Mulleres2017.final

bibliotecamontemoas

Exposición sobre mulleres compositoras. Biblioteca do IES Monte das Moas

(Viena,1879- Nova York 1964 )

lma Mahler foi unha bela e intelixente vienesa. Compositora, filla dun pintor,

criouse nun ambiente artístico, e viviu rodeada dos máis grandes intelectuais

e artistas da época. Foi coñecida polos seus matrimonios con grandes artistas:

co compositor Gustav Mahler, co arquitecto Walter Gropius quen fundaría

a Bauhaus, e co novelista Franz Werfel; e polos seus amantes, os pintores

Gustav Klimt ou Oskar Kokoschka, entre outros.

Foi unha dotada pianista, e como compositora escribiu 16 lieder. Despois de

casar con Mahler abandona a composición, aínda que foi copista e lectora das

probas das obras do seu home. A súa música aínda se interpreta na actualidade.

Iria Juanatey

Moitos consideran que foi unha muller que recibiu unha cobertura mediática

desproporcionada aos seus logros persoais. Musa de moitos artistas, pintores,

escritores... pasou á historia da arte inmortalizada nos lenzos, é a protagonista

de Der Kuss (O beso ) de Klimt e de Die Windsbraut (A noiva do vento) de

Kokoschka, dous dos cadros máis importantes da historia da arte.

A súa vida foi narrada na película de Bruce Beresford Bride of the Wind, de

2001.

Der Kuss

Die Windsbraut

More magazines by this user
Similar magazines