R02_SON DE LETRAS

marvazfer

· Axenda de Outono

· As nosas lectoras e lectores

· Ler é Divertido

· Había unha vez.. a túa libraría

R E V I S T A D I X I T A L F E D E R A C I Ó N L I B R A R I A S D E G A L I C I A

O U T O N O 2 0 1 8

Son de Letras

· Quen está nas nosas librarías?


SON DE LETRAS

C O N T I D O

3

Axenda de Outono.

4

Un libro cada día.

Con Voz de Domingo.

5

Feiras do Libro de Galicia

6

As nosas lectoras e lectores.

Tres lectores contan a súa experiencia.

7

Ler é divertido. A lectura nas vacacións. Isabel

Candal Zugaza

8

Quen está nas nosas librarías?. Oscar Porral e

Mariña de Toro.

9

Había unha vez... A túa libraría.

Fernando Lacaci Batres

DIRECTORA: Nani Regueira Fernández

EDITORA EXECUTIVA: Cristina Durán López

ASISTENTE EDITORIAL: Mar Vázquez Fernández

REALIZACIÓN: Sixty Art

EDITA: Federación de Librarías de Galicia

LUGAR EDICIÓN: Santiago de Compostela

COLABORADORES: Fernando Lacaci Batres,

Oscar Porral, Mariña de Toro e Isabel Candeira

Zugaza

CONSEJO EDITORIAL:

Pilar Rodríguez Álvarez

José Manuel García Mosquera

Francisco Negro Fernández

ISSN: 2605-4582

S O N D E L E T R A S | 2


SON DE LETRAS

AXENDA DE OUTONO

OUTUBRO

• LIBER´18 – Encontro Internacional en

Barcelona do 3 ao 5 de outubro.

• Día dos Docentes – 4 de outubro

• Día da Biblioteca - 24 de outubro.

• Día da Animación – 28 de outubro

NOVEMBRO

• Xornadas Profesionais das Librarías de

Galicia – Santiago de Compostela o 9 de

novembro.

• Día das Librarías – 16 de novembro.

DECEMBRO

• Día da Edición – 17 de decembro.

• 50ª Aniversario de A Galiña Azul, de Carlos

Casares – 23 de decembro.

• Campaña de fomento da lectura baixo o

lema O que queiras, onde queiras… le.

Coñece as súas actividades en facebook:

http://fb.com/fedlibreiros ou en twitter @fedlibreiros

S O N D E L E T R A S | 3


Saber que o 24 de marzo

celébrase o día Europeo do

Xeado Artesán, é curioso.

Que o 18 de xaneiro é o día

Mundial da Neve, é a

escusa ideal para ir esquiar

ou achegarse a vela. Que

che lembren, que o 14 de

febreiro é o día de San

Valentín, pódeche salvar

dunha situación incómoda.

E que che recomenden o

libro idóneo para ese día, é

ese detalle que o pode

converter nun día perfecto.

O bo, é que este ano

temos 206 días que

poden ser “perfectos”.

Consegue eses días en

facebook:

http://fb.com/fedlibrei

ros

ou en twitter

@fedlibreiros e

axúdanos a que haxa

máis persoas que poidan

telos, incluíndo nas túas

publicacións a etiqueta

#1LibroParaCadaDía

Todos os domingos ás 12:30 en Radio Voz, os

libreiros e libreiras de toda Galicia achégannos ao

mundo do libro.

Os profesionais que están nas librarías facilitan o

acceso a unha variedade temática, tan grande

como a que ofrecen nas súas librarías, co engadido

de que eles son profesionais do mundo do libro e

ao mesmo tempo, amplos coñecedores da

contorna das súas librarías e do que interesa aos

lectores, por iso poden proporcionar un punto de

vista eminentemente práctico e próximo.


SON DE LETRAS

FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA

Do 16 de Marzo ao 25 de

setembro de 2018

celebráronse, ao longo

de todo o territorio

galego, as Feiras de libro

novo e as Feiras de libro

antigo e de ocasión.

omo as árbores, as Feiras

do Libro desaparecen no

outono, para realizar un

proceso interior no inverno que

permita “saír” de novo, na

primavera.

