boletin T2

CPRMONTESOL

BOLETÍN DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 17/18

EIXO

Boletín do Colexio Montesol

SEGUNDO TRIMESTRE

CURSO 2017 / 2018

T2

Rúa Salceda de Caselas, 8.

Tel.: 986 208 512. Fax: 986 208 500

COIA - VIGO

cpr.montesol@edu.xunta.es

montesol@montesol.com

www.colexiomontesol.com


EIXO

Boletin do Colexio Montesol

sumario

Parabéns

Celebracións colexiais

Actividades colexiais

Here, we speak English

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria

-3

-4

-6

-12

-17

-19

-24

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol


Parabéns

Á nosa alumna Marta Ferreiroa Otero, finalista dos premios de debuxo

VIGOLANDIA.

Ao noso alumno Rodrigo, gañador do concurso Spelling Bee organizado por

Schoolhouse.

Tamén felicitamos a Lautaro, Jair e Paula que participaron no concurso

Spelling Bee cunha gran de actuación.

As nosas alumnas de Primaria e Secundaria que participaron coa súa

academia de baile na Dance World Cup Spain que se celebrou en Burgos.

Á nosa ex alumna e profesora en prácticas, Eva, que participou co seu clube

nos campionatos nacionais de patinaxe artística.

Ao noso ex alumno Himar que tamén participou nos campionatos nacionais

de patinaxe artística.

Á nosa alumna Julia Alves, de sexto de Primaria, preseleccionada coa

selección galega de Baloncesto.

Aos nosos ex alumnos Samuel e Adrián, que co seu grupo Kings of the Beach

foron invitados ao festival South by South West en Austin, Texas.

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

3


Celebracións

colexiais

CELEBRACIÓN COLEXIAL DE ENTROIDO

Celebramos todos xuntos como é habitual o Entroido.

En Educación Infantil disfrazámonos de Hippies, en 1º e 2º de Primaria

de Piratas.

de 3º a 6º de Primaria fixemos comparsas cos disfraces que escollemos

nós.

En Secundaria os motivos variaron con diferentes clases de animais

(animais da granxa, peixes, insectos e animais da selva).

CELEBRACIÓN COLEXIAL DO DÍA DA PAZ

Na materia de Educación Musical ensaiamos a canción “Color Esperanza”

e unha coreografía que bailamos todos xuntos no patio.

4 EIXO _Boletin do Colexio Montesol


PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

HORTA ESCOLAR

O alumnado de 4º de EP durante todo o trimestre estiveron coidando a horta

escolar quitando malas herbas, regando… e observaron como foron crecendo

os distintos produtos plantados na nosa horta.

METEOESCOLA

O alumnado de quinto de Primaria explicoulles aos seus compañeiros e

compañeiras de 2º de Primaria o funcionamento da nosa Estación Meteorolóxica.

SALVAVIDAS

ACTIVIDADES COLEXIAIS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación desenvolveu actividades de orientación

académico-profesional co alumnado de Secundaria.

En segundo e terceiro de ESO tiveron asesoramento sobre as materias

optativas e itinerarios de cara ao vindeiro curso.

En cuarto de ESO as familias tiveron unha sesión de orientación.

estas actividades complementáronse con charlas e visitas de diferentes

centros: Montecastelo, Castelao e Mendiño que lles facilitaron ao alumnado

toda a información necesaria para axudalos a decidir as opcións ao remate da

ESO.

ÁREA DE CIENCIAS

4º de Educación Infantil

Lectura do libro “La Manzana” (SM).

Os allumnos e alumnas leron e observaron xunto coa súa profesora o libro “A

Mazá”, grazas ao que puideron coñecer que hai dentro dunha froita, como se

transforma a súa semente, como crecen as árbores e os distintos tipos de

bebidas.

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

5


PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

HORTA ESCOLAR

O alumnado de 4º de EP durante todo o trimestre estiveron coidando a horta

escolar quitando malas herbas, regando… e observaron como foron crecendo

os distintos produtos plantados na nosa horta.

METEOESCOLA

O alumnado de quinto de Primaria explicoulles aos seus compañeiros e

compañeiras de 2º de Primaria o funcionamento da nosa Estación Meteorolóxica.

ACTIVIDADES COLEXIAIS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación desenvolveu actividades de orientación

académico-profesional co alumnado de Secundaria.

