R01_SON DE LETRAS

marvazfer

Revista da Federación de Librarías de Galicia.

As Feiras do Libro entran na

·

final

recta

Os nosos lectores.

·

persoas de diferentes

Tres

contan a súa

idades

lectora

experiencia

· 23ºCongreso de Libreros

· Quen está nas nosas librarías

· Érase unha vez.. a túa libraría

R E V I S T A D I X I T A L F E D E R A C I Ó N L I B R A R I A S D E G A L I C I A

V E R A N 2 0 1 8

Son de Letras

Hoxe nace "Son de Letras":


SON DE LETRAS

C O N T I D O

3

Benvida da Presidenta.

Hoxe nace "Son de Letras".

5

FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA:

As feiras do libro entran na recta final.

6

Os nosos lectores.

Tres lectores contan a súa experiencia.

7

Congreso de Libreros de Sevilla.

23ª edición.

8

Quen está nas nosas librarías

Emilia Pérez Pena e Ismael A. Cortizas Abeleda,

9

Érase unha vez.

A túa libraría. Eva Millán.

DIRECTORA: Nani Regueira Fernández

EDITORA EJECUTIVA: Cristina Durán López

ASISTENTE EDITORIAL: Mar Vázquez Fernández

REALIZACIÓN: Sixty Art

EDITA: Federación de Librarías de Galicia

LUGAR DE EDICIÓN:

Santiago de Compostela (A Coruña)

COLABORADORES: Eva Millán, Ismael

Cortizas Abeleda, Emilia Pérez Pena.

CONSEJO EDITORIAL:

Pilar Rodríguez Álvarez

Xosé Antón Pedreira Mirás

José Manuel García Mosquera

Francisco Negro Fernández

S O N D E L E T R A S | 2


crítico e

interactivo,

propostas.

de

SON DE LETRAS

BENVIDA

HOXE NACE SON DE LETRAS

por Pilar Rodríguez. Presidenta da Federación de Librarías de Galicia

Pretendemos

dotarnos dunha

ferramenta de

contacto directo

para coñecer o

pulso da lectura,

dos libros e das

librarías en Galicia.

enqueridas libreiras e

libreiros, lectoras e lectores.

B

Hoxe nace Son de letras ,

unha iniciativa da Federación

de Librarías de Galicia para

establecer un contacto online

independente, directo e

personalizado, coas librarías

e co seu patrimonio máis

prezado: as lectoras e os

lectores.

Pretendemos dotarnos dunha

ferramenta de contacto directo

para coñecer o pulso da lectura,

dos libros e das librarías en

Galicia.

de Letras é un

Son

de información,

foro

Queremos que sexa un foro de

información, interactivo,

crítico e de propostas, para

termos a posibilidade de facer

mellores librarías, mellores

lectoras e lectores e sobre

todo, dotar á nosa

organización gremial dunha

presenza activa e vinculante

con todas as persoas que

queren que os libros e a

lectura formen parte do seu

equipamento vital.

Agardamos a vosa

colaboración e achegamos o

noso compromiso de traballar

para encher de contidos

prácticos esta nova iniciativa

da Federación de Librarías de

Galicia.

Un libro para cada día

Cada día é único, irrepetible

e especial, pero ás veces

esquecémolo. Para non

perderse nin un segue as

recomendacións que fan os

libreiros e libreiras,

celebrando, case os 365 días

do ano. Descúbreas en

Facebook e Twitter

Xa non tes

escusa para

celebrar

cada día e

que mellor

cunha boa

lectura, iso

non ten

prezo.

Saúde e libros.

S O N D E L E T R A S | 3


SON DE LETRAS

FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA

As Feiras do Libro de Galicia 2018 entran na recta final

Do 16 de Marzo ao

25 de setembro de

2018 celebraronse,

ao longo de todo o

territorio galego, as

Feiras de libro novo

e as Feiras de libro

antigo e de ocasión.

hega ao seu termo o

circuíto de feiras do libro que

C

empezou no mes de marzo en

Verín, baixo o lema “ Ler sen

fronteiras”, como homenaxe á

estremeña, de nacemento,

María Vitoria Moreno.

Teremos que esperar ata o mes

de setembro para coñecer os

libros máis vendidos nos

eventos pero ata a data o libro

máis solicitado foi Las hijas del

capitán, de María Dueñas.

