Transforme seus PDFs em revista digital e aumente sua receita!
Otimize suas revistas digitais para SEO, use backlinks fortes e conteúdo multimídia para aumentar sua visibilidade e receita.
FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

3

FoliAGRA 2017

Veciña/o:

A FoliAGRA está aquí de novo e con ela unha mostra da nosa

cultura: a nosa música. Desa cultura da que temos que nos sentir

orgullosos, que recibimos dos que nos precederon e debemos

transmitir ás novas xeracións. Unha cultura, a nosa, que

quere e debe convivir en pé de igualdade coas outras culturas

do Estado e do Mundo, desde o respecto e a solidariedade que

debemos ter entre os pobos.

A FoliAGRA, en canto evento lúdico, supón tamén a posibilidade

de participar, de convivir, de encontrármonos na rúa

e partillar sobre o barrio e sobre os centos de situacións que

están a afectar a nosa vida diaria. Posibilita que nos sintamos

cidadáns e veciñas/os que exercemos como tales cando escoitamos

un concerto na rúa ou cando botamos unhas cantareas

con calquera dos grupos dos Cantos das Tabernas.

En resumo, a FoliAGRA quere ser ese momento de encontro

entre veciñas e veciños tan necesario nesta realidade social

que padecemos, que o que pretende é aillármonos e facer de

todos nós un colectivo de idiotas adictos á “caixa tonta” (TV).

Somos un barrio de veciñas e veciños libres e solidarios, conscientes

do que somos e, xa que logo, sabedores dos dereitos que

nos asisten. É por isto, que non deixaremos de esixir:

PARQUE DA AGRA, XA!

Feliz FoliAGRA a tod@s.

Ricardo Seixo Fernández.

en representación da Xunta Directiva
Entrevista

DAVID SEIJO

Que opinión tés a respecto da violencia de

xénero?

Parto da base que ningunha persoa ten dereito

a exercer a violencia sobre outra. Horrorízame

escoitar como aumenta o número de casos de

violencia de xénero. Hai moita xente que se cre

co dereito de decidir sobre as vidas doutras persoas.

Como home que son, sinto una profunda

tristeza.

Como cres que habería que enfrontar este

problema?

Necesitamos un cambio educativo profundo. Nos colexios, nas casas, de pais a

fillos, nas propias amizades... Non pode ser un tema ao que acostumarse e mirar

para outro lado, como si a morte dun ser humano fose algo habitual. Necesitamos

dende a parte política, dende a sociedade que as vítimas se sintan arroupadas

para denunciar, para expresar as súas emocións. Os maltratadores teñen que ser

perseguidos con dureza.

Por que pensas que seguimos a padecer este drama?

Teño a sensación de que non está facendo o suficiente, dende a revisión da propia

Constitución, dende un cambio drástico e exhaustivo das propias leis. Os xuíces

e as propias institucións teñen que ser duros e concisos nun tema tan dramático

como o que estamos a vivir. A propia crise do pais non pode ser una escusa para

acabar coa vida da xente.

Se ti tiveras poder para lexislar que leis farías para intentar acabar coa violencia

de xénero?

Creo que falta diálogo, comunicación coas vítimas, coas asociacións que levan

anos y anos loitando porque cambien as cousas. Hai que sentarse a falar con xuíces,

mestres, psicólogos, terapeutas e coller o problema dende dentro. Os políticos

non deberían utilizar este tema como discurso electoral, e sí sentarse a dialogar

coas propias vítimas para tomar medidas drásticas.

Expresa o que queiras a respecto dos feminicidios.

A razón de xénero nunca debe ser unha escusa para torturar, odiar e degradar a

muller. A propia frustración dos homes e a súa vantaxe física demostra que somos

o animal máis vulnerable. Teño a sensación de odiar a miña propia especie

por matar as nosas nais, avoas, fillas... a muller que nos deu a vida.

