RETRINCOS DE MEDO
Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.
Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas
con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro
de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación
Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.
Transforme seus PDFs em revista digital e aumente sua receita!
Otimize suas revistas digitais para SEO, use backlinks fortes e conteúdo multimídia para aumentar sua visibilidade e receita.
R E T R I N

C O S D E

M E D O

6 º E D U C A C I Ó N P R I M A R I A - L U I S V I V E S 2 0 1 7

"O MEDO PODE ESTAR ONDE MENOS O

AGARDAS..."

A S T R O S L U I S V I V E S
Retrincos de medo.

ÍNDICE

"O faro tebroso" por Samuel Murga (páx.3)

"O lobishome" por Uxía Malde (páx. 4)

"A casa do misterio" por Abián Perdomo (páx.4)

"O orfanato" por Enrique Freire (páx. 5)

"A mansión" por Miguel Martínez (páx. 6)

"A rapaza degolada" por Edu Pereira (páx. 7)

"Unha viaxe moi terrorífica" por Brais Ois

(páx.7)

"Xa o saberás" por Lucas Vázquez (páx. 8)

"A persoa misteriosa" por Israel Calvo (páx.8)

"Unha noite que nunca esquecerei" por Xurxo

Sarmiento (páx. 9)

"Un bosque con sorpresa" por Uxía González

(páx. 10)

"A estatua de mármore" polo titor Pablo López

(páx. 11)

Retrincos de medo é unha recopilación de historias fantásticas

con temática terrorífica, feitas durante o Samaín do Novembro

de 2017, por parte do alumnado e o titor de 6º de Educación

Primaria do Colexio Luis Vives de Pontedeume.
O faro tebroso

Samuel Murga

Sempre me acordarei daquel día.

Era o 3-11-2014 fai aproximadamente 3 anos.

Quedaramos para xogar nun pobo que xa non me lembro do seu nome. Invitei a tres

amigos meus da infancia, para que non me aburrira só.

Aquel pobo estaba rodeado do mar e tiña unhas vistas moi bonitas.

Só pasaba unha cousa,o pobo tiña unha sobrecolledora historia.

Nun faro que estaba na zona máis terrorífica do pobo pasaban cousas estrañas.

Tal e como di a lenda, un ser misterioso saía dunha cova debaixo do faro.

Un día estabamos xogando no bosque e…de súpeto un oso apareceu nun intre e

comezou a correr cara nós.

Só tiñamos unha opción, meternos no faro.

Pechamos a porta e como o oso non se ía, tivemos que facer noite alí.

Coma un dos meus amigos tíñalle medo á escuridade subimos arriba, porque o faro

como todos os faros , tiña unha luz na copa, pero se mal non recordo... ás 12 da

madrugada escoitouse un son que nos espertou a todos.

Pouco despois alguén abriu a porta e subiu polas escaleiras.

Tiñamos moitísimo medo e… alí estaba!

O monstro levouse a un dos meus amigos e o resto escapamos.

Sorte que o oso xa non estaba.

Contámosllo todo á miña nai e nos marchamos daquel lugar para sempre.

Nunca volvemos a saber nada do meu amigo.
O lobishome

Uxía Malde

Un día pola mañá o mestre Xoán ergueuse

todo empapado en suor, todo rabuñado,

coas mans cheas de sangue e a roupa feita xiróns.

Sentíase moi aturdido, non sabia onde se

atopaba nin o que acontecera. Ao erguer a

cabeza decatouse que estaba no medio do

bosque. Seguiu un rastro de sangue e

plumas que o levou ata unha granxa…

Ao mirar ao seu redor, moreas de galiñas

xacían mortas por todas partes.

Un arrepío percorreulle o pescozo ao ver

de lonxe o corpo sen vida do granxeiro, deitado no chan, enriba dun charco de

sangue.

A lenda do lobishome era certa e o mestre Xoán era un deles .

A casa do misterio

Abián Perdomo

Érase una vez un home moi maior que vivía nunha casa de madeira. Moitas veces

os nenos ían xogar ao lado da casa, pero cando se lles caía un xoguete e ían collelo,

a casa comíase aos nenos.