Neste mes de agosto

poderanse visitar as Feiras do

Libro da Coruña, Viveiro, Foz e

Monforte.

total celebráronse

En

Galicia 16 feiras do

en

novo e 6 de libro

libro

. antigo

En todas elas poderanse

adquirir libros cun 10% de

desconto, coñecer as últimas

novidades literarias e charlar

cos seus creadores. Ademais de

gozar de diversas actividades

culturais, participar en charlas –

coloquio e coñecer distintas

formas de fomento da lectura,

deseñadas para todas as

idades.

E non podemos esquecer que

sempre se pode achegar un á

biblioteca para empezar a ler

ese libro que despois quererás

adquirir nas casetas para levar

á casa.

Outras citas indispensables, son

as Feiras de Antigo e de

Ocasión de Vigo, A Coruña e xa

no mes de setembro, a de

Ourense.

Síguenos en

Cada día é único, irrepetible

e especial, pero ás veces

esquecémolo. Para non

perderse nin un segue as

recomendacións que fan os

libreiros e libreiras,

celebrando, case os 365 días

do ano. Descúbreas en

Facebook e Twitter

Xa non tes

escusa para

celebrar

cada día e

que mellor

cunha boa

lectura, iso

non ten

prezo.

S O N D E L E T R A S | 5


SON DE LETRAS

OS NOSOS LECTORES

GUSTAVO, PILI E UXÍA

GUSTAVO,

53 años,

VENEZUELA

Qué che gusta ler?

Libros sobre desenvolvemento

persoal e libros especializados de

informática

Cándo les?

Polas noites

Onde les?

Sobre todo, na cama

Prefires ler en dixital ou en papel?

Prefiro en papel para os libros e

dixital para a información diaria

(noticias, xornais)

Cal é o último libro que liches?

Veinticinco lecciones para ser infeliz,

de Xosé Manuel Domínguez

PILI, 49 anos,

MILLADOIRO

Qué che gusta ler?

Libros de historia e biográficos,

e libros de meditación.

Cándo les?

Pola noite.

Onde les?

Na casa.

Prefires ler en dixital ou en

papel?

En papel.

Cal é o último libro que

liches?

El secreto

UXÍA,

17 anos,

OURENSE

Qué che gusta ler?

Leo de todo, pero prefiro a novela

histórica e as historias dramáticas.

Cándo les?

Leo durante todo o ano, pero sobre

todo no verán porque teño máis

tempo que durante o curso.

Onde les?

En calquera lugar, onde esté

póñome a ler.

Prefires ler en dixital ou en

papel? En papel, non dou lido un

libro a través dunha pantalla.

Cal é o último libro que liches?

A primeira parte de Mujercitas.


cita, que reuniu en Sevilla a trescentos libreiros, editores, distribuidores, escritores, periodistas

A

representantes institucionais, pechouse con un balance optimista no que se destacou o papel

e

palabras de Juancho Pons, presidente de CEGAL o congreso “non só serviu

Segundo

reflexionar sobre as novas tendencias no mundo do libro senón para afianzar

para

XXIII CONGRESO DE LIBREROS

SEVILLA

SON DE LETRAS

das librarías coma espacios dinamizadores da cultura

No bloque adicado a ‘As librarías e os seus

modos de organización’ resaltouse o papel

cada vez máis activo dos libreiros e o seu

compromiso co fomento da lectura. O

libro continúa mantendo a súa cota de

mercado gracias á capacidade das librarías

para adaptarse ás novas circunstancias

convertíndose en espacios dinamizadores

da cultura, capaces de transformar as

cidades.

Igualmente, os libreiros coincidiron en

concluir que “a diversidade de formatos

de librarías contribue a enriquecer a

oferta” e que a competitividade pasa por

unir forzas entre os distintos gremios e as

súas organizacións, tanto no ámbito local

como estatal e internacional.

o 7 ao 10 de marzo do 2018

celebrouse en Sevilla o

D

XXIII

Congreso de Libreiros. Con case

trescentos libreiros, editores,

distribuidores, escritores,

bibliotecarios, periodistas culturais

e representantes institucionais do

ramo, reuníronse de novo tras sete

anos sen celebrarse o encontro.