“Ti es o milagre da terra

e a terra é un milagre teu,

mistura de mel e cerna

de fera e de anxo do ceo”

Do poema “Muller”, de Marica Campo.
FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

5
FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

O DEPORTE E A VIOLENCIA

SOBRE AS MULLERES

9

Imaxe: Camisetas das futbolistas da selección sueca nos xogos olímpicos en Río de Janeiro, da

campaña #InYourName (#No teu nome) da Asociación de Fútbol de Suecia para inspirar e motivar

“a outras mulleres a defenderse unha a outras e a si mesmas”. A capitana, Lotta Schelin,

declarou: “A través de #InYourName queremos alentar ás mulleres a crer que poden facer o

que queiran e que tamén poden facelo mediante o traballo en equipo”.

O machismo maniféstase no deporte

de diferentes formas, sendo a violencia

unha delas. Os grandes espectáculos

deportivos son un exemplo: increméntase

a violencia física directa sobre as

mulleres e o tráfico de mulleres para

prostituírse con motivo destes eventos.

A violencia máis visible salta aos terreos

de fútbol en forma de cánticos de

apoio a xogadores con causas xudiciais

por violencia machista ou do uso do

corpo das mulleres como un obxecto en

eventos e xornais deportivos. É importante

entender que tanto as formas directas

como sutís de violencia inciden

nas deportistas, perpetuando que o deporte

sexa un espazo androcéntrico e

que as mulleres teñan que abandonalo

ao chegaren á adolescencia pola falta

de apoios. Dentro das formas de violencia

sutil, está o emprego de frases

para animar aos rapaces degradando

ás rapazas, darlles os peores horarios

ou materiais aos equipos femininos

fronte aos masculinos, a presión sobre

as rapazas para que os uniformes marquen

a silueta e a invisivilización nos

medios de comunicación, entre outras.

Polo momento, estas situacións non teñen

legalmente un marco normativo

claro e eficaz que as evite, polo que todas

e todos debemos implicarnos para

que desaparezan.

Cristina López Villar, doutora en Ciencias

da Actividade Física e o Deporte,

profesora da Universidade da Coruña.
FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

13

A NOITE

DO CAZADOR

En 1955 despois de moitos avatares e vicisitudes

Charles Laughton, actor inglés carismático,

gran profesional sobre as táboas e diante

dos lentes das cámaras, consegue estrear

o que tempo despois pasará a se converter

nunha auténtica e absoluta xoia do cinema,

‘A noite do cazador’.

Isabel Risco

Na súa estrea o filme non só pasou

desapercibido, se non que os poucos

ollos que o rexistraron valorarono

negativamente, mais co tempo a descoberta

foi outra, resultou ser un documento

excepcional non só dunha

sociedade violenta en si mesma pola

depresiva situación económica, xa

que se desenvolve na época na que

os Estados Unidos vivian nunha profunda

crise económica que derivou

nunha crise de valores e que foi pasto

dos fundamentalismos relixiosos

que xurdian ao redor dun cristianismo

exacerbado, tratábase dun

abatemento colectivo, que xeneraba

unha violencia estrutural que se

cebaba cos colectivos máis febles,

dentro dos cales estaban incluidas

as mulleres e as crianzas. Malia que

semella que a situación non mudou

tanto e que a nosa sociedade aínda

se asemella á daquela altura.

A pretendida denuncia que Charles

Laughton quería reflectir nesta

cinta foi un dos motivos da falta de

apoio e das dificultades coas que se

tivo que enfrontar para sacar adiante

o seu proxecto, mesmo tamén a

súa posterior invisibilización. Baseándose

nunha historia e personaxe

reais constrúe a un vilán, un

ogro, un ser depravado que exerce

violencia sistemática contra as

crianzas e as mulleres coas que entra

en contacto, mesmo chegando ao

asasinato. A fonte de inspiración, o

documento real que traslada a gran

ecra o actor inglés no seu único filme

como director, é un granxeiro

de orixe holandesa que baixo a estratexia

da sedución e blandindo

como ferramenta a palabra de Deus,

aproveitábase de mulleres ás que finalmente

asesinaba xunto coas súas

crianzas, un auténtico e terrórífico

asasino en serie, un terrorita sen

escrúpulos. E este mesmo esquema

é o que desenvolve o personaxe interpretado

por Robert Mitchum, o

reverendo Harry Powell un despiadado

maltratador e asasino, ao que

só lle move a cobiza e falta total e

absoluta de respecto e amor. Precisamente

amor é unha das palabras

que leva tatuadas nos nós dos dedos,
neste caso da man dereita xa que o

oco dos nós da esquerda entran en

confronto cos da outra coa palabra

oposta, odio.

