o de alentar a gobernos e institucións a implantarleis e normativas que impulsen a constitución das cooperativas, pois é taménfinalidade deste Ano fomentar a creación e desenvolvemento deste tipo deeconomía social.As cooperativas contribúen a un desenvolvemento económico e social, enconcordancia a uns principios de democracia e de concienciación da importanciade integración de todos os sectores sociais .Neste senso, a ONU recoñece na súa resolución oficial que “as cooperativas,nas súas distintas formas, promoven a máxima participación posible de todas aspersoas no desenvolvemento económico e social, incluídas as mulleres, os mozos,as persoas de idade, as persoas con discapacidade e as persoas indíxenas, que soncada vez máis un factor de desenvolvemento económico e social e contribúen áerradicación da pobreza”.Esta Ano Internacional supón unha oportunidade extraordinaria para omovemento cooperativo de aumentar a conciencia na opinión pública sobre estemodelo empresarial baseado en valores.4


No actual contexto económico, este Ano Internacional pretende tamén dar acoñecer ás cooperativas como axentes xeradores de emprego, que constan dediferentes mecanismos para facer fronte ás situacións de crise económica.Procúrase a difusión das vantaxes das cooperativas na contorna social, xaque crean riqueza e benestar contribuíndo a evitar a deslocalización.Na súa celebración participan organizacións de todos os ámbitos que seimplican enormemente nas iniciativas existentes para dar a coñecer o positivoimpacto das cooperativas e fomentar o desenvolvemento destas. Así, a Conselleríade Traballo e Benestar e as asociacións de cooperativas, de xeito cooperativo ecoordinado están a realizar numerosos esforzos e iniciativas para acadar unhacompleta programación que contribúa a difusión do cooperativismo.5


A DECLARACIÓN DO CONSELLO GALEGO DECOOPERATIVASO Consello Galego de Cooperativas, como máximo órgano de promoción edifusión do cooperativismo de Galicia, brinda o seu apoio a este Ano Internacionaldas Cooperativas.Neste senso, o Consello ten programadas diversas actividades co fin deimpulsar o cooperativismo e dar a coñecer todas as súas fortalezas á sociedadegalega.Así, o 1 de xuño do 2012,seguinte declaración institucional:o Consello Galego de Cooperativas aproba a“A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas,destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor ealentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, apromover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución aodesenvolvemento económico e social.O Consello Galego de Cooperativas súmase a este Ano Internacional casCooperativas e declara a importancia e carácter nuclear que ten ocooperativismo, como elemento de creación de riqueza e benestar social enGalicia e, particularmente, a súa contribución a un desenvolvemento equilibrado eharmónico dos distintos territorios e das súas xentes.As achegas que realiza o cooperativismo galego cómpre significarse tanto noaspecto cuantitativo, no que destacan os 88.000 socios agrupados ao redor de1.136 entidades, como no aspecto cualitativo, polas súas achegas aodesenvolvemento de distintos sectores económicos, pola súa aposta poloemprego de calidade, e pola súa vocación social.Non obstante, aínda queda moito potencial por desenvolver. Sendoimportante a labor de divulgación e fomento do cooperativismo, ten marxe deactuación e mellora. E nese obxectivo cómpre implicar a todos os actores sociais,6


O MANIFESTO A PROL DO COOPERATIVISMO:Na súa intención de contaxiar o espírito da cooperación e de dar a coñecer osvalores deste tipo de economía social, o Consello Galego de Cooperativas súmaseao Manifesto a Prol do Cooperativismo, declarando o seu compromiso e apoio áfórmula cooperativa.Os asinantes, xa sexan entidades públicas, privadas, persoas ou outrosaxentes, únense a ONU no seu propósito de divulgación do cooperativismo noAno Internacional das Cooperativas. Trátase pois, dun documento no que sedeclara a intención de achegar á sociedade galega ao cooperativismo,reflexionando sobre a súa capacidade de propiciar un desenvolvementoeconómico e social.Este Manifesto a Prol do Cooperativismo, no seu apoio a todas as formas decooperativismo, di o seguinte:“A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas,destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor ealentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, apromover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución aodesenvolvemento económico e social.Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das NaciónsUnidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellore que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos aprocurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos unchamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas eprivadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomentodo cooperativismo.As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda, responsabilidade,democracia, igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegarsolucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuandobaixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de8


participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formacióne información, de intercooperación e de interese pola comunidade, ascooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta asatisfacción das necesidades das persoas.A empresa cooperativa constitúe unha magnífica ferramenta paradesenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dosmáis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para odesenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar ecohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seucomportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstanciasadversas.O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integracióndos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo unvehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, asícomo un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativascomprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal navalorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e noaproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de cooperativistas en 1 decada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen enGalicia para acadar obxectivos comúns.Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto,analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar osretos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelode xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemosavanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cadapersoa, da nosa comunidade e do mundo.As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremosmanifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvementoeconómico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da9


sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta epeculiar de facer empresa e construír país.”10


QUE SON AS COOPERATIVAS? OS SEUS VALORES EPRINCIPIOSSegundo a Declaración sobre a Identidade Cooperativa da ACI (AlianzaCooperativa Internacional):Unha cooperativa é unha asociación autónoma de persoas que se unen dexeito voluntario para satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas,sociais e culturais en común mediante unha empresa de propiedade conxunta ede xestión democrática.Segundo a Lei de Cooperativas de Galicia - Lei 5/1998, DOG 30 de Decembrode 1998 -:A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, con estrutura exestión democrática, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, desenvolveunha empresa de propiedade conxunta, a través do exercicio de actividadessocioeconómicas, para prestar servizos e para satisfacer necesidades easpiracións dos seus socios-as, e en interese pola comunidade, mediante aparticipación activa deles-as, distribuíndo os resultados en función da actividadecooperativizada.A cooperativa é unha forma de organización empresarial baseada nunhaestrutura e funcionamento democráticos. Como as empresas impulsadas porvalores de ganancia xusta, as cooperativas comparten os principios para aconstrución dun mundo máis xusto a través da cooperación, uns principiosacordados e regulados nos ámbitos autonómico, estatal e internacional e queaparecen recollidos no artigo 2 da Lei Xeneral de Asociacións Cooperativas.Estes principios cooperativos son: A adhesión voluntaria e aberta dos socios. As cooperativas sonorganizacións voluntarias, abertas a todas as persoas capaces de utilizar osseus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades de asociarse, sendiscriminacións de xénero, sociais, raciais, políticas ou relixiosas.11


A xestión democrática. Este principio comporta a igualdade en dereitos eobrigacións dos asociados e, en consecuencia, a cada asociado llecorresponde un único voto, sexa cal sexa a súa participación económica. A participación económica dos socios. Os asociados contribúenequitativamente ao capital da súa cooperativa e democraticamente acontrolan. Eles adoitan recibir unha compensación limitada, se acasoalgunha, sobre o capital subscrito como condición para ser asociado. Osasociados destinan o excedente aos fins seguintes: desenvolvemento dasúa empresa cooperativa, se é posible mediante a constitución de reservas,das cales unha parte polo menos debe ser indivisible; beneficiar aosasociados en proporción ás súas operacións coa cooperativa; e o apoio aoutras actividades aprobadas polos asociados. A autonomía e independencia. As cooperativas son organizaciónsautónomas, controladas polos seus asociados. Se interveñen en acordoscon outras organizacións, incluídos os gobernos, ou captan capital defontes externas, fano en termos que aseguren o control democrático porparte dos seus asociados e manteñan a súa autonomía cooperativa. A educación, formación e información. As cooperativas brindan educacióne capacitación aos seus asociados, representantes elixidos, xerentes eempregados, de maneira que poidan contribuír efectivamente aodesenvolvemento das súas cooperativas. Elas informan o público en xeral,particularmente aos mozos e aos líderes de opinión, acerca da natureza eos beneficios da cooperación. A cooperación entre cooperativas. As cooperativas serven máisefectivamente aos seus asociados e fortalecen o movemento cooperativotraballando conxuntamente a través de estruturas locais, nacionais,rexionais e internacionais. O interese pola comunidade. As cooperativas traballan en prol dundesenvolvemento sostido das súas comunidades mediante políticas12


aprobadas polos seus asociados. Existen consideracións ecolóxicas esolidarias cos espazos xeográficos cos que se vinculan.As cooperativas son empresas de propiedade e dirixidas por e para os seusmembros. Os seus membros son a un tempo clientes e empregados que teñenunha participación igualitaria nas decisións sobre a empresa e na participación nosbeneficios.O Cooperativismo como proposta que busca o ben común dun grupo depersoas que se asocian e se organizan nunha empresa para o alcance dunobxectivo, oriéntase polos seguintes valores:‣ Axuda Mutua:O grupo que asume unha cooperativa mantén unha interrelación de apoio,de traballo individual en función da meta común.‣ Responsabilidade:Todas as persoas que conforman un grupo cooperativo están pendentes decumprir sempre o traballo que lles corresponde. Nunca se permite que o logro doequipo se pare por pospoñer algunha tarefa.‣ Democracia:A máxima autoridade dentro dun grupo cooperativo é a reunión enAsemblea de todos os seus integrantes. As decisións tómanse entre todos.‣ Igualdade:Todos os membros dun grupo cooperativo teñen os mesmos dereitos edeberes. A asignación de cargos directivos ten un fin cooperativo pero nonexisten privilexios especiais.‣ Equidade:Os cooperativistas compórtanse sempre de xeito xusto e equitativo,entendendo que o recoñecemento do traballo achegado por cada asociado é abase do bo funcionamento dunha empresa cooperativa.13


‣ Solidariedade:O cooperativista sempre está disposto a dar apoio a outras persoas. Xamaisé indiferente á inxustiza nin ao atropelo da dignidade humana.14


AS COOPERATIVAS AGROALIMENTARIASAs cooperativas agroalimentarias galegas acadan unha facturación de máisde 1.500 millóns de euros, o que supón o 7% da facturación total docooperativismo agrario español.Unha facturación de máis de 1.500 millóns de euros.Máis de 200 cooperativas agroalimentarias galegas.Vantaxes das cooperativas agroalimentarias a nivel localAs máis de 200 cooperativas agroalimentarias galegas están intimamenteligadas ao eido rural.Exercen un importante papel na fixación de poboación e, en numerosasocasións, tamén ostentan o rol deder na economía social. A cooperativacontribúe a dar estabilidade aos mercados agrarios: concentran a produción eteñen poder de decisión sobre os prezos que reciben asociados e non asociados.O que caracteriza e diferenza ás cooperativas agroalimentarias galegas é a súagran vinculación ao territorio, o que se traduce nunha dinamización da producióne comercialización dos nosos produtos.Así o evidencia o XIV Informe sobre a Xestión e o Estado Económico doCooperativismo Agrario en Galicia, elaborado pola Asociación Galega deCooperativas Agrarias (AGACA), no que se reflicte que o 63% das cooperativasagroalimentarias galegas estudadas, ocupan un dos tres primeiros postos naclasificación das empresas que posúen unha maior facturación no concello ondese localizan.No estudo tamén se reflicte como o 79% dos contratos xerados, na mostraestudada, son fixos, fronte ao 21% de contratacións eventuais. Isto ratifica acapacidade das cooperativas agroalimentarias para a promoción de empregoestable de calidade, contribuíndo á dinamización do territorio e odesenvolvemento rural.15


O 79% dos contratos xerados son fixos.A "rede de cooperativas" é a principal estrutura organizada do eido rural:colaboran na transmisión e aplicación da normativa, son unha canle de difusiónda información sectorial e facilitan a adaptación aos cambios.Orixe, sabor e tradición galegosOutra característica que presentan as nosas cooperativas é que incorporan unproceso de comercialización moi rápido facilitando que os agricultores participenen toda as fases de transformación e comercialización do produto. A súaproximidade á orixe do proceso supón que sexa máis factible o control de toda acadea, dando resposta ás novas esixencias da sociedade: calidade e protección domedio ambiente, seguridade alimentaria, etc.Os produtos chegan antes "do campo á mesa", conservando mellor todos osseus nutrintes, e sendo máis sostibles co medio ambiente. Ademais, así o produtorcoñece máis directamente as demandas e requirimentos do consumidor,adaptando así a estratexia comercial.Os produtos chegan antes "do campo á mesa".Temos pois que as cooperativas agroalimentarias de Galicia poden presentaralimentos cun valor engadido, cunha imaxe de marca próxima aos conceptos detradición, calidade e respeto ao entorno que os converten en máis atractivos paraos consumidores e, o máis importante, que os converten en produtos producidose comercializados de xeito sostible, cunha vontade de solidariedade co entornosocial.A FUNCIÓN SOCIAL DAS COOPERATIVAS AGROALIMENTARIASA cooperativa ofrece a posibilidade de aglutinar os intereses dos produtores emellorar a súa posición negociadora coa competencia: os agricultores decidensobre o funcionamento da súa empresa e participan activamente na cooperativacomo socios, clientes e provedores.16


Debido á condición dos seus socios e á súa natureza xurídica, as cooperativasteñen en conta consideracións máis alá do empresarial.Fomentan os procesos democráticos de participación e, a formación de sociose traballadores.A súa actividade repercute positivamente sobre a economía e as poboaciónslocais, sobre o contorno natural e no mantemento da cultura e as tradicións.Magnitudes económicas e financeirasAs Cooperativas Agroalimentarias Galegas:Máis de 200 cooperativas e 50.000 sociosCase 6.000 traballadores directosFacturación de máis de 1.500M€Representan o 7% da facturación do cooperativismo agrario español.8% das cooperativas agrarias españolas son galegas.Menos intermediarios, o que supón unha vía produtor -consumidormáis directa, cuns alimentos producidos de xeito sostible.Cooperativas agroalimentarias en España: Nº cooperativas: 3.918 Nº socios: 1.200.000 Facturación (Mio €): 19.985 Valor engadido bruto- VAB (Mio€): 2.500 Nº cooperativas exportadoras: 720 Valor exportacións (Mio€): 5.500As cooperativas cunha facturación superior a 60 Mio€ pasaron de 22 a35 (máis do 55%).O número de socios incorporado a cooperativas de 1º incrementousenun 16,8%.17


