Abril: mes das mulleres escritoras
Actividades enmarcadas dentro do PDI: Nove mulleres en nove meses
Actividades enmarcadas dentro do PDI: Nove mulleres en nove meses
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
A B R I L , 2 0 1 7
M U L L E R E S E S C R I T O R A S
Mulleres na Literatura
Mulleres relevantes ao longo da Historia no ámbito da Literatura
R E A L I Z A D O P O R
O E q u i p o d a B i b l i o t e c a
C E I P R a m ó n F a l c ó n
C a s t r o d e R e i - L u g o
D I R I X I D O A :
A l u m n a d o d o C E I P
R a m ó n F a l c ó n d e n t r o d o
P D I M u l l e r e s
i m p o r t a n t e s a o l o n g o
d a H i s t o r i a
Mary Shelley
Mary Shelley, é mundialmente coñecida por
ser a autora dunha das novelas máis
terroríficas da historia, Frankestein.
Mary tivo ao seu fillo en moi malas
condicións e éste acabou morrendo o que lle
ocasionou unha gran depresión.
Naceu o 30 de Agosto de 1797 e morreu o 1 de
Febreiro de 1851.
Recibiu unha educación moi avanzada para
aquela época contando cunha institutriz e
cunha tutora. Sempre estaba en contacto
con libros e grandes intelectuais da época
que viñan a visitar a súa familia.
Dende pequena sempre foi unha nena moi
intelixente cunha forma de pensar moi libre e
con moitas ganas de aprender.
Aos 15 anos ,seu pai enviouna a Escocia para
que vivira cunha familia de coñecidos. Foi
nestas viaxes onde obtivo a inspiración para
escribir a súa obra máis famosa, Frankestein.
"Imaxinei este libro alí. Foi baixo as árbores
que rodean a casa, ou nas ladeiras das
montañas cercanas, onde tiveron lugar as
miñas primeiras ideas xenuinas e os primeiros
voos da miña imaxinación."
Nestas viaxes tamén coñecería ao que sería o
seu marido, Percy Shelley. O pai de Mary non
aprobaba esta relación polo que Mary e
percy fuxiron a Francia e viaxaron por toda
Europa.
Cando voltaron, Mary decatouse de que
estaba embarazada. Pese a súa penosa
situación, seu pai negouse a axudala.
Pouco despois os Shelley recibiron unha
herdanza, recuperando a súa economía .
Nese tempo Mary volve a quedar embarazada
e da a luz ao seu fillo William.
A idea de escribir Frankestein xurdiu nunhas
vacacións de verán que os Shelley pasaron
con Lord Byron. Debido ao mal tempo, tiñan
que pasar bastante tempo encerrados polo
que Lord Byron propuxo unha especie de
concurso de historias de terror. Quen mais
destacou foi Mary Shelley con Frankestein ou
o moderno Prometeo.
Os Shelley pasaron moito tempo en Italia,
onde aumentaron a familia e perderon a
varios fillos pero onde tamén a
productividade literaria de Mary Shelley
alcanzou un gran momento.
Percy Shelley morreu nun accidente de
navegación, o que levoua Mary a unha nova
depresión. Ainda así a carreira literaria de
Mary non deixou de medrar.
Mary morreu aos 53 anos , debido a unha
emfermidade.
Entre as súas obras destacan:
· Valperga ou Vida e Aventuras de Castruccio,
Príncipe de Lucca.
· O derradeiro home.
· Lodore.
· Falkne e Mathilda.
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 2
Canto sabes de Mary Shelley?
1. En que ano naceu Mary Shelley?
1597
1797
1897
2. Aos 15 anos foise a vivir a....
España
Italia
Escocia
3. Nas súas viaxes coñeceu a...
Lord Byron
Frankestein
Percy Shelley
6. Onde xurdiu a idea de escribir Frankestein?
Na súa estancia en Escocia
Tivo un soño
Nunhas vacacións de verán
7. Onde pasaron moitas tempadas os Shelley?
En Escocia
En Londres
En Italia
8. Que lle aconteceu a Mary en Italia?
Perdeu a varios fillos
Aumentou a súa productividade literaria
Ambas son correctas
4. A onde fuxiu Mary co seu futuro marido?
Italia
Escocia
Francia
9. Como morreu seu marido?
Morreu de vello.
A causa dunha enfermidade
Nun accidente de navegación
5. Como se chamou o segundo fillo de
Mary?
