Views
7 months ago

2004 Grafcet

MEEI A diverxencia en O

MEEI A diverxencia en O presenta un problema: a indeterminación que se produce cando as receptividades que a compoñen se verifican simultáneamente. A prioridade nesta converxencia en O deberá resolverse; por exemplo por exclusión lóxida como se fai no seguinte exemplo: C. SIMULTÁNEAS. Nas secuencias simultáneas, varios ciclos poden estar funcionando á vez por activación simultánea de etapas. No seguinte exemplo, cando se cumple a condición 1, as etapas 2,3 e 4 actívanse simultáneamente. Dentro desta estructura podemos diferenciar: • Diverxencia concurrente(Y). Expresa un punto de sincronismo e o inicio simultáneo dun número de estructuras serie. No exemplo anterior, cando a etapa 1 está activa e se verifica a condición 1, actívanse simultáneamente as etapas 2,3,4. Nesta estructura son incorrectos modelos como os seguintes: • Converxencia concurrente (Y). Expresa un punto de sincronismo e finalización de estructuras serie concurrentes. Páxina 8 de 20

MEEI Na figura inferior, para que se active a etapa 1 deberán estar activas as etapas 2 e 3 e cumplirse a receptividade asociada á transición c. Nestas estructuras de diverxencia concurrente deben evitarse Grafcet non seguros ou inconsistentes. Na seguinte figura aparece un Grafcet non seguro. • A transición t6 permite saltar fora da secuencia concurrente, sen finalizar a concurrencia. • A transición t5 permite pasar dunha secuencia concurrente a outra (cando deberían executarse as dúas de xeito independente) cambiando dunha diverxencia Y a unha diverxencia O. Tamén poden deseñarse Grafcet inseguros nos que se definen etapas que nunca se poden activar pola definición das receptividades. • No Grafcet da esquerda a secuencia alternativa que empeza na etapa 4 sincroniza o paso á etapa 6 da outra rama concurrente. Se o sistema evoluciona polo arco3,5 nunca chegará ao reposo. Sen embargo, o Grafcet da dereita é seguro xa que a activación da etapa 4 é concurrente coa etapa 5. Para evitar estes Grafcet inseguros recoméndanse as seguintes reglas de deseño: • Sempre que se empreguen estructuras de diverxencia debe utilizarse a correspondente estructura de converxencia para recoller as secuencias abertas (ben sexan alternativas ou concurrentes). • Sincronizar etapas de secuencias concurrente que sempre vaian ser activadas nalgún instante. Páxina 9 de 20

Boletim - Julho 2004 - CGTEE
Relatório Anual 2004 - Telefonica
B.Mensal BCE - junho 2004
Novedades Trix 2004 - Railwaymania.com
Relatório de sustentabilidade 2004 - Unicer
Ciclo 2004-2014
Treinamento Olímpico 2004
Relatório de Actividades 2004 - FEC