19.06.2016 Views

Revista 2016

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

2016

CPI

A

CAÑIZA

O TANGARAÑO

REVISTA ESCOLAR

O Tangaraño é a revista escolar na que se persegue a participación

e o encontro de inquietudes e opinións de toda a comunidade

escolar. Esperamos que gocedes léndoa como nós gozamos

facéndoa.

Que festexamos ? ..............3

Hoxe viaxamos a... ...........33

Paleta de cores ...............47

Pasatempos ....................66

Con boa letra ..................70

*Imaxe da portada Sara Carballo 5ºB EI

2

Que

festexamos?

3

As festas e celebracións son unha parte vital da nosa vida escolar e

o plan de estudos incorpóraas nos temas e actividades de clase.

Estas celebracións, festas e actuacións permítennos invitar a toda

a nosa comunidade escolar: pais, familiares, veciños e amigos da

escola.

Moitas das nosas festas baséanse nas festas tradicionais españolas

e galegas (Nadal, Pascua, Letras galegas, Entroido, magosto) e

tamén hainas da nosa comunidade escolar como os mercados e as

festas trimestrais. As estacións do ano rexen as nosas festas e

tamén o desenvolvemento de certos valores e calidades

significativas para o desenvolvemento humano.

Toda a temática das nosas celebracións preséntase nas clases a

través de contos, cantigas, teatro, decoración. Algunhas das nosas

festas realízanse na intimidade das clases pero a maioría delas son

celebradas por toda a comunidade escolar.

Estas son algunhas das nosas festas máis importantes...

4

Un ano máis, chegou o Samaín tamén ao noso centro. Neste curso

festexámolo con dous concursos entre o alumnado de Infantil e

Primaria.

O primeiro, Concurso de relato curto, estivo dirixido ao alumnado

de 3º a 6º de EP. Nel os participantes debían realizar uns relatos

curto de terror. A continuación podedes ler os relatos gañadores.

O COLEXIO DOS MORTOS

Hai moitísimo tempo, no mesmo sitio que

se atopaba o colexio do noso pobo, había

unha casiña vella, moi vella... Nela vivía un

avó, unha avoa e os seus dous netos. Un

chamábase Xián e o outro Xosé, os dous case

da mesma idade, o primeiro de once e o

segundo doce. Os dous sufriran un accidente

cos seus pais canso só tiñan tres e catro

aniños, no cal os pais perderon a vida.

O raro do accidente e que foi pola noite nesa mesma casiña. Os cativos

eran moi pequenos, e case non o lembraban. Os veciños máis próximos

contan que na noite do Samain algo terrible pasou; escoitáronse berros,

alaridos e choros de cativos tan fortes que todos os que vivían preto

espertaron de súpeto e con moitísimo frío, como se de repente caesen as

temperaturas dez graos centígrados. Correron todos os que se atreveron

a saír da cama, o resto taparon a cabeza e esperaron. Os que chegaron

non foron quen de superar o que viran, foi aterrador. Un dos cativos,

cheíño de sangue, miraba pola fiestra e sorría. Un dos veciños decidiu

entrar a ver que pasaba, pero unha vez dentro xa non saíu, a súa muller

comezou a chamar por el a berros, de súpeto Xosé tamén se asomou a

ventá xunto co seu irmá, tamén cheíño de sangue, pero este mastigaba

algo mentres sorría. Aos pais non se lles vía por ningures. Tres veciños

6

máis decidiron entrar. O que contan é que os nenos rían sen parar e que

non deixaban de mirar para a porta da habitación dos seus pais. Alí

atoparon ao outro veciño que entrara primeiro mirando cara o teito

nun estado de “shock”. Alí pegados ao teito estaban os dous, papá e

mamá mortos e co corpo cheo de sangue e de golpes, cos ollos abertos e

a súa impresión de pánico.

Non se soubo nada do que aconteceu. Créese que foi un ladrón quen os

colgou no teito. Os nenos rían polos feitos e os nervios, o que nunca se

explicou foi como eles estaban cheos de sangue, e nunca se lles notou

nada, coma se non pasasen por aquilo. Contan as malas linguas que

foran Xián e Xosé os que os mataron, porque estaban posuídos polas

almas de dous homes, dous asasinos que viviron antes naquela casa e que

os propios aldeáns mataran colgándoos e dándolles unha tunda. E que

deste xeito atoparan a maneira de vingarse.