Percy
William
George
10. A que idade morreu Mary Shelley?
Aos 45 anos
Aos 53 anos
Aos 70 anos
SOLUCIÓNS: 1-B, 2-C, 3-C, 4-C, 5-B, 6-C, 7-C, 8-C, 9-C, 10-B
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 3
FRANKENSTEIN
O doutor Victor Frankenstein é un científico brillante obsesionado coa creación da vida. Podía pasar longas horas todos
os días illado no seu laboratorio experimentando novas formas de lograr o seu anhelado desexo!
Despois de moitos experimentos errados, Víctor volve tentalo. Esta vez cosera anacos e partes de diferentes cadáveres
que desenterrara no cemiterio local e coseraos formando un xigante verdoso que tendeu na mesa de operación.
Víctor conectáralle cables ao ser e só se necesitaba unha tormenta para que a electricidade dun raio puidese revivir o
cadáver!
Chegou unha noite de tormenta e Víctor deu volta ao interruptor que abriu o fluxo de electricidade á criatura cunha
choiva de faíscas e lóstregos!
Ao principio non pasou nada, pero, de súpeto, Víctor puido ver, que a criatura movera un dedo! A criatura cobrara vida e
poñéndose de pé, gritou: " Pai?". Víctor estaba asustado!
Asi que fuxiu, deixando a súa creación para que se sentara e dese a súa primeira mirada ao mundo soa e asustada.
O monstro ruxiu mentres gritaba: "Pai, onde estas?!!!
Víctor tremía de medo mentres se escondía e esperaba que o monstro simplemente se fose.
Despois do que lle pareceron horas na escuridade, Víctor non oíu máis ruído así que abriu a porta e deu unha ollada cara
a fóra. A xanela estaba rota e o monstro desaparecera.
Oh que fixen? Dixo Victor, caendo encima do seu escritorio. Se alguén atopase este monstro e descubrise que foi el quen
o fixera, significaría o fin da súa carreira e a súa familia. Decidiu que non tiña máis remedio que perseguir e capturar á
súa criatura e destruíla para sempre.
Mentres tanto, a criatura, aprendeu os fundamentos da vida por si só no bosque: como comer, como durmir, como
sobrevivir. Aprendeu a falar e escribir mirando pola xanela dun xardín de nenos escondéndose na sombra das árbores,
mentres miraba algunhas clases e cando non había ninguén alí roubaba libros.
Pasaron as semanas e Víctor continuou axexando nas rúas a altas horas da noite coa súa arma. Unha noite estaba a
buscar arriba e abaixo dunha rúa con néboa cando unha gran sombra xurdiu dun recuncho escuro detrás del.
"Pai!", gritou a criatura. Víctor púxose pálido e apertou a súa arma coas palmas suorentas. Deuse a volta lentamente e viu
o cadro demasiado familiar da criatura que creara.
"Atrás!" dixo Víctor empuñando a súa arma tentativamente. "Deixa iso, vas facer dano. Non teño intención de facerche
ningún dano", dixo a criatura cunha mirada triste nos seus ollos.
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 4
"Como podo saber iso?Es un besta!, dixo Víctor.
"E de quen é a culpa? Ti fixéchesme así e logo abandonáchesme obrigándome a vivir oculto nas sombras como un
monstro!"
" Es un mostruo!
"Non, pai. Un monstro é algo que un elixe ser, non algo baseado na súa aparencia. Ti, pai, es o verdadeiro monstro!
Pero non te preocupes, non me volverás a ver. Decidín vivir lonxe no bosque, apartado de todos os inxustos xuízos da
humanidade", dixo a criatura e desapareceu rapidamente.
Víctor regresou á súa casa sentíndose aliviado inicialmente. Con todo, ao pensar no que a criatura lle había devandito,
comprendeu que o mundo estaba cheo de monstros, pero agora estaba sen un home puro e decente.
A criatura, con todo, viviu feliz no bosque rodeado da fermosa natureza e os animais que nunca, nunca o xulgaron por
como se vía, se non só polas súas boas accións.
Cuento "Frankenstein" pertenenciente a la app "Playkids Stories"
1. Cal era o desexo do doutor Víctor Frankenstein?
2. Que se necesitaba para revivir o cadáver?
3. Que fixo Víctor cando a criatura chamou por el?
4. Que fixo a criatura no bosque?
5. Que lle respostou a criatura a Víctor cando lle chamou monstro?
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 5
SOPA DE LETRAS
Obras de Mary Shelley
Para sabelotodos...