Concretamente, os participantes

estiveron de acordo na necesidade

de establecer canles de

comunicación efectivos entre

todos os implicados e de reforzar a

colaboración intersectorial, co

obxectivo de axilizar o traballo

diario dos libreiros, mellorar os

resultados e ofrecer aos lectores un

servicio de maior calidade.

Neste senso, nas mesas dedicadas

ao ‘Desenvolvemento tecnolóxico

do Libro’ fíxose fincapé nas

posibilidades e ventaxes de

plataformas coma

Todostuslibros.com e

Loslibrerosrecomiendan.com para

plantar cara aos grandes operadores

e facer frente aos actuais desafíos

dixitais. Así coma de Cegal en Rede

e Libri Red, as ferramentas

tecnolóxicas de xestión de librarías e

de análise de mercado, que

permiten ofrecer de xeito detallado

e actualizado os datos reais de

vendas e os stocks dos títulos vivos

no mercado bibliográfico español,

sen dúbida información estratéxica

para o desenvolvemento e

planificación da labor editorial.

Pola súa parte, no bloque adicado ao

“Fomento da lectura e apoio ás

librarías” púxose de manifesto as accións

continuadas, como o Plan de Fomento da

Lectura e as Letras Españolas aprobado

polo MECD e da coordinación sectorial,

como no caso de FULL Fundaciópel Llibre i

la Lectura. O outro instrumento e

estratexia de apoio ás librarías é o selo

‘Librarías de Calidade’, que contribue a

establecer criterios obxectivos en líneas de

axudas, exenciones fiscais e compra

pública.

Por último, no Congreso de Libreiros

presentouse un manifiesto, de todo o

sector, no que se reclama ás

administracións públicas que nos seus

modelos de axudas para os libros de

texto teñan en conta “o papel

fundamental que desempeñan as librarías

e, polo tanto, contemplen a adquisición

dos libros de texto, por parte das familias

que reciben axudas, a través das librarías

da súa zona”.

os logros conseguidos e aportar ideas e solucións creativas para o futuro”.

S O N D E L E T R A S | 7


Pérez

Emilia

Pena,

Libraría

Dick,

Mobby

Ismael

Cortizas,

Libraría

Cortizas,

QUEN ESTÁ NAS NOSAS LIBRARÍAS

SON DE LETRAS

Ferrol

Coruxo

Ler a colección de libros de Agatha

Christie que os meus pais gardaban

nun estante enriba da miña cama.

O teu primeiro recordo

relacionado co libro:

Mercar o libro de texto de Alvarez

1º grado para ir ao colexio..

Á xente maleducada, que non

respeta o traballo das persoas que

están detrás dun mostrador.

Calquer obxecto que non sexa un

libro.: bastoncillos dos oidos ou

cousas así.

Que cambiarías da túa

profesión:

O máis raro que te pediron

coma libreiro:

O gran individualismo dos

libreiros.

Nalgunha feira do libro preguntar

si tiñamos papel de regalo para

vender, grapas ou incluso

autodefinidos.

A cama, o tren, ...

O mellor lugar para ler:

Na sala onde teño os libros na

casa, nun sofa cómodo.

Empezar outro inmediatamente

despois, teñen que reposar polo

menos un tempo.

Profesor

Que non puideches facer

despois de ler un libro:

Se non foses libreiro serías:

Hai pouco pasoume que lin un libro

de Santiago Posteguillo, e o rematalo

tiven que ler case todos os que tiña

publicados da época romana.

Seguiría sendo contable nunha

empresa na que traballaba.

A música, o deporte.

Depende dos seus intereses. Un libro

que me gustou moito ultimamente foi

Patria, a pesar de que non é o meu

xénero favorito e penso que pode

interesar a calquer non afeccionado.

Ademais, é moi sinxelo de ler.

Unha afición ademáis da

lectura:

Libro que recomendarías a

alguén non aficionado á

lectura:

Moitísimas: pasear, viaxar, fotografía,

argallar cousas, ...

Un dos primeiros libros que lein varias

veces de pequeno "La Isla Misteriosa"

de Julio Verne

S O N D E L E T R A S | 8


SON DE LETRAS

ÉRASE UNHA VEZ...

aia. Pois tiven que ir a Lugo e

preguntar en varias librarías se

V

viran a Dumbo. Precisaba sabelo

para escribir este artigo porque

este elefante de grandes orellas foi

a miña primeira referencia literaria

cando apenas sabia ler. Só miraba

os debuxos, pero abriume as portas

a un mundo máxico onde había

moito de superación, de amizade,

de solidariedade e de aventuras.