Aínda hoxe no colexio público desta vila, chamada A Cañiza, din que

polas noites cando non hai alumnos nin profesores, escóitanse risas de

cativos e dúas voces de persoas que agonizan...Este colexio construíuse

sobre as cinzas do Mal.

Aitana Feijoo 6ºA EP

A VINGANZA

Fai anos aconteceu algo magnífico, extraordinario, pero sobre todo

TERRORÍFICO. Aconteceulle ao meu neto Cristóbal.

Eu oin que aquí en Galiza, onde nos mudamos hai un par de anos, había

moitas lendas interesantes, pero nunca crin que en Mondariz, a miña

vila, ía acontecer o sucedido, estades listos para facervos pis enriba?

7

Era 1 de novembro, o ceo comezou a pórse MOI escuro, os lóstregos

cubrían o ceo. Eu rematara de cear pero aínda me quedou un oco para

unha cunca de chocolate quente. O meu neto que fora cos amigos, non

chegou á hora acordada. Non me preocupei pensando que co frío fora

durmir á casa do seu curmán. Deiteime, foime imposible coller o sono,

posto que oía ruídos estraños na cociña e o ñeec, ñeec! dunha porta.

Non me sorprendín ata que.... Alguén entrou na habitación. UFF, era o

meu neto pero, por que a esas horas? Estaba raro e coa pel descolorida

como cando está enfermo.

- Que pasa Cristobal?

-Nada

"NADA" foi a súa última palabra antes de caer sobre a cama e morrer.

Eu, agora teño 94 anos, sigo investigando por que faleceu, e por fin o

pescudei. Así que escoitade: Era verdade, e vós direi o que. A lenda de

Grefey, que é unha especie de E.T. feo que, cando tiña 3 anos

empregárono para facer experimentos, e agora quere vingarse. Escolleu

ao meu neto porque estaba festexando o Samaín cos amigos e fixérono

esa noite porque o traballo non llo permitira antes. Cristóbal disfrazárase

de científico e Grefey viuno (porque Grefey veo todo porque o demo

contratouno de secretario) e quixo matalo para cumprir ca débeda

pendente cos científicos. Grefey tamén mata aos nenos mentres

dormen pero, tranquilos! Só mata a os que se rín das imperfeccións das

persoas. Así que como vexades, pero Grefery NON PERDOA.

Claudia Machado 6º A EP

8

O alumnado de Educación Infantil e do 1º, 2º e 3º nivel de Primaria

realizaron a actividade creativa “Activa o teu maxín” con material

de refugallo. Entre todos os monstros presentados, seleccionáronse

os de:

4º E. Infantil: Celia Barba

5º E. Infantil: Ana Gil

6º E. Infantil: Lois Domínguez

1º E. primaria: Xoel Sendín

2º E. primaria: Icia Montes

3º E. primaria: Zaira Estévez

9

Tamén contamos cun contacontos, Anxo Moure, para infantil,

primaria e 1º ESO que presentou o tema dos contos do "Carballo

con Botas" que fomentaba o coñecemento das árbores a través da

diversidade do seu nome.

10

11

NADAL

12

Para festexar o Nadal, celebrouse o concurso de postais do CPI A

Cañiza, entre os alumnos de Educación Infantil e Primaria.

Coas postais gañadoras deseñouse unha nova que se enviou ás

familias para felicitarlles o novo ano.

O xurado destacou a orixinalidade de Alexia Miguélez Gómez de

5ºA de E. Infantil, Marola Pérez-Labaca Rocha de 2ºA, Alba Raña

Rodríguez de 4ºB e Laura Prieto Álvarez de 5ºA de E. Primaria.

Coma sempre é difícil a elección das gañadoras xa que moitas

outras estiveron a piques de ser elixidas. Con elas fíxose unha

exposición no edificio de Infantil e Primaria.

13

Como todos os anos no Festival de Nadal os alumnos participaron

con panxoliñas, cantigas e distintas representacións.

Este ano en Secundaria contamos coa actuación do dúo Os

Monifates: Alberto Millán Betanzos e José Piñeiro Pérez.