Sabedes de que muller das que traballamos ao longo do curso foi
pai o amigo de Mary Shelley, Lord Byron?
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 6
Imita a Mary Shelley, Lord Byron e os seus amigos e escribe un conto de medo. Con
todos os vosos relatos faremos un libro de contos de medo
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 7
VIRGINIA WOOLF
O 25 de xaneiro de 1882, naceu en
Londres, Adeline Virginia Stephen,
mundialmente coñecida como Virginia
Woolf.
Filla de Sir Leslie Stephen (coñecido
crítico e historiador e fundador do
Dicionario Nacional de Biografías) e de
Julia Jackson Duckworth, una muller
de gran beleza que servía de modelo
aos pintores da época.
Xa dende moi nena, Adeline estivo en
contacto co mundo literario, gracias
aos escritores, artistas e intelectuais
que visitaban a súa casa
Non foi a escola, pero foi educada polos
seus pais, recibindo clases tamén de
profesores particulares.
A idade de 13 anos perdeu a súa nai e
dez anos despois ao seu pai, por una
enfermidade. Tras estes sucesos,
Virginia voltouse una persoa depresiva
e trasladouse a vivir xunto cos seus
irmáns ao barrio londinense de
Bloomsbury, que convertiron nun
centro de reunión de intelectuais.
Este grupo de amigos foi coñecido
como o "Círculo de Bloomsbury" e a el
pertencían filósofos, escritores,
economistas... Foi nestas reunión onde
Virginia coñecería ao seu marido, o
economista Leonard Woolf, con quen
casaría no ano 1912.
Xunto ao seu marido creou a editorial
Hogarth Press, a través da cual
editaron a obra desta xenial escritora e
de outros destacados autores como T.S.
Elliot.
As súas primeiras obras foron "Fin de
viaxe" e "Noite e día". Tamén escribiría
"Ao faro" e "A señora Dalloway" que
terían moi boa acollida entre a crítica.
"As olas" e "Unha habitación propia"
son outras das súas obras que
obtiveron un gran recoñecemento.
A vida de Virginia non foi fácil, xa que
pasou por numerosas crisis nerviosas e
depresións o que a levou a quitarse a
vida o 28 de marzo de 1941.
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 8
Canto sabes de Virginia Woolf?
1. En que ano naceu Virignia Woolf?
1882
1982
1897
2. O seu pai era....
político
historiador
profesor
3. Recibiu a súa educación....
de seus pais
de profesores particulares
ambas respostas son correctas
6. A depresión é...
Enfermidade caracterizada por unha
profunda tristeza
Enfermidade do corazón
Algo sen importancia
7. Como se coñecían a Virginia e aos seus amigos?
Pandilla de Bloomsbury
Círculo de Bloomsbury
A familia Bloomsbury
8. A que se adicaba o marido de Virginia?
Era economista
Era escritor
Era filósofo
4. Que idade tiña cando perdeu a súa nai?
10 anos
12 anos
13 anos
9. Que negocio montou o matrimonio Woolf?
Unha cafetería literaria
Unha libraría
Unha editorial
5. Como era o carácter de Virginia Woolf?
Era moi depresiva
Era moi alegre
Era moi tímida
10. A que idade morreu Virginia Woolf?
Aos 45 anos
Aos 59 anos
Aos 70 anos
SOLUCIÓNS: 1-A, 2-B, 3-C, 4-C, 5-A, 6-A, 7-B, 8-A, 9-C, 10-B
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 9
CRUCIGRAMA
Obras de Virginia Woolf
HORIZONTAL
1.- O que nos gustaría ter a cada un na nosa casa
Cómo pensas que era Virginia Woolf? Pon calificativos arredor da súa figura
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 0
GABRIELA MISTRAL
Lucila de María del Perpetuo Socorro Godoy
Alcayaga, máis coñecida como Gabriela Mistral,
foi una escritora e mestra de orixe chilena,
mundialmente coñecida pola súas obras e tamén
polas súas ideas innovadoras en educación.
Gabriela naceu o 7 de Abril de 1889, en Vicuña
(Chile) pero criouse en Montegrande, un pobo ao
que lle tivo tanto cariño que pediu que a
enterrasen alí cando morrese.