Conta a lenda que a casa estaba posuída pola muller defunta do home maior. Un

día, un grupo de dous nenos saltaron á fiestra e metéronse na casa pola noite. Eles

non crían na lenda e despois de estar rexistrando na casa atoparon unha carta que

dicía:

“Hoxe a fame matou á miña muller e estou triste. Despois de tres días escoitei a voz da

miña muller. Díxome que estaba dentro da casa e que sendo unha pantasma tiña que

comer nenos para saciar a súa fame”

Os nenos asustados intentaron irse pero antes de saír unha man de madeira colleu

aos nenos que xa case estaban na entrada e unha enorme boca intentou comelos

pero de súpeto, un deles sacou unha caixa de mistos, acendeu un e a tirouno na

boca da casa. Todo o edificio incendiouse e puideron saír salvos da casa do

misterio.
O orfanato

Enrique Freire

Fai moito tempo no monte de Breamo había un

orfanato cheo de nenos. Pero eu evitaba pasar

por alí porque conta a lenda que houbo unhas

mortes terribles e os nenos vagan pola noite

polos corredoiros . De feito contan que houbo

unha nena que se caeu polo pozo do orfanato e

sempre que alguén vai non volve . Entón un día

quedei cos meus colegas para ir ao vello

orfanato. De camiño atopamos a un vello con

ollos cegos, mans brancas e traumatizado.

Seguro que algo malo lle debeu pasar. Seguro

que viña do orfanato.

Unha vez no patio do orfanato vimos o pozo,

entón Lucas acercouse ao pozo e de socato,

unha nena con traxe de forza e pelos revoltos tirou a Lucas polo pozo abaixo.

Saímos correndo e entramos no orfanato. Só quedamos Samuel, Miguel eu. De

golpe, unha nena chorando apareceu no corredoiro. Miguel acercouse a ela, pero

resultou ser unha boneca de trapo sucia e vella que o arrastrou ata unha sala escura.

Nós aparecemos nunha sala de música que de repente se pechou toda e apareceu un

boneco encadeado que apagou as luces.

O boneco intentou matar a Samuel pero pisou unha táboa vella e caemos no monte.

Por pouco morremos.
A mansión

Miguel Martínez

Era un día normal de samaín pedindo lambonadas e caramelos nas casas, ata que

atopei unha mansión coa verxa aberta. Achegueime e decidín pasar a ollar no xardín.

De súpeto a verxa pechouse de golpe. Eu tiña moito medo...

De repente o chan comezou a tremer coma se dun terremoto se tratase e caín por un

burato. Mirei ao meu redor e só estaba a mansión. Avancei cara ela e coma un

lóstrego apareceu ante min un can de tres cabezas que case me mata do susto. Corrín

a adentrarme na mansión para protexerme do can, pero o que atopei dentro era máis

aterrador: corpos aforcados e descuartizados. Xirei un curruncho e cheguei a unha

cociña que tan só contiña unha neveira. Por curiosidade abrín a cámara frigorífica e

apareceu unha cabeza cunha chave na boca. Botei a correr coa chave polas escaleiras

ata o segundo piso onde vin unha porta con tres pechaduras e unha nota no chan que

poñía tres sitios: o primeiro era a cociña, o segundo o comedor e o terceiro unha

habitación.

Baixei polas escaleiras cara o comedor, onde vin tres pratos. De contado apareceu un

esqueleto que me dixo:

- A ver se atopas a chave.

Fixo un xogo de mans moi rápido, coma se dun trileiro se tratase, pero eu escollín o

medio e acertei. O esqueleto desapareceu e quedei coa chave.

Subín agora á habitación. Nela estaba unha nena chorando nun recuncho e a chave

na cama. Con moito sixilo collín a chave, escapei correndo e pechei a porta antes de

que a nena me atrapase.

Tiña as tres chaves, así que bulín ata a porta das pechaduras. Introducín unha chave,

logo outra, despois a derradeira, xireinas e...

- Riiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiing!!

Tocou o espertador... todo fora un pesadelo.
A rapaza degolada

Eduardo Pereira

O dia 31 de outubro de 2017 un rapaz disfrazouse de zombie . Foi paseando polas

rúas ata que chegou a unha na que estaba un ancián. O ancián contoulle que o seu

veciño matara a unha persoa e o seu fantasma paseaba polas casas . El non cría nada

de aquilo, así que marchou á súa casa, ceou e se foi durmir . Espertouse as 2:39 da

madrugada e viu a unha rapaza degolada cun camisón branco que parecía vermello

da sangue que tiña. Mexouse de medo.

Foi avisar aos seus pais, volveron ao seu cuarto pero a rapaza degolada xa non

estaba.

Ao día seguinte chamaron os seus pais a un cura para que se fora o fantasma , pero

non fixo ningún efecto . O rapaz foi correndo a buscar ao ancián e este lle dixo ao

rapaz que era a súa filla que fora secuestrada e asasinada polos veciños.