Ambos artistas, que contan cunha ampla traxectoria no mundo da

música e no traballo de recuperación de instrumentos tradicionais

galegos, explicáronos a orixe e o proceso de fabricación dalgúns

instrumentos antigos.

Tamén tivemos campionatos deportivos, e o partido profesores -

alumnos.

14

15

O día 30 de Xaneiro conmemóramos o Día Escolar da Non-Violencia

e da Paz, unha data na que aproveitamos para traballar máis

especificamente co alumnado distintos aspectos da cultura da paz

axeitados ás idades diversas e con actividades de centro e de aula.

16

17

O alumnado de 4ºESO decorou o centro coas máscaras feitas

durante o entroido na materia de Plástica.

Aquí podedes ver unha sensacional mostra da súa creatividade.

18

19

Festexamos o entroido co concurso de disfraces. A participación foi

elevada, incluíndo aos profesores. Este ano o motivo elixido foron

as bandas deseñadas.

20

21

No concurso de doces houbo tamén unha elevada participación. As

gañadoras foron: Iria Alonso Rivera e Carla Gómez Troncoso (1º B),

Ana Pérez Machado e Nadia Filipa Simoes De Carvalho (3º A) e Sara

Portugués Fernández (4º B).

22

Teatro Kamishibai

Os nenos colaboradores da biblioteca de primaria (alumnado de

sexto), contáronlles contos aos nenos de infantil, nas sesións de

“hora de ler”, despois dos recreos.

Os contos representados en Kamishibai, “Teatro de papel", tocaron

temas e sentimentos xerais de acordo coa súa idade.

Estes asistiron a un espectáculo no que todos, puideron gritar,

rir..., compartindo os mesmos sentimentos.

23

24

25

Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Manuel

María, no edificio de primaria fixemos unha declamación de

poemas do autor (un por cada nivel de infantil e primaria) e

completáronse uns murais exteriores (tamén un por cada nivel).

26

27

Mentres, o alumnado de secundaria festexaba o Día das Letras

Galegas coa interpretación por parte do coro dos alumnos da

Cañiza da Cantiga “O Carro” e as lecturas de poemas do

homenaxeado.

28

Entregáronse os premios do concurso de caligramas, convocado

polo dpto. de Lingua Galega e o dpto. de EDLG, e os alumnos de

secundaria asistiron á actuación dun monólogo a cargo de Cándido

Pazó.

29

Mes do Libro

Este ano, aproveitando a conmemoración do IV Centenario da

morte de Cervantes, tamén tivemos a nosa aportación cunha

exposición de carteis sobre Cervantes elaborados polo alumnado

de 2º e 4º ESO.

30

31

32

33

Visita á E.D.A.R. de A Cañiza

O mércores, 16 de decembro, pola mañá os alumnos e alumnas de

primeiro da ESO foron de visita á Estación depuradora de A Cañiza.

Desprazáronse en autobús ata as instalacións da depuradora,

primeiro os alumnos de 1º C, seguidos dos de 1ºB e por último os

de 1ºA. Foron acompañados das profesoras de Bioloxía e Xeoloxía,

Irene e Ilda.

Alí foron recibidos por dous traballadores da depuradora, José

Joaquín e Pablo, que lles mostraron as instalacións e os procesos

tan curiosos que se realizan para devolver as augas limpas ao río

Deva.

34

Tamén lles deron uns pequenos consellos para facer do noso

planeta un lugar mellor.

Alejandra Carballo Rivas 1ºC

35

Visita aos Museos científicos de A Coruña

Na excursión de Bioloxía fomos a Coruña, onde visitamos distintos

museos, como a Domus, o Museo da Ciencia e o Acuario Finisterre.

Primeiro visitamos o Museo da Ciencia. Alí tivemos a sorte de ver

no planetario as distintas constelacións. Tamén interactuamos cos

distintos experimentos que había. Entre eles, puidemos observar o

nacemento duns pitiños.

36

Ao rematar a primeira visita, acudimos á Domus ou Museo do

Home. Alí había un corazón xigante para observar por dentro.

Tamén vimos o vídeo dunha muller dando a luz. Neste museo había

moitas actividades interesantes relacionadas co home. Despois da

visita comemos no propio museo.