Love vs hate, maniqueismo, pensamento

bipolar, carencia de empatia,

comportamento violento sen límite,

baixo a excusa dun falso amor exercita

unha violencia extrema onde

o resultado último é arrebatarlle o

ben máis prezado a quen considera

inferior e de quen se quere aproveitar

violenta e vilmente. Mais esa

violencia é o resultado que exerce

a macro violencia dunha sociedade

apodrecida na que as mulleres e os

colectivos máis febles sen dúbida

sempre levan a peor parte. Unha

sociedade que intentou abortar e

posteriormente invisibilizar un

proxecto coma este. Mudou tanto a

nosa sociedade, dunha beira a outra

do océano, desde aqueles anos cincuenta?

Había unha vez unha nena e un

neno, irmá e irmán, que fuxían

dun padrastro malvado, violento e

sen escrúpulos que lle arrebatara a

vida brutalmente a súa nai. Na súa

fuxida como se dunha Gretel e dun

Hansel se trataran, atravesan a fraga

en plena noite baixo o mouchear

das curuxas e dos mouchos que cando

o fan nin chove nin xea, durmen

nunha palleira, baixo a implacábel

e abafante persecución dese ogro

que as axexa, sentindo mesmo o seu

bafo. Un agocho aparece, a quinta

dunha muller serodia que malia o

seu aspecto anxelical non lle arreda

a presenza inquientante dun monstro

a quen lle move a cobiza, xa que

o seu único desexo e obxectivo é recuperar

a boneca da pequena que

garda no seu interior un feixe de

cartos, única herdanza que a nai

lles deixou as crianzas.

Baixo esta estructura de conto clásico,

Charles Laugton móstranos

unha realidade cruel e violenta, de

maltrato, desigualdades, asesinatos,

malia que tamén nos amosa e deixa

ver que na valentía e na coraxe, na

intelixencia e no respecto hai unha

oportunidade para mudalo todo.

Está este conto tan lonxe da realidade?

E aproveitando a oportunidade

fagamos unha reinterpretación,

mesmo unha nova versión, de moitos

dos contos clásicos, aqueles que

estabelecen estereotipos sexistas e

que permanecen no noso subconsciente

colectivo. Fagamos que neles

aparezan príncipes que cosen, lobos

mansos, princesas aventureiras,

ananiñas mineiras, carapuchiñas

emancipadas, hai millentas posibilidades!

Afiemos as nosas ferramentas de

construción masiva para conquerir

unha sociedade máis xusta e

igualitaria, libre de feminicidio e

de calquera outro tipo de violencia,

comecemos polo noso pais e así os

ferrados de mundo que nos corresponden

contribuiran a que iso sexa

posíbel e estea cada vez máis cerca!
FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

19

PROGRAMA FOLIAGRA 2017

Día 10 de xuño, sábado:

1.-FOLIAGRA DAS TABERNAS, de 12:15 h. a 15:00 h.

En Adega ORDENES, Cafetería VECINO, Cafetería INTERNACIONAL, Adega

O CORTIZO, Cafetería DINQUEDin, Adega A GRADE, Adega CACABE-

LOS, Cafetería CORUÑA, Cafetería A TERRAZA, Cafetería TIRITÍ-TIRITÍ,

Mesón A XANELA, Cafetería SERRAMO. Entre local e local os grupos

farán pasarrúas.

Participantes: Tombalobos, Parabéns, Cantareiros do Naval, Lembranzas

de Bergantiños, Macizas Centrais, Reviravolta, Birloque gaiteiros,

Xirandela, As Maghúas.

2.-MÚSICA INFANTIL, de 17:00 h a 18:00 h.

Praza das Cunchiñas. Paco Nogueiras.

3.-PASARRÚAS, de 19:00 h a 22:00 h.

