Mulleres2017.final

bibliotecamontemoas

Exposición sobre mulleres compositoras. Biblioteca do IES Monte das Moas

(Santiago 1852-¿)

oi unha compositora e pianista compostelá, figura destacada no ambiente cultural

galego de finais do s.XIX; relacionábase con Emilia Pardo Bazán e coa comisión

que creou a Real Academia Galega, da que foi membro correspondente.

Esta figura permanecería hoxe practicamente descoñecida a non ser por

un recente traballo de investigación de Rosario Martínez e Beatriz López que

rescata o legado musical desta compositora.

Leli Villamil

Eugenia tivo acceso a unha coidada formación artística en Francia, onde vivía

parte da súa familia paterna. Casa e ten 7 fillos, pero segue a participar da vida

cultural da Coruña, onde se establece co seu home; dá clases e compón música.

Co nome de Mme. Saunier ( que toma do seu home), asina partituras publicadas

por Canuto Berea, pero tamén impresas en Madrid e París. Coñecemos

dúas facetas da súa actividade compositiva: o piano e a canción de salón

para voz e piano. Debeu ter unha abundante produción; pero o que se coñece

actualmente non chega a dúas ducias de partituras.

En 1907 mudouse á Costa Azul e desapareceu do ambiente cultural galego.

Rosario Martínez sobre a música de Osterberger

«está á mesma altura que a dos compositores

varóns do seu tempo, como Baldomir o

Chané»... «Recuperan o autóctono, o noso, pero

imbricado nunha cultura que emana do Romanticismo»,

resume a investigadora.

More magazines by this user
Similar magazines