Mulleres2017.final

bibliotecamontemoas

Exposición sobre mulleres compositoras. Biblioteca do IES Monte das Moas

(A irmá silenciada, Fanny Mendelssohn (1805-1847)

anny Mendelssohn, intérprete e compositora alemá tan virtuosa coma o seu

irmán, viuse sometida ás normas machistas do seu tempo, a pesar de que moitos,

incluído seu pai e seu irmán admiraran sempre o seu talento. Só co paso

do tempo e coa recuperación da súa obra por firmas ben prestixiosas de música,

acadou a descoñecida irmá de Mendelssohn o lugar que lle correspondía.

Filla de Abraham Mendelssohn e Lea Salomon, procedentes de distinguidas familias

xudías, foi educada xunto co seu irmán Felix, nun ambiente exquisito e

xa dende nenos demostraron un talento excepcional para a interpretación e a

composición musical. Mais ao medraren, os roles sociais preconcebidos para

homes e mulleres truncaron a carreira de Fanny.

Sandra Fuciños

Fanny Mendelssohn casou en 1829 con un pintor da corte prusiana, Wilhelm

Hensel, e instalouse en Berlín. Alí tivo que aceptar o rol de esposa e nai, aínda

que continuou compoñendo e organizando un salón cultural, no que participaron

compositores e intérpretes como Franz Liszt ou Clara Schumann. Apoiada

polo seu home, Fanny publicou en 1837 unha das cancións firmadas co seu

nome e non co do seu irmán, como sucedeu con moitas outras obras propias.

A única vez que Fanny Mendelssohn tocou

en público foi ao ano seguinte, en

1838, interpretando unha peza do seu irmán

Felix, O Concerto para Piano Nº.1.

En total compuxo 466 pezas musicais. Inclúen

un trío con piano Op. 11 e unha

considerable cantidade de libros con pezas

para piano e cancións. A súa canción

"Italia", era a preferida da raíña Vitoria, que pensaba que fora composta por

Félix.

More magazines by this user
Similar magazines