O ancián foi durmir a casa do rapaz e puxo o espertador para as 2:39. Espertáronse

e viron á rapaza degolada. Entón, o ancián lle dixo que se fose ao ceo que estaba

molestando a este rapaz . E a rapaza degolada se foi.

3 anos despois volveu outra vez a rapaza degolada e matou ao rapaz e a os seus pais.

Foi a súa vinganza.

Unha viaxe moi terrorífica

Brais Ois

Fai uns meses a miña clase e eu estivemos de viaxe en Tarragona, Lucas un compañeiro

meu que lle encanta organizar plans, propuxo ir de noite ao bosque e pasar a noite alí.

Todos dixemos que si, xa que era dia 31 e seria moi divertido. Cando xa se estaba facendo

de noite fixemos grupos para ir polo bosque, entón Samu (outro bo amigo) e mais eu

decidimos darlles un susto ao resto, agochándonos tras un arbusto. A algún non lle fixo

moita graza, pero era unha broma.

Pouco despois de camiñar por alí preparamos as tendas de campaña nun sitio onde non

había moitas árbores. Abián o mais gracioso da clase propuxo cear uns bocatas que

trouxeramos, mentres ceabamos contabamos historias de medo e entón empezamos a

escoitar uns ruídos de follas movéndose e entón apareceu un señor moi alto cunha

mascara moi terrorífica,todos intentamos fuxir pero non puidemos escapar e dende

entón non se sabe nada daquela clase de sexto.

E vos estaredes preguntando… Se morreron todos, como se sabe esta historia? Pois

porque o asasino era o seu titor que xa estaba farto de traballar naquel colexio e agora

escribe estas liñas. Facemos unha viaxe?
Érase unha vez un matrimonio cun fillo. Un día cando o neno tiña dez anos no colexio

mandáronlle escribir un cómic de medo. Cada noite o neno desaparecía da súa habitación e

os pais o buscaban pero as 3:33 da mañá o neno sempre aparecía morto na súa cama e ás 6:33

da maña aparecía vivo no comedor. Os pais asustábanse cada día máis ca o anterior e así

durante moito tempo. Cando o neno xa tiña 12 anos o neno díxolle aos seus pais: “nunca pero

nunca mires cando morro”. Os pais asustados preguntábanlle a especialistas pero non

atopaban resposta. Nin os máis sabios, nin os máis listos. Ninguén, pero ninguén, tiña

resposta para esa paranormal historia. E así seguía sucedendo día tras día ata unha noite que

o pai quixo saber como morría o seu querido fillo. Mentres subía polas escaleiras da súa casa

o corazón latíalle a mil por hora pensaba que a súa vida e a do seu fillo corría perigo. Cando

entrou na habitación eran as 3:19 da mañá, faltaban varios minutos para que ocorrera a

catástrofe de todas as noites. En plena noite non se vía nada na habitación dese neno. Tiña

que esconderse nalgún lugar desa habitación e decidiu esconderse no armario do seu fillo e o

armario estaba cheo de sangue. Eran as 3:32 da maña e ninguén aparecera na habitación.

Xusto ás 3:33 escoitouse sonar o reloxo e apareceu un home de tres metros co neno vivo e

sacou unha fouce a cravoulla na cabeza. O pai saíu do armario e berrou: - Non! Meu

querido fillo! Era o mellor da miña vida…

Pero os pais non sabían que eles eran os que estaban mortos.

Así que pensade… Quen estará morto, ti ou eu?

Xa o saberás

Lucas Vázquez

Un día do que non me quero acordar estaba na miña casa e chegou unha chamada, pensei que sería a

miña muller que estaba no seu traballo. Pero non. Era unha voz que non escoitara nunca antes e me

dixo: - Reúnete comigo na escola dos teus fillos. Fun alí correndo pero non encontrei a ninguén, non

había luz e chamáronme ao móbil. Era a mesma voz de antes dicíndome que secuestrara a miña

familia e debería de facer unha serie de probas para ver se era merecedor de encontralos con vida. -

Vai ata a antiga fábrica e alí che direi o que tes que facer. Cando cheguei encontrei un casete e o

reproducín nunha radio que había ao lado. A gravación dixo: ``se a túa familia queres salvar un brazo

te deberas cortar. Logo non poderás conducir así que che darei máis tempo antes de que a túa familia

vaia morrer´´. Fun correndo á seguinte proba. Era na miña antiga casa e alí había unha máquina que

me retorcería os dedos un a un. Puxen a man e empezou a retorcelos ata que…Me arrincou un

polgar. Xa podería salvar a miña familia, pero a cambio…Deberia loitar coa persoa misteriosa a

morte.

