Views
5 months ago

2004 Grafcet

2004

MEEI 2004T Grafcet. 1. Grafcet 1.1. Introducción e niveis Grafcet. O termo GRAFCET é o acrónimo tanto de Graph Fonctionnel de Commande Etape- Transition (traducido, grafo funcional de control etapa-transición) e de graphe du groupe AFCET (gráfico do grupo AFCET). Xurde en Francia en 1977 como iniciativa de varios fabricante de autómatas (Telemecanique) junto con varios organismos oficiais. Foi homologado en Francia en 1982 e pola Comisión Internacional de Electrotecnia (IEC 60848) en 1988. A norma IEC 60848:2002 define o GRAFCET como unha linguaxe que permite modelar o comportamento da parte secuencial dun sistema automatizado. A súa concepción deriva das redes de Petri e actualmente é unha das mellores ferramentas, pola súa sinxeleza e expresividade, para representar sistemas de fabricación automatizados. Non é unha linguaxe de programación, aínda que algúns fabricantes de gama alta fan o paso directo de GRAFCET a instruccións do autómata, polo que está a convertirse nun potente linguaxe gráfico de programación. Básicamente, o Grafcet é unha representación gráfica clara, precisa, sen omisións nin ambigüidades que nos indica o propósito e o funcionamento do sistema automatizado. Unha vez elaborado, é sinxelo convertilo en código. A norma IEC 61131-3 define 5 linguaxes de programación enfocados aos autómatas programables industriais. Un deles está directamente inspirado na linguaxe GRAFCET e denomínase SFC (diagrama funcional secuencial). A diferencia do Grafcet, a realización dun SFC é un programa gráfico implementable nun autómata programable de gama alta. Páxina 1 de 20

Novedades Trix 2004 - Railwaymania.com
Catalogo 2004.pdf - Partalum
Delloite. Guia Fiscal 2004
ESPEC CORP. ANNUAL REPORT 2004
Arraianos%20n1%208-2004%20Web
Plano Nacional de Políticas para as Mulheres (2004
Voz da Terra, Agosto de 2004 - CNA
RELATÓRIO DE CONVERGÊNCIA 2004
Voz da Terra, Outubro de 2004 - CNA
B. Mensal BCE - Maio 2004
Edição 215 - Fevereiro / 2004 - Free
2004 - Instituto Geográfico Português