En segundo e terceiro de ESO tiveron asesoramento sobre as materias

optativas e itinerarios de cara ao vindeiro curso.

En cuarto de ESO as familias tiveron unha sesión de orientación.

estas actividades complementáronse con charlas e visitas de diferentes

centros: Montecastelo, Castelao e Mendiño que lles facilitaron ao alumnado

toda a información necesaria para axudalos a decidir as opcións ao remate da

ESO.

ÁREA DE CIENCIAS

4º de Educación Infantil

Lectura do libro “La Manzana” (SM).

Os allumnos e alumnas leron e observaron xunto coa súa profesora o libro “A

Mazá”, grazas ao que puideron coñecer que hai dentro dunha froita, como se

transforma a súa semente, como crecen as árbores e os distintos tipos de

bebidas.

6

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol


Lectura do libro “A horta de Simón” (Kalandraka) y visita al huerto escolar.

O alumnado de 4º de Infantil leu o libro “A horta de Simón”, X Premio

Internacional Compostela para contos ilustrados 2017. O libro conta a

historia dun coello que enche o seu horto con cenorias, pero os seus

amigos lle suxiren plantar máis tipos de vexetais. Entre todos conseguen

crear un horto que reflicte valores conmo a harmonía, o traballo cooperativo

e o amor pola natureza.

Posteriormente, acudiron ao horto escolar para veren “in situ” algúns dos

vexetais que aparecen na historia e con sorte atopar ao coello Simón.

Búsqueda do tesouro: esto crece na horta, esto non.

Trala lectura de “A horta de Simón”, xogamos á “busca do tesouro”. A

actividade consitiu en atopar verduras e hortalizas dentro dun contedor

cheo de bólas e outros obxectos y otros objetos (coches, dinosauros,

culleres, patacas fritas, etc) que non podemos atopar na horta.

Posteriormente, os clasificaron e foron nomeando de un en un en castelán,

galego e inglés.

7


Canción “A horta de Balbina” de María Fumaça.

O alumnado aprendeu a canción “A horta de Balbina” co apoio audiovisual

do seu vídeo de ( https://www.youtube.com/watch?v=OptIu0jyiIE ). Con

esta canción aprenderon o nome de diversos vexetais e a sua época de

semente, crecemento e colleita.

3º EP

Os alumnos e alumnas de 3º EP trala nosa visita á horta decidimos levar

a cabo na aula un cultivo de diferentes leguminosas tales como: lentellas,

fabas e garavanzos. Co obxectivo de ver como xerminan as sementes e

coidalas diariamente para posteriormente transplantalas a horta do colexio.


HORTA ESCOLAR 3º E P

ELABORACIÓN DE CARTEIS PARA A HORTA ESCOLAR

O pasado mes de xaneiro os alumnos e alumnas de 3 º EP, durante

algunas clases de Ciencias Naturais visitamos a horta escolar que temos

no noso colexio, na que os alumnos e alumnas de 4º EP plantaron e están

a cultivar hortalizas. O obxectivo desta actividade é coñecer de onde

proveñen os alimentos como as hortalizas e legumes e o proceso que hai

que seguir para cultivalas.

Durante un anaco paseamos pola horta observando con atención as

diferentes hortalizas, moitas delas xa con talo e follas, e outras todavía a

espera de xerminar.


Aprendimos cal é o proceso para que toda planta xermine xunto coas súas

necesidades para sobrevivir, fundamentalmente: auga e luz solar, e cales

eran os tipos de hortalizas plantados en cada un dos bancais.

Logo subimos a clase e levamos a cabo unha actividade na que

rememorando as hortalizas vistas na horta, cada grupo de 4 alumnos e

alumnas debía elaborar un cartel co nome dunha hortaliza en galego e en

latín, xa que o noso idioma galego provén dese idioma máis antigo, e por

suposto cada cartel debía ter un debuxo ilustrativo da hortaliza.

Para rematar, ao longo da seguinte semana, cada grupo volveu a horta e

buscou nos bancais a hortaliza representada no seu cartel para sacar

unhas fotos como recordo da visita á horta.