Todo o barrio. Os Viqueiras e Lembranzas de Bergantiños.

4.-FOLIAGRA ABERTA , a partir das 19:00 h, na Praza das Cunchiñas.

Lembranzas de Bergantiños, Os Viqueiras, Tombalobos, Xirandela, Birloque

Gaiteiros, As Maghúas, Os Gaiteiriños, Cantareir@s.comTIGO,

Coro de Santa Comba de Veigue, Xebre, Grupo Do LaDo Do Sol (Abegondo).

E calquera outro que se achegue e queira agasallarnos coa súa música.

Día 11 de xuño, domingo.

1.-FEIRA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS, de 11:00 h a 20:00 h, na Rúa Barcelona.

Seguindo coa idea de integrar aos máis pequenos o máximo posible na

celebración e tamén na de recuperar xogos e enredos tradicionais, incluímos

esta actividade.

2.-Actuación MUSICAL, de 12:00 h a 14:00 h , na Rúa Barcelona.

3.- MAXIA, HUMOR E PARTICIPACIÓN, de 17:00 h a 18:00 h na Praza das

Cunchiñas.

Ilusionistas Martín Camiña e Fani Triana.

3.-FOLIADA FOLC, de 20:00 h a 23h, na Praza das Cunchiñas.

Carapaus e Os Carunchos.
20 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

María Xosé Silvar, Sés,

cantautora galega.

“Falta unha reacción activa”

ENTREVISTA A MARÍA XOSÉ SILVAR, SÉS, CANTAUTORA GALEGA

Por Noa Seixo Piñeiro.

Coidas que se está a traballar políticamente

pola igualdade entre

homes e mulleres?

Non son unha militante política,

mais sí me considero unha resis-
FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

21

tente traballadora. Creo que estou

a ser honesta e tento por todos os

medios ser consecuente a respecto

do que penso e defendo neste eido,

por iso non se pode desligar a miña

condición de música da miña condición

de fiel crente na igualdade,

por iso e porque non son ningunha

“TODA persoa que fai

cultura se está posicionando

en todo, na

igualdade tamén.”

personaxe, o que defendo enriba

do escenario, deféndoo embaixo e

viceversa.

A actitude de moitas mulleres

aceptando a sociedade patriarcal

que padecemos é un atranco para

avanzar na igualdade?

Por suposto que o é, pero na mesma

medida que a dos homes. Vivimos

nunha sociedade que carece

de moitos “tipos” de igualdade, non

só de xénero, tamén socioeconómica,

racial ou confesional. Pero

todas elas son cousa de tod@s, non

creo que un negro teña máis obriga

ca min de loitar porque sexamos

iguais, igual que non creo que eu

teña máis obriga que un home á

hora de traballar para instaurar a

igualdade de xénero.

Que presenza pensas que deben

ter as diferentes manifestacións

culturais na loita pola igualdade?

Penso que TODA persoa que fai cultura

se está posicionando en todo,

na igualdade tamén. Rogelio López

Cuenca di que “se tende a interpretar

a arte ou o artista político con

referencia ao movemento engagé,

comprometido, pero esas etiquetas

califican máis ao que as pon que

ao etiquetado, que o que está tentando

é quedarse él fóra do mesmo

fondo, cando non hai arte que non

sexa política, desde as películas de

entretemento coma as de Disneyou

as de Rambo.

A arte política non necesariamente

ten que ser crítica co establishment;

ao contrario, a maioría sérveo,

e encantado”. Esta resposta

que él dá nunha entrevista bota por

terra iso de que só hai militantes

contra o estabelecido, que é o único

lóxico e real.

Todas e todos nos posicionamos, o

problema é que a inmensa maioría

se posiciona a favor, perpetuando

roles de xénero que traen consecuencias

nefastas (penso agora, por

exemplo, en que as orquestas coma

a Panorama fan campamentos de

verán para nenas e nenos e asústome).

Pero que ninguén crea que

non se posiciona se está creando

cultura, a produción cultural está

impregnada ao 100% de posicionamentos

a respecto das estruturas

sociais, pero se o que me pregun-
tas é se fan falta máis que estean

en contra do establishment, entón

a miña resposta é total e absolutamente

SI.

