Mulleres2017.final

bibliotecamontemoas

Exposición sobre mulleres compositoras. Biblioteca do IES Monte das Moas

Continuamos con pracer a experiencia de destacar e dar a coñecer figuras singulares

de mulleres, neste caso COMPOSITORAS, intérpretes, directoras de orquestra,

cantantes… Diferentes épocas e diferentes países. Diferentes estilos.

Acompañádenos para coñecer algunhas artistas que foron iconas na súa época,

como “A Malibran”, símbolo dunha xeración romántica; ou Alma Mahler,

musa de artistas. No medio delas, atoparedes outras infravaloradas ou ocultas

pola súa condición feminina, acochadas tralos nomes dos seus esposos ou irmáns,

coma no caso de Fanny Mendelson.

E para os máis curiosos, comprácenos presentarvos “desaparecidas” como a

compostelá Osterberger, grazas ao traballo de investigación de compañeiras

docentes que rescataron esa artista silenciada.

Como peche desta espiral creativa, non podiamos esquecer as novas xeracións,

as mulleres que hoxe en día fan oír as súas voces coma Sole Giménez.

Moitas das mulleres das fotografías souberon sortear barreiras e derrubar prexuízos

para que moitas outras, na actualidade, teñan as portas abertas á participación

e á creación. Que siga soando a música!

More magazines by this user
Similar magazines