A facturación das cooperativas asociadas a CooperativasAgroalimentarias incrementouse nun 53,7%. As cooperativas top 10 rexistraron un incremento do emprego do 79,4%.PLAN DE INTEGRACIÓN COOPERATIVAConcentración e integración cooperativa para equilibrar a cadea de valorO sector agrario español e comunitario leva varios anos sometido a unha crisexeneralizada de prezos e de mercado, con raíces no desequilibro da cadea de valore a alta volatilidade dos prezos das materias primas. Esta perda de renda daprodución agropecuaria, sen o amparo de mecanismos de regulación na PAC quepoidan corrixir as tensións existentes no mercado, provoca que, hoxe en día, arenda real dos agricultores sexa similar á de hai unha década.A cadea de valor caracterízase por un sector produtor altamenteatomizado e unha gran distribución moi concentrada. Para corrixiresta situación o único camiño factible e viable son as cooperativas.En España existen case un millón de produtores, unhas 4.000 cooperativas ealgo máis de 30.000 industrias agroalimentarias. Fronte á disgregación da oferta, osector da gran distribución conta con tan só cinco empresas que concentran o 62%del comercio minorista en España. Por isto é fundamental actuar na integracióndas cooperativas para acadar os tamaños desexados.Concentrar a produción agroalimentaria en cooperativasEsta desorganización do sector agrícola provoca que os produtores e as súascooperativas non poidan defender un prezo e unhas condicións de contrataciónequilibradas, que lles permitan desenvolver a súa actividade con perspectivasrazoables de rendibilidade. Así, os agricultores non teñen capacidade denegociación nin ante as estratexias dos seus provedores de inputs (fertilizantes,18


carburantes, fitosanitarios, etc…), nin dos seus clientes. Pola súa banda, a grandistribución, con poder de negociación, concentra toda a súa estratexia comercialna oferta de prezos baixos aos seus clientes, que en épocas de crise económicacomo a actual son aínda máis baixos, para manter as marxes de beneficio,trasladando a presión de toda a cadea no produtor, que resulta o enlace máisperxudicado.A desorganización do sector agrícola provoca que os produtores e as súascooperativas non poidan defender un prezo e unhas condicións de contrataciónequilibradas.A desregulación dos mercados provocada polas continuas reformas da PACeliminando as intervencións, e a crecente globalización dos mercados, non fixeronmáis que agravar a situación, especialmente desde 2007, cando a volatilidade deprezos acadou niveis alarmantes e puxo de manifesto a extraordinariavulnerabilidade dos mercados das materias primas agrarias. Polo outro lado, asaxudas directas desacopladas demostráronse por si soas insuficientes para mantera rendibilidade do sector produtor.Así, a falta de rendibilidade da produción de alimentos está provocando oenvellecemento dun sector, base da industria agroalimentaria, que xunto coturismo son os únicos que arroxan datos positivos á balanza comercial española. Odeclive deste sector non soamente é unha perda de riqueza inxustificable nestesmomentos de crise, senón o que pon en perigo a un sector estratéxico encargadodo abastecemento de alimentos a prezos razoables e de xeito sostible co medioambiente. Esta situación é de importancia crecente se temos en conta oincremento da demanda alimentaria mundial e que cada vez somos máisdependentes das importacións.Tendo en conta esta situación desequilibrada, o sector produtoragroalimentario debe ser capaz de estruturarse e organizarse, concentrando aoferta e mellorando a comercialización das súas producións para reequilibrar asía cadea de valor ante un mercado aberto e competitivo.A concentración da oferta, mediante a creación de cooperativas e unha mellororganización e participación da produción na comercialización, resultará19


fundamental para defender a rendibilidade das explotacións agrarias no mercado.Non hai que esquecer que a maior parte da renda dos produtores, o 70% demedia, procede do mercado.O sector produtor agroalimentario debe ser capaz de estruturarse, parareequilibrar a cadea de valor.Organizar ás cooperativas nun plan de integración da ofertaAdemais de concentrar a oferta dos produtores,tamén resulta básico a posta enmarcha dun plan de integración cooperativa e concentración da oferta quecontribúa a mellorar a posición negociadora dos produtores e a reequilibrar acadea agroalimentaria.As Organizacións de Produtores, contempladas na proposta para a reforma daPAC, poden ser un instrumento de integración comercial da produción sempre queestean formadas por produtores e controladas por eles, se lles dote deinstrumentos de apoio suficientes e se incentiven como figuras empresariaiseficientes, cunha dimensión relevante no mercado, capaces de defender os prezose as condicións de contratación das producións dos seus socios nun mercado cadadía máis integrado e global.É por iso que o Goberno de España, en coordinación coas ComunidadesAutónomas, debe empregar todas as ferramentas posibles: comunitarias,nacionais e autonómicas, para impulsar este plan de integración a través demedidas incentivadoras. Deste xeito, eliminaríanse todas aquelas medidas que vanno sentido contrario e fomentan a atomización da oferta e, deste xeito, evitaríasea disgregación da comercialización en orixe.As Organizacións de Produtores, contempladas na proposta para a reformada PAC, poden ser un instrumento de integración comercial da produción.O sector agroalimentario necesita estes programas para afrontar unhareestructuración que lle permita facer fronte aos mercados actuais, aproveitar asoportunidades que se xeran ante a demanda crecente nas economías emerxentes20


e cumprir coas demandas que a sociedade nos esixe en termos de seguridadealimentaria, calidade, medio ambiente e mantemento da actividade económicanas zonas rurais.AS COOPERATIVAS TAMÉN NO MARA influencia do cooperativismo no sector pesqueiro vén de tempo atrás,habería que remontarse aos anos dez do século XX. Malia isto, a idea cooperativanon calou en gran medida na pesca galega xa que non se acadou un movementoconsolidado neste modelo de economía social.Pese , a que o sector pesqueiro non se significa cuantitativamente nestemodelo, si é de destacar a súa presenza tanto pola actividade económica comopola representacióninstitucional dascooperativasexistentes.Atopamos quedende o ano 45 atahoxe hai un ritmocontinuo na apariciónde novas experienciasentre as cooperativasdo mar, cunha vida media de 18 anos e 7 meses.Dada a natureza deste sector, as cooperativas do mar galegas presentan unamplo abano de actividades e composicións, pero que na súa maior parteresponden a tres perfís: Cooperativas de bateeiros: conformadas por produtores mexilloeiros. É ogrupo máis numeroso, incluíndo ao 50% das cooperativas do mar con actividadesignificativa e cun tamaño medio de 24 socios. A súa actividade está dirixida ácomercialización da produción das bateas dos seus asociados.21


Cooperativas de armadores: agrupan a armadores de buques de pesca,maioritariamente dedicados á pesca de altura e grande altura. O seu tamaño émedios, aínda que sobresae a Cooperativa de armadores de Vigo que acada os 262socios. O seu exercicio céntrase na subministración de efectos navais para oequipamento de buques e de carnadas e xeos para a conservación do peixe.Tamén sobresae a xestión e prestación de servizos administrativos e detramitación, de asesoría e formación. Así como tamén desempeñan actividadesfuncionais como os servizos frigoríficos e os de venda en lonxa. Outras cooperativas: neste diverso grupo abránguense as demaiscooperativas do mar cuxa actividade é a produción na explotación de bateas deostras ou no marisqueo. En canto ao seu tamaño é reducido, agás no caso daCooperativa de Arousa que ten máis de 400 socios.Cun total de 1298 socios entre persoas físicas e xurídicas, agrupan 378buques de pesca, 561 bateas e 153 barcos de batea.Estas cooperativas contan cunha carteira de clientes estable, o que tamén asposiciona nun lugar vantaxoso con respecto aos seus competidores.Completando esta visión das cooperativas de mar, cabe citar que na súaactividade de comercialización dos produtos exercen un factor de estabilidade nassituacións de crise cando se desatan conflitos entre produtores, xa que supoñenunha comercialización máis racional que regula a oferta e frean as flutuacións deprezos.Importancia do papel das cooperativas do mar á hora de estruturar o sectorpesqueiro, agrupando intereses, configurándose así como un forte interlocutordiante da administración.O sector pesqueiro galego está composto por unha gran diversidade deactividades onde os niveis de desenvolvemento son moi variables. Así atopamosque na pesca de altura ou de grande altura, na acuicultura, na transformación e naconserva, predominan as sociedades mercantís cunha gran integración nomercado. Pola contra existen outros casos como no dos sectores puramenteartesáns - pesca de baixura, marisqueo, etc.- onde a figura predominante é a de22


traballador autónomo ou como no de sectores cun marcado carácter familiarcomono mexilloeiro- que se organizan en asociacións de tipo profesional.E neste segundo grupo, menos integrado economicamente, onde ascooperativas se configuran como unha ferramenta á hora de solucionar estaescasa integración empresarial.Para acadar a valorización dos produtos pesqueiros artesáns a estruturacooperativa posibilita a racionalización dos procesos de produción, reducindo oscustos e gañando competitividade e dimensión nun mercado aberto.Neste sector pesqueiro artesanal, que presenta carencias na súa visiónempresarial, a fórmula cooperativa ofrece a integración económica, ampliando acomercialización dos produtos, ampliando e mellorando as técnicas de cultivo erespectando entidades socialmente representativas como as confrarías.Magnitudes económicas e financeirasNeste sector, os investimentos en activo fixo nas cooperativas máis grandesson maiores en valor, pero o seu peso relativo varía entre o 5,09% e o 49,72%,determinado polos investimentos materiais precisos para a actividade produtiva.Nas máis pequenas o activo fixo oscila entre o 0% e o 74,92%, pero as elevadasporcentaxes son consecuencia do reducido importe global.Na metade das cooperativas os fondos propios representan a principal fontede recurso, e a outra metade atopa nos acredores o seu maior financiamento.Os ingresos proceden maioritariamente das vendas realizadas polacooperativa, se ben teñen un alto grao de variabilidade e a principal partida decustos son os gastos derivados da adquisición do produto aos socios.O valor engadido é moi baixo, representando un 3,5%.NOS SERVIZOS E TRANSPORTESAo falarmos de cooperativas de servizos estamos a referirnos a cooperativasque están formadas por titulares de actividades industriais ou de servizos, asícomo a profesionais e artistas cuxa actividade é por conta propia. Outra clase de23


cooperativas con numerosas características comúns ás de servizos son ascooperativas de transportistas, e só se diferencian das primeiras en que aactividade destas últimas se limita exclusivamente ao sector do transporte.No panorama actual existen 50 cooperativas activas, e o 58% das entidadesdedícanse a actividades relacionados co transporte. Tamén destacan ascooperativas de intermediación do comercio especializado, que se ben son menosnumerosas que as de transporte , si teñen maior incidencia ca estas en canto anúmero de socios.Posibilitan a obtención de subministros en mellores condicións, favorecendounha maior competitividade e un apoio para os emprendedores.Ademais acadan unha importante presenza no sector da alimentación,complementada ca prestación de servizos para taxistas e para establecementos dehostalería.Nº COOPERATIVAS Nº SOCIOS Nº CNAE DENOMINACIÓN CNAE2 35 01 Agricultura, gandería, caza e actividades dos servizosrelacionados con elas2 35 15 Industria de produtos alimenticios e bebidas6 777 51 Comercio por xunto e intermediarios do comercio,agás vehículos de motor e motocicleta1 18 52 Comercio polo miúdo, agás o comercio de vehículosde motor, motocicletas e ciclomotores; reparaciónde efectos persoais.1 1.028 55 Hostalería23 426 60 Transporte terrestre; transporte por tubos5 551 63 Actividades anexas aos transportes: actividades deaxencias de viaxes3 55 70 Actividades inmobiliarias3 55 74 Outras actividades empresariais1 18 80 Ensino24


1 18 85 Actividades sanitarias e veterinarias, servizos sociais1 18 91 Actividades asociativas1 18 93 Actividades diversas de servizos persoaisNestas cooperativas de servizos e transportistas o número de socios ascendea 3620, cunha media de 80,16 socios por cooperativa.Na distribución por sexos atopamos un certo equilibro, xa que se ben ossocios do sector do transporte son maioritariamente homes, atopamos que estatendencia varía noutros sectores no que hai unha presenza feminina superior, detal xeito que no total de persoas físicas o porcentaxe de mulleres acada o 64%fronte o 36% de homes.25


Dentro destas cooperativas distinguimos dous grandes grupos con valores moidispares:Un colectivo que inclúe só o 10% das cooperativas activas perocaracterizado polo seu elevado número de socios, agrupando a uns2.799.Outro grupo, cun tamaño medio máis reducido de 18 socios pero máisrepresentativo co anterior, xa que o 90% das entidades estarían nesterango. Aquí é onde se inclúen a maior parte das cooperativas do sectordo transporte (a excepción dunha cooperativa de taxistas).Na evolución desta cooperativas maniféstase un comportamento progresivoen canto ao número de socios, atopando que estes superan no dobre á cifra desocios fundadores.No senso da idea cooperativa de ofrecer un modelo sostible e de calidade ávez, atopamos que o 60% destas cooperativas de servizos conta con sistemas dexestión da calidade e nun 20% máis están a implantarse. E neste aspecto destacanás técnicas non abrasivas co medio ambiente.O 80% desta cooperativas empregan técnicas respectuosas co medioambiente.En canto a súa situación no mercado, contan cunha carteira de clientes que seincrementa no 2/3 dos casos, e no terzo restante maniféstase unha estabilización,sen que se rexistren casos de diminución.As cooperativas de servizos que teñen como obxecto a prestación desubministracións e servizos e a realización de operacións encamiñadas á melloraeconómica e técnica, aportan unha ferramenta idónea para o apoio aemprendedores. Cando se lanza unha nova empresa ou actividade, oemprendedor atópase cun baleiro en canto a información, formación einfraestruturas para acometer o seu novo exercicio.As cooperativas de servizos como mecanismo idóneo para osemprendedores, tanto na súa formación como no acceso a mellores servizos .26


É aquí onde o carácter instrumental das cooperativas de servizos serve deapoio nos inicios da actividade, posibilitando o acceso a mellores servizos deaprovisionamento en óptimas condicións de calidade e prezo.Magnitudes económicas e financeirasNas cooperativas de servizos e transportes o activo fixo presenta unha escasaimportancia, predominando na composición os debedores e as existencias. Poristo, a importancia do financiamento alleo no curto prazo non supón un problemapara acadar o equilibrio financeiro. Ademais o valor engadido ten pouco peso: osingresos de explotación non chegan a superar os consumos e gastos poradquisición de terceiros.Activo medio: 4.464.201€Ingresos medios: 15.005.810€O TRABALLO ASOCIADOEn Galicia hai 484 cooperativas activas de traballo asociado –sen contar ascooperativas de ensino-.Este tipo de cooperativas, que teñen por obxecto proporcionar postos detraballo aso seus socios para produciren en común bens e servizos para vender aterceiros, contribúen a consolidación do emprego fixo, polo que o seudesenvolvemento é aínda máis acertado nas situacións de inestabilidadeeconómica.As cooperativas de traballo asociado preséntanse como unha alternativaaos peches e reestruturacións empresariais.Así, nesta época de depresión económica e alta destrución de traballo, un30% destas cooperativas son constituídas por persoas que deciden continuar coasúa actividade laboral mediante o autoemprego colectivo; un 60% son proxectosde nova creación que xorden tanto por iniciativa propia como polo impulso deterceiros; existe un 6% que, xa existindo como empresa, deciden cambiar ao27


modelo cooperativista de traballo asociado polos seus beneficios fiscais e decrecemento.A idade media dascooperativas de traballoasociado activas é de seteanos e a súa presenza dásenas catro provincias.A Coruña é a que máiscooperativas de traballoasociado ten pero é aprovincia de Ourense a queten unha maior presenza enrelación coa poboaciónexiste.Ourense é a que presentataxa de emprego cooperativo en relación co total da provincia.En canto ás actividades máis representativas son: a confección téxtil, aconstrución, servizos e empresas e servizos sociais. Estas actividades representanmáis da metade das cooperativas activas.Na súa composición social destaca o dato de 3386 socios, dos que o xénerofeminino acada o 60%. A autoxestión como maneira de garantir a igualdade tenneste caso un claro exemplo e na fórmula cooperativa un gran apoio. Deste xeitoxérase unha importante presenza das mulleres no cooperativismo de traballoasociado galego.E ademais da importante taxa feminina nestas cooperativas, tamén destaca aidade dos seus integrantes: o 46,5% dos socios teñen menos de corenta anos e tansó un 11% supera os cincuenta e cinco, único tramo no que os varóns superan ásmulleres.Nas cooperativas de traballo asociado as mulleres son máis e máis novas.28