Nos 172 días en que os libros

estiveron nas rúas das

localidades galegas,

“plantáronse” 217 casetas,

correspondendo 169 librerías. O

número estimado de visitantes

superou os 475.000.

Derivados destes eventos

xurdiron” 200 escritores

asinando libros, casi

400 actividades e coa presenza

de máis de 10.000 persoas.

Os libros máis vendidos foron

Las hijas del capitán de María

Dueñas, e en galego,comparten

palmarés,

C

O xardineiro dos ingleses de

Marcos Calveiro e A nena do

abrigo de astracán de María

Solar. Hase de resaltar a

tendencia crecente na venda de

libros de escritores locais e/ou

de temática galega, como son

Laín, o bastardo, do lucense

Francisco Narla, ou Gotas de

rocío, copos de neve da escritora

ferrolana Finy Sesmonde.

Os visitantes máis asiduos ás

Feiras do Libro son mulleres

con idades comprendidas

entre 35 e 65 anos, que visitan

as feiras acompañadas. O noso

agradecemento a todas

elas, así como aos que pasaron

polas nosas casetas e mercaron

un libro, pola súa

colaboración co sector das

librarías, que dá traballo directo

a máis de 1.000 persoas en

Galicia e que está a realizar

unha reinvención, case diaria,

para poder encarar os

Cada cambios día é de único, hábitos irrepetible e soportes

e de especial, lectura, pero na procura ás veces do

esquecémolo. fomento da mesma Para non e a

perderse situación nin social un actual. segue as

recomendacións que fan os

As feiras volverán coa chegada

libreiros e libreiras,

celebrando,

da primavera,

case

volverán

os 365

como

días

do puntos ano. Descúbreas de encontro, en

Facebook como sementes e Twitter de xeración de

novos lectores e escritores,

como espazos culturais, en

definitiva, como focos de

atracción de persoas que

mesmo non sendo lectoras

convértense.

feiras remataron

As

este ano, volverán

por

chegada da

coa

en 2019.

primavera

S O N D E L E T R A S | 5


OS NOSOS LECTORES

TEO, MARIO E SUSI

SON DE LETRAS

TEO,

49 anos,

VIGO

SUSI,

39 anos,

MONFORTE

DE LEMOS

Que che gusta ler?

Gústame ler aos clásicos:

Cervantes, Baudelaire,

Dickens, etc.

Cando les?

Leo cando podo.

Onde les?

Na casa, no tren no camiño

de ida ou volta do traballo.

Prefires ler en dixital ou

en papel?Prefiro ler en

papel, sempre.

Cal é o último libro que

liches?

La educación sentimental de

Flaubert.

MARIO, 10 anos,

OURENSE

Que che gusta ler?

Libros de aventuras

Cando les?

En vacacións, polas noites...

Onde les?

En calquera sitio cómodo.

Prefires ler en dixital ou en

papel?

En papel.

Cal é o último libro que

liches?

A por todas! da colección

Diario de Greg.

Que che gusta ler?

Guíome un pouco polos

libros máis vendidos.

Cando les?

Especialmente polas noites.

Onde les?

Na cama.

Prefires ler en dixital ou

en papel? Artigos e

cuestións relacionadas co

meu traballo en dixital e os

libros en papel.

Cal é o último libro que

liches?

La magia de ser Sofía.


LER É DIVERTIDO

A LECTURA NAS VACACIÓNS

SON DE LETRAS

– A lectura permite a

adquisición de vocabulario,

mellora as competencias

lingüísticas e a ortografía

– O tempo de lectura

individual fomenta a súa

autonomía e

autorregulación, mellorando

a súa autoestima

– Comentar as lecturas con

eles e elas axuda o

desenvolvemento de

competencias comunicativas

e o sentido crítico

– A lectura compartida

permite exercitar habilidades

sociais e de comunicación

hega o verán, as

vacacións escolares, e con

C

elas

moito tempo de lecer para

nenos e nenas. As familias

esforzanse en buscar

actividades, xogos, praia ou

piscina, ir á aldea.... A lectura

pode ser unha actividade lúdica

máis entre toda esta oferta.