CULTIVO DE SEMENTES: LENTELLAS, FABAS E GARAVANZOS NA

AULA

Os alumnos e alumnas de 3º EP trala nosa visita á horta decidimos levar

a cabo na aula un cultivo de diferentes leguminosas tales como: lentellas,

fabas e garavanzos. Co obxectivo de ver como xerminan as sementes e

coidalas diariamente.

O primeiro que fixemos foi colocar as sementes (cada quen trouxo da casa

catro ou cinco lentellas, fabas ou garabanzos) nun algodón húmido dentro

dun anaco dunha botella plástica. Colocamos as botellas preto da

calefacción e baixo unha ventá, para que coa calor do radiador e máis a

luz solar as sementes xerminasen rápidamente.


Durante a seguinte semana encargámonos de humedecer as sementes

pero procurando non botarlles demasiada auga para non pudrilas.

Ao cabo dunha semanas as nosas sementes xa xerminaran botando un

pequeno talo, máis tarde medráronlles tamén algunhas follas e despois

de varias semanas algunas das sementes xa se converteran en plantas

dunha considerable altura.

Xa que as nosas sementes xerminaron e convertéronse en plantas o

seguinte paso da actividade que temos previsto levar a cabo será

transplantar as nosas plantas a algúns dos bancais da horta escolar. E

así continuaremos coidando delas procurando que continúen crecendo e

dean legumes.

TRANSPLANTE DE LEGUMINOSAS Á HORTA ESCOLAR

Este mes de marzo os alumnos e alumnas de 3º EP decidimos que era o

momento de transplantar as nosas plantas á horta escolar xa que o tempo

parece o axeitado para que as nosas plantas crezan e dean froito.

Primeiramente dirixímonos á horta co obxectivo de preparar os bancais

para despois poder transplantar. Collemos as ferramentas necesarias e

dispuxémonos a limpar de malas herbas os bancais. Unha vez feito isto

e coa terra aireada fixemos un burato e cada quen transplantou a súa

planta. Agora so temos que coidar as nosas plantas diariamente para que

crezan aínda máis e esperar que nos dean fabas, lentellas e garavanzos.


Here,

we speak English!

This is the 4th year that we have a part of the magazine in English. We hope

you like it. We are going to tell you about some of our experiences at our

school, Montesol.

PRE-PRIMARY

During these months we have worked a lot and we learnt many things and

vocabulary about family, our house and also the ornament and furniture.

We usually start our english class with daily routines and everyday “The star

student” spoke with Georgia the giraffe (she always repeats our answers!)

Then we often sing many songs like: “Eency Weency Spider”, “Finger family

song”, “Family song. 7 members”, “5 little monkeys”, “The action song”, “This

is my house”, “The wheels on the bus” and “What is it song”.

We have read nice books like: “Shhhh, we have a plan”, “The rainbow fish”

or “Where are you, Spot?”.

We have played with hoops, flashcards, colours, ornament and furniture

cards, numbers, a magic board, the family gloves, magnetized pieces, we

have used a flyswatter for many games, the 4 corners game… We always

have a very good time!


PRIMARY

1st,2nd PRIMARY

We have dealt with different topics in the units.

In first of primary, we have talked about parts of the body, family and pets.

In second of primary, we have studied the different farm animals, body movements and

parts of the face.

We celebrated Easter making Easter baskets and cards.

We played different Easter games (Game of the Bunny Easter, rabbit sack races,

switching places, Easter egg hunt, bunny´s egg, ..)


3rd 4th 5th 6th PRIMARY.

During the second term we have done a lot of activities in the English class:

In third of primary, we have learnt the pets and their parts and also the parts of the house.

The students made projects about their pets.

In fourth of primary, we have studied the seasons and the weather, the times and the

routines and finally the jobs. The students made projects about their heroes.

In fifth of primary, we were working on free time activities, the places that we can visit in

the different countries of the world and we made dialogues about shopping. The students

made projects about different funny sports.

In sixth of primary, we have studied the gastronomy of different countries, how to give

instructions for going to a place and we have talked about music and the cinema. The

students made projects about the city of Vigo.

For the portfolio the students made projects about important discoveries.


SPELLING BEE CONTEST 2018

On the 16th of March we participated in the Spelling Bee Contest 2018

organized by Schoolhouse. The participants were Lautaro and Rodrigo (5th

Primary) and Paula and Jair (3rd ESO). They were absolutely great, and

Rodrigo was the winner of 5th of primary category. We are very proud of

them!!!