En 1914, tamén viaxa a México, para colaborar
na reforma educativa dese país. Alí fundou
unha escola que leva o seu nome e asistiu a
organización de bibliotecas públicas e
privadas.
Mistral tamén compuxo poemas dirixidos a
nenos e textos didácticos como Lecturas para
mulleres.
O seu pai era un mestre rural, que a abandonou
cando tiña tres anos . Estudou na escola La
Unión, onde o seus profesores pensaban que tiña
algún tipo de retraso. Este feito xunto coa
situación económica da súa familia e o
aillamento da rexión na que vivía, obligouna a
ser autodidacta.
Gabriela seguiu os pasos do seu pai e adicouse ao
ensino e a escritura. No ano 1904 comeza a
traballar como profesora axudante na Escola da
Compañía Baixa e ao mesmo tempo que colabora
nalgunhas publicacións.
Dende o ano 1933 e ao longo de 20 anos
desempeñou cargos diplomáticos para o seu
país en diferentes países de América e Europa
ao tempo que seguía a escribir.
No ano 1945 recibe o Premio Nobel de
Literatura, sendo a primeira muller latina en
acadalo.
No ano 1946 coñece a unha colega
estadounidense, Doris Dana que se convertiría
na súa gran amiga, compañeira e confidente
ata a súa norte.
A súa popularidade como escritora e o
nacemento do seu seudónimo prodúcense no ano
1914 tras gañar o Primeiro Premio no concurso
Xogos Florais pola súa obra Sonetos da Morte,
adicados ao seu mozo, falecido pouco antes.
Algunha das súas obras máis coñecidas foron:
Tenrura, Tala, Todas íamos ser raiñas,
Antoloxía, Lagar, entre outras...
Mistral faleceu o 10 de Xaneiro do ano 1957 na
cidade de Nova York, aos 67 anos e a causa dun
cáncer de páncreas.
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 1
Canto sabes de Gabriela Mistral?
1. En que ano naceu Gabriela Mistral?
1882
1889
1897
2. O seu pai era....
mestre
historiador
político
3. Que quere dicir ser autodidacta?
Que lle gusta moito escribir
Realiza ditados de forma automática
O que se forma a si mesmo
4. Cal foi a profesión de Gabriela Mistral?
Mestra
Escritora
Ambas son correctas
6. Que labor importante lle encargaron en 1914?
Escribir sobre a situación do seu país
Colaborar na reforma educativa de Mexico
Escribir os libros de texto do seu país
7. En que ano lle deron o Premio Nobel de Literatura?
No ano 1945
No ano 1950
No ano 1940
8. Por que foi tan importante este premio?
Porque lle deu maior prestixio
Porque gañou moito diñeiro
Porque era a primeira
muller latina en conseguilo
9. Que fixo Gabriela ao longo de 20 anos?
Desempeñou cargos diplomáticos para o seu país
Deu clases
Deu conferencias
5. Cando se produce a súa popularidade? 10. A que idade morreu Gabriela Mistral?
Aos 60 anos
Ao gañar o concurso de poesía, Xogos Florais
Aos 67 anos
Ao recibir un premio como mestra
Aos 70 anos
Polos seus artigos en varios diarios
SOLUCIÓNS: 1-a, 2-a, 3-c, 4-c, 5-a, 6-b, 7-a, 8-c, 9-a, 10-b
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 2
Dame tu mano
y danzaremos
1.- ¿Cuál crees que es el mensaje que quiere
transmitirnos la autora?
Dame la mano y danzaremos;
dame la mano y me amarás.
Como una sóla flor seremos
como una flor, y nada más....
El mismo verso cantaremos
al mismo paso bailarás.
Como una espiga ondularemos,
como una espiga, y nada más.
Te llamas Rosa y yo Esperanza;
pero tu nombre olvidarás,
porque seremos una danza
en la colina y nada más...
2.- Descubre en el poema palabras que se refieran a los
diferentes sentidos: vista, olfato, tacto, oído.....
3.- Elige en cada estrofa una palabra que nombre un
elemento de la naturaleza.
4.- ¿Qué sentimientos ves reflejados en el poema?
Señala las palabras que lo indican.
5.- Los nombres de "Rosa" y "Esperanza", además de
nombrar a personas tienen significado como nombres
comunes. ¿Podrías encontrar otros nombres de
personas que también se usen como nombres de cosas?