Entre as vantaxes socioeconómicas que ofrecen estas cooperativas, é precisodestacar tres fortalezas: O alto grao de satisfacción dos seus clientes. O seu bo nivel fronte aos competidores A constante preocupación pola calidade.Nestas fortalezas inflúe o exercicio autoorganizativo, xa que permite quesocios e traballadores desenvolvan as súas capacidades e poidan realizalas conmaior flexibilidade.O vínculo co territorio –a non deslocalización- forma parte tamén daidiosincrasia destas cooperativas, aproveitando os recursos endóxenos.As cooperativas están formadas predominantemente por persoas que vivenna mesmas zonas onde se constitúen as cooperativas, o que contribúe aoemprego de materiais e recursos locais.Magnitudes económicas e financeirasNa composición do activo teñen máis importancia os de carácter circulante,presentando o activo fixo unha importancia menor, excepto no caso dascooperativas do sector primario.29


As cooperativas de traballo asociado fináncianse principalmente con recursosalleos no curto prazo.O valor engadido presenta un valor relativo, con respecto aos ingresos, maissó na industria non téxtil, na construción e nalgunhas actividades do sectorterciario atópanse cifras dalgunha importancia.AS COOPERATIVAS DE ENSINOAs cooperativas de ensino son as que desenvolven actividades docentes, nosseus distintos niveis e modalidades. Poden realizar tamén, comocomplementarias, actividades extraescolares e conexas, así como prestar servizosque faciliten as actividades docentes.A súa orixe prodúcese como xeito de facer fronte a situacións de crise noscentros de ensino, producidas por problemas económicos ou pola xubilación dotitular do centro.En Galicia contamos con 57 cooperativas activas, que teñen unha vida mediade 14 anos e acadan a cifra total de 863 socios, a maioría de idade media e dosque dous terzos son mulleres.En canto á súa distribución xeográfica observamos que se concentranmaioritariamente nas provincias de Pontevedra e A Coruña.30


En función do tipo de ensinanza que imparten, podemos dividir ascooperativas de ensino en dous campos:Na formación regrada: Aquí atopamos 25 cooperativas rexistradas. No ensino non regrado: Neste grupo atopamos 11 autoescolas, e 3academias.As cooperativas restantes non cumpren requisitos comúns a estes campos equedan dispersas noutras categorías.As cooperativas de ensino teñen que facer fronte a diversas problemáticas.Un destes obstáculos a superar é a baixada constante do índice de natalidade, oque xera un efecto negativo na incorporación de novos alumnos e alumnas aoscentros. Algo que tamén xera disfuncións nestas formas de cooperación son osnumerosos cambios lexislativos, que forzan a estas cooperativas a reformar a súaorganización e estrutura.Pero non só lles afectan axentes externos, se non tamén outros derivados dacarencias no seu sistema interno de xestión, tales como a indefinición deobxectivos, escasa innovación e planificación, etc.Malia todos estes aspectos negativos, as cooperativas de ensino que resisten,empregaron armas cooperativas que lles supoñen un paseniño pero seguro pasocara ao futuro.A calidade do ensino, a entrega no traballo e os servizos á comunidade: asmellores bazas para a súa supervivencia.Os esforzos á hora de adaptarse a unha situación hostil fan que ascooperativas de ensino oferten diferentes servizos como complemento atractivo ede servizo á comunidade.O transporte, o comedor e as actividade extraescolares supoñen novas liñasde traballo para engadir valor as súas accións.No cooperativismo de ensino é preciso establecer unha xestión de calidade,na que a excelencia académica e formación continua do profesorado, a atenciónindividualizada e a modernización das instalacións son compatibles nun proxectodemocrático e solidario como o é o da cooperación.31


As debilidades que presentan estas cooperativas de ensino, tales como aexcesiva dependencia das subvencións, así como a competitividade do sector poloreducido do seu mercado (baixada demográfica), fanse fronte grazas á capacidadede adaptación da fórmula cooperativa. Puntos como o reforzo da coherencia nastomas de decisións dos docentes, a implantación progresiva das novas tecnoloxíase a súa mellora integrando o financiamento público coa profesionalización da súaxestión, abren un camiño de éxito a estas cooperativas.Magnitudes económicas e financeirasNeste sector das cooperativas o activo fixo está determinado polasinfraestruturas necesarias para o exercicio da actividade.Presentan unha adecuada capacidade de pagamento. As subvencións dosconcertos educativos permiten a obtención dun valor engadido suficiente paraasumir os gastos de persoal e os ocasionados para o desenvolvemento daactividade.AS COOPERATIVAS DE CONSUMOSon cooperativas de consumidores e usuarios aquelas que teñen por obxectoo subministro de bens e servizos, adquiridos a terceiros o producidos por simesmas, para o uso dos socios e das súas familias.O cooperativismo de consumo supón unha unión entre os seus socios naprocura de mellores relacións calidade/prezo nos bens de consumo, así comotamén ofrece a posibilidade de organizar servizos a medida para os potenciaisusuarios alí onde non chega o mercado.Se ben as cooperativas de consumidores e usuarios ofrecen estas vantaxes,non atopamos en Galicia unha gran implantación, contabilizándose 12actualmente activas, as cales presentan unha importante dispersión xeográfica eun total de cinco mil socios.Cabe salientar que, malia non ser galegas, si atopamos en Galicia unhapresenza de cooperativas de consumo que proveñen doutras partes do Estado. Así32


destaca a actividade de Eroski, de Mondragón Corporación Cooperativa, que tenpresenza na nosa comunidade en numerosas localidades.Retomando o comportamento das cooperativas de consumo galegas,atopamos unha tendencia cara a especialización de actividades afastadas do granconsumo, actividades resultantes dos novos hábitos de consumo.Neste senso atopamos unha significativa comercialización de produtosecolóxicos ou de consumo especializado, así como tamén unha prestación deservizos de acceso á cultura e á comunicación.Así as cooperativas deconsumidores e usuarios atopan un valor engadido que ofrecerlle ao mercado.Aspectos como a seguridade alimentaria, produtos de orixe natural ou acompleta información ao consumidor conseguen que estas cooperativasdespunten nun contexto económico cada vez máis competitivo.Magnitudes económicas e financeirasNesta clase de cooperativas, caracterizada por tratarse dun grupo tan diversotanto en tamaño como en actividade, a estrutura do activo só presenta comocaracterística común o predominio do activo circulante.Entre estas cooperativas de consumo, cabe destacar que a máis grande detodas conta cunha sección de crédito, o que supón que predominen osinvestimentos financeiro.AS COOPERATIVAS DE VIVENDASO seu obxectivo é o acceso á vivenda a través dunha fórmula societariaautoxestionada e controlada polos socios, coa intención de atopar mellorescondicións de prezo e calidade.Asocian tanto a persoas físicas que precisen aloxamento para si e para as súasfamilias, como a entes públicos e as entidades sen ánimo de lucro que precisenaloxamento para persoas que dependentes deles teñan que residir, por razón doseu traballo ou función, no ámbito dunha promoción cooperativa ou que precisenlocais para desenvolver as súas actividades.33


Centrándonos nos socios como persoas físicas, estes articúlanse como ungrupo que procura unha vivenda digna ao mellor custo e baixo a participación dopropio interesado como consumidor e socio ao mesmo tempo. Se ben, existe porparte dos socios unha valorización maior da condición de comprador de vivendaca da súa condición de socio da cooperativa. Isto é así porque a maior parte tencomo expectativa a de acadar unha vivenda de calidade a un prezo máis acorde ássúas posibilidades adquisitivas.En Galicia estas cooperativas acadan un tamaño medio de 176 socios, entre osque mulleres e homes teñen unha semellante presenza cuantitativa, presentandounha base social nova na que máis de dous terzos dos socios son menores de 40anos.O cooperativismo de vivendas abrangue diferentes tipo de promoción:Promoción non protexida: allea ás axudas publicas. Representan caseo 50% da totalidade das promocións en curso.Promoción con protección pública: no artigo 120.5 da Lei decooperativas de Galicia, disponse que as cooperativas de vivendasteñen dereito á adquisición preferente de terreos de xestión públicapara o cumprimento dos seus fins.Réxime de alugueiro: en Galicia non existe ningún exemplo, pero si éunha fórmula interesante para aqueles colectivos que buscan unacceso á vivenda a través do aluguer.34


Un dos aspectos máis complexos no cooperativismo de vivenda é o daadquisición do solo, xa que non só debe tratarse de terreos edificables senóntamén de importante tamaño. Isto súmase a que previamente da adquisición dosolo tense que ter finalizado a concentración de interesados en formar parte dacooperativa, o que supón que moitas persoa declinen comprometerse nunproxecto sen a posesión previa do solo.A fórmula cooperativa aplicada á adquisición de vivenda dáse especialmentenas zonas urbanas e configúrase como unha ferramenta especialmente útil paraaquelas persoas con dificultades para acceder ao mercado da vivenda. E é nesamesma contorna urbana onde o cooperativismo é un referente de finalidade socialcada vez con máis presenza na promoción local de vivenda, contribuíndo a limitara especulación inmobiliaria e canalizando as políticas públicas da Administración.35


FORMAS DE FINANCIAMENTO: AS COOPERATIVAS DECRÉDITO E AS COOPERATIVAS CON SECCIÓN DE CRÉDITOAS COOPERATIVA DE CRÉDITOAo falarmos dunha cooperativa de crédito estamos a referirnos a unhaentidade de crédito, constituída conforme ao que establece a Lei 13/1989, do 26de maio, de Cooperativas de Crédito, cuxo obxecto social é servir ás necesidadesfinanceiras dos seus socios e de terceiros mediante o exercicio das actividadespropias das entidades de crédito.Trátase, ademais, dunha entidade de crédito autorizada para captar fondosreembolsables do público, por exemplo, en forma de depósitos. Isto significa quepode recibir diñeiro de socios e clientes en xeral, coa obriga de devolvelo na formapactada, e utilizalo para conceder préstamos ou créditos.O obxecto social é servir ás necesidades financeiras dos seus socios e deterceiros.QUE É UNHA CAIXA RURAL?Unha "Caixa Rural", é aquela entidade que ademais de cumprir os requisitosnecesarios para ser unha Cooperativa de Crédito, ten como obxecto principal aprestación de servizos no medio rural.Debe cumprir que o grupo promotor inclúa, polo menos, unha cooperativaagraria ou 50 socios persoas físicas titulares de explotacións agrarias.O seu obxecto social é a prestación de servizos no eido rural.CAL É A FUNCIÓN DAS CAIXAS RURAIS?A actuación das cooperativas de crédito xorde cun grande acento social, parasolucionar as necesidades financeiras de determinados sectores produtivos antea falta de especialización das canles financeiras ao uso, públicos e privados(Caixas de Aforro e Bancos Comerciais).Converténdose as institucións de crédito cooperativo en entidadesparticipadas de base democrática e amplo espectro representativo, estas36


institucións crediticias de base cooperativa desenvolven unha actividade decarácter solidario, comprometida co seu ámbito xeográfico de actuación.Institucións de crédito cooperativo de base democrática e amplo espectrorepresentativo.O COOPERATIVISMO DE CRÉDITO EN GALICA: CAIXA RURALTodas as características anteriormente citadas están presentes no únicoexpoñente activo de cooperativismo de crédito en Galicia: Caixa Rural.Esta cooperativa está asociada ao denominado Grupo Caja Rural que seestrutura nunhas 70 Caixas Rurais, un grupo de sociedades participadas que son oBanco Cooperativo Español, Rural Servicios Informáticos, Rural Grupo Asegurador,Docalia.Ademais, Caixa Rural Galega é socia da Unión Nacional de Cooperativas deCrédito (UNACC) e da Asociación Española de Cajas.Ao falar de Caixa Rural Galega estamos a referirnos a unha cooperativaformada por uns 15.000 socios co obxecto da prestación dunha ampla gama deservizos financeiros dirixida a todos os sectores económicos.A actividade de Caixa Rural desenvólvese por toda Galicia grazas a súapresenza en 40 concellos galegos.E se ben, esta cooperativa de crédito galega naceu cunha vontade de accióncrediticia case exclusiva no sector agrario, a súa actividade ampliouse e abriu oabano de destinatarios das súas operacións crediticias a outros ámbitos onde asúa presenza ata ben pouco era testemuñal. Caixa Rural Galega financia agorapromocións inmobiliarias, grandes empresas, pemes, corporacións locais, etc.A cooperativa de crédito galega ten presenza en 40 concellos.Conta con máis de 15 mil socios.Así por exemplo, a evolución do mercado hipotecario tamén ten unhaimportancia relevante no desenvolvemento da súa área de negocio. A través do37


