Views
8 months ago

2004 Grafcet

MEEI Dependendo do nivel

MEEI Dependendo do nivel de abstracción que se representa, podemos distinguir varios tipos de diagramas Grafcet: • Grafcet nivel 1 Descripción pouco detallada do automatismo que permite entender o seu funcionamento xeral. Empréganse descricións en linguaxe natural para as accións e transicións e non contén referencias á tecnoloxía que se emprega. • Grafcet nivel 2 Emprégase un grao de detalle nas descripcións para que as tecnoloxías empregadas (relés, válvulas neumáticas normais ou biestables, pulsadores, contactores,...) queden representadas. Para este nivel e o anterior emprégase a norma IEC 60848. • Grafcet nivel 3 A descrición de funcionamento correspóndese coa linguaxe de programación SFC, quedando especificado pola norma IEC 61131-3. Realizaremos Grafcet de nivel 2. 1.2. Elementos dun Grafcet. A idea que se plasma é que un sistema dixital secuencia evoluciona por diferentes estados: • Cada estado ven definido polo valor das saídas do sistema. o Calquera cambio nas saídas implicará un cambio de estado, segundo este modelo. • A activación dalguna entrada (ou evento como o fin dunha temporización) se orixina un cambio de estado da lugar a unha transición. Páxina 2 de 20

MEEI Por ese motivo, un Grafcet está formado por unha sucesión de etapas ou estados e transicións conectadsa entre si. Os elementos máis comúns dun GRAFCET son os seguintes: • Etapas ou estados As etapas ou estados están definidos polos valores das saídas. Desígnanse cun cadrado e un número. Sempre deberemos considerar unha etapa inicial, que se marca cun doble cadrado e se numera cun 0. • Accións asociadas Define as accións asociadas a unha etapa (ou o que é equivalente, o estado das sáidas). Podemos atoparnos con múltiples accións asociadas, que se executarán de xeito concurrente cando a etapa estea activa. Dende o punto de vista de comportamento do sistema, atopámonos con varios tipos: o Accións continuas, que son accións asociada a unha etapa e cun comportamento que dura o que dura a etapa o Accións condicionadas, nas que se condiciona a realización dunha acción continua á verificación dunha fórmula booleana. o Accións retardadas (D), que empezan un certo tempo despois da activación da etapa e duran ata que a etapa deixa de estar activa. No exemplo, a luz encéndese medio segundo despois de que se active a etapa 2 e apágase tras verificar a receptividade c. Páxina 3 de 20

Catalogo 2004.pdf - Partalum
Delloite. Guia Fiscal 2004
B. Mensal BCE - Maio 2004
RELATÓRIO DE CONVERGÊNCIA 2004
Voz da Terra, Agosto de 2004 - CNA
Voz da Terra, Outubro de 2004 - CNA
2004 - Instituto Geográfico Português
Edição 215 - Fevereiro / 2004 - Free
Enfrentamento ao Tráfico de Pessoas no Brasil (2004-2011
Relatório Social e Ambiental 2004 - Gerdau
nº 120 - Julho/Agosto 2004 - pucrs
Recristalização da Acetanilida LIC 2004 - cempeqc - Unesp
Folder Metalurgia Poli 2004.p65 - Departamento de Engenharia ...
declaração de alcântara - abril 2004 - Compromisso Portugal
Apresentação do BID SC - Julho de 2004 - Deinfra
Encontros Divinos - Zecharia Sitchin - PDF - 2004
relatório e contas 2004 associação dos parques de exposição ... - AEP
Plano Nacional de Saúde 2004/2010 – Orientações estratégicas