12.07.2015 Views

As vítimas betanceiras da represión, por XESÚS TORRES REGUEIRO

As vítimas betanceiras da represión, por XESÚS TORRES REGUEIRO

As vítimas betanceiras da represión, por XESÚS TORRES REGUEIRO

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

1936-1939: AS VÍTIMAS BETANCEIRAS DA REPRESIÓNAlfredo Erias no seu extenso traballo sobre a II República en Betanzos reproducetextualmente o folleto no referente ás vítimas betanceiras.Xosé Manuel Suárez Martínez, na súa obra «Guerra Civil e represión en Ferrol e comarca»recolle nunha relación de 715 vítimas aos betanceiros Allegue, Fuentes Velón, Muñoz eJulio Sas, os catro fusilados na cidade departamental.Nós mesmos, aínda que tentamos corrixir algúns datos erróneos do folleto no nosolibro sobre a II República en Betanzos, mantivemos outros por descoñecemento naquelmomento (o libro redactarase varios anos antes de publicarse).Por último, o profesor Velasco no seu recente libro sobre a represión (véxase bibliografía)copia os datos do folleto e recolle tamén os datos numéricos erróneos de Silvia Gómez.Unha vítima esquecida: Antonio López «O Bergeiro»Ao falarmos cos irmáns de dúas vítimas que pasearon xuntos, Antonio Maceiras e JoséEdreira, chamounos a atención que sempre se referían ao seu irmán e a outros dous: «levaronaos tres», «matárono con outros dous»… mentres que o folleto dos mártires referíaseunicamente a eles dous. Efectivamente, había unha terceira víctima: un irmán de Carmen «aBergeira». Entrevistámonos con esta muller de 90 anos na Residencia «García Hermanos»e facilitounos a identidade e datos persoais do seu irmán Antonio, quen tampouco figurana praca homenaxe. Unha víctima, pois, esquecida por todos, agás a súa familia e os irmánsdas outras dúas vítimas que compartiron con el o martirio.¿Outra vítima?: Antonio García EstradaAo consultar no rexistro civil de Betanzos as defuncións inscritas a partir do 22 de xullode 1936 que poideran ter que ver con asasinatos e mortes violentas, atopamos a do mozo de18 anos Antonio García Estrada, veciño da Infesta, morto o 27 de agosto de 1936 aconsecuencia de «hemorragia interna», eufemismo que aparece en moitas vítimas asasinadas.Se, efectivamente, este mozo foi outra vítima daqueles sucesos, estaríamos ante a víctimanúmero 35. Sen embargo as nosas pesquisas con veciños da Infesta deron resultado negativo.Ninguén lembraba a este veciño (cousa ate certo ponto lóxica nun lugar no que houbomoita mobilidade veciñal por mor do ferrocarril e cun veciño que levaba pouco residindoalí) nin que houbese ningunha vítima da veciñanza. Unha señora de 90 anos, de boamemoria e que vivíu toda a vida alí, negou rotundamente que mataran a alguén da Infesta.Un «Hombre desconocido» asasinado en RibaltaPor outra acta de defunción asentada o 10 de decembro de 1936, atopamos outra posíbelvítima: «un hombre desconocido de veinte a veinticinco años de edad. Falleció en lascanteras de Rivalta el día veintiocho de Noviembre último a las últimas horas de la mañanaa consecuencia de hemorragia cerebral… y su cadáver habrá de recibir sepultura en elCementerio de Pontellas.» Non sabemos se era betanceiro ou se foi traído aquí a «pasear».En Ribalta parece ser que foron «paseados» varios prisioneiros do campo de concentraciónque funcionou na Madalena, mais na altura desta defunción aínda non comezara a funcionar.Ademais, a estrada da estación do Norte, como se denomina popularmente, foi un lugarescollido polos «paseadores» para cometer os seus crimes. Segundo consta nas actas dedefunción asentadas no rexistro civil de Betanzos, ate catro vítimas aparecen nesta zona:un veciño de Ordes (Agustín Sánchez), e tres da Coruña (Pedro Ramírez Menéndez,Gumersindo Gómez García e José Cambón Rodríguez).277Anuario Brigantino 2006, nº 29

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!