crédito para a adquisición de vivenda Caixa Rural se está a implantarprogresivamente no medio urbano.CAIXA RURAL: O COMPROMISO CO MEDIO RURALPero este incremento no tipo destinatarios do seu financiamento non supuxoun afastamento da entidade con respecto ao medio rural. Caixa Rural écoñecedora da problemática que lle afecta a este eido.Deste xeito, as explotacións agrarias suxeitas a unha forte reconversiónatoparon unha vocacional disposición favorable de apoio financeiro para levar acabo os investimentos necesarios.Caixa Rural serve de instrumento daquelas explotacións, singularmente dosector lácteo, necesitadas de ampliar a súa base territorial, cota, instalacións emedios de produción, para mellorar a súa competitividade ou acadar a viabilidade.O crédito cooperativo, a través de Caixa Rural Galega, constitúe un apoiofinanceiro en especial sintonía coas cooperativas agrarias e explotacións máissobresaíntes que se sitúan no seu ámbito de actuación. Aparece nos primeiroslugares no referente á formalización de préstamos acollidos a convenio coMinisterio de Agricultura para a mellora das infraestruturas agrarias.Caixa Rural presenta un carácter mixto de sociedade cooperativa e entidade decrédito, o que supón que conflúan aspectos financeiro-crediticios e cooperativosnos que, á súa vez, inciden compoñentes laborais e mercantís. Este comúndenominador de actividade empresarial e profesional permitiulles adquirir unhavocación universal e revelarse como as entidades de crédito que mellor coñecen oauténtico negocio de intermediación minoritaria.Presenta un carácter mixto de sociedade cooperativa e entidade de crédito.Carácter mixto de sociedade cooperativa e entidade de crédito.Coñecedor do negocio de intermediación minoritaria.A súa condición de banca minorista, próxima ao destinatario e coñecedora daproblemática na que este se move, a súa permeabilidade, comunicación e tratopersoal, configuran unha cultura empresarial específica na que xogan a igual nivel38


a súa natureza privada, o amplo espectro operativo, e o acento social dasinstitucións que conforman o sector.COOPERATIVAS CON SECCIÓN DE CRÉDITOAs seccións de créditos presentes nas cooperativas supoñen unha opción parapoder realizar operacións financeiras cos socios das mesmas.Toda clase de cooperativas, agás as de crédito, poden contar con esta seccióncuxas actividades se asemellan ás tradicionais dos intermediarios financeirosbancarios. As operacións destas seccións céntranse na captación e remuneraciónde depósitos (a tipos de xuros moi competitivos) como operación básica de pasivo,e na concesión de préstamos ou liñas de crédito aos seus socios como operaciónsbásicas de activo.Actividades semellantes ás de Caixas de Aforros e Bancos Financeiros.Operacións financeiras cos propios socios.Grazas a este tipo de sección inclúense operacións financeiras ao resto dasdesenvolvidas cooperativamente, de xeito que non se desvían os beneficios caraaxentes externos para que sexan os propios socios os beneficiarios.Dentro da vontade do cooperativismo de promover un desenvolvementoeconómico parello ao social, estas seccións configúranse como ferramentas paraacadar á realización do obxecto social da cooperativa.As seccións de créditos, cuxa orixe se remonta a comezos do século XX,souberon adaptarse aos cambios na estrutura sectorial do emprego e non foronalleas á modernización económica que se produciu en Galicia . E se ben naceron cafinalidade de captar depósitos para a concesión de préstamos orientados aodesenvolvemento rural, as seccións de crédito abandonaron esta súa vocacióninicial para converterse en seccións orientadas ao servizo integral dos seus sociosmediante a captación e remuneración de depósitos e a concesión de préstamos aoconsumo e de préstamos con garantía hipotecaria.39


Orientadas ao servizo integral dos seus socios mediante a captación eremuneración de depósitos e a concesión de préstamos.Na actualidade existen varias cooperativas con sección de crédito,maioritariamente na comarca de Ferrol, cun número de socios total próximo aos14.000 e un volume de depósitos no seu pasivo de máis de 100 millóns de euros.40


A INTERCOOPERACIÓN: A UNIÓN FAI A FORZAPara que os intereses dos socios cooperativistas e da comunidade na que seenmarcan cheguen a maior éxito, un dos principios da cooperativas é o decolaboración entre elas, é dicir, a intercooperación.A creación de servizos conxuntos e a difusión de produtos de calidade amenores prezos é unha das fortalezas da intercooperación.O intercambio de técnicas e coñecementos xera relacións máis estreitas entreempresas e isto, vinculado aos comúns obxectivos dos modelos cooperativos,desemboca en favorables concentracións de cooperativas.Unha administración máis profesional, uns niveis de produtividade de maioreficacia e unha maior competitividade, son obxectivos que estas empresas deeconomía social acadan a través da intercooperación.Deste xeito, as cooperativas aliadas poden facer fronte a competidores queoperan na economía de escala, ofrecendo uns servizos e produtos de maiorcalidade.Neste senso o capital humano, o mellor activo das cooperativas e de calqueraempresa, precisa dunha formación continua e común que permita integrar ecomplementar a actividade da súa cooperativa ca cooperativa aliada.COOPERATIVAS DE 2º GRAOOs procesos de intercooperación en Galicia recollidos no Rexistro deCooperativas presentan a fórmula xurídica de cooperativa de segundo grao, isto é:unha cooperativa formada por dúas ou máis cooperativas de primeiro grao.DENOMINACIÓN POBOACIÓN ÁMBITO Nº SOCIOS DATACONSTITUCIÓNCOOP. AGR. PROV. DACORUÑAARTEIXO AUTONOMICO 85 29/03/8041


AGROP. DE LUGO BALEIRA AUTONOMICO 89 09/10/80INGACOOP CURTIS AUTONOMICO 2 12/02/95CECONOR FERROL AUTONOMICO 8 27/01/00XUNCOGA LALÍN AUTONOMICO 8 18/05/99COREN OURENSE AUTONOMICO 18 08/03/90HORTA DE GALICIA SANTIAGO AUTONOMICO 9 17/02/94COOP. LÁCTEAS DEGALICIASANTIAGO AUTÓMICO 16 20/05/91COPAGRO VALDOVIÑO AUTONÓMICO 9 22/05/74AIRA TABOADA AUTONÓMICO 12 07/02/05FORVI CAMBADOS AUTONÓMICO 4 19/08/08GRUPO COSTA ÁRTABRA NARÓN AUTONÓMICO 2 14/12/11Para que se poida realizar un proceso de intercooperación é preciso que ascooperativas teñen capacidade para avaliar o proceso de crecemento. Nestesenso, moitas cooperativas agrarias novas aínda están inmersas nun proceso deconsolidación da súa natureza cooperativista e empresarial, polo que un procesode concentración sería demasiado precipitado para elas. Sen embargo, existesoutras moitas xa maduras, que atopan na intercooperación unha oportunidade dedesenvolvemento e crecemento.Na última década están a producirse fenómenos de concentración a través defusións por absorción de cooperativas. Tamén se están a constituír cooperativasde segundo grao que logo absorben ás de primeiro grao, consolidándose comocooperativa de primeiro grao.42


As cooperativas de segundo grao de Galicia presentan unha facturación de817 millóns de euros e na súa composición hai varios miles de socios agricultores egandeiros.O Grupo COREN é un exemplo da habitual utilización de sociedades mercantísparticipadas por cooperativas para incrementar o tamaño do grupo empresarial.Ademais, casos como o de Feiraco evidencian o proceso no que variascooperativas de medio tamaño teñen como socio a aquelas ás que subministranmaterias primas ou servizos.Grazas á intercooperación conséguese tanto a eliminación de duplicidadescon outras cooperativas como a integración en mercados maiores poloincremento da capacidade competitiva.O ASOCIACIONISMO COOPERATIVOO asociacionismo cooperativo supón a integración e representación dascooperativas, co obxectivo de defender os seu intereses tanto a nivel local,rexional, nacional e internacional.Esta forma de intercooperación maniféstase tanto en unións, como enfederacións e en confederacións que facilitan servizos de asesoramento xurídico etécnico, ademais de realizaren mediacións.Hai máis de 300 cooperativas dentro do movemento asociativo galego, é dicir,representa máis dun cuarto das cooperativas galegas.Na nosa comunidade existen diferentes agrupacións asociativas, entre as quedestacan:No referente as cooperativas agrarias:‣ A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), que asocia a120 cooperativas, e presta servizos a unhas 300 empresas, entrecooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT).‣ A Unión de Cooperativas Agrarias de Ferrol (UCAFE), con 17cooperativas integrantes.43


‣ A Asociación de Cooperativas Agrarias (ACAP), cun ámbito territorialde actuación reducido é 4 cooperativas integrantes.En canto as unións de cooperativas asociado atopamos dúas:‣ A Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA), queintegra a 112 cooperativas.No referente ás cooperativas do mar:‣ A Unión de Cooperativas do Mar de Galicia (UGACOMAR), a cal agrupa a 6cooperativas.No relacionado cas cooperativas de ensino atopamos unha unión:‣ A Unión Galega de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado(UCETAG), que agrupa 28 cooperativas.Estas tres últimas unións, atópanse aglutinadas na Federación de EmpresasCooperativas SINERXIA, que supón unha maior proxección das entidadesintegrantes.As cooperativas de transportistas contan cunha asociación denominadaUCOGATRA, Unión de Coop, que agrupa a 5 entidades.E no referente as cooperativas de vivenda, existe una unión denominadaUnión de Cooperativas de Vivenda (UGACOVI)As asociacións e unións realizan diferentes actividades entre as que destacan:A divulgación, formación e comunicación.Labores de asesoría , documentación e información. A representación que exercen ante a AdministraciónAutonómica, a Local e outras institucións públicas e privadas.Todas estas accións teñen como obxectivos a promoción do sectorcooperativo, así como o fomento das relacións de colaboración e a defensa dosintereses das cooperativas asociadas.44


O COOPERATIVISMO: UNHA SAÍDA Á CRISENunha situación de incertidume económica, na que as políticasmacroeconómicas se mostran contraditorias, nun marco no que a destrución doemprego e a perda de competitividade e produtividade, a sociedade civil amósasedefraudada e ansiosa por respostas e modelos que a leven a un desenvolvementono que primeiro sexa a persoa e despois o capital.O movemento cooperativista galego leva desde a súa orixe, no século XX,mostrándose como unha fórmula na que a chave do éxito está no seu modelo deorganización máis flexible, no que a responsabilidade colectiva é un impulso e asúa vez un respaldo para os socios.A chave do éxito está no seu modelo de organización máis flexible.No medio dunha tormenta económica mundial na que a brúxula apunta caradiferentes medidas dependendo de quen a sosteña, a fórmula cooperativasignifícase como estrela guía, que se centra na necesidade de introducir cambiosno sistema produtivo que cumpran os seguintes propósitos:Fomentar a capacidade emprendedora.Aumentar a calidade dos recursos humanos.Combinar adecuadamente tecnoloxía e factor traballo.Impulsar iniciativas que, a nivel local, acheguen solucións e flexibiliceno sistema produtivo.Dimensionar adecuadamente os proxectos.Facilitar a relación entre as distintas empresasNeste senso, as cooperativas preséntanse como modelos de organizaciónmenos ríxidos e máis democráticos, nas que todos os seus socios están integradose participan, nas que a responsabilidade colectiva para acadar estabilidade noemprego son un punto de reforzo.45


O EMPREGO COOPERATIVOO marco do emprego en Galicia experimenta unha progresiva perda depoboación no sector primario e, ao mesmo tempo, un incremento do sectorsecundario e nos servizos.Ademais existe maior diferenza entre a taxa de desemprego feminina e amasculina e unha forte concentración da taxa de paro nos tramos comprendidosentre os 20 e os 34 anos. Ademais hai unha evidente alta taxa de temporalidade,que no primeiro trimestre do 2012 sitúase no 22,8%.Neste negativo contexto da situación laboral, o cooperativismo amosa afaciana máis positiva como creador de numerosos postos de traballo de calidade.O cooperativismo estimula a creación de numerosos postos de traballo decalidade.Máis do 2% dos ocupados galegos están vinculado ao cooperativismo.Cífrase nun 46,5% o peso da muller dentro do total de socios traballadoresnas cooperativas, unha proporción que, malia a sinalada caída no sector téxtilonde predomina o emprego feminino, sobe ata o 52,94% nas cooperativas creadasnos últimos dez anos. É superior á importancia da ocupación feminina noconxunto de ocupados en Galicia, o que evidencia as posibilidades docooperativismo na xeración de emprego para a muller.No total de socios traballadores nas cooperativas o peso da mullerrepresenta un 46,5%.Pero a incidencia das cooperativas non só se pode analizar desde as cifras.Desde a perspectiva cualitativa, as cooperativas crean emprego de calidade econtribúen eficazmente á satisfacer as necesidades dos seus socios, tal e comomanifestan 8 de cada 10 socios de cooperativas de traballo asociado.Ademais os socios mostran unha actitude máis optimista sobre o seu futurolaboral nas cooperativas, onde 7 de cada 10 levan traballando máis de cincoanos.A estabilidade no emprego e as boas condicións de traballo supoñen unaliciente para os cooperativistas que son conscientes de que se atopan nunhasociedade de persoas e non de capital.46


A estabilidade no emprego é un dos factores máis sólidos que ofrecen ascalidades das cooperativas.A BUSCA DO PRIMEIRO EMPREGOEn Galicia a taxa do paro dos menores de 25 anos acada a desalentadoracifra do 41%.Un dato que amosa a difícil situación dos mozos e mozas galegos para atoparo seu primeiro traballo.Na actual situación económicaas empresas mercantís tradicionaismóstranse menos receptivas á hora de incorporar persoal sen experiencia laboral.Neste senso, a aposta pola formación integral dun traballador no troques dunempregado con experiencia lles resulta complicada de asumir.E aquí é onde o proxecto cooperativo pode aportar unha oportunidade paraa xuventude preparada e ansiosa de atopar o seu primeiro emprego.A estrutura das empresas cooperativas e a súa razón de ser, que focaliza eentende as súas rendibilidades na obtención e mantemento do traballo persoaldos seus socios, abre as portas a esta parte da sociedade.As cooperativas ofrecen unha aprendizaxe permanente parella á calidadedo traballo.As empresas cooperativas supoñen a posibilidade dunha aprendizaxepermanente e a oportunidade do desenvolvemento profesional e ambos aspectospoden ser parellos á calidade do traballo, entendido como o equilibrio entre a vidaprofesional e a organización do traballo.A estabilidade e vocación de permanencia do vínculo entre o sociotraballador e a cooperativa, permite rendibilizar a formación desde a perspectivaempresarial propiciando unha maior motivación e compromiso que nas empresasordinarias.47