Pola tarde, e por último, visitamos o Acuario Finisterre. Pola nosa

conta, observamos distintos animais mariños: quenllas, medusas e

variedade de peixes. Debido ao temporal non puidemos ver ás

focas.

37

A excursión gustounos moito, foi entretida. Recomendámoslla ao

alumnado do próximo ano para que goce tanto coma nós.

Sofía Fidalgo Fernández e Sheila González Barcia 3ºC

38

O club de lectura visita Allariz

Foi un día xenial! Visitamos e coñecemos moitos lugares.

En primeiro lugar, fomos a Allariz. Alí ensináronnos moitas igrexas,

as pontes, os seus parques espectaculares e as historias destes

marabillosos lugares. Como alí estaban en festas, contáronnos a

historia do pobo e o que facían por esas datas. Estes para

celebralo, corrían diante ou detrás dun boi, evidentemente atado.

Despois fomos ao museo da moda onde nos ensinaron moitísima

roupa e...deixáronola probar!

Como nos sobraba tempo fomos a Ourense, onde nos deixaron

comprar nas tendas da rúa do Paseo e dar unha volta por alí.

Pasámolo moi ben! E para o ano gustaríame volver.

Noemi Fernández Álvarez 2ºESO

39

40

Visita a San Cibrao de Lás

O mércores 25 de maio fomos ver os castros de San Cibrao de Lás.

Os castros eran as casas onde viviron os celtas hai moitos anos. O

guía amosounos as cousas que tiñan os poboados de castros.

Entramos pola rúa principal e polos camiños que agora serían

como as actuais estradas, só que estaban feitos de terra. Como

nos dixo el, os castros eran casas de pedra cun buraco grande no

centro onde se espetaba un pau grande que suxeitaba o segundo

piso onde estaban as súas habitacións, e por debaixo delas estaba

a cociña.

41

Estes poboados tiñan foxo e dúas murallas de pedra para

protexerse dos inimigos. Onde acababa a muralla máis pequena

estaba unha especie de corte para gardar aos animais e

posiblemente fora alí onde soterraban as cinzas dos defuntos e

facíanlle o culto aos deuses.

Tamén había unhas pedra onde estaban representadas unhas letras

que daban lugar ao nome dun deus ou dunha deusa, isto polo tanto

era un petroglifo.

Seguimos camiñando e subimos enriba dunha das murallas.

Baixamos cara a entrada principal e vimos canles de regadio e un

pozo.

Así rematou a nosa experiencia no castro de San Cibrao.

Cristina Esteves Estévez 1° C

42

Visita a Celanova

43

44

Excursión 4º ESO

O primeiro día fomos a Segovia, de camiño a Madrid, ali vimos o

acueduto e comemos pola nosa conta. Chegamos a Madrid pola

tarde e fomos aos bungalows, onde distribuímos as habitacións.

Pola noite vimos o musical "El rey León", pareceunos

impresionante.

O segundo día tivemos unha visita guiada por Toledo. Visitamos a

catedral, a sinagoga e o barrio antigo. As vistas desde o parador de

turismo de Toledo son espectaculares. Pola tarde visitamos o

Museo de El Prado.

45

O terceiro día estivemos visitando Madrid, a zona dos Austrias, o

parque de El Retiro, ao Hard Rock,… Pola tarde visitamos o

Santiago Bernabeu.

Ao día seguinte estivemos na Warner. Ao haber tantas atraccións

pasamos todo o día no parque e pasámolo moi ben.

O último día íamos visitar Salamanca, pero choveu, polo que

aproveitamos para descansar durante a viaxe de volta.

Esther Ogando, Alexandra Alonso e Natalia Sendín 4º ESO

46

PALETA DE CORES

47

III Concurso de Banda Deseñada

Convocouse o III concurso de banda deseñada entre o alumnado de

secundaria.

O xurado elixiu como gañador do primeiro premio a "Kiwiro" de

Nacho Domínguez, Alejandro Carballo e Brian Gómez de 1º C. O

segundo premio correspondeu "Menudo día no monte" de Marcos

Álvarez e Nacho Álvarez de 1ºB.

Os premio entregouse no festival de fin de curso.