Gabriela Mistral
6.- La escritora Lucila Godoy era mundialmente
conocida con el seudónimo de Gabriela Mistral.
¿Conoces algún autor, cantante, artista...... que también
utilice un seudónimo?
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 3
ALICE MUNRO
Alice Ann Munro, é una narradora canadiense
que naceu o 10 de xullo de 1931. Está
considerada como una das escritoras actuáis
máis destacadas en lingua inglesa.
Viviu nunha granxa ao oeste de Ontario,
nunha época de depresión económica. Esta
vida tan sinxela foi decisiva como temática de
grande parte dos seus relatos.
Coñeceu moi xoven ao seu marido, James
Munro, na Universidade de Ontario. Casaron
no ano 1951 e trasladaronse a vivir a
Vancouver. Logo de ter as súas tres fillas, no
ano 1963 trasladáronse a vivir a Victoria onde
xunto ao seu marido, rexentou una libraría.
Separouse no ano 1972 e regresou a Ontario,
onde se converteu nunha fructífera escritora e
profesora residente na súa antiga
universidade.
Volveu casar en 1976 con Gerald Fremlin. A
partires de ahí a súa carreira como escritora
consolidouse .
Iniciouse de moza con contos escritos no pouco
tempo que tivera até entón, é publicara dúas
recompilacións de relatos e unha novela.
Antes de 1976, escribiu os seus primeiros contos
pero tamén a importante novela As vidas das
mulleres (1971).
Logo, publicou novas coleccións de relatos
como As lúas de Xúpiter, The Progress,
Amizade de mocidade e Segredos a voces (1994).
Alice comezou a ser coñecida a partires do ano
2000 cos relatos de Odio, amizade, noivado,
amor, matrimonio (2001) e logo cos de
Escapada (2004).
En vista desde Castle Rock, 2006, fixo un
balance da historia remota da súa familia, en
parte escocesa, emigrada ao Canadá, e
describiu amplamente as dificultades dos seus
pais.
Os seus relatos breves céntranse nas relacións
humanas analizadas a través da lente da vida
cotiá. Por isto, e pola súa alta calidade, foi
chamada "a Chéjov canadense".
Ao longo da súa carreira está a recibir
numerosos premios como o premio canadense
á creación literaria, «Premio Literario do
Gobernador Xeral», o National Book Critics
Circle estadounidense por O amor dunha
muller xenerosa.
En 2013, foille outorgado o Premio Nobel de
Literatura.
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 4
Canto sabes de Alice Munro?
1. En que ano naceu Alice Munro?
1920
1931
1940
2. Cal é a súa orixe?
canadiense
inglesa
irlandesa
3. Onde se criou?
Nunha gran cidade
Nun pobo costeiro
Nunha granxa
6. Que comezou a escribir cando era moza?
Novela
Poesía
Contos
7. A partir de que ano se fixo realmente coñecida?
Do ano 2000
Do ano 1990
No ano 1970
8. Sobre que trataban os seus relatos?
Sobre as relacións humanas
Eran historias fantásticas
Sobre as súas vivencias
4.Onde coñeceu ao seu primeiro marido?
No seu pobo
Na universidade
No colexio
9. Ademais de escribir, a qué se adicaba?
Traballaba nunha libraría.
Daba clases na Universidade
Daba conferencias
5. A partir de que ano se consolida a súa
carreira?
1976
1990
2000
10. En que ano recibiu o Premio Nobel?
No ano 2011
No ano 2012
No ano 2013
SOLUCIÓNS: 1-b, 2-a, 3-c, 4-b, 5-a, 6-c, 7-a, 8-a, 9-b, 10-c
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 5
AGATHA CHRISTIE
A novelista inglesa Agatha Mary Clarissa
Miller naceu o 15 de setembro de 1890 en
Torquay (Devon), Inglaterra.
Máis tarde, Agatha coñece a max Mallowan,
arqueólogo co que casaría e viaxaría por
diferentes países.
Filla dunha familia da burguesía e a menor de
tres irmáns, viviu unha infancia moi feliz no
campo, escenario de moitas das súas novelas.
Nunca foi ao colexio, aprendeu a ler soa aos
cinco anos, sendo educada na casa. O seu pai,
falece cando ela tiña once anos e non quedan
en moi boa posición económica polo que a súa
nai alquila a súa casa durante os invernos e
traslada á familia a vivir a Exipto, asi que
Ágatha comeza a viaxar e coñecer mundo
dende ben pequena.