AS COOPERATIVAS NO MUNDOO cooperativismo convértese nun modelo económico e social, con cada vezmáis presenza a nivel internacional.Os datos falan por si mesmos: máis de 800 millóns de socios e máis de 100millóns de empregos a nivel mundial é o que representan as cooperativas nomundo, facendo que na balanza do emprego a bandexa do paro se alixeire.A súa creación de postos de traballo supón un 20% do que representan asfirmas multinacionais, o que as conforma coma un modelo en crecemento e deimpacto positivo na contorna social e, mais concretamente, na laboral.Máis de 800 millóns de socios e máis de 100 millóns de empregos a nivelmundialCun volume total de negocios de 1,6 mil millóns de dólaresCun volume total de negocios de 1,6 billóns de dólares, as 300 cooperativasmáis grandes do mundo acadaron no ano 2008 uns beneficios comparables aoproduto interior bruto de moitos países de importante peso económico.Moitos países emerxentes teñen na súa economía unha presenza cada vezmaior de cooperativas.Este é o caso de Brasil, no que o modelo cooperativo é o responsable de que oPIB agrícola acade o 37,2%, e o 5,4% no caso do PIB total. A estes datos hai queengadirlles que as cooperativas brasileiras acadaron preto de 300 millóns dedólares en exportacións.Outros casos significativos son os de países pobres que atopan nocooperativismo unha estrutura económica que non potencia as desigualdadessocias existentes se non que, pola contra, achegan un crecemento máis xusto e aomesmo tempo, rendible.En Brasil o 37,2% do PIB agrícola provén de cooperativas.Logros económicos parellos ao desenvolvemento social digno.48


Outro caso no que o cooperativismo se amosa como unha vía dedesenvolvemento é o de Kenya, onde as cooperativas de aforro e crédito contancon activos por valor de 2.700 millóns de dólares, o 31% de todo o aforro nacionalbruto.49


EUROPA E O COOPERATIVISMOAbordando o caso europeo, as cooperativas teñen unha presenza moisignificativa, aportando certa estabilidade a un modelo económico actualmenteflutuante. Tamén neste marco xeopolítico, as cooperativas demostraron sercapaces de achegar unha solución sostible e economicamente competitiva para afusión da sociedade da información e o desenvolvemento socioeconómico.Europa conta con 160 mil cooperativas que se traducen en 5.400.000empregados.O modelo ten unha representación de 123 millóns de membros europeoscooperativistas.Casos como o de Finlandia no que o 75% da poboación é membro dunhacooperativa, ou o de Alemaña, país no que os bancos cooperativos teñen máis de16 millóns de membros, evidencian a acollida e adaptación do modelo cooperativotamén nas contornas máis desenvolvidas.E hai máis:En Francia, as empresas cooperativas proporcionan case 1 millón depostos de traballo, o que representa case o 3,5% de todo o emprego dopaís.En Bélxica, 1 de entre 5 farmacias é unha cooperativa.En Italia, o 50% do sector agroalimentario está xestionado porcooperativas e existen 34.000 cooperativas de servizos.En Polonia, 1 de cada 3 persoas vive nunha casa que pertence a unhacooperativa.50


AS COOPERATIVAS A NIVEL ESTATALNa actualidade existen no Estado 22.022 cooperativas, que dan emprego a290.298 persoas, ás que habería que sumar o máis dun millón de agricultoressocios de cooperativas agroalimentarias.Neste senso, é de destacar que máis do 80% destes postos son indefinidos, oque unha vez máis evidencia a natureza do cooperativismo, o espírito de xeraremprego e prosperidade ao mesmo tempo que se consolidan unhas prácticaslaborais sustentables e xustas socialmente.Emprego a preto de 300 mil persoas. 80% destes postos son indefinidos.O tecido social que compón as cooperativas españolas caracterízase polaxuventude dos seus integrantes. Tanto é así que a metade dos seus traballadoresteñen unha idade inferior aos 40 anos. Temos por tanto que existe un importantecolectivo de mozos emprendedores que optan polo cooperativismo como saídaempresarial, conscientes das vantaxes sociais e do vínculo solidario do mesmo.A metade dos seus traballadores teñen menos de 40 anos.Este tecido se evidencia cada vez máis igualitario no caso do xénero dos seustraballadores. Atopámonos nun momento no que a porcentaxe das mullerescooperativistas está a acadar o 46,9%, un dato con tendencia ascendente quesupón a toma de conciencia da muller no seu papel como integrante dun modeloeconomicamente máis xusto.As mulleres acadan o 46,9% da equipa laboral das cooperativas.Por sectores de actividade, as cooperativas españolas desenvolvenmaioritariamente a súa actividade no sector servizos (63.3%), se ben están taménpresentes no sector agrario (11.2%), construción (3.8%) e de forma máis crecenteno sector industrial (21.7%).51


SERVIZOS CONSTRUCIÓN AGRARIO INDUSTRIAL22%11%63%4%Nun difícil escenario económico, da lectura das estatísticas do Ministerio deEmprego e Seguridade Social se conclúe o cada vez máis importante papel dascooperativas na creación de emprego. Así durante os anos 2010 e 2011, máis de30.380 persoas crearon o seu propio posto de traballo, constituíndo 3.760 novascooperativas.52


O COOPERATIVISMO GALEGO EN CIFRASNo mapa económico de Galicia, destaca a importante cantidade de 1.135cooperativas activas .Os seus socios superan a cifra de 88 mil, dato que presenta unha dinámica deevolución positiva, e un peso significativo en determinados colectivos:agricultores, mozos e mulleres.Os cooperativistas están presentes en un de cada once fogares galegos.Falamos de que máis do 2% dos ocupados galegos están vinculados aocooperativismo.No total do Estado, Galicia atópase no noveno lugar entre as comunidadesautónomas por distribución de traballadores.% DISTRIBUCIÓN DE TRABALLADORES POR CC.AA (2011)25,0020,0015,0019,2 19,216,413,110,005,005,84,93,9 3,3 2,9 2,3 2,3 1,9 1,91 0,8 0,5 0,4 00,00ANDALUCÍAPAÍS VASCOC. VALENCIANACATALUÑAMURCIAMADRIDCASTELA-A MANCHACASTELA E LEÓNGALICIANAVARRAARAGÓNESTREMADURACANARIASASTURIASBALEARESA RIOXACANTABRIACEUTA E MELILLANeste senso, cabe destacar a capacidade competitiva das empresascooperativas galegas que presentan un volume de facturación de máis de2.435.000.000 euros.53


No referente as actividades que desenvolven, atopamos unha granconcentración das cooperativas en torno a sete. Son, por orde de importancia asque seguen: agraria, a construción, a industria téxtil, o comercio, o ensino, asempresas de asesoría e informática e os transportes.Un volume de facturación de máis de 2.435.000.000 euros.No total galego hai unha cooperativa por cada 2.586 habitantes e a presenzadeste modelo dáse na práctica totalidade do territorio galego.As provincias atlánticas son as que concentran unha maior proporción decooperativas de nova creación, domiciliándose nelas o 64,29%. Así no ano 2010creáronse 43 novas cooperativas.COOPERATIVAS INSCRITAS. ANO 20101649211A CoruñaLugoOurensePontevedraR. CentralEse ritmo constante na creación de cooperativas en Galicia, que contrasta coatendencia á baixa no conxunto do Estado, continuou no 2011, ano no que seconstituíron 48 cooperativas que agrupan a 1.459 persoas socias.En canto a composición social, existe un incremento da presenza das mulleres.Así no ano 2010, dos novos socios cooperativas rexistrados a representaciónfeminina acadou un 53,15%.Un ritmo constante na creación de cooperativas galegas.Incremento da presenza das mulleres.Este dato demostra como o sector feminino está a integrarse máis que omasculino na fórmula cooperativista. Esta tendencia ascendente prodúceseincluso cando se está a producir unha caída no ritmo de creación de empresas e54


cooperativas no sector téxtil, con tradicional composición maioritariamentefeminina.Número de socios de cooperativas inscritas segundo o ámbito territorial edesagregado por sexo e personalidade. Ano 2010700600500400300200100069052786 7048 501 10508 7 9A Coruña Lugo Ourense Pontevedra R. CentralHomesMulleresPersoasxurídicasOutro trazo que evidencia a boa forma do cooperativismo galego é que ascooperativas contan con menos socios de idade avanzada que os quecorresponderían de seguir a pauta demográfica global de Galicia, e unhaproporción de socios novos que se achegan a un terzo do total.En canto o comportamento das diferentes clases de cooperativas atopamostendencias diverxentes: incrementan os socios no 44% das cooperativas,particularmente na maior parte das cooperativas agrarias e nas de consumidores eusuarios, que concentran unha boa parte do aumento total de socios; descendenos socios nun terzo das cooperativas; e non varía no 23% restantes.Contan con menos socios de idade avanzada que os que corresponderían deseguir a pauta demográfica global.55


CA: agrarias; TA: traballo asociado (incluídas as cooperativas de transporte de traballo asociadoe excluídas as cooperativas de ensino de traballo asociado); E: ensino; V: vivenda; CEU:consumidores e usuarios; EC: explotación comunitaria da terra:; M: mar; 2º: segundo grao, S-T: servizos e transportes; Outras: inclúe a Caixa Rural e servizos sociais e integración social detraballo asociado.56


O ENCONTRO INTERNACIONALNeste 2012, como Ano Internacional das Cooperativas, a Xunta de Galicia encolaboración coa ACI, con asociacións e entidades cooperativas e con outrasinstitucións, organizan o Encontro Internacional Cooperativo co obxectivo deintercambiar experiencias e dar a coñecer boas prácticas cooperativas de distintaspartes do mundo.Trátase dun encontro no que se unen diferentes voces do cooperativismo deGalicia e do resto de España, de Europa e de América, que proclaman unhapremisa común: as cooperativas contribúen a construír un mundo mellor.Estas xornadas, que se realizan o xoves 5 e o venres 6 de xullo, son unhafiestra para dar a coñecer estratexias de éxito de cooperativas, non só a nivellocal e autonómico, senón tamén, nacional e internacional.Este encontro, que será inaugurado polo Presidente da Xunta de Galicia, donAlberto Núñez Feijóo, contará coa presenza do Vicepresidente da AlianzaCooperativa Internacional, don Felice Scalvine (tamén presidente de CooperativasEuropa).Nesta xornadas presentaranse unha serie de experiencias de boas prácticas ede cooperativas exitosas, tanto no aspecto económico como social, de distintaspartes do mundo.Neste contexto, realizarase varias mesas redondas e relatorios para a postaen común de proxectos cooperativos:‣ Unha mesa redonda sobre as cooperativas dos servizos sociais, ondeos asistentes poderán coñecer as claves para conseguir que estassexan competitivas e de importante impacto social. E isto será da mandun grupo de conferenciantes que destacan polas súas experienciasno ámbito dos servizos sociais de España. Así, L’Olivera cooperativade integración social de Cataluña, Servicios Sociales Integrados deaxuda a domicilio de Euskadi, a estremeña Cooperativa ServiMayor e57


a galega Cooperativa do Val e Fundación Terra de Trasancos, serán osexemplos nesta materia.‣ Outra mesa sobre novas fórmulas cooperativas en materias como asenerxías renovables (Som Energía de Cataluña), a colaboración dopúblico e do privado (Nave- Consult de Portugal, o financiamento parao desenvolvemento económico e persoal das mulleres (Cooperativade Ahorro y Crédito Detodas, de Ecuador) e as cooperativas mixtas detraballo asociado (desde a visión da Corporación Mondragon deEuskadi).‣ Como a intercooperación e as redes cooperativas internacionais sonfundamentais no desenvolvemento do cooperativismo, existirá unapartado dentro do Encontro dedicado ás mesmas, na que osrelatores serán: o director técnico do COGECA, don Paulo Gouveia, odirector xeral de Cooperativas Agro-Alimentarias, don EduardoBaamonde Noche e o presidente de CIRIEC, don José Luis MonzónCampos.‣ Outra mesa centrada nas experiencias cooperativas na organizacióndo traballo asociado en España (como a zaragozana La Veloz), enEuropa (Cum Verbis, de Bélxica) e en América (como a arxentina “18de diciembre “), e en Galicia (como Cooperativa ZERO-pro).‣ Sobre as realidades cooperativas no ámbito rural. Entidades como agalega Feiraco, a valenciana Intercoop, a francesa Agrial-florette e aperuana CECOVASA, serán representativas como experienciascooperativas de éxito no ámbito rural.‣ Ademais abarcarase o ámbito das políticas de fomento cooperativono mundo. Nesta ocasión será o Vicepresidente da AlianzaCooperativa Internacional, don Felice Scalvini, quen abra a quenda derelatores, seguido polo presidente de CICOPA-ACI E FAECTA, donManuel Mariscal, e o presidente da Confederación Empresarial58


Española da Economía Social (CEPES), don Juan Antonio PedreñoFrutos.‣ A última mesa redonda desenvolverase en torno as estratexias dedesenvolvemento cooperativo, na que participan o membro doConselho Nacional para a Economía Social de Portugal eVicepresidente de CIRIEC Internacional, Jorge de Sá, a cooperativasueca Coompanion, a portuguesa Cooperativa António Sérgio para aEconomía Social e a Xunta de Galicia a través da Rede Eusumo para ofomento do cooperativismo e a economía social.Estes actos complementaranse con outras actividades que se realizarán o Díado Cooperativismo Galego e coa organización da Mostra Cooperativa de produtose servizos.59


A MOSTRA COOPERATIVAA mostra de produtos e servizos cooperativos organízase de xeitocomplementario e simultáneo á celebración dos encontros e nas mesmasinstalacións, permanecendo aberta os días 5,6 e 7 de xullo.Con esta mostra procurárase a visibilización das actividades dascooperativas galegas e das invitadas aos encontros, mediante a exposición dosseus produtos e servizos, así como de toda aquela información que resulte deinterese.A mostra estará enfocada a facilitar as relacións de intercooperación e decarácter comercial, así como a posibilitar o establecemento de canles decomunicación e colaboración entre todos os participantes e visitantes.Está prevista a presenza de cooperativas a título individual, de asociacións decooperativas, de organizacións e entidades asistentes aos encontros, así comopresenza de carácter institucional.No marco desta Mostra, tamén se convocou un concursode fotografía e pósters, coa temática e contido do Encontro Internacional dasCooperativas, é dicir, sobre calquera aspecto que teña relación con experienciasde boas prácticas ou de cooperativas exitosas, tanto no aspecto económico esocial, de distintas partes do mundo.60


O DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGOO día do cooperativismo celébrase en Galicia o primeiro sábado do mes dexullo, coincidindo co día internacional.A celebración deste ano enmarcarse nos actos centrais destinados do AnoInternacional dedicados a poñer en valor esta fórmula empresarial.A súa celebración, o 7 de xullo, no Pazo de Congresos e Exposicións deSantiago de Compostela, será o colofón dunhas xornadas onde se porá demanifesto que Galicia, día a día, segue sumándose ao cooperativismo.Neste día, no que están chamados a participar cooperativistas de toda Galicia,favorecendo así a intercooperación, realizáranse unha seria de actos, entre os queestán previstos a actuación teatral “A empresa máis feble”, diversos xogoscooperativos, a visita á Mostra Cooperativa e á exposición de traballos escolares.Os asistentes tamén poderán participar na degustación de produtos cooperativosnun día no que tamén se celebrará unha actuación sorpresa.O acto central deste Día do Cooperativismo será a entrega dos premios ácooperación na súa onceava edición.Estes premios teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo,os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que oscooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando aprol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.Os premios outórganse pola realización dun destacado labor no eido docooperativismo e contan coas seguintes modalidades:‣ Premio aos valores cooperativos, para aquela cooperativa, entidade oupersoa que máis teña destacado no impulso dos valores cooperativos.‣ Premio ao mellor proxecto cooperativo, para o proxecto empresarialcooperativo de especial relevancia.61