A persoa misteriosa

Israel Calvo

Fun ata o serradoiro e collín unha pistola que había no chan, de repente apareceu unha persoa con

mascara e lle disparei no peito, uns segundos mas tarde desangrouse e volvín a casa coa miña familia.
Unha noite que

nunca esquecerei

Xurxo Sarmiento

Era un dia calquera pola noite. Nuno, Miguel e eu que me chamo Xurxo, estabamos volvendo

para casa , pero estabamos perdidos pois nos equivocamos de camiño e a única forma de volver

era polo bosque prohibido. Din que o que pasa por ali non volve a ser visto, pero como era a

única forma de volver para as nosas casas metémonos na espesura do bosque. Cando entramos

no tebroso bosque todo estaba moi escuro. Para poder pasar o camiño había un cemiterio.

Cando entramos, a porta pechouse de repente e empezaron a saír zombis. Nós bulimos cara a

saída pero a Nuno colleuno un zombi da perna. Miguel e eu axudamos a Nuno dándolle ao

zombi cun pau. Pechamos a porta da saída e saímos correndo. Entón ao lonxe vimos un barco

fantasma e un fantasma saltou do barco sacou a súa espada fantasma e atacounos. Nós saímos

correndo crendo que o despistaramos e vimos unha casa ao lonxe que parecía abandonada e

decidimos repousar un pouco. Cando entramos na casa todo estaba cheo de trastos, entón

escoitouse un ruído e uns pasos. A porta do soto da casa empezou a abrirse de par en par e

veuse unha especie de monstro. Subimos rapidamente as escaleiras mentres o monstro nos

perseguía. Non quedaba máis remedio que saír pola fiestra. Ao fondo víase unha especie de

cabaza viva e o seu corpo estaba feito de madeira coa súa cabeza ardendo e montada nun cabalo.

Viña a por nós e nós bulimos a fume de carozo. Nuno berrou: - A saída!

Saltamos a fóra do bosque e ao mirar ao noso redor estabamos moi lonxe das nosas casas.

Tardamos unha hora en volver e ao chegar, miña casa a miña nai preguntoume onde estivera.

Mellor que non o saibas, contesteille.
Un bosque con

sorpresa

Uxía González

Fai uns cantos anos estabamos a miña

clase máis o noso titor pasando algúns

días nun bosque. Estabamos montando as

tendas de campaña porque xa era de noite

e facía bastante frío. Cando acabamos,

fómonos todos a durmir excepto Pablo (o

titor) que se quedou fóra ao lado da

fogueira. Xa nos espertaramos todos pero sucedeu algo terrible…Pablo non

estaba!!! Estabamos moi preocupados pero Uxía M atopou unha nota que dicía o

seguinte: ”Ola nenos, teño unha sorpresa para vós e se a queredes tedes que vir

buscala”. De súpeto dixo Samuel : – Isto chéirame mal... Penso que algún estraño

raptou a Pablo. Entón Miguel mirou cara ao chan e viu un rastro de pedriñas,

recollémolas e empezamos a seguir o rastro. Acabábamos de saír e nos encontramos

un mapa que estaba cheo de árbores cunha cruz, algúns árbores tiñan puntos de

cores, Abián dixo: – Isto poden ser pistas e mirade tamén esta o noso campamento.

Seguimos para diante e Brais ía o último. Brais comezou a berrar e fomos todos

xunta el para tranquilizalo. Cando se tranquilizou dixo que sentiu algo nas costas

que lle tocara. Pero non lle dimos importancia e seguimos para diante. Xa pasara

un bo anaco do de Brais e cada vez que nos adentrabamos máis no bosque o chan ía

cambiando de cor. Volvemos mirar o mapa e estabamos moi preto do punto de cor

violeta. Miramos todos para arriba e nas follas dunha arbore estaba o punto!

Collémolo e caemos todos por un oco que había baixo os nosos pés. Cando tocamos

o chan outra vez había un túnel moi profundo e escuro ,a Lucas non se lle ocorreu

outra idea que ir polo túnel e alá fomos. A medida que máis dentro estabamos do

túnel máis luz había. Cando pasamos todo o túnel ao fondo estaba unha sala escura

e de súpeto se acenderon as luces e vimos a Pablo amarrado a unha cadeira de pés e

mans. Enrique máis eu tratamos un plan para soltar a Pablo de alí, e todos

estiveron de acordo co noso plan. Démonos a volta e… apareceu unha persoa toda

de negro ao lado de Pablo! Mentres Israel, Xurxo e Edu o entretiñan os demais

fomos liberar Pablo. Conseguimos desatalo e corremos todo o que puidemos.

