Mulleres2017.final

bibliotecamontemoas

Exposición sobre mulleres compositoras. Biblioteca do IES Monte das Moas

(Londres 1956)

nacida en Londres en 1956, empezou a compoñer xa na infancia aínda que

nos seus primeiros anos de estudos musicais inclinouse pola viola, instrumento

do que se convertería nunha magnífica intérprete.

En 1989 roubáronlle a viola e por ese motivo decidiu mudarse a Escocia e dedicar

máis tempo da súa carreira á composición conseguindo que os seus traballos

tiveran unha grande acollida internacional.

A súa música bebe principalmente das fontes do jazz e da música tradicional

escocesa, sendo o concerto o formato elixido para as súas composicións que,

en moitos casos, foron escritas para solistas de gran renome como Håkan Hardenberger,

John Harle, Branford Marsalis, Tabea Zimmermann, James Crabb,

Dame Evelyn Glennie ou Colin Currie.

Noemí Puga

Actualmente actúa con moita regularidade como violista, pianista e narradora,

presentando programas musicais na televisión e na radio británicas.

En marzo de 2016, foi nomeada membro da Royal Society of Edinburgh , a academia

nacional escocesa das ciencias e das artes.

Vive en Stirlingshire en Escocia e ten tres fillos.

More magazines by this user
Similar magazines