‣ Premio á promoción do cooperativismo, para a persoa ou entidadeque teña destacado especialmente no fomento do cooperativismo.Igualmente se entregaran neste día os premios do certame “cooperativismo noensino”, dirixidos a difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado doscentros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formaciónprofesional de Galicia, potenciando e propiciando os valores e principios que oinspiran, tales como: a solidariedade, o espírito democrático, a participación, aactuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.A xornada rematará cos tradicionais xogos cooperativos.PREMIOS Á COOPERACIÓNPREMIO AOS VALORES COOPERATIVOS:SONAXE,SOCIEDADE COOPERATIVAGALEGANo ano 2008, catro mozos de Boiro deciden autoempregarse e crean acooperativa de traballo asociado SONAXE, Sociedade Cooperativa Galega. Tiñanen común a música, a súa formación e experiencia neste eido e as ganas de atoparunha estabilidade laboral.Con estes vimbios crearon o seu proxecto e puxeron en práctica os valores dafórmula empresarial que escolleron: a cooperativa.A súa actividade, centrada na música, vai desde a educación e formación, tantoa nivel elemental como profesional, ata a organización e xestión de actividades e,o seu último fito, a creación dun selo discográfico propio.Sonaxe, pretende ofertar nunha soa empresa, todo o proceso de creaciónmusical e poñelos ao alcance dos músicos, tanto solistas como en grupo.No desenvolvemento da súa actividade apostan pola xestión democrática, poloreparto do traballo de xeito equitativo e, en definitiva, pola participación e porunha xestión na que todas as persoas teñen a mesma voz con independencia daachega que realizasen ao capital social.62


A proposta formativa de Sonaxe pivota sobre eixes cooperativos, o xeito deensinanza que propoñen ao seu alumnado basease na práctica colectiva para oenriquecemento individual, non só musical, senón tamén artístico, comunicativo esocial.O enfoque do seu proxecto fai posible conxugar na mesma Escola a formaciónde persoas de diferente idades, de 4 a 90 anos, enriquecendo ao alumnado cunhaplena integración nun ámbito de continuo respecto.A súa forma de actuar, aplicando os principios e valores cooperativos, lévaosa colaborar con outras cooperativas e con asociacións culturais.Estas relacións danse tanto para o traballo diario como para a organización deeventos que poñan en valor aos novos talentos e ás actividades que teñen namúsica o seu denominador común.PREMIO Á PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO:OS IRMANDIÑOS,SOCIEDADE COOPERATIVAGALEGAOs Irmandiños é unha sociedade cooperativa agraria, constituída no ano 1976 eque conta actualmente con 1068 socios.Esta cooperativa de Ribadeo, que contou inicialmente con socios dos cincoconcellos limítrofes, actualmente esta presente en máis de 40 concellos de Lugo edo occidente asturiano e conta cunha facturación superior aos 30 millóns deeuros.A súa actividade esta especializada na obtención de subministros nas mellorescondicións de calidade e prezo para os seus socios e na prestación de servizosindispensables para a viabilidade das explotacións agrarias.Entre eles cómpre destacar a fábrica de pensos, o centro de alimentación devacún, o parque de maquinaria agrícola e a tenda agraria. Ademais sobresaeparticularmente o amplo abano de servizos que reciben os socios, desde o63


asesoramento e manexo en alimentación e cultivos, ata o servizo de substitución,pasando polo de formación e de xestión da explotación.Desde a súa creación, Os Irmandiños realizaron unha destacada labor defomento e promoción do cooperativismo, en primeiro lugar no ámbito máispróximo, incorporando progresivamente novos socios e amosando o valor da forzada unión para a construción de proxectos empresariais sólidos e viables . Destexeito converteuse nun dos motores socioeconómicos da súa área de influencia,contribuíndo decisivamente á modernización e ao desenvolvemento da actividadegandeira nunha das principais zonas leiteiras de España e Europa.En segundo lugar, porque Os Irmandiños estendeu o seu exemplo, os seusvalores, a súa forma de facer e entender o cooperativismo máis ala do seuterritorio de actuación.Isto logrouno colaborando en proxectos e iniciativas, implicándose nosprocesos de intercooperación e realizando unha transcendental labor de difusión,tanto nas súas propias instalacións como alí onde fora requirida a súa presenza.A día de hoxe esta cooperativa da Mariña Luguesa tense convertido nunauténtico referente cooperativo para toda Galicia, que contribúe en gran medida ápromoción e fomento do cooperativismo.PREMIO AO MELLOR PROXECTO COOPERATIVO (PREMIO COMPARTIDO):NOVA ASECONIA,SOCIEDADE COOPERATIVAGALEGANova Aseconia nace en Santiago de Compostela, en plena crise económica ecoa idea de proporcionar traballo digno e estable aos seus socios e lograr sercompetitiva nun dos sectores de actividade mais danados: a construción.64


O 1 de febreiro do ano 2011, os tres socios, comezaron a súa andadura nestacooperativa de traballo asociado, que realiza o mantemento e á rehabilitación deinmobles, e centra gran parte da súa actividade no casco vello compostelán.A estrutura empresarial afronta unha planificación enfocada a tratar de cubrirtodas as demandas que poidan xurdir no sector específico da rehabilitación e areforma. Mais esta xestión debe contar coa austeridade necesaria marcada porestes momentos de crise, e co grao de adaptabilidade que faga viable asumirdiferentes tipoloxías de proxectos construtivos e facelos rendibles.Nova Aseconia xurde ca intención de proporcionar traballo digno e estableaos seus socios no sector da construción.A cooperativa naceu con tres socios traballadores, nese momentodesempregados pero cunha longa experiencia no sector: dous oficiais decarpintería, e un oficial administrativo. Recentemente grazas á boa marcha dacooperativa fíxose posible a incorporación dun cuarto socio traballador,especialista de albanelaría.A pretensión desta cooperativa é acadar un total de 26 socios traballadorestras un período aproximado de 10 anos de actividade.Estando de acordo na implicación de todos os socios traballadores na mellorada produtividade da organización, todos asumen unha actitude de esforzo tantonas labores e responsabilidades coma na consensuada austeridade, ata verestabilizado o proxecto empresarial.Deste xeito, no primeiro ano de actividade cumpriuse con creces o obxectivoinicialmente previsto e outorgouse gran solidez ao proxecto, realizando unha forteinversión en medios materiais produtivos. De cara ao futuro a decisión estratéxicaé fortalecer a imaxe corporativa, apostando pola proximidade, a confianza e otraballo diario como piares diferenciadores.MÁIS GALICIA,SOCIEDADE COOPERATIVAGALEGA65


Máis Galicia é unha cooperativa de traballo asociado da Coruña, que agrupa acatro socios. Realizan a súa actividade no sector da distribución de alimentos,centrándose nos produtos autóctonos de temporada, de materia prima galega,procurando distribuír un produto fresco e sen manipulación, directamente desde asúa orixe ata o consumidor.A misión desta cooperativa é crear un proxecto innovador onde pretendefusionar produto variado e certificado, coa tradición na súa forma de captura erecolección e coas novas tecnoloxías.Busca crear unha cultura corporativa a favor da calidade e da recuperacióndos sabores.Máis Galicia creou unha plataforma comercializadora para pequenosprodutores que subministra as demandas dos seus produtos, ben como compradirecta habitual ou ben a través de compra on-line a través da web.Máis Galicia conta con varios provedores para asegurar unha rotación continuapara unha maior seguridade de venda e pon a disposición dos provedores, e deforma gratuíta, unha plataforma comercial que aconsella e vende os seusprodutos.Entre as características dos produtos comercializados están a que sonadquiridos diariamente en orixe, baixo a demanda do cliente e non se mantén enstock máis de 24 horas, so se comercializa produtos de tempada.Esta cooperativa diríxese a un mercado formado polos consumidores degrandes cidades que confían na compra a distancia e que buscan produtos decalidade e confianza, así como polos restauradores que realizan parte da súacompra nas zonas de orixe para dar calidade aos seus pratos e cartas.Máis Galicia considera básica a ética e a transparencia, así como a informacióna todos os que forman parte da cooperativa. Estes valores trasládanse aosprovedores e clientes e resultan fundamentais para o éxito do proxecto.Ademais a cooperativa estende o seu compromiso coa responsabilidade socialao mundo infantil, destinando con carácter anual 0,50 cts/euro de cada venda a66


necesidades infantís, ben por enfermidade, por fins sociais ou calquera outranecesidade vinculada coa infancia.Proxectos de FP:PREMIOS AO ENSINO:Ludoteca Luscofusto - Aloir S. Coop. GalegaCIFP Compostela (Santiago de Compostela)Dende do CIFP Compostela achégase o proxecto ALOIR Sociedade CooperativaGalega, promovida por tres das súas alumnas , cuxa actividade estará centrada naxestión da Ludoteca Luscofusco situada na Aldea de Sestelo (Teo).As súas actividades, destinadas a nenos de idades comprendidas entre os 4 eos 12 anos, abranguerán dende a organización de talleres en horarios de tarde,ca finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ataludicampamentos en época estival e animación infantil en eventos.Para o exercicio destas actividades, ALOIR S. Coop. Galega conta cun local de130 m 2 e un terreo de 260m 2 . Neste entorno desenvolveranse diversasactividades tales como “Taller crea e recicla”, “Plantamos árbores” “Perdémonosno bosque?” e “Taller somos, contamos e cantamos”, exemplo todas elas daoferta desta cooperativa de traballo asociado.ACCÉSITPikareduca – Cavare S. Coop. GalegaCIFP Politécnico de LugoPikareduca é o proxecto que vén do CIFP Politécnico de Lugo. Nel 4 alumnas dociclo superior de Educación Infantil prevén a constitución de Cavare RuralSociedade Cooperativa Galega para a realización do seu proxecto empresarial.67


Cavare Rural S. Coop. Galega ten como obxetivo mellorar a calidade de vidados nenos do rural propoñéndolles actividades educativas e de ocio.Esta cooperativa terá a súa sede e actividade principal en Melide, pero os finsde semana as súas socias desprazaranse a locais proporcionados polos Concellosde Ribeira de Piquín, Folgoso do Courel, Touro, Frades...onde realizaránactividades lúdicas, así como tamén talleres de ofimática e apoio escolar.ACCÉSITVodas NAC’S S. Coop. GalegaIES As Mariñas (Betanzos)Para a organización de eventos constitúese Vodas NAC’S SociedadeCooperativa Galega, constituída por catro promotoras, todas elas alumnas doCiclo Superior de Administracións e Finanzas do IES As Mariñas.Vodas NAC’S S. Coop. Galega organizarán vodas, despedidas de solteiros,aniversarios e todo tipo de eventos.Esta cooperativa fixa a súa sede nun local de Betanzos, e amplía o seu radio deinfluencia desprazándose tamén aos domicilios particulares dos seus clientes. Paraofrecer un servizo máis completo, a súa oferta contará cun amplo catálogo deprovedores: restaurantes, fotógrafos, perruquerías, xoierías e transporte, entreoutros.Proxectos de centros de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria:En debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo:NA CATEGORÍA A (Alumnos/as de 2º ciclo de Educación Infantil)O premio ao mellor traballo: “Creamos un conto” do CPR PLURILINGÜEANDAINA de CulleredoO accésit: “Nos temos valores ¿e ti?” do MANUELA RIAL MOUZO SLUCONCERTADA de Cee68


NA CATEGORÍA B (Alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria)O premio ao mellor traballo: “O camiño, entre todos, é máis sinxelo” doCPI VIRXE DA CELA DE MONFEROO accésit:BARREIROS“Dominó cooperativo” do CEIP SAN MIGUEL DE REINANTENA CATEGORÍA C (Alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria)O premio ao mellor traballo: “A maxia dunha cooperativa” do CEIP SANMIGUEL DE REINANTE BARREIROSO accésit: “A cociña dos nosos avós e avoas” do CEIP DOMAIO de MoañaNA CATEGORÍA D (Alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria)O Premio ao mellor traballo: “San Xoán pola paz” do CEIP SAN XOÁN DEFILGUEIRA de FerrolO accésit: “Unha granxa para todos.... un compromiso para todos” do CEIPDOMAIO de MoañaEn actividades cooperativizadasNA CATEGORÍA E (Alumnos/as do 1º ciclo da ESO)O premio ao mellor traballo: “Obradoiro de luthería: construcción dosinstrumentos do Pórtico da Gloria” do COLEXIO M. PELETEIRO de Santiago deCompostelaNA CATEGORÍA F (Alumnos/as do 2º ciclo da ESO)O premio ao mellor traballo: “Tempo Vivo: centro de estimulación psicomotriz edesenvolvemento intelectual” do IES PEDRA DA AUGA de Ponteareas69


A XUNTA DE GALICIA E AS COOPERATIVASGalicia ten competencia exclusiva en materia de cooperativas en virtude datransferencia feita pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, que ampliou acompetencia orixinaria recollida no Estatuto de Autonomía.O 18 de decembro de 1998, aprobouse a Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia,que regula as sociedades cooperativas galegas, é dicir, aquelas cooperativas condomicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que realicen a súaactividade cooperativizada con carácter principal dentro do territorio galego.Esta Lei afirma que a Xunta de Galicia recoñece de interese social a promocióne o desenvolvemento das sociedades cooperativas e das súas estruturas deintegración económica e representativa e establece o mandato de realizar unhapolítica de fomento do movemento cooperativo e de adoptar as medidasnecesarias para promover a constitución e o desenvolvemento das cooperativas.Mandato que se completa coas medidas de fomento e difusión docooperativismo establecidas no propio texto legal, que indica que a Xunta deGalicia:1. Poñerá en marcha accións de promoción, difusión, desenvolvemento,formación e fomento do cooperativismo no marco da súa acción política e comofórmula empresarial de creación e mantemento de emprego, cohesión territorial evertebración económica e social de Galicia.2. Adoptará as medidas necesarias para o fomento das relacións entrecooperativas e, en particular, a creación de cooperativas de segundo grao, a fusiónde cooperativas, o establecemento de grupos cooperativos e de concertos ouconsorcios, encamiñados á súa consolidación e ao mellor cumprimento dosprincipios cooperativos.3. Con estes obxectivos, establecerá liñas de axuda, sempre que a actuaciónproposta sexa favorable ao movemento cooperativo e así o recoñeza o ConselloGalego de Cooperativas, previamente informado.71