48

49

50

51

52

Recollemos algúns dos traballos artísticos realizados polo alumnado

ao longo do curso. Gustade do seu talento!

Candela Pazos 4ºB EI

Alba Cayetano 4ºB EI

53

Joana Domínguez 4ºB EI

Lía Rivera 4ºB EI

54

Lucía Iglesias 5ªB EI

Teresa Lago 5ºA EI

55

56

Obradoiro de Nadal na aula de EPV

57

Exposición dos traballos de Bioloxía de 1º ESO

58

59

Aarón Giraldez 1ºA

Carla Gómez 1ºB

60

Iria Alonso 1ºB

Jésicca Dominguez

1ºC

61

Nacho Domínguez 1ºB

Xiria Pérez 1ºC

62

"Movemento do vento"

Obradoiro de EPV de 4º

63

Amine Bensoultana e Xoel Pintos 1º A

Sara Benítez

e

Claudia Susana

Cazapal 4º A

64

Club de lectura 1º ESO C

65

PASATEMPOS

66

Que cousa cousiña

corre, corre

e nunca chega á casiña?.

Unha saba branca,

sen algodón

cobre o mundo

e o río, non.

É longo como un camiño

e vai fozando como un

cochiño.

Saimos cando anoitece

ímonos ao cantar o galo

e hai que di que nos ve

cando lle pisan un calo.

Completa as celas de xeito que todas as filas, as columnas e

os cadros 3x3 conteñan os números do 1 ao 9.

67

Carballo

Sobreira

Maceira

Faia

Sanguiño

Piorno

Piñeiro

Salgueiro

Freixo

Amieiro

Eucalipto

68

69

Hei morrer polo teu amor

A estrela Polar namorouse do cometa Halley pero unicamente o podía ver cada 76

anos. Cada vez que viña traíalle algún agasallo: un anel de Saturno, un pixama de

Venus....

Ela quería marchar con el, pero non podía deixar de orientar a xente cara o Norte.

Xurou que cando pasara, iría con el. Cando chegou 2061 el volveu pasar por alí a

saudar, e ela díxolle que se ía con el. Sorprendeuse porque non podía deixar o

traballo, pero ela dixo que un satélite que andaba por alí ocuparíase de todo.

Cando lle foi dar a man sentiu frío pero non lle importou. El tamén quería deixar de

facer sempre o mesmo percorrido.

QUE PASARÁ ?

Iria Alonso 1º B

71

72

73

Ana Rodríguez, Noemi Fernández, Nerea Montero, Emma Pérez,

Vera Riveiro e Iolanda Gil

2ºC

74

75

76

CANTIGA DE AMIGO

Boto de menos ao meu amigo,

Sabe Deus cando virá comigo

Ai Deus, onde estará?

Boto de menos ao meu amado

Sabe Deus se cumplirá o acordado

Ai Deus, onde estará?

Sabe Deus cando virá comigo

Sigo sen novas do meu amigo

Ai Deus, onde estará?

Sabe Deus se cumplirá o acordado

Sigo sen novas do meu amado

Ai Deus, onde estará?

Marta Álvarez Lorenzo 3º B

77

78

TORTILLA DE VEXETAIS

Ingredientes:

- 6 ovos

- 1 cebola

-3 patacas

-1 pemento vermello

-1 pemento verde

- champiñóns

1 cabaciña

- olivas negras

- 1 tomate

- aceite

- 1 chisco de sal

- espárragos

Pasos a seguir:

Primeiro pelamos as patacas e lavámolas, o mesmo proceso facémolo

ca cabaciña e coas cebolas. Cortamos os vexetais.

Segundo, poñemos aceite na tixola. Cando este quente engadimos os

vexetais cun chisco de sal.

Terceiro, cando os vexetais estean cociñados botamos os ovos,

mesturámolo coas verduras.

Cuarto, na tixola fritimos as patacas e mesturámolas cos ovos e os

vexetais.

Por último, botamos a mestura na tixola... e a comer!

Mª José e Érike 2º A

79

SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS

ADIVIÑAS

A auga

A neve

O río

As estrelas

SUDOKU

SOPA DE LETRAS

DIFERENZAS

ALPHABET SOUP

80

O noso agradecemento a todos os que participaron na elaboración

da revista.

EDLG

81

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!