23.04.2018 Views

Revista Diaita

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A cociña mexicana contemporánea é una

mestura entre a gastronomía dos pobos amerindios

e os españois. Conta con elementos básicos

que determinan o sabor, cor e textura típicos. Os

elementos destacables son o millo, picantes coma o

chile, carnes vermellas, frijoles, jitomate, cebola e

o uso de plantas coma o nopal.

En México non fan distinción entre cociña cotiá

e alta cociña, polo que os seus pratos típicos,

Polo ao mole poblano

Ingredientes para 4 persoas: (50mins)

- 4 coxas de polo

- 2 dentes de allo

- 1 cebola

- 6 tomates

- 2 culleres de fariña

- 600 ml de caldo

- 1 culler de sésamo

branco tostado

- 1 culler de canela moída

- 2/3 culler de tomiño

- 100 g de chocolate negro

- 60 g de pasas

- 40 g de améndoas

tostadas

- 2 culleres (30 ml) de aceite

de oliva

- Pementa moída

- Sal

coma o mole, consúmense calquera

día do ano.

Cociñar é unha das actividades máis importantes,

a gastronomía mexicana é recoñecida

por ter unha gran influencia na cociña

do resto do mundo.

PREPARACIÓN

Poñemos as pasas nun recipiente con auga e deixámolas

ata que abranden e escorrémolas. Quitamos as

pebidas e os rabos dos tomates e picámolos en cadrados.

Pelamos e picamos a cebola e allo, cortámolas

améndoas en cachiños. Cortamos finamente o chocolate

e poñémolo nun recipiente para derretilo. Finalmente,

cortamos o polo en anacos pequenos e salpementamos.

Botamos dúas culleres (30ml) de aceite nunha tixola,

engadimos sal e sofritimos o polo ata que colla cor e

pasámolo a un prato.

Na mesma tixola, a medio lume, botamos o allo e a

cebola e engadimos un pouco de sal e sofritimos ata

que estea tenra. Botamos o tomate, sofritimos brevemente

e engadimos dúas culleres de fariña e remexemos ben

ata que se desfaga e non queden grumos. Engadimos

600ml de caldo, unha culler de sésamo branco, unha de

canela moída, 2/3 de culler de tomiño e remexemos.

Botamos o polo que temos no prato na tixola e remexemos.

Tapamos a tixola e deixamos cocer a fogo lento

durante 10 mins. ata que a carne estea ben feita. Engadimos

as pasas, as améndoas, un pouco de sal, pementa,

azucre e remexemos todo. Retiramos do lume.

Usamos una espátula de goma para derreter o chocolate

que despois botaremos na tixola co demais.

Por último, servimos o polo ao chocolate nun prato e

adornámolo con perexil.

19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!