4. Remitirá anualmente ao Parlamento de Galicia unha memoria sobre asactividades realizadas no eido do cooperativismo en Galicia.Estas actuacións lévanse a cabo a través da consellería competente en materiade traballo, na actualidade a Consellería de Traballo e Benestar, sen prexuízo dascompetencias doutras consellerías en función da actividade empresarial quedesenvolva a cooperativa.Dentro da Consellería de Traballo e Benestar o órgano que ten atribuída acompetencia é a Dirección Xeral de Relacións Laborais, que conta para o seuexercicio coa Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social.Nas funcións que teñen atribuídas estes órganos destaca a labor de fomento docooperativismo, a través da xestión de programas de incentivos e de proxectos dedinamización e apoio ao cooperativismo dirixidos, particularmente, aoemprendemento e a creación de emprego.Mención especial merece a creación da Rede Eusumo para o fomento docooperativismo e a economía social, formada por entidades públicas e privadasinteresadas en fomentar o cooperativismo e pola propia Xunta de Galicia, a travésda que se realiza gran parte da labor de fomento e que permite incrementar osrecursos e rendabilizalos adecuadamente.A Rede Eusumo está impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para ofomento do cooperativismo e a economía social.Os obxectivos da Rede son a promoción e fomento do cooperativismo e aeconomía social, do emprendemento, e da creación e consolidación de emprego,no ámbito local, comarcal e transfronteirizo.A Rede realizará todo tipo de actividades encamiñadas ao cumprimento dosobxectivos indicados no epígrafe anteriorDentro das funcións exercidas pola Consellería, cómpre citar igualmente oservizo público prestado polos rexistros de cooperativas, onde se inscriben associedades cooperativas galegas e os seus actos, para público e xeral72


coñecemento, como garantía que reforza a seguridade xurídica no tráficomercantil, co obxecto de potenciar a intervención competitiva no mercado.Na Consellería de Traballo e Benestar tamén se integra o máximo órgano depromoción e difusión de cooperativismo: O Consello Galego de Cooperativas.73


O CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVASO Consello Galego de Cooperativas como máximo órgano de promoción edifusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma créase a través da Lei5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia (DOG nº 251, do30.12.1998).O Consello ten as seguintes funcións:‣ Facilitar e colaborar na investigación, planificación e execución dosprogramas de desenvolvemento e fomento do cooperativismo, prestandoun especial interese polos programas da Unión Europea, así comopromover a educación e formación cooperativa.‣ Elaborar propostas, ditames e informes en relación coas cuestións queafecten ó cooperativismo.‣ Realizar estudios e impulsar as accións encamiñadas a facilitar aintercooperación.‣ Emitir informe con carácter preceptivo , sobre os proxectos de disposiciónslegais e regulamentarias e demais normas que afecten directamente áscooperativas ou as súas organizacións, así como procurar a súa difusión.‣ Contribuír ao perfeccionamento do réxime legal e institucional doordenamento socioeconómico da Comunidade Autónoma de Galicia.‣ Conciliar e exercer a arbitraxe nas cuestións litixiosas que se susciten entrecooperativas, entre estas e os seus socios, cando ámbalas partes o solicitenou ben estean obrigadas a iso en razón ó establecido nos seus estatutos.‣ Promover a educación e formación cooperativa nos distintos niveis dosistema educativo xeral.‣ Exercer todas as accións que resulten necesarias para percibir os fondosirrepartibles, así como o remanente do haber líquido social dascooperativas.74


‣ Percibir, planificar e xestionar mediante un programa específico os fondosde formación e promoción nos supostos previstos na Lei 5/(1998, do 18 dedecembro, de cooperativas de Galicia.‣ As demais funcións que lle atribúa a Lei de cooperativas de Galicia e as súasnormas de desenvolvemento.O Consello Galego de Cooperativas, presidido pola conselleira de Traballo eBenestar Beatriz Mato Otero, está formado por representantes da Xunta deGalicia, da FEGAMP, das universidades galegas, da cooperativa de crédito ruralCaixa Rural Galega e das diferentes asociacións e federacións de cooperativasexistentes en Galicia.Entre as súas actividades destacan:Teleformación O Consello Galego de Cooperativas puxo en marcha, a travésda súa plataforma de teleformación, unha oferta de cursos de formación edesenvolvemento cooperativo, para achegar as novas tecnoloxías da informacióne a comunicación ás cooperativas galegas, ao tempo que promove que as persoasdestas entidades adquiran unha formación sobre a propia fórmula empresarialcooperativa, as habilidades sociais ou o xeito de xestionar e dirixir estasentidades.Premios á Cooperación Convocados anualmente, para as cooperativas, assúas asociacións e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que realicenun labor destacado no eido cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galiciaao longo do ano 2011, en diferentes categorías.Certame Cooperativismo no Ensino Este Certame pretende difundir ocooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria esecundaria obrigatoria e formación profesional de Galicia, para así promoveractividades de fomento do cooperativismo e dos principios e valores que oscaracteriza nos centros educativos galegos.Toda esta información pódese ampliar na páxina webwww.cooperativasdegalicia.com75


QUEN É QUEN NO COOPERATIVISMOAS ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVASAs asociacións de cooperativas son entidades de carácter representativo queasocian a sociedades cooperativas para a defensa e promoción dos seus intereses e queteñen entre as súas funcións: Representar aos membros que asocien, de acordo co que establezan osseus estatutos. Organizar, facilitar e financiar servizos de asesoramento, de verificación decontas e de asistencia xurídica e técnica, así como aqueloutros servizos quesexan convenientes ou necesarios para os seus membros. Fomentar a promoción e a formación cooperativa. Realizar mediacións e conciliacións. Exercer calquera actividade de natureza análoga.QUE É E A QUEN INTEGRA AGACA?A Unión de Cooperativas “Asociación Galega de Cooperativas Agrarias”(AGACA) é a organización representativa do cooperativismo agrario daComunidade Autónoma de Galicia.AGACA é representativa das propias cooperativas e de toda a súaproblemática económica, empresarial e social, así como dos socios cooperativistasna súa dimensión humana e profesional.Esta asociación representa e defende os intereses tanto sociais comoeconómicos das cooperativas agrarias ante as Administracións autonómicas,estatais e da Unión Europea, así como tamén é representativa ante asorganizacións estatais do resto de axentes socioeconómicos dos sectores nos quedesenvolven as súas actividades.Estas actividades realízaas directamente ou mediante a súa participación enorganizacións representativas a nivel de España (Confederación de CooperativasAgrarias de España - CCAE) ou da Unión Europea (Confederación General de lasCooperativas Agrarias de la UE- COGECA).Os sectores da agricultura e gandería galegas máis representativos queabranguen as cooperativas socias de AGACA so: vacún de leite e carne; horta e76


flor; porcino; vitivinícola; caprino; helicicultura; cunicultura; crédito; apicultura;subministros e ratínidos.As 120 cooperativas integrantes en ACAGA abranguen os sectores daagricultura e gandería galegas máis representativos: vacún de leite e carne;horta e flor; porcino; vitivinícola; caprino; helicicultura; cunicultura; crédito;apicultura; subministros e ratínidos.CALES SON OS OBXECTIVOS DE AGACA?Ca finalidade de dar un maior apoio as cooperativas agrarias galegas, AGACAestablece como puntos guías das súas actividades os seguintes obxectivos:Captar coñecementos, innovacións e estratexias que sexan útiles para todosos sectores comunicándoas e asesorando ás cooperativas.Representación e defensa de todos os sectores mediante a captación deinformación para tal fin.Organización de reunións sectoriais.Elaboración de informes de interese para os sectores.Seguimento da normativa e da lexislación.QUE É E A QUEN INTEGRA UGACOTA?A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA é unha entidade senánimo de lucro formada por cooperativas de traballo asociado que realizandistintas actividades sempre motivadas na consecución da representación edefensa dos intereses das cooperativas de traballo asociado.UGACOTA representa a 112 cooperativas galegas de traballo asociado, ungrupo moi heteroxéneo en canto a actividade e composición.CALES SON OS OBXECTIVOS DE UGACOTA?UGACOTA realiza diferentes tarefas encamiñadas a conseguir determinadasfinalidades:77


‣ Representar o movemento cooperativo de traballo asociadoa nivel autonómico, estatal, comunitario e internacional.‣ Promover nas empresas que agrupa e na sociedade en xeralos valores propios da cultura solidaria que inspira os principioscooperativos: xestión democrática, propiedade colectiva, autonomía eindependencia, intercooperación, formación permanente e interesepolo desenvolvemento sostible da sociedade.‣ Atender e dar resposta as necesidades das 112 cooperativasasociadas.Dende a Unión e dende as cooperativas asociadas, deféndese o autoempregocolectivo como forma de traballo, tanto polas dificultades de creación deemprego que ten o mercado laboral como polas vantaxes e valores que presenta aempresa cooperativa como organización igualitaria e participativa.As actividades que se realizan dende a Unión de Cooperativas UGACOTA,clasifícanse en tres áreas de traballo:Actividades de representación Estas actividades realízanse estandopresentes en diversos organismos públicos e privados de distinto ámbito, denatureza pública ou privada. Ademais UGACOTA é membro da ConfederaciónEspañola de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA), o que permiteactividades con Unións e Federacións do resto do estado e o acceso erepresentación en organismos estatais e internacionais.As tarefas de representación realízaas o/a Presidente/a e/ou a Xerentemediante contactos persoais cos representantes e/ou responsables de cadaentidade. Así tamén asístese ás convocatorias que, para tratar diversas cuestións,nos chegan dende os propios organismosActividades de servizos Neste apartado abránguense tanto os servizos deasesoría e xestión como os servizos de formación.78


Prestación de fomento do cooperativismo Existen numerosos servizos quepresta esta Unión, dos que destacamos os de información e atención ó usuario, dedocumentación e elaboración da mesma, a realización de charlas e xornadastécnicas e a difusión de información e formación específica sobre cooperativismode traballo asociado.QUE É E A QUEN INTEGRA UCETAG?A Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, integraactualmente a 28 cooperativas de ensino galegas. As liñas de traballo nas que estámarcado con carácter específico o sector de ensino son: Representación diante da Administración Pública e defensa dosintereses e do valor diferenciador das cooperativas. Especialmenteimportante se temos en conta a gran dependencia de fondos públicosde case todas as cooperativas (moi poucos casos traballan de formaprivada), sexan estes fondos da Consellería de Educación, sexan daAdministración Local. Información e asesoramento en materia de lexislación educativa,trámites, etc.Esta é unhas das liñas de acción principais que descargaa cada cooperativa dunha importante función de actualizaciónpermanente. Elaboración conxunta de materiais didácticos sobre cooperativismo. Melloras na xestión empresarial e busca de economías de escala. Ámbito da educación infantil. Constitúe un reto da UCETAG cumprirnas cooperativas de educación infantil o mesmo papel de apoio quevén desenvolvendo no ensino regrado dependente da Consellería deEducación.Existen unha serie de aspectos nos que as cooperativas de ensino compartenproblemáticas con outras cooperativas de traballo asociado. Por exemplo, asdificultades de acceso a financiamento, a falta de formación en xestiónempresarial, a carencia dun referente claro de organización interna a nivel79


societario, as condicionantes que marca a Lei de Cooperativas de Galicia porexemplo na contratación de persoal asalariado, etc.A través da súa participación na Federación de Cooperativas Sinerxia, aUCETAG tamén axúdalles ás empresas agrupadas a resolver problemáticascomúns ás cooperativas de traballo asociado.A UCETAG tamén favorece o intercambio e traballo conxunto entrecooperativas, estando presente en UECOE (Unión Española de Cooperativas deEnseñanza) e, a través desta, en CEPES (Confederación Empresarial Española de laEconomía Social).QUE É E A QUEN INTEGRA SINERXIA?A Federación de Cooperativas SINERXIA, constituída en 1994, é unhaorganización autónoma, sen ánimo de lucro, de carácter intersectorial, que formaparte do movemento asociativo cooperativo de Galicia.A Federación de Cooperativas SINERXIA agrupa a unións de cooperativas. Enconcreto conforman a Federación de Cooperativas SINERXIA:UGACOTA Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado.UCETAG Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado deGalicia.UGACOMAR Unión de Cooperativas do Mar de Galicia.ÁRBORE A cooperativa de consumo consciente.CABO TV SESTEIRO, S. COOP.SINERXIA ten por misión a consolidación dunha economía cooperativa,democrática, participativa, solidaria, autoxestionaria e sostíbel dentro dunhasociedade galega pluralista.CAL É O OBXECTO SOCIAL DE SINERXIA?‣ Defender os intereses das unións socias.80


‣ Promoción do cooperativismo e a economía social como fórmulas dedesenvolvemento económico e social.‣ Acordar políticas favorecedoras para o cooperativismo e a economía social.‣ Fomentar a autoxestión.‣ Aumentar o nivel profesional e humano do sector.SINERXIA é un claro exemplo da intercooperación con outras organizacións eentidades do cooperativismo e a Economía Social, como son: No COGACO coa asociación galega AGACA. Apoio no desenvolvemento dos Congresos de UCETAG. Colaboración en programas formativos de economía social, actos,xornadas e investigación coa Confederación Empresarial Españolade Economía Social (CEPES). No ámbito galego este intercambio tamén se dá coa DirecciónXeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e a Consellería deEconomía e Facenda da Xunta de Galicia. Neste sentidodestacamos este ano a colaboración da Federación nos Centrosde Desenvolvemento Cooperativo da Rede EUSUMO. Desenvolvemento de programas de cooperación institucional ecomercial coa Uniao Cooperativa Polivalente da Regiao Norte,CRL (UNINORTE ) de Portugal. Colaboración en programas formativos e de asesoramento coa aAsociación de Economía Social “ BRIANTE” da comarca deFerrolterra. Colaboración en programas formativos con concellos galegos. Socia fundadora de COOP57 GZ, maio de 2009. Desde entóntamén alberga Organización Social.81


Ademais do servizo de intercooperación, SINERXIA facilita outros taménsignificativos ás cooperativas e unións asociadas, tales como a formación, arepresentación, labores de investigación e de divulgación.QUE É E A QUEN INTEGRA UGACOMAR?A Unión de Cooperativas do Mar de Galicia – UGACOMAR é unha organizaciónautónoma sen ánimo de lucro, que é parte do asociacionismo cooperativo galego,e o seu ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia.Constituída en 2008, asocia a cooperativas do mar integradas por titulares deexplotacións e profesionais adicados a actividades pesqueiras, marisqueiras,acuicultura e derivadas.Esta Unión presta servizos para a mellora económica e técnica das actividadesprofesionais e das explotacións das súas socias.UGACOMAR integra a 6 cooperativas que aglutinan a un total de 850socios/as e facturan un total de 13.700.000 €.As sociedades cooperativas galegas constituíntes son: Amegrove, Ría deArousa, Mar do Morrazo, Cíes Artesanais,Artesanos do Mar e Samertolameu.Son cooperativas dedicadas á pesca de baixura, o marisqueo, a produción demexillón e a faena coa arte de nasas, que se uniron para lograr representación anivel oficial e sectorial.CAL É O OBXECTO SOCIAL DE UGACOMAR?O obxecto social da Unión céntrase na defensa dos intereses comúns de todasas cooperativas do mar de Galicia e os seus socios agrupados, tanto nas súasrelacións coa Administración Pública como nas particulares.Tamén impúlsase o fomento do Cooperativismo do Mar mediante aprestación aos seus membros dos servizos que soliciten.82