Cando souben organizar en

palabras aquel desfile de formigas

e entendelas, Dumbo falábame

dende o conto.

Nunca faltaron nas miñas

estanterías. Moitos todavía os

conservo, ata a miñas posteriores

coleccións de Los Cinco, o El

Principito, cúa lectura xustificaba

un catarro.

Meu padre mercaba os xornais e eu

sumaba algún Tebeo.

Daqueles anos recordo o tacto e o

cheiro dos libros. Entrar nunha

papelería libraría, sonaba a

promesa de futuros viaxes, futuros

e novos amigos con centos de

aventuras e moito aprendizaxe da

vida. Nos 70 e principios dos 80

contamos en Santiago de

Compostela coa Biblioteca Club 33

de Caixa Galicia que se

reconvertería en Nova 33. Era na

Rúa, un espazo máxico para

pequenos e adolescentes. Cheo de

oferta literaria. O plan ideal para

unha mañá de sábado a onde ía co

meu carné de socia. Cor laranxa. E

a sensación era de liberdade. Cos

anos incorporáronse novas vidas a

miña vida. Anna Frank faloume no

seu diario da guerra, Julio Verne da

cantidade de cousas que había no

mundo tan fantásticas,

Mafalda da rebeldía e a

personalidade con ese humor

maxistral, O pequeno Nicolas de

René Goscinny… Chegaron autores

de calquera esquina do

mundo. Xamáis entendín esa

pregunta de …Cál ou qué xénero

che gusta máis? Gústame ler. E hai

novelas de suspense, de viaxes, de

temática variopinta que me

entusiasman, o biografías que non

me perdería por nada do mundo,

ou ensaios dos que se pode extraer

material para aprender centos de

miles de cousas.

Cos libros aprendemos,

divertímonos, educámonos. Por

exemplo, na páxina da Asociación

Educar.com recóllese un artigo

dunha revista especializada que fai

referencia ó traballo dunha

investigadora, Nicole Speer

destacando que as rexións do

cerebro que se activan son similares

ás que se poñen en marcha cando a

xente realiza, imaxina ou observa

actividades similares no mundo

real. Pero ademais apórtanos unha

influencia positiva na memoria, a

reserva cognitiva e a diminución do

estrés.

Pero non habería autores nin libros

sen o traballo dos libreiros e

libreiras e das súas empresas. Cada

día é unha aventura admirable.

Teñen que convencernos de que nun

libro hai un país enteiro. Teñen que

convencernos de que ler é unha

oportunidade de formación, de

convertir unhas horas valeiras

nunhas horas inolvidables, de que

moitas veces nos libros está o noso

futuro. Enchén de letras paseos,

prazas, parques, facendo da cita

unha festa. Saltan vaias

instaladas pola competencia en

distintos soportes, enfréntanse ao

rápido consumo e a desvalorización de

calquera exemplar en pouco tempo…

O que le moito e anda moito, ve moito

e sabe moito, decía Miguel de

Cervantes. Pero claro, na súa época

poucas opcións había para

despistarse. Tampouco os libros

estarían ao alcance de todos nin moito

menos. Ahora temos grandes

oportunidades para enfrentarnos á

lectura. Os centros socioculturais dos

concellos fan un excelente traballo. As

bibliotecas públicas abren as portas a

centos de exemplares e centos de

persoas. As librarías ocúpanse de

manter o interese acercando aos

propios autores ó lector, fomentando

os clubes literarios, asumindo a

organización de distintos eventos que

demostran ata onde poden chegar…

A miña libraría é a suma de todas elas,

do traballo de todos os que están

diante e detrás do mostrador. Dos que

abren cun cutter as caixas da

trastenda para ver e desfrutar das

novidades. A miña libraría é na que

pregunto qué podo regalar, ou mercar

e aconséllanme porque teñen tamén

títulos, autores e estantes nas súas

cabezas. A miña libraría é aquela á

que dentro de 20 anos poderei volver

con Dumbo porque hai cousas que non

cambiarán xamais.

A TÚA LIBRARÍA. Eva Millán. Periodista

S O N D E L E T R A S | 9

More magazines by this user