Se tiveras poder para lexislar,

que leis farías para intentar acabar

coa violencia de xénero?

Se eu me poidese pedir un ministerio

sería o de educación. As miñas

leis terían todas a ver cunha reforma

educativa integral. Non creo

na punición, senón na prevención.

Creo que un País que hoxe comece

a educar nunha igualdade real e

invendíbel terá dentro de vinte ou

trinta anos unha sociedade igualitaria.

E creo cegamente que non hai

outro modo de logralo.

Expresa o que queiras a respecto

dos feminicidios.

O mesmo que calquera ser humano

que teña a decencia de considerarse

e traballar por ser boa persoa,

sinto medo, rabia, indignación...

non creo que nada diferente que

os demais. O único diferente que

hai entre unhas persoas e outras

é a reacción. Creo que falta unha

reacción activa, falta que esa indignación

da sociedade transcenda na

súa conduta e comece a haber unha

condea social real e tanxíbel ao

maltratador/asasino en potencia. O

enfado só val de algo se mañá, cando

comece un día novo, a rabia se

convirte en forza para loitar porque

non ocorran estas cousas.
Nélida Pisco, condutora

de autobús, vítima de

acoso laboral

Eis un resumo da

experiencia laboral

desta muller que está

a combater pola igualdade,

por si e por todas

as mulleres.

A empresa HEDEGASA, SL (Autobuses

de Calo), unha concesionaria

de transporte da Xunta de Galicia

en varios traxectos escolares e metropolitáns

en Santiago de Compostela,

necesitaba feminizar o cadro

de persoal para cumprir unha das

condicións da Xunta, se quería prorrogar

a concesión do servizo. En

2006, contratou a Nélida Pisco e

outras dúas mulleres que, por diversas

razóns, xa non seguen na

empresa.

Os problemas laborais para Nélida

comezaron cando quedou embarazada.

Tras un aborto, un embarazo

de risco e un parto prematuro,

naceu a súa filla cunha enfermidade

conxénita pola que precisaba

alimentarse co leite materno. Solicitou

reducir a súa xornada nos

termos recollidos pola lei, mais a

empresa negoulle esa posibilidade

e indicoulle que o que debía facer

era abandonar voluntariamente

o seu posto de traballo e regresar

cando tivera a filla criada para volvela

contratar. Nélida reclamou a

conciliación horaria no xulgado

e obtivo unha sentenza favorable

que fixou un horario e funcións de

traballo. A empresa negouse a cumprir

a sentenza e castigou a Neli

sen ocupación efectiva diante da

nave da empresa. Ela non se rendía

e a empresa despediuna. De novo,

foi a xuízo: o Tribunal Supremo

“Os problemas laborais

para Nélida comezaron

cando quedou embarazada”

declarou nulo o despedimento e a

empresa tivo que readmitila, mais

reincorporouna nunha ruta que

non lle permite contacto cos seus

compañeiros, obrigándoa a recoller

o bus nunha parada na que ten que
deixar o seu vehículo particular e

deixándoa outra vez alí ao final da

xornada; no medio tiña tres horas

na estación de autobuses sen traballo

efectivo, sen que a empresa teña

“a Inspección de Traballo

redactou acta de

infracción laboral moi

grave contra Hedegasa

SL”

ningún espazo habilitado onde

estar; non lle entregan uniformes

desde 2009, non a atenden ao teléfono

(mesmo en caso de avaría ou incidencia

durante a condución), non

lle entregan nóminas e ano tras ano

ten que solicitar as súas vacacións

no xulgado porque a empresa non

llas fixa; foi agredida en 2010…

todo coa intención de que abandone

o seu posto de traballo e renuncie

así aos seus dereitos.