The

end


educación infantil

Saída de todo Infantil ao Museo Meirande onde pudimos coñecer como sucedeu

a Batalla de Rande e como eran os barcos daquela época por dentro con seus

impresionantes cañóns.

bvcbd hbbc d

Polo día do Pai fixemos un marco decorado , un xogo da oca e un colgante para

o coche.

Como actividade do proxecto Meteoescola durante o mes de marzo elaboramos

un calendario do tempo onde cada xornada unha clase rexistrou o tempo do día

para facer un reconto ao final do mes dos días de sol, chuvia e nubes.

17


No entroido nos disfrazamos de hippies, confeccionamos os disfraces na clase

coa axuda dos pais e nais, bailamos a canción “Yo contigo tú conmigo” no patio

do colexio. Tamén seguimos as ordes do Meco todos os días para vir disfrazado

con algo en particular (sombreiros, zapatos distintos, garavatas,..)

Os pais de Pepe viñeron a ensinarnos a figura do cigarrón de Entroido galego,

o noso compañeiro vestiuse co traxe.

O Día da Paz elaboramos un mural co símbolo da paz para a entrada de Infantil

e diferentes manualidades referidas a ese tema. Cantamos coa profe Bea a

canción “Color Esperanza” lucindo uns bonitos corazóns nas camisetas.

Tamén decoramos o pasillo con murais referentes ao inverno ao longo do trimestre.

Como actividades de educación artística a academia Mukina veu para iniciarnos

na pintura explicándonos a diferencia entre as cores primarias e secundarias cun

conto moi divertido.

En 4º de infantil traballamos o noso nome cunha actividade plástica ,e continuamos

co Club das Vitaminas.

Durante este trimestre fixemos varios proxectos en infantil, 4º E.I rematamos o

proxecto da “Auga” e comezamos o do “Millo”, en 5º E.I , “Os cociñeiros” e en 6º

E.I , “Os astronautas” e o Entroido galego.

18

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol


educación primaria

1º ciclo

ENTROIDO

Participamos na festa do entroido disfrazados de PIRATAS bailando no patio ao ritmo

dos Bee Gees.

VISITA AO VIVEIRO “CASAPLANTA” NA RAMALLOSA

Os nen@s de 2ºA e 2ºB fomos observar e aprender moitas cousas sobre as plantas

e ata plantamos un bulbo de anémona.Cando rematamos a visita o bus levounos ata

o parque onde merendamos e xogamos,tiñamos o parque só para nós.Que gozada!

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS DE TEIS

Os nen@s de 1ºA e 1ºB visitaron o parque de bombeiros de Teis. Ali coñeceron as

instalacións e o funcionamento e organización do parque. Durante a visita os nenos

e nenas sentíronse como uns verdadeiros bombeiros: subíronse aos camións, utilizaron

as mangueiras, tiráronse pola cucaña, puxéronse o traxe…….

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

19


SAÍDA A AFUNDACIÓN

Todos os nen@s do ciclo asistimos a unha representación de música e títeres

titulada”Garbancito en la barriga del buey”da compañía “La Gotera de Lazotea”.Foi

moi divertida e disfrutamos con Garbancito e cos demais personaxes dento da barriga

do boi.

DÍA DA PAZ

Os nen@s de primeiro e segundo participaron nesta celebración cantando no patio

a canción ´´Verde esperanza´´.

DÍA DA METEOROLOXÍA

Celebramos, no patio do colexio,xunto cos demais nen@s de EI e EP, este día cantando

a canción “E choverá e choverá”que aprendemos nas clases de música.


2º ciclo

SAÍDA AFUNDACIÓN: “ZAPPING”

O día 15 de xaneiro de 2018 os alumnos de 4º de EP asistiron a unha comedia musical

en inglés. Ademais de facernos reflexionar sobre as eleccións da nosa vida e as súas

consecuencias aprendemos o inglés.

DÍA DA PAZ

O 31 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz e a non violencia. O alumnado

de 4º de EP asistiu a unha xornada de convivencia de todo o centro e cantaron a

canción “Color esperanza” baixo a dirección da especialista en música Beatriz.

Vestíronse con camisola, bolsa, sudadeira verde que levaba pegado un corazón

vermello.