Non só é beneficioso para

reforzar e consolidar as

aprendizaxes do curso

finalizado, e desenvolver a

competencia básica de

comprensión lectora,

necesaria para o

aproveitamento escolar do

curso seguinte. A propia

actividade de lectura en si

mesma é moi beneficiosa para

nenas e nenos:

– O acto de escoller o libro, en

función dos seus propios

intereses, fomenta a súa

curiosidade, o desenvolvemento

da súa propia personalidade e

autoconcepto, e a asunción

de responsabilidade

– A través das persoaxes das

historias, desenvolverán a súa

capacidade de empatía, e

asemade as personaxes son

modelos para a adquisición de

habilidades sociais, de xestión e

resolución de problemas, toma

de decisións...

– Ler exercita a capacidade de

concentración e de memoria

Estes son motivos suficientes

para animar ás familias a

fomentar e incentivar os

momentos de

lectura durante todo o

tempo das vacacións... Cun

bó asesoramento por parte

dos profesionais das

librarías e bibliotecas para

axustar a elección de libros e

contos ós intereses de nenas

e nenos, conseguirán que

pequenos e pequenas

atopen un motivo

convincente para a lectura...

LER É DIVERTIDO.

Isabel Candeira Zugaza

Psicóloga

S O N D E L E T R A S | 7


de Toro, Libraría Numax,

Mariña

Santiago

Porral, Libraría Lenda,

Oscar

Bertamiráns

QUEN ESTÁ NAS NOSAS LIBRARÍAS

SON DE LETRAS

Pensar que escribir un libro era

escribirlle por riba con bolígrafo

(e facelo)

Gustaríame que se mellorasen as

condicións laborais do convenio

Que abrise un libro que estaba

retractilado para ulilo.

O cuarto de baño. Un lugar

tranquilo e con intimidade

(normalmente)

O teu primeiro recordo

relacionado co libro:

Que cambiarías da túa

profesión:

O máis raro que che

pediron coma libreiro:

O mellor lugar para ler:

Ir da man da miña nai a mercar

un exemplar de O Principiño á

Librería Galí de Santiago

A autoedición

Se alugamos libros / Filtros de

café

A cama / Nun xardín

Máis ben, ler libros foi en moitas

ocasións o punto de partida para

facer moitas cousas.

Que non puideches facer

despois de ler un libro:

Durmir / Ver a adaptación ao

cine

Escenógrafa

Debuxar

A chamada da selva, de Jack

London

Se non foses libreiro

serías:

Unha afición ademáis da

lectura:

Libro que recomendarías a

alguén non aficionado á

lectura:

Profesor / Guía turístico

A música / A natación

Nunca recomendaría o mesmo

libro a dúas persoas distintas,

sexan ou non aficionadas á

lectura / La mujer ladrillo

S O N D E L E T R A S | 8


TÚA LIBRARÍA. Fernando Lacaci Batres.

A

Confederación ANPAS Galegas.

VicePresidente

ÉRASE UNHA VEZ...

SON DE LETRAS

u teño a imaxe de ter

vivido entre as páxinas dun

E

libro durante toda a miña

vida; para consultalos, para

estudalos, para miralos, pero

por riba de todo para que o

meu mundo fora

ensanchándose, para que se

achegaran a min as

realidades remotas que

coñecía de oídas ou doutras

lecturas, e tamén para

descubrir outras realidades

aínda mais arredadas ou

esotéricas que logo había

facer achegarse utilizando

outros libros diferentes.