Por todos estes motivos, a Inspección

de Traballo en 2012 redactou

acta de infracción laboral moi grave

contra Hedegasa SL por “psicoterrorismo,

mobbing, hostigamento

e acoso laboral”. A empresa ten

que indemnizala de novo, mais,

segundo indica a Confederación Intersindical

Galega (CIG), durante o

proceso a empresa tenta falar con

ela para que abandone, ofrécenlle

cartos. Catro anos despois segue
igual: en 2016 o xulgado do social

de Santiago de Compostela condenou

a empresa por vulneración de

dereitos fundamentais polo que a

empresa debe indemnizala.

Malia que Nélida non tivo sancións

nin multas, e conserva todos os seus

“...cando menos,

cómprenos rexeitar

e denunciar a

conivencia das

institucións

públicas...”

puntos, a Dirección Xeral de Tráfico

(DXT) en decembro de 2016 suspendeu

as licenzas de Nélida, tras recibir

unha solicitude de Autobuses de

Calo, que advertía que a empregada

era un perigo na estrada por tomar

medicación. Os informes médicos

do SERGAS e do INSS demostrarán

a falsidade do aviso de Hedegasa,

mais que a DXT non o comprobara,

permitiu que, aos poucos días,

a empresa lle comunicara o despedimento.

Nélida perdeu o seu soldo

e non ten dereito a prestación por

desemprego…

Amais do apoio sindical e familiar,

Nélida resiste animada polo futuro

das súas fillas. “Por elas é todo isto.

Elas son mulleres, e quero que vivan

nun mundo mellor e que non

teñan que pasar por cousas como

esta”.

Non todas as persoas temos a resistencia

e a afouteza de Nélida na

loita pola súa dignidade e pola do

resto de traballadores e traballadoras

que sofren explotación e acoso

laboral, mais, cando menos, cómprenos

rexeitar e denunciar a conivencia

das institucións públicas

(neste caso, Xunta de Galicia e DXT)

que amparan e nutren con cartos

públicos empresas que vulneran

sistematicamente os dereitos e a

dignidade das traballadoras.
Entrevista a unha vítima

de violencia de xénero

Como todos os avances feministas,

foi unha dura conquista que a violencia

de xénero fose obxecto de lei,

mais cómpre vontade política para o

seu axeitado desenvolvemento. Debe

aplicarse a perspectiva de xénero en

todos os ámbitos (educación, sanidade,

traballo etc.), porén, dende que se

aprobou a LO 1/2004, pouco se avanzou...

Segundo un último informe

desta Lei de Prevención e Tratamento

da Violencia de Xénero:

O 40% das solicitudes de ordes de

protección -1.564 en 2015- foron desestimadas.

Das denominadas pulseiras de afastamento

só foron autorizadas en 22

casos de 930 ordes de protección,

apenas 2,4%.

O actual sistema de valoración de

riscos, un programa informático

(VIOGén) rexeita o 40% das solicitudes

de orde de protección.

...e aínda con ordes de afastamento,

asesinan mulleres.

Evidénciase que hai moita máis declaración

mediática oca (minutos de

silencio institucional) que coherencia

e impulso real; nin sequera nas

institucións públicas hai formación

específica nin protocolos (tanto procedimentais

como de contención

emocional, para protexer a saúde do

persoal) para garantir a eficiencia

dos escasos recursos dispostos por

unha política de recortes orzamentarios

antisociais.

Para mostra disto, reproducimos

parte dunha conversa que mantivemos

cunha vítima de violencia de xénero

que coñecimos como estudante

universitaria, ao respecto de dúas

das grandes eivas institucionais

contra a violencia de xénero:
- A falta de acompañamento médico,

psicolóxico e xurídico: se a vítima

fose acompañada por unha

persoa que a asesorase e representase

en todo o proceso legal,

evitaríase a revitimización (ter

que declarar e “revivir” en cada

instancia). No teu caso, que axudas

e que atrancos atopaches?

As axudas que tiven foron dende o

Centro de Información ás Mulleres

(CIM) da localidade na que vivo,

que me asesorou xurídicamente

(pero ese avogado non te acompaña

a poñer a denuncia nin te representa

no proceso, iso faino outro avogado

que habitualmente é de oficio

e pasa olímpicamente do caso). No
meu caso o

avogado pasaba

de todo,

co que tiña

eu que estar

sempre pendente

de que

fixese o que

tiña que facer,

xa que

grazas á avogada

do CIM,

estaba máis

ou menos informada

dos

pasos que correspondían

en cada momento.