ENTROIDO

O 9 de febreiro o alumnado de 4ºA de EP participou no Entroido do colexio cun festival

elaborado polos alumnos no que fixeron distintas interpretacións facendo como un

mini “Got Talent”; 4ºB interpretou cun baile a canción de “Thriller”.

Ademais na aula degustamos distintos postres do Entroido durante a merenda.

Xa no patio participamos no festival do colexio dirixido polo mestre Sendi. Todos os

pais que quixeron puideron presencialo.

SAÍDA ALCAMPO

O alumnado de 4º A visitou o supermercado Alcampo o 22 de febreiro e 4ºB o 23.

Nesta visita aprendimos a diferencia entre un hiper e un supermercado. Tamén nos

ensinaron as distintas dependencias e os labores de cada un, quen se encargaba de

facer o pan, vender o peixe…; como se etiquetaban os alimentos e o sistema de

reciclaxe que seguen. O mellor foi aprender como nos temos que vestir para manipular

os alimentos. Alcampo agasallounos cunha merenda que a tomamos no patio todos

xuntos.


ANIMACIÓN Á LECTURA

A autora da obra literaria “Rubicundo”, María Canosa, veu ao colexio o luns 12 de

marzo para explicarlles aos alumnos/as de 4º de EP como se lle ocorreu facer esta

obra e de onde xurden as ideas para que se convertan en libros; tamén que parte do

libro fixo ela e o proceso dende que sae do seu caderno ata que se converte en

publicación. Finalmente firmoulles a obra cun selo e un autógrafo a todos os alumnos

que así o quixeron.


3º ciclo

SAÍDA A FUNDACIÓN: “ZAPPING”

O día 15 de xaneiro os alumnos de 4º, 5º e 6º de EP asistimos a unha comedia musical

na que se fixo reflexionar ao alumnado sobre as consecuencias derivadas das eleccións

que facemos na vida. Calquera decisión ten un efecto e os espectadores puideron

aprender a importancia de saber tomar a mellor decisión posible para aprender dos

erros, tanto no ámbito profesional coma no ámbito das relacións persoais coa familia

e os amigos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

O día 8 de febreiro o escritor Gonzalo Moure visitou o centro e falounos dos seus

libros, en concreto “Palabras de Caramelo”. Durante máis dunha hora o escritor

conversou co alumnado das súas experiencias e contestou ás preguntas dos rapaces.

Finalizou o acto coa firma do libro.

SAÍDA AO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA (CSMV)

O día 27 de febreiro os alumnos de 5º e 6º de EP asistimos a un concerto didáctico

do grupo de Música Tradicional do CSMV. Coas diferentes interpretacións fixeron un

breve percorrido pola música tradicional. Empregaron gaitas, panderetas, tamboril,

clarinetes, saxos, tuba e zanfonas. Interpretaron temas como por exemplo “Romance”,

“Xota de Paredes” ou “Muñeira do gaiteiro de Ventosela”.

ANIMACIÓN Á LECTURA

O día 16 de marzo os alumnos de 5º e 6ª de EP fixeron unha actividade de animación

á lectura con Sabela Gago.

Os rapaces de 5º de EP interpretaron unha obra na que as galiñas Petipuá, Poliplasta

e Pulchinela discutían constantemente sobre cal delas era a mellor do galiñeiro. Todos

os alumnos, desde dentro ou fóra do escenario, interviñeron na obra dun xeito moi

activo.

Os rapaces de 6º de EP improvisaron unha obra de teatro feita polos propios nenos.

Participaron activamente na obra e divertíronse interpretando os papeis dos personaxes.

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

23


educación secundaria

1º ESO

Actividade de dinamización en lingua inglesa

Todo o alumnado de Educación Secundaria participou nunha actividade de dinamización

organizada pola editorial Santillana que tivo como elemento dinamizador a música.

Saída ao Monte Aloia

Participan nunha actividade no Centro de Interpretación da Natureza e nunha ruta de

sendeirismo

2º ESO

Os alumnos-alumnas de 2º da ESO xogaron un partido de Rugby.

3º ESO

O alumando de 3º da ESO realizou unha saída ó museo Mar de Vigo para descifrar os

segredos do pergamiño Vindel e achegarse ó mundo do medievo galego. Deste xeito

e a través da lírica e da música coñecemos a figura de Martín Códax.

More magazines by this user
Similar magazines