Saímos por unhas escaleiras que apareceran máxicamente, volvemos ao

campamento correndo e xa estaba o autobús esperándonos. Entramos e nos fomos

todos a salvo e alegres de ter rescatado a Pablo.
A estatua de

mármore

Pablo López

Cando pecho os ollos aínda a podo ver. Aquela figura de mármore perseguirame até o resto dos meus

días. Como esquecela? Calquera neno ou nena que a vira sabe do que falo.

Si. Refírome a esa estatua que vin cando tiña dez anos no cemiterio de Pontedeume. Aquela tarde, 1 de

Novembro, acudín a acompañar a meu pai a deixar un ramo de flores á miña defunta avoa. Cando xa nos

dispoñíamos a marchar, iamos deixando atrás nichos e nichos de defuntos, cruces e oracións... pero de

súpeto avistei unha gran figura de mármore dunha esvelta muller. Aqueles ollos de pedra branca

puxéronme os pelos de punta. Aínda hoxe podo velos, ante min, ollándome, como suplicando a miña

axuda ou compaixón. Marchei correndo.

Xa na casa, seguíalle dando voltas á miña visión e non me puiden aguantar. Pregunteille ao meu avó por

aquela tumba tan diferente con aquel busto de mármore. Ao ancián cambioulle a faciana.

- Senta meu neno. Éche unha historia moi triste- Dixo serio o meu avó. – Esa estatua que viches

pertence a unha antiga nadadora da nosa vila, que perdeu a vida en estrañas circunstancias... Non

notaches que só tiña un pendente nunha orella?

De socato, a cara de mármore veume coma un flash á mente. Meu avó tiña razón. Agora que o comentaba

unha orella non tiña pendente.

- Ese foi o motivo da súa morte – continuou co relato- Ela era unha nadadora profesional, con marcas

asombrosas para a época. Moito traballo detrás. Sempre adestrando. Ata que coñeceu a un rapaz do que

quedou totalmente namorada.

El regaloulle dous pendentes de perlas, que lle custaran o traballo de varios meses, como compromiso de

casamento.

Pero unha tarde, cruzando a ponte de ferro, por onde pasa o ferrocarril, a muller dirixíase ao seu

adestramento na praia de Cabanas.

Contan os mariñeiros que a viron dende o peirao, que nun momento dado, ela acicalouse o pelo e un dos

pendentes caeu ao mar. Sen dubidalo nin medio segundo, saltou de cabeza dende a ponte. A entrada á

auga foi perfecta. Os segundos pasaban coma minutos, os minutos coma horas e as horas coma os días.

Nunca saíu á superficie. Nunca máis voltou.

Os mariñeiros que se tiraron a rescatala tiveron que voltar, pois as fortes correntes e os remuíños que se

forman nos piares da ponte impedían tan sequera achegarse onde a muller saltara. Unha gran mágoa...

Como ves meu neno- seguía contando meu avó- nin unha nadadora profesional coma ela pode coas fortes

correntes do mar, así que nunca te tires desa ponte. Prometido? – Eu asentín.

Os anos foron pasando e un día de verán, o meu mellor amigo máis eu cruzabamos a ponte de ferro

camiño da praia. Lembreime entón daquela historia do meu avó sobre a nadadora e conteilla ao meu

amigo. El riuse e dixo:

- Aínda cres neses contos de vellos? Ha ha ha. Parece mentira! Iso díxocho para asustarte e que non te

tirases da ponte. Que parvada! Eu xa me tirei varias veces e aquí me tes. Mira, voume tirar. Xa verás.

Eu rogueille que non o fixera, pero non me fixo caso. Colleu impulso e saltou. Non quixen mirar, tan só

escoitei o ruído do seu corpo ao entrar na auga. Contaba os segundos: un, dous, tres, ... Non saía, non

saía. Xa era demasiado tempo para tratárense dunha broma.

Non sei como, armeime de valor e saltei a rescatar ao meu amigo. Pareceume que o salto durara

eternamente. Pechei os ollos e sentín como entreba na auga a gran velocidade. Abrín os ollos baixo o mar

e alí distinguín o corpo do meu amigo, braceando, intentando buscar á superficie. Pero había algo máis...

Unha silueta parecía non deixalo subir. E non o fixo. Nunca máis subiu.

Sego pensando que a nadadora que me contou o meu avó estaba alí con nós, pero seguro que ti tampouco

me cres.
RETRINCOS DE MEDO

L U I S V I V E S 6 º E D U C A C I Ó N P R I M A R I A

N O V E M B R O 2 0 1 7