Isto, que é certo aínda hoxe,

foi esencial, imprescindíbel,

na miña infancia e

adolescencia; o mundo

pequeno no que me movía

con comodidade rebentaba

por todas as costuras cando

abrías un libro, aparecían

animais, paisaxes, xentes,

costumes, historias de todas

as épocas, inventos, mapas,

instrumentos, outros vieiros e

foliadas; mais tamén

aparecían ouros xeitos de

entender o que xa

coñeciamos, e tamén a

fórmula para poder seguir

lendo outras cousas, como

unha escada infinda na que

cada chanzo está feito por

follas de papel encadernadas.

Moito do que liamos viña dos

amigos, das bibliotecas, do

colexio; os libros da miña

infancia eran un luxo caro

nunha sociedade pobre, e

aínda non entendiamos -coma

hoxe- que un conto non é un

ben de luxo, que a

imaxinación tamén precisa

alimento.

Aínda así, de cando en vez, case sempre como un agasallo,

era posíbel ir a unha libraría a escoller un libro novo, que

viña sendo como ir a unha pastelaría a escoller un doce;

tanto nun coma noutro caso nunca entendín porqué non

podía levalos todos, porqué tiña que reducir o que tanto me

gustaba. Sempre había alguén, case sempre miña nai, que

explicaba que os libros custaban cartos -os doces tamén- ,

que todos non se podían mercar, que xa volveriamos; pero as

visitas á libraría tiveron sempre esa compoñente dupla: estar

feliz co que traio, e triste polo que deixo. A vida mesma.

Aínda hoxe, cando entro nunha libraría, manteño a mesma

sensación, agora xa non só polos cartos, porque xa aprendín

que non pode mercarse todo; pero si polo tempo, porque

tamén sei que nunca poderei ler todo o que quixer.

Novamente, a vida.

Sorprendentemente, malia estarmos falando dese ben

insubstituíbel, hai moitos anos nos que os agoiros que

sempre nos arrodean din que o libro é un ben do pasado, que

a xente nova non le porque non lle interesa o que os libros

traen, que son un instrumento sen futuro.

Eu penso que si que o han ter, que o importante non é se o

papel e os lombos e as gardas sobreviven ou mudan,

tampouco os libros que hai hoxe son os de hai séculos, nin o

xeito de lelos, nin a súa necesidade; quizais dentro de vinte

anos as librarías sexan espazos onde se sentar diante de

pantallas para ler un anaco o que logo levarás nun enderezo

nalgunha nube, quizais os libros que haxa terán que vir

acompañados de álbums de cores ou ligazóns a páxinas web,

pode ser que os libros daquela sexan instrumentos para

escoitar, ou que se

conciban como parte dunha

historia conxunta onde o

lector terá que participar

activamente.

Ocórreseme que chegará o

momento no que o

personaxe será unha

presenza case real e

contará a súa historia por

si propio, que ata

poderemos preguntar e

relacionarnos coas

recreacións de toda a

historia e de todas as ideas;

ou quizais cheguemos a

vivir nunha sinestesia

absoluta, e leamos

concertos á vez que

escoitamos libros ou

toquemos películas mentres

ulimos o arrecendo dun

cadro ou unha escultura.

No fondo, que máis ten?, o

importante son as historias,

a transmisión da paixón

vital, o encontro co enorme

agasallo que supón coñecer

o que outra persoa pensou,

viviu ou inventou; e

plasmarase como cadre ou

como se poida, como os

tempos axuden ou

permitan, pero ha estar aí,

para o goce dos que veñan;

e haberá un lugar onde

poder xuntalas e aprezalas.

E dáme que probablemente

hanlle chamar Libraría.

S O N D E L E T R A S | 9


“Nas librarías hai adiviñas e adiviños que poñen

nas túas mans palabras escritas, convertidas nas

historias da túa vida.

Nos libros atoparás viaxes, amigos, tradicións,

costumes, cidades, xente. Dúbida, coñece, descobre,

viaxa, ri, le.

Pregunta a túa libreira ou libreiro e atopa o teu

libro.

Os teus libros na túa libraría”

More magazines by this user
Similar magazines