Aos 16 anos trasládase a vivir a París para
estudar canto, danza e piano na escola da
señora Dryden pero descobre que non se lle da
ben e regresa a casa.
Casou con Archibald Christie na Noiteboa de
1916, pero o seu marido namorouse doutra
muller polo que se separaron pouco despois.
Este feito provocoulle unha grande crise que
fixo que desaparecera durante once días.
Tras separarse, comezou a súa carreira como
escritora con libros como O enigmático Mr.
Quinn e o Misterio do tren azul.
Tivo moito éxito e gañou moitos cartos cos seus
libros sobre crímenes e misterios.
As súas novelas policíacas caracterízanse polos
seus inesperados desenlaces. Algúns dos seus
personaxes alcanzaron fama mundial como o
célebre detective belga, Hercule Poirot ou a
velliña solterona Miss Marple.
É a escritora máis traducida do planeta, e as
súas obras traducíronse a 103 idiomas e
dialectos . Tamén é a autora máis vendida de
todo o mundo con cerca de 4000 millóns de
libros vendidos por diante do seu compatriota
William Shakespeare ou a Biblia.
Gran parte das súas obras foron adaptadas ao
cine e a televisión.
En 1961 foi nomeada membro da Real Sociedade
de Literatura así como doutora honoris causa
en Letras pola Universidade de Exeter.
En 1971 concedeuselle o título de Dama do
Imperio Británico en recoñecemento da súa
obra.
Agatha Christie morreu de causas naturais o 12
de xaneiro de 1976 a idade de 85 anos.
Foi unha muller que disfrutou plenamente da
vida, sen seguir os mandatos da sociedade .
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 6
Canto sabes de Agatha Christie?
1. En que ano naceu Agatha Christie?
1890
1900
1880
2. Cal foi a súa educación?
Foi a unha escola privada
Estudou na casa
Tivo titores privados
3. Por que se trasladou a París?
Porque quería aprender a escribir
Mudouse alí coa súa familia
Quería estudar canto, danza e piano.
6. Como se chaman as personaxes de Agatha?
Hercule Poirot
Miss Marple
Ambas son correctas
7. En cantos idiomas se traduciron as súas obras?
En 50 idiomas
En 103 idiomas
En 20 idiomas
8. Que título recibiu en 1961?
Membro da Real Sociedade de Literatura
Doutora Honoris causa por a Univ. de Exeter
Ambas son correctas
4.Cando comezou a súa carreira como escritora?
Cando se separou do seu primeiro marido
Cando regresou a súa casa familiar
Escribiu desde sempre
9. Que título recibiu en recoñecemento a súa obra?
Dama do Imperio Británico
Premio Nobel
Mellor escritora de fala inglesa
5. De que tratan as súas novelas?
Son novelas románticas
Son novelas de crimen e misterio
Son novelas fantásticas
10. A que idade morreu Agatha Christie?
Aos 90 anos
Aos 85 anos
Aos 70 anos
SOLUCIÓNS: 1-a, 2-b, 3-c, 4-a, 5-b, 6-c, 7-b, 8-c, 9-a, 10-b
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 7
Resolve o seguinte caso....
O Gabinete de Didáctica do Xardín Botánico da Universitat de Valencia presentou
unha actividade interactiva chamada Misterio no Botánico. Convértete nun personaxe
das obras de Agatha Christie e resolve o misterio.
Para esto, deberedes acceder a Internet no seguinte enlace e seguir as instruccións:
http://jardibotanic.org/misteri/misterio.php
Todo comeza cando un home que paseaba co seu can atopa un cadáver nun
descampado cerca da súa casa. Todas as pistas que atopou a policía atopan apuntan a
que o escenario do crime foi o Xardín Botánico de Valencia. Con este plantexamento
comeza a actividade, que consiste en descubrir quen é a personaxe que cometeu o
asasinato, resolvendo as pistas distribuídas polo Xardín a través duns paneis
interactivos.
Unha vez resolto o misterio, os nenos participantes recibirán un diploma que os
acreditará como detectives.
Moitas grazas pola vosa participación
O EQUIPO DA BIBLIOTECA
M U L L E R E S D A L I T E R A T U R A P Á X I N A 1 8