En canto a

asistencia

psicolóxica

tamén ma prestaron alí, ademáis

por ser vítima tiven acceso a dez sesións

adicionais que son dadas por

un psicólogo externo, a través dun

programa da Xunta para vítimas.

A todos os profesionais que me axudaron

ou me trataron con relación a

este problema tiven que contarlles

todo, xa que como ben se comenta

na pregunta a vítima ten que revivir

unha é outra vez o que viviu na

súa relación, que fai que nunca termine

de pasar páxina e comenzar a

vivir a vida que lle correspondería

de non ter este “bache”.

En canto o momento da denuncia,

tiven que contar a miña historia

primeiro ao meu avogado, logo ao

policía que me recolleu a denuncia,

logo ao xuíz, e máis tarde a outro

xuíz distinto do primeiro que xulgou

o caso.

No meu caso houbo un problema

engadido: o xulgado tardou máis de

oito meses en comunicarlle ao meu

agresor a orde de afastamento, co

que tamén me tiven que enfrontar

e loitar para que a dita orde empezase

a ter efecto, co correspondente

estrés para min.

En definitiva, que todo o proceso é

moi longo e cheo de pedras ou pedriñas,

que a vítima ten que sortear

para poder volver a ter a liberdade

que nunca debeu perder.
36 FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

O Colexio Oficial de

Administradores de Fincas de

Galicia puxo en marcha unha

campaña de prevención

da violencia de xénero

en colaboración coa Asociación Española de

Auditores Socio Laborais e a Xunta de Galicia

Falamos con Teresa Suárez Agrasar, Xestora Administrativa – Administradora

de Predios, Directora de Gestión Coruña

En que consiste esta campaña?

Partindo de que as comunidades de

propietarios son o núcleo de convivencia

entre os veciños, con esta

campaña pretendemos abrir unha

canle de comunicación onde as vítimas

de violencia de xénero se sentan

protexidas e amparadas.

Un dos problemas máis grandes

que temos na sociedade é que a

xente non se implica cos seus veciños;

é dicir, as relacións de veciños

que se establecen agora na sociedade

son completamente distintas ás

que se establecían hai anos, en que

as relacións eran moito máis estreitas,

agora cada un encérrase na súa
FESTAS DA AGRA DO ORZaN ´ 2017

37

casa e o que vive á beira non quere

saber nada do que lle pase á súa

veciña. Esta é unha realidade que

nós detectamos moito desde o noso

traballo como administradores de

predios, quérese que se solucione o

dun, pero o do veciño que o solucione

el como poida. Ante isto atopámonos

que tal como está estruturada

a lexislación, cando alguén fai

unha denuncia, non pode ser anónimo,

ten que constar quen a fai

e isto provoca medo a represalias,

entón pensamos que era unha boa

opción establecer uns protocolos

de actuación, para que alguén que

sexa testemuña directa ou indirectamente

de que se está a producir

unha situación de violencia de xénero

poida saber onde acudir, sen

que isto o involucre persoalmente.

Preparamos unha campaña a nivel

de Galicia que conta nun primeiro

momento con 30.000 trípticos e carteis

que nós, a través da nosa actividade

profesional, imos facer chegar

ás comunidades de propietarios/as

co interese de abrir esa canle de

comunicación para denunciar as situacións

de violencia de xénero.

Neste momento Galicia é pioneira

nesta campaña a nivel español. En

conxunto coa Secretaría Xeral da

Igualdade da Xunta de Galicia puxemos

en marcha a campaña e xa

nos consta o interese que suscitou

noutras comunidades autónomas; é

moi probable que esta proposta se

leve nivel estatal.

Como se vai a canalizar isto? Poden

acudir a nós, para que o veciño que

sexa testemuña saiba onde acudir e

se a propia vítima acode poidamos

tamén indicarlle os pasos para seguir.
Eu sei que vés da noite

e que a luz aínda é pra ti

un pasmo novo.

Manuel María

Advento (1954).