Asimesmo e con carácter xeral, tamén contempla como obxectivos apromoción do cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico esocial, o acordo de políticas e criterios en torno ao cooperativismo, e o aumentodo nivel profesional e humano do sector.QUE É E A QUEN INTEGRA UCAFE?A Unión De Cooperativas Agrarias De Ferrol (UCAFE), integra a 17 cooperativasagrarias de Ferrol. No caso desta Unión observamos unha gran vinculación a unhaárea xeográfica determinada dentro da Comunidade Autónoma.UCAFE é unha estrutura asociativa que, ademais de compartir obxectivos eprincipios comúns con outras asociacións cooperativas, destaca polo seucompromiso ca contorna.Esta Unión, cuxa orixe establécese no ano 1989, participa e desenvolveseminarios ca finalidade de promover as características desta economía social, aomesmo tempo que nutre de forza ás reivindicacións das cooperativas socias.QUE É E A QUEN INTEGRA UGACOVI?A Unión De Cooperativas De Vivendas (UGACOVI), constituída no ano 2002, éa organización que integra e representa a 4 cooperativas de vivendas de Galicia.Para acadar os obxectivos marcados de potenciación e reforzo docooperativismo de vivenda, establécense unha serie de actividades tales como ointercambio e traballo conxunto entre cooperativas socias ou a asistencia axornadas vinculadas ao movemento cooperativo de vivendas e ao cooperativismoen xeral.Todas as súas xestións están enmarcadas nun esforzo por promover nasempresas que agrupa e na sociedade en xeral, os valores propios da culturasolidaria que inspira os principios cooperativos aplicados a un sector tancomplexo como o inmobiliario.Esta Unión, cuxo emprazamento localízase en Santiago de Compostela, é unhadas asociacións cooperativas galegas máis novas.83


QUE É E A QUEN INTEGRA UCOGATRA?A Unión de Cooperativas Galegas de Transporte (UCOGATRA) agrupa a 5cooperativas de transportistas.Esta estrutura asociativa, ademais de exercer a representación dos seussocios, tamén realiza actividades de mediación, así como tamén ofrece unasesoramento técnico e xurídico.Establécense os obxectivos de redución dos custos loxísticos, de gañarcompetitividade no contexto nacional e internacional, e de exercer como ungrupo de presión máis activo fronte ás Administracións.Como Unión representativa do cooperativismo galego de transporte,UCOGATRA, con sede en Santiago de Compostela, favorece o encontro entreempresas socias, estimulando así o acordo en políticas favorecedoras para ocooperativismo e a economía social.84


AS ESTRUTURAS ASOCIATIVAS ESTATAIS EINTERNACIONAISAs organizacións representativas do cooperativismo son a ferramenta paraque as reivindicacións do espírito democrático cooperativo adquiran máis solideze forza nas negociacións ante administracións e outros organismos.Ademais desempeñan unha importante función de asesoramento e de vía decoñecemento entre cooperativas.As asociacións de cooperativas galegas tamén teñen a súa representación enestruturas asociativas superiores. Así por exemplo, UGACOTA pertence aCOCETA, e UCETAG está integrada en CEPES.QUE É CEPES?CEPES corresponde as siglas da Confederación Empresarial Española deEconomía Social, unha confederación empresarial, de ámbito estatal, cuxocarácter intersectorial a converte na máxima institución representativa daEconomía Social en España, constituíndose como unha plataforma de diálogoinstitucional cos poderes públicos.Constituída en 1992, é unha organización que engloba diferentes actuaciónsde Economía social.É a máxima institución representativa da Economía Social en España.CEPES integra 29 organizacións, as cales son confederacións estatais ouautonómicas e grupos empresariais específicos, que representan os intereses deCooperativas, Sociedades Laborais, Mutualidades, Empresas de Inserción, CentrosEspeciais de Emprego, Confrarías de Pescadores e Asociacións do Sector daMinusvalías, con máis de 200 estruturas de apoio a nivel autonómico.QUE FUNCIÓNS TEN CEPES?CEPES existe como voceiro único, integrador e vertebrador de todas asorganizacións confederadas; defínese como un axente económico e social, que85


actúa no mercado e repercute na sociedade coa súa actuación, con personalidadepropia e defendendo un modelo de empresa, con valores específicos propios.Configúrase como voceiro único, integrador e vertebrador de todas asorganizacións confederadas.Representa o 10% do PIB, cunha facturación de máis de 86.000 millóns deeuros, e os intereses de:máis de 44.600 empresasmáis de 2.350.000 postos de traballomáis de 12.000.000 de persoas asociadasCALES SON OS OBXECTIVOS DE CEPES?1. Fomentar e defender a Economía Social e os movementos esectores que a integran.2. Incidir e influír na constitución das Políticas Públicas e nalexislación tanto a nivel estatal como internacional.3. Propiciar o desenvolvemento económico do país comomedio de lograr a estabilidade e o pluralismo nos mercadoseconómicos.4. Trasladar á sociedade e ao ámbito empresarial unha formade facer empresa socialmente responsable e con valores específicos.5. Expresar e defender os intereses comúns ás entidadesasociadas ante a sociedade e a Administración e ante as instituciónseuropeas e internacionais.6. Defender, manifestar, nos seus aspectos comúns, osintereses da Economía Social ante todas as instancias, nos planoseconómicos, sociais, culturais ou políticos do Estado e a UniónEuropea.86


QUE É COCETA?A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) é aorganización empresarial que representa ás cooperativas de traballo asociadointegradas nas Unións, Asociacións e Federacións de Cooperativas de TraballoAsociado que existen nas 17 comunidades autónomas de España.COCETA é a organización con maior número de empresas da economía socialintegrada en CEPES.CAL É A FUNCIÓN DE COCETA?A Misión de COCETA pode resumirse nos seguintes puntos: Agrupar e coordinar as organizacións territoriaisrepresentativas do Cooperativismo de Traballo Asociado que estánintegradas nela. Representar, promover, defender e visualizar este modelode empresa nos ámbitos estatal e internacional, contribuíndo xunto aoresto das organizacións cooperativas ao desenvolvemento doCooperativismo e da Economía Social. Fomentar o Cooperativismo de Traballo Asociado comounha forma de facer empresa socialmente responsable, onde osprincipios de democracia, igualdade, autoxestión e solidariedadeconstitúen a base do seu funcionamento, contribuíndo á creación deemprego de calidade, a cohesión social e o desenvolvemento sostible.COMO É A ESTRUTURA DE COCETA?COCETA ten a súa sede social en Madrid. As súas 16 Federacións/ Unións deCooperativas de Traballo representan respectivamente igual número decomunidades autónomas, polo que, conxuntamente, abranguen a prácticatotalidade do territorio español.87


Os órganos de goberno de COCETA son:- O Consello Reitor. Ten como función o goberno, a xestión e a representaciónda Confederación. Está formado por un representante de cada organizaciónmembro.-A Asemblea Xeral, formada por dúas persoas representantes de cadaOrganización (titular e suplente), que se reúne polo menos unha vez ao ano.Ademais dos órganos sociais, tamén se van configurando departamentos decarácter sectorial. Así, actualmente está constituída a Sectorial de cooperativas detraballo de iniciativa social e o Departamento da Muller, que ten encomendada afunción de fomentar políticas a favor das mulleres no ámbito cooperativo.COCETA EN DATOSForman parte de COCETA 18.960 cooperativas de traballo asociado que danemprego a unhas 300.000 persoas (socios máis traballadores por conta allea).Integra a 18.960 cooperativas de traballo asociado.As Cooperativas de traballo asociado en España están presentes en todos ossectores produtivos, cunha presenza máis destacada no sector servizos, sobretodo nos empresariais, servizos sociais, sanitarios, asistenciais e educación.Nestas Cooperativas de traballo asociado as mulleres ocupan case o 50% dospostos, con alta taxa de liderado, flexibilidade e conciliación.88


QUE É COOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIAS?Cooperativas Agro-alimentarias (antes chamada Confederación deCooperativas Agrarias de España) é a organización que representa e defende osintereses económicos e sociais do movemento cooperativo agrario español.Está formada por 16 Federacións e Unións Territoriais deCooperativas Agrarias (FUTs) e Sergacan (Cooperativa de 2º grao deCantabria), que ofrecen os seus servizos e teñen o seu ámbito de actuación nassúas respectivas Comunidades Autónomas.A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (ACAGA) forma parte desaorganización, o que leva ao cooperativismo agrario galego a ter máisrepresentación.Cooperativas Agro-alimentarias representa a case 3.000 cooperativasintegradas en Federacións e Unións de todas as Comunidades Autónomas, quesupoñen unha facturación total anual de máis de 13.700 millóns de euros,segundo datos de 2007.Así, Cooperativas Agro-alimentarias é o órgano común que representa áscooperativas españolas de todas as Comunidades Autónomas do territorioespañol ante a Administración nacional, na Unión Europea e ante o resto deaxentes sociais e económicos dos sectores nos que desenvolven as súasactividades as cooperativas agrarias, co fin de xuntar esforzos para defender osintereses dos agricultores e gandeiros.Presta servizos de formación, información e asesoramento a través das súasoficinas en Madrid e Bruxelas.QUE FUNCIÓN TEN COOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIAS?Dentro dos seus obxectivos, Cooperativas Agro-alimentarias encárgase dedefender e fomentar o cooperativismo como modelo empresarial que permite aoagricultor e gandeiro participar, en maior medida, do valor engadido dos seusprodutos e dar maior transparencia e estabilidade aos mercados agrarios.ONDE ESTÁ REPRESENTADA COOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIAS?A nivel nacional, Cooperativas Agro-alimentarias forma parte de numerososorganismos:89


Consello Económico e Social (CES), Confederación Empresarial da EconomíaSocial (CEPES), Conselleiro Xeral de Organizacións InterprofesionaisAgroalimentarias (OIAs), Observatorio de Prezos dos Alimentos, ConselloConsultivo da Axencia Española de Seguridade Alimentaria (AESA) FundaciónSabor e Saúde, Patrimonio Comunal Olivareiro, Axencia para o aceite de Oliva(Consello Asesor), Asociación Española de Alfalfa Deshidratada (AEFA), AsociaciónEspañola de Técnicos Cerealeiros (AETC), Comisión Nacional de ProduciónIntegrada, Comité Técnico Nacional de Unidades Mínimas de CultivoAgroambiental (UMCA), Confederación Española do Viño (CEV), e dasInterprofesionais do Ovo e os seus Produtos (INPROVO), do Pan (INCERHPAN), deLeite e Produtos Lácteos (INLAC), a do Limón e Pomelo (AILIMPO), Asociación 5 aoDía, da Oliva de Mesa (INTEROLIVEIRA), a interprofesional do Mosto e Zume deUva (INTERMOSTO), a de Laranxa e Pequenos Cítricos (INTERCITRUS), a de Ovino eCaprino (INTEROVIC), a de Forraxes Deshidratadas (AIFE), INTERCUN(Interprofesional Cunícola) e a Interprofesional de Aceite de Oliva Español, entreoutros.A nivel internacional Cooperativas Agro-alimentarias representa áscooperativas españolas no Comité Xeral da Cooperación Agraria (COGECA),entidade que integra a todas as unións nacionais de cooperativas dos Estadosmembro da Unión Europea.Ademais Eduardo Baamonde, director xeral de Cooperativas Agroalimentarias,ocupou o cargo de Presidente da COGECA durante dous anos, atadecembro do ano 2005, e dende entón formou parte da Vicepresidencia.90


QUE É A ACI E QUEN A INTEGRA?A Alianza Cooperativa Internacional (ACI) é unha organización nongobernamental independente que reúne, representa e serve a organizaciónscooperativas en todo o mundo.Fundada en Londres en 1895, a ACI conta con 267 membros en 96 países.Os membros que compoñen este tecido mundial de cooperativas sonorganizacións internacionais e nacionais de cooperación presentes en todos ossectores da economía tales como a agricultura, a banca, a pesca ou a saúde, senesquecer a vivenda, a industria, os seguros, o turismo e o consumo.As organizacións que integran á ACI representan aproximadamente 1000millóns de persoas en todo o mundo.Este órgano de representación global é unha das maiores organizacións nongobernamentaisdo mundo .CAL É A ACTIVIDADE DE ACI?As prioridades e actividades da ACI céntranse na promoción e defensa daIdentidade Cooperativa, en asegurarse de que a empresa cooperativa é unhaforma recoñecida de empresa capaz de competir no mercado.A ACI é o voceiro mundial do movemento cooperativo.A ACI asegura que exista o ámbito axeitado de políticas que permita áscooperativas crecer e prosperar. Axuda aos seus membros a exercer presión paraobter nova lexislación e procedementos administrativos máis apropiados querespecten o modelo cooperativo, os seus principios e os seus valores.Esta Alianza proporciona aos seus membros información importante, asmellores prácticas e contactos, ademais de asistencia técnica e asesoramento.Tanto CEPES como COCETA forman parte desta Alianza que serve de foropara compartir coñecementos, experiencias e coordinar accións para e sobre ascooperativas.91


Ademais neste Ano Internacional, a ACI como a voz global das cooperativas,pretende aproveitar para elevar a conciencia pública das cooperativas en todo omundo.Por outro lado, a ACI ostenta un status especial cun número de instituciónsmultilaterais, incluíndo as Nacións Unidas e axencias, o Consello de Europa, e osbancos rexionais de desenvolvemento. Tamén participa dunha serie de redes deorganizacións da ONU e non gobernamentais, incluíndo a Comisión para aPromoción e Progreso das cooperativas (COPAC), e a International Agria-FoodNetwork (IAFN), por citar só dous.A voz do espírito cooperativista que soa por todo o mundo, iso é a AlianzaCooperativa Internacional.Para saber máis da ACI, pódese acceder a súa páxina web en www.ica.coop/esA participación de máximos representantes da ACI no Encontro Internacionalque se celebrará en Galicia en xullo, dá conta da importancia e notoriedade domesmo, centrando a atención do cooperativismo mundial na nosa comunidade.92

More magazines by this user
Similar magazines